TEXT Datasets
Collection
Datasets for fine-tunning, instruction and evaluation of text models.
•
10 items
•
Updated
summary
stringlengths 22
2.41k
| text
stringlengths 7.3k
88.1k
|
---|---|
O artigo trata do uso dos grafemas <g> e <j> para o fonema prepalatal fricativo xordo /∫/ en topónimos e apelidos galegos. Sostén que ese uso nos séculos xix e xx non é, como ás veces se cre, continuación da tradición medieval, por más que nalgúns casos coincida con ela, senón o resultado da acomodación ás normas establecidas pola reforma ortográfica do castelán en 1815. Para demostralo compara as formas escritas dos nomes de parroquias nunha fonte previa a esas reformas, o Catastro del Marqués de la Ensenada (17521754), e unha posterior, o Diccionario de Pascual Madoz (18451850). | A grafía do fonema prepalatal fricativo xordo en topónimos e apelidos galegos
Gonzalo Navaza
Universidade de Vigo
Ortografía, grafemática, toponimia, apelidos
Sumario
1. As grafías chamadas históricas ou etimolóxicas. 2. A desonorización de / Ʒ / no galego medieval. 3. Grafías do fonema prepalatal fricativo en voces galegas na documentación en castelán dos séculos xVi e xVii. 4. A norma do castelán e os topónimos galegos no Catastro de Ensenada e en Madoz. 5. Os apelidos Feixó~Feixoo e Raxoi.
The spelling of the voiceless prepalatal fricative phoneme in Galician place names and surnames
Nos escritos acerca das grafías dos topónimos e os apelidos no galego moderno está moi difundida a idea de que a representación do fonema prepalatal fricativo xordo /∫/ mediante os grafemas <j>, <g> en topónimos ou apelidos como Gestoso, Ginzo, Lage e Laje, Rianjo, Sangenjo ou Tojeiro obedece a unha práctica tradicional secular, continuadora da escrita medieval, e non, como podería pensar un profano, unha deturpación castelanizadora. Segundo esta opinión, a castelanización consistiría en ler a la castellana eses <g> ou <j>, cando en realidade serían xenuínas grafías galegas, herdadas dun estado de lingua que posuía un par opositivo /∫/ vs / Ʒ /, onde o fonema xordo se representaba comunmente por <x> e o sonoro por <g> (ante e, i) e <j> (ante calquera vogal), como acontece aínda no portugués actual. Partindo dese suposto, a grafía de topónimos ou apelidos coma os mencionados, que corresponden a formas medievais onde o fonema en cuestión era sonoro, recibe a consideración de “grafía histórica”, libre de sospeita de interferencia castelanizante.
Como moitas das palabras que na lingua medieval tiñan / Ʒ / remontan a étimos latinos con <j> (ante calquera vogal) ou <g> (ante e ou i), esas chamadas grafías históricas xa non serían unicamente sobrevivencia da máis antiga tradición escrita romance, senón que en última instancia procederían das grafías latinas. Nun artigo clásico sobre a grafía dos topónimos galegos, Moralejo Lasso (1976: 299), ao referirse aos <g> e <j> de formas onímicas coma as dos exemplos do parágrafo anterior, di que nesas letras «sobreviven aún las más sencillas y frecuentes en sus orígenes, a saber g o j conforme a la etimología latina». Deste xeito, as chamadas “grafías históricas” son consideradas así mesmo “grafías etimolóxicas”, sempre coa necesaria matización, pois o / Ʒ / medieval podía ter outras orixes. Son estas premisas as que levan a falar, no relativo ás grafías <g> e <j>, da «supuesta tendencia oficial castellanizante» (1976: 273): simplemente suposta pois só cabería atribuír á presión do castelán os <g> e <j> de topónimos ou apelidos en que o fonema medieval era xordo, como Seijas por Seixas ou Teijeiro por Teixeiro (que remontan a étimos derivados de saxu e taxu, respectivamente). No resto dos casos, cando o <g> ou <j>
corresponden ao fonema medieval sonoro, estariamos ante grafías “históricas” e “etimolóxicas”.
Estas consideracións foron profusamente empregadas como argumento, no contexto das polémicas a cerca da estandarización do galego nas últimas décadas do século xx, polos partidarios dunha grafía reintegracionista, defensora da representación do fonema / ∫ / mediante <g>, <j> ou <x>, segundo os casos e atendendo ao criterio etimolóxico. O propio Moralejo Lasso admitía a lexitimidade desas grafías e mesmo lles recoñecía certas vantaxes, por máis que se pronunciase a favor da solución monografemática en <x>, sobre todo por razóns prácticas, non sen lamentar que con ela se perdesen de vista as orixes e as tradicións ortográficas (1976: 300):
La grafía llamada ortografía etimológica, aunque no lo es más que parcialmente, no deja de ofrecer ciertas ventajas de carácter lingüístico, histórico, etc. [...]. En portugués perdura la pronunciación sonora de g y j, frente a la sorda de la x con la cual se confunde a su vez la de la ch desde el siglo xViii; en castellano se ensordeció lo mismo que en gallego y el fonema palatal fricativo sordo pasó desde el siglo xVii a gutural fricativo sordo representado por j / g [...] no sin algún recuerdo de la antigua x como en la grafía México por Méjico [...]. Mas así como con toda su tradición gramatical y literaria no faltan en castellano casos ambiguos o dudosos entre las grafías g o j [...], así en gallego va generalizándose la x como conviene a un sonido único o uniforme, aunque en bastantes casos se pierden de vista orígenes y tradiciones ortográficas.
Nunha publicación máis recente, Moralejo Álvarez (2008: 205) retoma as ideas expresadas polo seu pai décadas atrás:
Hay otros supuestos de la castellanización que tienen su particularidad: por ejemplo, casos tópicos como Sangenjo –es decir, todas las grafías con g y j frente a la x hoy normativa: Ginzo, Deijebre, Fojo...– no representan otra cosa que formas patrimoniales gallegas –puras y autenticas, digamos, pero ‘corrupciones’de Ginesius, Dessiobris, Foveum –, son formas con grafías tradicionales o históricas (y en muchos casos, no siempre, etimológicas) g, j que la lengua gallega compartió con todas las demás peninsulares (cf. en portugués Aljubarrota, Gerês...), pero que la escolarización exclusiva en lengua castellana arrastró a valores fonológicos castellanos modernos, es decir, a una fricativa gutural sorda de la que se quiso escapar con la grafia x que tenemos en Sanxenxo, Xinzo, Deixebre, Foxo... y en léxico común queixo, buxo, coxa...; una grafía que ahora los lusistas rechazan por antietimológica y aislacionista.
Porto Dapena (2007: 110), ao tratar da grafía Jubia, reitera a opinión de que non hai deturpación nela, e que o realmente deturpador é lela co valor que ten o grafema <j> en castelán:
Por certo, a propósito desta forma gráfica con J-, convén ter en conta que non responde propiamente –contra o que se tendería a pensar– a ningunha castelanización de Xubia ou Xuvia. Polo contrario, habería que pensar máis ben que ésta fose en todo caso unha galeguización daquela, que é máis antiga, se ben circunscrita a textos en castelán, onde agora representa unha fricativa velar xorda, pero, antes do século xVii, correspondería a unha prepalatal idéntica á actual do galego. Nótese, ademáis, que o Jé etimolóxico e, pola contra, o xnon o é. En definitiva, a castelanización de Jubia non está, en principio, na pura grafía, senón na pronunciación como velar dese Jinicial (...)
Esta opinión, tan estendida, asoma de cando en vez en medios de ampla difusión, o que contribúe a consolidala. Sirvan de exemplo dous textos do escritor xavier Alcalá no xornal galego de maior difusión. No primeiro (Alcalá 2003), o autor respondía publicamente unha pregunta, non sabemos se real ou ficticia, do actual presidente da xunta de Galicia, que daquela desempeñaba un alto cargo en Madrid:
[...] Sabe que ten un segundo apelido estigmaticamen te galego e pregunta pola ortografía do mesmo: ¿Feijoo, Feijóo, Feijó ou Feixó? Feijó, respóndelle un afeccionado aos resumos de cultura que son os nomes de familia. Feijó está escrito como sempre se escribiu, desde a idade Media en que xurdiron eses nomes, tan peculiares coma o que fai referencia a un prezado froito da horta, que se cría tamén arredor das canas de millo. Feijó, con o aberto final, é o mesmo que feijón (ou feijão en versión portuguesa) e débese pronunciar como «feixó». Feijó, de Phaseolus en latín, non ten dereito a x escrito; non é un caso coma os de Seixo ou Teixo, que xa o levan no étimo. Non está castelanizado.
E en datas máis recentes, o mesmo autor (Alcalá 2011) insistía sobre a mesma cuestión da representación do /∫/, agora a propósito doutro político con apelido inequivocamente galego:
[...] os tertulianos da Radio Voz discutiron o absurdo de falar do pazo de Raxoi e de Mariano Rajoy. Uns pronunciaban o apelido á galega, convertendo o iota histórico nun xis, e outros mantíñanse en Rakhoy, á castelá. Os partidarios de Rakhoy argumentaban que «así o pronuncia el». Os outros mantiñan que o faría por ignorancia ou desprezo á galeguidade do topónimo tomado como apelido.
Moitos anos atrás, cando se discutira a primeira lei de normalización lingüística, os filólogos advertiron da importancia de que o galego non se grafase de xeito «demótico» senón etimolóxico e histórico, que o achega á norma dunha lingua mundial como é o portugués irmán. Triunfou a liña rexionalista, dialectalista (ou como se lle queira chamar), fronte á científica. De aí que a xente vexa un apelido escrito con iota ou con xe (Rajoy, Feijoo, Gens, Gesteira...) e o pronuncie á castelá. iso independentemente dos apelidos que tiñan xis de orixe (Seixo, Teixido, Ameixeiras...) e foron deturpados.
Nas páxinas seguintes veremos exemplos que amosan que non existe tal continuidade das grafías medievais na representación da prepalatal fricativa xorda /∫/.
2. A desonorizAción de /Ʒ/ no gAlego medievAl
No fonema prepalatal fricativo xordo /∫/ do galego moderno confluíron os dous elementos dun par fonolóxico definido pola oposición sonoridade ~ non sonoridade /∫ / vs / Ʒ /. Na escrita medieval empregábase o grafema <x> para representar o fonema xordo (baixo, caixa, coxa, peixe...) e o sonoro representábase comunmente con <j> ante calquera vogal ou con <j> ou <g> ante vogal palatal (ajudar, hoje, jantar, jeito, gente, vigiar...). No galego produciuse unha desfonoloxización dese par, confluíndo no fonema xordo /∫/, mentres que no portugués se conservaron ata hoxe os seus dous fonemas, un xordo e otro sonoro.
Cada vez dispoñemos de máis indicios para supoñer que no galego a perda da oposición /∫ / vs / Ʒ / xa se producira, como vén afirmando Ramón Lorenzo desde hai décadas (Lorenzo 1985: 94; 1993, 1995a, 1995b), na propia época medieval, por máis que a escrita, sometida ás convencións dunha tradición culta, se esforzase en manter a diferenza. En textos elaborados en Galicia atópanse exemplos, escasos pero significativos, de grafías con <x > onde se esperarían o <g> ou o <j> correspondentes á sonora. Aos casos achegados polo propio Lorenzo e por Clarinda Maia (1986: 471472), tamén recollidos en Ferreiro (1995: 182) e Monteagudo (2005: 408): sexa por seja en 1270, axude por ajude en 1302, Thereixa por Tereija en 1303, oxe por hoje en 1342, toxal en 1423... poderiamos engadir novos exemplos tomados do TMiLG, algúns do século xiV (Martin Dominguez de Laxina 1309, oxe 1363, Juan Rixidor 1399...) e sobre todo xa do xV (avanxeos, granxa, prebilexio, toxos...), sen contarmos as formas toponímicas de etimoloxía escura cuxos rexistros romances ou ben presentan vacilación gráfica ou ben aparecen con grafías que entran en contradición coas atestacións latinas.
A partir do século xVi, en textos en castelán, a representación con <x> en topónimos galegos que orixinariamente tiñan sonora é fenómeno moi frecuente, como veremos.
3. g rAfíAs do fonemA prepAlAtAl fricAtivo en voces gAlegAs nA docu -
mentAción en cAstelán dos séculos xvi e xvii
Ramón Mariño (1998 e 2003) e Henrique Monteagudo (2005), no exame que fan da representación gráfica do /∫/ nos textos literarios do galego medio, o primeiro que advirten é a variabilidade e a ausencia de norma; só algúns autores (ou copistas) parecen aterse a criterios firmes, e mesmo así incorrendo en notables incoherencias. A mesma ausencia de norma podemos advertir na tradición gráfica dos topónimos e apelidos galegos en documentos xerados en Galicia desde o século xVi en castelán, lingua habitual da escrita. A pesar de que nalgúns casos certas opcións gráficas se impoñen sobre outras nun determinado topónimo, nun escribán, nunha fonte emisora..., en xeral as tradicións non chegan a consolidarse, de xeito que calquera topónimo ou apelido pode aparecer con variantes gráficas nun mesmo documento. Os grafemas <g>, <j> ou <x> son usados indiscriminadamente para representar o mesmo fonema sen axustarse a regra, fóra da que limita o uso de <g> ao caso de ir seguido de vogal palatal –e, –i.
A desfonoloxización da oposición /∫/ - / Ʒ / que se produciu no galego tamén operou no castelán, se ben nesta lingua o fonema resultante (o xordo /∫/, coma o galego) só subreviviu ata o
© 2012 Estudos de Lingüística Galega 4, 169185
século xvi. Nese século comezou a estenderse en castelán a realización velar /x/, que se consumou no xVii (Penny 2008: 123). Deste xeito, nun texto do xVi as grafías gestoso, jestoso e xestoso lense igual (/∫estoso/) tanto en galego coma en castelán. A partir do xVii, as mesmas grafías impoñen unha lectura diversa nunha e noutra lingua: en castelán /x/ e en galego /∫/.
Aínda que algúns topónimos galegos presentan forma deturpada por adaptación ao castelán (especialmente reducindo os ditongos decrecentes galegos: Junquera, Requexo, Otero), son moi comúns os casos en que a toponimia se rexistra cunha grafía que admite dúas lecturas, galega e castelá. En ocasións o propio texto nos orienta; se lemos “donde dicen Pena do Fojo do Lobo”, parece que debemos ler /fo∫o/, á galega, mentres que se vemos “parroquia de Sabaxanes” lemos con /x/ a forma castelanizada de Sabaxáns. Como con frecuencia os textos de foros, apeos, rendas e semellantes transcriben directamente o topónimo a partir da declaración oral dun informante, ás veces a lingua do topónimo esténdese ao contexto: “...un tallo de heredad q está na entrada da bouça...”
Velaquí algunhas mostras da confusión de <g>, <j> e <x> nos séculos xVi e xVii, tomadas de documentación galega do Arquivo Histórico Nacional de Madrid que pode consultarse en internet no Portal Pares 1 :
Clero L. 9998, fol. 170v).
myno que ba de Germaña para Panjon” (1578, Tui AHN L.20219, fol. 182r) / “el monte de Jermaña que llebará de sembradura tres buzios de pan” (15421647, Oia AHN L.10204, fol. 35v). —“Campo de Foxoo en Parada” (16411691, Oia AHN L.19974, fol 216v) / “Parada, Campo de Fojoo ” (16411691, Oia AHN L.19974, fol 19v, fol 252v). — “heredad do Reguengo ques de Marcos de Araujo ” (...) “Miguel de Arauxo ” (16311632, Franqueira AHN Clero L.10036, fol. 20v) / “con heredad que fincó de juan de Arauxo (16311632, Franqueira AHN Clero L.10036, fol. 22r). — “ Sabaxans ” / “Ynformacion de los diezmos de Savajanes...” / “en la felegª de savaxans ” (16311632, Franqueira AHN Clero 10036, fol. 167r, 427r). 1 Danse as datas do volume, non o ano concreto de cada documento.
—“item una heredad en la Vega do Aral de bayjo ” / “en la veyga do aral de baixo ” (16311694, OiA AHN Clero, L.19970, fol 12r).
Así poderiamos seguir engadindo exemplos de confusión de grafías, do emprego de <x> en casos que orixinariamente correspondían ao fonema sonoro ou de <j> nos correspondentes ao xordo (Seijas, Teijeiro...). Ademais dos nomes propios, coma os mencionados no parágrafo precedente ou coma os Texosa (derivado de toxo) e Xerónimo que vemos a continuación, o fenómeno tamén afecta ao léxico común galego que ocasionalmente aparece nesta documentación en castelán, como a medida de superficie chamada xeira (< lat. diaria), e por veces tamén ao léxico castelán:
— “...dende alli al porto de la Texosa ” (1557, Baiona AHN Clero L. 9998, fol. 466v). — “ Xeronimo de Montãos y Sotomayor vecino de la villa de Redondela” (16121709, Baiona AHN Clero L.19931 fol. tresr, 23r); “don Xeronimo de Montaos” (id. fol. 24v); “los vienes que el dicho don xeronimo traia” (id. fol. 26r). — “con heredad que al presente traye fernan de Morgade quessera una xeira de heredad” (16311632, Franqueira AHN Clero L.10036, fol. 20v); “heredad del dho Juan da Ucha quessera media xeira poco mas o menos” (id. fol. 20v). — “en cada un ano perpetuamente para sienpre xamas ” (16121709, Baiona AHN Clero L.19931 fol. dosr, fol. 7r); “para siempre xamas ” (id., fol. 9v).
4. A normA do cAstelán e os topónimos gAlegos no c AtAstro de e n -
senAdA e en m Adoz
O emprego dos tres grafemas <x>, <g>, <j> en castelán comeza a someterse a regras no século xViii, a partir da creación da Real Academia Española. O primeiro esbozo dáse no “Discurso proemial de la orthographia de la Lengua Castellana” do Diccionario de Autoridades (1726) e desenvólvese na Ortographia española de 1741, corrixida e aumentada na Ortografía de la lengua castellana de 1754. En xeral tende a reducirse o uso de <x>, pois presenta o problema de ter dous valores (/ ks/ e /x/), e regúlase este uso segundo principios etimolóxicos. Cando o valor de <x> é /ks/ e precede vogal, recoméndase marcar con circunflexo esta vogal, para indicar que o valor de <x> non é o velar xordo (como tamén se fai nalgúns textos galegos de inicios do xix para representar o /∫/). Velaquí os criterios sobre o emprego do <x> na Ortographia española de 1741 (216218):
...por lo que la verdadera regla, para saber quando la hemos de escribir, debe ser el origen. Y assi: Se ha de poner la x, quando se halle en la lengua latina; pero para facilidad de los que leen: Quando se pronuncia fuerte, la misma pronunciación explica que se debe escribir la x, que se halla en el origen, pero quando equivale á la cs y se ha de pronunciar suave, se señalará la vocal á quien hiere con el acento que los Latinos llaman circunflexo, y en las imprentas capucha, escribiendo assi exâmen, exôrbitante : y se debe advertir que esta señal en Castellano no es nota de acento, sino signo de la pronunciación suave. En aquellas voces, que en su origen Latino tienen S, que hiere á alguna vocal, la convertimos en x para la pronunciacion gutural, que las damos, v. g. xabon de sapo ; inxerir de inserere. También se escribe x en aquellas voces, que terminamos con pronunciación gutural, como en carcax, relox, la qual se conserva en los plurales, como carcaxes y reloxes.
Advírtase que o criterio de usar <x> para voces que tiñan <s> orixinario non é sempre estritamente etimolóxico ou polo menos non é sempre continuador das grafías medievais, pois tamén afecta a voces que tiveran o fonema sonoro, por exemplo procedente dun <s> intervocálico ante iode. Así, é ese criterio da Real Academia Española o que leva a Sarmiento a dicir que é erro escribir con <j> o apelido Feixó, dado o étimo phaseolu : “es error escribir Feijô” (Sarmiento 1970, 302).
Estas normas para a escrita do castelán tenden a xeneralizarse ao longo da segunda metade do xViii, mais só afectan moi parcialmente á escrita de topónimos e apelidos galegos, pois a maioría destes son voces opacas cuxa orixe non se coñece e poden aparecer indistintamente con <x> ou con <g> ou <j>, sen que a preferencia por un deles responda a razóns etimolóxicas ou de calquera outra clase. Esa é a situación en que chegou a tradición gráfica da toponimia galega a comezos do século xix. En 1815, a Ortografía da Real Academia Española, na súa oitava edición, modifica as normas e abandona definitivamente o emprego do grafema <x> para representar a fricativa velar xorda /x/ (aínda que se manteña en arcaísmos gráficos como México, Xerez, Ximénez etc.), establecendo que
“el sonido gutural que la x ha tenido hasta ahora en algunas voces, y nos vino del árabe, debe remitirse en adelante á la j y á la g en sus casos respectivos” (RAG, Ortografía 1815, 54).
Vemos a continuación as grafías con que aparecen no Catastro de Ensenada (175254) e no Diccionario geográficoestadístico-histórico de Madoz (184550) os nomes de parroquias galegas que conteñen o fonema prepalatal fricativo. Do Catastro rexistramos unicamente as formas que constan no caderno das Respuestas Generales ou respostas ao Interrogatorio, que poden consultarse en internet no Portal Pares 2. Pode observarse como a confusión dos grafemas e o arbitrario emprego de <x>, <g> e <j>, característico das grafías do século xViii, deixa paso en Madoz (18451850) ás consecuencias da reforma ortográfica de 1815, que en boa medida xa fóra aplicada por Miñano no seu dicionario xeográfico (18261828). As grafías que rexistra Madoz, con poucas excepcións (casos como Lage / Laje ou conservación dalgún <x> como en Loxo, que en fontes posteriores sería substituído por Lojo), acabaron por constituír as formas escritas oficiais da toponimia galega durante a segunda metade do xix e todo o século xx, ata os cambios realizados coa nova legalidade lingüística derivada do Estatuto de Autonomía, recollidos no Nomenclátor de Galicia de 2003. As entradas do dicionario de Madoz polo regular non marcan os tiles, defecto que sobreviviu en case todos os nomenclátores posteriores.
Dun xeito paralelo ao que aconteceu cos topónimos, os apelidos galegos que contiñan /∫/ tamén foron abandonando as grafías con <x>, tal como prescribía a norma do castelán de 1815, ao longo do século xix. Polo que temos observado nos libros parroquiais, o cambio nas grafías dos apelidos foi moi lento e gradual, pero pódese afirmar que os apelidos galegos con /∫/ xa chegaron escritos sistematicamente con <g> ou <j> a 1875, data de creación do Rexistro Civil.
Albixoi (Mesía): “Santa Marina de Albixoi ” (T); “se llama Santa Mariña de Albixoy ” (1ª) [Madoz: Albijoy ]. Aldixe (Abadín): “Feligresia de Santiago de Aldige ” (T) [Madoz: Aldije ]. Alixo (O Barco): “Ynterrogatorio de las feligrs. de Cereyxido, Forcadela y Repurizelo, Énthoma, Alixo y
Bexán (Cospeito): “Fra. de San Pelayo de Vexan ” (T); “se intitula de San Pelaio de Vexan ” (1ª). [Madoz: Beján ]. Bonxe (Outeiro de Rei): “Fra. de San Mamed de Bonje ” (T, 1963v); “San Mamed de Bonxe ” (T, 1965v). [Madoz: Bonje ].
Couxela (Ribadeo): “Felegresia de Santiago de Coxela ” (T); “Santiago de Cojela ” (P); “se llama Santiago de Cojela segun queda expresado” (1ª). [Madoz: Cogela ]. Couxil (Cartelle): “Ynterrogatorio del Coto de Couxil y Couxilino” (T); “se llama el Coto de Coujil y Couxiliño” (1ª). [Madoz: Cougil, Coujiliño ].
Muxueira, A (Riotorto): “Fra. y coto de San Lorenzo de la Mojueira ” (T); “que esta población se llama feligresia se llama de San Lorenzo de la Moujueira ” (1ª). [Madoz: Mojueira ]. PadriñánSanxenxo (Sanxenxo): “Juan Feliz Pallares abad de la villa de San Genjo y fra. de San Ginés de Padriñán (...) Thomas Leal y Jacobo de Gondar, peritos de dha villa de San Genxo y fra. de San Ginés de Padriñán (...) peritos del puerto y villa de San Genjo ” [Madoz: Jenjo, San ]
Saldanxe (A Pastoriza): “San Miguel de Sandanje ” (T); “fra. de San Miguel de Saldanje, ynclusa en el coto de Crezente” (P). [Madoz: Saldanje ].
© 2012 Estudos de Lingüística Galega 4, 169185
xava (O Bolo): “ Jaba ” (3ª), no interrogatorio do Bolo. [MADOZ: Jaba ].
Justanes ].
xustás (Cospeito): “felegresia de Santiago de Justás ” (T). [Madoz: Justas ]. xuvencos (O Saviñao): “Fra. de Santiago de Jubencos ” (T). [Madoz: Jubencos ]. xuvencos (Boborás): “ Jubencos ” (P), no couto de Orcellón. [Madoz: Jubencos ].
Para os topónimos que Ensenada só recolle con <g> ou <j> tamén poderiamos atopar algunha atestación anterior ao século xix escrita con <x>, dada a intercambiabilidade dos grafemas que vimos atrás. Estes testemuños permiten afirmar que a escrita dos topónimos galegos con <j> ou con <g> ante vogal palatal (Gestoso, Rianjo, Sanjenjo...), que constituíu a grafía oficial durante o século xx, non é continuación dunha escrita histórica ou etimolóxica, por máis que en ocasións coincida coa escrita medieval, senón o resultado dunha acomodación ás normas do castelán de 1815.
Rematamos cuns comentarios acerca dos apelidos mencionados por xavier Alcalá nos textos citados no apartado inicial deste artigo. O primeiro destes apelidos contén o substantivo común feixó (‘feixón, faba’) e remite ao étimo latino phaseolu, como xa expuxo no seu día o Padre Sarmiento. Parece que a motivación que suscitou na época medieval o seu emprego como alcuña procede do uso humorístico do nome deste legume co significado do substantivo calva. Sería, xa que logo, semanticamente equivalente do apelido Calvo, formado co correspondente adxectivo común. Este significado pode deducirse dunha cantiga de Afonso x relativa ao pertigueiro de Deza (Brea 1996: i, 150151) na cal aparece feijoo como sinónimo de calvareça ; no texto, o segundo verso da segunda estrofa (“que semelha Pedro Gil no feijoo ”) é paralelístico do segundo verso da primeira (“semelha Pedro Gil na calvareça ”).
Entre os séculos xVi e xViii podemos atopar este apelido escrito indistintamente con <j> ou con <x>, coa mesma variabilidade e discrecionalidade que observamos nos topónimos. O ilustrado de Casdemiro escribía o seu apelido con <j>, Feijoo, e así aparece nas súas obras; é grafía coincidente coa medieval, correspondente ao antigo fonema sonoro, pois procede de s+iode intervocálicos. Mais como as normas da Academia Española entre 1741 e 1815 establecían, cun criterio pretendidamente etimolóxico, a grafía con <x> nos casos procedentes dun s orixinario, unha vez que foi coñecido o seu étimo prescribiuse a grafía Feixoo. Así, na edición de 1770 da Ortografía, posiblemente facéndose eco da información etimolóxica proporcianada por Sarmiento, figura Feixoo, con <x>, na “Lista de varios apellidos y de algunos pueblos y rios de
España, que por ser tambien de dudosa ortografía, se determina como se deben escribir” (RAE 1770: 252). A grafía actual con <j> obedece á reforma da ortografía española de 1815.
Polo que se refire á dupla vogal final, debemos considerala unha grafía arcaizante, que se ben desapareceu do galego común, sobrevive, alternando coa solución simplificada, noutros topónimos e apelidos galegos (Saa ~ Sá, Boo ~ Bo, Rioboo ~ Riobó, Moo ~ Mó, etc.). É anómalo o acento con que en ocasións se marca a penúltima vogal (Feixóo, igual ca en Riobóo, Sáa etc.), que non se avén coas regras de acentuación do galego nin coas do castelán.
Raxoi é apelido toponímico. O Nomenclátor recolle tres entidades chamadas así nos concellos da Caniza, Valga e Vedra. Hai ademais unha localidade Portarraxoi en Pontecesures, en composición co resultado de portum ad, topónimo viario que ha da facer referencia ao lugar de Raxoi do concello de Valga, no Camiño Real de Santiago a Pontevedra. Cremos que é nesta localidade onde ten orixe o apelido de Mariano Rajoy. No Catastro de Ensenada da parroquia de San Miguel de Valga atopamos varios individuos con ese apelido, en cuxa escrita alternan as formas con <x> e con <j> (máis frecuentemente as primeiras) e con <i> e <y> na vogal da marxe do ditongo decrecente. Entre os propietarios de muíños: “ ôtro de Francisco Raxoi ” (117v, respostas á pregunta 17); entre os propietarios de pombais “ ôtro de Don Domingo Raxoi presvitero con cinquenta pares ”
(119r, pregunta 19); entre os eclesiásticos: “ Don Domingo Rajoi ” (121r, pregunta 38)... No mesmo interrogatorio de Valga, no apéndice de oficios e profesións, constan así mesmo dous carreteiros
chamados Blas Raxoy e Francisco de Raxoy (126v); e no da veciña parroquia de San Salvador de Setecoros, un cirurxán chamado Juan Antonio Rajoi (453 v). O topónimo Raxoi contén moi probablemente un xenitivo de posesor altomedieval, creado a partir do nome persoal Ragiolus, que rexistramos na documentación medieval galega coa grafía Ragiolo (Celanova, ano 1005, nº 187, nº 573...), o mesmo ca a correspondente forma feminina Ragiola como nome de muller (“Tello et uxor sua Ragiola”, Celanova ano 1010, nº 333). r eferenciAs bibliográficAs Alcalá, xavier (2003): “Feijoo, Feijóo, Feijó e Feixó”, La Voz de Galicia (811-2003). Alcalá, xavier (2011): “«Rakhoy» si, «Pukhol» non”, La Voz de Galicia (2611-2011). |
Nesta revisión exponse, de xeito resumido cales son os efectos das infraestruturas desenvolvidas polo home en Galiza (terra, mar e aire) sobre o benestar animal de diversas especies de interese veterinario. Estre traballo explora ademáis a eficacia de certas medidas para controlar os efectos negativos e as repercusións no medio ambiente de ditas infraestruturas. | Artigo
Infraestruturas · Benestar animal · Galiza Summary This review explains, in a summarised way the effects of human infrastructures in Galicia (land, marine and air) on animal welfare of such species with veterinarian interest. A critical analysis is presented about the convenience of certain tools (or means) to control the negative impacts of the mentioned infrastructures including their impacts on the environment cambiantes.
Introdución
No seguinte traballo, tratamos de expoñer algúns dos efectos que provocan as instalacións humanas na fauna da
As infraestruturas humanas teñen efectos sobre a fauna do noso planeta: as cidades son un entorno artificial no que apenas queda vida salvaxe, pero a pesar disto, algunhas terra, do mar e do aire.
especies son capaces de desenvolverse sufrindo diferentes
Infraestruturas terrestres
Os efectos das mesmas teñen lugar tanto a nivel urbano como rural.
Adrian Novo Piñeirúa · Rebeca Moralejo Silva · Ana Pascual SoaresAlumnos da Facultade de Veterinaria de Lugo (2º ciclo) Universidade de Santiago de Compostela Email: cristina.castillo@usc.es Este traballo realizouse baixo a supervisión e tutorización de Cristina Castillo, Profesora da Facultade de Veterinaria de Lugo (Departamento de Patoloxía Animal, Campus Universitario s/n, 27002 Lugo) e membro da Real Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia (RACVG).
Medio Urbano
O desenvolvemento de este medio supón a creación dun asentamento artificial cómodo para o progreso social e comercial dos humanos. Esta concentración aumenta a demanda de recursos e favorece que o medio non poda asimilar o noso consumo, producíndose contaminación que afecta os animais que viven neste entorno e na periferia de varios xeitos:
Perda ou alteración do hábitat con superpoboación
Varias son as razóns que levan á superpoblación de certas especies de aves: a atracción dos residuos humanos como fonte rápida e facil de alimento (nos vertedoiros), o abrigo, anidamiento e protección contra o frío ou as correntes de aire. Isto termina tendo efectos negativos, non só para o home (transmisión de enfermidades, acumulación de excrementos) senón tamén para o equilibrio poboacional doutras especies.
Como exemplo, sirva a superpoboación de gaivotas; aparte de favorecer a transmisión de enfermidades, ten efectos negativos sobre outras especies de aves mariñas; a de pombas xera situacións de competencia; no caso dos estorniños, éstes precisan lugares tranquilos para a cría e nas cidades prodúcese un nivel de estrés incompatible con ela.
Cidades coma A Coruña, Vigo e Ferrol contan con plans de xestión (a través da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia), cuxo obxectivo e reducir o número de gaivotas ou estorniños. Algúns métodos consisten en esterilizar os ovos (sen retiralos); sacrifícar individuos con inxeccións intraperitoneais de pentobarbital; diminuír o acceso aos vertedoiros diminuíndo así a supervivencia dos polos nos primeiros anos; empregar dispositivos para evitar que se pousen (arames, púas ou pinchos) producindo dor e frustración ó non poder descansar; repelentes químicos e electrónicos que reproducen gritos agónicos e de ataque de aves para espantalas, ou mesmo luces en movemento que os asustan e desorientan, facéndoos fuxir sen rumbo.
Contaminación lumínica
Os seres vivos adaptaron os seus procesos biolóxicos dacordo coa sucesión das estacións e a alternancia díanoite. A contaminación lumínica asociada aos núcleos urbanos ocasiona a necesidade de que as especies se adapten a estes cambios para non perecer. A orixe desta atópase en alumeados (ornamental, de seguridade, publicitarios, estradas, rúas peonís...). En xeral, a falta de escuridade altera o ritmo circadiano, os ciclos sonovixilia, o mantemento da temperatura corporal, o estado de alerta, a visión nocturna, o cansazo, o nerviosismo...(Dolsa &
Albarrán, 2003).
Nas aves, a excesiva iluminación fai que píen durante a noite impedindo o descanso, alertando da súa presenza ós depredadores, diminuíndo a súa alimentación, e afectando os seus ciclos reprodutivos. O deslumbramento aumenta as colisións con edificios, causando a morte directa ou lesións que favorecen á depredación. A luminosidade provoca a concentración de insectos, favorecendo que as aves insectívoras adapten a súa alimentación, aínda que tamén, fainas mais visibles para os depredadores. Por outra parte, as aves migratorias nocturnas empregan o luar e as estrelas para a súa orientación, pero a continua iluminación provoca que as aves voen en círculos desorientadas ata quedar exhaustas ou que colisionen contra estruturas.
Nos mamíferos nocturnos o exceso de iluminación provócalles desnutrición progresiva, debido a que só utilizan os períodos escuros para alimentarse. A concentración de morcegos en torno aos farois en busca de comida, provoca gran transmisión de enfermidades entre depredadores e o esgotamento do alimento. Contaminación acústica
Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) o límite de decibelios considerado como adecuado na especie humana é de 50 dB (nunha conversa normal), en horarios diúrnos, e 30 dB pola noite. Unha rúa con moito tráfico alcanzaría os 70 dB e no interior dunha discoteca ata os 110 dB. A maioría das especies domésticas presentan unha maior sensibilidade que os humanos as frecuencias altas. Os centros emisores de ruídos abundan nas cidades e son o tráfico, as actividades industriais, as obras públicas e da construción, os servizos de limpeza e recollida de lixo, as sereas e as alarmas.
O ruído produce alteracións na conducta momentáneas, as cales consisten en agresividade, desinterese ou irritabilidade. Estas alteracións, que xeralmente son pasaxeiras provocan inquietude, inseguridade ou medo nalgúns casos. A longo prazo producen efectos negativos como a xordeira e a nivel psicolóxico, neurose, depresións, ansiedade, hostilidade, etc (Tolosa, 2003).
Investigacións como as de Hans Slabbekoorn e Ardie den BoerVisser, da Universidad de Leiden (Holanda) no ano 2006 sobre os cantos dos pardais nas cidades, determinaron que os cantos vitais, como son os destinados á atracción de compañeiros e a defender o territorio, eran de maior frecuencia e mais curtos e rápidos que nos lugares forestais. Temperatura e humidade
No medio urbano, o equilibrio natural da calor vese afectado, producindose o efecto illa de calor elevando as temperaturas na cidade entre 5° e 10° C. Este aumento, atrae a certas especies como estorniños, mouchos, pegas, ratas e cascudas provocando pragas e desprazando a outros animais.
O arrequecemento global, produce numerosos efectos sobre as especies. Se continúa, moitas aves desaparecerán en Galiza buscando veráns calorosos, invernos fríos e dispoñibilidade de auga no norte de Europa, predicen os autores do Atlas Climático de las Aves Reproductoras de Europa e publicado pola Sociedad Española de Ornitología
(SEO/Birdlife) Contaminación química
Segundo unha noticia aparecida no diario Faro de Vigo no ano 2008, Greenpeace considera que a planta incineradora de Sogama, as centrais térmicas de As Pontes, Meirama e Sabón, os materiais contaminantes dos edificios, e diferentes infraestruturas así coma a presenza de velenos
raticidas nas rúas son só algúns dos exemplos dos contaminantes químicos ós que esta exposta a fauna galega.
Diversas organizacións ecoloxistas coma é Verdegaia veñen denunciando que a planta incineradora de Sogama, xera cinzas e escouras tóxicas e emite dioxinas e furanos, unhas substancias persistentes e bioacumulativas. Comprobouse que doses non letais destes residuos nos animais poden producir cancro, defectos de nacemento, redución da fertilidade e cambios no sistema inmune.
O informe Impacto sobre a saúde das emisións dos grandes focos de contaminación realizado pola consultora inglesa EMRC (e publicado pola axencia EFE no ano 2006) xa sinalaba a central términa de As Pontes (A Coruña) coma o maior foco emisor de Europa de dióxido de xofre e de óxido de nitróxeno, con efectos perxudiciais sobre o aparello respiratorio (bronquite e exacerbación dos procesos asmáticos). Pero ademais destos compostos, as partículas en suspensión liberadas ao aire tamén eran capacer de provocar enfermidades (cancro de pulmón, mortes prematuras, arteriosclerose...)
O uso de materiais contaminantes en edificios, como formaldehido, amianto, chumbo, CFCs, disolventes tóxicos ou PVC (policloruro de vinilo), ocasiona un deterioro da saúde dos animais. A construcción, rehabilitación e demolición de edificios libera enormes cantidades destes residuos. Algúns, como o formaldehido, ou o amianto son coñecidos canceríxenos, outros, como o chumbo producen anemia, letarxia e síndromes neurolóxicos.
Non esquezamos a existencia de cebos envelenados, empregados para o control de certas especies como ratas ou cascudas que poden intoxicar a outros individuos, como ourizos…
Vías de Comunicación
As vías de comunicación supoñen a deforestación de amplas zonas e, en moitos casos, o seu trazado atravesa antigas rutas empregadas polos animais para conectar diferentes territorios, provocando a fragmentación dos seus hábitats e facendo que os animais teñan que modificar a ruta, ou arriscarse aos perigos das vías de comunicación, con atropelos, especialmente en xabarís, corzos e cabalos salvaxes.
O aumento da iluminación nas estradas non é efectivo, xa que os animais de vida nocturna son deslumbrados, deixándoos cegos e desorientados e aínda que perciban a proximidade dun perigo son incapaces de reaccionar. Por outra banda, son moitas as especies que teñen fototropismo positivo, e polo tanto son atraidas cara estas zonas onde se emite luz (Dolsa & Albarrán, 2010)
Os corredores de vida silvestre habilitados para evitar que os animais salvaxes crucen as vías poden verse comprometidos por unha soa luz, evitando que os animais se despracen a determinadas áreas cruciais para a súa supervivencia.
Nas autoestradas pódense chegar a alcanzar niveis sonoros de ata 62 dB cos efectos antes descritos que afectarían ó desprazamento de moitas especies animais das súas rutas, así como á creación de impedimentos nas súas costumes de reproducción e alimentación. Iso sen contar coa presenza de gases contaminantes tales como monóxido e dióxido de carbono, dióxido de xofre, óxidos de nitróxeno, aldehidos, metais pesados e compostos orgánicos volátiles, tóxicos para o sistema respiratorio Medio rural É difícil establecer unha separación clara entre medio urbano e rural. As concentracións de chalets, as actividades industriais, a minería e as instalacións de ocio poderían considerarse rurais, pero sobre todo a baixa densidade de poboación e a presenza de actividades agropecuarias son o máis característico da paisaxe rural. A perda de hábitat no medio rural galego é debida en gran medida as actividades agropecuarias tradicionais. Os cultivos supoñen alimento para as especies salvaxes e os depredadores acoden as áreas rurais na procura de gando. Isto perxudica ós labregos que tratan de impedir a súa presenza con diferentes métodos: cercas, valados, espantallos, espellos, artefactos sonoros, caza, velenos, etc. Manter aleixados ós animais é imposible se a presión no seu hábitat é maior, xa que a deforestación e a plantación de monocultivos desprazan á fauna autóctona (Ferrás et al. 2007). O lobo ó competir co home como predador foi duramente perseguido, pero na actualidade, debido ó abandono do mundo rural e a desaparición dos gandeiros que exercían unha forte presión sobre él, está a recuperar os seus antigos territorios. A pesar diso, é unha especie cinexética combatida tamén con velenos e trampas. Tanto a produtividade como a supervivencia xuvenil de lebres e coellos, dependen da calidade do hábitat, resultando moito mellores os hábitats pouco diversificados e monótonos, a diferencia dos galegos. O corzo pode habitar case todas as formacións boscosas ibéricas, pero as variacións de refuxio, comida ou competencia, modifican aspectos da súa ecoloxía, afectando á súa densidade poboacional. Os xabaríns asentados preto de campos de cultivo e mesmo no seu interior obteñen alimento de orixe humana. O abandono do medio rural esta facendo que esta poboación aumente. A superpoboación, a competencia, a hibridación con porcos domésticos e a caza son algúns dos problemas ocasionados polo home. A construción de urbanizacións e centros de ocio como campos de golf en medio rural, supón unha das perdas mais agresivas do hábitat natural debido as grandes extensións de terreo e recursos que se necesitan para estas infraestruturas. Proxectos mineiros como o da mina de andalucita a ceo aberto de Pontedeume ameaza o espazo natural das Fragas do Eume, poñendo en perigo a supervivencia de tódalas especies animais que alí habitan
pola diminución do seu hábitat, o aumento da presenza humana, os niveis de ruído elevados e unha contaminación ambiental superior á actual.
Os efectos da contaminación lumínica son os mesmos que os citados no medio urbano, cá diferencia de que o número de animais no rural é maior e as áreas iluminadas están máis dispersas, polo que os efectos son menos intensos pero mais amplos e con maior número de vítimas (Dolsa &
Albarrán, 2003).
O emprego de maquinaria agrícola e vehículos, producen ruídos que afectan á fauna local. Se temos en conta as industrias, as urbanizacións e todas as infraestruturas que colonizan este medio, o problema cada vez é máis parecido o da cidade.
A produción de residuos polas vivendas soe ser menor, pero son moitos os espazos rurais onde se poden atopar puntos negros que favorecen o acúmulo de diferentes tipos de residuos. Estes poden ser altamente contaminantes e alterar gravemente a saúde dos animais.
Infraestruturas mariñas
Segundo denuncian diversas organizacións ecoloxistas como é ADEGA ou Galicia Ambiental, a día de hoxe as actividades humanas preséntanse como o maior problema para todo o litoral galego. Son numerosas as infraestruturas (urbanizacións, depuradoras, industrias, portos deportivos, recheos...) que provocan unha ameaza para a fauna que habita no medio mariño.
Depuradoras e Industrias
Liberan gran cantidade de vertidos químicos, augas residuais, residuos orgánicos e inorgánicos, metais pesados e provocan contaminación acústica no ecosistema mariño.
Segundo informes elaborados por ADEGA, Galiza conta cun sistema de xestión de vertidos e de depuración de augas moi deficiente, que está a provocar grandes impactos sobre as rías e os organismos que habitan nelas. Cabe destacar a depuradora do Lagares en Vigo: ésta verte ó río 900 litros de auga sen depurar. Tan só Vigo, conta con máis de 2000
actividades industriais na costas e co porto con máis tráfico marítimo de Galiza.
Vertidos químicos
Dacordo cun informe elaborado no ano 2002 por ADEGA, destacan os hidrocarburos poliarómaticos (PAH) vertidos ó mar por industrias petroleiras e durante o transporte marítimo principalmente. Os PAH acumúlanse nos seres vivos ó longo da cadea trófica e provocan unha serie de cambios físicoquímicos das augas que se traducen en axentes estresantes para a fauna (diminución da osixenación do medio; modificacións do pH e da temperatura; acumulación nos sedimentos mariños; cambio de cor, olor e sabor...). Varias son as especies afectadas polos seus efectos: no caso dos crustáceos, a maior parte dos cirrípedos
(percebes) morren por asfixia, e os que sobreviven con petróleo adherido, demostran gran dificultade na respiración ou nutrición. Os decápodos (centolas e cangrexos) adultos resisten bastante a este tipo de contaminación, sen embargo, as larvas teñen que migrar a outro lugar. No que respecta aos moluscos, a maior parte dos que viven cerca do litoral son máis resistentes que os que viven mar adentro. Os bivalvos tales como os mexillóns captan os hidrocarburos (saturados e aromáticos) e os acumulan cunha pequena desintegración metabólica. En canto aos peixes, o petróleo e os seus derivados son altamente tóxicos para os ovos, polo que os peixes nados deses ovos son anormais. Os adultos, adquiren olor a hidrocarburo que se transmite a través das branquias. Os efectos a longo prazo sobre os peixes, outros animais mariños e mamíferos xeneran cambios no metabolismo dos lípidos, con acumulación de graxas no fígado e outros tecidos. Pero as especies afectadas non son só as mariñas senon tamén as aves: o empetrolamento modifica a súa flotabilidade e o illamento térmico da plumaxe, provocándolles a morte por hipotermia e imposibilidade de voar Metais pesados Son contaminantes xenobióticos que se acumulan na cadea trófica e nos sedimentos mariños. Os que máis afectan á fauna mariña son cinc (Zn), arsenico (As), cadmio (Cd), cobre (Cu), chumbo (Pb), cromo (Cr) e mercurio (Hg), que teñen a propiedade de acumularse nos organismos e nalgúns casos de transferirse pola cadea trófica. A contaminación con este tipo de metais na costa galega está á orde do día segundo ADEGA, destacando A Coruña (con contaminación moi alta para o Cu, moderada para o Zn e Pb); Pontevedra (contaminación considerable para o Cu); San Simón (contaminación moi alta para o Pb); Redondela (contaminación considerable para o Cu) ou mesmo a praia de Samil, en Vigo (contaminación moi alta para o Pb, Zn e Cu; considerable para o Cr). Entre as especies maís afectadas están os moluscos
(mexillóns), que presentan unha gran capacidade de bioacumulación de Zn, Cd, Pb y Cu especialmente. En canto aos mamíferos mariños, o golfiño común, marsopa e golfiño listado mostran un aumento na concentración de Zn según afirma A. López, da Coordinadora para Estudios de los Mamíferos Marinos (CEMMA, Pontevedra). En canto aos peixes, o metilmercurio únese moi fortemente os tecidos e tarda moito en desaparecer (biomagnificación), finalmente nas aves afectadas se observan problemas para o voo, comportamentos anormais o mesmo alteracións na reprodución (por exemplo, o Hg se transfire á placenta e pode causar lesións nerviosas).
O ruido submariño producido por actividades humanas inclúe o tráfico marítimo e as extraccións de petróleo e gas (sons de altas e baixas frecuencias). Ademáis dos buques mercantes hai que resaltar a proliferación de embarcacións dedicadas ó turismo e outras como motos acuáticas ou embarcacións lixeiras, que causan graves molestias nestos animais. Na actualidade existe únicamente nas illas Canarias unha lexislación que evita o achegamento inadecuado destas embarcacións aos cetáceos (López et
Dentro do conxunto dos factores de risco que pesan sobre o hábitat mariño, esta contaminación constitúe unha das maiores ameazas a curto plazo, e a escala mundial, para o equilibrio dos océanos.
Dado que os cetáceos dependen do son en todos os aspectos das súas vidas, non cabe dúbida de que son especialmente vulnerables ás fontes de ruido artificial (López et al. 2003). Os mecanismos de resposta deles a este tipo de contaminación son numerosos destacando cambios de comportamento, lesións graves e alteracións reprodutivas. Pero a contaminación acústica tamén afecta ó resto da fauna mariña: no caso dos peixes (arenques) causa alteracións do crecemento, da acumulación de graxa e reducción dos índices reprodutivos. A exposicións de sons entre 40 e 50 dB provocan unha significativa diminución da viabilidade dos ovos e a redución da tasa de crecemento.
Vertidos de materia orgánica
Avalíase a través de diversos ensaios, sendo os máis comúns a determinación da Demanda Bioquímica de Osíxeno (DBO5 ou BOD5) e a Demanda Química de Osíxeno (DQO ou COD). Canto maior é a descarga de DBO5 e COD, en termos de Kg/día ou Kg/ano, maior é o risco para todos os habitantes vivos do río.
A metade destes vertidos nas rías galegas son xerados polas industrias, destacando as conserveiras e a industria de celulosa ENCE (Pontevedra) que chega ata os 8 millóns de kg de COD/ano, sindo considerada polos organismos ecoloxistas coma a responsable do maior vertido puntual de materia orgánica do litoral galego. Estes vertidos contribúen ao consumo de osíxeno da auga, xerando hipoxia e anoxia nos animais e á proliferación de microorganismos patóxenos. As especies máis sensibles a esta contaminación son os peixes e os crustáceos; nestas ten lugar unha diminución nas súas tasas de crecemento e reprodución, estrés, migración forzada, redución do seu hábitat, aumento da vulnerabilidade á depredación, a interrupción dos seus ciclos vitais e finalmente a morte. Residuos inorgánicos Ás rías chegan cada día miles de residuos inorgánicos sobrantes da produción das industrias costeiras que posúen unha mala xestión dos mesmos. Coma consecuencia disto as especies mariñas vénse moi afectadas: confunden os residuos con alimento e sofren modificación do seu hábitat.
Aves e mamíferos mariños así coma peixes son os máis afectados xa que a inxesta deste tipo de residuos provócalles normalmente a morte por asfixia.
Peiraos, Recheos e Portos Deportivos
Si botamos unha ollada á costa galega veremos unha morea de peiraos, recheos e portos deportivos que nos últimos anos están sendo ampliados e que son unha gran ameaza para os animais. Sinalamos como exemplos, o peirao da ría de Foz (Lugo) (que xera cambios na hidrodinámica da ría); o macrorecheo de Bouzas en Vigo (con contaminación lumínica e soterramento de bivalvos) e o porto deportivo de Vigo (con contaminación acústica, lumínica, vertidos de hidrocarburos e doutras sustancias químicas). Cambios na hidrodinámica das rías Segun estudos desenvolvidos por Castellanos et al. (2003), os cambios na hidrodinámica das rías levan consigo unha perda de productividade enorme, derivada da alteración na sedimentación das mesmas. Esto implica un cambio de hábitat para os seres acuáticos que se ven afectados. Un exemplo é a diminución de certas especies de bivalvos como o berberecho (Cerastoderma edule), consecuencia do incremento doutras especies (Zoostera spp.). Contaminación lumínica Os efectos sinalados para a contaminación lumínica das cidades (Dolsa & Albarrán, 2003) poden ser aplicables a estas infraestruturas. Só sinalar que no caso das aves mariñas, cáusalles deslumbramento, desorientación durante as migracións (xa que algunhas guianse grazas as estrelas), alteracións na conducta de búsqueda de alimento, alteracións na reprodución e a morte por colisión ou quemaduras. Vertidos de substancias químicas Os portos son as principais áreas onde o tributilo de estaño (TBT) alcanza os seus niveis máis altos. Este composto estannico se emprega como principio activo nas pinturas antiincrustantes aplicadas ós barcos para retrasar o desenvolvemento de organismos adheridos a súa superficie. Os efectos que provocan nas especies
acuáticas, considerado como un dos máis perigosos, son moitos: así, os moluscos bivalvos (ostras, ameixas...) posúen unha baixa actividade dos sistemas enzimáticos encargados de debutilar a substancia, sendo capaces de concentrar grandes cantidades (bioacumulación), sen embargo non existen estudos claros que aseguren a posibilidade de biomagnificación.
No caso dos moluscos gasterópodos prodúcese non só bioacumulación, senón que a concentracións moi baixas, en Nucella lapillus (unha especie de caracol mariño) provoca a aparición dunha anomalía chamada imposex e que é unha alteración do sistema endócrino: ten lugar nas femias e consiste no desenvolvemento de gónadas masculinas o que lles provoca esterilidade (Barreiro et ál. 2004). Finalmente, nas aves mariñas afectadas é frecuente o adelgazamento de cáscaras de ovos.
Infraestruturas aéreas
Pese ós beneficios e comodidades que aportan algunhas estructuras creadas pola man do home, posúen numerosos efectos adversos en canto á fauna se refire.
Instalacións Eléctricas de Alta Tensión
Os accidentes en tendidos eléctricos, xa sexa por electrocución ou colisión aumentaron paralelamente ó desenvolvemento das liñas de tendido eléctrico, especialmente no medio rural (Carbonell, 2010). Prodúcese cando as aves en voo non son capaces de evitar os cables e chocan contra eles. A susceptibilidade varía entre especies dependiendo de características corporais (envergadura e peso); dos hábitos gregarios (medios abertos ou estepas) crepusculares ou nocturnos e da meteoroloxía. Unha gran porcentaxe das colisións prodúcense cando, en condicións de escasa visibilidade, remontan o voo para evitar os conductores e atopan o cable de terra, de grosor menor.
Atopamos dous factores que determinan o grao de risco: os técnicos (presenza de cable de terra, sección do conductor, disposición de fios en planos e amplitude dos vanos) e as áreas sensibles da trazada (zonas húmidas e cauces de río, esteparias, de paso migratorio e cortados rocosos).
Como posibles solucións, hai documentos como o publicado pola empresa IBERDROLAREDEL no ano 2000, nos que contémplase evitar o trazado por áreas sensibles e situacións de risco; modificar o tipo de liña, como por exemplo no abastecemento de repetidores, (Tv, telefonía, pequenas instalacións agrícolas…); aínda que a opción máis óptima é emplazar unha caseta transformadora nun punto de menor altitude, e instalar un tendido en baixa tensión e cable seco trenzado ou soterrado, sinalado con balizas salvapaxaros e deseños de crucetas que disminúen o risco de electrocución para as aves.
Reforestación
A configuración física do territorio galego fai que os recursos (auga, terras de cultivo…) atópense espallados por toda a xeografía, o que condiciona unha elevada ocupación do espazo por parte do home, incompatible en ocasións co benestar de moitas especies.
Mentres a superficie arborada medra, as especies forestais pouco esixentes desaparecen; non é o mesmo ter un cultivo forestal de eucalipto ou piñeiro que un bosque. Pero aínda hai máis, a calidade ambiental dos bosques existentes diminúe progresivamente; cada día están máis fragmentados e illados e a súa diversidade estrutural é menor; as árbores máis grandes desaparecen, apenas hai troncos mortos no sotobosque fundamentais para o refuxio da fauna invertebrada da que se alimentan moitas especies (Teixido et ál. 2009).
De acordo ao Catálogo Nacional de Especies Amenazadas, publicado polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y
Marino con data 12 de xullo de 2005, a poboación de pita do monte (Tetrao urogallus) restrínxese ós Ancares debido a deteriorización do límite entre bosque e matorral; a apertura de pistas forestais; as molestias por parte de cazadores e excursionistas e, posiblemente, ó cambio climático. Da mesma forma, especies como a arcea (Scolapax rusticola), o papamoscas cincento (Muscicapa striata) e o rabirudo de testa blanca (Phoenicusrus phoenicurus) poden desaparecer en pouco tempo, entre outras causas, por falta de bosques e de ocos nas árbores nos que aniñar. Algunhas, precisan dun bosque e áreas abertas para sobrevivir, como a águia calzada (Hieraetus pennatus). O pardal montés (Passer montanus) é difícil de atopar por causa da tala de árbores frutais, en cuxos ocos facían os niños. Finalmente, destacar a sensibilidade dos falcóns pelegríns (Falco peregrinus) a determinados pesticidas.
En xeral, as especies de aves con fortes requerimentos xeolóxicos están nunha situación moi desfavorable en Galiza. As únicas non ameazadas serían aquelas que non teñen esixencias específicas estritas, xeralistas capaces de sobreviviren ainda que estraguemos o entorno.
Parques Eólicos (Terrestres e Mariños) e Aeroportos
A enerxía eólica emprégase como ferramenta contra o cambio climático ó reducir a dependencia de combustibles fósiles e por tanto, diminuir as emisións nocivas de gases de efecto invernadoiro, sen embargo a súa producción non está exenta de consecuencias negativas, especialmente nas aves (Vispo, 1999).
A ausencia en España dunha Avaliación Ambiental Estratéxica de plans e programas de enerxía eólica propiciou que a rápida proliferación de parques eólicos producírase, en moitas ocasións, sen unha adecuada planificación e seguemento destos, xerándose así un incremento dos efectos negativos que provocan na fauna local
Según sinala Atienza et al. (2008), os principais impactos sobre eles pódense resumir en:
Impacto directo: Por colisións contra diversos elementos (rotores, aspas, torre, estruturas asociadas) dando lugar a lesións. A maiores, a súa presenza provócalles un desprazamento de hábitat que pode dar lugar a un desequilibrio da reprodución e, polo tanto, a unha perda de poboación. Cabe destacar o efecto barreira, xa que supón un impedimento para a mobilidade das aves (alimentación, invernada, cría e muda), ademáis, os rodeos que ten que facer provócanlles un maior gasto enerxético que pode chegar a mermar o seu estado físico.
Impactos indirectos: A construción e a explotación dun parque eólico conlevan a instalación doutros elementos auxiliares como accesos á Rede Eléctrica Nacional. Estos elementos, a súa vez, poden xerar unha serie de impactos negativos propios sobre o medio ambiente: alteración e destrución do hábitat, destrución de postas e camadas, molestias, electrocucións, electromagnetismo, erosión, alteración do fluxo hídrico, etc. 86
Impactos inducidos: Debido ao aumento da presión humana sobre os ecosistemas naturais e que pode conlevar ao aumento da presión cinexética e recoletora, ou do risco de incendios non naturais. Tamén pode incluírse o efecto derivado da utilización dos viais de acceso por parte de motoristas, todoterreos ou paseantes.
Impactos acumulativos: Tamén pódense dar efectos acumulados con outras infraestruturas na zona (por exemplo, moitos paseriformes son susceptibles de colisionar coas aspas dos molinos, pero tamén contra os vehículos das estradas próximas).
Hoxe en día, en Galiza existe un Mapa Eólico Mariño aprobado no ano 2009 polos Ministerios de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, así como o de Industria, Turismo y Comercio, e que representa as zonas favorables, favorables condicionadas e desfavorables para levar a cabo a súa instalación no noso litoral. Todos os efectos da instalación dos aeroxeradores que imos relatar están baseados en parques eólicos de Dinamarca, por ser a rexión de Europa con máis parques mariños. Así, os estudos existentes ata a data demostran que os grupos faunísticos máis afectados no caso dos parques terrestres son as aves e os morcegos. No caso dos morcegos, vense máis afectados a comezo do verán e en outono, xa que son especies migradoras, aínda que as especies sedentarias tamén vénse alteradas.
No caso dos parques mariños son os cetáceos e as aves mariñas: aos cetáceos, provócalles desorientación debido ós campos electromagnéticos provocados polas conexións dos cables destas instalacións; cambios de conducta (migracións, búsqueda de alimento, apareamento…) e alteracións anatómicas (rotura de tímpano, vibracións de cavidades orgánicas…) causadas polo ruido xerado na construcción, mantemento e funcionamento deles. Para as aves mariñas, os efectos son os mesmos que no caso dos eólicos terrestres.
Actualmente, non existen en España directrices para a avaliación dos impactos ecolóxicos provocados pola implantación de parques, xa sexan terrestres, costeiros ou mariños. Segundo sinala a propia Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, a Avaliación de Impacto Ambiental (AIA) é a ferramenta que debe proporcionar medios para integrar factores ambientais no planeamento e toma de decisións, de forma que se reduzan as consecuencias negativas para o medio.
Conclusións
Toda a sociedade entende que as enerxías renovables son a mellor opción para a ecoloxía do planeta, pero… ¿é isto verdade, ou é, como todo, subxectivo? A falta dunha lexislación maís precisa sobre este tipo de construcións provoca que en ocasións se constrúan instalacións en zonas non aptas para elas ou tamén que non se teña en conta os seus efectos a mediolongo prazo sobre a entorno animal.
Todos somos conscientes de que o progreso e o benestar ten un prezo, pero sempre considerando os riscos que entraña a creación de novas infraestruturas, co fin de minimizar ou polo menos controlar, devanditos riscos. Aquí, o termo sostible alcanza o seu máximo sentido. Facemos unha chamada de atención cara á observación e control de todas aquelas especies animais vinculadas estreitamente ao home a través de diversos aspectos, e que poden ver arriscada a súa supervivencia, ou o seu benestar.
Bibliografía
Ferrás, C., Macía, J.C., García, Y., Armas, F.J. (2007). La agricultura familiar sostenible en sistemas minifundistas. Estudio de casso comparados en Galicia e Irlanda. Ager: Revista de estudios sobre despoblación y desarrollo rural (6): 101128.
Tolosa, F. (2003). Efectos del ruido sobre la salud. Discurso inaugural del Curso Académico 2003 en la Real Academia de Medicina de las Islas Baleares. Dispoñibel en: http://www.ruidos.org/Documentos/Efectos_ruido_salud.html
Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza (ADEGA). Dispoñibel en: http://adega.info
Barreiro, R., Quintela, M. & Ruiz, J.M. (2004). TBT e imposex en Galicia: los efectos de un disruptor endocrino en poblaciones de gasterópodos marinos. Ecosistemas 13 (3):
1329. Carbonell, R. (2010). Los tendidos eléctricos y los peligros sobre las aves. Dispoñibel en: http://www.ucm.es/info/biologia/actualiz/temp/tendidos.htm.
Castellanos, C., HernándezVega, S. & Junio, J. (2003). Cambios bentónicos en la ría de Foz (Lugo) (noroeste de España) tras la construcción de un espigón. Boletín del Instituto Español de Oceanografía, Vol. 19 (14): 205218.
Consellería de Medio Rura, Xunta de Galicia (2010). Dispoñibel en: http://mediorural.xunta.es/areas/infraestruturas/presentacion/
Coordinadora para el Estudio de los Mamíferos MarinosGalicia (CEMMA). Dispoñibel en: http://www.arrakis.es/~cemma Dolsa, A.G. & Albarrán, M.T. (2003). La problemática de la contaminación lumínica en la conservación de la biodiversidad. I Sesión de trabajo sobre la Contaminación Lumínica Departament de Medi Ambient Generalitat de Catalunya. Dispoñibel en: http://www.um.es/eubacteria/Biodiversidad.pdf. EFE (2008). Ence, Sogama y Elnosa, príncipales focos contaminantes de Galicia según Greenpeace El Faro de Vigo, 11 de febreiro de 2008. Galicia Ambiental (2009). La contaminación acústica aumenta en Galicia Galicia ambiental (en liña) Dispoñibel en: http://www.galiciaambiental.net/ GREENPEACE. Dispoñibel en: http://www.greenpeace.org/espana/reports. |
A lingua, como elemento vivo, experimenta continuos cambios e introduce frecuentemente novas palabras. Algunhas destas chegan a lexicalizarse e outras moitas non. Este artigo céntrase nos neoloxismos que proceden de marcas rexistradas. Refírese, máis concretamente, a palabras que están en uso na variante sincrónica actual da lingua galega cunha frecuencia de uso variable e un recoñecemento nas obras lexicográficas pouco sistemático. Parte este traballo doutro anterior, publicado en formato libro baixo o título Por que o colacao non está no dicionario?, pretendendo agora actualizalo e afondar en aspectos que non foran tratados. Introdúcense aquí novas palabras que non aparecían recollidas na obra anterior, propoñendo unha representación gráfica para elas, xunto coa súa posible definición, así como a análise da súa presenza no CORGA e no TILG. Igualmente, coméntanse aspectos relacionados coa súa vixencia e perdurabilidade. | Entre o colacao e o nesquick. Lingua galega e marcas rexistradas
Noemí Álvarez Villar
CPI A Picota. Mazaricos noemiav@edu.xunta.es
María Rey Rey
IES Xulián Magariños. Negreira mariareyrey@edu.xunta.es
Sumario
1. Introdución. Palabras procedentes de marcas rexistradas. 2. Xustificación. 3. Pertinencia do traballo. 4. Representación gráfica das palabras procedentes de marcas rexistradas. 5. Presenza nos dicionarios, no CORGA e no TILG. 5.1. Proceso de elaboración: os dicionarios, o CORGA e o TILG. 5.2. Falta de homoxeneidade nos dicionarios. 6. Presenza destas palabras na literatura. 7. Traballos previos. 8. Ampliación do traballo anterior. 8.1. Presenza no TILG. 8.2. Presenza no Gran Dicionario Xerais da Lingua. 8.3. Presenza no VOLG. 8.4. Novas propostas. 8.4.1. Presenza no CORGA. 8.4.2. Presenza no TILG. 8.4.3. Comparativa da presenza no CORGA e no TILG. 9. Comparativa con outras linguas: o caso do portugués e do catalán. 10. Cadroresumo das palabras estudadas. 11. Conclusións.
Between colacao and nesquick. The Galician language and trademarks
Languages, as living entities, undergo continual change and often acquire new words. Some of these become lexicalized; others do not. This paper looks at neologisms originating from registered trademarks, and in particular at words current in presentday Galician that have a variable rate of frequency and are not acknowledged systematically in the lexicographic literature. The present study is based on an earlier one, published in book format, titled Por que o colacao non está no dicionario? [Why isn’t colacao in the dictionary?], which it brings up to date while also delving into some aspects previously omitted. Further words are included which were absent from the earlier work, for which a spelling is proposed and a definition attempted. Their presence in Corga and TILG is profiled, and features are mentioned that may affect their contemporary relevance and likelihood of survival.
1. Introduction. Words originating as registered trademarks. 2. Justification. 3. Relevance of the
1. I ntroducIón. palabras procedentes de marcas rexIstradas
Polaroid, colacao, bollicao son palabras que emprega calquera galegofalante ao referirse a determinados produtos que están no seu universo vital. Con todo, non todas aparecen recollidas nos dicionarios, pois, ao analizar estas tres palabras nos repertorios lexicográficos, obsérvase que só a primeira aparece contemplada, a pesar de aparentemente ser, se cabe, a menos estendida.
No uso habitual da lingua non nos detemos a reflexionar sobre a procedencia das palabras, polo que cómpre facer un estudo detallado do léxico da lingua galega para analizar as formas que teñen a súa orixe en marcas rexistradas. Este traballo ocúpase daquelas formas que están en proceso de lexicalización na nosa lingua (ou lexicalizadas xa), as cales son quen de nomear un produto que non ten outro nome ou, en caso de telo, que coexiste en competencia con aquel. Xa que logo, non queremos facer unha listaxe das marcas existentes, senón analizar as palabras da nosa lingua que proceden delas. O “cacao en po” pode ter varios nomes comerciais pero o de colacao 1 é o único que empregamos para denominar o produto, independente da marca que compremos.
O noso estudo céntrase na variante sincrónica actual xa que cremos que é o punto de partida para poder abordar no futuro un traballo máis amplo que recolla esas palabras, xunto coa súa evolución no tempo. Con todo, convén matizar a definición que se adopta para o termo sincrónico. Sábese que “sincronía” é un termo con límites poucos definidos xa que varía o seu valor dependendo de quen o empregue, se é unha persoa de 30 ou de 50 anos. Considérase neste traballo o valor máis amplo do termo, xa que isto permitirá amosar palabras que son coñecidas por persoas de determinada idade pero non por outras máis novas, ou mesmo ao revés. Aparecen, polo tanto, palabras con pouca frecuencia de uso e voces en decadencia, xunto con outras que presentan unha alta frecuencia de uso. Así e todo, a análise faise coa maior prudencia posible e tendo en conta que a lingua é un elemento vivo e aberto a novos cambios.
2. x ustIfIcacIón
Este artigo nace logo de analizar as palabras procedentes de marcas rexistradas nun traballo previo denominado Por que o colacao non está no dicionario? (Álvarez Villar / Rey Rey 2010). Aquel traballo foi unha introdución xeral da temática, na que agora afondaremos.
Naquela proposta íase analizando a presenza destas palabras nos diferentes repertorios lexicográficos e rematábase amosando aquelas que non teñen presenza nesas obras, pero que si poderían ou deberían figurar. Igualmente incluíase un apartado de palabras que non aparecen recollidas e que se consideran dubidosas para ser contempladas, ben por estar en clara decadencia, ben por seren palabras moi recentes sobre as que non se pode facer unha valoración, ben por tratarse de castelanismos.
Nesta achega, pártese da proposta do traballo anterior e afóndase naqueles aspectos interesantes relacionados con el; en particular actualízase a listaxe de palabras procedentes de marcas rexistradas e que non foron comentadas con antelación. Esta revisión obedece ao feito de que a lingua está en constante cambio, polo que permite unha continua análise.
3. p ertInencIa do traballo
Non sorprende que non se fixese un estudo específico deste tipo de palabras con anterioridade, xa que non supoñen máis ca unha pequena porcentaxe dentro do amplo lexicón dunha lingua. Ademais, é certo, que unha lingua que vive nun proceso de normalización e normativización, coas dificultades que isto implica, xa se atopa con moitas formas para sancionar, polo que as que aquí nos ocupan (as palabras procedentes de marcas rexistradas) ven atrasado o seu camiño cara á normativazión. Por ese motivo, espérase contribuír ao recoñecemento destas palabras e a presentar unha posible ampliación do estándar, tendo en conta que a normativización concreta que se ofrece amplía as posibilidades expresivas da nosa lingua, outorgándolle unha maior autenticidade á norma, que se enriquece con elementos léxicos habituais (nalgunhas ocasións) e imprescindibles.
Sábese que este léxico é moi efémero, na maior parte dos casos, debido á propia historia dos produtos. Polo tanto, é interesante esta análise e toma de conciencia da nosa lingua como testemuño dun tempo. Se se comparan estas palabras coas patrimoniais, obsérvase que teñen unha historia máis breve, pero non é menos certo que, para as persoas que viven e usan a lingua galega nos comezos do século XXI, son voces igual de necesarias que as demais. De feito, pasado o tempo, se estas formas desaparecen, quedarán como distintivo de varias xeracións ou mesmo só dunha debido á súa breve historia. Exemplificando, non podemos esquecer que a forma tergal nos leva a unha época determinada, pois os máis novos xa a descoñecen, mentres que aspirina 2, aínda que poida desaparecer no futuro, neste momento forma parte do acervo de todas as xeracións que vivimos neste comezo de século. Algo similar acontece con outras palabras propostas neste artigo; é o caso de fixo ou celo, comúns para calquera galegofalante, fronte a land rover que pode ser descoñecida (ou pouco frecuente) para as persoas de menos idade.
4. r epresentacIón gráfIca das palabras procedentes de marcas rexIstradas
Se se observa o uso destas palabras nas obras escritas (nomeadamente na literatura) conclúese que existe unha considerable vacilación á hora da súa representación na escrita. Este estadio de representación dubitativa, de busca da forma escrita, parece natural, xa que mostra analoxía con outros exemplos da lingua. Ao comezar a pasar á escrita unha lingua ou unha serie de palabras que si están na fala, os escritores (ou calquera usuario dese código) dubidan de como representalos 3. Cunqueiro escribe en “Anxeliña de Prado” de Os outros feirantes a voz singer entre comiñas; mentres, Ferrín, no relato “Eles” de Arraianos, insire unha letra maiúscula na primeira letra de cada palabra procedente dunha marca rexistrada: Tres Cepas, Mauser, Chester (que alterna con Chesterfield), Ronson, Fiat. Este último autor comentado amosa a súa propia reflexión lingüística na codificación que emprega, xa que ten unha regra que non esquece en ningún caso: o uso de maiúsculas. Elixe, ademais, a forma que presenta un achegamento ao nome dunha marca, a maiúscula, que indica nome propio.
Mentres, Suso de Toro, no seu relato “BOLLICAO” da obra Polaroid, presenta maior variación na representación destas palabras. A primeira voz deste tipo que se atopa no corpo dese relato é gusanitos, que aparece entre comiñas. O curioso é que na liña seguinte figura sen elas. Poderíase pensar que se trata dunha repetición da palabra, ou mesmo unha individualización dos elementos que compoñen o produto, pero algo despois aparece bollicao sen cursiva, nin negra, nin comas e algo despois Cocacola. Non obstante, esta última palabra presenta a súa primeira letra en maiúscula. O autor vaise acollendo a diferentes solucións en cada caso, sen seguir un criterio unitario. Esta alternancia na escrita é algo xeneralizado e aínda que aquí só nos centramos en tres textos e en tres autores, pódese facer unha análise do que acontece no Corpus de referencia do galego actual (en adiante CORGA 4), e percibiremos unha situación similar. Para exemplificar esta afirmación escóllese a palabra cocacola, porque é merecente, debido á súa divulgación e repercusión, de ser a elixida. Esta palabra aparece en 74 ocasións e en 43 documentos se a escribimos con guión, e en 16 documentos, con 22 recorrencias se a escrita é sen ese elemento. Se a forma consta de dúas palabras sen ningún nexo, atopamos 32 exemplos en 18 documentos. Na escrita con guión as posibilidades son varias: cocacola, ou ben coa primeira letra en maiúscula (Cocacola), ou coa inicial de cada unha das palabras que compoñen a voz en maiúscula (CocaCola). Ao escribir a forma nunha única palabra as posibilidades redúcense a dúas, coa primeira inicial en maiúsculas ou sen ela (cocacola, Cocacola). Na escrita de dúas palabras separadas, tamén temos unha solución dupla (coca cola e Coca Cola). No caso do guión predomina o uso das dúas maiúsculas en ambas as palabras, seguido da escrita completa en minúsculas, mentres que no caso de tratarse dunha única palabra sen guión predomina a escrita completamente en minúsculas. Constátase que só hai dous casos de presenza da maiúsculas, un deles é un artigo de opinión nun xornal e o outro un libro sobre publicidade. Parece que o feito de soldar os compoñentes nunha única palabra implica xa unha maior lexicalización da forma, o que motiva a escrita en minúsculas. Este comportamento é análogo ao que seguen outras palabras compostas da nosa lingua, xa que cando as formas están soldadas percíbense como máis lexicalizadas e, polo tanto como unha única palabra. O mesmo acontece con certos neoloxismos procedentes de siglas, pois pasan a escribirse en minúscula cando se trata de siglas completamente lexicalizadas (láser). En definitiva, a aparición dunha palabra procedente de marca rexistrada escrita en minúscula pona en relación co seu maior grao de lexicalización. De feito, cando non é tan obvia a procedencia de marca (pladur, por exemplo) a tendencia a escribila con minúscula é maior.
5. p resenza nos dIcIonarIos, no corga e no tIlg
5.1. Proceso de elaboración: os dicionarios, o c orga e o t Ilg a etimoloxía 5 das palabras. É tamén a obra lexicográfica, polo momento, máis popular e conta cunha tradición que a avala. Porén, o feito de elixir esta obra non presupón que se desboten outras, senón que se contrastaron as palabras atopadas coas que figuran nos seguintes dicionarios: Dicionario da Real Academia Galega (en adiante DRAG), Gran Dicionario século 21 da lingua galega (en adiante DS21), Dicionario Digalego, Diccionario de la Real Academia Española (en adiante DRAE). Polo tanto, a pretensión do estudo é dar unha visión xeral e plural do estado da cuestión deste apartado do léxico.
Todas as palabras que aparecen no traballo foron buscadas no CORGA. Utilízase este corpus para comprobar, en cada un dos casos, a súa presenza nalgún texto, así como o seu contexto de uso. Así mesmo, deste xeito, obsérvase a frecuencia destas palabras procedentes de marcas rexistradas nos textos seleccionados polo CORGA (entre os anos 1975 e 2009). Ben é certo que, como se trata dun corpus (unha escolma), nalgunha ocasión os resultados son sorprendentes, con ausencia dalgunha palabra que parece ter bastante repercusión na lingua ou con mostras doutras que presentan unha frecuencia moito menor.
No estudo que aquí se presenta engádese a análise da presenza de cada unha das palabras incluídas na obra anterior no Gran Dicionario Xerais da Lingua (en adiante GDXL), no Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (en adiante VOLG) e mais no Tesouro Informatizado da Lingua Galega (en adiante TILG). Esta comparativa permite unha visión máis ampla do tratamento das mesmas.
5.2. Falta de homoxeneidade nos dicionarios
A lexicalización de palabras procedentes de marcas rexistradas é un fenómeno difícil de homoxeneizar, xa que os dicionarios non sempre semellan ter criterios claros para determinar que palabras destas características recollen. Pode que sexa o paso do tempo o que permita esa introdución, que sexa o propio asentamento no uso o que lle dea ese mérito, seguindo os principios das linguas, moi dinámicas na fala fronte á rixidez da forma escrita.
A lentitude neste proceso de recoñecemento sancionador, común a outras linguas, pode provocar que a incorporación aos dicionarios de palabras procedentes de marcas se produza cando xa ven minguado o seu uso. En ocasións, porque apareceron novos produtos que substitúen aos anteriores e mesmo os afastan do mercado e con eles esvaécense as palabras que os designan. É un bo exemplo disto a forma mercurocrómer (a cal convivía na fala coa forma abreviada crómer)
que figura no DXL, cando é o betadine o produto rexistrado que triúnfa hoxe como antiséptico. Por outra banda, cómpre ter en conta a situación especial da lingua galega, xa que ao estar inmersa no proceso de normalización e normativización, todas estas palabras chegan, moi probablemente, a partir da lingua teito: no noso caso o castelán. O galego foi unha lingua desligada durante séculos do ámbito mercantil, ao que hai que engadir, ademais, que moitos produtos chegaban a nós a través do mercado castelán. De igual modo que acontece en numerosos campos terminolóxicos, de linguaxes específicas, estes eran aceptados coa mesma denominación que no castelán, aínda que non sempre fosen incluídos nos dicionarios. Isto fai que a maior parte das palabras procedentes de marcas rexistradas sexan coincidentes entre a nosa lingua e a lingua castelá. Non obstante, isto non permite concluír que a correlación sexa absoluta, pois hai casos de non coincidencia. Acontece por exemplo na forma danone, como sinónimo de iogur. Non ten un uso mencionable a forma danone en Galicia, aínda que si a ten en numerosos lugares de fala española da península.
Obsérvase que algunhas das formas presentes neste artigo son compartidas polas linguas veciñas, ao ser verdadeiros internacionalismos procedentes de marcas comerciais ou patentes estranxeiras. Analízase esta relación con outras linguas próximas no apartado 9.
6. p resenza destas palabras na lIteratura
A abundancia destas palabras na literatura responde aos seus valores semánticos, xa que a connotación acáelle moi ben á lingua literaria. Pódese pensar ademais na rendibilidade que a literatura pode tirar das imaxes das que a publicidade se serve para poñer no primeiro momento o produto en contacto co comprador ou, se se quere ler así, ao falante coa palabra marca. Calquera destas palabras que son marcas rexistradas, debido ao carácter efémero que adoitan presentar, adquiren unha maior fixación polo feito de aparecer nunha obra literaria que contribúe á súa integración. Ao mesmo tempo, xogan un papel activo na narración ao marcar as coordenadas espazotemporais dese texto ou as características dun personaxe en concreto.
Os autores empregan a variante sincrónica da lingua do momento en que eles viven e, polo tanto, non poden subtraerse ao uso destas palabras. Quizais non sempre eran conscientes da realidade e repercusión desa voz e se cadra o seu uso responde só a un xogo lingüístico. Con todo, nalgúns autores recentes parece que ese uso non é gratuíto, senón que obedece á busca de diferentes obxectivos, relacionados co propio texto ou coa caracterización dos personaxes. Así, o título Polaroid, que Suso de Toro elixiu para a súa obra, non parece arbitrario, xa que foi, no ano 1986, un nome tan rompedor como toda a obra da que forma parte.
estritamente literal, xa que, neste caso, barbie se refire a unha moza e non a unha boneca.
7. t raballos prevIos
No referente ao estudo destas palabras na lingua galega, contamos unicamente coa obra Por que o colacao non está no dicionario? (Álvarez Villar / Rey Rey 2010). Ben é certo que se se analiza o estudo destas formas noutras linguas, obsérvase que as páxinas que a elas se lles dedican tampouco proliferan. Non obstante, existen traballos que se achegan ás palabrasmarca 6, aínda que sen deterse naquelas lexicalizadas.
Como quedou dito son os dicionarios os que paseniñamente van incorporando estas innovacións léxicas. Cabe mencionar, igualmente, a obra Novas palabras da lingua galega (López Fernández et al. 2005) que recolle certos neoloxismos. Así e todo, é destacable que só 7 constate a palabra rímmel 8 como procedente de marca rexistrada. As propostas da obra Por que o colacao non está no dicionario? eran:
APARTADOS
Palabras Presenza no CORGA 1. Palabras presentes no DXL. aspirina, celofán, delco, ditáfono, formica, fotomatón, gramófono, gramola, maicena, mecano, mercurocromo, napalm, pimpón, pírex, plastilina, plexiglás, polaroid, táblex, tartán, tecnicolor, teflón, uralita Todas as palabras agás pírex e teflón. 2. Palabras presentes no DXL pero non recoñecidas como procedentes de marcas rexistradas. aerobús, claxon, duraluminio, futbolín, jacuzzi, magnetófono, nailon, neopreno, pianola, raión, tabasco, teletexto, teletipo, 8. a mplIacIón do traballo anterIor
8.1. Presenza no t Ilg
Neste traballo achegámonos a outro corpus da lingua galega, o TILG, para ampliar a análise da recorrencia destas palabras. Isto permite non cinguirse á variante sincrónica, senón ampliar o número de textos consultados, posto que este corpus recolle mostras da nosa lingua (1464 obras) desde o galego moderno (ano 1612) ata a actualidade. As palabras recollidas no TILG son:
APARTADOS Palabras Presenza no TILG
1. Palabras presentes no DXL. aspirina, celofán, delco, ditáfono, formica, fotomatón, gramófono, gramola, maicena, mecano, mercurocromo, napalm, pimpón, pírex, plastilina, plexiglás, polaroid, táblex, tartán, tecnicolor, teflón, uralita Todas as palabras agás ditáfono, mecano, pírex táblex, tecnicolor e teflón. 2. Palabras presentes no DXL pero non recoñecidas como procedentes de marcas rexistradas. aerobús, claxon, duraluminio, futbolín, jacuzzi, magnetófono, nailon, neopreno, pianola, raión, tabasco, teletexto, teletipo, tergal, termo, vaselina, walkman Todas as palabras agás aerobús, duraluminio, teletexto. 3. Palabras recollidas noutros dicionarios galegos: DRAG, DS21, Digalego. cinemascope, cinerama, ferodo, freón, ioió, licra, piruleta, rímmel, skai, span Todas as palabras agás cinerama, ferodo, freón, 4.1. Palabras recollidas estar ligadas a produtos de recente incorporación. Por isto é esperable que a súa presenza sexa máis numerosa no corpus que se ocupa especificamente do período en que se desenvolve esta variedade da lingua.
É de moita utilidade o contraste entre estes dous corpus, porque permite observar a coincidencia existente entre as palabras sancionadas nos dicionarios e aquelas que figuran en calquera dos corpus.
8.2. Presenza no Gran Dicionario Xerais da Lingua
Durante a fase final de desenvolvemento do anterior traballo saíu ao mercado o GDXL. Cómpre agora presentar as novidades que introduce esta obra, con respecto ás palabras recollidas no traballo anterior.
Palabras Palabras no GDXL 1. Palabras presentes no DXL. aspirina, celofán, delco, ditáfono, formica, fotomatón, gramófono, gramola, maicena, mecano, mercurocromo, napalm, pimpón, pírex, plastilina, plexiglás, polaroid, táblex, tartán, tecnicolor, teflón, uralita Desaparecen: fotomatón, táblex. Non se indica a procedencia de marca: ditáfono, formica, gramola, plexiglás, tecnicolor. 2. Palabras presentes no DXL pero non recoñecidas como procedentes de marcas rexistradas. aerobús, claxon, duraluminio, futbolín, jacuzzi, magnetófono, nailon, neopreno, pianola, raión, tabasco, teletexto, teletipo, tergal, termo, vaselina, walkman Aparecen todas. Indícase a procedencia de marca para : jacuzzi, tergal e walkman. 3. Palabras recollidas noutros dicionarios galegos: DRAG, DS21, Digalego. cinemascope, cinerama, ferodo, freón, ioió, licra, piruleta, rímmel, skai, span Aparecen: cinemascope, ferodo, ioió, rímmel, skai. Indícase a procedencia de marca para: cinemascope, ferodo, rímmel, skai.
Obsérvase no cadro anterior que non existe unha absoluta coincidencia entre as palabras contempladas no DXL e no GDXL. Hai palabras que desaparecen da nova proposta e outras que se introducen. Se atendemos á indicación da procedencia de marcas rexistradas, apréciase que 4 palabras que antes aparecían con esta procedencia, agora pérdena, mentres que para 7 palabras que no anterior repertorio ou ben non aparecían ou non se indicaba a orixe de marca, agora si se constata esta procedencia. Polo tanto, aínda que se trata dun repertorio cun elevado número de entradas, parece que, no que respecta ao tratamento deste tipo de palabras, tampouco se tratará da obra definitiva.
8.3. Presenza no v olg
Cómpre analizar tamén a presenza destas palabras no VOLG, xa que se trata do repertorio normativo con maior número de entradas. Con todo, a comparativa é diferente á ofrecida noutras obras lexicográficas, xa que aquí non figuran as definicións nin a súa orixe.
APARTADOS Palabras Palabras no VOLGA
1. Palabras presentes no DXL. aspirina, celofán, delco, ditáfono, formica, fotomatón, gramófono, gramola, maicena, mecano, mercurocromo, napalm, pimpón, pírex, plastilina, plexiglás, polaroid, táblex, tartán, tecnicolor, teflón, uralita Todas as palabras agás: delco, fotomatón, gramola, táblex e tartán. 2. Palabras presentes no DXL pero non recoñecidas como procedentes de marcas rexistradas. aerobús, claxon, duraluminio, futbolín, jacuzzi, magnetófono, nailon, neopreno, pianola, raión, tabasco, teletexto, teletipo, tergal, termo, vaselina, walkman Todas as palabras agás: claxon, futbolín, jacuzzi, teletexto e walkman. 3. Palabras recollidas noutros dicionarios galegos: DRAG, DS21, Digalego. cinemascope, cinerama, ferodo, freón, ioió, licra, Polo tanto, este repertorio recolle un número de palabras procedentes de marca, que cuantitativamente non difire moito do que achegan outros. Aínda así, percíbese que non hai coincidencia nas palabras recollidas.
8.4. Novas propostas
Preséntanse a continuación palabras que se poden sumar a aqueles recollidas en traballos anteriores. Son palabras que non recollen os dicionarios (a excepción de jeep, que xa aparece no GDXL recoñecida como procedente de marca) e que se presentan por orde alfabética, xunto coa información categorial e a definición pertinente, de elaboración propia. Todas estas palabras están presentes na variante sincrónica actual, se ben os seus usos e éxito son diferentes en cada caso. Por este motivo, ao lado de cada voz, aparece unha pequena análise da súa situación. Do mesmo xeito, a continuación, ofrécese a presenza destas palabras no CORGA e no TILG.
CELO s.m. Cinta adhesiva por un dos seus lados, que se emprega para pegar.
Trátase dunha voz moi instalada na lingua galega, que non presenta ademais un competidor patrimonial, aínda que actúa como sinónimo de fixo, outra palabra procedente dunha marca rexistrada. De feito é usada por persoas de todas as idades e grupos sociais.
FIXO s.m. Cinta adhesiva por un dos seus lados, que se emprega para pegar. Do mesmo xeito que a anterior é unha palabra moi instalada no idioma e sinónima daquela.
Se se observa o pasado recente, compróbase que esta palabra na actualidade, está en competencia con outras. Hoxe en día parece que a palabra xenérica, todoterreo, ten un uso bastante estendido, para referirse aos vehículos de calquera marca cunhas características similares.
Igual que no caso anterior, parece que é unha palabra en competencia con outras, como todoterreo, ou mesmo 4x4 (catroporcatro).
MINIPÍMER s.f. Utensilio que mediante movemento xiratorio bate ou tritura diferentes alimentos.
Este tamén é unha voz en decadencia, xa que na actualidade a palabra batedor é a que se emprega para denominar este utensilio. Con todo, persoas de certa idade manteñen a forma minipímer.
NESCAFÉ s.m. Café soluble. Emprégase esta palabra para denominar calquera marca. Non se pode predicir aínda a perdurabilidade da voz, pois aínda que está vixente, non presenta un uso similar en todas as persoas. NESQUICK s.m. Cacao en po que habitualmente se disolve en leite. É un competidor de colacao aínda que non é comparable a súa repercusión. De feito non se emprega para denominar un produto doutra marca ou marca branca, como si acontece con colacao. En canto á pronuncia desta palabra, cómpre salientar que o máis habitual é que, de acordo co sistema fonético da lingua, o [k] final non se pronuncie. SCALEXTRIC s.m. Xogo de coches que se desprazan por un circuíto. É unha palabra con total vixencia, xa que aínda que hai marcas competidoras, estas son denominadas habitualmente con este nome. O éxito da palabra pode residir no propio éxito do produto por saberse adaptar aos tempos. A pronuncia máis común é unha adaptación fonética acorde coa nosa lingua, introducindo un [e] en posición inicial e omitindo a pronuncia do estraño <c> ([k]) en posición implosiva final de palabra. Igualmente, a pronuncia do <x> en posición implosiva é fricativo alveolar xordo, adaptándose ao sistema galego.
A palabra jeep si aparece recollida no DXL do traballo anterior. Con todo, no GDXL xa aparece recoñecida a dita procedencia. Non presentan dúbidas para a súa integración nos dicionarios as palabras celo e fixo. Aumentarían o apartado 5 do noso traballo anterior. Por outra banda, as demais palabras presentadas neste traballo formaría parte do apartado 6, é dicir, serían palabras aínda dubidosas para incluír nos repertorios lexicográficos.
8.4.1. Presenza no C orga
Móstrase neste apartado a presenza que teñen no CORGA estas novas propostas. Este corpus permite verificar o seu uso nun contexto determinado, podendo valorar nalgúns casos as connotacións, así como o grao de lexicalización. CELO : en 7 exemplos de 2 documentos, entre os anos 1989 ao 1995. Amosamos un exemplo de Xesús R. Jares, da obra Técnicas e Xogos Cooperativos para tódalas idades.
[…] cada vez que alguén califica negativamente a outra persoa, esta quita un anaco, e cando alguén lle di algo positivo, pégase con celo algún dos anacos sacados anteriormente.
un par de xamóns, marmeladas, lentellas e garavanzos, croquetas de La Cocinera, Nesquick para as merendas...
8.4.2. Presenza no T ilg
Constátase tamén que estas palabras son máis propias da variante sincrónica actual, por estar ligadas a produtos de recente incorporación. Por isto a súa presenza é máis numerosa no corpus que se ocupa especificamente do período en que se desenvolve esta variedade da lingua.
9. c omparatIva con outras lInguas : o caso do portugués e do catalán
Para ter unha visión máis ampla do tratamento deste tipo de palabras, analízase a presenza das voces estudadas neste artigo, noutras linguas próximas: o portugués e o catalán. Para o súa procedencia de marca.
As 16 palabras que figuran nos 3 dicionarios consultados son: aspirina, cinemascope, claxon, ditáfono, duraluminio, formica, gramófono, linotipo, magnetófono, napalm, pianola, polaroid, rímmel, teletexto, tergal e vaselina. Todas elas xa están presentes nalgún dos dicionarios galegos. Polo tanto, parece que existe unha serie de voces, que non son de recente incorporación na lingua, que están lexicalizadas en todas estas linguas próximas e que figuran nos repertorios lexicográficos. Chama a atención que 3 das formas propostas polas autoras deste artigo, que non están recollidas en ningún dicionario galego, si o están nos da lingua portuguesa ou catalá. Cocacola, está no dicionario de portugués da Academia das Ciências e donuts nos dous dicionarios portugueses consultados. Por último a voz kleenex no dicionario da Academia e mais no de catalán. A indicación da procedencia de marca tampouco é homoxénea nos dicionarios de portugués e catalán consultados. O Dicionario da Academia das Ciências de Lisboa, amosa esta orixe para 13 palabras, mentres que o Porto Editora só a indica para 2 e o dicionario do Institut de Estudis Catalans non a indica en ningún caso.
10. cadro - resumo das palabras estudadas
APARTADOS Palabras
DXL, digalego, DS21, GDXL, CORGA / TILG 21 /5 19932006 / 19911993 Zotal (4.1.)
TOTAL: 123 Táboa 9. Síntese da información para cada proposta
11. c onclusIóns
As palabras procedentes de marcas rexistradas representan unha pequena porcentaxe dentro do léxico da lingua galega. Con todo, obsérvase que son moi frecuentes no uso habitual. Esta frecuencia de uso está motivada polo campo semántico ao que pertencen, xa que moitas delas se corresponden co ámbito da alimentación, do material escolar… É o caso das voces fixo/celo propostas neste artigo. Se a iso lle engadimos que non existe outra palabra patrimonial para denominar eses produtos é plenamente comprensible a necesidade de non prescindir delas.
A consulta realizada no CORGA e no TILG leva a verificar que vai en aumento a introdución deste tipo de palabras tamén nos textos escritos, fundamentalmente na literatura. Destaca a abundancia destes na literatura xuvenil, xa que este tipo de escrita busca achegarse á realidade dos potenciais lectores, polo que reproduce o seu universo máis próximo.
Moitas destas voces teñen unha vida efémera se a comparamos coas patrimoniais. Isto está motivado pola súa ligazón cos produtos que designan, co consumismo, coas modas... A modo de anécdota cabe salientar o titular aparecido na prensa recentemente no que se dicía que “os walkman morren aos 30 anos 12 ”. Dedúcese disto que a palabra non vai morrer ipso facto pero, desde logo, comezou a súa agonía coa desaparición do mercado do produto que designaba.
A partir deste traballo poderanse facer novas investigacións tomando como referencia os datos aquí expostos, para valorar a vitalidade de cada unhas das palabras que aquí se ofrecen, así como para analizar a súa frecuencia de uso.
Cabería tamén a posibilidade de analizar por que os dicionarios aceptan ou rexeitan determinadas palabras, como acontece co GDXL (2009) que rexeita fotomatón que estaba no DXL (2007), obra anterior dos mesmos autores.
Por último, agárdase que este traballo sirva de punto de partida para facer unha proposta de estandarización das voces procedentes de marcas rexistradas, algo que excede as expectativas deste artigo.
r eferencIas bIblIográfIcas
Obras de consulta
Álvarez Villar Noemí / María Rey Rey (2010): Por que o colacao non está no diccionario? Noia: Toxosoutos. Calvo, Julio. (2007): “Marcas comerciales y proyección lexicográfica en el español del Perú”, Boletín de la Academia Peruana de la Lengua 43, 2549 [disponible en http://www.scribd.com/ doc/3494828/JulioCalvo-PerezMarcas-comerciales-yproyeccion-lexicograficaen-elespa-noldel-Peru] (última consulta 22/12/2010). Furiassi, Cristiano (2006): “Translating American and British trademarks into Italian. Are bilingual dictionaries an aid to the user?”, en Félix San Vicente (ed.), Lessicografia bilingue ed traduzione: metodi, strumenti, approcci attuali. Milano: Polimetrica Publisher, 199213. Galey, Bernard (1996): De mémoire de marques. Dictionnaire de l’origine des noms de marques. Paris: Tallandier. Galisson, Robert (1992) : “Etrange outil pour étrangers: un dictionnaire des noms de marque courants”, Études de Linguistique appliqué 8586, 191228. Galisson, Robert / JeanClaude André (1998): Dictionnaire des noms de marques courants. Essai de lexiculture ordinaire. Paris: Didier Érudition. Herrero Ingelmo, José Luis (2007): “Marcas comerciales y diccionarios”, en Mar Campos Souto / Rosalía Cotelo García / José Ignacio Pérez Pascual (coords.), Historia del léxico español. A Coruña: UDC, 5970 [dispoñible en http://web.usal. es/~joluin/investigacion/marcasydiccionarios.pdf]. López Fernández, Susana (et alii) (2005): Novas palabras galegas. Vigo : Universidade de Vigo. 12 Apareceu no xornal gratuíto 20 minutos. Pódese consultar no enlace: http://www.20minutos.es/noticia/477193/0/walkman/aniversario/experimento/.
Dicionarios e córpora de textos galegos |
Debido á importante contracción da actividade económica e do emprego en todo o mundo provocada pola Covid-19, resulta especialmente pertinente seguir avanzando no estudo do efecto que ten a implantación de prácticas socialmente responsables sobre a rendibilidade. Así pois, nesta investigación empírica, realizada cunha mostra de 6.186 empresas, preténdese profundar na relación existente entre o esforzo que realiza o tecido empresarial español dentro do sector manufactureiro en políticas de responsabilidade social e os resultados que obteñen nos seus indicadores financeiros. Para iso centrámonos nas relacións que mantén a empresa cos seus stakeholders externos, cos recursos humanos e coas políticas relativas á xestión da calidade, e analizamos como contribúen a mellorar a rendibilidade económica da empresa (ROA), utilizando un panel de datos. Os resultados mostran que a implementación de políticas de colaboración para aumentar e mellorar as relacións con provedores, competidores e institucións ten un efecto positivo significativo no aumento do ROA. Con todo, a colaboración cos clientes tivo un impacto negativo no ROA. Ademais, a aplicación de prácticas de recursos humanos tendentes a mellorar as relacións cos empregados e a implementación de políticas de calidade tamén teñen un impacto positivo e relevante no ROA. | Efectos do comportamento responsable nas relacións con terceiros sobre o ROA en tempos de crise económica
Introdución
Desde hai varios anos, existe unha preocupación xeneralizada entre a cidadanía sobre a relación das empresas coa sociedade, así como sobre o impacto que as súas actividades comerciais provocan no medio ambiente e mais na comunidade. En liña con tal preocupación, no contexto académico o interese pola responsabilidade social empresarial (RSE) alimentou un crecente corpo de investigación e publicacións sobre o tema, e os diferentes aspectos relacionados coa RSE foron analizados desde diversas perspectivas (Garriga e Melé, 2004; Le, 2008). Efectivamente, algúns autores analizaron a RSE como unha cuestión ética, outros traballos centráronse nas relacións cos stakeholders ou partes interesadas, mentres outros o expuxeron desde a perspectiva social (Esteban e Benito, 2015).
Desde o punto de vista da propiedade empresarial, moitos autores sosteñen que as políticas de responsabilidade social poden mellorar a competitividade dunha empresa, o que conducirá a un mellor rendemento económico e financeiro e á creación de valor. Con todo, e a pesar da abundancia de traballos arredor da cuestión, na literatura non existe un claro consenso sobre a relación entre a RSE e o resultado empresarial, polo que, ao longo dos anos, numerosos autores puxeron de manifesto que se trata dunha cuestión que aínda non está resolta (Karyawati et al., 2018; Escamilla et al., 2019).
Con todo, se a relación entre a RSE e os resultados da empresa non está clara, a análise da devandita relación resulta aínda menos concluínte en épocas de crise, debido a que, en períodos de recesión económica, as empresas se volven máis remisas a levar a cabo actividades de responsabilidade social (Chivite et al., 2014; Hernández e Sánchez, 2016). Por este motivo, cando asistimos a unha importante caída da economía en todo o mundo provocada pola Covid-19, parécenos especialmente pertinente profundar no efecto que ten a implantación de políticas de RSE sobre a rendibilidade da empresa. Mentres aínda non nos é posible coñecer como van reaccionar as empresas ante o novo panorama socioeconómico ocasionado pola pandemia, si dispomos de datos da crise financeira vivida en 2008, que nos permiten analizar empiricamente a natureza da devandita relación. Así pois, no presente traballo abórdase esta liña de investigación, e pretende responder a seguinte cuestión: poden as empresas mellorar a súa rendibilidade económica durante un período de crise mediante o desenvolvemento de políticas de responsabilidade social?
Para responder esta pregunta de investigación, este traballo céntrase, en particular, nas relacións que mantén a empresa con terceiros, xa sexa nas súas interactuacións con axentes que non forman parte da propia organización, como no seu compromiso cos traballadores. Por tanto, expóñense tres obxectivos: (1) analizar se existe unha relación significativa entre a rendibilidade da empresa e as súas relacións cos stakeholders externos; (2) analizar se existe unha relación significativa entre a rendibilidade da empresa e as súas relacións cos recursos humanos; e (3) analizar se existe unha relación significativa entre a rendibilidade da empresa e as políticas responsables relacionadas coa xestión da calidade.
Para conseguir os obxectivos expostos, o resto do artigo organízase da seguinte maneira: no seguinte epígrafe, realízase unha revisión da literatura e a formulación das hipóteses. Na sección "Análise de datos e metodoloxía" descríbese a recolección da mostra, a construción das variables e a metodoloxía de análise do traballo empírico. Utilizouse modelo de regresión econométrico de efectos fixos sobre un panel de datos que abarcan 5 anos, desde 2010 ata 2014, coa participación de 6.186 empresas e abranguendo o período de crise económica. A continuación, preséntase a discusión dos resultados obtidos; e, finalmente, no último apartado ofrécense as principais conclusións, así como as implicacións da evidencia atopada e as limitacións do traballo.
2. Revisión da literatura e formulación das hipóteses
2.1 Dimensións da RSE
A Comisión das Comunidades Europeas, no Libro Verde «Fomentar un marco europeo para a responsabilidade social das empresas» (Comisión Europea, 2001), define a RSE como un concepto mediante o cal as empresas integran as preocupacións sociais e ambientais nas súas operacións comerciais e na súa interacción de forma voluntaria coas partes interesadas. Así mesmo, no citado Libro, proponse distinguir entre unha dimensión interna e outra externa da RSE. A primeira refírese, sobre todo, a cuestións relacionadas co benestar dos traballadores. En particular, destaca aspectos como as políticas de capacitación, saúde e hixiene no traballo, o benestar xeral dos traballadores e a calidade dos produtos e servizos ofrecidos pola empresa. De feito, no propio Libro Verde sinálase que as prácticas responsables da empresa afectan, en primeiro lugar, aos traballadores. En canto á dimensión externa da responsabilidade social, inclúese unha ampla gama de prácticas centradas en terceiros alleos á propia organización. Polo tanto, refírese aos vínculos da empresa coa súa contorna local (xa sexa a nivel rexional, nacional ou internacional), no sentido de que as empresas contribúen ao desenvolvemento das comunidades nas que están situadas, pois interactúan con outras institucións e cos axentes en xeral que conforman a dita comunidade. Neste sentido, o presente traballo pretende estudar tanto a dimensión interna da RSE como a dimensión externa no relativo ás relacións de cooperación con diferentes axentes.
En particular, para aproximarnos á cuestión, a nosa investigación baséase no modelo proposto por Vilanova et al. (2009), quen definen cinco dimensións da RSE: 1) Visión, bo goberno corporativo, códigos éticos, valores e reputación. 2) Relacións coa comunidade, incluídas colaboracións con diferentes partes interesadas externas, tales como provedores, clientes, competidores, socios comerciais, institucións, etc. 3) Lugar de traballo, onde se consideran as relacións da empresa cos empregados, incluídas as prácticas laborais e cuestións de dereitos humanos. 4) Comunicación das políticas de RSE, rendición de contas e transparencia. 5) Actividade comercial central, aspecto referido á responsabilidade na xestión da calidade do proceso, a responsabilidade na xestión da calidade do produto, as actividades do mercado, etc. Ademais, estes autores no seu traballo tamén analizan a natureza da relación positiva entre RSE e competitividade. Para iso, definen as seguintes cinco dimensións de competitividade: 1) Desempeño, incluíndo medidas financeiras estándar, tales como beneficio, crecemento ou rendibilidade. 2) Calidade, incluída a calidade dos produtos e servizos, e a capacidade de satisfacer as expectativas do cliente. 3) Produtividade, en referencia a unha maior produción e a un menor uso de recursos. 4) Innovación, incluídos produtos, servizos e procesos de xestión. 5) Imaxe, en termos de xerar confianza e reputación na relación cos grupos de interese.
Posteriormente, outros autores como Stuebs e Sun (2010), Esteban e Benito (2015), Sun e Yu (2015) e López-Cózar et al. (2017), baseándose no modelo proposto por Vilanova et al. (2009), estudaron a relación entre RSE, competitividade e produtividade. Stuebs e Sun (2010) vincularon a reputación empresarial coa produtividade laboral como unha dimensión da competitividade, e atoparon un vínculo positivo entre a reputación da empresa e a eficiencia e a produtividade laboral. Sun e Yu (2015) centráronse no impacto da RSE no rendemento e no custo dos empregados. Esteban e Benito (2015) definen dez dimensións de RSE: (1) dimensión ética; (2) relación coa comunidade; (3) relación cos empregados; (4) o medio ambiente; (5) comunicación de políticas de RSE; (6) bo goberno corporativo, propiedade e xestión; (7) responsabilidade na calidade do proceso; (8) responsabilidade na calidade do produto; (9) actividades de mercado; e (10) responsabilidade e transparencia; agrupándoas en dúas categorías: orientación interna e externa. Estes autores destacaron como as dimensións internas da RSE, como as relacionadas co control de calidade dos procesos operativos dunha empresa e a súa promoción da innovación e a atención dos empregados, poden mellorar o desempeño laboral. Pola súa banda, López-Cózar et al. (2017) estudan a relación entre diversas dimensións da RSE e o tamaño empresarial, analizando as diferenzas desta relación entre empresas familiares e non familiares.
Especificamente, no presente traballo centrámonos nas dimensións 2, 3 e 5 do modelo de Vilanova et al. (2009), que á súa vez coinciden coas dimensións 2, 3 e 7 do modelo de Esteban e Benito (2015), isto é, a análise da relación cos stakeholders externos, a relación cos empregados e a responsabilidade na xestión da calidade de procesos e de produtos. A análise de tales dimensións foi elixida neste documento por tres razóns: primeiro, porque son aquelas que contribúen e participan directamente na actividade principal e diaria da empresa; en segundo lugar, debido a que a empresa leva a cabo estas políticas de maneira voluntaria, pois van máis aló do cumprimento da lexislación vixente e doutras políticas necesarias para a súa propia supervivencia; finalmente, porque consideramos que en tempos de crise é, precisamente, cando as empresas deben ter un comportamento responsable en especial nas súas relacións con terceiros, tanto pertencentes á empresa ‒traballadores‒ como aqueles que non forman parte da súa organización, é dicir, con todos aqueles cos que interactúa como consecuencia da súa actividade comercial.
O obxectivo do presente traballo é vincular estas tres dimensións da RSE coa primeira das dimensións de competitividade suxeridas por Vilanova et al. (2009), isto é, o desempeño da empresa. No noso caso en concreto, vaise a utilizar como medida de tal desempeño a rendibilidade económica.
2.2 RSE e rendibilidade económica
Como se comentou, a pesar da proliferación de estudos, non existe un consenso claro sobre a relación entre a RSE e o resultado da empresa. Tanto as primeiras investigacións realizadas como as máis recentes deron resultados contraditorios: diversos autores atoparon unha relación positiva (Bragdon e Marlin, 1972; Moskowitz, 1972; Cochran e Wood, 1984; McGuire et al., 1988; Waddock e Graves, 1998; Berman et al., 1999; Schnietz e Epstein, 2005; García et al., 2010; Shan e Chen, 2017; Busch e Friede, 2018; Hategan et al., 2018; Kim et al., 2018; Lian et al., 2019; Sang Jun et al. 2019; Vilar Fernández et al., 2019; Zuhura e Fatma, 2019; Albuquerque et al., 2020; Magrizos et al., 2021); outros, negativa (Vance, 1975; Patten, 2002); e outros atoparon que non existe relación, ou é neutral (Alexander e Buchholz, 1978; Aupperle et al., 1985; Patten, 1991; McWilliams e Siegel, 2000; Gil Estallo et al., 2009; Nelling e Webb, 2009; Madorran e García, 2016; Lee et al., 2018; Bae et al., 2021).
Neste sentido, nos últimos anos do século XX algúns autores centráronse precisamente en estudar os traballos previos sobre a cuestión, como os de Brooks e Oikonomou (2018). Pava e Krausz (1996) revisaron 21 traballos empíricos nos que se estudaba a relación entre RSE e o resultado financeiro da empresa (medido a través de diferentes variables), dos cales 12 atoparon unha relación positiva, 1 negativa e 8 non reportaron unha relación significativa. Pola súa banda, Griffin e Mahon (1997) atoparon 33 artigos que mostraban unha relación positiva, 20 que suxerían unha relación negativa e 9 que atoparon resultados non concluíntes. Igualmente, Roman et al. (1999) revisaron 52 artigos e atoparon que en 33 deles se obtiña unha relación positiva, en 14 non se atopou relación e 5 mostraban unha relación negativa. Alshehhi et al. (2018), centrándose en particular na relación entre o comportamento sustentable e os resultados financeiros, revisaron 132 artigos, atopando unha relación positiva en 103 deles. Nguyen e Nguyen (2020) levan a cabo unha revisión de 86 traballos realizados entre 2015 e 2020, e conclúen que os resultados seguen sendo inconsistentes e poñen de manifesto, así mesmo, que a maioría da investigación empírica realizada se refire a países desenvolvidos. Outro estudo, o de Busch e Friede (2018), analiza unha mostra de datos que combina 25 metaanálises anteriores que producen un tamaño de mostra dun millón de observacións, demostrando unha relación bilateral altamente significativa entre os resultados sociais e financeiros das empresas participantes.
Centrándonos en particular na rendibilidade económica de empresas (ROA), na Táboa 1 recóllense os principais traballos realizados sobre a relación entre esta e a RSE, mostrando o tamaño da mostra e o período de análise.
2.3 Relacións responsables cos stakeholders externos
Unha boa relación coa comunidade e outras partes interesadas externas pode converterse nunha vantaxe competitiva, ao mellorar a reputación e a imaxe da empresa (Porter e Kramer, 2006). Estas relacións cos stakeholders externos axudan a xerar confianza e a incrementar o compromiso e a lealdade dos consumidores, provedores e socios comerciais, así como dos propios directivos e traballadores da empresa. O desenvolvemento de redes de cooperación facilita o intercambio de recursos e capacidades entre os seus membros, permitíndolles superar os obstáculos creados pola falta de coñecemento e experiencia, e animándoos a asumir unha serie de riscos ou a implantar certas prácticas que doutra maneira non considerarían (Benito et al., 2016).
Waddock e Graves (1998) suxeriron que unha boa relación coa comunidade pode axudar a unha empresa a obter unha vantaxe competitiva a través de vantaxes fiscais, unha diminución da carga reguladora e unha mellora na calidade da man de obra local. Berman et al. (1999) non atoparon efectos directos entre as relacións cos stakeholders e os obxectivos financeiros da empresa; mentres que, pola contra, Hillman e Keim (2001) e Barnett e Salomon (2006) atoparon que aquelas empresas que fomentan relacións positivas si son recompensadas con mellores resultados. Así, Hillman e Keim (2001) afirman que, ao desenvolver relacións a longo prazo cos provedores e cos clientes ‒chamadas relacións verticais‒, as empresas melloran os intercambios de valor con estes grupos. Da mesma forma ocorre coa relación cos competidores, ou tamén chamadas relacións horizontais.
En concreto, as relacións verticais entre empresas poden definirse como unha rede de construcións ou procesos comportamentais en interacción que teñen lugar entre os membros dunha mesma cadea de subministración con obxecto de cumprir as súas funcións dentro da canle e alcanzar, así, os seus obxectivos (Sánchez, 1997). Por outra banda, as relacións horizontais son as construcións que se saen da cadea de subministración da empresa para relacionarse con outras empresas que forman outras cadeas, normalmente competidoras. O concepto de relacións verticais/horizontais entre empresas é bastante amplo e abarca tópicos como a xestión da cadea de subministración, relacións nas canles de comercialización, mercadotecnia de relacións, relacións entre vendedor e comprador ou a integración loxística (Vallet et al.,2007).
Con todo, a empresa debe ser consciente de que estas interaccións implican compromiso, unha actuación leal, tratos xustos e equitativos, e un comportamento honesto por ambas as partes. Isto incrementa o valor das relacións, polo que a empresa pode obter mellores resultados. Así pois, este traballo pretende contrastar a relación entre a rendibilidade económica e as relacións entre a empresa e as partes interesadas externas (provedores, clientes, competidores e institucións). Nesta liña de razoamento, propuxemos as seguintes hipóteses:
H1: Existe unha relación positiva entre a rendibilidade económica e as relacións cos stakeholders externos.
H1a: Existe unha relación positiva entre a rendibilidade económica e as relacións verticais.
H1b: Existe unha relación positiva entre a rendibilidade económica e as relacións horizontais.
H1c: Existe unha relación positiva entre a rendibilidade económica e as relacións institucionais.
2.4 Relacións responsables cos traballadores
As políticas e prácticas de recursos humanos reflicten a preocupación da empresa para abordar os intereses dos seus empregados e a súa intención de satisfacer as súas necesidades (Mishra e Suar, 2010). Aquelas empresas recoñecidas por ter unha boa relación cos traballadores poden atraer e reter as persoas máis cualificadas (Waddock e Graves, 1998; Albinger e Freeman, 2000; Greening e Turban, 2000). Considérase que as organizacións que deciden promover relacións a longo prazo cos seus empregados e, en consecuencia, logran reducir a rotación do persoal son máis propensas a establecer programas de capacitación. Isto, á súa vez, ten efectos positivos na súa eficiencia operativa (Branco e Rodríguez, 2006) e podería ter un impacto na mellora dos resultados económicos (Youndt et al., 1996; Berman et al., 1999). Así mesmo, os líderes éticos, ademais de preocuparse por esta cuestión, tratan de mellorar o desempeño ambiental e social. Mediante o desenvolvemento e mellora das actuacións asociadas a eses ámbitos, e baixo o conxunto de valores e comportamentos morais, estes líderes son capaces de influír positivamente sobre a percepción das políticas e programas de RSE desde a óptica dos empregados (Vitell et al, 2003; Castro González e Bande, 2019).
Con todo, a relación destas vantaxes cos custos laborais non sempre está clara. Algúns autores sinalan que as empresas que queiran levar a cabo políticas de RSE e conseguir mellorar a súa reputación corporativa poden decidir pagarlles salarios máis altos aos empregados para manter a súa satisfacción, o que implica un incremento dos custos (Stuebs e Sun, 2010). Outros estudos mostran que, mesmo aínda que implique maiores custos, un comportamento responsable nas relacións cos empregados pode dar como resultado ganancias en produtividade (Moskowitz, 1972; Waddock e Graves, 1998). Doutra banda, tamén hai autores que consideran que certos empregados están dispostos, mesmo, a percibir salarios máis baixos por traballar nunha empresa con boas políticas de RSE e alta reputación, o que significaría menores custos (Podolny, 1993; Roberts e Dowling, 2002). Aínda que Podolny (1993) indica que aquelas empresas con mellor reputación estarán dispostas a ofrecer mellores condicións laborais que as de menor reputación, precisamente porque desexan ter os mellores traballadores. Sun e Yu (2015) atoparon relacións significativas e positivas entre RSE e o desempeño dos empregados, así como entre RSE e o custo dos empregados. Por iso, estes autores concluíron que os empregados das empresas socialmente responsables están máis motivados e son máis produtivos; pero, ao mesmo tempo, estas empresas, de media, ofrecénlles aos seus empregados salarios máis altos. Pola súa banda, Feng et al. (2017) suxeriron que os grandes investimentos en políticas de recursos humanos poden incluso ter un impacto negativo no desempeño financeiro da empresa cando os custos incorridos exceden os beneficios recibidos, e sinalaron que o devandito efecto varía segundo os sectores industriais. Grubor et al. (2020) atoparon unha relación positiva entre as dimensións de RSE ligadas aos traballadores e a rendibilidade económica da empresa. Finalmente, Meier et al. (2021) atopan que a relación entre a xestión responsable dos recursos humanos e o desempeño financeiro da empresa non é lineal, senón en forma de U invertida.
Dada esta discrepancia na literatura previa, e para afondar na análise da relación entre a rendibilidade e as relacións da empresa cos empregados, proponse un segundo conxunto de hipóteses:
H2: Existe unha relación significativa e positiva entre a rendibilidade económica e as relacións cos empregados.
H2a: Existe unha relación positiva e significativa entre a rendibilidade económica e os custos de capacitación do persoal.
H2b: Existe unha relación significativa e positiva entre a rendibilidade económica e a estabilidade laboral.
2.5 Prácticas responsables de xestión da calidade
Os defensores da RSE tenden a argumentar que a implantación de políticas socialmente responsables leva a unha diminución dos custos. Pola contra, os críticos argumentan que a RSE é custosa e que os beneficios a miúdo son visibles só no longo prazo (Comisión Europea, 2008). Efectivamente, na literatura pódense atopar exemplos de melloras na estrutura de custos debido ás medidas de RSE (Woodward et al., 2001). Con todo, tamén se atopa evidencia de como a relación custo-beneficio das medidas de RSE pode ser negativa en certas circunstancias. Welford (2003) argumenta que só unhas poucas medidas de RSE poderían reducir os custos, e que esta redución pode estar relacionada cunha maior eficiencia nos procesos operativos e nos controis de calidade. Algúns autores sosteñen que a RSE pode ser unha ruta cara á innovación, grazas ao uso de impulsores como desafíos sociais, de calidade ou ambientais, para crear formas novas e máis eficientes de traballo, procesos ou produtos (Grayson e Hodges, 2004). Investigacións como a levada a cabo por Boring (2019) mostran que a probabilidade prognosticada de adoptar o obxectivo de reducir os impactos ambientais ten un efecto negativo significativo no nivel de produtividade entre as grandes empresas, mentres que este efecto non é significativo entre as pequenas.
Waddock e Graves (1998), pola súa banda, sinalan a importancia das percepcións positivas dos clientes sobre a calidade do produto, e Berman et al. (1999) descubriron que o compromiso continuo coa xestión da calidade e coa seguridade do produto pode axudar a mellorar o desempeño financeiro da empresa. Na mesma liña, Feng et al. (2017) mostran que as empresas do sector industrial poden beneficiarse de certas actividades de RSE, como o control de calidade, un aspecto importante que lles permite ás empresas diferenciarse da competencia. Seguindo este argumento, propomos a seguinte hipótese:
H3: Existe unha relación positiva e significativa entre a rendibilidade económica e a existencia de controis de calidade nos procesos.
3. Metodoloxía
3.1. Mostra
Aínda que, como se sinalou, hai numerosos estudos sobre a RSE e os resultados empresariais, a maioría deles refírense a compañías de gran tamaño (Cochran e Wood, 1984; Schreck, 2011; Hategan et al., 2018; Kim et al., 2018; Sang Jun et al., 2019; Zuhura e Fatma, 2019). Existen tamén algúns traballos centrados en pequenas e medianas empresas (pemes) (Turyakira et al., 2014) ou exclusivamente en micro ou pequenas empresas (Esteban e Benito, 2015). No noso caso, utilizamos unha mostra ampla, que inclúe empresas de todos os tamaños e formas sociais, para comprender mellor e ampliar o coñecemento sobre este tema, pois, como se sinala no Libro Verde da Comisión das Comunidades Europeas, aínda que se trata dun concepto que se aplica principalmente nas grandes corporacións, existen prácticas socialmente responsables en calquera tipo de empresas tanto públicas como privadas, incluídas as pemes e as cooperativas (Comisión Europea, 2001). Ademais, a presente investigación céntrase no período de tempo que vai desde 2010 a 2014 para poder captar o impacto do ciclo económico depresivo na rendibilidade das empresas. Este estudo realizouse cos datos da Enquisa sobre Estratexias Empresariais (EEE). A EEE recompila datos anuais e é enviada a un panel de empresas manufactureiras españolas sobre diversos aspectos relacionados co seu comportamento estratéxico e coa toma de decisións. Tamén inclúe información sobre os seus resultados e contas contables. A mostra é representativa do sector manufactureiro español. Unha das principais características é que as empresas que participan no cuestionario se seleccionan de acordo cun método de mostraxe selectiva. Aínda que esta fonte de información contén datos desde 1990, este traballo céntrase nos anos 2010-2014. A Táboa 2 mostra os datos técnicos do estudo.
3.2. Variables e medidas
3.2.1 Variable dependente
A variable dependente analizada neste traballo é a rendibilidade dos activos da empresa. Para medir a rendibilidade, eliximos como indicador financeiro o ROA, isto é, a relación entre o EBIT (ganancias antes de xuros e impostos) e os activos netos da empresa medidos polo valor en libros. Esta variable foi utilizada previamente en investigacións similares, tanto como única medida do desempeño (Berman et al., 1999; Miller et al., 2018) como xunto con outras medidas tales como o retorno sobre o capital, ROE (beneficio despois de xuros e impostos dividido polos recursos propios), (Waddock e Graves, 1998; Madorran e García, 2016) e a Q de Tobin (valor de mercado dunha empresa dividido polo valor en libros) (Guest, 2009; García et al., 2010; Feng et al., 2017; Sang Jun et al., 2019).
O problema nas empresas privadas é a inexistencia de valor de mercado, o que imposibilita o uso da Q de Tobin e limita o uso de ROE para o valor contable unicamente. Neste contexto, o ROA parece ser a medida máis adecuada do desempeño da xestión empresarial porque determina se a empresa é capaz de xerar un rendemento adecuado sobre os activos que apoiaron a actividade, independentemente de como estea financiada, polo que pode estar amplamente correlacionado cos indicadores de RSE, mentres que autores previos non ven unha relación directa entre a RSE e o ROE (Sadeghi et al., 2016; Waddock e Graves, 1998). Iso pode deberse a que de momento a sustentabilidade non se considera un factor para analizar a conveniencia do financiamento concedido polo sector financeiro tradicional (Bocken et al., 2014; Lam e Law, 2016). Ademais do anterior, o ROE tamén pode ser o resultado de estratexias financeiras artificiais non correlacionadas coas estratexias de investimento (Hagel et al., 2010) e tampouco con políticas de sustentabilidade.
3.2.2 Variables independentes
O presente traballo pretende examinar as actuacións de RSE levadas a cabo polas empresas en diferentes áreas. Neste sentido, seguindo as dimensións mencionadas nos modelos teóricos utilizados como soporte para esta investigación (Vilanova et al., 2009; Esteban e Benito, 2015), e adaptándoas ao noso propio modelo, defínense as seguintes variables independentes, que aparecen resumidas na Táboa 3. As variables foron directamente adquiridas da EEE, como se comentou con anterioridade. De feito, na propia enquisa facilítanse directamente os datos que responden as preguntas sobre se a empresa coopera ou non con provedores, clientes, competidores e institucións.
3.2.3 Variables de control
No presente traballo considéranse as seguintes variables de control: o número de empregados (NE), os gastos en persoal (GPER), ano (ANO) e industria (INDUS). O número de empregados utilízase habitualmente como variable de control, sobre todo en modelos que inclúen variables dependentes de natureza financeira, tal e como se pode ver en Ali et al. (2019). Os grandes investimentos en políticas de recursos humanos poden mesmo ter un impacto negativo no desempeño financeiro da empresa cando os custos incorridos exceden os beneficios recibidos, o que varía segundo os sectores industriais (Feng et al., 2017), polo que ademais tamén se inclúe como variable de control a tipoloxía de industria (INDUS), para logo poder acoutar o impacto doutras variables como os gastos de formación. Anticípase unha relación positiva e significativa, xa que se espera que a maior NE a rendibilidade sexa maior. ANO é unha variable dummy; considérase desde 2010 ata 2014 para captar o impacto do ciclo económico na rendibilidade das empresas. Finalmente, INDUS é tamén unha variable dummy que inclúe 20 categorías baseadas nos Códigos CNAE.
3.2.4 O modelo econométrico
Estimamos o modelo de efectos fixos aplicado ao panel de datos. Este procedemento supera a carga de dous supostos básicos da regresión OLS: a autocorrelación entre as observacións repetidas ao longo dos anos para cada individuo, e o problema de heterocedasticidade, unha consecuencia das variables omitidas (Wooldridge, 2010). Utilizamos unha proba en Stata, o multiplicador lagrangiano de Breuch-Pagan, para garantir a conveniencia dos efectos aleatorios sobre os datos do grupo (Granados, 2011), e tamén a proba de Hausman (Hausman, 1978) para confirmar a necesidade de efectos fixos.
Na práctica, incluímos efectos fixos aplicando a regresión OLS, controlada por cada empresa (IDE). Esta metodoloxía permítenos verificar o comportamento da variable INDUS, invariante no tempo, que controla as características estruturais. Tamén controlamos o comportamento cíclico mediante a incorporación de variables ficticias anuais. Para resolver outros problemas derivados da heterocedasticidade, a varianza asintótica dos erros estimouse consistentemente cos chamados erros estándar robustos (White, 1980).
4. Resultados
Os resultados dos estatísticos descritivos e a matriz de correlación móstranse nas Táboas 4-6, mentres que a Táboa 7 mostra os resultados do modelo proposto.
Con respecto aos estatísticos descritivos (Táboas 4-6), o valor medio do ROA é de 8,49%; así e todo, inclúe unha ampla gama de valores: desde o extremo negativo, -22,19%, ata 38,37%, como límite positivo. Con respecto ás variables independentes, na Táboa 5 pódese observar que só o 16,96% das empresas da mostra implementaran estratexias de cooperación cos clientes (C_CLI). Esta porcentaxe aumenta a 47,56%, cando a cooperación é con provedores (C_PROV), e diminúe a 2,75% no caso da cooperación cos competidores (C_COMP). Finalmente, só o 25% das empresas iniciaran a cooperación con institucións (C_INST). En liña con outros estudos previos (Rama e Fernández Xastre, 2010), a porcentaxe de empresas que cooperan segundo a súa actividade económica atópase entre o 6 e o 13%. Os sectores nos que as empresas españolas teñen unha maior tendencia a cooperar son as industrias manufactureiras, que son intensivas en capital, así como os servizos intensivos en información. É posible que, naqueles sectores onde a información e a innovación tecnolóxica son máis complexas e incertas, a empresa necesite recorrer a fontes altamente especializadas, como consultores privados, universidades ou provedores, que poidan proporcionarlle o coñecemento científico e técnico que é esencial para ser competitiva e evitar os riscos involucrados no cambio técnico.
Analizando as relacións cos empregados, un 15,37% das empresas presentan cambios significativos no seu persoal fixo (ANTG), mentres que o 84,63% non. O gasto en formación (FORM) para os empregados foi de 38.149 € por empresa (Táboa 4). Consideramos que as empresas que non investiron na formación de empregados (límite mínimo = 0) representan 2.637 de 6.186, un total de 42,63%, alcanzando esta variable un valor máximo de 9.547.000 €.
Finalmente, temos que considerar, segundo se pode ver na Táboa 5, que o 37,76% das empresas realizaron traballos relacionados co control de calidade e estandarización (CAL). Esta porcentaxe é similar ao calculado para o número de empresas con certificacións de calidade na poboación empresarial europea. Houbo un total de 389.485, que representan o 36.8% do total. Isto calculouse utilizando o Panel de datos para a innovación tecnolóxica (PITEC) (Carmona et al., 2016).
Con respecto ás variables de control (Táboa 4), o número medio de empregados (NE) por empresa é 200,5, o que representa un rango considerable, desde pequenas empresas cun empregado ata grandes compañías que chegan a 13.091 empregados. En consecuencia, o gasto de persoal (GPER) tamén ten unha ampla gama de valores, desde 18.709 € ata 705.000.000 €.
O uso da rendibilidade, o tamaño e as diferentes características das empresas na mesma ecuación tamén require o control das correlacións entre elas e a proba de colinearidade. Na Táboa 6 verificamos a ausencia deste problema (as variables independentes teñen un R2 <0,60, o que implica un FIV medio individual <2,5 e un índice de tolerancia superior a 0,40). Con todo, tamén podemos apreciar relacións significativas e positivas, baseadas na correlación de Pearson, entre gastos de persoal (GPER) e gastos en formación para empregados (FORM); así como entre o número de empregados (NE) e FORM, e no coeficiente resultante de NE con GPER. Pola súa banda, dado que a cooperación cos competidores (C_COMP) depende do sector económico (INDUS), observamos tamén unha relación significativa entre eles. Con todo, a pesar destas relacións lóxicas, de acordo co marco teórico anterior cada unha destas variables tamén inclúe explicacións individuais e diferenciais sobre o ROA que permiten mellorar e completar o modelo proposto.
Con respecto á variable de control ANO, podemos observar que os anos 2011, 2012 e 2013 implicaron un impacto negativo na rendibilidade económica (ROA) das empresas españolas, de acordo coa crise financeira que comezou no ano 2008, mentres que 2014 non se viu significativamente afectado. Ademais, cando probamos a importancia conxunta de cada conxunto de dummies INDUS usando unha proba paramétrica, atopamos que son significativos para explicar o ROA. Con todo, o tamaño da empresa, representado polo número de empregados (NE), ademais de polos gastos en persoal (GPER), non presentou ningún efecto no ROA. Con respecto a R2 (0.61) do modelo, está en liña cos resultados obtidos noutros traballos como Barnett e Salomon (2012) e Rodrigo et al. (2016).
Finalmente, como se comentou con anterioridade, a Táboa 7 mostra os resultados obtidos do modelo proposto. Pódese observar que, en xeral, a implementación de políticas de colaboración ou o aumento das relacións cos stakeholders externos tiveron un efecto positivo e significativo no aumento do ROA, por exemplo, as alianzas con competidores (C_COMP), con institucións (C_INST) e con provedores (C_PROV); mentres que unicamente a cooperación cos clientes (C_CLI) tivo un impacto negativo. Doutra banda, as políticas para mellorar as relacións cos empregados, formación (FORM) e antigüidade (ANTG) tamén presentan melloras no ROA empresarial; e finalmente, tamén o fai, de maneira moi significativa, a implementación de políticas de calidade (CAL). Estes resultados son discutidos e analizados con maior profundidade e detalle no seguinte apartado.
5. Discusión
Seguindo os modelos teóricos de Vilanova et al. (2009) e Esteban e Benito (2015), o presente traballo centrouse na análise de tres dimensións da RSE ‒a relación cos stakeholders externos, a relación cos empregados e a responsabilidade na xestión da calidade de procesos e de produtos‒ e o desempeño financeiro da empresa. Os resultados mostran que, en xeral e seguindo a liña de traballos máis recentes como os de ShaneChen, (2017); Busch e Friede, (2018); Hategan et al., (2018); Kim et al., (2018); Lian et al., (2019); Sang Jun et al. (2019); Zuhura e Fatma, (2019); Albuquerque et al., (2020) e Magrizos et al., (2021), a implementación de políticas de colaboración ou o aumento das relacións cos stakeholders externos, como as alianzas con competidores (C_COMP), con institucións (C_INST) e con provedores (C_PROV), tiveron un efecto positivo significativo no aumento do ROA.
Con todo, xurdiu un efecto contrario ao que esperabamos no caso da cooperación cos clientes (C_CLI), xa que este tivo un impacto negativo no ROA. Isto quizais se deba a que estes acordos se basean en descontos comerciais para evitar unha diminución prolongada das vendas como consecuencia dun ciclo económico deprimido durante ese período. Sospeitamos que esta variable podería ter outros impactos no crecemento, dependendo do período económico. Desta maneira, as hipóteses H1b e H1c poden aceptarse, pero a H1a só parcialmente. Estes resultados apoian as teorías descritas por Hillman e Keim (2001) e Barnett e Salomon (2006), segundo as cales as empresas que fomentan relacións positivas con provedores, competidores ou institucións melloran a rendibilidade e a competitividade.
Para melloraren as relacións cos empregados, as empresas deben aumentar a cantidade de persoal fixo, así como aumentar o seu compromiso coa formación e coa capacitación dos seus traballadores. Os resultados mostran que a variable gastos en persoal (GPER) tivo un impacto positivo e relevante no ROA durante o período de tempo analizado, validando a hipótese H2a. Igualmente ocorre coa variable que representa a antigüidade dos empregados (ANTG), polo que H2b tamén se pode aceptar. Estes resultados están en liña cos autores que afirman que existe unha relación positiva e significativa entre os custos laborais e as empresas que realizan accións de RSE (Branco e Rodríguez, 2006; Stuebs e Sun, 2010). Así pois, en liña con Youndt et al. (1996) e Berman et al. (1999), pódese aceptar H2.
Por último, verificando a hipótese H3, os resultados mostran que a implementación de políticas de calidade incrementou significativamente o ROA. Xa que logo, esta hipótese tamén pode ser aceptada. Autores como Branco e Rodríguez (2006) argumentan que as políticas de RSE teñen efectos positivos na eficiencia operativa dunha empresa; especificamente, Welford (2003) argumenta que só unhas poucas medidas de RSE poderían reducir os custos e que estas poden estar relacionadas cunha maior eficiencia nos controis de calidade dos procesos.
A aceptación das hipóteses propostas (excepto a H1, só parcialmente) corrobora os estudos dos autores citados (McGuire et al., 1988; Waddock e Graves, 1998; Berman et al., 1999; Schnietz e Epstein, 2005), quen sosteñen unha relación positiva entre as políticas de RSE e o resultado financeiro das empresas.
6. Conclusións
O principal obxectivo deste traballo é analizar empiricamente se, durante un período de crise económica, as empresas melloran o seu ROA ao desenvolver políticas de RSE, especialmente naqueles aspectos máis vinculados coas relacións cos stakeholders externos e cos recursos humanos.
Con respecto ás políticas de RSE dirixidas ás relacións externas, os nosos resultados indican que, en xeral, a implementación de políticas de colaboración e a consolidación de relacións duradeiras cos stakeholders externos, tales como alianzas con competidores, institucións e provedores, tiveron un efecto positivo significativo no aumento do ROA. Non obstante, a cooperación cos clientes tivo un impacto negativo no ROA. Este resultado débese, talvez, a que tales acordos se puideron basear durante o período de tempo contemplado sobre todo en descontos e outras vantaxes comerciais para evitar unha diminución prolongada das vendas como consecuencia dun ciclo económico deprimido nestes anos. No entanto, sostemos que é precisamente en tempos de dificultades cando é máis importante establecer relacións baseadas na confianza mutua con todos os axentes cos que interactúa a empresa, incluídos, por suposto, os clientes.
Polo que se refire ás relacións cos traballadores, os resultados mostran a importancia de que as empresas realicen un esforzo por aumentar a cantidade de persoal fixo, así como dotar recursos para a capacitación dos empregados, xa que, mesmo en tempos de crise económica, ambas as variables tiveron un impacto positivo e relevante no ROA durante este período. Na actualidade, existe un amplo consenso en considerar as persoas como un dos recursos máis valiosos das empresas, polo que os empregados deben ser protagonistas especiais das actuacións da empresa en materia de RSE. Os resultados tamén mostran que a implementación de políticas de calidade tivo un impacto positivo e significativo no ROA, mellorando a eficiencia operativa da empresa.
O noso artigo fai dúas contribucións importantes á literatura. Primeiro, describimos unha forma de obter información precisa sobre a relación existente entre o desempeño económico da empresa e as políticas de RSE; e segundo, identificamos as variables de RSE para as cales esta relación é consistente e positiva.
Ademais, os resultados obtidos tamén ofrecen diversas implicacións prácticas para os directivos empresariais. Para que unha empresa adopte os conceptos de RSE de maneira seria e integral, é dicir, para converterse realmente nunha empresa socialmente responsable, é necesario un cambio de mentalidade, pois é imprescindible considerar as distintas dimensións da RSE. En consecuencia, segundo cada caso, pode requirir cambios na estrutura organizativa, na función de aprovisionamento, nos procesos de produción e loxística, nos sistemas de medición, nos métodos de comunicación, etc. Noutras palabras, implica un investimento de tempo, esforzo e recursos económicos, que permita introducir os cambios necesarios para garantir que a organización no seu conxunto teña un comportamento responsable. Malia que, por tanto, poida requirir un desembolso inicial, a partir dos resultados obtidos na presente investigación podemos dicir que mellorará o resultado económico da empresa. Así pois, unha vez realizado o esforzo, posteriormente, este desempeño recuperarase co tempo a través dunha mellor posición competitiva, mellor reputación, menor exposición ao risco e moitos outros resultados positivos. De feito, aínda que a literatura se centrou de xeito predominante na análise dos impactos da RSE no desempeño financeiro, algúns estudos recoñecen que as empresas cun bo desempeño financeiro poderían ter recursos adicionais para a mellora da súa RSE, ou apoian a existencia dunha relación bidireccional ou círculo virtuoso entrambos.
Que as empresas teñan un comportamento responsable é unha vella demanda da cidadanía, agora salientada pola recente crise sanitaria ‒e polo tanto económica‒ provocada pola Covid-19. Xa que logo, neste tempo especial de sensibilidade e conciencia social, é o momento de que tanto as grandes corporacións como as pemes se comprometan realmente a aplicar políticas activas de RSE, especialmente aquelas máis vinculadas coa súa actividade principal e coas súas relacións con terceiros. De feito, consideramos que, no novo panorama mundial posterior á pandemia, as empresas van necesitar apoiarse no seu capital humano e ser capaces de establecer colaboracións cos seus stakeholders externos baseadas na confianza.
Finalmente, as dúas limitacións principais deste traballo son o carácter nacional da mostra e a medición dalgunhas das variables do modelo que, cando son dicotómicas, perden información. Sería interesante repetir esta análise utilizando datos doutros países para realizar comparacións entre economías que inclúen diferentes marcos empresariais. Igualmente, sería interesante realizar o estudo noutro período temporal, no cal a economía se atope en fase de expansión. Isto permitiría poder contrastar os resultados cos obtidos no presente traballo, centrado nun ciclo recesivo, caracterizado por unha importante contracción da actividade e por unha drástica caída do emprego. |
O turismo de saúde está experimentando un rápido crecemento nos últimos anos, posicionándose como unha alternativa ao turismo tradicional e sendo os balnearios os principais representantes deste segmento turístico. Os balnearios, como calquera outra empresa de servizos turísticos, deben buscar a satisfacción dos clientes para poder sobrevivir. Neste sentido, a xestión da calidade convértese en parte da estratexia empresarial, o que lles facilita aos balnearios diferenciarse e obter vantaxes competitivas que lles permitirán competir nos mercados actuais. Neste artigo preséntanse os resultados do estudo empírico levado a cabo en 29 dos 33 balnearios de ámbito nacional certificados coa marca “Q de Calidade Turística”. O seu obxectivo é analizar as motivacións que levan aos balnearios a implementar e a certificar o sistema de xestión da calidade sobre a base da norma UNE 186001:2009 (balnearios) da marca “Q de Calidade Turística”. Logo dunha exhaustiva revisión da literatura, realízase unha análise descritiva das motivacións, así como unha análise factorial para determinar a estrutura desas motivacións e, por último, agrúpanse os balnearios mediante una análise clúster coa finalidade de analizar eses grupos para establecer o seu perfil. Os resultados obtidos poñen de manifesto que as motivacións máis importantes que impulsan aos balnearios a implantar un sistema de xestión da calidade son motivacións internas, detectándose neste estudo diferenzas coas conclusións doutras investigacións académicas realizadas en empresas industriais. A estrutura das motivacións neste sector está configurada por tres grupos: razóns externas de mercado, razóns externas de esixencias e razóns internas. | BALNEARIOS ESPAÑOIS, MOTIVACIÓNS PARA CERTIFICARSE NA “Q DE CALIDADE TURÍSTICA”:
ANÁLISE EMPÍRICA
Universidade de Vigo
R ECIBIDO : 17 de outubro de 2011 / A CEPTADO : 22 de decembro de 2011
: Balnearios / Xestión da calidade / Q de Calidade Turística / Motivacións. Spanish Health Resorts, Reasons for Certified in the “Q for Tourist Quality”: Empirical Analysis
1. INTRODUCIÓN E OBXECTIVOS
En España o turismo de saúde 1 é unha actividade en auxe, e os balnearios 2 son o principal representante deste segmento turístico (Artal, García e Ruiz, 2004), que empezan a rexurdir a mediados da década de 1990, converténdose hoxe en día, na maioría dos casos, en centros de saúde que contan con instalacións hostaleiras nas que o cliente ten ao seu alcance todo tipo de servizos encamiñados a satisfacer as súas necesidades. Alén e Rodríguez (2004) afirman que “ el termalismo es en la actualidad una modalidad claramente emergente y con grandes posibilidades de crecimiento por el gran atractivo que sus características representan para cualquier actividad turística ”.
Os balnearios, como calquera empresa de servizos turísticos, buscan adaptarse a unha demanda dos clientes cada vez máis esixente e sofisticada, é dicir, buscan a satisfacción do cliente para poder sobrevivir nun contexto no que teñen que competir con outros produtos turísticos. Neste sentido, numerosos investigadores consideran a xestión da calidade total como necesaria para que as empresas sexan competitivas, ao proporcionar esta un enfoque para a mellora continua de cada un dos aspectos do negocio: mellorar as actividades –calidade interna– e o rendemento das empresas –calidade externa– (Kaynak, 2003).
Así, a calidade concíbese como unha poderosa arma competitiva (Lascelles e Dale, 1989) que as empresas deben incorporar á súa estratexia corporativa, o que lles permitirá diferenciarse e competir nun novo escenario caracterizado por rápidos cambios na oferta e na demanda (Casadesús, Marimon e Alonso, 2010) e lograr unha mellora significativa na satisfacción dos clientes e dos empregados, no impacto social e nos resultados empresariais (Kanji e Asher, 1996) que permitirá superar as expectativas deses resultados.
Por esta razón, a investigación no ámbito da xestión da calidade –implantación e certificación de sistemas de calidade– é necesaria e relevante polo seu impacto no funcionamento das empresas (Ghobadian e Gallear, 1996; Lamprecht, 1996). Neste sentido, as motivacións que impulsan ás empresas a iniciar o proceso de implantación e certificación de sistemas de xestión da calidade convértense nun aspecto relevante que suscitou un grande interese na investigación académica. 1 A Asociación Nacional de Estacións Termais (ANET) e a Asociación Nacional de Balnearios (Anbal) (2006) clasifican os compoñentes deste tipo de turismo en termalismo, talasoterapia e tratamentos mariños, e centro de saúde e beleza. 2 A Asociación Nacional de Balnearios (2011) define o balneario ou a estación termal como aquela instalación que dispón de augas mineromedicinais declaradas de utilidade pública, servizos médicos e instalacións adecuadas para levar a cabo os tratamentos que se prescriban. Porén, no seu proceso de adaptación á demanda estes establecementos adquiriron actualmente un enfoque máis amplo, de forma que os balnearios serven tanto para tratar doenzas ou para previlas como para darse un respiro e pasar uns días de descanso e de posta en forma en plena natureza, rodeados de silencio e de paz, fuxindo da vida de estrés das cidades e gozando dunhas auténticas vacacións de saúde.
A revisión da literatura permitiu detectar un baleiro no estudo da xestión da calidade no sector turístico (Harrington e Akehurst, 2000) 3, ao ser os estudos xeralmente levados a cabo no ámbito industrial (Jones, Arndt e Kustin, 1997; Singels, 2001; Selles e Trigueros, 2008). O sector turístico, debido ás características especiais dos servizos fronte aos produtos como, entre outras, a intanxibilidade, a inseparabilidade da produción do consumo, a intensidade da man de obra, a heteroxeneidade ou a súa caducidade, non pode xestionar a súa calidade de igual maneira que os produtos tanxibles (Camisón, Cruz e González, 2007).
Tres son as razóns que xustifican a realización desta investigación: o baleiro en materia de xestión da calidade no sector de servizos turísticos fronte ao industrial detectado nas investigacións; que o sector dos balnearios non foi obxecto de ningunha investigación neste ámbito; e o estudo en empresas que posúen o sistema de xestión da calidade baseado na norma UNE 186001:2009 (balnearios).
A revisión da literatura permitiu detectar que os estudos no ámbito da xestión da calidade se realizaron maioritariamente no campo do aseguramento con base na norma ISO 9000, ou na xestión da calidade total de acordo co Modelo Europeo de Excelencia (EFQM). Neste caso, o estudo desenvolverase en empresas do sector turístico que teñan implantada a marca “Q de Calidade Turística”, marca propia do sector e única no mundo, baseada nunha normativa que se sitúa nun nivel intermedio entre a ISO 9000 (aseguramento da calidade) e o modelo EFQM (calidade total), polo que a súa implantación é compatible con ambas as dúas certificacións.
Por todo o exposto anteriormente, este traballo ten como obxectivo xeral analizar as motivacións que levaron aos balnearios a implementar e certificarse na “Q de Calidade Turística”, así como analizar se as motivacións para certificarse son diferentes segundo o tamaño dos balnearios e se posúen algunha outra certificación a maiores en función da categoría do balneario e da antigüidade na certificación. Así mesmo, preténdese agrupar as empresas a partir das motivacións que as impulsaron, co obxecto de configurar o seu perfil e estudar as diferenzas entre grupos, para o que foi necesario analizar en primeiro lugar a estrutura das motivacións neste sector.
Para poder darlles resposta a estes obxectivos, o traballo estrutúrase da seguinte maneira. Logo desta introdución, na sección 2 establécese o marco teórico utilizado para desenvolver a investigación, e a partir da revisión teórica márcanse os obxectivos. Na sección 3 descríbese a metodoloxía empregada, mentres que na tes e Lloréns, 2007), os hoteis (Briggs, Sutherland e Drummond, 2007; Tsaur e Lin, 2004) ou os destinos turísticos en xeral (Go e Govers, 2000). Outros traballos centráronse na calidade mediante a avaliación da aplicación de diversos modelos de xestión da calidade total (TQM) nas industrias de servizos (Karapetrovic e Willborn, 2001; Sureshchandar, Rajendran e Anantharaman, 2001; Prajobo, 2005), pero non existe ningún estudo no sector turístico, e máis concretamente no sector dos balnearios, que analice aspectos tan relevantes como as motivacións que impulsaron a estas empresas a implementar sistemas de xestión da calidade, as barreiras atopadas na súa implantación ou os beneficios obtidos, nin traballos nos que se mida o nivel de implantación dos factores críticos nestes establecementos.
sección 4 se mostra a análise dos resultados. Finalmente, na sección 5 preséntanse as principais conclusións e as implicacións do traballo.
2. MARCO TEÓRICO
2.1. A “Q DE CALIDADE TURÍSTICA”
A principios da década de 1990 o sector turístico español toma especial conciencia da importancia da calidade como garantía de diferenciación fronte á numerosa oferta doutros destinos turísticos emerxentes competidores de España, e no ano 1997 crea a marca “Q de Calidade Turística”. Esta marca é outorgada polo Instituto de Calidade Turística Española (ICTE) 4, e ata este momento se desenvolveron as normas de calidade en 21 subsectores turísticos 5. As súas normas sitúanse nun nivel intermedio entre a ISO 9000 e o modelo EFQM, polo que a implantación desta marca é perfectamente compatible coa certificación ISO 9000 e coa excelencia, estando a diferenza entrambas as dúas certificacións nos requisitos aplicables e no nivel de esixencia das normas de referencia.
Camisón, Cruz e González (2007) identifican unha serie de diferenzas entrambos os dous modelos: 1) a norma do ICTE considera os requisitos e as recomendacións da norma ISO 9000, e de feito, aínda que sen indicalo directamente, esta norma especifica que debe determinarse un sistema de calidade propio do establecemento turístico; 2) a ISO 9000 é específica para a implantación dun sistema da xestión da calidade, mentres que as normas do ICTE inclúen as especificacións do servizo que debe implementar a empresa que se adhira ao sistema; 3) desde un punto de vista xenérico, a norma ISO 9000 é máis versátil e pode aplicarse a calquera organización, mentres que as normas do ICTE só son aplicables á actividade turística; 4) por contrapartida ao punto anterior, desde o punto de vista do cliente a certificación ISO 9000 non garante un nivel de calidade concreto, senón que o servizo se axustará ás especificacións marcadas polo establecemento.
2.2. MOTIVOS PARA IMPLANTAR UN SISTEMA DE XESTIÓN DA CALIDADE
Coa implantación e coa posterior certificación de sistemas de xestión da calidade as empresas buscan o recoñecemento da calidade por parte dos seus clientes, competidores..., así como a mellora interna da organización, que se traduce na mellora da eficiencia, na mellora no control e xestión da organización, na redución de custos e no incremento da satisfacción dos clientes.
Os motivos polos que as empresas implantan e certifican sistemas de xestión son clasificados en diversas tipoloxías polos estudos internacionais, sendo a clasificación máis frecuente na literatura a que agrupa esas motivacións en dous grandes grupos: internas e externas (Weston, 1995; Brown, Van der Wiele e Loughton, 1998; Bryde e Slocock, 1998), como pode verse na táboa 1.
Así, algúns autores (Carlsson e Carlsson, 1996; Jones, Arndt e Kustin, 1997; Lee, 1998) sinalan que as principais razóns para buscar a certificación son de carácter externo, mentres que outros (Casadesús, Giménez e Martí, 1998; Martínez et al., 2000), malia opinar o mesmo cando afirman que a certificación é en realidade unha estratexia de comercialización, apuntan que a implementación da norma sempre xera unha mellora no interior da organización (Casadesús, Giménez e Martí, 1998, 1999).
As conclusións dos diferentes estudos difiren á hora de sinalar se son máis importantes ou influentes as motivacións internas ou as externas; con todo, un aspecto importante que cómpre ter en conta é que numerosos autores afirman que a implantación da norma ISO 9000 é un primeiro paso cara á calidade total (Brown, Van der Wiele e Loughton, 1998; Kanji, 1998; Quazi e Padibjo, 1998; McAdam e McKeown, 1999), pero as razóns que levan ás empresas a efectuar esas motivacións (externas ou internas) definen en gran medida os resultados obtidos coa súa implementación.
3. METODOLOXÍA
O contexto elixido para desenvolver esta investigación son os balnearios que posúan a certificación “Q de Calidade Turística” 6, sendo estes, como xa se comentou, o principal representante do turismo de saúde. A base de datos foi elaborada a partir da información da páxina web do ICTE <www.icte.es>.
A poboación está formada por 33 balnearios certificados coa “Q”. Recibíronse 25 cuestionarios debidamente cubertos e 4 incompletos polo que, neste último caso, se lles solicitou por correo electrónico e telefonicamente a súa cubrición completa, o que nos proporcionou unha mostra de 29 cuestionarios válidos que representan un índice de resposta dun 88%. Na táboa 2 recóllese a ficha técnica do traballo de campo realizado xunto coas características da mostra.
Para deseñar o cuestionario que nos permitirá coñecer as motivacións/razóns que levaron aos balnearios a implantar/certificarse nun sistema de calidade, en primeiro lugar realizouse unha revisión bibliográfica dos traballos que analizan as motivacións para implantar un sistema da xestión da calidade (Carlsson e Carlsson, 1996; Withers e Ebrahimpour, 1996; Van der Wiele et al., 1996; Jones, Arndt e Kustin, 1997; Brown, Van der Wiele e Loughton, 1998; Bryde e Slocock, 1998; Casadesús, Giménez e Martí, 1998, 1999; Lee, 1998; Quazi e Padibjo, 1998; Ferguson, Sánchez e Sierra, 1999; Martínez et al., 1999; McAdam e McKeown, 1999; Escanciano, 2001; Singels, Ruël e Van der Water, 2001; Yahya e Goh, 2001). O resultado desa revisión foi a xeración dun amplo conxunto de ítems posibles.
Neste sentido, o uso repetido dos ítems para medir as motivacións garante a validez interna 7. Así, elaborouse un cuestionario no que as motivacións serán medidas en termos cuantitativos a través de 16 ítems, utilizando para iso unha escala Likert de 7 puntos (desde 1: “nada importante” a 7: “moi importante”). A medición realizouse a través das percepcións dos directivos que cobren a enquisa, aos que se lles preguntou acerca das motivacións que os impulsaron, neste caso, a implantar e certificar a “Q de Calidade Turística”.
4. ANÁLISE DE DATOS
Para analizar os motivos que levan aos balnearios a implantar a “Q de Calidade Turística” realízase unha análise descritiva, e a partir das puntuacións medias obtidas (táboa 3) pode afirmarse que mellorar a calidade dos servizos prestados é a máis valorada (6, 2414), seguida da mellora dos procesos/procedementos internos (6, 1379), da mellora do control e eficiencia da empresa (6, 0345), así como de crear unha conciencia da calidade na empresa (6, 0345). A implantación/certificación por requirimento dos clientes é a menos valorada (4, 4828), seguida do interese das empresas por reducir custos (4, 8966).
Para determinar a consistencia interna da escala de motivacións, é dicir, a fiabilidade do instrumento de medidas, calculouse o coeficiente Alpha de Cronbach, cuxo valor é de 0, 865 para a totalidade da escala, o que permite afirmar que a escala é fiable 8.
Comparamos estes resultados cos doutros estudos (Buttle, 1997; Tang e Kam, 1999; Torre, AdensoDíaz e González, 2001; Escanciano, Fernández e Vázquez, 2001; Madg e Curry, 2003; Zaramdine, 2007; Cruz Ros, 2007) que examinaron as motivacións que levan ás organizacións a implementar un sistema de aseguramento baseado na norma ISO 9000 en países tan diversos como Reino Unido, Hong Kong, España, Exipto ou Emiratos Árabes (Dubái). Todos eles utilizaron
Estas investigacións obtiveron conclusións similares ao presente estudo, posto que suxiren que as motivacións máis importantes son as seguintes: mellorar a calidade dos produtos ou servizos, mellorar os procesos e procedementos internos, manter ou incrementar a cota de mercado e mellorar a imaxe da empresa, aínda que a orde destas variables varía duns estudos a outros. Así mesmo, as menos importantes son a redución de custos, o requisito das políticas gobernamentais, o requirimento dos clientes e a presión da competencia.
Polo tanto, pode concluírse que os resultados deste estudo son consistentes cos achados anteriores, feito relevante ao realizarse este traballo no sector turístico e ao non ser o sistema de aseguramento da calidade a ISO 9000, senón a marca “Q de Calidade Turística”.
Utilizamos a proba T de Student 9 para comparar simultaneamente as medias de dous grupos, co propósito de observar se existen diferenzas nas motivacións que levan aos balnearios a implantar/certificar a “Q” dependendo do tamaño daqueles (pequenos e medianos). Para a súa clasificación utilizáronse dous criterios
9 Previamente, compróbase a igualdade de varianzas mediante o estatístico Levene, posto que os dous grupos son de distinto tamaño, e realízanse as probas de normalidade verificando que existe ausencia de normalidade (sig. <0, 05), e en canto á proba de Levene para a igualdade de varianzas na variable (MO8) –reducir custos– non existe homoxeneidade de varianzas, polo que se terá que aplicar a proba non paramétrica KruskalWallis.
diferentes: en función do número de empregados 10 (de 0 a 49, pequenas; entre 50 e 249, medianas; e ≥250, grandes) e en función do número de cuartos 11 (≤100 cuartos, pequenas; >100 e ≤300 cuartos, medianas; e >300 cuartos, grandes). A análise dos resultados indica que entre as motivacións e o tamaño non existen diferenzas significativas, é dicir, as motivacións que no seu momento impulsaron aos xerentes dos balnearios a certificar a “Q” non estiveron influenciadas polo tamaño do establecemento que xestionan. Tamén se considerou interesante analizar se existían diferenzas significativas para algúns dos motivos en función de se o balneario está certificado unicamente na “Q de Calidade Turística” ou se ten implantado e certificado outro sistema de xestión da calidade como a ISO 9001 ou a ISO 14001 (sistema de xestión ambiental). O resultado obtido determina que na maior parte das motivacións non existen diferenzas significativas agás en catro das formuladas (sig. <0, 05 diferenzas significativas): ferramenta promocional de vendas (sig. 0, 003), decisión a nivel corporativo (sig. 0, 012), base para a xestión da calidade total (sig. 0, 027) e anticiparse aos competidores (sig. 0, 011), polo que podemos afirmar que existe unha asociación entre eses motivos e a poboación á que pertencen.
Na táboa 4 reflíctese a importancia que ten para cada tipo de balneario cada un dos motivos nos que se atopou asociación con respecto aos dous grupos que se tiveron en conta: balnearios con “Q” e balnearios coa certificación “Q” máis a ISO 9001 ou a ISO 14001.
En xeral, os balnearios certificados coa “Q de Calidade Turística” máis a ISO 9001 ou a ISO 14001 presentan medias máis altas en todas aquelas motivacións nas que existían diferenzas significativas. Neste sentido, estas empresas teñen unha maior percepción de que a certificación é a base para emprender o camiño cara á xestión da calidade total, que lles permitirá anticiparse aos competidores e que se configura como unha boa ferramenta de promoción de vendas. O inicio do proceso de certificación é unha decisión que se toma a nivel corporativo.
Por último, realízase a mesma análise para observar se existen diferenzas en función da categoría do establecemento e da antigüidade na certificación. Os resultados indican que entre as motivacións e a antigüidade non existen diferenzas significativas.
Na análise da categoría, e por comparar máis de dúas mostras, utilízase a análise da varianza dun factor (ANOVA). Os resultados mostran que existen diferenzas significativas en (MO5) –requirimento dos clientes– (F = -3, 839; sig. 0, 035).
Como existen tres mostras e o que interesa é saber entre que par de mostras se producen esas diferenzas, aplícase a proba de Scheffé. Os resultados sinalan que as diferenzas significativas na media entre a variable comparada (MO5) e a categoría están entre os balnearios de dúas e de catro estrelas, pois, como era de esperar, os balnearios de catro estrelas están máis motivados para implantar e certificar a “Q de Calidade Turística” por esixencia dos clientes.
Profundando na análise das motivacións que levan aos balnearios a implantar a “Q”, realizouse unha análise factorial que permite agrupar as motivacións para certificarse noutras que substitúan ás dezaseis que se formularon no cuestionario coa menor perda de información posible, o que permitirá estudar a estrutura das motivacións que impulsan aos balnearios a certificarse. Vloeberhs e Bellens (1996), así como Brown, Van der Wiele e Loughton (1998) ou Bryde e Slocock (1998), distinguen entre motivacións internas e externas, por iso considéranse só dous factores –internos, externos– conforme á revisión bibliográfica realizada sobre o tema. Como paso previo á realización da análise factorial, é necesario comprobar que os datos obtidos mediante o cuestionario son adecuados para realizar a dita análise (táboa 5).
FONTE: Elaboración propia.
Todas as medidas indican que é adecuado proseguir coa análise factorial, polo que se extrae un número reducido de factores que poida representar as variables orixinais, para o cal se utiliza o método de compoñentes principais e se rota a matriz de compoñentes polo método varimax 12. Co obxecto de facilitar a súa interpretación, elimínanse da súa representación aquelas cargas factoriais cun valor inferior a 0, 4, que é o mínimo considerado (matriz de compoñentes rotados, táboa 6).
Táboa 6.- Matriz rotada das motivacións para certificarse dos balnearios (% da varianza)
Unha vez aplicada a análise factorial de compoñentes principais con rotación varimax para os factores, e tras comprobar que a varianza supera o mínimo esixido do 50%, pois é dun 64, 656% para os factores internos e dun 57, 319% para os factores externos, pode afirmarse que as solucións son satisfactorias. Así mesmo, a Alfa de Cronbach, que mide a fiabilidade da escala, é superior a 0, 8 (que é o mínimo recomendado no caso das motivacións internas) e está moi próxima ao 0, 7 (que é o mínimo recomendado por outros autores).
Analizando os resultados obtidos, interprétanse os factores identificados neste estudo:
O factor 1, que denominaremos “razóns internas”, está composto polas seguintes razóns: mellorar procesos/procedementos internos, mellorar o control e a eficiencia da empresa, mellorar a calidade dos servizos prestados, reducir o número de queixas e crear unha conciencia de calidade na empresa. A prioridade da dirección neste grupo é a mellora continua nos procesos. O factor 2, que denominaremos “razóns externas de esixencias”, inclúe os requirimentos dos clientes, os requisitos para competir no sector, a decisión a nivel corporativo, a crenza de que a certificación lles proporcionará unha vantaxe fronte aos seus competidores e anticiparse aos competidores. O factor 3, que denominaremos “razóns externas de mercado”, engloba as seguintes razóns: ferramenta promocional de vendas, mellorar a imaxe da empresa, consolidar e aumentar a cota de mercado, reforzar a vantaxe competitiva con respecto á competencia, crer que a certificación lles proporcionará unha vantaxe fronte aos seus competidores e anticiparse aos competidores. As razóns contidas neste factor poñen a énfase en mellorar a imaxe e a posición da empresa.
Para finalizar esta análise cómpre coñecer a importancia das razóns para certificarse (táboa 7). Obsérvase que as razóns máis importantes para certificarse son as internas, cunha media de 5, 8374, seguidas moi de preto polas razóns externas de mercado (5, 6897). Así mesmo, hai que sinalar que os catro motivos máis importantes que levan ás empresas a implementar e a certificar a “Q de Calidade” forman parte do factor 1: razóns internas.
Por último, aplícase unha análise clúster que permitirá agrupar os balnearios segundo as motivacións que os impulsaron a implantar e a certificarse nun sistema de xestión da calidade. Para iso, utilízanse os resultados obtidos na análise factorial, o que permite elixir un criterio para agrupar as empresas en conglomerados, interpretar os grupos e validar os resultados.
Analizando os resultados obtidos na análise xerárquica e observando o dendograma e o coeficiente de aglomeración, podemos comprobar que a maior diferenza entre as porcentaxes de cambio ten lugar en catro conglomerados (23, 7074), polo que este sería o número de grupos se nos atemos a este criterio.
Unha vez determinados os grupos que van ser utilizados na análise xerárquica, e tomando como centros iniciais os resultados desta análise –é dicir, as medias das puntuacións factoriais dos catro grupos–, aplícase a análise k medias, que permite ver que un dos grupos está constituído por un balneario e outro dos grupos por tres, polo que se opta por realizar a mesma análise pero con tres grupos
(a diferenza entre os cambios porcentuais é de -11, 9421).
Finalmente, valídase o estudo coa análise da varianza dun factor. De acordo con Lafuente, Salas e Pérez (1985, p. 142), quen consideran o criterio estatístico F de Fisher para determinar o número de grupos, compróbase que os tres factores son significativos (táboa 8).
A continuación, interprétanse os tres grupos creados, determinando á súa vez as diferenzas que existen entre eles. Na táboa 9 aparecen reflectidas as puntuacións medias das variables orixinais 13 que se inclúen en cada factor para cada grupo (en lugar das puntuacións factoriais) co fin de determinar os perfís medios. Por outro lado, realízase a proba de KruskalWallis 14 para analizar as diferenzas de medias.
O primeiro grupo está formado polos balnearios que valoran máis alto tanto o primeiro factor (razóns internas) como o segundo (razóns externas de esixencias) e, polo tanto, por aqueles balnearios cuxas principais razóns para certificarse son a interna e a externa de esixencias. Porén, estas non son as únicas razóns, xa que tamén teñen en conta as razóns externas de mercado. O segundo grupo fórmano os balnearios que, ao igual que no anterior grupo, se certifican principalmente por razóns internas para mellorar o control e a eficiencia da empresa, para mellorar a calidade dos servizos prestados..., e sendo a súa segunda motivación as razóns externas de mercado. Este grupo está composto polos balnearios que tamén teñen en conta os tres factores, aínda que neste grupo as súas valoracións medias son superiores. O terceiro grupo non é representativo, xa que só o constitúe un balneario, que manifesta que o seu impulso para certificarse vén motivado polas razóns externas de mercado, tendo moi pouco en conta as razóns internas, é dicir, os beneficios derivados da certificación na mellora da eficiencia da empresa, na mellora dos servizos, etcétera. Podemos afirmar que as razóns internas son as máis importantes, xa que presentan valores medios superiores nos dous primeiros grupos que constitúen practicamente o 100% dos balnearios enquisados. Este resultado corrobora os resultados obtidos na análise descritiva previa.
Á análise clúster realizada, é dicir, ao perfil das empresas, engádense varias variables adicionais (táboa 9) que van permitir analizar con máis profundidade o perfil desas empresas. Os datos das variables adicionais forman parte doutra sección deste artigo no que se analizan, ademais das motivacións, os factores críticos da calidade e os seus resultados 15.
Tanto no grupo 1 como no 2 as razóns máis importantes para certificarse son as internas, observándose que segundo sexa o nivel de importancia desas razóns tamén será o nivel de implantación dos factores críticos e o nivel de resultados. O grupo 2, constituído polos balnearios que manifestaron que se certificaron principalmente por razóns internas e cuxa segunda motivación foron as razóns externas de mercado, presenta niveis máis altos de implantación dos factores críticos e obtén mellores resultados. Con isto corrobórase que existe unha relación entre as motivacións e a implantación dos factores críticos, así como cos resultados.
5. CONCLUSIÓNS
Dos resultados anteriores poden extraerse as seguintes conclusións. En primeiro lugar, pode sinalarse que existen dous grupos diferenciados de razóns que levan ao inicio do proceso: por un lado, as motivacións internas, como son a necesidade de mellorar a calidade dos servizos prestados, de mellorar os procesos e procedementos internos da empresa, de mellorar o control e a eficiencia da empresa e de crear unha conciencia de calidade; e por outro lado, as motivacións externas, é dicir, que as empresas ven a necesidade de implantar e certificarse para mellorar a imaxe, reforzar a súa vantaxe competitiva con respecto á dos competidores e reducir o número de queixas. Aínda que as motivacións internas son as máis valoradas, é dicir, as máis influentes, a análise de datos permite afirmar que o inicio do proceso de implantación da calidade non só vén motivado por factores internos senón tamén por factores externos.
Cómpre resaltar que nesta investigación, desenvolvida no sector dos balnearios certificados na “Q de Calidade Turística” (polo xeral os estudos baséanse en empresas coa certificación ISO 9001), as motivacións internas son as máis valoradas. Este resultado é consistente co obtido por Cruz Ros (2007) na investigación que realizou no sector servizos, quen atopou que os motivos máis importantes son os que denominou motivos internos de competitividade, seguidos polos motivos de eficiencia ou de xestión interna. Os motivos menos valorados foron os relativos a cuestións externas ou de mercado.
A explicación da maior importancia dos motivos internos nos balnearios, fronte aos resultados dos estudos levados a cabo en empresas industriais, que atribúen unha maior importancia ás motivacións externas, podería apoiarse nos resultados obtidos por Cruz Ros (2007, p. 65), quen nas súas investigacións analizou “ si el conjunto de motivaciones que llevan a las organizaciones a implantar sistemas de calidad es diferente para aquellas empresas de servicios que siguen un enfoque de aseguramiento de aquellas otras que siguen un enfoque basado en la calidad total ”. No seu traballo demostrouse que os motivos relacionados co mercado (presión exercida pola competencia, esixencia dos clientes...) teñen un peso maior nas empresas que seguen enfoques de aseguramento da calidade que no resto das empresas que seguen un enfoque de calidade total. Este enfoque está avalado a través de numerosos traballos (Rayner e Porter, 1991; Brown e Van der Wiele, 1995; Shih, Huarng e Lin, 1996; Huarng, Horng e Chen, 1999; Beattie e Sohal, 1999; Martínez et al., 2000).
Pola contra, nas empresas cun enfoque de xestión da calidade total (“Q de Calidade Turística”, norma intermedia entre a ISO e o modelo EFQM) os motivos internos e de eficiencia son os máis importantes, predominando a meta establecida polo equipo de dirección como a razón fundamental para levar a cabo a súa implantación.
En definitiva, en España os balnearios vense impulsados a implantar e a certificar a “Q de Calidade” para obter unha mellora na calidade dos servizos, dos procesos e dos procedementos internos da empresa, aínda que tamén lles preocupa a mellora da imaxe e reforzar a súa competitividade, así como a redución de queixas, que é moi importante neste sector.
Non se atoparon diferenzas significativas entre as motivacións que impulsaron no seu momento aos xerentes dos balnearios a certificar a “Q” e o tamaño do establecemento que xestionan. Non obstante, os resultados mostran que si existen diferenzas significativas en catro das motivacións formuladas en función de se o balneario está certificado unicamente na “Q de Calidade Turística” ou se ten implantado e certificado a maiores outro sistema da xestión da calidade (a ISO 9001 ou a ISO14001, sistema de xestión ambiental), polo que se pode afirmar que existe asociación entre eses motivos e a poboación á que pertencen para as seguintes motivacións: ferramenta promocional de vendas, decisión a nivel corporativo, base para a xestión da calidade total e anticiparse aos competidores, presentando medias máis elevadas os balnearios con outra certificación a maiores da
Así mesmo, atopáronse diferenzas significativas na motivación “requirimento dos clientes” con respecto ao parámetro categoría, mostrando que para os balnearios de catro estrelas a implantación e a certificación na “Q de Calidade” é un requirimento dos seus clientes.
Polo que respecta á estrutura das motivacións que impulsan aos balnearios a implementar e a certificar un sistema da xestión da calidade, a análise dos resultados obtidos permitiu agrupar as motivacións en tres grupos: 1) razóns internas, 2) razóns externas de esixencias, e 3) razóns externas de mercado.
Estes resultados son consistentes cos obtidos por outros estudos. Así, Escanciano, Fernández e Vázquez (2001), no seu traballo levado a cabo en 749 empresas certificadas coa ISO 9001 (tanto industriais coma de servizos) en España, agruparon as motivacións en catro: mercado –motivacións relacionadas coa mellora da posición da empresa no mercado–, eficiencia –agrupa a mellora da calidade en xeral e da operativa da empresa en particular–, anticipación –inclúe o desexo e a capacidade da empresa de percibir con antelación as oportunidades e de apropiarse delas– e reacción –recolle as razóns que reflicten a consideración da certificación como un trámite que é preciso superar–.
Cruz Ros (2007) desenvolveu unha investigación cuxa poboación estaba formada por 116 empresas (medianas e grandes) do sector servizos (hostalería, banca, seguros, transporte e hospitalario). Os resultados obtidos por este autor permitiron definir tres factores: motivos externos de mercado ou de contorna, motivos internos de competitividade e motivos de eficiencia ou de xestión interna.
A modo de resumo, os balnearios teñen unha clara percepción de que a “Q de Calidade Turística” lles proporciona unha maneira de organizar o traballo (dirección e xestión, organización diaria e atención ao cliente), o que lles permite mellorar a calidade dos servizos prestados. Isto obrígaos a unha mellora continua de todos os procesos internos, permitíndolles mellorar a eficiencia da empresa sobre todo na atención ao cliente e nos servizos que se ofrecen. A implantación garántelles a satisfacción e o cumprimento das expectativas dos clientes, posto que o cliente percibe que a empresa traballa con calidade. Así mesmo, os balnearios perciben que a “Q de Calidade” lles facilita un mellor posicionamento no mercado e os diferencia dentro do sector, permitíndolles consolidar e aumentar a cota de mercado e reducir o número de queixas.
BIBLIOGRAFÍA |
"Tras unha presentación da Base de datos sobre refranes del calendario y meteorológicos en la Roma(...TRUNCATED) | "Refráns meteorolóxicos e atlas románicos, paremioloxía e territorio\nJosé Enrique Gargallo Gil(...TRUNCATED) |
"O presente artigo pretende dar conta da presenza de reescrituras fílmicas de obras literarias real(...TRUNCATED) | "A incidencia de reescrituras fílmicas na relación de nomeados e premiados dos principais galardó(...TRUNCATED) |
"A formación inicial do profesorado de Educación Secundaria estivo, durante moitos anos, vinculada(...TRUNCATED) | "OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE\nTHE LAST YEARS OF THE INITIAL TRAINING OF THE SEC(...TRUNCATED) |
"Este traballo ten por obxectivo principal presentar as posíbeis relacións entre a área da lingü(...TRUNCATED) | "Un paralelo entre a Teoría Semiolingüística de Análise do Discurso e a literatura crossover\n\n(...TRUNCATED) |
"“España Vaciada” é un termo recente para definir a tendencia a longo prazo de despoboamento d(...TRUNCATED) | "\"España Vaciada\" e os límites da mobilización territorial en España e na UE\nINTRODUCIÓN\nA (...TRUNCATED) |
28/02/2024
Split 60-20-20 para train, test, validation con random shuffle.