ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
QUEPASA_377 | Os destinatarios serán os alumnos dos dous institutos de Cee | O Vindeiro 29 de marzo terá lugar na Casa da Cultura de Corcubión, Plácido Castro del Río, As II Xornadas '"A Universidade que nos Agarda', que terá como destinatarios ao alumnado do IES Fernando Blanco e do IES Agra de Raíces de CEE. Ditas Xornadas, que comezarán ás 9 da mañá, desenvólvense en colaboración coa UDC e serán inauguradas polo Reitor da Universidade de A Coruña e polo Alcalde de Corcubión. Velaquí o díptico informativo: |
NOS_15589 | Rápida reacción do BNG ante unha información xornalística que apunta a que Vendex lle fixo un ingreso por valor de 6.000 euros o 19 de maio de 2011. | O BNG reaxiu con prontitude. A formación nacionalista dixo que non lle consta ter recibido ningún ingreso de Vendex. Ao coñecer a información xornalística, o BNG púxose en contacto con NGB para revisar os movimentos da súa conta a aquela altura. NGB comunicou ao BNG que non dá identificado a persoa ou a entidade autoras do depósito. O BNG resalta que, de se averiguar que o diñeiro ten orixe en Vendex, procedería á súa inmediata devolución. A reacción do Bloque veu da man do seu secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira, quen compareceu en conferencia de imprensa para dar "explicacións públicas" a respeito da hipótese de Vendex ter ingresado 6.000 euros na conta corrente da formación nacionalista. Total legalidade Lobeira enfatizou que a contabilidade de 2011 foi fiscalizada e validada polo Tribunal de Contas "ratificando a súa total legalidade nun informe oficial público dese órgao estatal que está a disposición de quen o queira consultar". O membro da Executiva Nacional do BNG dixo que a organización nacionalista non ten ningunha "constancia" de ter recibido "ningún ingreso nin por parte da empresa Vendex nin por parte de ningunha outra empresa inmersa en ningunha investigación xudicial". O BNG, explicou Lobeira, dirixiuse a NovaGaliciaBanco -no momento do suposto ingreso, Caixa Galicia- para demandar información sobre os ingresos recibidos na súa conta o 19 de maio de 2011. A entidade comunicou ao BNG que "é incapaz de identificar a persoa ou entidade que efectuou o ingreso" e que non ten "esa información informatizada". Ante o "insistente requerimento do BNG", indica o Bloque, NGB vai abrir unha pesquisa para esclarecer a identidade da persoa ou entidade que realizou o depósito e informou de que agarda ter esclarecido o asunto en 48 horas. Cómpre termos en conta que o suposto ingreso se tería realizado durante período eleitoral, época en que a formación nacionalista costuma receber doazóns para as súas campañas, "dentro sempre da legalidade e da normalidade", enfatiza Lobeira, quen declarou que a contabilidade de 2011 "si recollía ese ingreso". O BNG pediu información a NGB sobre os movimentos da súa conta o 19 de maio de 2011. A entidade financeira comunicou ao Bloque que "é incapaz de identificar a persoa ou entidade que efectuou o ingreso" "Hai que ter en conta que a data corresponde a un momento de campaña en que é habitual que militantes e simpatizantes fagan achegas como maneira de colaborar. Ese ingreso, con ser xa unha cantidade significativa, perfeitamente podía ser o resultado da suma de achegas individuais", dixo Lobeira. Na hipótese de se estabelecer que o ingreso procedera de forma directa ou indirecta do grupo Vendex, o BNG resalta que "procecería a súa devolución inmediata polas canles que correspondan". Lobeira xulga que "prácticas corruptas ou de financiamento ilegal non se realizan através de transferencia bancaria, método regulado e fiscalizado, ao tempo que pediu que "as investigacións en curso se leven a cabo até as últimas consecuencias". A posición do BNG perante a corrupción, dixo, é perfeitamente coñecida: "Tolerancia cero coa corrupción", concluíu. |
NOS_39979 | O voceiro do organismo internacional desminte a versión das súas declaracións perante a Audiencia Nacional publicadas na imprensa española e reafírmase en que ETA procedeu ao seu desarmamento parcial. | "Agora temos unha oportunidade auténtica para a paz", destacou o voceiro da Comisión Internacional de Verificación (CIV), Ram Manikkalingam, após declarar perante a Audiencia Nacional este domingo. O tribunal especial español ouviu a reclamación do Covite --Colectivo de vítimas do terrorismo-- e citou en calidade de testemuñas @s seis integrantes da Comisión que se reuniu con ETA na Franza para dar conta da entrega de parte do arsenal que a organización armada vasca tiña operativo. González Pons (PP): "Traballan para ETA, non para España" "Estamos aquí porque queremos ser transparentes, porque traballamos para a consolidación da paz e a coexistencia no País Vasco. Desde que se declarou de forma unilateral o cesamento do fogo permanente e verificable, ETA mantivo o cesamento da actividade armada e cumpriu cos seus compromisos. Agora é tempo de selar as armas e polas fóra de uso", destacou Manikkalingam ás portas da AN, dando leitura en inglés a unha breve nota en nome da Comisión e subliñando que ETA "expresou o seu compromiso unilateral". Segundo declararon, a súa actividade está financiada polo Dialogue Advisory Group, con sede en Amsterdam, e cobran 750 euros por cada xornada de traballo "Somos profesionais con experiencia", destacou, profesionalidade que lles foi recoñecida até polo PSE-EE, que redactou un comunicado de imprensa en que enfatiza que o organismo internacional "non debe ser acusado de colaborar con banda terrorista". Quen segue sen recoñecer a mediación da devandita Comisión é o PP. O seu vicesecretario de Programas, Esteban González Pons, aproveitou un acto en Castellón para arremeter contra a CIV ao dicir que "traballan para ETA, non para España" e que a súa comparecencia en Bilbo "foi para nos mentir, para nos vir contar unha historia que non é a da derrota dos terroristas senón a dun pacto que resulta imposíbel". Manikkalingam (CIV): "Somos profesionais con experiencia" Nas máis de dúas horas que durou a comparecencia perante a AN, @s tres integrantes da comisión informaron ao xuíz Ismael Moreno de que o organismo verificou como ETA "selou e puxo fóra de uso operativo unha cantidade determinada de armas, munición e explosivos que se adxuntan nun detallado inventario". Así o recolle unha declaración asinada en Bilbo á cal remitiu Manikkalingam, voceiro da CIV, para desmentir a versión que da súa comparecencia perante o tribunal especial deu a imprensa española Así, segundo informou a axencia de noticias Europa Press, que citou fontes xudiciais, versión que reproduciu toda a imprensa, a organización vasca ensinou as armas nun piso da localidade francesa de Toulouse e, após gravaren o video, recolleron as pistolas, o fusil e o material explosivo e quedaron de novo con elas. A primeira petición de ETA datárona en abril de 2013; en setembro de 2013 a organización armada vasca mostrouse disposta a dar o paso e o encontro produciuse en xaneiro de 2014. Segundo declararon, a súa actividade está financiada polo Dialogue Advisory Group, con sede en Amsterdam, e cobran 750 euros por cada xornada de traballo. |
PRAZA_3300 | O pleno aproba en toma en consideración da proposta do PSOE con ampla maioría da Cámara Baixa, superando os 200 votos. O PP acusa os socialistas de querer aforrar "custos" en Sanidade e Vox fala de "homicidio asistido". | A lei de eutanasia deu os seus primeiros pasos no Congreso no pleno deste martes, á espera da votación a última hora. O texto presentado polo PSOE, a primeira iniciativa do partido do goberno esta lexislatura, foi debatida polos grupos e é apoiada Unidas Podemos, ERC, Ciudadanos, PNV, JxCat, EH Bildu, BNG e a maioría dos partidos minoritarios, superando ben os 176 'sis' que fan falta: ata un total de 201 votos. PP e Vox practicamente quedan sós no hemiciclo no 'non'. O portavoz dos populares asegurou que é unha medida de "aforro" de custos sanitarios cos maiores; a da ultradereita sostivo que o PSOE pretende "eliminar" as persoas enfermas e que se lles ofrece a morte como única solución ao seu sufrimento". A proposta de lei socialista foi aprobada por Unidas Podemos, ERC, Ciudadanos e a maioría de minoritarioas, superando amplamente os 176 votos necesarios ata chegar aos 201Os grupos que defenderon e apoiaron a proposta insistiron nunha idea, fronte ás argumentacións de PP e Vox: "É un dereito e non unha obriga". A ex-ministra e agora portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, María Luisa Carcedo, foi clara. "Quen queira vivir que viva, pero que nos deixe aos demais morrer dignamente. A eutanasia non é unha obrigación. Políticos, pensade dunha vez nos que estamos nestas condicións", dixo parafraseando a Fernando Cuesta, que sufría ELA e acudiu a Suíza a morrer "fóra da súa contorna e pagándoo el, porque podía". "Esta é a realidade do que lle está sucedendo á nosa cidadanía", dixo.Os portavoces a favor, tal e como informa eldiario.es, ante todas as declaracións do PP, pediron "non frivolizar". O nome de Ángel Hernández, que axudou a morrer á súa esposa María José Carrasco o ano pasado e enfróntase por iso a unha posible condena, saíu máis veces desde eses grupos ademais da primeira alusión de Carcedo. Como o do galego Ramón Sampedro, falecido hai máis de vinte anos. O portavoz de Unidas Podemos empezou a súa intervención cun dos seus poemas. "Pronto poderemos dicir que España é un do poucos países do mundo que respecta estas liberdades", celebrou Echenique."Non se pode converter en crime o que debe ser un dereito: a unha morte digna, a non prolongar o sufrimento", dixo Néstor Rego (BNG)Desde o BNG, o seu deputado Néstor Rego asegurou que "non se pode converter en crime o que debe ser un dereito: a unha morte digna, a non prolongar o sufrimento". "É unha lei necesaria aínda que se fixo esperar demasiado", engadiu tras aludir ao caso de Ramón Sampedro e lembrar que "as persoas valentes que o axudarona poñer fin á súa vida foron, nalgún caso, perseguidas xudicialmente". O texto do Grupo Socialista é o mesmo que xa foi aprobado en decembro de 2018 e estivo en tramitación ata marzo de 2019, cando se disolveron as Cortes. Contempla que a axuda para morrer estea incluída na cartera do Sistema Nacional de Saúde. Poderá solicitala quen sufra unha enermidade grave e incurable ou invalidante. Derecho a Morir Dignamente calcual que os primeiros casos, persoas que non desexen chegar a unha fase terminal dunha doenza, suporán o 85%; os segundos casos, sobre todo esclerose ou tetraplexia, aídna que "moi impactantes", serán arredr do 15%. Pedirao o paceinte, de forma libre e volutnaria, e terá que pasar por dous médicos, que poderán alegar obxección de conciencia, nun prazo mínimo de 15 días. Pouco antes de que o Congreso debatise a admisión a trámite a proposición de lei, a principal forza da oposición, o Partido Popular, chegou a acusar o PSOE de impulsar a lexislación para aforrar cartos en sanidade. Foi o portavoz do PP en temas sanitarios, José Ignacio Echániz, quen asegurou que "o PSOE ten un grave problema de sostemento dos servizos públicos" e que "isto", en referncia á proposición de lei sobre a eutanasia, "é unha maneira de evitar custos". A iniciativa sería, xa que logo, a "filosofía da esquerda para evitar custos". O PP acusa o PSOE de buscar a legalización da eutanasia para aforrar "custos" en Sanidade"O PSOE ten graves problemas de financiamento do Estado de benestar. Cada vez que desaparece unha persoa destas características desaparece un problema económico e financeiro para o Estado, unha persoa sa custa menos de 300 euros ao ano", dixo textualmente Echániz,que engadiu que unha persoal "crónica, polimedicada, pluripatolóxica, que sexa maior e precise con intesidade tratamentos e diagnósticos clínicos non gasta menos de entre 15.000 e 20.000 euros ao ano". O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, respondeu a Echániz en Twitter: "O único que aforrará a lei de eutanasia é o sufrimento de milleiros de persoas. Unha demanda da sociedade española que non pode esperar". Ademais, o vicepresidente do Goberno, Pablo Iglesias, esixiu tamén nas redes sociais que o deputado que increpou a Pablo Echenique durante a súa intervención no debate dese a cara. "É repugnante que ti defendas iso", espetáronlle durante a súa intervención. Xa no debate, Echániz cualificou a norma de "lei escura feita pola porta de atrás" e coa pretensión de "acabar cos enfermos indefensos". A representante de Vox, Lourdes Méndez Monasterio, elevou as acusacións para cualificar o Estado de "máquina de matar" e comparalo co réxime nazi e falar de "homicidio asistido". O PP freou o debate en Galicia por "trivializar a morte"En Galicia, hai tan só dúas semanas, e mentres se reiniciaban os trámites na Cámara Baixa, no Parlamento galego debateuse a proposta formulada dende o Grupo Mixto por En Marea para, na liña do que xa fixo o Parlament de Catalunya, remitir ao Congreso unha proposición de lei de despenalización desta práctica na fin da vida humana.Como no Congreso, toda a esquerda parlamentaria avanzara o seu apoio á iniciativa defendida por Luís Villares. E como no Congreso, o PP avanzara o seu rexeitamento, que culminou facendo valer a súa maioría absoluta para evitar que o texto pasase da toma en consideración e non chegue nin a tramitarse. Segundo os conservadores galegos, abordalo suporía tanto como "trivializar a morte".En Galicia, unha deputada do PP tirou dun caso familiar para rexeitar un dereito que, teoriza, "non encaixa coa forma de entender a vida e a morte da sociedade galega"O PP subiu ao estrado para anunciar o voto negativo. Fíxoo a través da parlamentaria Julia Rodríguez, que mesturou cuestións ideolóxicas e políticas con outras estritamente persoais. Así, segundo a deputada conservadora, aceptar a lei de eutanasia a debate suporía "un salto ao baleiro sen rede". "Non concibo unha sociedade que trivialice a morte, que considere normal que persoas" se "levanten un día, rendidas polo sufrimento, e decidan simplemente morrer".Neste sentido, e malia reiterar que no PP "comprenden e empatizan con todas esas persoas que se senten derrubadas pola enfermidade", Rodríguez botou man dun caso particular, o dunha familiar de 93 anos "cunha enfermidade incurable". Nunha ocasión, relatou, "dixo: hei morrer cando eu queira" e "todos sabemos o que quixo dicir, que ata que ese momento chegue seguirá facendo o que poida" e "contando coa súa familia e cos coidados da sanidade pública galega", concluíu entre aplausos que o autor da iniciativa lamentou porque, cre, amosan a falta de "empatía" dos populares neste eido. |
NOS_50273 | O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chama os partidos a asinar na notaría para impulsar a saída do actual alcalde de Ourense e solucionar a crise política no Consistorio. | O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Ourense para anunciar que pon "sobre a mesa as sinaturas das nove concelleiras e concelleiros socialistas para impulsar unha moción de censura que permita solucionar a situación crítica da cidade" e chamou as demais forzas políticas a actuar con "corresponsabilidade". "Cada un terá que retratarse do que quere para Ourense: que goberne a lista máis votada [a do PSdeG] ou que siga a crise municipal", resumiu. No escenario "máis grave de ningunha cidade de España", o líder socialista deixou claro que "só existen dúas opcións", que pasan por que Rafael Rodríguez Villarino -portavoz do PSdeG na cidade das Burgas- abra "unha nova etapa" á fronte do concello ou que se manteña "o caos municipal". Caballero remarcou "o compromiso" do seu partido con "dar un cambio de progreso" a Ourense, "para traballar nestes tempos de crise polo futuro da cidade con responsabilidade". E contrastou este comportamento coa actuación do PP, que, logo de "xerar o problema" a través do "pacto da indignidade" asinado co actual alcalde, Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensá), agora "non quere asumilo nin desculparse ante a cidadanía". "Nós cremos que o cambio é necesario, e que os que xeraron o problema agora teñen que permitir solucionalo", incidiu o xefe de filas do PSdeG, quen recordou como o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, "botou balóns fóra" cando el mesmo o levou á Cámara galega a dar contas sobre este asunto. Por iso, fixo un chamamento a Feixoo "para que decida que quere facer coa terceira cidade da Galiza: se quere un cambio ou quere manter Jácome onde o puxo" a cambio de que Baltar seguise á fronte da Deputación ourensá. "É o único alcalde que puxo o PP nas cidades galegas e agora Feixoo está agochado", evidenciou Caballero, reprochando que o PP estea "intentando enredar" e deixando pasar o tempo nunha estratexia que "parece encamiñada a que Jácome siga na Alcaldía". O BNG reafírmase na moción de censura Ao anuncio feito polo PSdeG de depositar nunha notaría a moción de censura para que o resto de grupos acudan á súa sinatura, desde o BNG pediron que cesen os "xogos florais", pois o procedemento válido pasa por presentar a moción no rexistro do Concello e aseguraron que en canto así se faga a asinarán. O portavoz do Bloque en Ourense, Luís Searea, reafirmouse na posición do nacionalismo xa anunciada hai dous meses: moción de censura e que goberne a lista máis votada. |
NOS_21820 | 12 persoas permanecen nas unidades de coidados intensivos e rexístrase unha nova morte | Segundo a última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 869, informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade. Deles 215 atópanse na área da Coruña, 58 na de Lugo, 124 na de Ourense, 37 na de Pontevedra, 261 na de Vigo, 147 na de Santiago, e 27 na de Ferrol. Do total de pacientes positivos, un máis entrou na UCI, co que se alcanzan 12 casos actualmente neste estado. Ademais, 61 están en unidades de hospitalización e 796 no domicilio. A cifra de persoas curadas ascende a 9.716, rexistrándose 613 falecementos, un máis ca onte. O número de PCR realizadas é de 134.690. Residencias de anciás No que atinxe ás residencias de anciás, hai 138 casos activos (20 menos), dos que 74 son de persoas usuarias mentres que 64 son de traballadoras e traballadores. Os falecementos mantéñense en 271: 132 en residencias e 139 en hospitais e residencias integradas. |
PRAZA_15234 | Estará ubicado da zona de Sar e nestes momentos estanse realizando as tarefas de recuperación dunha casa abandonada. | Dende hai unha semana un grupo de persoas están traballando na recuperación dunha casa abandonada no barrio de Sar, en Compostela, co obxectivo de que se convirta nun novo centro social nas vindeiras semanas. A casa está situada na rúa Curros Enríquez nº28. Os traballos de posta en marcha do futuro centro social, nos que colabora a Acampada Compostela, se desenvolven todos os días de 11 a 19 horas e hai sesións de posta en común do traballo (necesidades da casa, avaliación do traballo, propostas, etc.) os mércores ás catro da tarde. Na casa hai un taboleiro coa lista de necesidades e outro coa lista de tarefas. Tamén se están considerando distintas iniciativas para financiar as obras da casa e a súa posta en marcha: concertos, crowfunding ou bonos axuda. |
NOS_5427 | Nunha comparecencia pública defenderon iniciar o proceso de escolla da candidatura e do programa para os comicios de outubro este mes en xullo. | Martiño Noriega (Compostela Aberta), Xulio Ferreiro (Marea Atlántica) e Jorge Suárez (Ferrol en Común) compareceron publicamente esta terza feira (5 de xullo) no Ateneo Ferrolán para dar leitura a un documento conxunto no que analizan a situación actual e urxen o inicio do proceso de escolla da candidatura e do programa electoral de En Marea de cara aos comicios deste outono ao Parlamento de Galiza. Os alcaldes apostan na creación dun órgao político de En Marea que substitúa a actual mesa de coordenación e insta as persoas eleitas o 26X a se centrar no traballo institucional Após a queda de apoios obtida nas eleccións do 26 de xaneiro aseguran que se puxeron "de manifesto as limitacións" da coligazón electoral na que concorrían, En Marea, polo que instan a abrir e democratizar a formación "substituíndo a actual mesa de coordenación" por un "instrumento" que inclúa "todas as mareas municipalistas, candidaturas de unidade popular e actores políticos e sociais" que, din, "actualmente non están a participar na toma de decisións" mais "séntense representados e interpelados polo noso espazo político". Así mesmo, instan as persoas eleitas por En Marea (5 congresistas e unha senadora) a "centrarse no seu labor institucional nas Cortes" e de cara aos comicios do vindeiro mes de outubro iniciar un proceso de debate que culmine coa elección da candidatura e configuración do programa político este mes de xullo. Mareas en Común como base Como documento base para o debate, apuntan, chaman a "aproveitar [...] o traballo feito durante estes últimos meses por ducias de Mareas arredor do proceso Mareas en Común" quer a respeito da metodoloxía --proceso de toma de decisións-- quer o código ético, arquitectura institucional e organización interna. Nese senso, desde Mareas en Común apostan nun proceso de primarias, como recollen os documentos aprobados nos grupos de traballo e que están pendurados na súa páxina web. O encontro, aínda sen data nen lugar, visa consensuar "un calendario" e urxirá Podemos a adoptar unha decisión con celeridade pois esta formación asegurou, através da súa secretaria xeral, que desenvolverá unha consulta interna a respeito das eleccións ao Parlamento e tamén de escolla das persoas que pola súa banda farán parte da candidatura. Un proceso tamén pendente de calendarizar. Entretanto, o tempo corre. |
PRAZA_8406 | Para evitar os erros doutros temos que reclamar a pluralidade como um valor inerente à nova cultura política, em que convivam diferentes relatos políticos que, como di Xosé Manuel Beiras, respondem a leituras diferentes do novo projecto em comum em que andamos a trabalhar. | Mais que nunca, este é um momento de mostrar evidências. Os debates sobre modelo organizativo e (re)configuraçom do nacionalismo e da esquerda no país nom podem viver afastados dumha problemática social cada vez mais dura e complexa. A nossa sociedade questiona o papel dos partidos políticos em dous níveis: o primeiro tem a ver com as medidas anti-sociais tanto polo PP como polo PSOE, medidas que boa parte da nossa sociedade identifica com o mantra de que todos os partidos som iguais que imponhem os think-tanks da direita, quando ao menos na Galiza forças como AGE ou o BNG sim que apostam por umha mudança com o modelo neoliberal; e por outro, a maneira com que as organizaçons da esquerda mais tradicicional se comunicam com a sociedade e estabelecem alianças. Nesta demanda de participaçom e de democracia é onde o conjunto de forças do nosso espaço precisam reflexom e debate, de cara a ser autênticos catalizadores das demandas expressadas polas diferentes formas da chamada esquerda social e dos colectivos de afectados. Nestes momentos precisamos fundir as nossas reflexons com a prática, renegando de dogmatismos, de exclusivismos e de visons particulares Traslado umha série de apontamentos sabendo que é preciso afundar neles. Nom estamos diante dumha proposta fechada, mais bem todo o contrário. Nestes momentos precisamos fundir as nossas reflexons com a prática, renegando de dogmatismos, de exclusivismos e de visons particulares. Embora as definiçons fechadas vinham carecendo de valor, hoje precisamos reinventar a acçom política para rematar com a hegemonia conservadora no nosso país. E para isso precisamos novos dispositivos, novas ferramentas que (re)conectem de novo a esquerda social com a esquerda política como garantia para socializar as diferentes apostas e programas. Precisamos mudar a nossa relaçom com a sociedade e os movimentos populares. Nestes momentos de ofensiva neoliberal, som as plataformas de afectados por estafas bancárias e os colectivos afectados polos despejos os que estám a propor alternativas para mudar estas legislaçons. A esquerda política ampliará o seu espaço de influência se respeita estas demandas, e se renega das velhas receitas de tutelagem à cidadania activa. Agora já nom é o partido-guia o que construi um discurso que transmite às diferentes plataformas, som as plataformas as que indicam ao partido que é o que tem que defender lá onde chega a sua representaçom. Afundar neste diálogo permanente implica reforçar dous espaços, o de movimento e o de partido, num momento onde nos estamos a jogar o fundamental: a sanidade, a educaçom, os serviços sociais, em definitiva as estruturas do chamado Estado do Bem-Estar. Nestas demandas imediatas da sociedade encontramos o primeiro dos nossos grandes retos: erguermos um muro popular contra os recortes aplicados por Madrid e por Bruxelas, num momento em que aumenta a desafeiçom política e as velhas formas já nom garantem resultados. A esquerda política ampliará o seu espaço de influência se respeita estas demandas, e se renega das velhas receitas de tutelagem à cidadania activa Construirmos o consenso desde a diferença e o diálogo permanente. O 21-O foi um autêntico catalizador para Anova. Os novos contingentes que chegam à estruturas querem democracia interna, debate e participaçom na toma de decisons. Para evitar os erros doutros temos que reclamar a pluralidade como um valor inerente à nova cultura política, em que convivam diferentes relatos políticos que, como di Xosé Manuel Beiras, respondem a leituras diferentes do novo projecto em comum em que andamos a trabalhar. A concepçom de consenso pode utilizar-se de maneira impositiva. Temos um exemplo no conhecido caso da Transición: um pseudo-consenso que nasce dum pacto entre elites económicas, reformadores do franquismo e umha parte importante da oposiçom ao regime. Para mim o consenso tem-se que revisar todos os dias, mediante debates abertos ao conjunto da militância, tendo como suporte central as assembleias de base, e utilizando outros métodos de consulta mediante as TIC`s que permitam tomar decisons importantes em pouco tempo. Umha nova cultura política em que nom se exclua a ninguém, e em que joguem um papel central as propostas e nom tanto quem as defenda. Assumimos os ritmos acelerados que nos dérom como resultado o sucesso eleitoral de AGE, mas agora temos tempo e precisamos espaços para debater sobre o futuro. Sem isso nunca acadaremos o consenso. Assumimos os ritmos acelerados que nos dérom como resultado o sucesso eleitoral de AGE, mas agora temos tempo e precisamos espaços para debater sobre o futuro. Sem isso nunca acadaremos o consenso Como última reflexom, e sem restar importância a outros debates, nestes momentos cumpre afundarmos nas demandas que existem aí fora, no que pensam os vizinhos e vizinhas, e mesmo anticiparmo-nos a aquelas demandas que ainda estám por chegar diante da agudeza da crise que parecemos. Tendemos a despreciar os marcos nos que o inimigo nos ganha as batalhas, e um deles som precisamente as eleiçons. Ora bem, nestes momentos devemos caminhar para a esquerda, perguntando sempre, se queremos dar saídas a problemas concretos, entendendo que a rua é um cenário central deste conflito. E para isso precisamos reinventar a cultura política do nacionalismo e da esquerda. |
NOS_50675 | O teatro documento tamén abranxe a primeira persoa do singular. Así o entende a actriz Iria Pinheiro, quen presenta esta quinta feira, 18 de outubro, a súa peza teatral Anatomía dunha serea, baseada na súa propia e traumática experiencia coa violencia obstétrica. | A obra, producida pola compañía Chévere dentro do proxecto Berberecheira (laboratorio de creación escénica) e dirixida por Xesús Ron, "nace da necesidade de contar unha historia íntima, de transformar un acontecemento único e ao mesmo tempo común a moitas mulleres nun acto escénico compartido". Ese acontecemento é o nacemento dun fillo ou unha filla, "as condicións nas que se dá a vida na sociedade actual, a concepción da maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico". Por violencia obstétrica, sinalan desde Chévere, "enténdese calquera acción que patoloxice os procesos reprodutivos naturais e biolóxicos, un trato deshumanizado por parte dos profesionais da saúde ou un abuso de medicalización. Podemos afirmar que a violencia obstétrica é unha forma de violencia de xénero". Anatomía dunha serea estréase este 18 de outubro no auditorio Constante Liste de Teo, onde continuarán as representacións o 19, o 25 e o 26 de outubro. O 20 fará un único pase no IES As Barxas, de Moaña. "É un proxecto de teatro documental e autobiográfico que fala da violencia de xénero en lugares insospeitados", expoñen desde Chévere. O texto foi coescrito por Pinheiro e a poeta María Lado e conforma a terceira experiencia de Berberecheira, despois da exitosa Goldi libre, de César Goldi sobre o movemento insubmiso, e Salvador, de Borja Fernández, sobre o impacto da emigración. "En Berberecheira damos prioridade a proxectos escénicos que documenten experiencias e historias persoais, contadas en primeira persoa e conectadas con acontecementos colectivos", di a compañía. |
NOS_24868 | Ana Pontón perfílase como a opción con máis hipóteses de ser cartaz eleitoral após a XV asemblea eliminar a incompatibilidade entre portavocía nacional e candidatura. | O Consello Nacional do BNG acordou na mañá do sábado estabelecer o 30 de abril como data na que proclamará candidato ou candidata da formación nacionalista á presidencia da Xunta. Esta decisión chegará após unha rolda eleccións por parte da militancia en asembleas que terán lugar a finais do mes. Segundo o calendario aprobado, as candidaturas presentaranse entre os días 11 e 20 de abril e as asembleas comarcais terán lugar entre o día 21 e o 27. Será o Consello Nacional quen o día 30 informe do nome da persoa elixida polas bases da formación nacionalista. Desta maneira, o Consello Nacional do BNG dá pasos adiante ante un posíbel adianto eleitoral dos comicios galegos. Aínda que calquera militante poderá aspirar á candidato ou candidata á presidencia da Xunta, a de Ana Pontón, portavoz nacional do Bloque, é a opción con máis hipóteses, unha vez que a XV asemblea nacional acordou eliminar a incompatibilidade entre portavocía nacional e candidatura. Calquera militante poida participar en calquera proceso interno da organización. Só son necesarios 50 avais En declaracións aos medios, Rubén Cela, membro da Executiva do BNG, afirmou que a formación nacionalista "segue a ser un referente de transparencia, un referente democrático e de facilidades para que calquera militante poida participar en calquera proceso interno da organización". E é que para ser candidatábel, o ou a militante que quixer tan só ten que reunir 50 avais. Rubén Cela subliñou que no BNG "non hai dedazos nin se toman decisións, como no PP, en función do humor co que se levante o señor Feijóo. É a militancia quen manda". Sexa quen sexa o candidato ou candidata, a formación frontista ten un obxectivo claro: "conformar unha candidatura de país que sexa clave para derrotar o PP". Candidatura de país Sobre a fórmula de concorrencia ás eleccións galegas, o membro da Executiva insistiu en que a folla de ruta foi acordada polo conxunto da militancia do BNG na asemblea nacional, onde "ficou clara a aposta nunha candidatura netamente do país, sen ningún tipo de atadura con forzas políticas que teñan o seu ámbito de decisión na Galiza". A candidatura do BNG non terá que mirar cara a Génova, Ferraz ou cara a Complutense, sinalou Rubén Cela Neste sentido, Rubén Cela sinalou que o BNG lle ofrecerá á xente "unhas candidaturas coa cabeza e co corazón na Galiza, sen ningún tipo de atadura, que non teñan que mirar cara a Génova ou cara a Ferraz, mais tampouco cara á Complutense de Madrid –afirmou, en alusión a PP, PSOE e Podemos, respectivamente-. Unhas candidaturas, engadiu, "que só teñan que pensar nos intereses dos galegos e das galegas á hora de facer as súas propostas políticas". A candidatura do BNG, segundo afirmou Cela, será unha candidatura "de país", "de ampla base social" e cuxa prioridade absoluta pase por derrotar o PP e as políticas de dereita de Feijóo, a quen acusou de deixar como legado "un país literalmente contra as cordas, con máis paro, precariedade, emigración, con peores servizos públicos, unha Galiza que oito anos despois está máis empobrecida e desprotexida". |
NOS_701 | As vendas de vehículos a terceiros países esborrállanse 41,2% con respecto ao terceiro trimestre de 2020. | A automoción, que durante meses foi o sector que tirou do crecemento das exportacións galegas, é agora a 'culpábel' de que volvesen no terceiro trimestre do ano a terreo negativo. En concreto, en comparación co mesmo período do ano pasado, as exportacións galegas rexistraron unha caída de 4,9%, un dato que contrasta cun crecemento no conxunto do estado de 19,8%. Así se desprende dos datos do Barómetro Exportador da Galiza (Baexga) avanzados na sexta feira, 17 de decembro, por representantes do Foro Económico da Galiza, que destacaron que, após que as exportacións galegas rexistrasen nos dous primeiros trimestres taxas de crecemento "significativamente por riba da media española", neste terceiro trimestre o seu valor mostrou unha evolución "moito menos favorábel" que a do conxunto estatal. Este cambio de tendencia se explica polo esborralle das exportacións do sector do automóbil, cunha caída interanual de 41,2% nas súas exportacións no terceiro trimestre, en parte motivadas polo descenso da produción pola chamada 'crise dos microchips', o que, xunto ao descenso de 8,1% do sector téxtil ─outro dos motores da economía galega─, resulta "determinante" na variación negativa que rexistra o total de vendas de Galiza no exterior, apuntan as expertas do Foro. Comportamento desigual O 'Baexga' É un barómetro con periodicidade trimestral no que sobresae o 'semáforo' como resumo de seis indicadores: volume de exportacións, concentración sectorial, concentración espacial, empresas exportadoras, empresas exportadoras regulares e empresas exportadoras de intensidade tecnolóxica alta. Nesta ocasión, as responsábeis da súa elaboración, Isabel Novo e José Manuel Sánchez, fan un estudo máis pormenorizado do país, no que advirten un comportamento "desigual" das exportacións, condicionado "en gran medida" pola concentración sectorial que caracteriza ás distintas comarcas. De feito, a área de Vigo é a única de toda Galiza que presenta taxas de variación negativas, precisamente polo peso que o sector do automóbil ten na súa contorna. Pola contra, as comarcas do interior do país son as que experimentan maiores taxas de crecemento, aínda que son tamén as que menor peso teñen no total das exportacións. Entre os sectores que máis crecen destacan o de produtos minerais (que inclúe os combustíbeis), o dos metais comúns e a madeira e as súas manufacturas. Boa saúde Na presentación, as persoas expertas do Foro sinalaron que, a pesar da caída no terceiro trimestre, Galiza goza de "boa saúde" en canto a exportacións, aínda que tamén incidiron no "problema" da automoción pola 'crise dos microchips'. Neste senso, o director do Foro, Santiago Lago, mostrou "serias dúbidas" de que o ano poida rematar en "máximos históricos", posto que os bos datos da primeira metade veranse lastrados polos da segunda. En calquera caso, en conxunto o ano estará "bastante ben", aínda que lonxe dos valores dos dous anos anteriores (2019-2020), nos que Galiza alcanzou porcentaxes de 7,7% e 8% respecto ao total español, indicou. |
NOS_38923 | Nenas e nenos lendo fragmentos da súa obra e o grupo Habelas Hainas poñéndolles música pecharon o acto institucional co que a Deputación da Coruña homenaxeou Rosalía con motivo do 180 aniversario do seu nacemento. O escenario foi o monumento da Alameda de Santiago que chega este ano ao seu centenario como símbolo do entusiasmo colectivo con Rosalía. | Centos de persoas, alén das autoridades, sumáronse á homenaxe colectiva coa que a Deputación da Coruña quixo lembrar o impulso colectivo que hai cen anos foi quen de erguer a estatua da Alameda. "Esta homenaxe quere honrar unha figura de referencia galega, unha persoa que merece todo o noso recoñecemento, a parte da faceta como poeta tamén como persoa valente que alberga o mellor dos galegos", sinalou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso que quixo tamén destacar na súa intervención os valores de Santiago de Compostela, "unha cidade que hai cen anos foi quen de conseguir, entre persoas anónimas, artistas, escritores e escritoras e emigrantes recoñecer e homenaxear a gran figura que foi Rosalía de Castro, que protexeu os valores que ela defendeu e que merece tamén o recoñecemento daDeputación da Coruña". Pola súa parte, a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, comparou a imaxe de Rosalía no monumento ca escultura "O pensador" de Rodin denominada inicialmente "O poeta". "Moito teremos andado o día en que galegas e galegos nos acheguemos a esta estatua e vexamos unha filósofa, unha pensadora, "a poeta", como a ela lle gustaba dicir, pois odiaba a palabra "poetisa" que daquela significaba a persoa que compoñía versos "para as pombas e as flores". Sanmartín que destacou tamén o "empeño e a vontade colectiva" por realizar o monumento que chega este ano ao seu centenario e que a área de Cultura conmemora promovendo a investigación sobre a súa historia que se plasma no libro 'Quen fora pedra', de Miguel Anxo Seixas que se repartiu no acto. 24 de febreiro Mañá, sexta feira, é a xornada central das celebracións, desta volta protagonizadas pola Fundación Rosalía de Castro, que pola mañá organiza un acto institucional no Hostal dos Reis Católicos en Compostela, onde foi bautizada a poeta hai 180 anos. Alén desta acto e do concerto de Ialma na Casa de Rosalía, a Fundación vén de poñer en marcha unha celebración á escocesa, cunha clara intención de instalalo na cultura popular, como a Noite de Burns o está no país norteño. Trátase de celebrar o día tomando un "Caldo de Gloria", tal e como Rosalía o conta no seu poema "Miña casiña, meu lar", acompañado do recitado dos seus textos. Logo dunha experiencia piloto o ano pasado con xentes da cultura, agora a Fundación lánzase a propoñer a idea a todo o país, partindo da súa base operativa en Padrón. Nesta vila máis de vinte establecementos hostaleiros ofrecerán o caldo e poemas para quen vaia celebrar o día ou a noite de Rosalía. E na Casa-Museo serán os Larpeiros da TVG quen se encarguen de elaborar o caldo con bolo do pote, reivindicando a épica dos humildes. Outros actos A figura de Rosalía, inmensa, enche xa todo o calendario de febreiro, con centos de actividades, desde lecturas de versos, a concursos de videopoemas, adaptacións gastronómicas, mobilizacións nas redes sociais. Mesmo unha asociación de comerciantes do Morrazo promoveu unha campaña por mor do seu 180 aniversario. Ou o Punto Gal, que puxo en marcha unha campaña de oferta dos dominios galegos ligados á súa imaxe e xogando cos teus textos. A AELG fixo unha recompilación de todas estas actividades, que se poden consultar aquí. |
NOS_54531 | As galegas foron das que menos reduciron o consumo de cigarros desde a entrada en vigor da Lei Antitabaco hai 15 anos. | Galiza é, por detrás da Rioxa, o territorio onde menos descenderon as vendas de cigarros con motivo da entrada en vigor da Lei Antitabaco. Segundo os datos do Comisionado para o Mercado de Tabacos, a comercialización de cigarros descendeu nestes quince anos (a lei aprobouse en 2005) na Galiza 45,44%, namentres na Rioxa caeu só 41,74%. O dato galego contrasta co de territorios como Andalucía (57,15%), Illes Balears (55,85%) e Euskadi (53,73%). No conxunto do Estado español, as vendas pasaron de 4.634,97 millóns de paquetes en 2005 a 2.242,9 millóns o pasado ano, o que supón unha baixada de 51,61%. A Lei Antitabaco aprobouse a finais de 2005 e entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2006. No 2011 foi reformada para incluír restricións como a prohibición de fumar en espazos públicos de uso colectivo (parques infantís e recintos sanitarios), e locais abertos ao público que non estean ao aire libre. Loita contra o tabaquismo Pese ao descenso das vendas de caixas de cigarros entre 2005 e 2019, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, avanzou que a lexislación contra o tabaco dará "un paso decidido" esta lexislatura para loitar conta o aumento do tabaquismo. "Hai certa urxencia nun paquete de medidas para evitar este problema que mata a máis de 50.000 personas ao año en España. Non hai que relaxarse e non nos imos relaxar. A postura do Ministerio vai ser dar un paso máis", afirmou Illa, quen non descartou ademáis cambios na fiscalidade ou na regulación das novas formas de fumar. |
NOS_56509 | A 34 edición fica adiada a 2021 como consecuencia da incerteza provocada pola pandemia. | 2020 non terá Festival da Poesía do Condado, unha cita que leva ás costas 34 edicións reunindo cultura, disidencia e convivio. A pandemia de coronavirus continúa a alargar a súa lista de cancelacións e adiamentos. A SCD do Condado decidiu que esa 34 edición teña que agardar até 2021. Iso si, e como elas propias informan, argallan organizar, "tan pronto as condicións o permitan", un evento ou encontro "para nos juntarmos e vivermos a cultura galega". A organización do Festival sinala nun comunicado que a día de hoxe o Concello de Salvaterra non pode garantir que nas datas habituais nas que decorre o Festival, finais agosto principios setembro, este poida ter lugar. Aponta tamén como outros eventos e festivais de maior orzamento están a variar as datas previstas, o mesmo que acontece coa programación cultural de concellos. "Partimos da autogestom e maioritariamente o nosso orçamento vem do trabalho do balcom no dia do festival, além das e dos pequenos colaboradores. Só umha percentagem pequena provém de ajudas institucionais. É por isso que nem estamos em condiçons de concorrer com outros eventos a decorrerem nas mesmas datas, nem menos com as que o farám a escassos quilómetros, nem temos intençom de o fazer", manifestan. Tamén demandan unha "maior comunicaçom entre instituiçons, associaçons culturais sem fins lucrativos e a indústria cultural, para evitar coincidirmos no calendário". Unha historia de compromiso A última etapa do franquismo estivo caracterizada pola convulsión en todos os eidos, especialmente no social. Lonxe da "extraordinaria placidez", en verbas do ex ministro do Interior de Aznar, Jaime Mayor Oreja, produciuse un agravamento da xa non pequena represión a partir da morte de Carrero Blanco. Ese mesmo ano, 1973, un grupo de valentes creaba a Sociedade Cultural e Desportiva do Condado. Nado como equipo de fútbol co escudo do Condado e a bandeira galega estampada na camisola, quedaron campións de liga na súa primeira tempada. Os seus fundadores, entre os que estaba Xosé González, eran un grupo de mozos "nacionalistas e independentistas" que viron no fútbol unha oportunidade para dar un primeiro paso á hora de constituírse como asociación e poder levar a cabo actividades sociais e culturais en todas as parroquias de Salvaterra: cineclubes –con proxección de filmes prohibidos como O Acorazado Potemkin–, exposicións, concertos, magostos, plantacións de árbores nos colexios… Dese xermolo guerrilleiro e combativo acabou por brotar, case unha década despois da fundación da SCD, o Festival da Poesía do Condado. En 1981 celebrábase un evento que tiña como obxectivo "axuntar" os autores máis populares na Galiza dunha disciplina que daquela era considerada como "o parrulo feo da escritura", como sinala Xosé González. Co paso do tempo, aquel modesto festival desenvolvido sen apoio institucional de ningún tipo creceu até ver como nomes do nivel de Manuel Rivas, María do Carme Kruckenberg, Manuel María, Xosé Neira Vilas, Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, María do Cebreiro ou Marta Dacosta se achegaban ano tras ano a recitar ás murallas de Salvaterra do Miño. |
PRAZA_15970 | O Goberno galego reproducira en 12 xornais impresos o discurso de Feijóo ao día seguinte de que o lese ante os medios. Sinala que "excluíu os medios dixitais galegos" porque en Internet cómpre "publicar textos breves" e afirma que o texto inclúe información sobre "as axudas habilitadas", que se aprobaron dous días despois HEMEROTECA | A Xunta pagou 77.000 euros a xornais impresos para publicar a declaración de Feijóo sobre os incendios | HEMEROTECA | A Xunta pagou 77.000 euros a xornais impresos para publicar a declaración de Feijóo sobre os incendios O pasado 16 de outubro, luns, o Goberno galego reuniuse nun Consello extraordinario para tratar a vaga de incendios que estaba a levar por diante case 50.000 hectáreas de monte e que vivira as súas horas máis duras na noite anterior. Tras aquela xuntanza o presidente, Alberto Núñez Feijóo, leu ante a prensa unha declaración institucional centrada en condenar o "ataque" do "terrorismo incendiario", ademais de lamentar as vítimas mortais do lume e avanzar que o Executivo ofrecería "apoio" ás persoas afectadas, o cal se traduciu nunha orde de axudas que sería aprobada tres días despois, no Consello ordinario do día 19. Ao día seguinte daquel Consello extraordinario, o 17 de outubro, o Goberno galego publicou como publicidade nunha ducia de xornais impresos -oito editados en Galicia e catro, en Madrid- unha reprodución da declaración de Feijóo. Esta inserción para difundir a postura política do Executivo sobre a vaga de lume realizouse a través de trece contratos menores -un para o deseño do anuncio e o resto, para a súa difusión- que, como informou Praza.gal, sumaron uns 77.000 euros de custo para as arcas públicas, e cuxa publicación o Goberno galego vén de defender e xustificar oficialmente. Aquela acción propagandística foi especialmente criticada pola oposición parlamentaria galega, que anunciara a súa intención de rexistrar iniciativas no Parlamento para que o Goberno ofrecese explicacións ao respecto. Unha delas foi unha pregunta parlamentaria na que o BNG pedía coñecer "a contía exacta destinada á difusión do anuncio", ademais da "relación de medios de comunicación" galegos e estatais nas que fora inserido e cal fora o "criterio" para elixilos mentres se optaba por "excluír os medios de comunicación dixitais galegos" e os "semanarios en lingua galega", exclusións para a que tamén pedían xustificación oficial. Do mesmo xeito, pediron coñecer os "criterios que se seguiron para emitir publicidade institucional con estes contidos" e non outros "referidos á información sobre a situación, consellos de actuación e vindeiras liñas de traballo. O Goberno sinala que "excluíu os medios dixitais galegos" porque en Internet cómpre "publicar textos breves" e afirma que a declaración inclúe información sobre "as axudas habilitadas", que se aprobaron dous días despois da publicación O pasado 27 de decembro a Xunta rexistrou no Parlamento o documento no que responde parcialmente ás preguntas formuladas polo Bloque, a comezar por indicar que "o importe neto desta acción ascende a 62.195,55 euros", isto é, o prezo dos anuncios sen IVE e sen contar a factura do deseño, que foi de 2.180 euros, IVE incluído. No que atinxe á selección dos xornais impresos nos que foi publicado, a Secretaría Xeral de Medios explica que seleccionou "doce soportes de referencia: os oito diarios xeralistas de ámbito autonómico e os catro principais diarios xeralistas de implantación nacional". No que atinxe á "motivación para excluír os medios de comunicación dixitais galegos", o departamento dependente da Presidencia da Xunta sinala que "os manuais e consellos sobre a redacción en Internet aluden á necesidade de publicar textos breves neste medio". "Sobre a motivación para excluír os semanarios en lingua galega -agrega- indicar que os medios de comunicación nos que se publicou, a diferenza destes semanarios, contan con audiencias cuantificadas por fontes oficiais". A resposta da Xunta conclúe asegurando que "a declaración institucional publicada recolle diversas actuacións como, por exemplo, as axudas habilitadas para os afectados e o decreto de tres días de loito oficial". No entanto, estas primeiras axudas foron aprobadas no devandito Consello ordinario do día 19 e divulgadas no Diario Oficial de Galicia o día 20. Distribución e importes dos contratos para a difusión en xornais impresos da declaración de Feijóo sobre os incendios |
NOS_12854 | Henrique Alvarellos vén de ser nomeado presidente da Asociación Galega de Editoras; o lugués toma as rendas dunha entidade que desexa abrir o libro galego ao exterior, contaxiarse do que o mundo lle pode ofrecer e, como editor, entende a cultura como piar fundamental e esencial da nosa vida pública e política. Alvarellos conversa sobre o que edita, sobre si mesmo, sobre o seu pai e sobre unha extensa colección de máquinas de facer novelas (ou, tamén, practicar mecanografía). | "Aquí hai centos de máquinas de escribir, todas numeradas e coa súa ficha, foi meu pai quen comezou esta colección". Henrique Alvarellos, despois da conversa que mantivemos, condúceme á trastenda da súa editora, próxima ao Campus Sur compostelán, ao carón do CIMUS da USC. Nese espazo de luz alaranxada, no almacén de libros e curiosidades, amoréanse recordos e incluso unha constitución da Segunda República orixinal de 1931, entre máis volumes con moitas décadas nas súas costas. Ao final do almacén está a colección de máquinas de escribir da familia. Tapadas, coidadas, fichadas e taxadas, algunhas dispostas para agora mesmo empregalas nunha redacción. "Hai unha Remington antiquísima, outra Olivetti de finais do XIX. Eu traballei na carreira cunha laranxa, máis moderna". Dous carteis do Alvarellos na súa época de imprenta presiden nunha beira e noutra a sala, cunha tipografía que é un debuxo, e fotografías da primeira academia Alvarellos en Lugo, onde un, se achega o oído, pode escoitar entre os pasos conxelados da imaxe a música de David Brubeck naquel local brillante dos anos 60 de tipografía grosa. Un minutos antes conversabamos no seu despacho. A súa relación cos libros vén tan de longo que acaba de ser nomeado presidente da Asociación de Editoras. Levaba catro anos como vicepresidente da Asociación, no equipo de Xosé Ballesteros. Levo desde hai quince neste grupo fundado no 83 polo meu pai e ata sete editores. Son responsabilidades que hai que asumir, é un momento complexo. E cal non o foi? Estou con moitas ganas, nun momento no que temos que traballar moito e nun momento no que miramos xa cara a época post-covid para a divulgación dos libros e a cultura, que é o noso principal obxectivo. Cal é, como conxunto de editoras, a factura da COVID? A crise do 2008 foi sofrida polo tecido cultural ao completo, coa peor época nos anos 2010 e 2011, onde a miña propia editora estivo a piques de pechar. Despois comezou unha lentísima recuperación en L, cunha profunda caída e unha estabilización prolongada no fondo… Desta din os expertos que será en V, cun repunte pronunciado; agardemos que sexa así. Nos anos 2014 e 2015 comezamos a recuperar, no 2018 e 2019 xa tiñamos un crecemento evidente. Estamos nunha crise nova e inédita e, agora mesmo, atopámonos sumidos na incerteza. En primavera todos entramos en pánico, houbo empresas que, se non vían un futuro próximo, xa anunciaban que ían ter que pechar. Despois desa situación agónica de primavera e verán, veu un outono e unha campaña de Nadal que nos deu azos de esperanza. Estamos nun xaneiro grave en temas de COVID pero non agardamos un confinamento como o de marzo, onde nos afectou moito o peche das librarías. A xente, e isto é algo que nos demostrou o confinamento, descubriu a lectura e os libros como un agarradoiro, os libros como unha vacina antes da propia vacina. Entre as pantallas volvemos aos libros naquel confinamento? A xente, e isto é algo que nos demostrou o confinamento, descubriu a lectura e os libros como un agarradoiro, os libros como unha vacina antes da propia vacina. Gañamos lectores novos e consolidamos os xa coñecidos. Vivimos momentos que nunca viviramos, como estar nas casas e non poder saír, cunha saturación de pantallas onde a xente volveu tomar man dos libros. En conversas con varias librarías estanme a dicir que xa desde novembro a xente estaba mercando libros para o Nadal. A lectura como táboa de salvación, non? O noso quilómetro 0 son as librarías de preto, de proximidade; a nosa principal maneira de relacionarnos cos lectores. Conseguimos esa realidade de literatura como vacina e do comercio de proximidade como principal mercado de consumo… Non sabemos que vai pasar nos meses vindeiros, como será esta nova normalidade, ou como se queira chamar. Estamos sondeando como foi o resultado de vendas deste ciclo en comparación cos anos anteriores e anda sobre un 15% de descenso en vendas. Este descenso sería unha traxedia en situacións normais, mais tal e como se previa o panorama na primavera podemos dicir que salvamos os mobles. Mais segue a ser difícil. Continuamos adiante nesa situación precaria que é ser traballador cultural, somos editoras de cultura, somos tamén editoras de mercado, por suposto, pero principalmente somos editoras de cultura, cunha edición vencellada man a man coa nosa identidade, con contidos de calidade e presentados con calidade, non somos só unha maquinaria de historias. Hai moitas microempresas, con só dúas ou tres persoas na súa infraestrutura básica. Este ano, como editor, estiven con caseta nas feiras do libro de Compostela e da Coruña; gústame moito participar nelas, creo que como editores debemos estar en contacto cos lectores e amosarlles o noso catálogo. A de Santiago foi histórica, das primeiras en facer en Europa despois da primeira onda, e había xente facendo cola ás dez e media da mañá para mercar un libro. Houbo vontade militante de mercar un libro, fora narrativa ou poesía. No caso da Coruña tivemos un revés, ocasionado por un brote no Hotel Fisterra, o dos xogadores… [refírese ao caso dos xogadores do Fuenlabrada que viaxaron á Coruña malia dar positivo nas probas da Covid]. Si, aínda están con aquilo nos tribunais. Si, mimadriña! (ri). Descoñezo como quedou, só sei que o Dépor quedou atascado… O outro equipo. No Dépor, en moitas cousas… [Ri] Pero houbo un momento no que non sabiamos se pechabamos ou abriamos. Foi un intento de estar e nós estivemos. Non compensou este ano economicamente, pero polo menos intentouse facer. Como no caso das presentacións literarias: nós presentabamos todas as semanas; este ano tivemos cinco actos desde marzo. Son actos seguros pero moi limitados, con só dez persoas diante. Nós somos empresas tamén, precisamos vender libros e xustificar os gastos que implica unha xira de presentacións. Haberá feiras do libro este ano? Teno que decidir a Federación de Librarías de Galiza. De cada cen libros que vende unha libraría no noso país, dezasete son en galego, e entran aí os libros de lectura obrigatoria. Se falamos de lectura espontánea de libros falamos só dun 4%. Que precisa resolver o sector do libro na Galiza? Cales son os retos para 2021 e 2022? O mercado do libro en galego é, na Galiza, só o 17%. De cada cen libros que vende unha libraría no noso país, dezasete son en galego, e entran aí os libros de lectura obrigatoria. Se falamos de lectura espontánea de libros falamos só dun 4%. Estamos nuns niveis baixísimos. Temos que superar ese 17% e ese 4% irrisorios. Iso nos converte nunha industria economicamente débil. Fronte a iso temos unha fortaleza en calidade indubidable, con autoras recoñecidas a todos os niveis, que avalan que a calidade da escrita na Galiza é grande, e estase a recoñecer fóra. Temos un tecido de industrias editoriais equiparable a calquera outra cultura europea, con empresas que editan en varios idiomas e empresas históricas, ademais de pequenas e medianas empresas, xunto coa biodiversidade de pequenas empresas, entre as que me inclúo, que resistimos… Formamos no seu conxunto total corenta empresas na Asociación de Editoras. Que poden ofrecer as administracións públicas a este respecto? Para mudar esta situación de debilidade ten que haber un plan estratéxico para situar á lectura e o libro como núcleo á par dos servizos sociais, da educación e da sanidade. Toda sociedade adulta, madura e digna ten que asentarse neses piares. A cultura ten que ser recoñecida como ben esencial. A cultura é sa, a cultura educa e a cultura acompaña na soidade. A cultura debe ser impartida como pílulas nos servizos sociais. Na cultura, a lectura é un motor de coñecemento. Na Lei do Libro, aprobada por unanimidade no Parlamento de Galiza no ano 2006, hai un aspecto aínda sen desenvolver, que é a consideración do libro como sector estratéxico. Tamén está a internacionalización do libro en galego, a súa presenza no mundo e a súa exportación. Temos que dialogar con outras culturas e viceversa grazas á tradución. Este debate engarza, xustamente, coa protesta de varios sectores culturais para seren recoñecidos como actividade esencial. Hai unha visión cultural da vida. Calquera cousa pode coller un valor engadido se se toma desde o punto de vista cultural. Penso nun veciño que chega a un barrio novo e se pregunta que existía nesta rúa antes… Xa está facendo unha visión cultural da vida, afondando no relato dun lugar. A xente que nos adicamos á transmisión cultural difundimos e achegamos, facemos preguntas. Esa visión da vida, esencial e estratéxica, implementa a felicidade e explica o por que transmitimos historias. Unha das grandes críticas que se lles fai ás editoras galegas é a suposta edición ad hoc a plans de estudo ou intereses formativos co obxectivo de crear unha industria moi dependente do libro obrigatorio da aula, cunha presunta mingua da calidade e orixinalidade do produto cultural… Que opinión ten desta postura? O encargo como tal non existe. O que si que existen son xeiras nas que os propios docentes e a sociedade –estou pensando, por exemplo, na revolución das mulleres que ocupan un lugar na sociedade– pois xera un interese e a partir de alí, desa inquedanza social; dáse un traslado a historias polos propios autores e autoras. Ao ser un tema en voga abrímonos a publicalas e, incluso, xeramos novas coleccións. Isto xa pasou en décadas pasadas, houbo modas como, por exemplo, os libros de temática histórica. Logo, o profesorado é bo e moi capaz de saber que recomendarlles ou non aos rapaces. Outro exemplo: agora mesmo están aflorando novos títulos en relación ao confinamento da COVID-19. A nosa loita está e debe estar nos contidos de calidade, queremos publicar contidos de calidade cunha edición de calidade. O libro ten unha dimensión física de pracer a reivindicar. Non hai unha preocupación por que o libro electrónico poida restarlle cota de mercado ao papel. Xusto fala da dimensión física, onde quedarían os libros electrónicos? En principio a xente segue consumindo libros en papel, incluso, segundo os datos do Ministerio de Cultura, hai un público maiormente feminino e urbano, asentado economicamente, que tamén prefire o papel pero no que xa está a entrar desde hai moitos anos a tendencia da lectura en tablet, libro electrónico ou móbil. Non hai unha preocupación por que o libro electrónico poida restarlle cota de mercado ao papel. De momento a venda do libro electrónico e moi baixa; levamos unha década dando por morto ao papel e vemos que non. Hai xéneros que si pasaron completamente ao dixital, como poden ser os dicionarios ou enciclopedias. Existen eses espazos dixitais, pero non supoñen un peso importante nas contas anuais. Nós defendemos a lectura profunda, a que reivindica Maryanne Wolf en Reader Come Home: The Reading Brain in a Digital World. Nel fala de como a lectura transforma a mente das persoas e fala desa lectura profunda. Esa lectura dáse cando prestamos atención durante un tempo ao que estamos a ler. As pantallas e o dixital teñen un ritmo de atención e comunicación moito menos pousado. Nós, como asociación, defendemos esa lectura detida. É algo a reivindicar tamén, a lectura e o dereito á pausa como refuxio e alternativa á velocidade. Hai un filósofo, José Miguel Valle, que nos fala da lectura como aquilo que nos devolve a soberanía a cada un de nós. Fronte a escravitude da dependencia e dos impactos externos recuperamos a soberanía do eu grazas á lectura, neste mundo onde parece que nos levan nunha barca de papel de impactos e mensaxes. A lectura pausada dinos "quietos" e volvemos ser donos do noso tempo. No seu caso, da Editorial Alvarellos, é imprescindible falar do seu pai. Meu pai fundou unha academia e unha imprenta nos anos 1960 en Lugo. A academia abriuse no 1963. El era Enrique sen H, por certo, no meu caso galeguiceino… Non coñecía iso, como foi? Fun en terceiro de carreira ao rexistro civil, era o ano 1989. Quería pasar de Enrique a Henrique. O señor do rexistro, xa maior, argumentou que iso podía ser unha gralla ortográfica, que tiña que vir un filólogo a demostrarllo. Eu marchei sen nada. No 91 xa era licenciado en filoloxía hispánica e volvín [ri]. Pedinlle o mesmo e insistiu no tema do filólogo. Saqueille o título… Non dixo nin mú. Aos tres minutos estaba galeguizado. Volvendo ao seu pai… Enrique Alvarellos Iglesias. Fundou a editorial no 77. Desde o 70 tiña en mente publicar… Alvarellos érguese e ensíname o seu despacho. O lugar, impecable, con moreas de libros e papeis, nunha orde natural e amable, ten organizados os exemplares nunha estrita secuencia cronolóxica, case obsesiva, comezando a man esquerda cos orixinais editados polo seu pai, aínda baixo o nome de Imprenta Alvarellos. Isto… [Suxeito un libro fino e moi, moi fráxil]. Isto é unha partitura, é artesanal, ten anotacións do meu pai, de finais dos anos 60. Ves que temos o mesmo logotipo que na primeira etapa, lémbrame aos anos 70. Antes de ter licencia como editor era impresor, polo que puña "Reprografía" e editaban os propios autores. Ten a Manuel María! Si, Cataventos de neutros domesticados, é chulísimo. Foi un poemario moi surrealista, unha oda á beleza que, coa retranca súa, foi oda á fealdade. Ambos, meu pai e Manuel María, morreron con idade parecida e no mesmo ano, no 2004. Reeditamos libros seus cando lle deron as Letras Galegas. Mira, a primeira novela de Xavier Alcalá, A Ínsua. Despois desta publicou A nosa cinza. Logo meu pai, nos 70 e 80, especializouse en libros de colección moi ben editados. Nun dos estantes hai un arado romano en pequeno, feito a man en madeira polo seu avó materno, segundo me di Henrique. Na punta do pequeno arado hai unha ave con pico metálico. Nun dos tomos do seguinte estante vexo o nome de Manuel Fraga Iribarne. Fraga? Si [ri]. Editámoslle un libro de memorias. Cando perdeu as eleccións á Xunta dixo que tiña o impulso de escribilas. Foi un libro que non funcionou, en lugar de falar do seu pensamento, de Cuíña, de Fidel Castro… Preferiu falar de obras e proxectos, é un xeito de "Estado de Autonomía". Eu quería que falara da súa experiencia con Castro, cando Fidel marchou do Hotel Aragüaney, en Santiago, moi enfadado despois de que Fraga lle dixera que tiña que convocar eleccións en Cuba, que tiña que facer transformacións. Este sería o terceiro volume das súas memorias, os dous primeiros publicounos en Planeta. Está tamén aquí Luz Pozo Garza. Si. Puidemos acompañala no último acto público ao que asistiu, cando a nomearon filla predilecta de Ribadeo. Unha muller de familia moi lonxeva e vital, unha muller extraordinaria que viviu a vida en chave poética. Xunto coa poesía tamén editamos libros de rutas e natureza… Este de Conxo é sobre o lugar do famoso banquete de autores no XIX. Os últimos carballos do banquete de Conxo. Conseguimos, en parte grazas a este libro, que ese bosque se abrira ao público; antes era un bosque privado do sanatorio mental de Conxo O de Pondal e Rosalía? Iso ten moito de aventura decimonónica. Si, descubrímolo nunha ruta. Fixemos o libro Os últimos carballos do banquete de Conxo. Conseguimos, en parte grazas a este libro, que ese bosque se abrira ao público; antes era un bosque privado do sanatorio mental de Conxo. Foi unha das miñas maiores ledicias como editor. Unha das figuras que rescatou na colección máis novidosa foi a Lorca. Si, o noso Lorca galego, tamén o Lorca en Santiago. Conseguimos que lle fixeran a estatua en Compostela e o día de Lorca na Galiza. Un Día das Letras Galegas para Lorca? Por suposto. Para o final desta conversa, o xornalista que escribe anima á lectora ou lector voltar ao comezo da mesma, que, ao mesmo tempo, é o seu final, atopándose vostede nunha entrevista sen fin. |
NOS_13953 | Nun comunicado feito público coincidindo co remate de 2012, o subcomandante Marcos avanzou que nos vindeiros días o EZLN dará a coñecer unha serie de iniciativas "civís e pacíficas" que a organización porá a andar de maneira conxunta con outros pobos orixinarios de México e con aquel@s, din, que "resisten e loitan abaixo e á esquerda". | Após a mobilización que tivo lugar o pasado 21 de decempbro en Chiapas e que congregou a máis de 50.000 persoas, o EZLN asegura nun comunicado feito público a pasada segunda feira que ao longo dos vindeiros días darán a coñecer novas actividades e iniciativas que impulsarán de maneira conxunta con "outros pobos orixinarios do mundo". Coa sinatura do subcomandante Marcos, o documento analiza a realidade política mexicana após os resultados dos comicios presidenciais decorridos en xullo de 2012. Segundo o líder do EZLN a vitoria de Peña Nieto constitúe "un golpe de Estado mediático que encumbrou no poder executivo federal a ignorancia mal disimulada e peor maquillada" polo que quixeron facerse ver de novo "para facerlles saber", di o comunicado, "que se eles nunca se foron, nós tampouco". Subcomandante Marcos: "A nosa mensaxe non é de resignación, non é de guerra. A nosa mensaxe é de loita e resistencia" Na misiva, o EZLN asegura que a súa mensaxe "é de loita e resistencia" e non "de guerra, de morte e destrución" como reflectiu a marcha pacífica e silenciosa desenvolvida o pasado mes de decembro; e empraza ao novo goberno mexicano e ao seu presidente a cumpriren os Acordos de San Andrés (1996) sobre os dereitos e cultura indíxena até elevalos ao rango constitucional. Neste senso, anuncian que durante os vindeiros días farán públicas novas accións cívicas de carácter pacífico "para seguir camiñando xunto aos outros pobos orixinarios de México e de todo o continente", asevera o texto asinado polo subcomandante. No documento, o EZLN critica con dureza a "clase política mexicana", incluída a formación liderada por López Obrador, aos que acusa de "medrar a expensas das necesidades e as esperanzas da xente humilde e sinxela". |
NOS_48674 | BBVA, Santander, Bankinter, Sabadell e CaixaBank aumentan en 4% os créditos en vixilancia especial en 2021. | Os cinco principais bancos do Estado español por volume de negocio —Santander, BBVA, CaixaBank, Bankinter e Sabadell— aumentaron 4% a súa carteira de créditos problemáticos o pasado ano, incluíndo aqueles en vixilancia especial, mais sen incorrer en falta de pagamentos, e os dubidosos, tamén clasificados como 'stage 2' e 'stage 3'. Segundo cadanseus informes financeiros, o incremento débese sobre todo á repunta rexistrada nos créditos en vixilancia especial, arredor de 5,5% en 2021, até os 156.890 millóns de euros. Porén, os créditos clasificados como dubidosos —ou 'stage 3'— aumentaron 0,6%, até os 69.319 millóns de euros. En total, os préstamos problemáticos alcanzaron un volume de 226.200 millóns de euros, 4% máis que en 2020, cando estes créditos sumaban 217.613 millóns de euros. Provisións para insolvencias No seu informe, Santander sinala que ao remate do exercicio de 2021 tiña un fondo para insolvencias de 23.698 millóns de euros, 4% menos en euros constantes que en 2020, que representa unha cobertura total de activos deteriorados de 71,3%, cinco puntos básicos menos que en 2020. En BBVA tiñan fondos de cobertura por valor de 11.536 millóns de euros, 8,4% menos que á fin de 2020. A entidade explica que este descenso de debe "á xestión realizada do saldo dubidoso durante o ano unido a un incremento dos falidos". A taxa de cobertura da entidade fechou en 75%. Os fondos para insolvencias de CaixaBank situábanse ao 31 de decembro de 2021 en 8.625 millóns de euros, incluíndo os saldos integrados de Bankia. Se se exclúen estes saldos, os fondos situaríanse en 5.006 millóns de euros, fronte aos 5.755 millóns que a entidade de orixe catalá rexistrou a feche de 2020. Desta forma, a taxa de cobertura era de 63% en 2021, fronte ao 67% de 2020. Sabadell, pola súa parte, tiña un fondo para insolvencias e risco país de 2.816 millóns de euros, 9,3% menos que ao remate de 2020, e unha taxa de cobertura de activos problemáticos de 53,1%. Con todo, este banco considera como "problemáticos" un volume de 6.203 millóns de euros de créditos 'stage 3', ou dubidosos, e 1.362 millóns de euros de activos adxudicados. Por último, Bankinter sumaba unhas provisións de 872,6 millóns de euros para cubrir os riscos dos seus créditos problemáticos, 8% máis que en 2020. Fechou o ano cunha ratio de cobertura de 63,56%. |
NOS_22874 | Denuncian que as medidas só se aplican á hostalaría e esixen que "se deixe de criminalizar ao sector". | Hostaleiros de Ferrol, agrupados na plataforma Hostaleiros e Autónomos de Ferrolterra -HAF-, expresaron esta mañá as súas "dúbidas" sobre a "legalidade" dalgúns dos requisitos que estableceu a Xunta de Galiza para o sector na cidade, após entrar no nivel alto de restricións xunto aos concellos das Pontes, Ortigueira e Cariño na comarca de Ferrolterra. "A intromisión en información de carácter tan persoal como os datos sanitarios dunha persona ou a potestade dun hostaleiro para verificalos e comprobar a identidade ou veracidade dos mesmos", advertiron, "non pode nin debería ser unha obriga da hostalaría e a restauración nocturnas" "Dubidamos se somos nós quen os podemos aplicar", engadiron, en referencia sobre todo á obrigatoriedade de pedir un certificado de vacinación ou equivalente aos clientes que queiran acceder ao interior dos establecementos. "A intromisión en información de carácter tan persoal como os datos sanitarios dunha persona ou a potestade dun hostaleiro para verificalos e comprobar a identidade ou veracidade dos mesmos", advertiron, "non pode nin debería ser unha obriga da hostalaría e a restauración nocturnas". O colectivo Hostaleiros e Autónomos de Ferrolterra denuncia que as medidas que entraron este sábado en vigor supoñen "un novo prexuízo para o sector" e cre que mesmo "poden ter un efecto contrario ao esperado, provocando que o lecer leve a espazos non seguros e aumentando a interacción social en ámbitos onde non se contempla ningún tipo de medidas hixiénico-sanitarias". Ademais, HAF considera que as restricións volven pór no foco e a criminalizar "ao mesmo sector, cousa que non se fai noutras actividades con igual ou maior exposición" e lembra que a acumulación de normas que afectan só á hostalaría "fai practicamente inviábelo correcto funcionamento dos establecementos". Os hostaleiros agrupados ao redor de HAF apuntaron que no momento actual, con máis do 70% da poboación galega vacinada e cunha presión hospitalaria "que se mantén estábel", "non ten sentido restrinxir aínda máis os espazos onde si se cumpren as pautas hixiénico-sanitarias" e, por iso, apostan por "todo o contrario, é dicir, "ir levantando as restricións que permitan unha volta paulatina á normalidade". |
NOS_29753 | Wilco, Beach House, Flaming Lips, Saint Etienne, Yann Tiersen, Suede…Todos xuntos ben preto. Do 7 ao 10 de xuño contaranse por centos os carros galegos na A3 portuguesa con destino Parque da Cidade do Porto. | Cando en outubro de 2011 os organizadores do festival Primavera Sound de Barcelona anunciaron na casa do concello do Porto a posta en marcha dun xemelgo na cidade portuguesa, foron moitos os afeizoad@s á música na Galiza que bateron palmas ante a perspectiva de gozar dos grandes nomes da música independente. Wilco, Beach House, Flaming Lips, Saint Etienne, Yann Tiersen, Suede…farán que do 7 ao 10 de xuño a centos serán os carros galegos con destino Porto. Ben é certo que este xemelgo naceu despois e ten un tamaño máis reducido pero tamén é verdade que a entrada custa a metade que a de Barcelona: 99 euros máis gastos o abono do Porto fronte a 195. Tamén é máis accesible en canto que a oferta non é tan desacougante como a de Barcelona xa que é imposible atracarse co menú do Parc del Forum composto por máis de 250 shows. A celebración do Optimus Primavera Sound supón unha oportunidade de expansión para a organización do festival catalán, un dos máis importantes de Europa na actualidade cun orzamento de máis de sete millóns de euros e máis de cen mil asistentes na pasada edición. En Portugal, onde as previsións achéganse ás vinte e cinco mil persoas, contan co apoio do concello e Cámara de Comercio do Porto e o patrocinio fundamental da compañía de telefonía Optimus, asi como o traballo in situ da produtora Ritmos, a mesma que xestiona outro clásico do verán portugués, o festival de Paredes de Coura. O artista João Paulo Feliciano encargouse da ambientación do Parque da Cidade. Se a entente funciona, os organizadores do Primavera contan con que a sucursal do Porto mantéñase tres anos nunha primera fase. Non se precisan directrices para gozar dos setenta concertos e da cidade durante esa longa fin de semana, mais en Sermos temos ousadía e non podemos resistirnos ás suxestións: Clásicos festivaleiros. Sempre é unha experiencia asistir ás tolerías de Wayne Coyne, de Flaming Lips, en directo. A volta de Suede aos festivais e o pop electrónico de Saint Etienne sube ao palco a dous clásicos británicos. Que dicir de Wilco? Fagan o que fagan, os de Chicago xa teñen a audiencia gañada. Tamén dos Estados Unidos chegan Yo la tengo e os seus vinte e cinco anos de andaina musica. Os figuras. O francés Yann Tiersen, un dos grandes europeos, imprevisible e experimental, estará na xornada inaugural. Rufus Wainwright (con banda), que nesa altura xa fixo triplete en Galiza (Santiago 2008, Vigo 2010 e A Coruña 2012) tamén se sube ao Palco; o ex Sonic Youth Lee Ranaldo, que cancelou o pasado decembro o seu show na Cidade da Cultura, estará coa súa poesía ruidista no Porto e Jeff Mangum, da desaparecida banda Neutral Milk Hotel, ofrece dous shows na Casa da Música o domingo 10. Malia ser día de despedida, non será doado conseguir entrada. A maior banda de rock do mundo. Cen músicos do Porto enriba dun escenario? Si, a StopEstra. Mágoa que estea programada para as cinco da tarde do xoves 7 de xuño; boa parte da audiencia aínda non chegou ao festival. Todo un espectáculo, se non ollade esta actuación na Casa da Música: http://www.youtube.com/watch?v=hZ8t9NeW82M A praia do Porto. Si, a cidade portuguesa ten areais preto da Parque da Cidade, recinto do festival no que con seguridade unha das bandas triunfadoras será Beach House (precisamente, a casa da praia). Só queda cruzar os dedos e que o tempo acompañe a estadía nunha cidade na que, malia que non haberá horas no día, paga a pena mergullarse. Todo o programa do Optimus Primavera Sound: http://www.optimusprimaverasound.com/ |
NOS_20006 | O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez cre que se está "mellor preparado" que hai un ano e rexeita realizar as medidas de control que fan outros países da Unión Europea. | Confianza na vacina mais sen exixir outros controis ao turismo. É a proposta do presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, que insistiu esta sexta feira en que a mellor maneira de facer fronte á pandemia é coordinando medidas entre estados membro á vez que descartou pedir unha PCR negativa para viaxeiros da UE que xa están vacinados, como fan outros socios. Sánchez foi máis alá e, desde Bruxelas ao termo do Consello Europeo, pediu que "todas as decisións sexan o máis coordinadas posíbeis" posto que "o maior risco podería ser fraccionar o mercado común" descartando con iso impoñer a obrigación dunha PCR negativa para os europeos que queiran entrar no Estado español, como si fixeron outros países como Portugal ou Italia. O presidente do Goberno español insistiu que seguirá traballando "por que as decisións se tomen en común co resto de estados membro" e sempre en base a criterios científicos, aínda que evitou criticar abertamente aos estados membro que actuaron de forma unilateral nesta materia. Confianza na terceira dose Porén, incidiu en que agora os científicos o que recomendan é unha terceira dose para facer fronte á variante ómicron, aproveitando para animar á cidadanía maior de 40 anos a poñerse esta nova dose igual que xa o están facendo outros grupos de idade, cunha taxa de vacinación moi elevada. Daquela, tamén animou ás familias con fillas e fillos entre os 5 e os 11 anos a que os vacinen, incidindo en que precisamente era neste grupo no que se estaba constatando unha maior incidencia nas últimas semanas por non estar vacinados. Mellor que hai un ano Alén diso, Sánchez defendeu que "estamos mellor preparados que hai un ano para poder afrontar o Nadal", lembrando que a primeira persoa vacinada foi o 27 de decembro de 2020 e agora case o 90 % da poboación en idade de vacinación xa se inmunizou. Iso non quere dicir, engadiu, que "teñamos que baixar a garda ou cruzarnos de brazos", insistindo en que o que vale é a ciencia, a vacinación e a máscara, así como a "máxima coordinación tanto a nivel estatal como autonómico". "É algo obxectivo", dixo, que hai agora "mellores instrumentos e máis eficaces" e sobre esa base "temos máis garantías para poder superar a pandemia". |
NOS_52821 | O 4 de febreiro Sermos Galiza volve aos quiosques do país con novo deseño, obra de Pepe Barro, un dos nomes máis prestixiosos do grafismo da Galiza. | No cuarto ano da súa existencia, Sermos muda de pel para exhibir unha imaxe máis innovadora, cuxa característica principal é a cor, pois todas as páxinas do semanario se apresentarán con todos os seus matices de colorido. A mudanza de pel do periódico vai alén da cuestión gráfica, xa que se implementarán quer melloras na calidade do papel, dunha gramaxe superior á actual, quer na impresión. Ademais, a nivel xornalístico, ofreceremos contidos de máis profundidade, análise e investigación e contaremos con novas sinaturas que alargan o abano de colaboradores e colaboradoras habituais. Unha das principais características do novo deseño, amais do uso da cor, cuxas formas principais son o negro, seguido do vermello e do azul, é a tipografía Unha das principais características do novo deseño, amais do uso da cor, cuxas formas principais son o negro, seguido do vermello e do azul, é a tipografía. A iniciativa de Pepe Barro, Sermos Galiza empregará un tipo deseñado por Marcos Dopico, doutor en Tipografía e profesor da Universidade de Vigo, quen na súa tese estudou a evolución dos tipos de letra chamados de pau, sen remates, que son os tipos da contemporaneidade, como o MáisGrotesk cos que se escribirá o meirande número de páxinas do novo semanario. Este tipo conta con cinco pesos con cadansúa cursiva e a súa atención aos detalles máis minúsculos fornece a letra dunha calidez que non se atopa noutros paus secos, tal e como advirte o deseñador do novo Sermos. O tipo Georgia de Matthew Carter achégalle variedade ao papel e desenvolve todo o segundo corpo da publicación. O novo Sermos contará con dous corpos diferenciados. No primeiro deles, incorporarase a información xeral -tema de primeira, opinión, sociedade, política, internacional e economía- amais do A Fondo, o caderno monográfico que recollemos en cada número. O segundo corpo é o dedicado á sección que estreamos, denominada Fóra de Serie. Dedicarémoslles as oito páxinas desta nova sección, cuxo deseño é máis efervescente, a unha variedade de temáticas que abranguen desde a literatura, á música, pasando polo teatro, o cinema, a pintura, o patrimonio, a historia, a banda deseñada, a moda, o deseño, fotografía, gastronomía, lecer ou innovación, entre outras. Para estas páxinas, contaremos con novas sinaturas, como a de Xurxo Souto; que escribirá sobre música, Felipe Senén, sobre patrimonio; de Olaia Ledo, sobre cinema; Manuel Xestoso, sobre teatro; Uxío Breogán Diéguez, sobre historia, ou Mónica Pazos, sobre literatura infantil e xuvenil. Guillerme Vázquez e Antón Losada son algunha das novas sinaturas da sección de Opinión A respecto da sección de Opinión, ás columnas dos colaboradores e colaboradoras habituais –Pilar García Negro, Xavier Queipo e Luz Darriba- incorporaremos sinaturas como a de Guillerme Vázquez, ex portavoz nacional do BNG, ou a de Antón Losada, profesor de Ciencias Políticas na USC. Na sección de Política, contaremos con colaboracións do analista Manuel Monge e do politólogo Manuel Anxo Fernández Baz. Consolidación do medio Xoán Costa, presidente do Consello de Administración, afirma que a mudanza gráfica en Sermos Galiza dá resposta "ao mandato da Xunta Xeral de accionistas que nos encarregou buscar, a través dun novo deseño, e tamén dunha nova estrutura, a consolidación do medio, ao tempo que chegamos a novas leitoras e leitores". Engade que as modificacións "veñen dadas para marcar claramente camiños separados entre o dixital e o papel, procurando que este aborde o tratamento da información de maneira mais pausada, o que non significa fóra da actualidade". Pon de manifesto que "queremos demostrar que é posíbel facer un medio en que teñan cabida todos os intereses galegos". O presidente do Consello de Administración considera que "o feito de sermos o único exemplo de semanario en galego xa é un valor engadido para nós. Daí o mandato da Xunta de Accionistas: consolidar o medio e dalo a coñecer entre toda a sociedade". Engade que "cando consigamos isto, ese será o verdadeiro valor de Sermos Galiza". O galego, nos quiosques Mexuto: "Imos aprofundar liñas, a análise, a reflexión, e en todo caso ensancharmos algúns regos, nomeadamente o do xornalismo de investigación" "Este novo Sermos é en realidade un impulso nunha dirección xa explorada no proxecto desde o seu inicio", explica Xosé Mexuto, director do semanario, que salienta que "o que imos facer é aprofundar liñas, a análise, a reflexión, e en todo caso ensancharmos algúns regos, nomeadamente o do xornalismo de investigación". "Falarmos de xornalismo de investigación é quizá un tanto pomposo e non sempre está ao alcance dos recursos propios. Mais a nosa vocación está aí, a de revelar as verdades incómodas para os poderes. Nunha palabra, facer xornalismo. Iso vaise ver moi claramente na orientación da reportaxe que abra cada número", expón. E é que cada semana dedicaremos as primeiras páxinas do Sermos a debullar con profundidade asuntos de interese xeral na sección Tema de Primeira. Xosé Mexuto subliña que Sermos é necesario porque "é ante todo un proxecto social, xurdido da base da nosa nación. É necesario porque o que producimos, un semanario en lingua galega, é un produto único, o que garante a presenza do noso idioma nos quiosques". "Esa condición -infeliz, xa nos gostaría estarmos acompañados!- supón unha enorme responsabilidade para a Redacción de Sermos, mais tamén en certo xeito, e dígoo con humildade, un orgullo", sinala. "Sermos é necesario porque na Galiza é necesario, é indispensábel, o xornalismo galego, o xornalismo comprometido co país. O que conta o que sucede con óculos propios, non cos ollos de Madrid", resume o director do semanario. |
PRAZA_9868 | Trátase da fragmentos da obra haxiográfica de Bernardo de Brihuega, Vidas y pasiones de los Apóstoles, do que ata agora só se conservaban copias moi posteriores. Un deles fora reutilizado como capa dun libro do convento feminino de Santa Clara de Allariz | Vén de de ser identificado no Arquivo Histórico Provincial de Ourense un valioso manuscrito do século XII da obra haxiográfica de Bernardo de Brihuega, estreito colaborador do rei Afonso X (1252-84). Trátase de dous fragmentos –un bifolio e unha folla solta– en castelán das Vidas y pasiones de los Apóstoles, datables a finais do século XIII ou comezos do XIV, que constitúen o testemuño máis antigo conservado desta obra, da que até agora só se coñecían algunhas copias tardías (desde segunda metade do XIV até comezos do XVI) en latín, castelán e portugués.O bifolio fora reutilizado como capa dun libro de apeo dos bens do convento feminino de Santa Clara de AllarizO bifolio fora reutilizado como capa dun libro de apeo dos bens do convento feminino de Santa Clara de Allariz, único mosteiro galego de fundación real. Isto permite, segundo os expertos que o están a analizar, reconstruír o itinerario cultural do códice desde a corte castelá até o territorio galego e a súa eventual difusión ao reino portugués nas primeiras décadas do século XIV.Os fragmentos en cuestión teñen o valor engadido de pertenceren a un códice haxiográfico moi coidado, seguramente de procedencia rexia, en que se copiaría a tradución castelá íntegra do libro II de Bernardo de Brihuega sobre a vida e as paixóns dos apóstolos. A colección haxiográfica de Bernardo de Brihuega, compilada baixo o mecenado do rei Sabio, estaba composta por cinco libros.Son o testemuño máis antigo conservado desta obra, da que ata agora só se coñecían copias tardíasA tradución desta obra ao castelán, realizada polo propio de Brihuega, ademais de circular como unha obra independente, tería sido empregada como fonte principal para a composición dalgunhas seccións da compilación universal de Afonso X, a General estoria. |
PRAZA_7062 | Gciencia, o xornal especializado en información científica, celebra o seu primeiro aniversario, consolidado como un referente en Galicia, tanto para a comunidade investigadora coma para o público xeral. Falamos con Pablo López, un dos seus responsables | Hai un ano nacía GCiencia, o primeiro xornal dixital galego especializado en información científica, unha aposta de nicho para tempos difíciles, tanto para o xornalismo coma para a ciencia e a investigación. Despois de doce meses de andaina, a aposta semella consolidada, e Gciencia é xa unha das webs de referencia da ciencia en Galicia, tanto para a comunidade investigadora coma para o público xeral. Máis de 60 mil usuarios únicos mensuais, case mil pezas publicadas, unha interesante rede de colaboradores e o recente aval da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) para formar parte do seu programa de cultura científica, tecnolóxica e da innovación. Nun editorial destácase que "tan interesante foi constatar a sede de noticias sobre ciencia como o grao de desenvolvemento da investigación galega" En novembro do ano pasado, días antes do lanzamento do medio, falamos cun dos seus impulsores, Eduardo Rolland, que nos comentaba que se decidiran a poñer en marcha o medio porque detectaran que había "un oco, un baleiro", que facía falla en Gaicia un medio que se dedicase "exclusivamente á información e á divulgación científica". Pablo López, outro dos responsables de GCiencia xunto con Rolland e Alberto Quián, destaca que un ano despois as expectativas foron "superadas amplamente", cunha notable masa de lectores habituais, sendo conscientes de que "isto non é unha carreira a curto prazo". "Nunca pensamos que no noso primeiro ano puidésemos vivir disto. Pero esperamos que no 2015 poidamos facer de Gciencia un proxecto consolidado a medio e longo prazo, incorporando novas seccións, máis xornalistas, colaboradores... e profesionalizar o medio por completo, converténdoo na nosa ocupación principal", destaca. "A tarefa agora é seguir crecendo pouco a pouco, sen dar pasos en falso", engade. No editorial que encabeza esta edición de aniversario, A causa da ciencia, destácase que "tan interesante foi constatar a sede de noticias sobre ciencia como o grao de desenvolvemento da investigación galega". Ángel Carracedo, pola súa banda, sinala a importancia da divulgación para o desenvolvemento da ciencia, destacando que cómpre mudar a actual situación de estancamento da investigación, pois "a investigación é o motor do desenvolvemento e da riqueza dos pobos, e temos que procurar reter o noso talento e mesmo captar novo talento do exterior". Carracedo engade que neste proceso "tamén debemos os propios científicos "integrarnos máis na sociedade, na nosa cultura, no noso sistema produtivo, e sobre todo contar o que estamos facendo". "É necesario tratar os temas on rigor. Non podemos xogar coa pseudociencia. Hai moitas cousas que poden dar moitas visitas, pero non podemos caer niso" Algunhas das reportaxes publicadas por GCiencia acadaron unha importante notoriedade, por exemplo a do estudo que atopou hórreos galegos en Australia e Nova Zelandia, ou a que analizou a importancia do caruncho, un alucinóxeno, na creación da primeira industria farmacéutica galega. Tamén algunha información sobre os transxénicos ou a cobertura dunha acción contra a homeopatía en Compostela. Pablo López destaca a vontade permanente de GCiencia de satisfacer e interesar dous tipos de público. Por unha banda, a comunidade científica: "queremos que se sinta identificada e para iso é necesario tratar os temas on rigor. Non podemos xogar coa pseudociencia. Hai moitas cousas que poden dar moitas visitas, pero non podemos caer niso", di. E pola outra banda o público xeral, para o que "temos que conseguir contar cousas moi complicadas dunha forma en que o entenda todo o público", explica. "A ciencia, se está ben contada, interesa", conclúe. Pablo López destaca a vontade permanente de GCiencia de satisfacer e interesar dous tipos de público: A comunidade científica e o público xeral Foi ese esforzo por chegar a públicos que non están nos círculos científicos un dos aspectos máis valorados pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) para formar parte xunto con El País, EFE e a TVG do seu programa de cultura científica, tecnolóxica e da innovación, o máis importante que se desenvolve en España. Pablo López destaca este recoñecemento como un dos piares da consolidación do medio, ao igual que Contar a Ciencia, o certame de comunicación científica que GCiencia organizou hai meses en colaboración con La Caixa e as tres universidades galegas. López subliña igualmente a colaboración que se estableceu con USC, UDC e Uvigo noutros ámbitos, do que é uha mostra o conxunto de artigos de opinión que acompañan a edición de aniversario do xornal. Este martes podemos ler en Gciencia textos dos tres reitores das tres universidades galegas, Juan Viaño, Salustiano Mato e Xosé Luís Armesto, así coma do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, ou de importantes investigadores, como Antonio Figueras, Ángel Carracedo, David Posada ou Alicia Estévez Toranzo. Juan Viaño (USC) destaca que "os que nos dedicamos ao mundo da ciencia e da docencia debemos asumir a importancia da democratización do coñecemento, xa que resulta imprescindible que a sociedade entenda os avances científicos" Xosé Luís Armesto (UDC) recoñece que "ata non hai moitos anos, universitarios e científicos consideraban a divulgación como un tema menor. Mesmo con certa displicencia. En boa medida ese distanciamento procedía do medo á espectacularización das informacións, ás imprecisións e ás simplificacións". Neste senso, Juan Viaño (USC) destaca que "os que nos dedicamos ao mundo da ciencia e da docencia debemos asumir a importancia da democratización do coñecemento, xa que resulta imprescindible que a sociedade entenda os avances científicos. Este é o principal xeito de crear a complicidade necesaria entre todos os estamentos da sociedade para lograr avanzar día a día e mellorar a calidade de vida de todos nós". Pola súa banda, Salustiano Mato (Uvigo) salienta que "contamos con aliados especializados en trasladar á opinión pública o noso traballo e as nosas reivindicacións: os medios de comunicación". Lectores e lectoras en todo o mundo Ao redor do 16% das visitas que recibe GCiencia proceden do estranxeiro Na conversa que tiveramos o pasado ano Rolland salientaba que un dos obxectivos do medio era "estar en permanente contacto coa comunidade investigadora galega", tanto a que traballaba en Galicia, no resto do Estado ou en calquera lugar do mundo, un número cada vez máis grande de investigadores e investigadoras galegas que traballaba fóra. "Os científicos son a Galicia espallada do século XXI", sinalaba. Outro dos grandes obxectivos, como destaca Pablo López, é que a investigación que se fai en Galicia se coñeza no resto do Estado e en todo o planeta. Semella que tamén aquí GCiencia avanzou no camiño: ao redor do 16% das visitas que recibe GCiencia proceden do estranxeiro, unha audiencia encabezada polos Estados Unidos, Reino Unido e Alemaña. |
NOS_21117 | Son a cara e a cruz da personaxe á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Un procede do ámbito da oficialidade no que tan ben se moveu o autor e busca avalar a súa condición de erudito e piadoso personaxe da ditadura. O outro provén do reintegracionismo, a quen o "Decreto Filgueira" botou fóra do ámbito oficial. Dous documentarios con distinto prisma para este 17 de maio. | Malia a participación de historiadores, algúns deles implicados na investigación da represión, o documental elude a implicación orgánica de Filgueira Valverde no franquismo e mesmo xustifica a súa posición no réxime da ditadura, afondando na imaxe de figura piadosa que facía o mesmo servía ás persoas perseguidas desde os seus cargos oficiais. A aparición de Amalia Bóveda, a filla nacida despois do asasinato de Alexandre Bóveda, e o seu fillo en conversa para exculpar a Filgueira da acusación histórica de ter abandonado o nacionalista é un exemplo da liña argumental do documentario da Xunta. Dirixido por Gonzalo E. Veloso, o filme documental disponibilízase de maneira gratuíta na rede e recolle, en conversas de a dous, opinións de historiadores, investigadores, familiares e amigos de Filgueira Valverde.Carlos Reigosa, Xesús Alonso Montero, Francisco Fernández Rei, Xusto Beramendi, Daniel Lanero, Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Míguez, Andrés Rodríguez Almansa, Víctor Freixanes, Ramón Villares, Inma López Silva, Henrique Monteagudo, Pegerto Saavedra, Carlos Valle, Francisco Díaz-Fierros, Xosé R. Fandiño, Anton Lopo, Luis Cochón, Amalia Bóveda, Valentín G. Bóveda, Xavier Fortes, Xosé Fortes ademais dos fillos e fillas de Filgueira son os participantes nas conversas arredor do homenaxeado neste 17 de maio. Desde o reintegracionismo A AGAL aproveita tamén o desempoeiramento da figura de Filgueira Valverde pola Academia para ir ás orixes da normativa actual do galego e achegar a opinión daquelas persoas que tiveron parte ou coñecen o intenso debate que derivou nas normas ortográficas de 1982 nas que o reintegracionismo ficaría excluído da oficialidade. Dirixido por Ozo Perozo, o documentario "Decreto Filgueira" pon a luz sobre as distintas posicións mantidas e mesmo sobre os mecanismos que conduciron a, finalmente aprobárense as normas actuais, un proceso no que o homenaxeado este ano pola Academia foi protagonista principal. "Nem foram as primeiras normas oficiais, nem contárom com o apoio de importantes setores da cultura galega, que debatia intensamente sobre qual havia de ser a orientaçom ortográfica do galego desde o início dos anos 70", sinalan desde a AGAL na presentación do documentario que ten como obxectivo fundamental explicar no ensino secundario o nacemento da normativa, deixando á vista a exclusión do reintegracionismo, capitaneado por Ricardo Carvalho Calero, a figura que, por outra banda, continúa sen ser homenaxeada no Día das Letras Galegas. Xosé Luís Barreiro Rivas, Elvira Souto, Isaac Alonso Estraviz, Francisco Fernández Rei, José Luís Rodríguez, Maria Xosé Queizán, José Luís do Pico Orjais, Francisco Rodríguez, Tiago Peres Gonçalves, Uxío-Breogán Diéguez e Carlos Velasco son as voces que se escoitan no documentario no que, entre outros episodios relátase como se optou polo nome oficial "Galicia" para o país a man alzada, cun grupo de persoas non numeroso que opinaron sen maior criterio filolóxico nin histórico. Decreto Filgueira from Agal Audiovisual on Vimeo. |
PRAZA_7240 | Un militar en activo e un garda civil, tamén arrestados pola liorta que acabou coa morte de Jimmy. Son unhas 40 persoas xa as detidas nunha operación que se ampliará nos vindeiros días, entre eles tamén afeccionados violentos de Xixón. | Dúas semanas despois do asasinato, máis de trinta persoas foron detidas o pasado martes como presuntas participantes na brutal liorta ou responsables da morte a paus do afeccionado ultra do Deportivo, Francisco Javier Romero Taboada, Jimmy, o pasado 30 de novembro. Entre as persoas arrestadas hai dúas que serían algunhas das supostas autoras materiais da agresión que matou o seareiro galego. Os 36 detidos son membros do Frente Atlético e non se descartan máis detencións nos vindeiros días Practicamente todos os detidos nesta operación Neptuno -que chegan xa a 40 e desenvolvida en Madrid e noutras localidades- pertencen ao Frente Atlético. Ademais, un deles é militar en activo da Unidade de Emerxencias e outro axente da Garda Civil en Rivas. Un dos presuntos asasinos do afeccionados branquiazul é un taxista da localidade de Parla, casado e con dous fillos que tamén tivo pasado na carreira militar, concretamente na Brigada de Paracaidistas (Bripac), e que fora multado por agredir dous xornalistas hai xa uns anos. Na mañá deste mércores tamén foron detidos catro persoas máis en Xixón, membros dos Ultra Boys, peña do equipo asturiano, e arrestados pola súa suposta participación na liorta. Entre eles, outro ex militar de Langreo que tamen tería participado na malleira que causou a morte de Jimmy, segundo adianta a televisión pública asturiana. É un home de 27 anos con vículos con grupos da extrema dereita, tanto no Principado coma no Estado. Segundo El Confidencial, outro dos arrestados en Madrid tería participado tamén nos actos que provocaron o falecemento do seareiro galego. Segundo fontes ás que tivo acceso Praza, hai sospeitas de que máis membros ou ex membros de forzas de seguridade participasen na liorta. Tamén hai menores de idade, unha muller e persoas de todo tipo de clase e condición, desde parados ata profesionais, e desde homes de 47 anos a rapaces de menos de 18. A todos eles impútansenlles delitos de tenza ilícita de armas ou obxectos perigosos e rifa tumultuaria, mentres que os dous presuntos asasinos serían acusados de homicidio. Entre os detidos hai un militar e un garda civil en activo; dous dos presuntos asasinos formaron tamén parte do Exército hai tempo As investigacións policiais comezaron a dar os seus froitos máis de quince días máis tarde dunha pelexa que acabou con 21 detidos -16 dos Riazor Blues, 4 do Frente Atlético, ademais doutra persoa-, case un cento de retidos e tamén varios feridos. Aínda que hai versións contraditorias, ningún dato demostrou aínda que a liorta fose pactada -tal e como se dixo nun principio- nin que houbese unha quedada previa a través de mensaxes ou redes sociais. Os Riazor Blues seguen a defender que foi unha "emboscada neonazi" por medio dun grupo que ía armado con paus e barras metálicas. A investigación parece insistir agora nesa teoría de que os ultras atléticos agardaban os afeccionados galegos para atacalos con elevada violencia. Todos os feridos por arma branca pertencían á peña deportivista. A operación Neptuno -desenvolvida pola Brigada de Información de Madrid coa axuda dunha unidade de antidisturbios- seguiu a pista dos supostos agresores grazas ás gravacións das cámaras da zona onde se produciu a liorta e tamén a través dos teléfonos móbiles. Inténtase aclarar quen foron os autores materiais do violento asasinato sufrido polo seareiro deportivista, golpeado para logo ser lanzado ao río Manzanares, onde agonizou durante uns vinte minutos para morrer tan só poucas horas despois. Esta tan só será a primeira fase da operación, que se ampliará nos vindeiros días a unha segunda na que podería producirse detencións de cidadáns estranxeiros, segundo adiantou a Cadena Ser, que tamén asegura que un dos presuntos responsables da morte do seareiro galego é un taxista de Parla, casado e con dous fillos. A operación terá unha segunda fase onde poderían deterse cidadáns estranxeiros O asasinato do afeccionado galego causou tamén unha importante polémica, ao culpar Interior o Deportivo de erros de seguridade, malia que recoñeceu -e logo tamén se demostrou- que o club e a policía da Coruña avisaran a Madrid da presenza dos Riazor Blues esa mañá en Madrid. Nunha comparecencia no Congreso, o Goberno acusaou a entidade de non dar información "precisa" sobre o desprazamento dos ultras e destituíu os coordinadores de seguridade da entidade galega e do Atlético. A oposición recriminara a actuación do Executivo e lembráralle que tiña suficientes datos como para actuar antes, ao igual que sindicatos policiais en Galicia, que defenderon a actuación dos axentes e criticaron a da capital do Estado. De feito, o partido non foi declarado de alto risco, o que tería multiplicado por dez a presenza policial, nin as forzas de seguridade estaban presente nas inmediacións da pelexa, a pesar de que recoñecen que sabían que varios membros do Frente Atlético quedaran para almorzar ás sete da mañá. Ademais, as medidas levadas a cabo polo Deportivo -presionado tamén pola Liga de Fútbol Profesional e o propio Executivo central- provocaron tamén unha importante polémica en Riazor, así como a fractura social do deportivismo. Unha parte da bancada criticou con dureza o peche da bancada onde adoitan situarse os Riazor Blues xunto a outros varios milleiros de persoas, así como que a entidade asuma as intencións das altas instancias gobernamentais e deportivas, que lle reclaman que o grupo ultra do Deportivo non volva ter presenza no estadio. |
NOS_1918 | A Xustiza da Unión Europea terá a última palabra no caso Altsasu, despois de aceptar dous dos recursos presentados pola falta dun proceso xudicial xusto. As familias dos condenados defenden que "isto quizais sirva para evitar que outras persoas sufran procesos xudiciais desta natureza". | O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) confirmou esta terza feira a admisión de cando menos dous dos recursos presentados pola falta dun xuízo xusto contra as oito persoas de Altasua (Nafarroa) que foron condenadas con sentenzas de até 13 anos de prisión por unha lea nun bar con dous gardas civís sen uniforme, confirmou a plataforma Altsasu Gurasoak, formada polas nais e país dos condenados. Esta asociación indica que "é previsíbel que o resto de recursos siga o mesmo camiño, pero por agora non temos a confirmación", dado que foron presentados por diferentes avogadas e avogados. En outubro de 2016, un barullo sen feridos nun bar do concello acabou con acusacións de terrorismo nos medios estatais, ás que logo se sumou a Fiscalía. Durante un mes, a investigación foise filtrando, coas fotos e datos persoais dos acusados. O fiscal do caso presentou o acontecido no local como un ataque terrorista, baseado na ideoloxía abertzale dos imputados e na súa animadversión cara a Garda Civil, e solicitou de 12 a 62 anos de prisión para eles. Isto motivou que o caso non fora xulgado en Nafarroa, senón na Audiencia Nacional de Madrid. A presidenta do tribunal que os condenou, Concepción Espejel, ademais de estar casada cun garda civil foi premiada anteriormente polo corpo militar. Cando a presidenta foi recusada ela mesma se encargou de desestimar a solicitude por "extemporánea". Así como o abuso da figura de prisión preventiva, tres dos acusados chegaron a pasar máis de 1.000 días na gaiola antes de que houbera sentenza, a Audiencia Nacional negou durante o xuízo á defensa a presentación de diversas probas que exculpaban os acusados, apuntan no recurso. A sentenza por delitos de atentado aos axentes, lesións, desordes públicos e ameazas, foi posteriormente rebaixada polo Tribunal Supremo despois dun recurso da defensa, mais mantivo penas máximas de 9 anos e 6 de meses de prisión. En novembro de 2020, o Constitucional negouse a admitir o recurso. Altsasu Gurasoak defende que se trata dunha "montaxe xudicial" "Non reparará a inxustiza, pero quizais sirva para evitar que outras persoas sufran procesos xudiciais desta natureza", sinala Altsasu Gurasoak, plataforma das nais e pais dos condenados, que cualifica o xuízo como unha "montaxe xudicial". Na presentación do recurso, agradeceron o apoio recibido neste "esgotador, tortuoso e case imposíbel percurso" para denunciar unha "inxustiza brutal e un abuso de poder total e absoluto", caracterizado pola falta de "independencia xudicial". Ben que a resolución da Xustiza da Unión Europea se retrasará varios anos, segundo predín, é o intre de que as institucións actúen e frear a dinámica de mobilización que permitiu dar visibilidade a este caso, indican, antes de incidir no "noso agradecemento máis sincero e infinito". |
NOS_8349 | A Plataforma A Auga é Vida critica os actos de inauguración dun "despropósito ambiental". | A Plataforma A Auga é Vida critica os actos de inauguración da nova cidade deportiva do Real Clube Celta en Mos. Deixan claro que a única razón pola que non estiveron "para defender o monte coa veciñanza comuneira de Tameiga" foi polas "restricións a causa da Covid-19", como fixeron o ano pasado cando fixeron acto de presenza no instalación da primeira pedra da instalación. "O noso rexeitamento ao macro proxecto de Mouriño é Arévalo. Este acto dos promotores do pelotazo urbanístico nos montes comunais non inaugura nada, pois as obras están sen rematar e terán que enfrontarse ás múltiples denuncias que poñen en tela de xuízo a súa legalidade", afirman. Ademais, cualifican o evento inaugural de "escena para presentar o seu delirio como un feito consumado e que a veciñanza se dea por vencida e renuncie a defender o ben común". Porén, queren deixar claro que "Tameiga non ten nada en contra de dous campos de fútbol, sempre que cumplan a legalidade". "O problema é que isto é un cabalo de Troia para logo expropiar e levar o resto do monte", din. "Non esquezamos que o seu despropósito ambiental é urbanístico abrangue un millón de m2 de solo rústico de especial protección", conclúen. |
NOS_28553 | O xurado do XIII Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, convocado pola Asociación de Antigos Alumnos do IES Monelos da Coruña, otorgou o primeiro premio a Alicia Castro, alumna do IES de Foz, pola serie titulada Camelias en el agua. Nesta edición participaban 320 fotografías de alumnos de secundaria e FP galegos. | Alicia Castro, alumna do IES de Foz, foi a gañadora da XIII edición do concurso de fotografía Xurxo Lobato coa serie titulada Camelias en el agua. O segundo e o terceiro premio deste concurso foron outorgados a Zeltia Iglesias pola serie (De)pressom e a Óscar Suárez pola foto Construímos contaminación respectivamente. O xurado tamén concedeu unha beca a Alexia García pola serie Reflexo dunha instantánea. Neste edición outorgáronse ademais varios accésits. O acto de entrega dos premios tivo lugar esta quinta feira 20 de abril nun acto presidido por José Manuel Sande, concelleiro de Cultura do concello da Coruña. No encontro presentouse tamén o traballo de Raque Gallardo, gañadora da bolsa do ano pasado, que leva por nome Contratastes. Como invitada especial asistiu a actriz Isabel Risco. O Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, promovido pola Asociación de Antigos Alumnos do IES Monelos, busca fomentar a fotografía como linguaxe de expresión na mocidade galega. Este certame está aberto a todos os estudantes de ESO, bacharelato e formación profesional da Galiza. O xurado destaca unha progresiva mellora da calidade dos traballos presentados así como a alta participación. |
NOS_34697 | Hai dez anos comezaban as escavacións da Cibdá de Armea, en Allariz, e o concello celebrouno esta sexta feira cunha visita institucional que se suma ás actividades programadas con motivo da efeméride. | Representantes municipais, encabezados pola alcaldesa de Allariz, Cristina, Cid, visitaron na mañá da sexta feira as escavacións da Cibdá de Armea cando se fan 10 anos do seu inicio. Fíxoo acompañada dos protagonistas que, nesta década, participaron das intervencións, entre eles o equipo da Universidade de Vigo, encabezado polo seu reitor Manuel Joaquín Reigosa Roger. "O proxecto da Cibdá de Armea é un bo exemplo do que significa recuperar o pasado para proxectar o futuro, recuperar un legado que herdamos dos nosos antepasados para asentar sobre el un proxecto integral de desenvolvemento patrimonial e turístico tan importante para Allariz", sinala o concello nun comunicado de prensa. Cristina Cid avanza que o Concello está a traballar para "adquirir novos terreos que permitan seguir escavando e sacar a superficie máis segredos deste xacemento arqueolóxico tan importante". O xacemento data do s.IV a.C. ao II d.C. A maioría das pezas atopadas son fragmentos de cerámica cos que posteriormente se tenta reconstruír o obxecto orixinal. Nós Diario entrevistou o equipo formado por Alba Antía Rodríguez e Patricia Valle -que dirixiron as sucesivas intervencións arqueolóxicas na Cibdá de Armea- e Adolfo Fernández -director científico do proxecto-. Os tres, investigadores do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo, asinaron o fascículo sobre "A cibdá galaico-romana de Armea, no marco do coleccionábel 'Confín dos verdes castros e valeroso clan!. Tal e como expoñen na entrega estes tres especialistas, no xacemento identifícanse as murallas, os foxos e os parapetos, así como o monumento con forno ou sauna castrexa nas inmediacións. Entre a "plástica castrexa" atopada, destacan dous torsos de guerreiro, que levaron a considerar o Armea como un poboado da idade do Ferro. Rodríguez, Valle e Fernández debullan na citada publicación a riqueza dos elementos arquitectónicos de Armea, que "poderían estar indicando unha sociedade podente cuxa riqueza podería deberse á explotación dos recursos mineiros do Monte Medo, unha das minas de ouro-estaño máis importantes do Noroeste". "Isto tamén podería explicar o seu desenvolvemento a inicios do séc. I d.C., xa como un núcleo romano impulsado polo interese de Roma na adquisición de metais, especialmente o ouro", defenden. As vaixelas e outros elementos (como os vidros) que aparecen en Armea, a pesares de provir efectivamente de zonas afastadas como Italia ou o sur da Galia, non deixan de ser pezas habituais en calquera xacemento con cronoloxías entre o cambio de Era e finais do séc. I d.C. "Existe certo tópico de considerar a estas vaixelas como obxectos de luxo que non se corresponde coa realidade. Son pezas importadas pero chegan en cantidades importantes xa que son producidas de xeito industrial", informan. |
NOS_13457 | Audrey Horne é unha desas bandas que descobres de casualidade, xa que esperas algo totalmente distinto do que realmente é. O motivo no foi outro que -sendo unha banda norueguesa formada ente outros por membros de Gorgoroth e Enslaved- non podería tratarse máis que dunha superbanda de black metal. Non teño que dicir que os primeiros compases de escoita do seu primeiro EP, "No hay banda",Audre sacoume precipitadamente do meu erro. | Os máis cinéfilos xa descubrirían que tanto o nome da banda como o do seu primeiro EP son unha homenaxe a David Lynch. Máis a banda non fai nin bandas sonoras nin moito menos black metal, senón que nos agasallan os oídos con temas do hard rock máis clásico. Abandonadas totalmente as referencias sonoras ao grunge dende os dous traballos anteriores, con Blackout os noruegueses non se apartan un milímetro dese estilo que máis éxito lles trouxo. A esencia de Rainbow e mesmo de Thin Lizzy están presentes durante todo álbum, xunto con eses riffs contundentes, marca inequívoca da casa. Os 10 temas que conforman Blackout é un novo intento da banda de crear un álbum cheo de himnos de hard rock de fácil escoita. As propias composicións foxen de todo tipo de complicacións, centrándose máis no terreo melódico que no técnico. A execución dos temas é correcta, e a produción limpa e consegue un son moi propio do hard rock americano. Toschie, pola súa banda, fai un extraordinario traballo vocal, do que non se lle pode sacar fallo. A súa execución é equiparable á dos clásicos do xénero e está claro que se en vez de ser noruegués fose estadounidense sería mundialmente recoñecido. Aínda así Blackout deixa unha certa sensación agridoce após a súa escoita. Un álbum que ten todos os ingredientes para ser un grande éxito, tería que ser resolutivo e non deixar dúbidas sobre a súa calidade dende a primeira escoita, máis este si que o fai. Cal é o problema entón? Pois o problema, mellor dito, os problemas son Youngblood (2013) e Pure Heavy (2014). O alto nivel destes dous traballos anteriores sitúa este Blackout por debaixo das expectativas que se depositaran nestes tres anos sen traballo de estudo de Audrey Horne. Probablemente se exceptuamos This is War e Audrevolution, o resto de temas non chegan ao nivel esixido para unha banda que demostrou o que é capaz de facer. Un álbum que ten todos os ingredientes para ser un grande éxito, tería que ser resolutivo e non deixar dúbidas sobre a súa calidade dende a primeira escoita, máis este si que o fai Malia que non seu conxunto o disco deíxase escoitar sen moitas complicacións, ben é certo que os temas non se quedan na cabeza, como unha música de fondo dun garito que fai compañía, pero non chega a ser actor principal da noite. Para quen descubra Audrey Horne, con este traballo, seguramente encontrarán un disco agradable que os leve a afondar na súa discografía. Para os que coñecemos a banda, sabemos que poden facer moito máis e este disco podería ser un gran disco para outra banda, pero non para Audrey Horne. Máis vale que se poñan as pilas para o próximo traballo para ser esa gran banda que están chamados a ser. Audrey Horne nas redes Web: http://www.audreyhornemusic.com/ Facebook: http://www.facebook.com/AudreyHorneOfficial Twitter: @audreyhorneNO Listaxe de temas 1.- This Is War 2.- Audrevolution 3.- Blackout 4.- This One 5.- Midnight Man 6.- Light Your Way 7.- California 8.- Satellite 9.- Naysayer 10.- Rose Alley |
NOS_26280 | Os pobos do norte intervirán de xeito activo na política interna dos reinos europeos. Tamén no de Galiza. | No século X, daneses e noruegueses, acudiron a apoiar o duque Ricardo I de Normandía nas súa loita contra o emperador e os magnates dos francos. Outro tanto acontecería no século XI, cos noruegueses encabezados por Olaf Haraldsson, o famoso Olaf o Santo, loitando a carón do rei Ethelred de Inglaterra, fronte aos viquingos daneses que tentaban conquistar as Illas Británicas. A presenza destas pobos na península itálica responde a mesma lóxica, sinalándose en Apulla ou Calabria, no combate contra gregos e árabes en defensa dos intereses da oligarquía autóctona. Uns casos semellantes atopámolos aínda na Galiza do século XII, sexa cos contactos entre o rei de Noruega Sigurdr, instalado ao longo do inverno de 1112 en Compostela, co conde de Traba e Diego Xelmirez, ou coa presenza dun grupo numeroso de xentes do norte, apoiando a causa do rei de Aragón Afonso O Batallador e da raíña Urraca contra Afonso VII. Na mesma liña, un documento galego de 1032, recollido por Florez na España Sagrada, sinala o asalto, por parte dun exército galego e viquingo mandado polo conde Rodrigo Romariz, do Castro Labio, unha fortificación situada perto da igrexa lucense de Santa Mariña, onde se refuxiaban tropas vascas enviadas polo rei navarro, enfrontado na altura aos galegos. A acción de guerra debe situarse no marco da loita entre Sancho III de Navarra e o seu fillo Fernando e o rei Bermudo III, imposto no trono que ambicionaban os seus contendentes polo partido galego. Son diversas as investigacións que documentan a presenza de Jarl Galizu-Úlfr, Ulv Galiciefarer ou Galicieulf, "O galego" ou "O lobo galego", ao fronte do continxente nórdico nesta importante batalla, estando certificada a súa presenza no noso país en 1028. Segundo anota para ese ano a famosa Knytlinga Saga, "…marchou nunha expedición viquinga a Occidente e conquistou Galiza, que arrasou e saqueou conseguindo un gran botín; e por iso era chamado Ulf o Galego." O rei de Noruega Sigurdr, instalado ao longo do inverno de 1112 en Compostela, mantivo contactos co conde de Traba e Diego Xelmirez A marcha de Ulf do Reino de Galiza asóciase maioritariamente á súa derrota a finais da década do 1040 polos exércitos do bispo compostelán Cresconio, nun contexto que lle sería desfavorábel polo aceso ao trono galego do seu antigo inimigo Fernando I. A esta opinión, téñense sumado autores como Benito Vicetto ou González López, pero tamén en épocas recentes Vicente Almazán, Fernández Romero, Morales Romero ou Sánchez Pardo, manifestándose máis escéptico Helio Pires, ao negar a existencia de ningún documento que confirme a data ou a propia batalla. Sexa como for, a súa presenza entre nos alongaríase arredor de vinte anos, dado suficientemente significativo para buscar novas focaxes e liñas de interpretación das relacións entre os galegos e os nórdicos. Até agora a maior parte das investigacións e publicacións teñen posto o acento nas expedicións de saqueo levadas adiante polas xentes do norte, esquecendo o marco de relacións establecido como confirman as fontes galegas e viquingas contemporáneas así como a propia cartografía. A marcha de Ulf do Reino de Galiza asóciase maioritariamente á súa derrota a finais da década do 1040 polos exércitos do bispo compostelán Cresconio A redescuberta da tumba de Ulf en Dinamarca a finais de 2016, fora atopada inicialmente á volta de 1951 con motivo das obras dunha estrada, espertou de novo a atención sobre o personaxe. Estariamos diante dun dinamarqués de orixe nobre, probabelmente fillo de Ulf Torgilsson, un caudillo viquingo de orixe sueca que chegaría a contraer matrimonio con Astrid, filla do rei Svend I de Dinamarca, facendo parte dunha xinea ligada a familia real danesa. Unha neta de Ulf, Bothild Thorgunnsdatter, casaría co rei danés, Eurico I, morrendo nunha viaxe a Xerusalén, de cuxa relación nacería Canuto Lavard, santo da igrexa católica, cuxo fillo Valdemar, tataraneto de Ulf, reinaría co sobrenome do "Grande", vinculando a súa estirpe, a medio dunha activa política matrimonial, coas familias reais suecas, francesa ou saxona. |
NOS_47284 | Xosé Touriñán será o pregoeiro dunha festividade concienciada contra as agresións sexistas. A vila porá un autobús gratuíto para que as usuarias poidan chegar ás súas casas. | Padrón posúe 8.643 habitantes, porén a poboación adoita triplicarse durante a Semana Santa cada ano. Por esas datas, as súas rúas énchense de visitantes que buscan celebrar a Pascoa, un dos festexos máis grandes da comarca. A poucos días do seu comezo, a vila comeza a prepararse. Desde o pasado domingo, o Paseo do Espolón é lugar de peregrinaxe coas tómbolas e as atraccións. O sábado 20, o ronsel das primeiras bombas do día avisará do comezo dunha festividade que se prolongará até o domingo 28 de abril. Este ano o humorista Xosé Touriñán relevará a Cristina Castaño como pregoeiro. A proclama farase ás 21 horas na praza de Macías, horario e emprazamento habitual. A verbena será a tónica habitual durante toda a semana. As festeiras e festeiros verán amenizadas as súas veladas coas actuacións das orquestras París de Noia, Olympus, D'Moda e Passarela, entre outras. Porén, tamén haberá espazo para outras actividades culturais. O sábado 13 terá lugar o Campionato Galego de Xadrez; o día 20 comezará a XLIX Feira de Maquinaria Agrícola e Industrial, e o día 24 o VII Campionato de Chave. Teñamos a festa en paz O auxe das iniciativas feministas tamén se fai presente en Padrón. O concello súmase ás iniciativas doutros municipios como o de Vilagarcía de Arousa, durante a Festa da Auga, ou o de Cambados no Albariño. Así pois, nesta edición instalarase un punto lila de información. Tamén se implementará o denominado "Bus Lila" en resposta ante a masiva afluencia á que se ve sometida a vila cada ano. O autocar será de uso gratuito e realizará as paradas a petición das persoas usuarias. Nas madrugadas dos días 20 e 21 o autocar sairá desde a biblioteca municipal para transcorrer o propio municipio, Rois e Dodro. O sábado 26 este servizo estenderase até os concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira. Baixo o lema "teñamos a festa en paz", a iniciativa xorde co obxectivo de combater as agresións machistas que se poidan chegar a producir. |
NOS_4779 | O exército disparou contra Mohammad al-Kosba, de 17 anos, após lanzar pedras contra un vehículo militar. | O asasinato produciuse nos arredores da localidade cisxordana de Al-Ramm, ao norleste de Xerusalén, segundo informou o diario israelita Haaretz. Os acontecementos decorreron no marco do terceiro venres de Ramadán cando un milleiro de persoas palestinianas tentaban acceder á cidade . De acordo cos dados difundidos polas Forzas Armadas israelidas (IDF) un grupo comezou a tirar pedras contra un vehículo militar, prexudicando o parabrisas. O comandante ordenou responder con disparos ferindo a Mohammad al-Kosba, de 17 anos que faleceu horas máis tardes pola gravidade das feridas. Así mesmo, a última hora de onte por volta de 11 persoas foron feridas logo dunha outra agresión do exército israelita contra unha mobilización que rendía homenaxe a Mohammed Abu Khdeir, secuestrado e queimado vivo por tres colonos. |
NOS_38436 | Os EUA realizaron unha nova investigación sobre o acontecido nun ataque estadounidense sobre siria que resultou coas mortes de decenas de civís. As consecuencias do ataque foran encubertas polas propias autoridades militares dos EUA. | Os Estados Unidos de América (EUA) veñen de publicar a revisión da investigación ordenada por un ataque aéreo estadounidense efectuado en Siria durante unha misión secreta en marzo de 2019, cuxas consecuencias foron encubertas polas propias autoridades militares dos EUA. Waleed Saleh, profesor experto en mundo árabe: "Até os inimigos de Sadam estrañan o tempo do Baaz" A investigación do ataque de Baghuz, no que morreron decenas de civís, foi levada a cabo polo xeneral Michael Garrett, e concluíu que a revisión inicial estivo infestada de erros en múltiples niveis de mando, así como de falta de información. O ataque ocorreu durante os últimos días da campaña contra Estado Islámico na localidade de Baghuz, no leste de Siria. Un avión de combate estadounidense F-15E lanzou dúas bombas -unha, de 220 quilos e a outra, de 900- sobre unha multitude de persoas, principalmente crianzas acompañadas das súas nais. Siria reclama aos EUA que "lle poña fin aos ataques" Segundo unha investigación de The New York Times, durante as semanas posteriores ao bombardeo, lanzado por unha unidade de operacións especiais denominada Forza de Tarefa 9 (Task Force 9), "o número de falecementos foi minimizado e os informes, clasificados". Despois desa información, os EUA anunciaron unha investigación para determinar as responsabilidades. "Matamos mulleres e crianzas inocentes" "Estamos a admitir que si, matamos a algúns civís, mulleres e crianzas inocentes en 2019, en Baghuz, Siria. Todo está aí fóra para que o vexan. Estamos a admitir que cometemos eses erros. Que matamos. Que as nosas operacións terminaron no asasinato de persoas inocentes", admitiu o portavoz do Pentágono dos EUA, John Kirby. Ao día seguinte do ataque, testemuñas presenciais afirmaron ver pilas enteiras de cadáveres de mulleres e crianzas, mais as forzas da coalición liderada polos EUA despexaron o lugar da explosión con buldóceres e ningún máximo responsábel da cadea de mando militar dos EUA foi informado correctamente do que tiña acontecido no ataque. Os EUA descartan medidas polas 10 mortes de civís nun ataque estadounidense con drons en Cabul Pouco despois do ataque, o avogado da Forza Aérea, o tenente coronel Dean W. Korsak, tentou iniciar unha investigación independente para dilucidar o sucedido ao entender que podería ocorrer un crime de guerra neste ataque sobre Baguz, considerado o último gran bastión de Estado Islámico no país. Con todo, as súas peticións caeron en saco roto. "Altos responsábeis militares dos EUA eludiron intencionada e sistematicamente o procedemento", denunciou o avogado nun correo electrónico ao Comité de Servizos Armados do Senado. "Estou a exporme a represalias por enviar este correo", engadiu. |
PRAZA_2895 | Este panorama obríganos a seguir traballando xuntos: profesorado, familias, asociacións... co obxectivo de lograr que a mediocridade e a deixadez dos que nos gobernan afecte o menos posible ás novas xeracións. O esforzo paga a pena, acaso hai algo máis fermoso ca un bosque? | Nalgunha ocasión se pararon a pensar no fermosos que son os bosques? Estes espazos naturais son toda unha homenaxe á diversidade, agochando no seu interior árbores moi variadas, de diferentes portes, ritmos de crecemento... que serven de hábitat a numerosas especies animais. Cando un se achega a unha destas árbores parece escoitar a súa historia, un relato escrito ó longo dos anos do que temos moito que aprender. Así, unha especie tan común coma o arce garda tras de si unha interesante biografía que comeza cunha curiosa semente voadora que evoluciona ata dar lugar a unha fermosa árbore que, coa chegada do outono, debuxa no chan alfombras de mil cores. Outra especie curiosa son os amieiros, coma os que acompañan ó río Pontiñas ó longo do paseo que leva o seu nome. Estas árbores poden falarnos de amizade, de convivencia, especialmente cos ríos e regatos. Sempre medran preto deles porque as súas raíces precisan estar constantemente embebidas en auga. Cada unha destas especies, as súas particularidades e a convivencia que manteñen unhas coas outras dotan ó bosque dun ambiente especial, case máxico. Quizais por ese motivo os celtas consideraban algúns bosques, os Nemeton, como lugares sagrados onde os druídas realizaban todo tipo de rituais. Por fortuna esta relación harmónica non é exclusiva dos bosques. Con frecuencia penso que algo moi similar se produce nun aula de Educación Primaria cando esta funciona ben. Nos primeiros cursos desta etapa o "bosque" está aínda por formar, aínda traballamos con sementes que precisan dun coidado especial, esmerado. Mais pouco a pouco un vaise dando conta de que, tal e como afirmaba a teoría aristotélica do ser en acto e o ser en potencia, o neno que temos ante nós (a semente, o acto) garda dentro de si todo o que precisa para chegar a ser a "persoa" que está destinado a ser, esa árbore única e irrepetible. Para alcanzar ese estado precisa que lle axudemos a cultivar unha habilidade esencial: a intelixencia social, que entre outras cousas leva consigo a práctica da empatía e a cooperación. Cando isto se traballa ben, cando o rapaz entende que niguén está por encima dos demais no bosque, que compartir é máis produtivo que competir e que axudando a outros estase axudando a si mesmo, entón o grupo-clase funciona coma un verdadeiro ecosistema que transmite unha enerxía excepcional. Nese momento xorde a sinerxia na que o todo é superior á suma das súas partes. Pero, ó igual que os bosques naturais sofren as consecuencias da especulación e a falta de sensibilidade (o acontecido na Fraga de Catasós é un claro exemplo desta circunstancia), os bosques que cada día atopamos nas nosas aulas vense a miúdo ameazados pola "sequía" de ideas, a desconfianza e a ignorancia. O primeiro deses males, a desconfianza, é manexado con mestría pola Consellería de Educación, como queda de manifesto en medidas tan antipedagóxicas como a reválida que desprezan a labor do profesorado. A ignorancia, o segundo dos males que ameazan os nosos bosques, ten como consecuencia o fomento da competitividade entre rapaces, a obsesión polos resultados e o absoluto desprezo da compeñente emocional e social do neno, que como sabemos son elementos imprescindibles para lograr que as sementes de hoxe cheguen a converterse en árbores o día de mañá. Este panorama obríganos a seguir traballando xuntos: profesorado, familias, asociacións... co obxectivo de lograr que a mediocridade e a deixadez dos que nos gobernan afecte o menos posible ás novas xeracións. O esforzo paga a pena, acaso hai algo máis fermoso ca un bosque? |
NOS_25280 | O rei de España foi constantemente increpado durante a toma de posesión de Petro, onde asistiu como invitado. | A visita de Felipe VI en Colombia, onde asistiu á toma de posesión de Gustavo Petro, saldouse cun novo episodio de rexeitamento á monarquía española na América Latina. A valoración de Felipe VI, ao bordo do suspenso Os problemas para o rei español chegaron despois de ter empezado a cerimonia. O nome de Felipe VI –que por protocolo foi o primeiro a ser chamado– foi un dos poucos que recibiu un asubío sonoro dos asistentes durante a rolda de presentacións. Á vez, o público non dubidou a aplaudir o nome do mandatario que sentaba o seu lado: o presidente de Chile, Gabriel Boric, aliado político de Petro e un dos referentes progresistas da rexión. En marzo, o monarca español chegou con quince minutos de atraso á toma de posesión de Boric, cousa que obrigou as autoridades chilenas a atrasar a cerimonia. O presidente chileno –que hoxe practicamente non intercambiou palabras con Felipe VI– cualificou a tardanza de Felipe VI de inaceptábel. Así será a viaxe 'exprés' do rei emérito, que se reunirá con Felipe VI A crispación non acabou aquí. Minutos despois, o monarca español respondeu ao rexeitamento do público negándose a levantarse –como mostra de respecto institucional– durante a exhibición da espada de Bolívar, talismán da liberación nacional de Colombia do imperio español. Felipe VI foi o único mandatario que permaneceu sentado durante a mostra da arma con que o líder revolucionario expulsou as autoridades coloniais españolas fai máis de douscentos anos. A espada de Bolívar xa fora protagonista da xornada de investidura mesmo antes da intervención do monarca español. O instrumento foi furtado o 1974 pola guerrilla M-19, que dixo que non a entregaría até que non se devolvese a liberdade no pobo de Colombia. Juan Carlos I regresa á Galiza: visitará Sanxenxo o 21 e 22 de maio Despois de roldar por varios puntos do país, nos oitenta a arma foi enviada en Cuba, país simpatizante cos obxectivos do grupo. Finalmente, a espada foi devolta ao Goberno colombiano nos noventa, no marco do acordo de paz entre a M-19 e o Goberno do presidente naquel momento, Virgilio Barco. Precisamente, o predecesor de Petro, Iván Duque, negouse a exhibila alegando motivos de seguridade. Despois de ser investido o novo presidente de Colombia, Petro –que de mozo formou parte da guerrilla M-19– ordenou que a espada saíse do palacio presidencial e se exhibise durante a toma de posesión. Borbóns, perseguidos polo seu propio pasado Non é, nin moito menos, o primeiro incidente relacionado coa memoria histórica que protagoniza un monarca español. Unha das polémicas máis soadas chegou en 1997, co casamento de Cristina de Borbón e Iñaki Urdangarin en Barcelona. O consistorio propuxo que a parella fose recibida pola aguia de Barcelona, máxima representante protocolaria da cidade, mais Juan Carlos I, entón rei, rexeitou o ofrecemento aténdose á orixe austriacista (dinastía previa á dos Borbóns na coroa española) da besta. |
PRAZA_14778 | Mexade enriba desta infamia financeira permanente. Mexade enriba dos votantes que votan aos partidos que a consenten. Mexade enriba dos representantes da gaivota azul e da podre rosa do socialismo hispánico. Mexádelle ás súas horteras bandas sonoras e aos seus mediocres votantes. Exercede o voso dereito a demostrar a vosa aristocracia estética : mexádelles enriba! | Mexádelles enriba! A os ecoloxistas que falan da nai natureza coma se nunca manchase as bragas de sangue. Ou, si, mexádelles enriba. A os pacifistas que aparecen nos vosos aparellos de TV con sorriso amable mentres fan unha chiscadela aos seus exércitos, mexádelles enriba! Ás feministas que falan de liberación nacional mentres fan chiscadelas ao poder, ou, si, mexádelles enriba! Mexádelle, mexádelle, humanidade, a toda enerxía que paraliza este movemento telúrico que nos leva á catarse cívica. Mexádelle, ou, si, aos funcionarios que cadran as contas observando corpos famentos polos seus aparellos de TV! Mexádelles enriba! Tedes a obriga moral de mexarlles enriba! Mexade enriba desta infamia financeira permanente. Mexade enriba dos votantes que votan aos partidos que a consenten Mexade enriba desta infamia financeira permanente. Mexade enriba dos votantes que votan aos partidos que a consenten. Mexade enriba dos representantes da gaivota azul e da podre rosa do socialismo hispánico. Mexádelle ás súas horteras bandas sonoras e aos seus mediocres votantes. Exercede o voso dereito a demostrar a vosa aristocracia estética : mexádelles enriba! Mexade enriba dos que ondean bandeiras republicanas en público e apertan o nudo da garavata até afogar en privado. Mexade enriba dos canapés nos cocktails da gauche divine pangalaica, panhispana, pancatalana ou pan-calqueira-cousa menos panteísta. Mexade enriba dos canapés nos cocktails da gauche divine pangalaica, panhispana, pancatalana ou pan-calqueira-cousa menos panteísta Mexade enriba do dereito de propiedade que trata de apropiarse dos vosos corpos e da vosa pequena propiedade. Mexade, ou, si, mexade, enriba do reiki, da homeopatía, do zen urbanita de hipermercado, dos opios infames e o podre marketing da serenidade perpetua. Sí, tiredes que mexar enriba de todo isto se queredes paz de espírito. Mexade contra a importancia que vos concededes a vós mesmos. Mexade contra a falsa humildade impostada. Mexade, humanidade!: a vosa humildade ten que facervos tremer por dentro, ten que facervos sentir radicalmente vulnerables; mexade contra o imbécil que levades dentro, porque nunca seredes o suficientemente bos nin xenerosos. Mexade, ou, si, mexade contra o narcisismo, autohumilládevos perante o desexo de querer ser o centro de atención! Mexade!: mexade contra a envexa da ignorancia. Mexade enriba dos manuais de autoaxuda. Mexade enriba dos manuais de contabilidade empresarial e os libros de Dereito Romano. Mexade enriba dos tertulianos da opiácea evidencia. Mexade enriba de Fernando Savater. Mexade enriba de Roberto Blanco Valdés. Mexade enriba do grupo Voz. Mexade enriba da voz de Galicia. Mexade enriba do clube financiero de Vigo. Mexade enriba da Conferencia Episcopal Española. Mexade enriba, ou si, humanidade!, mexade enriba da Audiencia Nacional. Mexade, humanidade!, ou, moitas gracias, enriba de Carlos Caneiro. Mexade enriba da maquillaxe verbal. Mexade enriba da FAES. Mexade enriba do val dos caidos. Mexade enriba de Galicia bilingüe. Mexade enriba dos manuais de economía asocial de mercado. Mexade enriba dos comunicadores da neutralidade que maquilla o seu odio. Mexade, ou, si, mexade, humanidade!: mexade enriba da fin das ideoloxías, mexade enriba de Madrid e Roma como camiño único no universal. Mexade, mexade alegres, humanidade!, mexade mentres bebedes, bailades, comedes e fornicades; o crepúsculo das súas mentiras está a punto de chegar! Mexade enriba do deber de emigrar e o dereito de calar. Mexade enriba dos dereitos constitucionais redactados fora do voso corpo Tedes que mexarlles enriba!, non o esquezades, pois volveremos do exilio, e seremos moitos! Mexade enriba do deber de emigrar e o dereito de calar. Mexade enriba dos dereitos constitucionais redactados fora do voso corpo. Mexade enriba da regra que oculta a excepción e a norma que procura o control. Mexade enriba da filoloxía do resignado, mexade enriba dos anti-sistema sistematicamente sistemáticos, humanidade!, mexade tamén enriba dos antropólogos que observan o voso comportamento con ollos de megamáquina. Mexade, ou, sí, mexade enriba de quen falan de vangardismo nos cocktails públicos e devecen pola contabilidade bursátil en privado. Mexade enriba dos mercaderes da beleza. Mexade enriba das forzas vivas que fan apoloxía da morte. Mexade enriba dos que falan de tradición sen limparlle o po e o lixo que carrexa co tempo. Mexade aos canonizadores de canons que canonizan a quenes quixeron canonizalos. Mexade enriba de Harold Bloom. Mexade enriba do occidentalismo. Mexade enriba do anti-occidentalismo. Mexade enriba, ou, si, humanidade, mexade enriba do orientalismo, e o mesmo debedes facer contra o anti-orientalismo! Mexade enriba do europeísmo das marionetas financeiras. Mexade enriba dos monarcas que piden perdón por ir de caza. Mexade enriba das monarquías coma herdanza de consentimento transmitido por filoxénese. Mexade, humanidade!, tedes o deber moral de mexar por riba de todo isto! Mexade enriba do filoloxismo, mexade enriba do socioloxismo, mexade enriba do historicismo sen carne e oso, mexade, ou, si, compañeiros, tedes que mexar enriba de tódolos ismos do cientificismo e contra os anti-ismáticos por sistema! Mexade contra os ismos de perennes e eternas relixiosidades. Mexade, ou, si, tamén, irmáns, enriba dos que pensan que o amor non é tan sagrado coma corpóreo. Mexade con rabia e orgullo, ou, si, mexade! Mexade enriba dos vosos fumegantes carros. Mexade enriba da obsolescencia da belicosidade petro-carboneira motorizada. Mexade enriba de socialistas acartonados de despacho e puro cubano. Mexade, ou, si, humanidade!, mexade tamén enriba do secretario xeral do partido comunista cubano e chinés! Humanidade!, tes que aprender a mexar enriba de calquera secretario xeral que non se acorda de que é unha persoa particular! Mexade tamén enriba dos cubanos que soñan a morte en Miami! Mexade, humanidade, enriba da psiquiatría, da anti-psiquiatría e de Michel Foucault! Mexade enriba do Pirulí! Mexade enriba da porta de Alcalá, miralá, miralá. Mexade enriba dos comunistas ortodoxos. Mexade enriba dos anti-comunistas, heterodoxos ou ortodoxos. Mexade, ou sí, é preciso mexar contra eles, humanidade!, mexade enriba dos comunistas heterodoxos inzados de vaidade académica! Mexade enriba, é un deber moral!, mexade enriba das gramáticas fosilizadas en nácar, mexade enriba da socioloxía de laboratorio, mexade, ou, si, mexade enriba do populismo que vos bisba ao ouvido: sentídevos orgullosos da vosa mediocridade! Mexade enriba das enquisas. Mexade enriba da macro-economía para tertulianos do intranscendente. Mexade enriba dos maiores que non vos respectan. Mexade enriba da xuventude que non respecta aos seus maiores. Mexade enriba do sentido común que non salva. Mexade enriba de Bieito 16. Mexade enriba da canciller de ferro. Ou, si, humanidade, mexade enriba da conta corrente de Francois Hollande!, mexade enriba da almofada de Obama! Humanidade!, é un deber moral, tes que mexar enriba dos cemiterios que se masturban na morbosa contemplación dos nichos construídos cos brazos dos canteiros. Humanidade, non temas!, mexa enriba do galeguismo de patronal!, mexa enriba do pelo cano de Christine Lagardé, mexa enriba das portas xiratorios do Banco Central Europeo e da Reserva Federal, mexa, mexa, Ouu, humanidade!, mexa enriba do armario de Lagardé e brinda pola súa morte. Humanidade, non te esquezas!, antes de morrer tes que mexar enriba dos que falan de negritude dentro da Casa Branca, tes que mexar enriba do Pentágono. Humanidade, mexa, mexa con alegría contra todo isto, pois os vellos tempos xa están acabando, e a conflitiva catarse dos novos está fermentando nos sumidoiros. Mexa enriba das forzas de in-seguridade da ONU. Mexa enriba da ONU. É un deber moral, humanidade : escoita de novo á humanidade! Ou, si, humanidade! Free at last, free at last! Oh, sweet Jesus, free at last! |
PRAZA_20848 | Sanidade inicia a administración da primeira dose da vacina a todos os traballadores e non só aos da "primeira liña" contra a COVID, tal e como indicara nun principio. | O Sergas comezará este mércores 13 de xaneiro a vacinar contra a COVID o persoal sanitario. Ao tempo que remata a administración da primeira dose nas residencias de maiores --o 70% dos residentes e traballadores destes centros en Galicia xa a recibiu--, comezará tamén a poñérllela ao persoal da sanidade. O Sergas comeza este mércores a vacinar o persoal sanitario cunha primeira dose dirixida a todos os traballadores e non só á "primeira liña" contra a COVIDSegundo confirmaron a Praza.gal fontes do persoal do Sergas, centros de saúde e hospitais están xa recibindo notificacións, nalgún caso para que os seus traballadores se presenten mañá mércores nos lugares determinados de vacinación para comezar con esta campaña, que en principio ía destinada aos sanitarios "en primeira liña" contra a COVID, pero que finalmente irá dirixida a todos sen excepción. A previsión é que, dunha única vez, sexa administrada a primeira dose da vacina a todo o persoal de cada centro de saúde, que debe remitir ao Sergas unha listaxe daquelas persoas que non están dispostas a ser vacinadas. Ao tempo que comeza esta segunda fase da vacinación, Sanidade ten previsto que esta semana conclúa a administración da primeira das dúas doses da vacina nos centros de maiores do país libres de gromos de infección de coronavirus. Logo procederá coa segunda e última rolda e coa repesca daqueles residentes ou traballadores aos que non lles foi administrada da primeira vez. España recibiu este martes as primeiras doses da vacina de ModernaPor outra banda, España recibiu este martes as primeiras doses da vacina de Moderna, que será distribuídas nos vindeiros días ás comundiades autónomas. Esta primeira remesa é de 35.700 doses e espérase, segundo informou o ministro de Sanidade, Salvador Illa, que cheguen un total de 599.500. Na cuarta semana de xaneira recibiríanse en España 52.000 doses, na primeira de febreiro 127.900 e na terceira, 383.900. |
NOS_5217 | A hostalaría afronta a primeira xornada de novas restricións con malestar e resignación e ve nas novas medidas da Xunta unha orde encuberta de fechamento dos negocios. Acúsana de optar por esta vía e non polo cerre total para evitar así ter que pagar axudas a un sector afogado pola pandemia. | As novas limitacións da Xunta para a hostalaría supoñen "un fechamento encuberto", consideran desde a plataforma Shostalaría da Coruña nun comunicado remitido este sábado, 9 de xaneiro. Consideran que as medidas "afogan máis un sector de por si xa moi castigado" e "non deixan traballar coa eficiencia necesaria para manter a maioría dos negocios", e acusan a Xunta de que coas novas medidas o que buscan é non ordenar fechamento total e así non asumir o pago "dunhas indemnizacións máis que necesarias". Desde a plataforma tamén critican a Xunta por cargar de responsabilidade a hostalaría e a cidadanía acusándoas de recalcar "a actitude inconsciente de moitas persoas", unha estratexia, na opinión da plataforma, para que a Administración non asuma responsabilidades e estas sexan postas sobre as e os traballadoras e a cidadanía. "Nós si que recoñecemos as nosas responsabilidades, sabemos o risco implícito do noso sector, xa que a socialización é o seu principal valor, pero sabemos que os nosos negocios son e poden ser aínda lugares seguros. Por iso pedimos unha máis forte implicación das Administracións con campañas publicitarias de concienciación e información para a cidadanía e para posíbeis visitantes que veñan ás nosas cidades, vilas e aldeas", din no comunicado. Aliás, o presidente da Asociación de Hostalaría da Coruña, Héctor Cañete, avanzou que convocaron unha cazolada na praza de María Pita para a vindeira terza feira, 12 de xaneiro, ás 19,00 horas, para trasladar que non son "responsábeis" do nivel de contaxios. "Así non se pode traballar", din desde a hostalaría en Compostela Fontes do sector da hostalaría de Compostela trasladaron queixas polas medidas da Xunta, sobre todo no que respecta "aos continuos cambios" sobre horarios e condicións de apertura. "Así non se pode traballar", censuraron, nunha xornada na que -pese ao frío- algúns composteláns se animaron a tomar unha consumición nalgún dos locais de hostalaría da cidade. Lois López, directivo da Asociación Hostalería Compostelá, cuestionou as medidas e o feito de que non se lles dea "unha pequena marxe de adaptación". "Unicamente a hostalaría é a penalizada e estas restricións, desproporcionadas, non van acompañadas de medidas económicas", lamentou. Mesmo di que hai subvencións que aínda non chegaron, como a liña de microempresas. "Anunciouse que se ingresarían metade en decembro e metade en xaneiro pero a día de hoxe aínda non se fixo efectiva ningunha cantidade", afirma López. En fronte, a Xunta defendeu este mesmo sábado as axudas facilitadas ao sector. Fíxoo tamén o propio vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, na pasada xornada, en relación ao lecer nocturno, á vez que garantiu diálogo cos afectados e exixiu "implicación" do resto de Administracións. Tamén volveron mostrarse preocupados desde o sector hostaleiro na zona de Ourense, onde se puido reabrir o 5 de decembro e xa entón fixeron críticas ás limitacións. Agora volven ás restricións cun horario que, ademais, impide as ceas temperás ás que estaban a conseguir afacer a súa clientela e reduciron o número de persoas por mesa, antes era 6 e agora é 4 |
NOS_37114 | A formación independentista resta importancia ao posíbel veto do Tribunal Constitucional e lembra, por medio de Lluís Salvadó, que só se deben "á vontade do pobo". | O secretario xeral adxunto de ERC, Lluís Salvadó, advertiu este sábado de que o Tribunal Constitucional (TC) "non marcará" a evolución do proceso soberanista nin a celebración da consulta de autodeterminación de Catalunya do 9 de novembro. "A única legalidade á que debemos o noso esforzo é á vontade do pobo", remarcou nunha entrevista a Catalunya Informació, na que invitou á sociedade civil e aos partidos favorables á consulta a artellar unha resposta conxunta ante unha eventual negativa do TC. Salvadó restou importancia ás declaracións da vicepresidenta da Generalitat, Joana Ortega (UDC), nas que abriu a porta a aprazar a consulta, e vaticinou que "todo isto non son máis que declaracións pouco afortunadas do mes de agosto". |
NOS_54702 | O galeguismo e o nacionalismo moldearon o pensamento da poeta homenaxeada nestas Letras Galegas. | Grazas aos contactos cos núcleos galeguistas dos seus pais, Valentín Arias e Amparo Castaño, Xela Arias medrou inmersa nun ambiente no que o galego era unha lingua de cultura e de oposición á ditadura. Amais de ser a lingua materna, o galego constituíase nun humus no que medraban manifestacións literarias, artísticas e políticas e, talvez por iso, a poeta foi especialmente precoz no cultivo da literatura e no insubornábel compromiso lingüístico. Unha das cousas que está desvelando o Día das Letras Galegas deste ano é o gran peso da infancia e a mocidade de Xela Arias no desenvolvemento posterior da súa obra e a significación que o contacto co galeguismo e o nacionalismo tivo na súa personalidade. En 1968, o pai, Valentín Arias, escribía un texto para o libro das festas de San Xóan de Sarria titulado "Xeliña fala galego" no que deixa orgullosa constancia das vantaxes de educar en galego. Xa aos once anos, a pequena Xela gañaba o VI Concurso de Contos Infantís, promovido pola Asociación Cultural O Facho, co conto "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia", publicado polo Boletín da Asociación Cultural de Vigo en 1973. Mais xa antes, aos nove, Arias escribira Non te amola!, unha novela -agora duplamente rescatada, por Galaxia e por unha edición facsimilar do Consello da Cultura Galega- que, vista cos ollos actuais, constitúe unha conmovedora crónica do nacemento dunha sensibilidade e dunha particular mirada que tería unha enorme importancia no posterior desenvolvemento da autora. O mestre e editor Manuel Bragado, que vén de reunir nunha 'chiografía' todos os chíos que foi publicando na súa conta de Twitter sobre a vida e obra de Xela Arias, destaca algunhas experiencias como as excursións organizadas pola Asociación Cultural de Vigo ou, na adolescencia, o traslado dos libros da biblioteca persoal de Otero Pedrayo desde Ourense até o local da Fundación Penzol en Vigo. "Na nosa xeración era moi raro que alguén fose educado como o foi ela", explica Bragado. "Xela educouse cun pai e unha nai galegófonos e, ao tempo, na casa dun mestre. Pasa da Granxa de Barreiros, en Sarria, ao colexio Fingoi de Lugo, que son dous centros moi singulares, moi abertos ao galego e cunha actitude pedagóxica moi moderna, o cal era moi raro naquela altura". Do galeguismo ao nacionalismo "Xa en Vigo, Xela Arias está moi influenciada polo contacto coa Asociación Cultural de Vigo", continúa Bragado, "que presidiron Camilo Nogueira ou Afonso Álvarez Cáccamo e na que ocupaba un lugar moi destacado Méndez Ferrín. Esas figuras xa son declaradamente nacionalistas. De feito, Ferrín escribe un artigo saudando a publicación de Denuncia do equilibrio no que fala das actividades da asociación como dun labor de construción da nación". Mais si houbo unha figura do galeguismo histórico que seguiu sendo fundamental para Xela Arias: Francisco Fernández del Riego. "Xela é a única muller que participa na homenaxe a Del Riego en 2002", recorda Bragado, "e nela le un poema que lle dedica e no que lembra que, desde nena, don Paco foi sempre a figura venerábel que admiraba. Mais o certo é que Del Riego era unha figura algo á parte dentro do galeguismo. Era un home moi de esquerdas". Barreiros, o vínculo entre Carvalho Calero e Xela Arias A Granxa de Barreiros -onde Xela Arias pasou a súa primeira infancia- é un proxecto pedagóxico creado en 1948 por Antonio Fernández López -fundador tamén do Colexio Fingoi de Lugo, intimamente vencellado ao anterior homenaxeado no Día das letras, Ricardo Carvalho Calero- que pretendía integrar a cultura galega e os ciclos da natureza no ensino. O seu primeiro director foi Avelino Pousa Antelo. |
PRAZA_8125 | O presidente da Deputación de Pontevedra criticou "os grupos que politizan o conflcto" actuando como "comandos contra o PP". Os afectados lembran a "responsabilidade" do PP e instan os seus cargos electos a "dimitir" se finalmente se aplican as quitas. | O pasado sábado Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, cargou contra os grupos de afectados polas preferentes que "están actuando como un verdadero comando radical para atacar o PP", acusounos de "manipular os afectados e usar politicamente este conflito", e defendeu o "apoio incondicional" do PP as vítimas do que cualificou de "estafa masiva". As Plataformas de Afectados por Preferentes responderon a estas declaracións este domingo pola noite nun comunicado no que acusan a Louzán de "demagoxia" e de "faltar á verdade". Para as plataformas estas declaracións "son unha proba máis do nerviosismo dos dirixentes do Partido Popular, acurralados polas súas propias mentiras e promesas electorais incumpridas, ante a inminencia do previsible estoupido social que vai provocar a aplicación do Real Decreto Lei 24/2012". O comunicado lembra que o Partido Popular é "o responsable principal de legalizar, no ano 2003, a comercialización de productos tóxicos polas caixas de aforros" e sinala que Núñez Feijoo ocupou a Vicepresidencia da Xunta e posteriormente a Presidencia nos momentos nos que se producen a maior parte das emisións. Para as plataformas estas declaracións "son unha proba máis do nerviosismo dos dirixentes do Partido Popular, acurralados polas súas propias mentiras e promesas electorais incumpridas Sinalan tamén que "foi o goberno de Feijóo quen negociou informalmente coa Unión Europea o número de laudos arbitrais que ían ser resoltos favorablemente (que segundo o ex-Conselleiro de Industria e Comercio só representarían un 15% dos casos)" e engaden que "a día de hoxe quedan máis de 40.000 solicitudes sen resolver". O comunicado contesta ás acusacions de "politización do asunto" realizadas por Louzán e afirma que "tanto o problema coma a solución son de caracter político". Tamén afirman que os "comandos radicais" aos que fai referencia Louzán "están integrados por xubilados, traballadores, desempregados, persoas enfermas ou con discapacidades, menores de idade, familiares de afectados, estudantes, persoas de toda idade e condición, que teñen en común ter sido víctimas da estafa masiva. As acusacións van polo tanto dirixidas á totalidade dos afectados e afectadas". O comunicado contesta ás acusacions de "politización do asunto" realizadas por Louzán e afirma que "tanto o problema coma a solución son de caracter político" As plataformas conclúen que "os cargos electos do Partido Popular teñen na súa man presionar ao goberno de Mariano Rajoy, presentando a súa dimisión e baixa no Partido Popular, condicionada a que non se apliquen as quitas" e sinalan que "de se manter nos seus cargos estarían apoiando a política de roubo e estafa do goberno do Estado promovida por Mariano Rajoy e Luis de Guindos". |
NOS_42972 | Convidadas pola Real Acadamia Galega (RAG), Maruxa, Celia e Carmiña Delgado Teixeiro, fillas de Florencio Delgado Gurriarán, visitaron a súa sede na Coruña. | Maruxa, Celia e Carmiña Delgado Teixeiro, fillas de Florencio Delgado Gurriarán, visitaron onte ao mediodía a sede da Real Academia Galega (RAG). O presidente Víctor F. Freixanes convidounas a coñeceren as instalacións da institución que dedicou o Día das Letras Galegas 2022 ao seu pai, nomeado académico correspondente no ano 1981. Emotiva homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán en Córgomo, a súa aldea natal O presidente da RAG agradeceulles a súa viaxe desde México e os Estados Unidos de América, onde residen, para participaren no pleno extraordinario da Academia realizado este ano en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), a localidade natal do poeta e activista cultural. "As Letras Galegas de Florencio Delgado Gurriarán", apuntou Freixanes, "están a contar coa complicidade entusiasta da veciñanza de Valdeorras e continuará con novas iniciativas ao longo do ano, tanto por parte da Academia como por asociacións e institucións". Agradecemento das fillas de Florencio Gurriarán As fillas de Florencio manifestaron o seu agradecemento á RAG e ao conxunto da sociedade galega pola homenaxe ao seu pai, unha gratitude da que deixaron constancia no libro de ouro da institución. Anxo Baranga: "Castelao, Florencio, Rosalía ou Celso Emilio sabían que a súa obra partía da base: o pobo" "Este momento vai quedar para sempre no noso corazón. Encantoume toda esta resposta amorosa da xente de toda a Galiza, desde o plano académico até o dos artistas e os veciños de Córgomo", salientou Celia, a maior das tres fillas, que engadiu que "comprobar que o noso pai é unha persoa querida e admirada e como a súa figura se transmitiu a través das xeracións". Outra das fillas, Maruxa, asegurou que estaban "sorprendidas da magnitude da resposta, tan cálida, da súa Galicia infinda". Carmiña, a benxamina, rematou considerando que "é un grande orgullo ver tanto cariño cara a el". |
NOS_20802 | O texto, elaborado entre outras polo ex director de Saúde Pública Ramón Medina, e ex conselleira de Sanidade María José Rubio, sostén que se evidenciou a "precariedade" da sanidade, que funciona "grazas ás profesionais". | Un informe realizado por un grupo de expertas sanitarias para o PSdeG avisa de que a letalidade "real" do coronavirus na Galiza é maior que noutras Comunidades Autónomas, tendo en conta que o número de falecidas por contaxios é "máis alto". "Se na nosa Comunidade Autónoma a circulación do virus foi tan baixa, a realidade é que o seu impacto nos falecementos foi maior porque o volume de falecidas por contaxios é máis alto", sinala o documento elaborado por un grupo de expertas entre as que se atopa o exdirector de Saúde Pública, Ramón Medina, e a que foi conselleira de Sanidade durante o Goberno bipartito, María José Rubio. Esta cuestión, conforme apunta, "pon en evidencia o pretendido discurso da anticipación falaz da Xunta" e considera que se se asumen os datos do estudo serolóxico, o dano que fixo a COVID-19 na Galiza é "dos máis elevados de España". "As explicacións en función da demografía galega e o envellecemento da poboación son posíbeis, pero os datos de Asturias, cunha poboación similar nestas características, evidencian que un sistema sanitario máis fortalecido de inicio e unha política máis activa de servizos públicos puideron xogar un papel importante no freo da letalidade do virus", indican. Por iso, aínda que a taxa de mortalidade galega é de 2.25 por cada 10.000 habitantes, moi por baixo da española (5.76); e que a letalidade na Galiza é do 6.69% fronte a 11.40% estatal, o documento considera que esta análise debe ser "matizada" en función do distinto nivel de circulación do virus nas distintas Comunidades Autónomas. "Na Galiza o virus circulou pouco e isto obriga a matizar as primeiras impresións sobre os datos", sostén o estudo, que atribúe este menor número de contaxios a que as medidas de confinamento e limitación da mobilidade da poboación en España aplicáronse nun momento no que o coronavirus aínda circulara "moi pouco" polo país. Cuestiona o "relato oficial" A pesar destas cuestións, o documento censura que o "relato oficial" da Xunta pretenda ofrecer "unha realidade idílica non real" e tente reducir o impacto do coronavirus na Galiza para facer "unha batalla político-partidista da situación". "Galiza debe asumir as súas responsabilidades", apunta antes de chamar a atención especificamente sobre a "insuficiencia de reacción" nas residencias de maiores, espazos cuxa situación denuncia e nos que considera que non se habilitaron "mecanismos de protección adecuados". Ademais, responsabiliza ao Goberno do PP de "non abrir residencias públicas" en máis dunha década. O documento, que sostén que o alto nivel de contaxios entre profesionais sanitarias evidencia tamén fallos na protección e na provisión de material necesario, fai un repaso pola situación de distintas áreas como a atención primaria e as urxencias e avisa de que se a sanidade galega funciona é "grazas aos profesionais" e a pesar dunha "xestión enlentecida, limitada e con pouco diálogo". Políticas sanitarias na Xunta "A pandemia provocada polo coronavirus evidenciou a relevancia fundamental do noso sistema sanitario", incide o estudo, que repasa a xestión realizada polos presidentes Manuel Fraga, Emilio Pérez Touriño e Alberto Núñez Feixoo. Neste sentido, considera que a política sanitaria do goberno de Fraga consistiu en manter un sistema baixo mínimos até 2005, cando o bipartito presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño "traballou en redimensionar o sistema e darlle músculo". Fronte a iso, sostén que os Gobernos de Feixoo caracterízanse polos "recortes silenciosos" que levaron a unha situación actual na que "o sistema necesita impulso e transformación". "O orzamento de 2009, último ano de Goberno progresista na Galiza, tardou dez anos en ser alcanzado polo Goberno de Feixoo, até 2018. Pero hai que ter en conta a inflación de todos estes anos", indica o documento, que sostén que, se se actualiza ao valor real actual este importe, conclúese que eses orzamentos de 2009 seguen sendo superiores a calquera outro. Estes recortes "derivan en problemas de calidade do sistema e diminución da calidade asistencial", apunta o documento, que denuncia a existencia de 1.000 camas hospitalarias menos que en 2019 e sitúa a política de persoal dos Gobernos de Feixoo da última década como un "gran fracaso" de xestión que dificulta a calidade asistencial. |
PRAZA_15068 | O PSdeG decide ocupar os dous postos da oposición no órgano reitor da Cámara coas deputadas Marisol Soneira e Concepción Burgo. Beiras reitera a súa aposta por ampliar os membros da Mesa para que estean representados os catro grupos. | O PSdeG remata de desfollar a margarida. A Executiva Nacional dos socialistas decidiu esta tarde enviar á Mesa do Parlamento ás deputadas Marisol Soneira e Concepción Burgo ou, o que é o mesmo, ocupar dous dos cinco postos do órgano reitor da Cámara, deixando fóra a Alternativa Galega de Esquerda e mais ao BNG. Despois de que, durante as últimas lexislaturas, o PSdeG e o Bloque se cedesen mutuamente un asento na Mesa -cando un era segunda forza, dáballe entrada á terceira- a irrupción dun cuarto grupo -terceiro en número de escanos- vén de mudar a dinámica de acordos e, polo tanto, só dous partidos estarán presentes no goberno do Parlamento. Nos últimos días foron varias as propostas lanzadas dende os grupos e todas tiñan un punto en común: precisaban do visto e prace dos socialistas. O BNG apostou por rotar nun posto da Mesa con AGE, distribuíndo o tempo de permanencia en función dos apoios acadados nas eleccións. Os socialistas, pola súa banda, só vían viable que a Mesa fose "plural" se nela sentaban os catro grupos, invocando para isto a pouco probable hipótese de que o PP accedese a renunciar á súa maioría absoluta. Aínda había unha terceira vía, a formulada por AGE, consistente en que a Mesa pasase a ter sete membros, dos cales catro serían do PP e o resto, un de cada grupo da oposición. O plan do grupo de Beiras tiña que ser aceptado polo PP e isto semella que tampouco acontecerá. A IX Lexislatura botará a andar con PP e PSdeG no órgano reitor da Cámara Segundo o secretario de organización do PSdeG, Pablo García, o seu partido "fixo todos os esforzos" para garantir a pluralidade na Mesa e foi o PP quen non "cedeu". Como o PP mantén a maioría absoluta, "o Partido Socialista vai seguir o Regulamento", xustifica, e ocupará dúas prazas e non unha. A formación estaría disposta a "estudar" a ampliación que propón AGE pero isto depende tamén dos populares e "ata agora non deron ningunha mostra" de aceptar, evidencia. Así as cousas, a IX Lexislatura autonómica botará a andar con PP e PSdeG na Mesa da Cámara, algo que AGE tentou evitar na tarde deste xoves rexistrando formalmente a súa proposta de ampliación, cun escrito remitido por Xosé Manuel Beiras á presidenta, Pilar Rojo. "Coa finalidade de reflectir na Mesa, da mellor forma e na meirande medida posible, a pluralidade dos grupos parlamentares", Beiras reclamaba que a ampliación a sete membros se acordase "previamente ao acto de Constitución, para a súa inmediata execución polo procedemento regulamentariamente pertinente dende que a Cámara fique constituída". A comunicación e Beiras foi respondida dende o Parlamento con outro escrito, no que a presidenta da Cámara alega "razóns de carácter xurídico" para non "dar trámite á petición formulada por AGE". "A composición da Mesa está establecida polo Regulamento da Cámara e este ten rango de lei", polo que "a súa modificación só pode efectuarse a través do procedemento lexislativo e por un órgano con competencias lexislativas, das que carece a Deputación Permanente", resolve, obviando, non obstante, que AGE reclamou que se faga efectiva a decisión unha vez constituído o pleno, que si ten a devandita competencia lexislativa. |
NOS_30683 | Horas antes da celebración do 11 de setembro en Catalunya, a súa "festa nacional", as poboacións polas que pasará a Vía Catalá teñen todo preparado para que a reivindicación sexa un éxito. Vilafranca del Penedès é unha delas. | Catrocentos quilómetros de cadea humana reivindicarán o desexo independentista de Catalunya. Visitamos Vilafranca del Penedès, unha das poboacións polas que pasa a denominada Vía Catalana, para decatarnos de que a mobilización social é visíbel nas súas rúas. Antes do 11 de setembro sorprende a cantidade de bandeiras "estelades" en cada recuncho da vila e nos comercios. Mesmo na Igrexa de Santa María, a poucos metros da Casa do Concello, dúas de grande tamaño presiden a praza desde as festas de Sant Félix a finais do mes de agosto. "Xa é unha tradición e quedan até pasada a festa da Diada", comenta unha das colaboradoras do párroco. A colaboración relixiosa é algo anecdótico, como explica Ramón Costa, coordinador da Territorial da Assemblea Nacional Catalana (ANC) e responsábel dos tramos que pasan pola comarca do Alt Penedès. "O cura sabe que a maior parte da xente é independentista". Conta a Sermos Galiza que na misa do patrón @s asistentes berraron a favor da independencia cando se negou, como lle pedían desde a ANC, a que tocaran as campás ás 17:14 horas cando se realice a cadea humana de 400 quilómetros que preparan como reivindicación este ano (17:14 horas, unha clara evocación de 1714, ano da derrota catalá na guerra de secesión). A petición formalizouna esta entidade como parte dos actos da Diada e tivo a negativa rotunda da Conferencia Episcopal, a través dos bispos de Solsona, Tostosa e Sant Feliu. A Vía por Vilafranca O organizador da cadea humana no Penedès comezou o seu traballo voluntario cando soubo que este ano a mobilización envolvía ás comarcas, sen centralizar todos os actos na capital catalá. "Reunímonos unha vez ao mes e nunha desas reunións chegounos a información de que se realizaría a Vía". O verán, desta volta, foi época de traballo e aínda que o trazado viña marcado houbo modificacións importantes. O Penedès, por exemplo, non entraba. "Primeiro pensaron nas Costas de Garraf, moi estético, mais pouco recomendábel". Escolleron logo a antiga Vía Romana que vai pola N-340 até Barcelona e logo polo Maresme continúa pola N-2. "Ademais de reivindicar a independencia denunciamos o estado das infraestruturas polas que pasaremos, as fotografías demostrarán que a inversión foi de cero, como nos trata o Estado español", sinala ao noso xornal Ramón Costa. O sistema que empregaron desde a ANC para distribuír os participantes ao longo da cadea realizouse a través dun sistema informático coa finalidade de encher todos os tramos. "Fíxose un cálculo polo que en cada tramo deberían participar 500 persoas, a 500 metros, unha persoa por metro". O sistema conta cunha marxe superior e pechábase para comunicar á xente interesada en participar que tiña que apuntarse noutros tramos. Nestes días previos á Diada houbo un ruxerruxe de que habería lugares que non se encherían. "Falouse do Baix Ebre e o Ordal, hoxe cheos". A cifra mínima para completar a cadea era de 400 mil persoas e xa está superada. "No Penedès tiñamos que acadar 24.500 e agora achegámonos ás 30 mil". Colaboración institucional A cadea humana deste 11 de setembro conta con todos os permisos e desde a organización saben que Policía local e Mossos realizarán o seu traballo. "Aquí non temos unha situación de enfrontamento e a ANC colabora con voluntarios", asegura Ramón Costa, "nunha manifestación autorizada, as institucións teñen que realizar o seu traballo". Nesta comarca o voluntariado que participará xunto ás institucións no funcionamento loxístico será de 53 persoas. "Non haberá incidentes, mesmo respectaremos as bandeiras españolas nin admitiremos cartaces contra España, o noso é un divorcio civilizado". As imaxes desta reportaxe son da autoría de S. Amado. |
NOS_19063 | Os medios gregos informaron da chegada dunhas 6.000 persoas migrantes e refuxiadas ao paso de Evros. O movemento chega poucos días despois de que a UE reiterara a Turquía que debe parar as prospeccións petrolíferas en augas de Chipre e de Grecia | "Non hai confirmación dun plan organizado" por parte de Turquía de enviar persoas migrantes á fronteira con Grecia, segundo manifestou onte á canle de televisión SKAI o viceministro de Inmigración e Asilo grego, Giorgos Koumoutsakos. A intervención chegou horas despois de os medios de comunicación gregos informaren de que unhas 6.000 persoas migrantes e refuxiadas chegaran en buses ao paso de Evros. Unha situación que recorda á crise migratoria de marzo, cando Ankara abriu as portas para que miles de persoas puidesen transitar cara á UE. Koumoutsakos, non obstante, quixo restarlle importancia a este feito e asegurou que se trata dun acto de "mobilidade espontánea" que xa acontecera noutras ocasións e que, en calquera caso, os axentes de fronteiras "están preparados para xestionar calquera actividade ilegal". No paso de Evros hai despregados máis de 1.500 efectivos da Policía grega, alén doutros 300 adicionais da Axencia Europea da Garda de Fronteiras e Costas (Frontex). As palabras de Koumoutsakos, con todo, contrastan co publicado polos medios gregos, citando a canle de televisión local turca Entirne TV, que sinalaba que na cidade de Edirne (Adrianópole), "a viaxe da esperanza para Europa regresa cos migrantes tentando cruzar a fronteira con Grecia en barca a través do río Evros". Gas e cru no Mediterráneo Estes movementos chegan poucos días despois de que a UE reiterara a Turquía que debe parar as prospeccións petrolíferas en augas de Chipre e de Grecia. Este é un tema recorrente nas conversas entre Bruxelas e Ankara para redefinir a súa relación. A posibilidade de estabelecer sancións planeou máis dunha vez por riba da mesa de negociación, mais o medo da Comisión a que se repita unha nova crise migratoria mantena afastada polo momento. De feito, estas conversas bilaterais estabelecéronse tras os acontecementos de marzo na fronteira greco-turca. Turquía é a principal ruta para migrantes e refuxiados que buscan chegar á UE, especialmente desde o inicio da guerra en Siria en 2011. Na actualidade alberga case catro millóns de cidadáns sirios fuxidos do conflito, o país con maior número de refuxiados do mundo. Ankara comprometeuse en 2016 con Bruxelas a frear o seu tránsito cara á UE a cambio dunha cantidade de diñeiro. O incumprimento dos pagos desatou a última crise, co Goberno turco xogando a carta da crise migratoria como forma de presión. Neste sentido, a Comisión aprobou na cuarta feira o avance dun pago de 485 millóns de euros a Turquía, con cargo a 2020 ─ademais de 100 millóns adicionais para Xordania e o Líbano─. "Creo que a única forma de resolver este tipo de asuntos é tratalos con Turquía para que entenda que as nosas boas relacións dependerán do respecto á soberanía de Chipre e de Grecia e das augas baixo disputa", sinalou na terza feira o xefe da diplomacia europea, Josep Borrell. Turquía e o Goberno de unidade de Libia ─recoñecido pola ONU─ asinaron en novembro de 2019 un acordo sobre extracción de gas e fronteiras marítimas, que transcorren perto da illa grega de Creta. Ademais, Atenas e Ankara sufriron un aumento da tensión por mor das exploracións de gas fronte á costa oriental de Chipre, na parte turca da illa. A inicios desta semana as autoridades gregas acusaron as turcas de "tratar de usurpar" a súa soberanía no Mediterráneo oriental logo de a petroleira estatal Petróleos de Turquía (TPAO) solicitar un permiso para operacións de procura de cru na zona. |
PRAZA_18774 | O presidente da entidade responde ás críticas de Feijóo e ás presións do Goberno galego para que anulase o festival de colectivos cataláns do pasado sábado e lembra que "non se pode prohibir a libre expresión das ideas" | O pasado sábado, o Centro Galego de Bruxelas acolleu o festival 12 hores per la llibertat, un evento impulsado dende unha plataforma soberanista catalá con actuacións musicais e outras actividades culturais que tiña como pano de fondo a reivindicación da liberdade para os dirixentes independentistas de Catalunya encarcerados tras o referendo do 1-O do pasado ano. A entidade da diáspora galega alugou, como fixo tantas veces con multitude de colectivos, a súa coñecida sala La Tentation, en pleno centro da capital belga, malia os intentos da Xunta por impedir o acto, presionando os dirixentes da sociedade galega, que ratificaron en xunta directiva a celebración dun certame que o propio Feijóo lamentara non poder prohibir. A Xunta intentou sen éxito anular o festival e cargou de novo contra o Centro Galego de Bruxelas unha vez celebradoCelebrado o festival CityZen, que reuniu moreas de grupos que tocaron durante doce horas seguidas, a Secretaría Xeral de Emigración volveu cargar en declaracións a algún medio contra o evento, en especial contra a actuación de Valtònyc, mudado a Bélxica o pasado maio para evitar a entrada na cadea tras ser condenado a tres anos e medio por enaltecemento do terrorismo e inxurias á Corona nas letras das súas cancións. E mesmo apuntou o grupo de cantareiras galego-belgas Ialma, que acompañou o rapeiro mallorquín nunha xa divulgada versión de Bella Ciao. Feijóo pediu á entidade galega que "rectificase" e seguise "fiel á identidade do galeguismo tolerante"Tamén o presidente da Xunta teimou no tema. En Barcelona, durante unha recepción previa ao encontro da comisión delegada do Consello de Comunidades Galegas no exterior, e ante dirixentes de varias entidades da diáspora galega, cargou contra a institución de Bruxelas. "Só esperamos que algún centro galego do exterior, que serviu de escaparate a ideas contrarias á convivencia, saiba rectificar para seguir fiel á identidade do galeguismo tolerante e fraternal", dixo. Pero o Centro Galego non ten nada que rectificar. Ou iso é o que manifesta. "Alugamos salas para vodas, para almorzos, para cursos de tango e de danzas árabes ou africanas… Para todo e todos porque somos multiculturais como a propia cidade", di en declaracións a Praza.gal Miguel Palomo, presidente da entidade, que foi quen recibiu as presións desde a Xunta para que "fixera todo o posible para anular o festival".Foi Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración, o cargo máis activo nos intentos por conseguir que o CityZen non se realizase en La Tentation, aludindo tamén nas súas chamadas ao malestar do presidente Feijóo. Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración, pediu ao Centro Galego que fixese "todo o posible para anular o festival"A resposta de Palomo sempre foi a mesma. "O Centro Galego, como centro cultural sen ánimo de lucro, ten que respectar as leis belgas. Por moito que a Xunta nos solicite anular un acto ou rachar un contrato, as cousas non se poden facer así. Hai que respectar a lexislación", explica quen aclara que son varias as razóns que levaron a entidade a nin tan sequera pensar en aceptar as presións. "Dixémoslles que era imposible, non só polo pouco tempo que quedaba para o festival ou porque supoñía rachar un contrato asinado, senón porque era deixar xente sen acudir, xente sen actuar e facerlles perder o tempo", explica Palomo, que non entende que se poida pretender censurar un acto porque as ideas que alí se expresen non concorden coas dun goberno. "A xente ten todo o dereito a manifestar as súas opinións; non se pode impedir a libre expresión das ideas", di o presidente do Centro"O contido do festival claro que tiña un contexto político porque a maioría dos grupos que actuaban eran cataláns, pero teñen todo o dereito a expresar as súas opinións. Desde un punto de vista democrático, non se pode impedir a libre expresión das ideas", engade este galego que leva máis de 40 anos en Bruxelas. "O Centro Galego non participou en mitin ningún; o único que fixemos foi alugar unha sala para un acto cunha visión política determinada, pero non se cometeu delito ningún nin houbo unha revolta", engade quen cre que se "esaxeran" as cousas e que advirte da visión diferente que desde puntos de Europa se ten sobre a liberdade de pensamento ou ideolóxica. "Houbo unha ducia de grupos, viñeron 1.500 persoas e houbo quen se manifestou politicamente, tamén Valtònyc, que foi aceptado no conxunto da montaxe cultural". "Quen son eu para opooñerme a que Valtònyc actúe?"Preguntado pola actuación do rapeiro mallorquín e as críticas desde a Xunta, Palomo pregúntase: "Quen son eu para opoñerme a que esta persoa actúe? Terá unha maneira de expresarse determinada ou polémica, pero é o público quen debe xulgalo. Non matou a ninguén", asegura. Ante quen sinala tamén o Centro Galego pola presenza de dirixentes políticos cataláns na súa sala, Palomo lembra que "a xustiza belga non recoñece ningún delito nesas persoas; andan libres polo país e poden realizar os actos que queiran sempre que respecten as leis belgas". "Queríamos deixar claro que o Goberno galego non se pode meter na autonomía dos centros galegos; non queremos ser o canciño de ninguén"Alén diso, Palomo aclara que a resposta negativa ás presións da Xunta respondeu tamén a o intento "por dar unha mostra da nosa autonomía". "Queríamos deixar claro que o Goberno galego non se pode meter na autonomía dos centros galegos; non queremos ser o canciño de ninguén", insiste quen lembra que ten alugado a sala sinalada "a defensores de Palestina e defensores do Estado de Israel". "Mesmo se o PP nos quere alugar a sala para un mitin político, alugarémoslla sen problema, previo pago para sufragar os gastos que nos supón mantén unha entidade que non ten fin lucrativo ningún", explica. Por último, lamenta que alguén poida poñer en dúbida a "lealdade e cariño" que o Centro Galego de Bruxelas mostrou sempre por Galicia e as súas institucións. "Fixemos máis de 1.000 representacións por toda Europa co noso grupo folclórico representando a Galicia e difundindo a súa cultura, a procesión de Santiago é a única relixiosa permitida polas autoridades belgas... Non se pode dubidar de nós", remata. |
NOS_28087 | Súmase á participación en exercicios da OTAN doutras fragatas, como a Almirante Juan de Borbón ou a Blas de Lezo- | A fragata Cristóbal Colón (F-105), con base no Arsenal Militar de Ferrol, partiu na mañá desta segunda feira da cidade naval para integrarse na Agrupación Naval Permanente número 2 (SNMG-2) da Organización sobre o Tratado do Atlántico Norte (OTAN). O navío participará nun despregamento que durará até mediados do mes de decembro deste ano. A SNMG-2 opera en augas do Mar Mediterráneo e a súa misión é a de vixilancia marítima e a disuasión. O Ministerio de Defensa gastou 427 millóns en misións da OTAN en 2021 Actualmente, dita agrupación atópase realizando actividades no marco da operación Noble Shield e as unidades despregadas na zona tamén realizan apoio asociado á Operación Sea Guardian, tamén da OTAN, de loita contra as actividades ilícitas na mar. Esta misión da fragata Cristóbal Colón, a máis moderna de todas cantas compoñen a serie F-100, vén unirse ás xa realizadas por outros buques con base en Ferrol nesta mesma SNMG-2. Crise en Ucraína: unha nova fragata española parte de Ferrol cara ao mar Negro Actualmente forma parte desta agrupación a fragata Almirante Juan de Borbón, que se atopa integrada ata finais de agosto e que será relevada agora polo buque militar que partiu esta segunda feira. Fragata Blas de Lezo En xaneiro deste ano, a fragata Blas de Lezo partiu tamén do Arsenal Militar de Ferrol, rumbo ao Mar Negro, no marco da crise existente entre Rusia e Ucraína anterior ao despregamento militar do primeiro no territorio do segundo. Parte de Ferrol a fragata Blas de Lezo A partida deste barco militar levou aos grupos parlamentarios de BNG, ERC, EH Bildu, Junts, e CUP a pedir a comparecencia das ministras de Defensa e Asuntos Exteriores, Margarita Robles e José Manuel Albares, para coñecer a implicación do Estado español na crise de Ucraína. |
PRAZA_2053 | Os populares vetan unha iniciativa do BNG para achegar a categoría "feminicidio" á lexislación contra a violencia machista. O grupo que sustenta ao Goberno argumenta que "na rúa á vítima de violencia de xénero non lle importa moito como lle chamemos a este problema". | O debate formulado este mércores no Parlamento era dos pouco habituais. Non procuraba unha crítica frontal contra o Goberno nin tampouco esixía resultados tanxibles de xeito inmediato. Foi formulada pola voceira do BNG en materia de igualdade, Carme Adán, coa intención de que "nos deteñamos un momento, pensemos e valoremos se debemos ampliar a lexislación" en materia de loita contra a violencia machista. Facíao cunha proposta "controvertida, non o vou negar", como é a inclusión do termo "feminicidio" nas leis xa vixentes na materia, unha proposta que non terá percorrido, toda vez que o grupo que sustenta o Goberno, o PP, anunciou o seu voto negativo por considerar irrelevante a inclusión ou non do termo. "Ante a gravidade e magnitude do problema -sinalaba a exposición de motivos da iniciativa a debate- consideramos necesaria a inclusión do termo feminicidio como forma de terror propia que sofren as mulleres só por cuestión de xénero". "O que non se nomea non existe", evidenciou Adán dende a tribuna, e igual que "a violencia contra as mulleres foi silenciada" mentres "non existiron categorías nin termos para describila", este avance podería axudar a evidenciar que este tipo de agresións non son "un problema biolóxico", senón froito dunha "construción social á que chegamos despois dun longo proceso de aprendizaxe". Achegar ás leis esta "nova categoría lingüística e xurídica", argumenta a parlamentaria do Bloque, debera ser a base para que, tanto en Galicia como no Estado, se puidese elaborar un "estatuto das vítimas fo feminicidio" que corrixise as eivas do estatuto das vítimas incorporado recentemente á lexislación estatal, o cal "desenvolve un ámbito subxectivo para o concepto xeral de vítima que deixa fóra as vítimas da violencia de xénero". Elas, resalta, son "as únicas que se avergoñan de seren vítimas, que non queren dicilo porque é recoñecer un fracaso vital" e as leis deben abeiralas dun xeito específico. Carme Adán (BNG) defende incluír o termo feminicidio como "nova categoría lingüística e xurídica": "O que non se nomea, non existe" Aínda que con diversos matices -o PSdeG, por exemplo, reclamaba inserir na iniciativa referencia ao cumprimento e dotación orzamentaria das leis vixentes-, o resto da oposición apoiou a iniciativa do BNG. "Non lles temos medo ás palabras nin aos debates", sinalou a socialista Carmen Gallego, nun contexto no que para a voceira de AGE, Eva Solla, esta proposición podería servir para protexer tamén "os nenos e nenas e outras persoas" da contorna das mulleres "asasinadas polos machistas". "Non só cómpren lamentos e lazos morados e negros, querémonos vivas!", sinalou cara ás bancadas do PP, das que acto seguido chegou a negativa. "O PP sempre estivo ao lado das vítimas de violencia de xénero, iso é o que ten que quedar claro", comezou a deputada popular Marisol Díaz. A xuízo da conservadora "non debemos perder o tempo en termos nin conceptos que nada vaian engadir á protección" das vítimas. "Deixemos o concepto para o traballo en comisión", di, en referencia á comisión de estudo en materia de igualdade que funciona na Cámara. Marisol Díaz (PP): "Na rúa á vítima de violencia de xénero non lle importa moito como lle chamemos a este problema que están padecendo" Dende o punto de vista dos populares, alén do "xuridicamente controvertido" que resulta o termo feminicidio, "na rúa á vítima de violencia de xénero non lle importa moito como lle chamemos a este problema que están padecendo". "Estamos falando de conceptos como feminicidio, violencia de xénero, violencia machista... Que máis dá?", pregúntase Díaz, para quen "o que hai é que solucionar o problema, que non haxa ningunha morte máis", isto é, "avanzar, non pararnos en conceptos" que "non achegan nada diferente". "Non dá igual", repuxo Carme Adán. "As palabras teñen significado, e os límites do noso mundo son os límites da nosa linguaxe". O mesmo que "cando a violencia era doméstica non existía capacidade xurídica para intervir" nas agresións machistas, "non é o mesmo" que se poida chegar a asociar a violencia de xénero "aos ciumes" dunha parella, por exempo, que se a lei a considera como "parte da submisión" das mulleres. A proposta, ao cabo, non foi aprobada. |
NOS_32979 | A central sindical carga contra o texto legal por invadir competencias dos distintos territorios do Estado español e deixar todo "en mans privadas" sen "ningún espazo para o público" | A Confederación Intersindical Galega (CIG) anunciou a presentación de alegacións contra o proxecto de lei de transición enerxética, un texto legal que ve "centralista" ao "invadir competencias" dos distintos territorios do Estado español e que "deixa todo en mans privadas" sen "ningún espazo para o público". As propostas, un total de 26, foron presentadas ao BNG no Congreso, que se comprometeu a rexistralas "na súa integridade". O prazo para alegar concluía esta cuarta feira, aínda que houbo solicitudes para ampliar dito prazo. En rolda de prensa, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, advertiu da "desertización de comarcas enteiras" da Galiza que podería provocar un texto que na práctica suporá o "desmantelamento total" do tecido produtivo, en liña co ocorrido coas centrais térmicas de Meirama (Cerceda) e As Pontes. Neste contexto, criticou a "absoluta inacción" da Xunta ante unha proposta de lei que ten, ao seu xuízo, "carácter máis propagandístico que de cambios reais", e avogou por "avanzar en soberanía para Galiza" e pór "a enerxía ao servizo do pobo". Entre outras cuestións concretas, as emendas da central nacionalista expoñen medidas para a nova xestión dos saltos e aproveitamentos hidroeléctricos, coa vista posta no seu "rescate", unha "moratoria indefinida" para novas plantacións de eucaliptos e a prohibición dos cultivos enerxéticos. Tamén demanda a supresión do artigo referido á planificación e xestión do dominio marítimo terrestre, por "inaceptábel" polo que suporá para toda a industria relacionada co mar (cocedoiros, depuradoras, plantas acuícolas...), tal e como explicou Dolores Martínez Castelo, responsábel da Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte, Téxtil e Telecomunicacións e actividades afíns. No que atinxe á industria, o representante da CIG, Fernando Branco, tachou a norma de "lei de mercadotecnia" e lamentou que non se aproveite para estabelecer unhas condicións para as industrias electrointensivas, como Alcoa, á espera da aprobación dun estatuto propio. Pola súa banda, Xoán Xosé Bouzas avisou das consecuencias sobre a automoción. "Podemos presaxiar o mesmo deserto industrial que coas térmicas", augurou, polas exixencias de redución de emisións. |
NOS_19401 | O ministro de Presidencia cre que, "por sentido común", calquera forza política debería apoiar o texto. | O ministro de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, Félix Bolaños, sinalou esta segunda feira que a aprobación da reforma laboral no Congreso non ten por que tramitarse como proxecto de lei, tal e como defende a ministra de Traballo e impulsora do acordo, Yolanda Díaz. "A convalidación pódese facer votando a favor do texto e así convalidar a vixencia que a reforma laboral xa ten neste momento", engadiu. Preguntado sobre o prazo para lograr esa aprobación nas Cortes, que remata o 7 de febreiro, precisou: "Hai tempo". Aliás, apuntou que é de "sentido común" que se aprobe no Congreso "un acordo social coa importancia que ten isto entre o empresariado e os sindicatos". Tamén se pronunciou nos mesmos termos nos que xa o fixera a ministra Yolanda Díaz días atrás, e advertiu que "votar en contra da reforma laboral terán que explicalo aos seus votantes", porque estarán votando, ao seu xuízo, "a favor de que siga o marco laboral do PP". A respecto das posíbeis achegas ao texto que os grupos parlamentarios puidesen facer durante os trámites, Bolaños sostivo: "Nós non queremos que esa norma sufra ningunha modificación, porque se trata dun acordo entre empresarios e sindicatos, que ten equilibrios, é o que fai singular esta norma. Non é un proxecto de lei do Goberno, é un proxecto de lei que deriva dun acordo entre empresarios e sindicatos". Múltiples críticas Nas últimas horas foron moitas as voces que amosaron un perfil crítico coa proposta de UP e PSOE. Esta segunda feira, BNG, Bildu e ERC avanzaban que formarán unha "fronte común" no Congreso contra este proxecto de lei. Ao mesmo tempo, os partidos da dereita continúan a valorar a reforma laboral de forma negativa. O deputado do PP Jaime de Olano replicou esta mañá as palabras do ministro de Presidencia: "Bolaños e o Goberno de Sánchez demostran cada día que non cren no Congreso, no labor lexislativo ou na separación de poderes", asegurou. Mais tamén dentro de Moncloa hai persoas críticas co proxecto estrela de Díaz. "Non é a reforma que faría Unidas Podemos de ser maioría no Goberno e non é todo o que quererían os axentes sociais", apuntaba recentemente a viceportavoz da formación morada, Sofía Castañón. |
NOS_708 | CIG denuncia que Abanca manteña 2 EREs mentres paga 1,6 millóns de euros ao seu conselleiro delegado. Clodomiro Montero, secretario nacional de CIG-Banca, critica uns soldos tan altos mentres os traballadores da entidade teñen o seu conxelado. | Abanca fechou 2015 cuns beneficios que superan os 315 millóns de euros. Algo que para a CIG casa mal co feito de que manteña activos 2 expedientes de regulación de emprego (EREs). E no sindicato nacionalista aínda é máis incomprensíbel que eses EREs sigan sobre a mesa mentres hai elevados salarios a membros do consello da entidade, referíndose en concreto ao conselleiro delegado Francisco Botas, que segundo estas fontes cobraría 1,6 millóns de euros. Falamos co secretario nacional de CIG-Banca. -Dous EREs activos nunha entidade vendida polo Estado hai 2 anos e medio e que xera beneficios... Hai un expediente de despedimento colectivo en vigor que nace do plan fixado en Bruxelas e que contemplaba despedimentos de persoas. A este hai que engadirlle o ERE impulsado pola nova dirección de Abanca e que supuxo unha modificación substancial das condicións laborais e a suspensión dalgúns puntos do convenio. E, ademais, temos o convenio colectivo vencido. En resumo, os traballadores estamos a traballar máis horas e cobramos menos. -Mentres, como dicides, o conselleiro delegado cobra 1,6 millóns de euros... E que iso non é normal. Que sexan habituais certos honorarios en altos cargos do sector bancario non pode levarnos a aceptar iso con normalidade. Gañar millóns de euros mentres o salario inicial dun traballador anda polos 18.000 euros. É unha fenda salarial tremenda. Temos os salarios conxelados, complementos que non cobramos, traballamos máis horas, mobilidade por riba do convenio... -E todo isto nunha entidade rescatada con cartos públicos e que se vendeu hai dous anos e medio asumindo o Estado as perdas... A entidade malvendeuse. Algún día alguén terá que explicar por que se malvendeu unha entidade con capacidade de xerar beneficios, e o Estado asumindo as perdas. Foi desfacerse dunha entidade cuxos beneficios nos seguintes 2 ou 3 anos xa permiten amortizar a operación aos compradores. E a partir de aí, beneficios... O lóxico sería non se desfacer dela -Xa van máis de dous anos desde aquela venda de Novagalicia banco e a súa adquisición por un banco venezuelano. Como valorades o que pasou neste tempo? Ao final, ficou demostrado que todo o proceso de reestruturación do sistema financeiro foi moi caro e, ademais, ineficiente. Hoxe en día seguimos coas mesmas noticias a falar da necesidade de reestruturar o sistema, a economía continúa sen funcionar e o crédito continúa sen fluír. O que realmente se fixo foi afortalar e apostar nun modelo comercial, que é o máis negativo, e non nun modelo no que as entidades financeiras axuden a economía produtiva. O que se fixo foi privatizar e impulsar ese novo modelo financeiro. Algo que non pode máis que ter consecuencias negativas. |
NOS_269 | A ex deputada de Podemos Carolina Bescansa, candidata pola Coruña do proxecto político de Íñigo Errejón, presentou este 12 de outubro a súa candidatura na Illa de Arousa. Mais a mensaxe principal que transmitiu apenas se referiu a Galiza e dedicouna a enxalzar Más País "como a única ferramenta capaz de garantir que non haxa bloqueo logo das eleccións". | Na Galiza, os de Errejón só optan a escanos pola Coruña e por Pontevedra. Bescansa apelou a que a súa proposta é a que posibilitará que "non se abra unha formación dun goberno reaccionario". Falou do "despropósito" dos últimos meses, en referencia ás negociacións fallidas entre o PSOE e Podemos -o seu antigo partido- para formar goberno. Carolina Bescansa definiu a súa lista como a de "xente comprometida cunha longa tradición de traballo polos dereitos da xente" e prometeu que intentarán "pór en marcha unha transformación do modelo produtivo e do mercado de traballo co ecoloxismo como eixe" para así "pechar a ferida social". Desde que anunciou o seu novo partido, Errejón insiste na vía ecoloxista, que coincide coas cada vez máis numerosas protestas contra a inacción política contra o cambio climático. Preguntada polas expectativas da candidatura, afirmou que "o sentido común vai levar ás institucións aquelas persoas comprometidas con non usar o apoio electoral para bloquear, senón para construír". |
NOS_13342 | Segue a última hora con toda a información actualizada sobre a guerra en Ucraína, minuto a minuto. | 🔴 [EN DIRECTO] Actualizar 21.50 | A UE acorda aumentar o gasto militarOs Vinte e sete estados que conforman a Unión Europea (UE) deron luz verde esta segunda feira aos plans para aumentar a capacidade militar da UE durante a próxima década. Deste modo, o bloque "gañará capacidade militar" e coordinará mellor os esforzos nacionais no campo da Defensa. O último borrador do 'compás estratéxico' foi acordado polos ministros de Exteriores e de Defensa na súa reunión conxunta en Bruxelas, segundo informan fontes diplomáticas en declaracións recollidas pola axencia Europa Press. Trátase dun plan que estabelece como obxectivo dispor da capacidade de despregar até 5.000 efectivos de "resposta rápida" se for preciso.19.55 | O Goberno ucraíno consultará o pobo para ratificar os acordos con Moscova Diferentes medios de comunicación recollen esta segunda feira unhas declaracións do presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, nas que afirma que someterá a un referendo en toda Ucraína os acordos aos que podería chegar o seu goberno co Kremlin, no caso de se produciren. Trataríase, explicou, de mudanzas na Constitución e a lexislación de Ucraína. 18.52 | Zelenski: "Só aceptaremos un ultimato cando todos morramos" O presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, dixo esta segunda feira en declaracións a medios europeos recollidas pola axencia Europa Press que só se renderá "cando todos morran", en alusión ao ultimato ruso na cidade de Mariupol. "Ucraína non pode cumprir xamais un ultimato da Federación Rusa. Teriamos que estar todos mortos e só entón cumpriríase o seu ultimato para entregar Kharkiv, Mariupol ou Kíiv. Non podemos facelo", manifestou. 18.00 | O Estado español dá asilo a máis de 10.000 persoas refuxiadas O Ministerio do Interior informou esta segunda feira da concesión dun status de protección temporal no Estado español a perto de 10.260 ucraínos e ucraínas que abandonaron o seu país por mor da guerra. 17.22 | A ONU eleva a máis de 900 os civís mortos en Ucraína A oficina do Alto Comisionado da ONU para os Dereitos Humanos (Acnudh) informou nesta segunda feira de que o número de vítimas civís en Ucraína desde que principiou a invasión rusa hai case un mes ascende a 925, alén doutras 1.496 persoas feridas. A maioría das mortes, sinala Acnudh, "debéronse ao uso de armas explosivas cunha ampla área de impacto, incluídos os bombardeos de artillaría pesada e sistemas de lanzamento múltiple de foguetes, ataques aéreos e con mísiles". 16.20 | Rusia e os EUA poderían rachar as relacións O Goberno da Federación Ruso convocou esta segunda feira o embaixador dos EUA en Moscova, John Sullivan, para trasladarlle persoalmente o seu "malestar" logo de que o presidente estadounidense, Joe Biden, se referise ao seu homólogo ruso, Vladimir Putin, como un "criminal de guerra". O Kremlin, que considera "inaceptábeis e indignas" esas declaracións, advirte que calquera medida "hostil" recibirá un rexeitamento "firme e decisivo". 12.53 | Alertan da presenza de minas no mar Negro chegadas de Ucraína O Goberno búlgaro alertou da presenza de minas explosivas no mar Negro, que teñen como punto de orixe a costa de Odesa e que agora mesmo atópanse sen ningún tipo de supervisión. Segundo expertos da Academia Militar en Varna, as minas poderían chegar a augas territoriais búlgaras nalgo menos de dúas semanas, polo que advirten a empresas e particulares que extremen a precaución. 11.08 | O alcalde de Kíiv decretará un novo toque de recoller O alcalde de Kíiv, Vitali Klichkó, decidiu decretar un novo toque de recoller que entrará en vigor ás 19 horas [pola hora galega], e rematará ás 6 horas da cuarta feira. Do mesmo xeito que no anterior toque de recoller, só se permitirá o movemento daquelas persoas e vehículos que conten cun pase especial. 10.16 | Rusia informa do ataque a instalacións militares ucraínas na zona de Rovno O medio dixital Russia Today recolle na mañá desta segunda feira as declaracións do portavoz do Exército ruso, Ígor Konashénkov, quen informou do ataque a unhas instalacións militares ucraínas no polígono Nóvaya Liubomirka, na zona de Rovno. Segundo afirma Konashénko, era "un centro de adestramento de mercenarios estranxeiros e formacións ultras ucraínas", e durante o ataque faleceron "máis de 80" persoas. 9.07 | Ucraína rexeita o ultimatum do exército ruso e négase a entregar Mariupol As autoridades ucraínas rexeitaron o ultimatum do exército ruso para entregar Mariupol e permitir a evacuación das 130.000 persoas civís que aínda seguen na cidade, segundo recolle a axencia de noticias Reuters. O Goberno ruso afirmou que permitiría a saída da poboación civil, pero non a dos batallóns e milicias que seguen na cidade, e aos que Moscova acusa de empregar civís como escudos humanos. Pola súa parte, o Goberno de Volodimir Zelenski volveu insistir en que "Ucraína non se rende". 8.34 | Zelenski suspende a actividade de once partidos da esquerda ucraína por seren "pro rusos" O presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, anunciou este domingo que suspendía a actividade de 11 partidos políticos ucraínos, correspondentes á esquerda do país, mentres se manteña en vigor a lei marcial que imperá en Ucraína. Para xustificar esta decisión, Zelenski fixo referencia aos "vínculos" que existen entre algunhas destas formacións políticas e Rusia. 7.59 | As ONG galegas, protagonistas na axuda a Ucraína Desde o inicio da invasión rusa sobre o país veciño, o 24 de febreiro pasado, os equipos especializados en urxencia puxéronse a traballar para axudar a poboación civil, tanto dentro de Ucraína, como nas fronteiras. As ONG galegas, protagonistas na axuda a Ucraína Durante as últimas semanas, a Coordinadora Galega de ONG de Desenvolvemento non parou de recibir chamadas telefónicas de cidadáns que queren colaborar para paliar os graves efectos humanitarios da guerra. Guerra que, por darse ás portas da UE, xerou unha resposta masiva da poboación que non sabe como canalizar ese sentimento de solidariedade. |
PRAZA_9212 | A ocupación sitúase aínda en niveis de 2011 pese á recuperación que amosa a EPA. O paro baixou en 33.200 persoas no último ano pero son 21.200 máis que hai unha década, período no que o mercado laboral galego perdeu máis de 87.000 activos. | O paro baixou en Galicia en 4.100 persoas no último trimestre de 2018 con respecto ao trimestre anterior. Así, e segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), o número de persoas paradas sitúase no país en 148.900, 33.200 menos que hai un ano.O paro baixou en 33.200 persoas nun ano e afecta a case 150.000, 21.200 máis que hai unha década e cunha taxa 2,5 puntos superiorSon algunhas das cifras positivas que se tiran dos datos do INE, que permiten tamén tamén alargar o foco e comparar o mercado laboral galego de hoxe co de hai unha década, co do cuarto trimestre de 2008 e, xa que logo, co do momento no que comezou a grave crise económica da que aínda se sofren as consecuencias, só unhas semanas despois da caída de Lehman Brothers.Galicia contaba daquela con 127.700 persoas paradas segundo a EPA de finais de 2008. Eran 21.200 menos que agora e cunha taxa de paro inferior aínda ao 10% (9,64), case dous puntos e medio por baixo do 12% da actualidade. A crise elevou o paro a cifras récord e bateu con dureza nun mercado laboral minguado. Nunha década, Galicia destruíu case 110.000 empregos. As 1.088.100 persoas ocupadas do último trimestre de 2018 eran 108.300 máis no mesmo período de hai unha década: 1.196.400. Galicia destruíu case 110.000 empregos na última década e minguou o seu mercado laboral ao perder 87.100 persoas activasCon todo, e malia o descenso na ocupación en 8.400 persoas no cuarto trimestre do ano pasado con respecto ao anterior, o número incrementouse en 32.200 nos últimos doce meses. A taxa de ocupados mellora e sitúase en Galicia no 46,61%, pero é aínda máis de tres puntos inferior á que tiña hai unha década, na que era case do 50% (49,73%).Destruíronse máis de 108.000 empregos en dez anos malia que o paro, no mesmo período, aumentou nunhas 21.000 persoas. As cifras de ocupación están, aínda, nos mesmos niveis de hai sete anos, en 2011, cando o impacto da crise económica era especialmente duro. A emigración na busca de traballo, o desánimo á hora de apuntarse ás oficinas de emprego e a persistente caída demográfica (Galicia perdeu máis de 60.000 habitantes na última década) impulsan a perda de ocupación pero tamén a caída do mercado laboral. O número de persoas activas --poboación que traballa ou busca emprego-- en Galicia sitúase no último trimestre de 2018 en 1.237.000, 87.100 menos que hai unha década, cando esta cifra chegaba a 1.324.100. No caso do mercado laboral, a súa mingua mantense paseniño mesmo nestas épocas de recuperación. O número de activos e activas diminuíu en 12.400 persoas con respecto ao trimestre anterior. De compararmos con hai un ano, o número a caída é de 900 persoas.Esta perda de poboación activa amortigua a taxa de paro, xa que no último ano o descenso do número de paradosfoi superior ao incremento dos ocupados, precisamente polo perda de persoas activas.Por outra banda, no cuarto trimestre de 2018, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro aumenta en 1.200 unidades e sitúase en 54.200 fogares. Respecto ao cuarto trimestre de 2017, esta tipoloxía de fogares redúcese un 18,0%.Ademais, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados diminúe en 2.500 unidades, quedando en 604.500. En relación co mesmo trimestre do ano anterior, hai 21.000 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 3,6%.En canto ao emprego por conta allea, no cuarto trimestre de 2018 había 6.200 persoas asalariadas menos ca no trimestre anterior. A destrución de emprego concéntrase no sector privado (6.600 persoas asalariadas menos no sector privado e 400 máis no sector público) e no temporal (8.600 empregos temporais menos e 2.400 indefinidos máis).Ademais, nese último cuatrimestre do ano había 150.900 persoas ocupadas cun posto de traballo a xornada parcial (o 13,9 % da poboación ocupada fronte ao 13,1 % de un ano antes). O 57 % das persoas que traballaban a xornada parcial manifestaron que tiñan ese tipo de xornada porque non atopaban un traballo a xornada completa e só un 7 % afirmou buscar ese tipo de xornada. |
NOS_49409 | A reportaxe da cadea pública británica atopa refuxiados en factorías que fan roupa para firmas como Marks & Spencer, Mango ou a empresa de Inditex. Nalgúns casos hai menores implicados. Os refuxiados poden chegar a traballar até 12 horas ao día e cobran por baixo do salario mínimo turco. | Refuxiados sirios explotados como man de obra barata en factorías turcas para facer roupa para a Unión Europea. Esta é a conclusión da investigación realizada pola BBC e na que aparecen implicadas empresas como a galega Zara, a catalá Mango, Marks & Spencer ou Asos. Todas estas marcas, coas que contactou a cadea británica para coñecer a súa versión, dixeron que non permitían ese tipo de traballo nos seus proveedores e que supervisan polo miúdo a cadea de suministro. Porén, na reportaxe da BBC atopa refuxiados sirios traballando en factorías que suministran a firmas europeas. Nalgúns casos, como o de M&S había refuxiados menores de idade. Así, os xornalistas da canle británica atoparon na súa investigación refuxiados sirios a traballar 12 horas nunha factoría de Estambul para suministros de Zara e Mango. Adicábanse a pulverizar con produtos químicos perigosos os vaqueiros para branquexalos, tarefa que algúns deles realizaban sen sequer posuír máscara de proteción. Mango respondeu que esa factoría fora contratada sen o seu coñecemento. Inditex, da que fai parte Zara, de por parte, defendeu as súas investigacións como unha forma eficaz de seguimento de que se cumpran as condicións. Recoñeceu que atopara unha "anomalía significativa" en xuño e que exixira que se subsanase. Doce horas No transcurso da investigació, os reporteiros descubriron que nunha factoría turca que suministra roupa a Marks & Spencer había 7 refuxiados sirios a traballar por menos dunha libra a hora (por baixo do salario mínimo turco), que foran empregados a través dun intermediario e que se lles pagaba en man e na rúa, é dicir, en B. Unha desas persoas refuxiadas recoñeceu que na factoría se lles trataba mal. "Se a un sirio lle pasa algo, desfanse del como se fose unha peza de roupa". Outro dos refuxiados, de 15 anos, afirmou traballar 12 horas ao día pasando o ferro. Nun taller que suministra a Asos, empresa de venda on-line, a BBC atopou traballando sirios (algúns deles, crianzas) que carecían de permiso de traballo. "Eles saben que están a ser explotados mais non poden facer nada". M&S manifestou que para eles o comercio "ético é fundamental" e anunciou que "faremos todo o posíbel para que non volva acontecer". Mais Danielle MacMulla, dunha ONG que se centra en investigar o cumprimento dos dereitos humanos, considera que "non é abondo dicir que non o sabian e que non volverá suceder". |
NOS_25510 | No primeiro trimestre houbo en Galiza 5.914 accidentes laborais, 118 dos cales foron graves e 11 mortais. | O 2016 deixa o peor primeiro trimestre dun ano desde o 2012 en canto a sinistralidade laboral. Nos tres primeiros meses deste exercicio producíronse un total de 5.914 accidentes laborais, case un 2% máis que no mesmo período de 2015. Desde o primerio trimestre de 2012 (6.651) non se rexistrara un número tan alto de sinistros. Este primeiro trimestre deixou cifras preocupantes en canto a sinistros mortais: 11. Porén, é un descenso a respeito do mesmo período do ano anterior, no que foron 15 os falecidos. Os accidentes graves aumentaron un 47,5% A Unión comarcal de Vigo do sindicato CIG realizou esta terza feira unha concentración de delegados perante Inspección de Traballo desta cidade, unha mobilización para denunciar a falta de seguridade nas empresas e o incremento da sinistralidade. Nas últimas semanas morreron 2 traballadores na cidade. En Galiza este primeiro trimestre deixou cifras preocupantes en canto a sinistros mortais no traballo: 11. Porén, é un descenso a respeito do mesmo período do ano anterior, 2015, no que foron 15 as persoas traballadoras falecidas. Non se rexistrou este descenso nos accidentes leves (aumentaron nun 1,2%) nin nos graves. Nestes últimos, o aumento nos primeiros tres meses de 2016 foi dun 47,5% (118 accidentes graves). A siniestralidade laboral bateu récords en Galiza en 2015, un ano no que os traballadores e traballadoras falecidos no noso país en accidentes laborais foi o máis elevado dos últimos exercicios: 64. En todo o 2014 a cifra de traballadores mortos foi de 59. En 2013 foron 47 e en 2012, 45. Así pois, o noso país acumula catro anos consecutivos de aumento nas cifras de mortalidade por sinistralidade no traballo. |
NOS_52698 | Os republicanos consideran que esta prórroga confirma o 'transfondo político' da detención e alertan do impacto no proceseo do paz. E advirten que o republicanismo podería reprantexarse o seu posicionamento sobre o PSNI, a policía dos 6 condados. | Ás 20:00 horas desta sexta feira finalizaba o prazo que tiña o PSNI (Policía de Irlanda do Norte) para interrogar a Gerry Amdans, retido na comisaría de Antrim, en relación a unha acción do IRA de 1972 (asasinato e desaparición dunha muller á que tiñan por confidente dos británicos). Mais a xustiza deu o visto bo á petición do PSNI de ter 48 horas máis para interrogar a Adams, unha decisión que vén de caer como unha bomba na illa. Desde o Sinn Féin opinan que esta prórroga vén a confirmar que hai un interese e un trasfondo político na detención do dirixente nacionalista irlandés, un trasfondo motivado tanto polos sectores unionistas máis refractarios o proceso do paz como polos bos resultados que as enquisas agoiraban para o SF nestas europeas. (Un exemplo: na capital da República, Dublín, a forza máis votada, co 25% dos votos) RUC, PSNI Desde o republicanismo irlandés, aliás, lanzouse unha advertencia de calado: que poderían reprantexarse o seu posicionamento sobre a nova policía norirlandesa, até o de agora marcada pola ausencia de animosidade. O PSNI é a herdeiro, nado da man do proceso de paz, do RUC, corpo odiado durante as décadas de conflito polos católicos pola súa implicación co lealismo e unionismo máis sectario. As relacións de membros do RUC nos 70 e nos 80 con asasinatos, secuestros, torturas e desaparicións fixeron que nos bastións repúblicanos dos 6 condados (Derry, Belfast Oeste,..) fosen máis odiados mesmo que o exército británico. De decidir o SF que o PSNI pasa ser 'non grato' este corpo ficaría invalidado de facto para operar nos barrios e condados católicos. |
NOS_43185 | O festival ten lugar en Allariz o 10 de outubro, por sétimo ano, nunha edición de balde, mais con reserva previa. | A pesar do coronavirus, a poesía tomará este ano, como vén facendo nos últimos seis, as rúas de Allariz, aínda que cun formato un pouco diferente. A sétima edición do Poemagosto Festival Internacional de Poesía decorrerá o vindeiro sábado 10 de outubro, de maneira excepcional nunha única xornada e dividido en tres actos poético-musicais. Observando todas as medidas sanitarias e de seguridade e a normativa actual sobre actos culturais, as diferentes actividades terán lugar ao ar libre, no recinto do Festival Internacional de Xardíns (patio do Museo do Coiro en caso de choiva) e con capacidade limitada de público. De balde, pero limitado A entrada será de balde, pero restrinxida ás persoas que realicen a reserva previa obrigatoria. Haberá tamén a opción de adquirir unha "entrada solidaria" para quen queira colaborar co festival, que inclúe a reserva e unha camiseta do Poemagosto, todo por cinco euros. O festival inaugurarase co primeiro acto ás 12 horas e alternará as lecturas de poesía do elenco de poetas participantes e a música do grupo Son Trío. Están na programación quer nomes recoñecidos do panorama galego –Moncho Iglesias Míguez, Charo Lopes, Antón Reixa, Baldo Ramos e Andrea Nunes Brións– quer artistas internacionais –Sofía Castañón (Asturies), Raquel Lima (Portugal) e Abdul Hadi Sadoun (Irak). O segundo acto, ás 18 horas, seguirá a mesma estrutura, co acompañamento musical do grupo Terra Morena. Concerto de feche O sétimo Poemagosto fechará a xornada cun concerto musical que comezará ás 20.30 horas e contará coas intervencións de Xosé Luís Rivas 'Mini' (membro dos míticos grupos Fuxan os Ventos e A Quenlla) e o grupo Trilitrate, un trío que mestura diferentes estilos musicais como jazz, étnica, a improvisación libre ou o hardcore, e que incorpora a vídeo-proxección en directo dunha artista visual. Cada persoa que desexe asistir deberá escribir un correo electrónico ao enderezo poemagosto@gmail.com indicando nome e apelidos e número de teléfono, especificando ademais para cal ou cales dos actos desexa reservar billete. Toda a información estará dispoñíbel tamén na web ou a través das redes sociais. |
NOS_43254 | Desde que a pandemia se deixou notar na Galiza faleceron preto de 700 persoas. Desde principios do mes de agosto, o número de vítimas chegou ás 75. Unha das últimas foi un usuario da residencia DomusVi de Outeiro de Rei. Os cadros de persoal tamén están a correr riscos e hai 89 positivos. No centro de atención á discapacidade Ricardo Baro, en Oleiros, volven aumentar aos casos activos. | Unha das últimas vítimas que se cobrou a Covid-19 no país era un usuario da residencia de Outeiro de Rei, a que neste momento ten máis residentes coa enfermidade activa. Con estes pasamentos, o número total de mortos abeira os 700 (694), gran parte dos cales se produciron en xeriátricos ou a persoas vencelladas a eles. Desde que se estrenou a "nova normalidade" na nazón faleceron 75 persoas, gran parte deles novamente usuarios de centros como o do Incio, a DomusVi de Outeiro de Rei ou a Orpea, en Culleredo. Non é de estranar que un dos núcleos da poboación máis perxudicado sexa o da xente maior, e menos aínda atendendo ás denuncias que foron chegando nas últimas semanas sobre as condicións de vida nos centros residenciais. Á marxe das denuncias, a Consellaría de Política Social vén de dar un novo parte sobre a situación de casos activos nestas infraestructuras. Actualmente son positivas polo virus 138 usuarias e usuarios da DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei; 58 do Incio e 26 de Orpea Coruña, en Culleredo. Ademais, seguen coa enfermidade 5 residentes na DomusVi Lalín, un no centro de Arteixo e outro no Castro Ribeiras do Lea. En total, hai 229 afectadas e afectados porque se retirou do cómputo un usuario do Incio por curación e outros por falecemento. Risco para os cadros de persoal No caso das e dos traballadores, nas últimas 24 horas recibiu a alta un operario de Lalín. Porén, hai novos positivos noutras instalacións. Hai unha operaria ou operario afectado en cada un dos seguintes centros: Ballesol (Oleiros), Volta do Castro (Compostela), Porta do Camiño (Compostela) e San Simón (Teo). Polo tanto, a última hora da noite desta segunda feira había 89 persoas dos cadros de persoal con probas positivas, a maioría repartidas entre O Incio (36), Outeiro de Rei (23), Culleredo (4), Lalín (3), na Volta do Castro de Compostela (2) e en Mos (2). O resto son unha afectada por xeriátrico en Ballesol (Oleiros); a residencia de Oleiros; Domusvi Coruña (tamén en Oleiros; DomusVi Noia; Porta do Camiño (Compostela); San Simón (Teo); Victoria (Teo); Os Tercios (Touro); DomusVi Monforte; San Bartolomeu (Xove); Nosa Señora do Socorro (Arnoia); La Saleta (Cea); DomusVi Barra de Miño (Coles); Santiago Apóstol (Vilamarín); Vilar de Barrio; Campolongo; Saraiva Sénior (Pontevedra); CRAPD Vigo II e Albi-Beade. Alarma no centro Ricardo Baro No que se refire aos centros de atención a persoas con capacidades diferentes, hai que dar conta do contaxio a outras 6 traballadoras da residencia de atención a persoas con discapacidade Ricardo Baro de Aspronaga (Oleiros) e a un operario do Centro de Atención ás Persoas con Discapacidade de Redondela. Así, segundo o último informe de Política Social, hai 26 usuarias e 8 empregadas de Aspronaga enfermas. A Covid-19 tamén afectou a outras catro persoas dos cadros de persoal destes centros. Hai un doente en Aspace (A Coruña), en A Braña (A Estrada), en Juan Vidán Torres (Compostela) e en Chapela (Redondela). |
NOS_12017 | Miguel Lorenzo é candidato do Partido Popular ao Senado pola circunscrición da Coruña. É avogado e profesor universitario, e xa fora deputado na XI e XII lexislaturas. | Que se xoga o pobo galego nas vindeiras eleccións do 28A? O pobo galego, como o resto de España, xógase a estabilidade precisa para o crecemento económico, a creación de emprego, o progreso e o mantemento do estado de benestar, non nos podemos permitir una lexislatura na que o debate sexa a propia existencia de España como país unido e que a subida de impostos que anuncia Sánchez arruíne a clase media Que lectura fai da lexislatura anterior a respecto de Galiza? Foi unha lexislatura na que houbo gobernos de distinto sino. Está claro que até hai nove meses, España e Galiza crecían con forza, melloraban os índices económicos e baixaba o paro, e desde a moción de censura e desde que goberna o señor Sánchez o único que se fixo foi adoptar medidas populistas con fins electoralistas que poñen en perigo a recuperación económica e o emprego. Como exemplo do que afecta a Galiza, podo citar o proxecto de presupostos no que o PSOE castiga a Galiza, algo que os galegos non merecemos. Cales serían para vostede as tres principais problemáticas que afectan a Galiza? Hai que abordar a cuestión industrial. Temos que pelexar para que non se desmantele o tecido industrial en Galiza e que se aposte pola innovación para gañar valor engadido e competitividade. Tamén o corredor atlántico ferroviario. Unha vez que Europa recoñeceu a nosa conexión co resto do continente a través do corredor ferroviario de mercadorías, hai que instar o goberno para que elabore un plan director críbel, co respaldo orzamentario e prazos de execución de obra co fin de acadar fondos europeos para financiar estas obras, claves para a competitividade da nosa economía Un grande problema co que hai que enfrontarse e co declive demográfico, que significa un envellecemento da poboación, con todo o que leva aparellado en relación á sostibilidade do sistema sanitario, as pensións e a dependencia; e a despoboación das zonas do interior, que esixen un esforzo para que ás persoas novas lles saia rendíbel vivir nas aldeas e as vilas. Que senadora ou senador sería referente para o seu labor no Senado? Coido que o Senado cumpre unha función colectiva que, de feito, foi determinante para parar o golpe de Estado que pretenderon os separatistas cataláns. E, dito isto, para min houbo un senador que coido que ninguén pode dubidar que fixo moitas cousas por Galiza, e que foi don Manuel Fraga. Cal será a primeira iniciativa que defenderá no Senado? Primeiro hai que agardar o resultado das eleccións, e unha vez coñecido, tendo en conta as tarefas que me asigne o meu grupo parlamentario, non dubide de que traballarei polos obxectivos que xa lle respondín nas preguntas anteriores. Como ve as opcións do PP na cita electoral? Mire, eu estou a facer moita campaña na rúa, falando coa xente, e vexo que a xente escoita. E os galegos, que temos moito "sentidiño", non van votar partidos que só falan de emocións e sempre teñen solucións moi fáciles para os problemas dos países. Eu penso que a xente vai votar un valor seguro, e non dubide de que o resultado será moi bo para o Partido Popular. |
NOS_35074 | A tres meses do seu pasamento, centos de persoas homenaxearon o Sábado 1 de Xullo en Foz Xoán Carlos González Basanta, a ateigaren o edificio do CENIMA, que ficou pequeno para acoller este acto de recoñecemento e lembranza. | A iniciativa, promovida por entidades e colectivas vinculadas ao homenaxeado, como A Pomba do Arco, a CIG, o BNG, o Club Baloncesto Celtas ou o Club Deportivo Foz, superou as previsións dos organizadores que viron como a grande maioría dos asistentes non puideron acceder ao salón de actos e mesmo ficaron fóra do propio edificio. Xoán Carlos González Basanta estivo acompañado na súa homenaxe pola palabra das organizacións convocantes, os saúdas dos portavoces dalgunhas das organizacións nas que militaba, como Ana Póntón, Nestor Rego ou Anxo Louzao, as intervencións desde a distancia dalgunha das súas escritoras máis queridas, caso de Pilar Pallarés e Luísa Castro, ou a musica de Mini e Mero ou A Subela. A xornada foi aberta pola proxección dunha fotobiografía do propio Basanta, elaborada polas asociacións convocantes, que recollía diversos aspectos da vida do homenaxeado. Xoán Carlos González Basanta, morto no mes de Marzo pasado con apenas 52 anos, destacou desde moi novo polo seu activismo político, cultural, social, deportivo e sindical. Afiliado ao BNG desde finais da década dos 80, foi concelleiro desta organización ao longo de 10 anos, candidato á Alcaldía de Foz, habitual nas súas listas ao Parlamento de Galiza e membro dos seu organismos de dirección local e comarcal. Fundador da Asociación Cultural A Pomba do Arco, entidade que presidiu ao longo de 15 anos e desde a que impulsaría centos de iniciativas pola galeguización da súa vila, a promoción da literatura galega, a recuperación da memoria histórica ou a posta en valor das súas tradicións e do patrimonio histórico. Promotor e directivo da Comisión focega en defensa da sanidade, impulsor da Plataforma focega en defensa dunhas infraestruturas dignas, Presidente da Asociación para a defensa da Ria de Foz, xogará un papel activo en Nunca Máis, entidade da que sería o seu último portavoz na Comarca da Mariña. Destacado deportista fixo parte do Club Baloncesto Celtas ou do Club de Xadrez da Pomba do Arco, sinalándose na loita sindical, onde ocupou responsabilidades ao longo dos anos, primeiro na Unión de Traballadores do Ensino de Galiza, sección do ensino da INTG, na Comarca de Ferrol e posteriormente na CIG Ensino da Mariña. Xoán Carlos González Basanta reunía nunha peza a firmeza das convicións, o activismo permanente, o optimismo e a sorriso franco Xoán Carlos González Basanta, coñecido entre os seus amigos como Basanta ou Bas, deixa unha pegada moi forte entre aqueles que o coñeceron, como testemuña a masiva presenza nesta homenaxe. Como sinalaron no acto algunhas das persoas que o coñeceron e mantiveron unha estreita relación persoal con el, o homenaxeado sobranceou por ser unha persoa de grande cultura, sempre á vangarda das novas tendencias e disposto a achegar, con discreción e sen ningún tipo de pretensión, estes coñecementos aos seus próximos. Persoa de conviccións firmes, optimista e de sorriso franco, vinculou a un tempo a defensa sen vacilacións das súas ideas e do interese xeral co respecto e mesmo a comprensión ás propostas dos adversarios, aspectos destacados no propio acto polo anterior e actual alcalde de Foz, persoas cos que mantivo duros enfrontamentos na súa etapa como portavoz municipal do BNG. A morte de Xoán Carlos Basanta, como sinalou a súa sucesora á fronte do grupo municipal do BNG, deixa un baleiro imposíbel de cobrir non só para os seus propios pais, era fillo único e vivía con eles, e a familia nacionalista senón para o conxunto da veciñanza de Foz e da Mariña. A lembranza de Xoán Carlos González Basanta terá continuidade en diversos actos que amigos e organizacións das que facía parte promoverán nos próximos meses. Algunhas destas iniciativas, adiantadas no propio acto, consistirán na edición dun volume que recolla diversos textos literarios, xornalísticos e intervencións públicas do propio Basanta. Escritor máis que notábel, deixou unha importante obra inédita, onde se pode observar as pegadas dos seus autores de cabeceira como Pilar Pallarés, Luísa, os surrealistas franceses, particularmente Robert Desnos, Blanco Amor ou o brasileiro Jorge Amado. Ao tempo deixou un importante arquivo audiovisual que vén ser unha crónica da vida de Foz e da Mariña dos últimos 25 anos, ficando na mesma testemuño de actos políticos e culturais, mais tamén do seu inxente traballo de recuperación etnográfica, patrimonial e histórica. Sexa como for, en palabras dalgúns dos intervintes na homenaxe, a figura de Basanta fica gravada de xeito irreversíbel na vida de Foz e da Mariña, até o ponto de esta non se explicar sen a súa achega e contributo. |
NOS_14140 | Na Galiza hai perto de 250 parroquias baixo a advocación de Santiago, moitas no propio Camiño. Nunha boa parte a iconografía predominante é o Santiago mata mouros en vez do Santiago peregrino. | As persoas que hoxe vemos facendo o camiño de Santiago non adoitan vestir uniformemente, embora as multinacionais da moda pouca diversidade ofrezan. Mais no pasado, o peregrino tiña unha vestimenta que o identificaba e que poderíamos cualificar como estándar, con elementos que permaneceron ao longo dos séculos. Entre eles a túnica, o bordón, a alforxa ou as cunchas de vieira. O bordón e a alforxa eran imprescindíbeis e mesmo, tal como nos informa Xesús Carro, podían, e debían, ser abenzoados na igrexa de partida coa fórmula: "No nome de Noso Señor Xesucristo recibe este bordón ou bágoo, sostén da viaxe, pra camiño da tua pelengrinaxe, a fin de que poidas chegar ao Santuario de Santiago e voltar contente e satisfeito". É con estes atributos que se representa a iconografía do peregrino. E tamén así se representa o propio apóstolo, como un peregrino. Elena Carvajal, nun traballo intitulado Santiago peregrino, dinos: A diferencia del Santiago apóstol, que suele aparecer descalzo y con túnica larga, el tipo iconográfico del santo peregrino se caracteriza por mostrarlo convenientemente calzado, frecuentemente con túnica corta que permite una marcha más cómoda, portando zurrón o escarcela y bordón, y tocado con un sombrero decorado con la habitual concha, símbolo de la peregrinación a Compostela". E así aparece, por exemplo, na iconografía do mosteiro de Silos. De todos os elementos caracterizadores destaca a vieira, presente xa no século XI, segundo podemos ler no Liber Sancti Iacobi que menciona como se vende na fachada norte da catedral: "...hai uns mariscos no mar próximo a Santiago, aos que o vulgo chama vieiras (...) e ao regresar os peregrinos do santuario de Santiago préndenas das capas en lembranza de tan longa viaxe", é símbolo que máis chega a hoxe, embora como símbolo da peregrinación a Compostela entrar tardiamente na iconografía. Mata mouros ou mata indios, tanto dá Para entender correctamente a iconografía do Santiago peregrino é preciso ter presente o tópico do "Homo Viator", esa imaxe que recolle a idea da vida como un camiño, como unha peregrinación. Pasada a idade media esa concepción do "Homo Viator" xa non interesa, son outros os valores- e a monarquía española, sabedora do inmenso poder mediático de Compostela, aproveita para o utilizar en beneficio propio. Felipe II envía a Compostela Ambrosio Morales co obxectivo de inventariar reliquias de santos e fixarse especialmente no apóstolo. E é tamén Felipe II quen descobre que para os novos tempos que el administra xa non vale a figura do Homo Viator que vai ser substituída polo Santiago mata mouros, daquela xa mata indios, pois estamos en pleno proceso de colonización e exterminio en América. Daí a pragmática que emite desde o Escorial, a 13 de xuño de 1590, que prohibe o traxe tradicional do peregrino: "A treze dias de Junio de mil quinientos y noventa años, en el cual, por cuanto por experiencia se ha visto y entendido que muchos hombres, assi naturales destos Reynos como de fuera dellos, andan vagando sin querer trabajar ni ocuparse de manera que puedan remediar, su necesidad, sirviendo o haciendo otros oficios y ejercicios necesarios en la república, con que se puedan sustentar; y andan hurtando, robando y haciendo otros delitos y excesos en gran daño de nuestros súbditos y naturales, y para poder hacer con más libertad lo susodicho, fingen que van de romería a algunas casas de devoción, diciendo averlo prometido, y se visten y ponen hábitos de romeros y peregrinos, de esclavinas y sacos de sayal, y otros paños de diversos colores y sombreros grandes con insignias y bordones por manera que con esto engañan a los justicias, los cuales viéndolos assí passar con semejantes hábitos, los dexan passar libremente creyendo son verdaderamente romeros y peregrinos, prohíbese "que aquí adelante ningua persoana destos Reynos, de cualquier calidad que sea, no pueda traer el dicho abito de romero y peregrino, aunque sea con ocasión de efeto verdadero de ir a algunha romería destos nustros Reynos y fuera dellos, sino que cualquier persona que quisiese ir a alguna romería, vaya en el abito ordinario que tuviere y suele y acostumbra a llevar por los que andan de camino" Despois desta norma, e outras que seguiron, xa nos comezos do século XVII, o Santiago peregrino foi desaparecendo de retábulos e altares, trocado polo Santiago mata mouros. Desaparecendo dos altares e comezando a aparecer en edificios públicos. Permaneceu en moitos frisos, como no convento de San Marcos en León. Desde 1630 Santiago é oficialmente patrón de España. Sen ninguén que lle faga sombra. Nin San Millán nin Santa Teresa. A iconografía militarista desenvólvese parella á España imperial de Carlos V e continúa cos seus sucesores A iconografía militarista desenvólvese parella á España imperial de Carlos V e continúa cos seus sucesores. En 1541 decora, Carlos V o sobrepeto da súa armadura no ataque a Arxel cunha imaxe de mata mouros. A afirmación do poder imperial en territorios mediterráneos como Sicilia e a colonización de América, onde Santiago se transforma en mata indios, acaban por consolidar esta imaxe. O Barroco elimina a figura do peregrino en favor do mata mouros. A transformación total dáse na Praza do Obradoiro. Á catedral chegan millares de persoas dando vida ao Homo Viator medieval mais agora con outras motivacións; na fachada da Catedral, na parte do Obradoiro, temos un Santiago vestido coas roupas de apóstolo, de predicador e con algo de peregrino; na fachada de Raxoi, enfronte, un Santiago mata mouros, castigando sen piedade, nunha man a espada e noutra a cruz. Claro que este edificio foi concibido para ser seminario para confesores e encargado polo mesmísimo bispo Bartolomé Rajoy. Presidido este inmenso confesionario por un Santiago mata mouros xa podemos imaxinar como serían as penitencias administradas por estes confesores. Resulta curioso como en boa parte das case 250 parroquias galegas que renden culto a Santiago como patrón, a grande maioría, en retablos e altares, opte polo Santiago mata mouros para, cada 25 de xullo saír en procesión e render culto ao guerreiro celeste. Podemos aducir razóns de todo tipo mais eu opto por considerar, abramos portas á imaxinación, que o pobo galego lembra aqueles anos pasados en que Galiza era, en torno a Compostela, núcleo de poder e dona dos seus destinos. Daí a a pergunta que xorde: será que, mantendo na memoria o período de esplendor pasado, a xente ve en tal xinete un posíbel liberador da opresión centralista? Será. Teñamos en conta que a primeira vez que Santiago aparece a cabalo non mata mouros mais cristiáns traidores ao arcebispo Berenguel de Landoria, a quen se dedica unha torre na catedral: a Berenguela. Nota: A foto que vai no corpo do texto é do interior da igrexa de Novefontes, en Touro. |
NOS_36452 | As autoridades danesas requisaron 10.700 euros a cinco iranís. | Coñécese como a 'Lei das xoias', segundo a acuñou a imprensa danesa e foi aprobada entre críticas das organizacións da esquerda, asociacións de avogacía, ONG's e mesmo as Nacións Unidas por considerar que estigmatiza as persoas demandantes de asilo ao autorizar as autoridades a confiscar bens para sufragar supostamente os custes do seu acollemento. Foi aprobada en xaneiro deste ano e até o de agora o goberno de Dinamarca asegurou que non fora aplicada. Porén, esta quinta feira (30 de xuño) comunicou que se producira o primeiro requisamento por valor de 10.700 euros a cinco persoas de orixe iraní que solicitaron asilo após seren detidas no aeroporto por entrar ilegalmente no país en posesión de documentación falsa, segundo dixo a Policía danesa. Gastos de estadía "Na miña opinión é razoábel que un pague se pode arranxarse por si propio cando chega como solicitante de asilo", defendeu a ministra de Extranxeiría e Integración, Inger Støjberg, polo que "a Policía danesa está atenta a diario para comprobar se os peticionarios e extranxeiros en situación ilegal que atopamos ten obxectos de valor que poidan financiar os gastos da súa estadía", acrecentou o xefe da unidade de Extranxeiría da Policía, Per Fiig. A lei aplícase para aquelas persoas que posúan bens ou diñeiro por riba dos 1.340 euros e introduce, entre outras cuestións, maiores restricións para acceder ao proceso de reunificación familiar endurecendo o tempo de agarda de 3 a 4 anos. Desde a ONU criticaron con dureza esta lexislación --vixente tamén en Suíza e Alemaña-- por vulnerar as convencións europeas de dereitos humanos, algo que negan desde o goberno. |
NOS_11089 | A excarceración de 5.000 presos insurxentes fai parte do acordo asinado en febreiro con representantes dos Estados Unidos. | Os talibán anunciaron nesta terza feira, 7 de abril, a ruptura das negociacións iniciadas co Goberno do Afganistán para a liberación de presos, requisito para o inicio dun diálogo de paz entre as dúas partes que poña fin a case dúas décadas de guerra no país asiático. A excarceración de 5.000 presos talibáns fai parte do acordo asinado en febreiro pola insurxencia e representantes dos Estados Unidos. Con todo, nestas últimas semanas as distintas partes cruzáronse reproches que complican calquera avance cara a un posíbel intercambio. Suhail Shaheen, portavoz da oficina talibán en Qatar, lamentou no Twitter que a liberación "se atrasou por distintos pretextos" nas últimas semanas. "Xa que logo, o noso equipo técnico non participará en reunións improdutivas", dixo, e lembrou as "promesas" asinadas. (1/2)We sent a technical team of the Prisoner's Commission to Kabul for verification and identification of our prisoners as release of prisoners was to start as per the signed agreement and the promise made (to us).— Suhail Shaheen (@suhailshaheen1) April 6, 2020 Altos mandos Un dos negociadores do Goberno, Matin Bek, responsábel da Dirección Independente de Administracións Locais, asegurou que as negociacións se atascaron pola reivindicación talibán de incluír no listado de posíbeis liberados 15 altos mandos implicados en "grandes ataques". "Estamos listos para liberar a 400 presos na primeira fase. Son os talibáns os que non queren isto", lamentou Bek en conferencia de prensa, segundo a cadea de televisión Tolo News. Os talibáns xa advertiran no domingo de que o acordo perigaba polo actual estancamento das negociacións. Unha situación que provocaría deixar tamén no aire o progresivo repregue militar de Afganistán dos EUA e dos seus aliados. |
NOS_14310 | Os casos activos descenden a 431. | Galiza principia a semana na que está previsto que saia da emerxencia sanitaria pola Covid-19 con 21 novos contaxios -cinco menos que a xornada anterior- e 36 pacientes ingresados -un máis-, mentres que os casos activos descenden a 431 -doce menos- e a taxa de positividade mantense nun 0,51%. Segundo os datos actualizados esta segunda feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas deste domingo, as persoas hospitalizadas pola Covid en UCI aumentan a nove -unha máis- e seguen 27 ingresados noutras unidades, mentres que 395 permanecen en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria soamente aumenta na de Lugo, que conta con tres ingresados pola Covid en UCI -un máis- e dous noutras unidades -un máis-; mentres que se alivia lixeiramente na de Vigo, na que segue un hospitalizado en críticos e descenden a sete os doutras unidades -un menos-. Nas outras cinco áreas sanitarias non hai cambios nos hospitalizados. Casos activos Esta semana comeza cos casos activos de Covid-19 de novo en descenso, e sitúanse en 431, ao haber máis altas (33) que contaxios (21), o que supón 12 menos que a xornada anterior. Desde o comezo desta crise sanitaria faleceron 2.646 persoas diagnosticadas con Covid-19 Deste modo, a área da Coruña e Cee permanece como a única por riba do centenar de casos, con 140; seguida da de Vigo, con 79; Santiago e Barbanza, con 69; Ourense, con 52; Lugo, con 44; Pontevedra e O Salnés, con 33; e Ferrol mantéñense á cola, con 14. Tamén esta semana comeza cun descenso dos contaxios con respecto ao peche da fin de semana con 21, que implican cinco menos que os 26 deste domingo e sete por baixo dos 28 do sábado. A pasada segunda feira rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galiza entrou en niveis de 'nova normalidade'. En canto á taxa de positividade das probas PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test- comeza a semana cun 0,51%, polo que se mantén como a xornada anterior. Por tanto, continúa por baixo do 5% que a OMS fixa como limiar para considerar controlada a pandemia. Desde o comezo desta crise sanitaria faleceron 2.646 persoas diagnosticadas con Covid-19, que se manteñen sen cambios desde a sexta feira pasada ao non notificar Sanidade falecidos tampouco este domingo. |
NOS_54896 | Afirma que "asina preventivamente" que concorra como coligazón porque o prazo de inscrición desta fórmula remata esta sexta feira, mais lembra que hai prazo até o día 23 para poder escoller outra fórmula. | Anova Irmandade Nacionalista fará a vindeira semana unha consulta interna para que a súa militancia poida opinar e elixir tanto a fórmula xurídica coa que prefiren que En Marea concorra o 26X como as persoas a integrar as candidaturas. "Para salvagardar o espazo de confluencia, e debido á cuestión burocrática de que o prazo de inscrición de coalicións remata o día 13 de maio, Anova-IN vese na obriga de asinar preventivamente a coalición 'En Marea' antes de consultar a decisión sobre a fórmula xurídica ás súas bases. Malia isto, lembra que aínda queda prazo até o día 23 para poder escoller outra fórmula", indican nun comunicado. Así pois, a formación que lidera Beiras non fecha a porta a seguir dando a batalla por outro fórmula de concorrencia, contra o criterio de EU e Podemos, que dan por sentado que vai ser coligazón. Memso sinala que "terá moi en conta o sentir da Asemblea do 15M de 'En Marea' para adoptar unha decisión definitiva neste eido". A Comisión Permanente de Anova tamén convocará para a semana un novo proceso de primarias para dilucidar as persoas candidatas a se integraren nas listas electorais de 'En Marea'. No comunicado, Anova incide en que "priorizou sempre a Unidade Popular e os espazos de confluencia", mais di que este debe ser "democratizado e aberto a cidadanía galega, pois ese foi o compromiso adquirido o 20D". |
NOS_47221 | A familia de Franco tenta agora lucrarse cun inmóbel que foi produto do espolio perpetrado polos golpistas de 1936. Con tal propósito, os herdeiros do ditador terían xa solicitado a taxación do inmóbel. A noticia sobre a venda do pazo avanzouna ABC, rotativo que obtivo a información de fontes próximas á familia. | De acordo con ABC, a morte da filla do ditador tería acelerado os trámites para a venda do inmóbel, cuxa restitución ao dominio público reclaman a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e a Xunta pro Devolución do Pazo. A familia Franco fíxose co pazo grazas a un espolio planificado polas elites franquistas da cidade da Coruña. O pazo está a ser xestionado a efeitos prácticos pola Fundación Francisco Franco, moi activa na apoloxía do legado do ditador fascista. Declarado BIC polo bipartito en 2008, desde aquela altura ten sido sistemático o incumprimento por parte dos propietarios das obrigas que decorren da súa condición como ben protexido -nomeadamente no que atinxe ao réxime de visitas-, sen que a Xunta da Galiza actuase en consecuencia. A familia optaría agora por facer caixa ante a presión social conducente á recuperación do inmóbel. 8 millóns de euros O dixital OK diario -meio ultraconservador- afirma que o pazo se poñerá á venda a un prezo de 8 millóns de euros. En declaracións recollidas por Europa Press, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, considera que os descendentes do ditador pretenden "librarse dun ben conseguido de maneira ilícita", en tanto que a Xunta pro Devolución traballa nun informe xurídico para que o imóbel pase a mans da Xunta da Galiza. |
NOS_3420 | O veto á construción naval civil na vella Astano remata hoxe, 31 de decembro, logo de perto de tres décadas de prohibicións, restricións e cambadelas que na súa última etapa, a que principiou en 2005, supuxo a perda dun enorme potencial no sector off-shore e a eliminación de máis de 700 postos de traballo só no estaleiro fenés. | Aínda hoxe non existe un pronunciamento oficial por parte da dirección de Navantia nin tampouco do seu único accionista, a SEPI, arredor do novo escenario, mais si un recoñecemento ao comité intercentros, que leva meses reclamando a elaboración dun plano industrial que sitúe os obxectivos para unha factoría que pagou como ningunha outra industria do Estado, as consecuencias da entrada na Unión Europea e a incapacidade e falla de peso políticos dos dous partidos alternantes no Goberno central, o PSOE e o PP. En que situación afronta Navantia Fene a era "post-veto"? O secretario comarcal da CIG en Ferrolterra e membro do comité de empresa de Navantia Ferrol, Manel Grandal, apunta que as perspectivas do sector da construción naval civil son moi interesantes de cara aos próximos anos, non só, sinala, na fabricación de buques cada vez máis grandes para transportar o gas ou o petróleo, senón tamén para a propia actividade off-shore –coa construción de barcos complementaria para dar servizo ás propias plataformas- e mesmo a eólica mariña, área na que o estaleiro fenés realizará o seu primeiro encargo logo do veto. "O problema", di Grandal, "é que a empresa non estivo traballando para incorporarse con garantías a estes mercados", nomeadamente, engade, "potenciando a área de I+D e formando o persoal", tarefas que si se fixeron nos estaleiros públicos andaluces. "Alí creouse o Clúster do Naval liderado por Navantia e o papel da Junta é activo, a diferenza do que ocorre en Galiza", lembra o portavoz da CIG. Nesa liña, explica que o encargo de Iberdrola a Navantia ten máis valor engadido na parte que desenvolverá Puerto Real –as subestacións-, do que en Fene, que montará os "jackets", isto é, as estruturas que soportarán os aeroxeradores. "Alí", resume, "farán un traballo máis sofisticado; aquí xuntaremos chapas, que está moi ben, pero que limita terribelmente o noso potencial". |
NOS_34667 | As nove persoas que o 26 de setembro de 2017 "tomaron" simbolicamente, na Coruña, a varanda da Casa Cornide, propiedade da familia Franco, para reivindicar a súa devolución ao patrimonio público, están chamadas a comparecer o 14 de outubro nun xulgado da mesma cidade por un posíbel delito leve de coaccións | O procedemento xudicial contra os e as activistas e militantes do BNG deriva da denuncia que interpuxeron os Franco por aquela acción, que para a representación da descendencia do ditador incorreu en delitos de odio e contra a honra, vulneración de morada e desobediencia contra a autoridade. Por eles, pedía para cada unha das persoas denunciadas até nove anos de cadea e 24.000 euros. Porén, a citación fala unicamente dun delito leve de coaccións, castigado con penas de multa, despois de que a Audiencia da Coruña desestimase un recurso da parte denunciante e rexeitase a existencia de delitos de odio ou de violación de morada. "Que Estado, que Goberno pode permitir a persecución de activistas e loitadores pola democracia na Galiza, mentres a familia dun ditador que deixou miles de mortos no noso país campa impunemente e gozando do patrimonio espoliado", criticou onte, tras coñecerse a data do xuízo, Elvira Branco, unha das denunciadas, reivindicando que se tratou dunha acción "simbólica e pacífica". Como no caso Meirás A activista, nunha comunicación remitida polo colectivo 19 de Meirás –en alusión ás 19 persoas que un mes antes, o 30 de agosto daquel ano, protagonizaron un acto similar no pazo de Meirás, tamén propiedade dos Franco naquel momento, e foron imputadas por el– urxiu a restitución ao patrimonio público galego da Casa Cornide –que a familia propietaria ten á venda– e "da mesma maneira que ocorre con Meirás, rescatar do espolio" o inmóbel. "Unha exixencia democrática e unha maneira de dignificar e facer xustiza á totalidade das vítimas do franquismo", entende o colectivo. O pasado día 2, outro xulgado coruñés, o de primeira instancia número 1, concluíu que esta outra propiedade, situada en Sada, debe ser devolta ao Goberno estatal sen compensación ningunha aos Franco. |
NOS_25464 | O monte é nesta época unha explosión de fungos. Níscaros, cogordos, sendeiriñas, champiñóns e andoas, os cogomelos máis empregados na cociña, son a tentación de quen percorre os sendeiros coa navalla e cesto na man. Na Galiza coñécense máis de 2.000 eumicetos, dos cales arredor dunhas 200 especies son comestíbeis. Unha ducia poden resultar mortais se se inxeren, outra media ducia son tóxicas, sen chegar a provocaren a morte de quen as come, e algo máis de 30, causan problemas menores. | Con sombreiro vermello-escarlata e pintas brancas e con pé branco, é o cogomelo máis representativo dos contos de fadas, ninfas e trasnos. Un fungo tan fermoso como tóxico que convive nos montes galegos con especies comestíbeis. Trátase da Amanita muscaria, coñecida tamén cos nomes de rebentabois, brincabois ou matamoscas. E por que estas denominacións? Veñen de vello, debido á toxicidade sobre os animais que poidan comela. "Fungo pintarraxado, atola as moscas e mais o gado", recolle a tradición oral. Atópase, con frecuencia, baixo os bidueiros, os piñeiros e os castiñeiros ao longo do outono e as chuvias poden provocar que a cor vermella-escarlata vire en alaranxada. Malia o rechamente deste cogomelo, o número de especies velenosas que hai na Galiza é cativo. Explícao Marisa Castro. Poucas persoas saben tanto de fungos coma ela. Doutora en Bioloxía, micóloga e profesora da Universidade de Vigo, Marisa Castro pon de manifesto que existen na Galiza entre 100 e 125 especies de cogomelos comestíbeis, "mais ollo, a xente adoita agrupalos e chama níscaros, por exemplo, a tres ou catro especies que son diferentes e o mesmo pasa cos cerrotes". Dos case dous milleiros de cogomelos, cifra en cinco os que producen "problemas serios" e unha "intoxicación rápida" e unha ducia os que causan afeccións non tan graves. Mais, "coas intoxicacións acontece como cando ten lugar un accidente de avión, a prensa faise eco e sae en todos os medios". Durante anos os fungos asociáronse con prácticas pagás, mesmo herexes para a Igrexa, mais tiveron a súa influencia na cultura popular gastronómica e medicinal da Galiza. A textura, o aroma e o sabor suave da meirande parte dos exemplares fan do cogomelo un ingrediente perfecto para acompañar pastas ou carnes. Para evitar problemas, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta da Galiza elaborou unha guía que conciencia as apañadoras e os apañadores de cogomelos sobre os perigos que implica a afección se esquecen unhas regras mínimas. Marisa Castro é a autora desta publicación que recolle unha sinopse descritiva que permite identificar a especie, ademais do hábitat, período do ano e frecuencia coa que se atopan na Galiza. Castro recomenda non apañar nunca, con fins alimenticios, especies que non se identifiquen con total seguridade no campo, "no caso de dúbida hai que absterse". As persoas inexpertas deben ir acompañadas dunha experta ou experto ou consultar cun especialista antes de consumir o cogomelo; deben transportase os exemplares recollidos nun cesto, nunca nun recipiente de plástico, pois poden romper, soltar auga e fermentar; non se deben mesturar no mesmo cesto especies comestíbeis con especies dubidosas ou tóxicas e é necesario apañar cogomelos adultos, maduros e completos, con coidado de non estragar o contorno, pero completos, para observar minuciosamente todos os detalles morfolóxicos, que poden quedar enterrados, como a volva, e evitar así erros fatais. Ollo na cociña! As recomendacións para evitar unha intoxicación tamén teñen a ver coa maneira de cociñar os cogomelos. Marisa Castro recomenda cociñalos aínda frescos, é dicir, non deixalos moitos días no frigorífico, pois degrádanse e os metabolitos secundarios poden provocar intoxicacións e alerxias. Ademais, non se deben preparar guisos con diferentes especies, porque se aparecesen problemas despois da inxesta, como sensibilidade persoal a algún dos compoñentes, non se lle podería indicar ao persoal sanitario de que cogomelo se trataba, nin se sabería o tipo de intoxicación. Ante unha intoxicación, a Consellaría Sanidade recomenda audir inmediatamente a un centro hospitalario, xa que canto máis rápido se faga o tratamento, máis garantía hai de supervivencia, mesmo nas intoxicacións hepatotóxicas, as máis perigosas, as posibilidades de superalas son moitas se se acode cando se observan os primeiros síntomas. Nestes casos, habería que coñecer a hora da inxesta, así como poder observar anacos dos cogomelos consumidos ou o lugar onde foron apañados, para poder consultar a micólogas e micólogos que identifiquen especies responsábeis da intoxicación, co fin de poder aplicar o tratamento adecuado. Os cogomelos galegos, de calidade media-alta A inmensa maioría dos comestíbeis que poden atoparse en territorio galego son dunha calidade "media-alta". "Por variedade e diversidade, hai cogomelos como en calquera zona do norte da península Ibérica, mais Galiza non ten terreos calcáreos e iso percibímolo nalgunhas das especies". Pola contra, di Marisa Castro, "os nosos pinares dunares" acubillan "moita riqueza". Na calidade ten máis a ver "a humidade do ambiente" que o propio cogomelo. "Cando chove moito, fican enchoupados, apodrecen antes e as texturas non poden traballarse igual", asegura. A estas alturas do ano, cando comeza a temporada de cogomelos por excelencia, é o momento de apañar os cantarelos, os níscaros e os boletus. Mais a recollida non se pode facer de calquera maneira e hai que coñecer a lexislación. O máis recente é o decreto 73/2020 de 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada. A norma obriga a empregar un coitelo ou navalla, con folla non superior aos 11 centímetros, para extraer coidadosamente o cogomelo desde a base do pé, de maneira que fique enteiro, e tendo perfectamente visíbeis todos os caracteres que permitan a súa correcta identificación sen danar o micelio. Unha vez extraídos, reporase a terra ou a folla de maneira que o terreo quede nas condicións orixinais. Deberán empregarse cestos ou recipientes de material permeábel de semellante natureza, abertos pola súa cara superior, que permitan a aireación e a caída ao exterior das esporas. Prohíbese apañar cogomelos pola noite; recollelos nas primeiras e nas últimas fases do seu desenvolvemento e apañar, alterar ou estragar exemplares de especies protexidas. Para consumo propio, non se pode exceder a cantidade de 2 quilogramos de peso por persoa e día. Por outra banda, as persoas propietarias de montes ou terreos forestais teñen dereito ao acoutamento das súas propiedades, orientado á viabilidade e ao mellor aproveitamento micolóxico No reino Fungi, onde están incluídos os oidios, os balores e os cogomelos coñécense máis de 100.000 especies en todo o mundo, deles só un 10% está constituído por longos filamentos microscópicos (hifas), que viven baixo terra, no interior da madeira, sobre outros fungos etc., formando o micelio ou "branco de fungo". Estes son os eumicetos ou verdadeiros fungos, como explica Marisa Castro. Para apañar cogomelos, Marisa Castro defende que cómpre ter "unha mínima formación", mediante lectura de publicacións e da normativa vixente. Tamén recomenda ter especial coidado co monte para non esquilmalo nin degradar o medio ambiente. "Lembremos que estamos entrando en montes que non son nosos, que son privados, e hai que deixar todo tal cal está, é dicir, fechar as cancelas, non retirar pedras dos muros... De non facelo, os propietarios acabarán vedando a entrada aos okupas do monte", salienta. Nesta liña, sinala que hai "urbanitas" que non son quen de apreciaren o "traballo que custa defender e conservar o monte" e que "non se preocupan tanto como as persoas con máis relación co campo". Precaución Xesús Blanco, biólogo e presidente dos Bolouros, de Foz, leva 40 anos indo ao monte coller cogomelos. Desde o seu punto de vista, o máis importante é "andar con precaución, non con medo, ante a posibilidade de confundir especies boas con tóxicas". "É moi importante formarse e estudar as chaves dicotómicas, dedicar moitas horas e andar polo monte todo o ano", acrecenta. "Estou observando que hai moita xente que se fixo cómoda e tira de ferramentas como o whatsapp para que lle identifiques os cogomelos e isto ten os seus riscos, pois moitas veces non se percibe ben de que especie se trata. Unha foto é un momento preciso, é dicir, depende moito da luz, e non identifica en que etapa de desenvolvemento se atopa ese cogomelo". O ideal, defende, sería "participar nunha sociedade micolóxica, facer cursos e saídas e xornadas de degustación". Esta é, di, a maneira máis áxil para aprender, mais é consciente de que a situación de emerxencia sanitaria non axuda. As súas recomendacións pasan, ademais de polo cumprimento da normativa, por levar unha guía e vestir roupa axeitada, "é obvio, mais non se debe ir ao monte cun xersei de punto porque acabas enganchándote con todo". "O calzado ten que ser impermeábel e a cabeza ten que estar protexida", engade. "Non se debe saír os días de néboa nin despois de grandes chuvias, pois os cogomelos estarán enchoupados. Recomendo tamén saír ao monte co menor número de coches posíbeis". Tecnoloxía para apañar cogomelos Xesús Blanco non é partidario de empregar as aplicacións de identificación de cogomelos para os teléfonos móbiles que carezan de chaves dicotómicas. "É un perigo buscar por comparación. Se non tes experiencia ou se tes pouca, podes identificar o teu cogomelo cun que se parece a el, mais, ao mellor, o cogomelo non aparece recollido e acabas coméndoo", afirma. "Hai xente que come todo o que atopa", lamenta. Non é o caso da aplicación móbil Micokey Galicia, activa desde novembro de 2019. A iniciativa, en fase de desenvolvemento mais dispoñíbel desde entón de maneira gratuíta e en galego, partiu de MycoGalicia Plantae, Empresa de Base Tecnolóxica da Universidade de Vigo e permite identificar as especies a través de caracteres macroscópicos. Trátase dunha especie de guía interactiva completa, con ilustracións, que nos próximos meses contará con melloras. A aplicación foi deseñada partindo dunha chave dicotómica. A persoa usuaria da app vai facendo escollas segundo as características que presenta a especie e, conforme avanza, chega a unha identificación aproximada que debe ser verificada posteriormente. Contén máis de 400 especies cuxa nomenclatura é actualizada mediante a base de datos Index Fungorum. Para non errar na identificación dos cogomelos, é imprescindíbel que a persoa usuaria repare no tamaño do sombreiro; en se o anel é móbil ou non e en se o pé ten febras transversais. E como a Covid-19 non puido evitar a chegada do outono e dos fungos ao monte, o Laboratorio MicoUvigo, a spin-off MycoPlantae a o Grupo Micolóxico Galego Luis Freire veñen de anunciar a convocatoria da Semana Micolóxica Galega, que decorrerá entre o 16 e o 20 de novembro cun dun ciclo de conferencias e unha mesa redonda, varios concursos e unha exposición. O encontro innova o seu formato e desenvolverá boa parte das actividades en modalidade dixital e abríndoas ao público xeral, sempre con inscrición previa. |
NOS_2588 | Segue a última hora con toda a información actualizada sobre a guerra en Ucraína. | 🔴 [EN DIRECTO] Actualizar 22.05 | Axuda militar, mais non política, dos líderes da UE ao Goberno de Ucraína A UE decidiu duplicar o financiamento para o envío de armas a Ucraína con 500 millóns de euros, alcanzando un total de 1.000 millóns destinados á defensa da soberanía ucraína ante a invasión do Exército ruso. Así se acordou esta sexta feira no Consello Europeo, a reunión dos xefes de Estado e de Goberno dos 27, desenvolvida en Versalles. Axuda militar, mais non política, dos líderes da UE ao Goberno de Ucraína 21.55 | O agro pide axudas e frear a especulación cos cereais para evitar o feche de granxas Fruga pide ás administracións que actúen para conter o impacto da suba de prezos nas granxas; do contrario, chamará á mobilización. O agro pide axudas e frear a especulación cos cereais para evitar o feche de granxas 21.30 | A ONU afirma non ter coñecemento da existencia de armas biolóxicas en Ucraína O Consello de Seguridade da ONU reuniuse a petición de Rusia para estudar a suposta presenza de armas biolóxicas en Ucraína, algo que para os EUA é un "pretexto" de Moscova para "xustificar os seus propios ataques violentos". A ONU afirma non ter coñecemento da existencia de armas biolóxicas en Ucraína 20.18 | YouTube e Google bloquearán en todo o mundo o acceso a canles "asociadas" a medios afíns ao Goberno ruso A compañía audiovisual YouTube, que pertence á multinacional Google, anunciou novas restricións aos medios de comunicación "afíns" a Vladímir Putin, así como as canles "asociadas" aos mesmos: "Estamos bloqueando o acceso ás canles de YouTube asociadas cos medios financiados polo Estado ruso a nivel mundial. Esta mudanza é efectiva de inmediato, pero esperamos que os nosos sistemas tomen o seu tempo para polo en marcha", dixo a empresa. 19.45 | A UE avanza novas medidas punitivas contra Rusia A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, avanzou esta sexta feira, en declaracións recollidas por diferentes medios de comunicación, que este mesmo sábado a Unión Europea aprobará un novo paquete de sancións contra Rusia na liña das xa anunciadas polos EUA, como suspender o país como membro do FMI e o Banco Mundial. 19.10 | Estas son as novas sancións a Rusia: "O mundo libre únese para loitar contra Putin", di Biden Os EUA prohíben a importación dunha serie de produtos rusos, desde cereais até diamantes, e os países do G7 estudan acordar que a Federación Rusa non poida obter financiamento de organismos como o FMI ou o Banco Mundial. Estas son as novas sancións a Rusia: "O mundo libre únese para loitar contra Putin", di Biden 18.19 | Ucraína acusa Rusia de facer en Belarús "ataques de falsa bandeira" para forzar a súa entrada na guerra A Rada [Parlamento] de Ucraína vén de denunciar, a través do seu perfil de Twitter, un suposto ataque ruso a Belarús: "Segundo os nosos datos, o Exército ruso está a levar a cabo unha serie de ataques aéreos en instalacións situadas en Belarús coa finalidade de acusar Ucraína de atacar e, finalmente, implicar as Forzas Armadas belarusas na guerra". Aliás, a Rada incide en que Kíiv "nunca preveu nin preverá tomar ningunha acción agresiva contra Belarús". 18.10 | A ONU nega a existencia de "programas de armas biolóxicas" A secretaria xeral adxunta e Alta Representante para Asuntos de Desarmamento da ONU, Izumi Nakamitsu, afirmou esta sexta feira non ter coñecemento de "ningún programa de armas biolóxicas en Ucraína", ao tempo que subliñou que as acusacións vertidas por Rusia "presentáronse sen probas", segundo recolle a axencia Reuters. Rusia e os EUA cruzan acusacións sobre o posíbel uso de armas químicas 17.20 | Biden rompe relacións comerciais con Rusia O presidente dos EUA, Joe Biden, prohibiu esta sexta feira a importación dunha serie de produtos rusos, como cereais, vodka, diamantes ou caviar, e restrinxiu as relacións comerciais con Moscova, como parte dun novo paquete de sancións en resposta á invasión de Ucraína. Aliás, a Casa Branca avanzou que os países do G7 teñen previsto acordar que Rusia non poida obter financiamento de institucións financeiras multilaterais, como o FMI ou o Banco Mundial. Con todo, Biden rexeitou pelexar nunha "guerra de Rusia contra Ucraína, xa que iso, sinalou, "podería derivar na terceira guerra mundial". Ao mesmo tempo, subliñou que o Goberno de Vladímir Putin "pagará un alto prezo se recorre a armas químicas", segundo informa a Agence France-Presse. 17.00 | Ucraína cifra os danos a infraestruturas en 120.000 millóns de dólares O viceministro de Economía de Ucraína, Denys Kudin, cifrou esta sexta feira en 120.000 millóns de euros o prezo das infraestruturas danadas no país por mor da guerra que estoupou o pasado 24 de febreiro. "Esta cifra seguirá a medrar cada día", advertiu, segundo recolle o xornal The Kyiv Independent. 16.35 | Os EUA non ven "seria" a posición diplomática de Putin A vicepresidenta dos EUA, Kamala Harris, acusou o presidente ruso, Vladímir Putin, de non estar a actuar de forma "seria" nos encontros diplomáticos entre ambos os países. "Desde o principio, os EUA estiveron intentando sinceiramente involucrarse de forma activa na diplomacia. E por todo o que sabemos e temos presenciado, Putin non mostra sinais de involucrarse nunha diplomacia seria", dixo. 15.40 | Milleiros de soldados chechenos, "listos" para combater Segundo recolle a axencia rusa Sputnik, "centenares de miles de mozos chechenos únense ao acto patriótico 'Somos a Reserva' e queren participar como voluntarios da operación militar de Rusia en Ucraína". "Arden en desexos de engrosar as filas de voluntarios", dixo o líder de Chechenia, Ramzán Kadírov. 14.15 | O Goberno español enviará novas armas a Ucraína, pero rexeita concretar de que tipo A ministra de Defensa do Estado español, Margarita Robles, anunciou nesta quinta feira que o Goberno vai realizar "moi pronto" un novo envío de armamento a Ucraína durante unha visita a Ferrol, pero non quixo concretar de que tipo será ese novo cargamento. A xefa do departamento militar non deu máis detalles sobre o tipo de armas nin a data exacta dese envío, pero reiterou que o Executivo estatal é "absolutamente solidario co pobo de Ucraína", queestá a desenvolver "unha resistencia heroica", engadiu. O Goberno español enviará novas armas a Ucraína, pero rexeita concretar de que tipo 13.42 | China insta os Estados Unidos a contar a verdade sobre as "instalacións de investigación biolóxica" A portavoz do Goberno chinés, Hua Chunying, instou nas súas redes sociais a que os Estados Unidos (EUA) conte a verdade sobre as "instalacións de investigación biolóxica" das que desvelou a a súa existencia a subsecretaria de Estado de Asuntos Exteriores, Victoria J. Nuland, ante as preguntas dos senadores estadounidenses. O Goberno dos Estados Unidos recoñece a existencia de "instalacións de investigación biolóxica" en Ucraína Segundo a portavoz, os EUA deben contestar "directamente e con honestidade" tres preguntas: "Que intentaba ocultar a embaixada de Estados Unidos en Kiev eliminando apresuradamente documentos do seu sitio web?; Por que os EUA impiden, en solitario e durante 20 anos, a conclusión dun protocolo de verificación da Convención sobre Armas Biolóxicas?; e que impide que os EUA abran os seus laboratorios biolóxicos no exterior, así como Fort Detrick, a inspeccións internacionais independentes?". The #US could easily prove its innocence on bio-labs by giving direct & honest answers to three questions:1. What was the US Embassy in Kyiv trying to hide by hastily deleting documents from its website? pic.twitter.com/Qx6uFFHczi— Hua Chunying 华春莹 (@SpokespersonCHN) March 11, 2022 12.33 | Comeza o encontro entre Lukashenko e Putin no Kremlin Os presidentes de Belarús e Rusia, Oleksandr Lukashenko e Vladimir Putin, reúnense no día de hoxe no Kremlin para analizar a evolución da ofensiva militar en Ucraína e estudar as novas actuacións nos vindeiros días. O presidente belaruso volveu afirmar que Ucraína tiña pensado atacar o seu país nas vindeiras semanas, e insistiu no ataque ao Donbás que, segundo a intelixencia rusa, ía ter lugar. Rusia publica un suposto documento ucraíno sobre unha "ofensiva no Donbás" para marzo de 2022 11.17 | Rusia ataca Dnieper, Lutsk e Ivano-Frankivsk, cidades ucraínas libres de bombardeos até o de agora O exército ruso comezou a bombardear no día de hoxe tres novas cidades de ucraína, que até o de agora se mantiveran libres dos bombardeos ordenados polo presidente de Rusia, Vladimir Putin. Trátase de Dnieper, no este do país; Lutsk, a 87 quilómetros de Polonia; e Ivano Frankvisk, a 153 quilómetros de Romanía. 10.27 | A ONU eleva a 2,5 millóns os refuxiados ucraínos desde o comezo da guerra O Alto Comisionado de Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR), Filippo Grandi, afirmou que desde o comezo da guerra en Ucraína máis de 2,5 millóns de persoas tiveron que fuxir do paí. A ONU cualifícao como o éxodo producido en menor tempo desde a Segunda Guerra Mundial. The number of refugees from Ukraine — tragically — has reached today 2.5 million. We also estimate that about two million people are displaced inside Ukraine. Millions forced to leave their homes by this senseless war.— Filippo Grandi (@FilippoGrandi) March 11, 2022 9.43 | Diversos medios apuntan que Vladimir Putin apoia o envío de voluntarios "de Oriente Medio" a loitar a Ucraína Diversos medios de comunicación, como Russia Today, Sputnik ou a Agence France-Presse (AFP) apuntan que o presidente de Rusia, Valdimir Putin, apoia o envío de voluntarios e mercenarios "de Oriente Medio" para loitar en Ucraína. Segundo o Ministerio de Defensa ruso, xa recibiron 16.000 peticións de voluntarios que queren formar parte da ofensiva militar en solo ucraíno. 7.59 | Rusia e Ucraína reúnense sen avances sobre o cesar o fogo O ucraíno Kuleba informou tras a xuntanza de onte de que procurara un cesamento dos combates durante 24 horas así como este paso seguro para evacuar a poboación civil da asediada urbe do Mar Negro, mais dixo que Lavrov rexeitara comprometerse a ningunha destas medidas. O ministro ruso, pola súa parte, manifestou que lle recordara a Kuleba as propostas presentadas por Moscova a Kíiv e que o obxectivo de Rusia era unha desmilitarización amigábel de Ucraína. Rusia e Ucraína reúnense sen avances sobre o cesar o fogo |
NOS_17120 | Ducias de activistas acaban de desembarcar na illa para realizar unha ocupación simbólica e pacífica da mesma. | Ducias de activistas partiron esta mañá do porto de Esteiro rumbo á Illa da Creba para realizar "unha ocupación simbólica e pacífica desta illa, hoxe privatizada, e que debe ser devolta ao seu lexítimo propietario: o pobo galego" explicou Rodrigo Molinos "Bolato", veciño de Esteiro e voceiro da actual Plataforma pola recuperación da Illa da Creba e do histórico Comité en defensa da Illa da Creba. Veciñanza de Esteiro, organizada na Plataforma pola recuperación da Illa da Creba, encabezou este acto reivindicativo. Así, despregaron unhas enormes letras nas que se pode ler "A Creba é do pobo". Tamén puido verse unha gran bandeira da patria situada no illote coñecido como A Pedra Vella. Os activistas colocaron unhas enormes letras co lema reivindicativo «A Creba é do pobo». A Illa da Creba atópase na ría de Muros e Noia, a 200 metros de Punta Uhía, na parroquia de Esteiro (Concello de Muros) e desde a Plataforma lembran que "a veciñanza de Esteiro era a propietaria dos terreos comunais da illa até que no ano 1922 se inscribise como ben privado no rexistro do Concello de Outes. A partir daquí todo son irregularidades e aberracións permitidas tanto polo goberno do Estado español como da Xunta de Galiza, como a construción dunha vivenda ilegal na illa no 1981 ou espigóns, rampa e recheos no ano 1989, ocupando 5.140 m2 de dominio público marítimo terrestre" explicou Bolato. "Semella que o empresario, que hoxe pretende facer negocio coa Illa da Creba, ten patente de corso e cómplices nos gobernos para facer o que quere coa Illa e nós estamos hoxe aquí para dicirlles que non llelo imos permitir, que queremos decidir nós sobre a nosa Illa e que sexa devolta para uso público" declarouo voceiro da Plataforma que, engadiu "o tempo dos señores xa pasou, a Illa da Creba ten que volver ser pública para desfrute da veciñanza de Esteiro e do pobo galego en xeral. Non imos parar até conseguilo" concluíu Bolato. A illa da Creba, baldío comunal Recentemente tivo lugar en Esteiro (Muros) a presentación do caderno A illa da Creba. Un baldío comunal, editado pola fundación Galiza Sempre. O acto, que levou por título 'Pola recuperación da illa da Creba', decorreu nun ateigado local social da Esteirana. A illa da Creba atópase na ría de Muros e Noia, a 200 metros da Punta Uhía, na parroquia de Esteiro do Concello de Muros. Activistas navegan cara á illa da Creba para esixir a súa devolución ao pobo. A privatizada illa da Creba O caderno explica a loita desenvolvida pola veciñanza de Esteiro, propietaria dos terreos comunais da illa, a partir de que se inscribira parte da mesma como ben privado no Rexistro de Outes en 1922. Tamén relata como esta inscrición é aproveitada para a "construción dunha vivenda en 1981" e de "espigóns, rampla e recheos en 1989 ocupando 5.140 m2 de dominio público marítimo terrestre". O que fora portavoz do Comité en Defensa da illa da Creba, e membro da asociación cultural O Xeito, Rodrigo Molinos 'Bolato', anunciou a posta en marcha dunha plataforma para a recuperación da illa da Creba. "Non podemos deixar que os nosos netos digan de nós que non loitamos por recuperar a nosa illa. Poremos en marcha a Plataforma pola Recuperación da illa da Creba", declaraban daquela. Unha ateigada palestra reivindica a privatizada illa da Creba para o pobo |
NOS_18465 | Con De volta na Galiza, Sermos Galiza inicia a publicación dun novo caderno de análise coordinado pola Asociación Marusía de emigrantes retornados. | Con trinta anos como emigrante en Suíza, Xosé Lois Leirós narra, a través dunha entrevista, a vida da emigración e mostra a posición reivindicativa de Marusía diante do novo "roubo" que padecen as persoas que regresan á terra despois de ter desenvolvido boa parte da súa vida laboral fóra do país. Desta volta, é Facenda contra quen milleiros de emigrantes do país se teñen que defender despois de recibiren nas súas casas notificacións de multas e sancións que consideran inxustas. É o última das "estafas", como definen desde Marusía á que se enfrontan os milleiros de emigrantes que marcharon do país e regresaron no final da súa vida laboral á terra. Deste e doutros temas falará o novo caderno que cada trimestre publicará Sermos Galiza. Coordinado por Marusía, abordará os principais temas da emigración que sangrou este país e volve de novo a ser a saída de centos e centos de mozos e mozas que están a abandonar a terra. De volta na Galiza únese a Somos Galego e a Sermos Adega como suplementos realizados por Sermos en parcería con entidades sociais do país Con Xosé Lois Leirós, o suplemento quere achegarse a unha historia particular que pode ser a de calquera persoa que emigrou por volta dos anos sesenta ou setenta. A organización en centros galegos, a necesidade da presenza do país en terra allea e a dinamización de actividade política e cultural na nosa lingua son algúns dos eixos da entrevista que reconstrúe o seu tempo de emigración en Suíza. Para alén desa experiencia, Leirós achégase aos principais temas que seguen a estar de actualidade na nova inxustiza que están a padecer e que Marusía canaliza a través de multitude de actos de protesta que se desenvolven por todo o país. 48 páxinas Con De Volta na Galiza, Sermos entregará esta quinta feira un número con 48 páxinas, ao incluír tamén o seu caderno de análise A Fondo. De Volta na Galiza incorpórase á serie de suplementos que Sermos realiza en parcería con distintas entidades do país, canda Somos Galego (coa Mesa pola Normalización Lingüística) e Sermos Cerna (con Adega). |
PRAZA_15378 | Os datos de ocupación desta ponte festiva na Galicia foron arrepiantes, con só un 30-35%. Galicia, a pesar dos seus evidente atractivos e do grande coñecemento acadado polo camiño xacobeo, vai sendo excluída dos grandes circuítos turísticos. E semella que todo o traballo desenvolvido dende comezos da autonomía estase a esfarelar dende 2010. | Os datos de ocupación desta ponte festiva na Galicia foron arrepiantes, con só un 30-35%. Porque a queda do turismo peninsular (pola gravísima recesión portuguesa e española) amosounos que o emperador ía espido. Galicia, a pesar dos seus evidente atractivos e do grande coñecemento acadado polo camiño xacobeo, vai sendo excluída dos grandes circuítos turísticos. E semella que todo o traballo desenvolvido dende comezos da autonomía estase a esfarelar dende 2010. Galicia, a pesar dos seus evidente atractivos e do grande coñecemento acadado polo camiño xacobeo, vai sendo excluída dos grandes circuítos turísticos. E semella que todo o traballo desenvolvido dende comezos da autonomía estase a esfarelar dende 2010 É evidente que a alternativa é captar turismo europeo e transoceánico. Mais o principal problema para traelos é a nosa incomunicación aérea. O ineficiente centralismo de AENA potenciou Madrid como grande hub subordinando os aeroportos galegos a pasar en moitas ocasións por aí. E, independentemente que todo o que non sexan conexións directas con Galicia son moi pouco útiles, están a desaparecer tamén as conexión indirectas vía Madrid e Barcelona. Hoxe en día non é posíbel viaxar dende Barajas cara Alvedro ou Lavacolla dende as 15.45. Están a desaparecer tamén as conexión indirectas vía Madrid e Barcelona. Hoxe en día non é posíbel viaxar dende Barajas cara Alvedro ou Lavacolla dende as 15.45 Xa que logo, semella que a política turística ha de se integrar coa política aeroportuaria. Só coa transferencia dos aeroportos á Xunta poderanse coordinar e especializar os tres aeroportos no marco dun sistema aeroportuario galego de noso. Nese marco, poderemos ter conexións que garantan un fluxo turístico continuado. De feito, arestora é o aeroporto Saa Carneiro do Porto quen está a cumprir como porta de Galicia, como ben sabe a Asociación de Empresarios de Hostalería compostelá. Mais tamén resulta claro que Galicia fracasa pola inexistencia de promoción real desde que Carmen Pardo está á fronte do turismo galego. Fracasou a campaña de gárdame o segredo e fracasa, en xeral, unha política que nin aproveita o tirón xacobeo nin salienta os nosos caracteres nacionais diferenciais. As provincias e os territorios sen personalidade de seu non atraen aos visitantes. ConsumoGustos etiquetados en galego Fracasou a campaña de gárdame o segredo e fracasa, en xeral, unha política que nin aproveita o tirón xacobeo nin salienta os nosos caracteres nacionais diferenciais A crise tamén esta a mancar os sectores galegos da produción alimentaria. Velaí a importancia de mercarmos produtos galegos. O Foro Peinador, incansábel axente de galeguización no ámbito da empresa galega, presenta este luns en Vigo unha campaña a prol do consumo neste Nadal de produtos galegos etiquetados en galego. Sen dúbida, un exercicio de consumo responsábel contribuirá ao tempo, a prol da nosa actividade empresarial e da vitalidade da nosa lingua nacional. |
PRAZA_17283 | O pasado venres nenos e nenas de cinco colexios da comarca visitaron as instalacións militares, participando nunha carreira e tamén en "actividades de coñecemento e manexo de armas de grande calibre", denuncia a formación | O pasado venres 1.262 nenos e nenas de cinco colexios de Marín e Pontevedra (Inmaculada, San Narciso, Carballal, Sequelo, A Laxe e Salvador Moreno) visitaron a Escola Naval de Marín como parte das celebracións do 75 aniversario destas instalacións militares. Os escolares foron recibidos polas autoridades do recinto e polo almirante xefe de Estado Maior da Armada, Teodoro Estebán López Calderón, que presidiu os actos. Nenos e nenas participaron nunha carreira non competitiva, denominada Botón de Ancla, que partiu da Alameda de Marín e finalizou no interior da Escola Naval. E, ademais, as autoridades do recinto organizaron para eles e elas outras actividades. O BNG denuncia que entre elas houbo "actividades de coñecemento e manexo de armas de grande calibre", como quedou reflectido nas imaxes publicadas por varios xornais impresos. O Bloque considera que "a participación de escolares en actos de exaltación militar e castrense é absolutamente contraria aos valores que debe transmitir a escola". E denuncia que, ademais, "constitúe un acto de manipulación e adoutrinamento de nenos e nenas que resulta ofensivo nun estado que se di democrático". A formación presentou a través do seu deputado Luís Bará unha pregunta parlamentaria na que interroga a Xunta se "autorizou" a participación de centros escolares de Marín e Pontevedra "en actividades de exaltación militar e castrense". Así mesmo, pregunta se "comparte o goberno galego a participación de nenos e nenas en actividades de coñecemento e manexo de armas" e se a Xunta "considera" que estas actividades "supoñen a manipulación e adoutrinamento dos nenos e nenas". Os actos de conmemoración do 75 aniversario da Escola Militar Naval completáronse o sábado cunha cerimonia á que asistiu o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Nese acto a alcaldesa de Marín, María Ramallo, entregoulle ao comandante-director da Escola, José Maria Nuñez Torrente, unha nova bandeira de España, que a partir de agora presidirá os actos oficiais da Armada. A Escola cualificou a doazón de "histórica", pois a enseña substitúe á que viña utilizándose dende hai 35 anos. "Hoxe teño o honor de entregar esta bandeira, símbolo que nos une e paraugas no que nos cobixamos", destacou a rexedora. O pasado 25 de maio a Escola acolleu unha xura civil de bandeira, na que participou un grupo de veciños da zona. |
PRAZA_4240 | Dende hai trinta anos, fixen un esforzo tremendo para que a literatura galega – e, por tanto, a cultura galega – saíse máis alá das súas fronteiras lingüísticas, esforzo que non recibiu ningún recoñecemento oficial por parte das institucións galegas e que nin merece mención do meu nome na páxina web da Xunta de Galicia que está adicada ás traducións. O que necesitamos é un apoio para promocionar os nosos títulos, unha política de promoción | Segundo este artigo de Chad Post, Small Stations Press vén sendo a segunda meirande editora de literatura de España en Estados Unidos durante a década 2008-2018. Cando empezamos a editar a literatura galega en inglés en 2009, só había 29 títulos galegos en inglés que saíron durante o periodo 1964-2008. Parecéronnos ben poucos para unha literatura de tres millóns de falantes. A finais de 2019, xa había 104 títulos galegos en inglés, un incremento de 75 títulos en once anos, dos que 46 títulos son nosos. Pódese consultar unha lista dos títulos neste enlace.Dividimos os títulos de Small Stations en catro coleccións: narrativa adulta (Small Stations Fiction, www.smallstations.com/fiction), narrativa xuvenil (Galician Wave, www.smallstations.com/wave), clásicos da literatura galega (Galician Classics, www.smallstations.com/classics) e poesía (Small Stations Poetry, www.smallstations.com/poetry).Editamos as primeiras edicións en inglés dos poemarios Cantares gallegos e Follas novas de Rosalía de Castro, en tradución da poeta canadense Erín Moure. Cantares gallegos saíu por vez primeira en 1863, a súa edición inglesa non ata 2013 – 150 anos despois! En total, editamos a obra de 29 escritoras e escritores galegos en tradución de 9 tradutoras e tradutores, e con ilustracións de 7 ilustradoras e ilustradores. Editamos a obra de autoras como Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz, Paco Martín, Marina Mayoral, Teresa Moure, Xavier Queipo, Manuel Rivas, Anxos Sumai e Suso de Toro. Este ano temos previsto sacar dez títulos máis de autoras inéditas en inglés como son An Alfaya, Marica Campo, Francisco Castro, Pedro Feijoo, Iria Misa, Xelís de Toro e Martín Veiga.Para algúns destes libros recibimos as axudas á tradución que outorga a Xunta de Galicia. A xente pensa que estas axudas son para a editorial, pero débense pagar integramente á persoa tradutora da obra. De feito, a editorial recibe só o 45% da axuda de antemán, debe anticipar o resto ao pagar á persoa tradutora e esperar ata que o proxecto se aprobe para cobrar o 55% restante (que pode ser varios meses ou incluso un ano despois). A editorial funciona como banco de crédito, neste sentido.A tarefa que outorgaba a Xunta de Galicia era de 25-50 euros/páxina ata 2012, pero en 2013 esta tarefa baixou a 20 euros/páxina, que está por debaixo da tarefa recomendada pola Asociación de Tradutoras do Reino Unido (£95/1.000 palabras, aproximadamente 25 euros/páxina). Con esta tarefa, a persoa tradutora só vai poder sobrevivir, non vai poder aforrar. A persoa tradutora tense que manter nunha permanente tensión – só cobra mentres traduce, en canto deixa de facelo non cobra nada. Non conta con seguridade social, pensión, vacacións pagadas.E nos anos 2013, 2014 e 2019, a Xunta de Galicia chegou a outorgar para algúns dos nosos libros tarefas de 17,80, 17,52 e 15,42 euros/páxina respetivamente. Na convocatoria – por exemplo esta de 2020 – a tarefa dáse como '20 euros por páxina, como máximo', o cal simplemente fixa o límite para a Xunta – debería ser unha tarefa mínima que se garante para a persoa tradutora, é dicir, '20 euros por páxina, como mínimo'.Cando lle escribín á Xefa do Servizo do Libro e Publicacións, Dolores Tobío Barreira, para saber que debía facer coa tarefa de 15,42 euros, a resposta foi que a editorial debía poñer a diferencia. Entón a editorial que intenta exportar a literatura galega, á parte de correr cos gastos de revisión do texto, deseño, impresión e distribución do libro, debe anticipar o 55% da axuda e suplir o déficit cando esta axuda non chega aos 20 euros/páxina.A partir de 2018, introducíronse axudas para a tradución dos libros, 'así como para a súa edición', pero en 2018 non se percibiu ningunha suma adicional e en 2019 foron sumas pequenas e na metade dos casos a tarefa que se pagou pola tradución foi menos de 20 euros/páxina – o que se gañou acabouse perdendo.Small Stations Press está basado en Bulgaria. Utilizamos o mesmo sistema de distribución ca moitas editoras do Reino Unido (como, por exemplo, Shearsman Books, editora de moitos títulos da poesía galega en inglés), é dicir print on demand ou impresión baixa demanda, o cal permite que os libros se poidan pedir e imprimir nos tres grandes mercados anglosaxóns de Estados Unidos, do Reino Unido e de Australia a través de 39.000 puntos de venda e dende calquera curruncho do mundo. Intentamos que os prezos dos nosos libros, que varían entre 10 e 18 euros, sexan asequibles.A tradución é moi importante. É a voz propia máis alén das fronteiras dun país. A outra persoa na maioría dos casos non vai chegar a entender a cultura galega sen que haxa tradutor ou tradutora que a traduza. A tradución permite o intercambio cultural, a comprensión mutua, debería ser unha prioridade, pero moitas veces só se nos ocorre despois (e en canto deixa de ser necesaria, adoitamos esquecela). Pero é a voz do outro.A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia ten unha páxina adicada ás traducións, que a día de hoxe (14 de maio de 2020) conta con cinco iniciativas:1. as axudas á tradución que mencionei arriba;2. a colección Galician Classics, que foron coedicións entre a Xunta de Galicia e a miña editorial, Small Stations Press, e que consta de sete títulos;3. unha Anthology of Galician Literature-Antoloxía da literatura galega bilingüe (galego-inglés) que saíu en dous volumes (1196-1981/1981-2011) en 2010 e 2012, da que fun eu o editor e o principal tradutor;4. un web para a literatura galega en inglés, o Portico of Galician Literature, www.galicianliterature.gal, que coordino;5. o Obradoiro internacional de tradución poética que organiza a impulsora cultural Yolanda Castaño.Nótase que tres das cinco iniciativas dependen directamente do meu traballo como tradutor e editor, pero en ningún momento se menciona o meu nome. O tradutor non existe.A colección Galician Classics é unha colección magnífica – de deseño facilmente recoñecible, cunha foto da autora ou do autor na portada e a ollada da autora ou do autor no lombo do libro, para que nos atraia a atención dende o estante (e certamente é así). Na súa función de coeditora, para os catro primeiros títulos a Xunta de Galicia mercaba mil exemplares, pero a partir da edición de Nimbos en 2014 este número baixou a trescentos exemplares, o cal dificultou moito a edición de Follas novas en 2016 (cando tiven que aportar os meus propios cartos para que a edición saíse adiante e a tradutora recibise a tarefa recomendada), e a partir da edición de Ilustrísima en 2017 non se fixo ningunha outra edición. É dicir, a Xunta de Galicia terminou a súa colaboración nesta colección hai tres anos, a pesar das suxerencias que fixen ao Director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, de sacarmos títulos como Á lus do candil de Ánxel Fole, Arredor de si de Ramón Otero Pedrayo, Tempo fósil de Pilar Pallarés (obra gañadora do Premio Nacional de Poesía) e Scórpio de Ricardo Carvalho Calero (figura que se celebra este ano no Día das letras galegas, pero do que non se pode ler ningún libro en inglés).É unha mágoa porque esta colección, ao seren nomes máis facilmente recoñecibles (Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Carlos Casares), tivo unha relativamente boa acepción entre o lectorado anglófono.Namentres, a Anthology of Galician Literature-Antoloxía da literatura galega en dous volumes (1196-1981/1981-2011) tivo a particularidade de que as cento dez escolmas as fixesen as propias autoras e autores, ou persoas expertas na súa obra. O segundo volume saíu hai xa oito anos, e a meu ver non tiveron a distribución debida – podíanse dar a cada visitante estranxeiro ás institucións galegas e a participantes en eventos, conferencias e festivais organizados en Galicia, como carta de presentación. Ben sabido é que o inglés funciona como lingua intermediaria, e moitas editoras e lectoras do mundo o utilizan para acceder a textos (e culturas) aos que non terían acceso normalmente.O web para a literatura galega en inglés, o Portico of Galician Literature, www.galicianliterature.gal, conta coa presencia virtual de corenta escritoras e escritores galegos, cunha pequena biografía, a sinopse dun libro importante e unha tradución mostra de 40-50 páxinas. Utílizase nas feiras do libro. Segundo Google Analytics, dende a súa incepción en 2012 recibiu as visitas de máis de 14.000 usuarios dun total de máis de 80 países do mundo. Sen embargo, e a pesar de que lle escribín tres correos electrónicos ao Director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, e ao seu departamento nos meses de febreiro e marzo, a Xunta de Galicia este ano non renovou o seu interese.É dicir, das cinco iniciativas adicadas á tradución, semella que tres pertencen ao pasado (pero mantéñense, anonimamente, na páxina web da Consellería de Cultura); as axudas á tradución e o Obradoiro que organiza Yolanda Castaño, é de esperar que continúen.Esta é a situación que afrontamos as tradutoras e editoras da literatura galega fóra de Galicia (é dicir, as representantes da cultura galega para toda persoa que non entenda galego, que vén sendo a gran maioría da poboación do mundo).A semana pasada (7 de maio de 2020), o Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presentou un plan de reactivación dos sectores cultural e turístico (a nova está aquí, o PDF do plan aquí). A tradución méncionase na páxina 42:"Apoio ás traducións literarias. Incremento das axudas ás empresas editoras para a realización de traducións do galego a outras linguas e doutras linguas ao galego."As únicas axudas que eu coñezo son as axudas á tradución que mencionei. A convocatoria de 2019 está resolta. A convocatoria de 2020 está en trámite, pero non se sabe cando se han outorgar. Se se outorgan en xullo ou agosto, como vén sendo habitual, a primeira anualidade das axudas (o 45%) pagarase este ano e a segunda anualidade (o 55%) a finais de 2021 ou principios de 2022. Aínda que se incrementen – entendo que o orzamento será maior e se outorgarán máis axudas, pero coa mesma tarefa de 20 euros/páxina (que está fixada na convocatoria 'como máximo', pero que pode ser menos) – ¿que axuda nos dá nesta situación difícil que afrontamos? Cando, á vez, parece que se cancelaron os proxectos Galician Classics e Portico of Galician Literature, e a Anthology of Galician Literature foi editada hai xa varios anos.Levo vinculado coa cultura galega trinta anos. Traducín obras de Manuel Rivas que están editadas por Penguin Random House. Editei e traducín un suplemento de Contemporary Galician Poets para a revista da Poetry Society británica, a máis prestixiosa revista de poesía do Reino Unido, Poetry Review en 2010. Este suplemento foi enviado en papel aos domicilios das 4.000 suscritoras e suscritores da revista e segue dispoñible na páxina web da revista para calquera que queira descargalo.Dende hai trinta anos, fixen un esforzo tremendo para que a literatura galega – e, por tanto, a cultura galega – saíse máis alá das súas fronteiras lingüísticas, esforzo que non recibiu ningún recoñecemento oficial por parte das institucións galegas e que nin merece mención do meu nome na páxina web da Xunta de Galicia que está adicada ás traducións.O que necesitamos é un apoio para promocionar os nosos títulos, unha política de promoción. Veño dende 2009 reclamando a creación dunha Oficina de Tradución cun orzamento anual de entre 60.000 e 120.000 euros (o Consello da Cultura Galega, que ten un apartado de 'Acción Exterior', conta cun orzamento anual de 2.800.000 euros, segundo este artigo de Galicia Press) que se adique a promocionar os títulos galegos noutros idiomas, a establecer contactos cos axentes culturais dos países de chegada (librarías, bibliotecas, xornalistas, etc.), a organizar actos, a poñer anuncios en revistas relevantes, incluso a organizar un premio de tradución para premiar o labor da persoa tradutora e realzar a obra gañadora. Hai un montón de actividades que se podían levar a cabo para que as traducións entrasen con máis facilidade no mercado de chegada, pero fai falta un orzamento, fai falta un compromiso constante. Levo once anos pedindo e agardando esta iniciativa.Nunha recente entrevista con Daniel Salgado no xornal Nós Diario, tamén suxiro a creación dunha Escola de Tradutoras con dez postos de traballo para persoas tradutoras, para que as tradutoras poidamos percibir un salario, dignamente. Podíanse dar a persoas tradutoras con probada traxectoria que traballan activamente no eido da tradución co galego. Segundo o mesmo artigo de Galicia Press, a Consellería de Cultura e Turismo conta cun orzamento anual de 157.200.000 euros. Podíanse crear vinte-cinco postos de traballo cun salario anual (pagado de antemán e cunha duración mínima de cinco anos) de 25.000 euros – a literatura galega chegaría moito máis alá, as tradutoras teriamos certa estabilidade en vez de ir de proxecto en proxecto, e levaría o 0,4% do orzamento. ¿Non é apto para unha Consellería de Cultura e Turismo?E se o Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, realmente quere axudar ás persoas tradutoras, debe non incrementar as axudas, senón incrementar a miserable tarefa de 20 euros/páxina a 25 euros/páxina como mínimo. Isto pódese facer co mesmo orzamento, outorgando axudas a menos libros – corenta en vez de cincuenta, por exemplo.Afronto serias dificultades para sobrevivir simplemente polo feito de ser tradutor – porque creo que debería haber persoas tradutoras que se adiquen á tradución a tempo completo. A tradución é unha práctica, apréndese na práctica, pero as tradutoras corremos o risco de nos convertermos en pezas arqueolóxicas. |
PRAZA_1253 | Os populares tomban unha proposta de AGE para eliminar a excepción da lei de protección dos animais que permite a celebración de espectáculos taurinos en territorio galego. "Mal que lles pese, Galicia forma parte do Estado español", di o representante do PP, alcaldable en Noia. | Noia e Lousame son dous dos escasísimos concellos nos que houbo algún espectáculo taurino na última década. No caso de Lousame está rexistrado un destes eventos e en 2011 e en Noia, que derrubou a súa praza de touros para construír un instituto a finais dos 80, a retirada do apoio ás touradas derivou na súa fin a partir de 2007. O ex alcalde de Lousame polo PP, Santiago Freire, foi o candidato do PP noiés o pasado domingo e, como alcaldable da lista máis votada, aspira a formar goberno, aínda que cabe a posibilidade dun goberno de coalición liderado polo PSdeG. Na súa condición de membro do Parlamento Freire foi este martes o encargado de poñerlle voz ao veto do PP a unha proposición de lei que pretendía prohibir de vez as touradas no país. Despois de que en xuño de 2013 Freire xa representase o seu partido no rexeitamento dunha proposta moi semellante, formulada daquela polo BNG, desta volta reciclou boa parte dos argumentos empregados daquela para facer o propio cunha iniciativa de AGE. O grupo de Alternativa, representado por Eva Solla, propuña eliminar as excepcións que perviven na lei de protección dos animais para vetar así en territorio galego tanto os espectáculos taurinos como o tiro ao pombiño. Pero Freire advertiu de que a bancada da dereita non o ía permitir, entre outras cousas, por tratarse dunha suposta tradición. Freire, alcaldable do PP en Noia, argumentou afirmando que "mal que lles pese a algúns, Galicia forma parte do Estado español" O aspirante a dirixir o Concello de Noia "recórdalles" aos grupos da oposición que, "mal que lles pese a algúns, Galicia forma parte do Estado español" e, polo tanto, "determinadas tradicions do ámbito estatal tamén afectan á nosa comunidade autónoma". Aínda admitindo que "calquera práctica" que implique o "sacrificio" dun animal "produce un certo nivel de sufrimento", Freire insta a comezar por determinar que está "libre de pecado" neste ámbito para que "tire a primeira pedra". Nesta liña, como noutras ocasións, bota man do apoio ás touradas por parte do "señor Paco Vázquez, promotor de espectáculos taurinos na Coruña" ou aférrase á celebración da Festa do Boi en Allariz. Eva Solla (AGE): "Se non hai público e os animais sofren, cal é o interese de seguir protexendo o lobby taurino?" Neste contexto, e "dado que os espectáculos taurinos son residuais" en Galicia, Freire indica que o PP non considera "oportuno abordar a curto prazo e unilateralmente a modificación da lei". "Previamente", afirma, cumpriría "pulsar o sentir e a participación real dos cidadáns neste tema" e facelo baseándose en "datos contrastados", indica, para retrucar os pobres datos de asistencia aos que aludira a autora proposta, tirados do Ministerio de Cultura. "Parece que os datos do Ministerio de Cultura non son contrastados, poderíallo dicir sobre a reválida e a lei Wert", ironizou Solla na súa resposta. "Se non hai público, se os animais sofren, se é unha excepción" e se "practicamente non hai xente que queiran ir" e a maioría da poboación galega se declara "fundamentalmente antitaurina" a deputada de AGE pregúntase "cal é o interese de seguir protexendo o lobby taurino". Na mesma liña, Ana Pontón, do BNG, lembra que "os estudos demoscópicos nos din que máis dun 90%" das persoas "están en contra das touradas" e só "unha ultra minoría considera que deben seguir sendo financiadas" polas administracións". Asemade, a socialista Patricia Vilán lamenta que os populares opten por manter na lei esta "excepción deshonrosa" que non debería pervivir "nunha sociedade civilizada". Finalmente, a maioría absoluta dos populares permitiu que todo fique como estaba. |
NOS_10569 | O Museo do Pobo Galego medrará. Xunta, Goberno do Estado e Concello de Compostela acordarón este serán un investimento de 2,9 millóns de euros para ampliar a emblemática sede da insititución. A ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval acollerá o novo espazo expositivo, de 800 metros cadrados. | A actuación, que se prolongará ate o ano 2021 -vindeiro Ano Xacobeo-, inclúe a intervención nas fachadas do edificio que no seu día ocupou o Colexio de Xordos. Illarase termicamente e acondicionarase a fontanaría, a electricidade, as comunicacións, ou a iluminación. Segundo explicou nun comunicado o Consorcio, o diñeiro público tamén servirá para substituír a estrutura portante do solo, para colocar un ascensor de alta capacidade e dúas escaleiras que comuniquen todo o edificio. Ao tempo, o Padroado do museo traballará no proxecto expositivo do espazo. Tamén haberá estancias destinadas a oficinas e talleres. O Consorcio de Santiago, a traves do seu servizo técnico, tamén se ocupará da limpeza e da restauración da fachada e do adro da igrexa de Bonaval. |
NOS_46833 | Ana Pontón denunciou este domingo a "falta de iniciativa" do Goberno galego ante a situación que se vive nas residencias de maiores, "o propio presidente da Xunta afirmaba na súa comparecencia que seguirán medrando os contaxios nestes centros pero non achegou nin unha soa medida para frear a expansión do virus entre un colectivo especialmente vulnerábel". | A dirixente do BNG lamentou a falta de iniciativa do Goberno de Feixoo e instouno a "ir máis aló dunha mera enumeración da situación", coa adopción de "medidas contundentes e con urxencia". "Nin unha proposta, nin unha medida por parte do Goberno galego para evitalo, nada sobre como garantir que as residencias conten con material de protección, nada sobre a execución dun plan de choque coa realización masiva de test entre persoas usuarias e traballadoras, como demanda o BNG, nada sobre como evitar que a situación nestes centros, que xa é durísima, empeore", advirtiu Pontón. A portavoz nacional do Bloque reclama do Executivo da Xunta "que asuma a súa responsabilidade" e que active un plan de choque destinado ás residencias que inclúa a dotación do material sanitario de protección, test masivos e intervención das residencias privadas. En definitiva, "unha batería de medidas que permita protexer as persoas maiores", sintetizou. Suspensión da actividade esencial A respecto da decisión do Goberno estatal de fechar toda a actividade económica, Pontón puxo de manifesto que "chega tarde pero mellor tarde a que non se produza porque sabemos que quedar na casa salva vidas e non se xustifica que nunha situación de emerxencia non se paralizase a actividade non esencial". A líder nacionalista, que lembrou que o BNG xa reclamara até en dúas ocasións no Congreso esta medida, agregou que "o importante é poñer por diante a vida das persoas a saúde dos e das traballadoras, salvar vidas, o primeiro agora mesmo é garantir a saúde e superar canto antes a crise sanitaria". Despois, dixo, haberá que abordar a recuperación da actividade económica, "un tema que por suposto tamén nos preocupa". "Será necesario pór en marcha as medidas que permitan afrontar os efectos dunha crise económica que xa está tendo graves consecuencias", concluíu. |
PRAZA_6138 | A pasada semana a xuíza decidiu arquivar a denuncia contra Francisco Vázquez e Antonio Fontenla por irregularidades e ilegalidades ao redor da venda de terreos municipais no coruñés polígono de Someso. | A pasada semana o Xulgado de Instrución número 3 da Coruña decidiu arquivar a denuncia contra Francisco Vázquez e Antonio Fontenla por irregularidades e ilegalidades ao redor da venda de terreos municipais no coruñés polígono de Someso. A xuíza considerou que non había "indicios" dos presuntos delitos de suborno, tráfico de influencias e prevaricación. O Tribunal de Contas e a Fiscalía tamén investigaron a posible apropiación privativa de bens e dereitos municipais e a venda ilegal do aproveitamento municipal no sector, cunha lesión económica para o Concello da Coruña de 20 millóns de euros. En abril a Fiscalía tamén decidiu o arquivo do caso. O recurso sinala que "existen indicios racionais de existencia de delito continuado de prevaricación" e que "existen indicios racionais do delito de suborno" Porén, a representación xurídica do ex concelleiro socialista José Antonio Sánchez Penas, que presentara varias denuncias por estas supostas ilegalidades, vén de anunciar a presentación dun recurso de reforma ante o auto provisional de sobresemento. No recurso, o avogado Xoan Antón Pérez Lema sinala que os feitos supostamente constitutivos dun delito de tráfico de influencias non estarían prescritos, pois o prazo de prescrición non sería de cinco anos (como indicaba a xuíza no seu auto) senón de dez. O recurso sinala que "existen indicios racionais de existencia de delito continuado de prevaricación" e que "existen indicios racionais do delito de suborno". Como lembraba Manuel Monge nun texto publicado en Praza o pasado ano, "para entender os acordos municipais de 2004 e 2005 sobre o polígono de Someso, que agora investiga a xustiza, hai que remontarse a 1997, cando uns promotores inmobiliarios presentan unha proposta para que o concello cambie a ubicación inicial do recinto feiral, cousa que conseguen. Un mes despois, o 27 de decembro de 1997 tiña lugar a aprobación inicial do PXOM". Antonio Fontenla, que era o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción da Coruña (APEC-CO) e presidente da Xunta de Compensación do Sector 7 Recinto Ferial, inscribiu o 27 de maio de 1998 no rexistro mercantil da Coruña a sociedade Iglevaz (este nome coincide coas iniciais dos apelidos da muller do alcalde, María del Carmen de la Iglesia, e de Vázquez). E, posteriormente Fontenla vendeu, o 12 de xuño de 2002, todas as accións de Iglevaz á familia Vázquez, que pasou a controlar Hidroeléctrica del Arnoya. A participación da familia de Vázquez en empresas e negocios con Antonio Fontenla mantívose en segredo, non figurando na declaración de intereses de Paco Vázquez, como é obrigatorio por lei. O recurso sinala que "existen demasiadas coincidencias espazo-temporais como para pechar esta pescuda eestá demasiado dano patrimonial ao público en xogo" O recurso presentado por Xoan Antón Pérez Lema péchase sinalando que as relacións entre o alcalde Francisco Vázquez e o presidente da Xunta de Compensación do Sector 7 Recinto Ferial (Antonio Fontenla) e a propia dona de Vázquez son "o fío que hai que investigar", pois "existen demasiadas coincidencias espazo-temporais como para pechar esta pescuda eestá demasiado dano patrimonial ao público en xogo". Lembra que este asunto "está a xerar unha gravísima inquedanza nesta cidade e área urbana". |
NOS_49258 | O órgano antirrepresivo Ceivar denuncia que a Audiencia Nacional filtrou á imprensa a identidade completa dos catro militantes con nomes e apelidos antes de lles notificar persoalmente a acusación. | O feito de participar nunha marcha solidaria cos militantes independentistas galeg@s o pasado mes de xullo portando a imaxe dos 4 pres@s galeg@s que foron xulgados na Audiencia Nacional baixo o cargo de pertenza a banda armada custoulles esta semana a catro activistas a imputación por "enaltecemento do terrorismo", o que segundo o órgano antirrepresivo Ceivar eleva a 21 @s cidadáns do país imputados con esta discutida fórmula. Ceivar denuncia tamén que as catro persoas sinaladas estes días coñeceron a acusación pola imprensa convencional, á que supostamente tería filtrado o Estado a súa identidade completa con ánimo represivo: "Nesta ocassom forom os meios de intoxicaçom os primeiros em conhecer a imputaçom dos 4 militantes, que figerom públicos sem pudor nengum os seus nomes e apelidos, dando conta do caráter repressivo da imprensa oficial. Enquanto as próprias militantes desconhecem a veracidade desta imputaçom, pois nom tenhem recebido notificaçom de nengum tipo, os seus nomes já forom postos no alvo repressivo ao fazé-los públicos dum jeito inculpatório numha nova cheia de falsedades e fatos incerto", sinala a organización. A nova imputación de militantes produciuse a petición da Fiscalía e obrigará os acusados a prestar declaración en Madrid en setembro. |
NOS_42410 | Un dos lugares comúns da literatura galega pasa pola insistencia en que mantén vínculos fortes coas literaturas catalá e éuscara. | Certamente existe unha curiosidade baseada no afín que calla en iniciativas como Galeusca, en autorías bilingües ou na difusión de obras entre os tres campos culturais a través da tradución. Malia isto, cómpre relativizar a fortaleza dos intercambios e o coñecemento real que temos dos nomes significativos destas outras literaturas, probabelmente menor que o que temos doutros sistemas bastante máis distantes. Miradas que duran. Mirades que durenÀlex Susanna / edición de Luciano Rodríguez / Espiral Maior / 2019 / 130 páxinas / 16,15 euros Por iso é tan de agradecer esta antoloxía bilingüe da produción poética de Àlex Susanna, un dos autores máis recoñecidos dentro do eido catalán, tamén na súa faceta de promotor cultural. Para alén do bo facer de Luciano Rodríguez como antoloxista e tradutor, o libro ten a virtude de incluír un prólogo de Jordi Llavina, escritor e amigo do autor, que repasa axeitadamente as características da súa evolución poética. A panorámica sobre case 30 anos de creación amosa como, a pesar dos cambios naturais, a obra de Susanna é sorprendentemente coherente. Adóitase situalo entre os poetas dos 80 e baixo o influxo da xeración do 50, dentro da veta da poesía da experiencia. O ton elexíaco, o coloquialismo e o desencanto irónico, sen dramatismos, desde o que olla o paso do tempo, o oficio de escribir ou, nas primeiras obras, a "fraxilidade do amor", acode á simboloxía propia do tardorromanticismo. É un elemento do espazo, urbano ou da natureza, o que desencadea por analoxía a reflexión nostálxica, normalmente na noite. Aínda que tamén a experimentación do tempo da rutina, concretamente as implicacións do transcurso das horas nun día, serve para desenvolver a retórica do tempus fugit. Trátase dunha lírica íntima na que se revela un eu introspectivo que primeiro observa, parte do miúdo, e despois pensa sobre a vida, chega ao grande, que se aparece "espida, precaria, muda". Só se salva da saudade o contacto con outro ser, nomeadamente a través da amizade, aínda que tamén, nas últimas obras, a través do encontro amoroso. Prodúcese neste sentido unha reconciliación, un tanto platónica, cando no cotián da madurez a concepción do amor se amplía fronte á convulsión moza de procurar o que non hai. Paga a pena a lectura dun autor que nos fai lembrar outros períodos literarios, ás veces cun pouco de morriña. Tamén o cotexo con poéticas galegas dos 80 similares, como poden ser a de Ramiro Fonte, Xosé María Álvarez Cáccamo ou o propio Fernán Vello, editor do libro. |
NOS_41017 | Os premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega chegan á décimo-terceira edición. | Os socios e socias da AELG xa escolleron as obras editadas en 2011 gañadoras nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados de Gálix (Asociación galega do libro infantil e xuvenil) e os membros do Colexio de Xornalistas respectivamente.As obras gañadoras daranse a coñecer na Cea das Letras, un dos actos máis importantes na vida da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que terá lugar esta noite no hotel Porta do Camiño de Compostela. |
PRAZA_3243 | Este martes cortouse o tráfico na zona para iniciar uns traballos que durarán dous anos. Vigo Histórico presentou varios recursos ante o Tribunal de Contratación e o Goberno local, que este aínda non respondeu e anuncia que levará o asunto ante o Contencioso-Administrativo. | Este martes comezaron os cortes de tráfico en Vigo relacionados coas obras de construción dun túnel subterráneo que levará os vehículos entre o a rúa Policarpo Sanz e o Paseo de Alfonso XII, emerxendo na rúa Elduayen e permitindo a peonalización da Porta do Sol. O inicio dos traballos redobrou as críticas dos colectivos contrarios a esta iniciativa, que ten un orzamento de 17 millóns de euros e cuxas obras durarán, en principio, uns dous anos.As obras durarán dous anos e teñen un orzamento de 17 millóns de eurosAsociación Viguesa pola Defensa do Patrimonio Histórico (Vigo Histórico), a entidade veciñal que dende hai meses vén reclamando unha reformulación do proxecto, que constituirá "unha fenda" que partirá en dúas partes do Casco Vello da cidade e que incrementará a contaminación nun dos espazos con maior importancia patrimonial da urbe, denuncian.Máis aló das súas críticas á solución escollida, "que vai manter e mesmo incrementar o tráfico a través da zona histórica da cidade", Vigo Histórico denuncia a negativa do Concello a responder aos seus requirimentos legais para a revisión do proxecto. O pasado mes de outubro a entidade interpuxo un recurso ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia, sinalando que o proxecto non se axusta ao PEPRI, non reflicte a realidade do subsolo e das cimentacións dos edificios da rua Elduayen, non cumpre cos requisitos de xustificación da obra e non garante "o respecto ao patrimonio e medio ambiente de todos os vigueses".Vigo Histórico denuncia que "no Concello hai silencio e opacidade e moita présa por comezar as obras" e pregúntase "que pasará se o Contencioso admite a trámite o recurso unha vez que as obras estean comezadas"O Tribunal de Contratación instou ao Concello de Vigo e á Xunta a resolver o fondo do asunto, algo que ata agora non fixo ningunha das dúas administracións. Ante o silencio do Concello, Vigo Histórico presentou catro escritos de reiteración sen obter tampouco resposta, algo ao que está obrigado no prazo máximo de seis meses. Así, este mes de marzo, se non hai resposta oficial e motivada por parte do Concello, a asociación terá dereito de levar o asunto ante o Contencioso Administrativo. "As súas negativas son unha manobra de dilación para que cando o contencioso responda, sexa ao noso favor ou non, a obra estea acabada", destacaba hai unhas semanas Marga Mariño, unha das voceiras da entidade.A entidade pregúntase "como se poden empezar as obras sen ter resolto este asunto legal". "Se está todo tan ben, se o proxecto é tan bo e cumpre a legalidade, por que non nos contestan ás solicitudes de revisión de oficio?" Se o Concello está tan seguro de que o proxecto cumpre todos os requisitos non ten mais que acudir ao Consello Consultivo de Galicia para obter un ditame que lle resolva favorablemente", sinalan. Vigo Histórico denuncia que "no Concello hai silencio e opacidade e moita présa por comezar as obras" e pregúntase "que pasará se o Contencioso admite a trámite o recurso unha vez que as obras estean comenzadas".Caballero destaca que obra creará a "gran praza" da que Vigo carece e que co túnel o tráfico no centro da cidade "gañará fluidez"Dende o Concello de Vigo destácanse en cambio os beneficios da construción do túnel na rúa Elduayen, sinalando que o proxecto "é perfecto, peonaliza a zona e conecta Torrecedeira" e que achega solucións a "unha parte de Vigo que estaba sen facer". No acto de colocación da "primeira pedra" das obras, a pasada semana, o alcalde Abel Caballero salientou que esta "é a obra civil simbolicamente máis importante que se fixo nunca" en Vigo, unha actuación que resolverá unha "lagoa histórica" da cidade ao dotala da "gran praza" cidadá da que carece actualmente. Caballero tamén subliñou que con ela o tráfico "gañará fluidez".É precisamente a cuestión do tráfico rodado a que máis críticas está a espertar, nun momento en que a maior parte das cidades traballan para a limitación da circulación de vehículos contaminantes nos seus barrios céntricos. De feito, a Lei de Mobilidade Sostible obrigará nesta lexislatura ao establecemento de zonas de baixas emisións en todos os municipios de máis de 50.000 habitantes, unha ZBE que moi probablemente abranguerá a contorna na que se vai construír o túnel. Abel Caballero xa respondeu que a cidade non necesita poñer en marcha unha zona de baixas emisións como Madrid Central porque "todo Vigo é xa Vigo central", o que evidentemente non é certo. O outro gran elemento de crítica é a afección ao patrimonio nun ámbito (a Cidade Vella) que ten consideración de Ben de Interese Cultural e polo que discorre o Camiño de Santiago.No 2015 Caballero rexeitaba a posibilidade de construír este túnel: "non é posible nin o permitiría Patrimonio Histórico, non se pode facer un túnel de 14 metros. Non se lle ocorre nin ao que asou a manteiga"Vigo Histórico reclama a peonalización da Porta do Sol, Elduayen e mais o Paseo de Alfonso XII sen o túnel, sinalando que "a construción desta infraestrutura é totalmente innecesaria para acadar esa peonalización" e que "con estas obras, a nosa cidade camiña na dirección xusto oposta á tomada polas outras cidades da nosa contorna e mais á marcada pola lexislación europea e española, que busca sacar o tráfico do centro das cidades e non facilitar o seu paso".Tamén critican, neste senso, a incongruencia co feito de que a obra estea cofinanciada con fondos FEDER da Unión Europea para "favorecer unha transición a unha economía baixa en carbono", cando o túnel contribuirá a manter, cando menos, o actual tráfico.Curiosamente, no ano 2015 o propio Abel Caballero rexeitaba publicamente a posibilidade de construír un túnel no lugar no que se vai levar a cabo agora. Con argumentos moi semellantes aos que agora utiliza Vigo Histórico, o rexedor cualificaba de "ciencia ficción" a idea e afirmaba que "non é posible, nin o permitiría Patrimonio Histórico, non se pode facer un túnel de 14 metros. Non se lle ocorre nin ao que asou a manteiga". |
NOS_29872 | A afiliación media á Seguridade Social aumentou en 3.198 persoas. | O número de persoas paradas rexistradas nas oficinas dos servizos públicos de emprego baixou en 670 no mes de agosto na Galiza (-0,4%), segundo datos publicados esta quinta feira polo Ministerio de Traballo e Economía Social. Así, o volume total de parados sitúase en 151.264 na Galiza. O descenso foi máis acusado no conxunto do Estado, cunha caída de 82.583 desempregados (-2,4%), o maior retroceso nun mes de agosto dentro da serie histórica. Hai que ter en conta que o dato do paro non inclúe os traballadores e traballadoras que se atopan en suspensión de emprego ou redución horaria como consecuencia dun expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) xa que a definición de paro rexistrado non os contabiliza como persoas desempregadas. Segundo datos do Ministerio, o número de traballadores en ERTE situouse a 31 de agosto en 10.810 persoas, 2.201 menos que o mes pasado. Mais de 5.000 mozos e mozas paradas No último ano o paro acumula un descenso de 25.687 persoas na Galiza, un descenso de 14,5%, por riba de 12,3% que rebaixou en 468.899 as persoas desempregadas. Dos parados cos que inicia a comunidade o mes de setembro, 62.010 son homes e 89.254 mulleres. Deles, 5.535 teñen menos de 25 anos. O maior número de concéntrase no sector servizos, 106.076; seguida de industria, con 17.313 e construción, con algo máis de 11.000. Na agricultura, contabilízanse 5.097. Doutra banda, o mes pasado contabilizáronse na Galiza 80.231 contratos, dos que 74.095 foron temporais. Afiliacións Ademais, no mes de agosto, a afiliación media á Seguridade Social aumentou en 3.198 persoas, un 0,3%, até situarse en 1.039.470 cotizantes. No ámbito estatal, a Seguridade Social perdeu unha media de 118.004 cotizantes a respecto a xullo, o que situou o número de ocupados en 19.473.724. A variación anual outórgalle a Galiza 26.676 cotizantes, un 2,63% máis. En relación ás afiliacións, o Instituto Galego de Estatística (IGE) precisa que as do réxime xeral, que representan 77,87% en agosto, aumentaron un 0,40% con respecto ao mes anterior. Na comparativa interanual. Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, o crecemento medio da comunidade galega sitúase en 0,56%. No que respecta ao réxime especial do mar, con respecto a agosto de 2020, caen as afiliacións. Tamén en relación ao mes de xullo, cun descenso de 0,45%. |
PRAZA_18861 | Da Noiteboa ata Reis son moitas as tradicións, vellas ou novas, que marcan estas datas. Dende a gastronomía aos ritos de paso de ano, pasando polos beléns, que nalgunhas localidades son de tamaño xigante e mesmo con figuras que se moven de forma autónoma. | Da Noiteboa ata Reis son moitas as tradicións, vellas ou novas, que marcan estas datas. Dende a gastronomía aos ritos de paso de ano, pasando polos beléns, que nalgunhas localidades son de tamaño xigante e mesmo con figuras que se moven de forma autónoma. Tizón de nadalUnha das tradicións máis estendidas en Galicia nestas festas é o Tizón de Nadal ou Cepo de Nadal, baseada na queima dun madeiro en Noiteboa, simbolizando a destrución do vello para dar paso ao novo. Este rito lígase aos ritos indoeuropeos de celebración do solsticio de inverno e atopa semellanzas con tradicións existentes nas Illas Británicas, en Francia, en Italia, en Alemaña, Bélxica ou nos Balcáns. Tamén en Euskadi (ligado ao Olentzero), en Cataluña (o Tió de Nadal ) e en Portugal, onde se acenden grandes fogueiras no centro da aldea na véspera de Nadal.Unha das tradicións máis estendidas en Galicia nestas festas é o Tizón de Nadal, baseada na queima dun madeiro en Noiteboa, simbolizando a destrución do vello para dar paso ao novoSegundo a tradición, o madeiro debe ficar aceso na lareira ata o aninovo. Despois deixábase apagar, mais conservábase durante o resto do ano para acendelo de novo durante as treboadas ou cando se ventaba unha desgraza na casa, como elemento protector do fogar.Xoán Xosé Pérez Labaca escribiu sobre o costume celta de acender unha candea o día do solsticio de inverno, que tiña que arder durante medio día seguido para traer boa sorte á casa: "Hai quen pensa que desa costume xurdiu unha das tradicións que máis arraigou en Galicia que é o chamado 'lume novo', que era acender na lareira un tronco (...) Este lume debía estar aceso ó longo de todo o ano para dar luz e calor e vén representar a quentura do fogar en contraposición co frío do exterior da casa". O ApalpadorNos últimos anos houbo un traballo moi importante de recuperación e difusión da figura do Apalpador a cargo de numerosas entidades sociais e culturais. O Apalpador era especialmente importante nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, onde adoitaba baixar do monte na noite do 24 ou do 31 de decembro para visitar os nenos, tocándolles a barriga para ver se comeron ben durante todo o ano, e para deixarlles algún agasallo, comezando por castañas. O traballo de recuperación desta figura comezou en 2006, coa publicación dun traballo de José André Lôpez Gonçâlez. De inmediato, a compostelá A Gentalha do Pichel comezou o labor de difusión e actualización, que foi seguido por entidades de todo o país. O Apalpador recibía outros nomes en varias bisbarras: Pandigueiro (Terra de Trives) ou Apalpa-Barrigas (Lemos).Imaxe close delete_forever swap_vert Dende o ano 1998, en Vilagarcía de Arousa as 12 uvas tómanse ás 12 horas do mediodía do día 31As uvas en Vilagarcía tómanse o 31 ao mediodíaDende o ano 1998, en Vilagarcía de Arousa as 12 uvas tómanse ás 12 horas do mediodía do día 31. Unha tradición nova, pero xa totalmente consolidada, que cada ano incrementa a súa participación. A idea xurdiu do Concello hai xa 20 anos, pero xa se converteu en todo un acontecemento popular, no que o pasado ano se repartiron máis de 3000 ducias de uvas para os e as asistentes e que neste 2018 se retransmitirá en streaming a través da rede. En Noiteboa, abstinenciaEn moitas casas galegas é tradición comer bacallau ou polbo na cea de Noiteboa, ao igual que en boa parte de Portugal, evitando polo tanto a carne. Este hábito parece proceder do costume cristián de realizar esta forma de abstinencia na vixilia das grandes festas, neste caso a natividade. En Portugal a elección do prato principal na cea do día 24 mesmo adquiriu connotacións políticas na zona norte do país; nos anos 40 o ditador Salazar buscou impoñer o consumo de bacallau nestas datas, fronte ao polbo, para beneficiar a frota bacallaeira lusa. O polbo mantívose nos fogares na Noiteboa, grazas ao contrabando procedente de Galicia que se facía a través da fronteira non exento de dificultades.Os BelénsSon moitas as casas nas que todos os anos se preparan os Beléns, máis grandes ou máis pequenos. Tamén en hospitais e outros edificios públicos e sedes de empresas e entidades. Con todo, hai algúns nacementos especialmente destacados, ben polo seu tamaño, popularidade ou mesmo significación histórica.Pódese destacar, por exemplo, o Belén Electrónico que dende 1972 se monta todos os anos no Centro Cultural José Domínguez Guzmán de Begonte, inaugurado o primeiro sábado de decembro e que se pode visitar ata o derradeiro sábado de xaneiro. Ocupa unha superficie de 150 metros cadrados e foi declarado Festa de interese turístico de Galicia no ano 2014. As pezas renóvanse todos os anos e son realizadas de forma altruísta polos veciños e veciñas da localidade. No museo que tamén se atopa no devandito centro cultural pode visitarse a maquinaria orixinal que movía as figuras nos anos setenta.Begonte, Ourense, Betanzos, Corcubión, Ferrol ou A Coruña, entre outras localidades galegas, contan con beléns de gran tamañoCómpre salientar, igualmente, o Belén de Baltar, creado en 1967 polo escultor Arturo Baltar. Desde 1980 exponse permanentemente na igrexa de San Cosme e San Damián, en Ourense. A construción é un vivo retrato da cidade das Burgas no primeiro cuarto do século XX, incluíndo edificios emblemáticos e persoeiros populares da urbe e algúns saídos de obras como A Esmorga. O conxunto complétase con obras murais de Xaime Quessada.Famoso é, así mesmo, o belén da Orde Terceira de Ferrol, con máis 200 figuras que moven de forma grazas a un mecanismo mecánico. E semellante é o belén que dende 1996 está no Liceo de Betanzos, tamén con 200 figuras que se moven de forma autónoma.E igualmente grande é o belén de Corcubión, que todos os anos acolle a igrexa de San Marcos da localidade, con máis de 300 figuras ás que todos os anos se incorpora algunha máis. Finalmente, Viveiro presume do belén a tamaño natural máis importante de Galicia.Na igrexa parroquial de Santa Marta de Ortigueira pódese visitar o Belén creado en 1924 por Camilo Díaz Baliño. O escenógrafo fusilado en 1936 compuxo varios panos a varios niveis, que lle dan profundidade a unha típica escena da Natividade, que se completa con algúns personaxes coñecidas da vila de Ortigueira. Todos os anos a súa inauguración (a comezos de decembro) é acompañada polo pregón dalgún experto ou experta na obra.Tamén foi obra de Camilo Díaz Baliño o pano que serve de fondo ao Belén que se pode visitar na Grande Obra de Atocha, na Coruña. Inaugurado en 1923, ocupa unha extensión de 120 metros cadrados e conta con máis 150 figuras. Os deseños de Camilo Díaz Baliño pódense ver en beléns de Ortigueira e A CoruñaIgualmente, pódese destacar o Belén municipal instalado no Pazo de María Pita da Coruña, que ocupa unha superficie próxima aos 100 metros cadrados e que contén máis de 250 figuras. Entre elas atópanse algúns persoeiros importantes na historia da cidade, como Breogán, María Pita, Pablo Picasso, María Casares, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Arsenio Iglesias, Mauro Silva, Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane e mesmo Francisco Vázquez. Cada ano é incorporada algunha figura máis e, por exemplo, o pasado nadal as escollidas foron Elisa e Marcela e hai tan só uns días foi a quenda de Luz Pozo Garza, que acudiu ao acto de presentación da súa figuriña. Panxoliñas e cantos de ReisTípicas destas datas son as panxoliñas que, ademais, moitas veces os nenos e nenas cantaban de casa en casa, pedindo despois o aguinaldo. Tamén o día de Reis hai constancia do costume de ir cantar polas casas, para recibir comida e agasallos, rematando ás veces cun xantar popular."Déano-lo aguinaldoanque sexa poucoUn touciño enteiroe a metade doutro" |
NOS_32354 | O Consello de Ministros acorda prorrogar os ERTE até 28 de febreiro de 2022 pero cun maior compoñente da formación | O Goberno español e os axentes sociais acordaron esta segunda feira á noite a prórroga dos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) até o 28 de febreiro de 2022. O acordo, aprobado no Consello de Ministros desta terza feira, contempla a prórroga dos ERTE nas súas modalidades actuais até o 31 de outubro e, por outro, as novas modalidades, que terán como elemento central a formación, e que se aplicarán a partir do 1 de novembro. Así, do 1 de novembro de 2021 ao 28 de febreiro de 2022 entrará en vigor un novo esquema de ERTE no que as exoneracións de maior contía estarán ligadas a que as empresas dean formación ás persoas traballadoras suspendidas de emprego. No caso dos novos ERTE en vigor desde novembro, as empresas de máis de dez traballadores terán un 80% de exoneración nas súas cotas á Seguridade Social se imparten formación e 40% en caso de non facelo. Para as empresas de até dez empregados, a exención será de 80% se imparten accións formativas e do 50% se non o fan. No caso de optar por accións formativas, as empresas terán que dedicar 30 horas de formación por persoa se teñen entre 10 e 49 traballadores e 40 horas se contan con persoais superiores e a formación deberá impartirse durante a xornada suspendida. Estas actividades formativas, que deberán realizarse antes do 30 de xuño de 2022, vincúlanse cun aumento do crédito que se utiliza para financiar a formación programada recollida en lei do sistema de formación profesional para o emprego. Xunto a estes ERTE formativos manterase a modalidade de ERTE de impedimento, vinculada á limitación de actividade ante posíbeis restricións. As empresas acollidas a esta figura pasarán a ter unha exoneración do 100% da achega empresarial a partir de novembro de 2021, durante o período de feche, e até o 28 de febreiro. Contador a cero A norma tamén estende o chamado 'contador a cero' até 31 de decembro de 2022, de forma que o tempo consumido de desemprego polo traballador que estea en ERTE desde setembro de 2020 non computará cando se produza un despedimento por calquera causa despois do 1 de xaneiro de 2023. "Nunca existiu na historia un mecanismo de protección fronte ao desemprego tan forte como o que estamos a despregar", destacou a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, que tamén avanzou a prórroga do plan Mecuida e da prestación extraordinaria para os profesionais das artes até o 28 de febreiro de 2022. |
PRAZA_19658 | Os datos foron presentados por CSIF, que lembra que o Goberno galego incumpre o compromiso que adquiriu hai dous anos no Parlamento, onde o PP aprobou a selección por concurso dos funcionarios da administración neste nivel, recollido na Lei do Emprego Público | En marzo de 2015 o PP comprometeuse no Parlamento a modificar a forma de contratación dos xefes e xefas de servizo e outros cargos intermedios da Administración da Xunta, nese momento nomeados maioritariamente por libre designación (a dedo, como se di popularmente). A través da nova Lei do Emprego Público, que entrou en vigor en maio dese ano, o Partido Popular prometía que estes postos (máis de 500) "pasarán a proverse por medio dun concurso específico con convocatoria pública". O 74% do total destes postos, que deberían ser cubertos por concurso específico de méritos, son ocupados por libre designación, un sistema que a lei só permite para cargos de alto nivel Porén, dous anos despois ese compromiso foi totalmente incumprido. Segundo datos que achega o sindicato CSIF, o 74% do total destes postos, que deberían ser cubertos por concurso específico de méritos, son ocupados por libre designación, un sistema que a lei só permite para cargos de alto nivel (vicesecretarías xerais, as subdireccións xerais ou equivalentes e as secretarías de altos cargos). Dos 880 postos de traballo que son susceptibles de ser provistos por concurso específico de méritos, o Goberno galego só cumpre a súa propia lei en 225, mentres que os restantes 655 se elixiron por Libre Designación. O CSIF mesmo achega unha táboa na que se detalla a localización destes 655 postos de libre designación, que unidos aos 369 postos de alto nivel da Xunta (que legalmente si se poden escoller de forma discrecional) suman un total de 1.024, nuns datos nos que queda fóra a administración do SERGAS. Esta cifra representa o 13% do total de persoal funcionario da administración xeral autonómica. Medio Rural (125), Vicepresidencia (116), Economía (84) e Educación e Cultura (97) son os departamentos con máis persoal contratado a dedo en contra do comprometido polo PP hai dous anos. Porén, a situación esténdese a todas as consellarías. En 2015 o PP prometía que estes postos (máis de 500) "pasarán a proverse por medio dun concurso específico con convocatoria pública" O sindicato denuncia que "existe unha falta de vontade real do Goberno galego de cambiar o sistema de provisión a pesar das súas promesas". Algo que, di, "se está vendo nas modificacións das RPTs (Relacións de Postos de Traballo), nas que a pesar de que se contempla a provisión dalgúns postos de traballo pasándoos de Libre Designación a Concurso Específico, na práctica queda sobre o papel xa que a Consellería de Facenda impide que se execute a pesar de que o mandato da lei é directo". A central tamén critica a resolución aprobada por Facenda en febreiro de 2016 "unilateralmente e en contra das organizacións sindicais" que estableceu "unha blindaxe para que determinados postos de xefes de servizo se seguisen cubrindo por libre designación de acordo con criterios arbitrarios coma os de especial responsabilidade, especial deber de sixilo ou especial cualificación profesional". "Curiosamente, estes criterios foron os mesmos empregados no seu día polo goberno bipartito criticados duramente polo PP cando estaba na oposición", engade CSIF. O que di a lei O sindicato denuncia que "existe unha falta de vontade real do Goberno galego de cambiar o sistema de provisión a pesar das súas promesas" O artigo 91 da lei especifica que "as xefaturas de servizo ou os postos de nivel equivalente proveranse por este sistema, agás aqueles que, polas súas especiais características, deban proverse polo sistema de libre designación, con convocatoria pública". No artigo 92 detállanes estas excepcións: "Soamente se poden prover polo procedemento de libre designación con convocatoria pública entre persoal funcionario de carreira as vicesecretarías xerais, as subdireccións xerais ou equivalentes, as secretarías de altos cargos e, excepcionalmente, aqueloutros postos de traballo de especial responsabilidade ou cualificación profesional que se determinen nas relacións de postos de traballo". Ademais, unha resolución da Dirección Xeral da Función Pública (do 25 de febreiro de 2016) establece estas outras excepcións, para postos ou ocupacións moi concretas (xestión de información especialmente reservada, xestión de datos persoais, persoal encargado da inspección da administración da Xunta...). Relación de postos de libre designación detallados polo CSIF (.pdf) |
NOS_29433 | Os maxistrados inciden en que na ordenanza hai "unha invocación de primeira orde, constitucional e estatutaria, do carácter cooficial do castelán". | O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) vén de declarar que a ordenanza municipal de uso da lingua galega do Concello da Coruña é conforme a dereito e, por tanto, rexeitou o recurso interposto contra a mesma pola entidade Hablamos Español. Segundo informa o alto tribunal galego, a sección terceira da sala do contencioso-administrativo destaca na sentenza que o texto "recoñece expresamente o castelán como lingua oficial no Concello", á vez que subliña que non impide á Administración dirixirse en castelán aos cidadáns e cidadás que así o desexen. "Empregar e promover o uso do galego por parte da administración non nega a cada cidadán o seu dereito de elección lingüística relacional se así o desexa, simplemente estabelece un uso normal do galego por parte do Concello, o cal deriva directamente de mandatos de carácter estatutario e legal, que apuntan a esta solución como política de normalización lingüística dunha lingua historicamente sometida a un proceso sociolingüístico de diglosia", sinala o TSXG. Hablamos Español recorre ante o TSXG a ordenanza do galego da Coruña: "Atentan contra a plena oficialidade do español" Os maxistrados inciden en que na ordenanza hai "unha invocación de primeira orde, constitucional e estatutaria, do carácter cooficial do castelán". Aliás, recalcan no veredicto que o texto ten por obxecto regular o uso do galego no Concello, polo que aseguran que "é normal que, na súa técnica normativa, poña o acento nos aspectos da vida municipal nos que se quere proxectar a súa presenza e a forma ou os medios cos que se quere concretar". O tribunal tamén subliña que así o estabelece "o propio Estatuto de Autonomía da Galiza e o resto das normas legais de desenvolvemento sectorial". A achega ao ordenamento xurídico da ordenanza, segundo indica o alto tribunal, "consiste en explicar e desenvolver en que consistirá a promoción e normalización do uso do galego no eido municipal, de maneira que o resto dos aspectos relativos ao castelán, logo dunha primeira cita de recoñecemento do seu status de oficialidade, poderán ser sobreentendidos pola vixencia do principio de xerarquía normativa". "O uso normal do galego ao que se convida na ordenanza é perfectamente coherente co modelo constitucional de cooficialidade e, tal e como está redactado, de ningunha maneira admite a interpretación de que se prohiba aos destinatarios da norma expresarse en castelán", explican os maxistrados. Por outra parte, os xuíces inciden na "lexitimidade constitucional e legal" de que os pregos dos contratos administrativos conten coas denominadas "cláusulas de contratación pública lingüisticamente responsábel". |
NOS_52129 | Lucía Rodríguez, Ania Setién e os irmáns Gabriel e Jacobo Fernández conforman a representación galega no Campionato de Europa Júnior de Bádminton, que comeza hoxe na localidade finesa de Lahti. O obxectivo? Evitar a Covid-19, que implica a expulsión da proba e, se pode ser, "tocar metal". | 2020 non está sendo un bo ano para as persoas soñadoras. Practicamente todo o mundo asistiu impotente á destrución desde os seus plans máis simples até os proxectos máis ilusorios. Por iso resulta tan gratificante ver como catro rapaces e rapazas galegas, a pesar de todo, están en disposición de facer realidade os seus soños, aínda que para conseguilo teñan que vivir unha odisea de corentenas e probas PCR e percorrer os máis de 4.000 quilómetros de distancia que separan Galiza da pequena pero coqueta cidade finlandesa de Lahti. Alí, terra natal de Jari Litmanen -aquel delicioso mediapunta finés que marabillou no Ajax coa súa milimétrica visión de xogo durante a década dos 90 e que tivo a mala sorte de verse sumido na irrelevancia do crepuscular Barcelona de Louis Van Gaal naquela Liga 99/2000 que gañou o Dépor- disputase desde hoxe o Campionato de Europa Júnior de Bádminton, un torneo no que competirán Lucía Rodríguez e Ania Setién, do Clube de Bádminton das Neves, e os irmáns Gabriel e Jacobo Fernández, do Clube do Mar de San Amaro. A competición está estruturada, como ben sendo habitual, nun programa por equipos, que se desenvolverá desde o día de hoxe e até o 3 de novembro, e noutro individual que comezará nada máis rematar o primeiro e que ten previsto prolongarse até o 8 do mes de novembro. As catro representantes do país, entre as favoritas O nivel destas catro deportistas galegas -todas elas bolseiras no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra- leváronas a conseguir un fito histórico para o deporte do país mesmo antes do comezo do torneo, pois é a primeira vez que Galiza conta con cabezas de serie no Campionato de Europa Júnior de Bádminton. Así, no cadro feminino Ania Setién será a cabeza de serie número catro, e no masculino Jacobo Fernández e o oitavo máximo favorito. Ademais, Gabriel e Lucía quedaron a tan só un posto de ser cabezas de serie nas súas respectivas categorías, pois tan só se recoñecen oito. Para Juan Fernández, secretario da Federación Galega de Bádminton, o soño sería "alcanzar as semifinais nalgunha das competicións por equipos e os cuartos de final no cadro individual", segundo recoñece a Nós Diario. De todos os modos, non quere pecar de optimismo e apostila que todo dependerá "de que o sorteo sexa benévolo". Nun deporte que non se atopa entre os máis coñecidos para o gran público na Galiza, explica que as grandes favoritas son as deportistas de Dinamarca, Francia e Rusia, "as top de Europa". Como non podía ser doutro modo, a pandemia da Covid-19 tamén está a condicionar o desenvolvemento deste torneo, pois as participantes tiveron que chegar cunha PCR negativa de territorio galego, unha vez en Finlandia foilles practicada outra proba e, ademais, tiveron que pasar todo o tempo desde a súa chegada confinadas na habitación para evitar contaxios, pois a normativa é moi clara: un só positivo implica a expulsión de toda a expedición. Optimismo e ilusión entre a representación galega: "Queremos chegar moi lonxe" Nós Diario falou con Lucía Rodríguez e Ania Setién, deportistas do Club de Bádminton das Neves e dúas das catro integrantes da expedición galega que tomará parte no Campionato de Europa Júnior. A primeira considera que o máis importante é respectar as medidas sanitarias e ter "moito coidado, pois en caso de coller a Covid-19 non poderemos competir e teremos que estar 15 días confinadas nunha habitación en Finlandia". No tocante ás súas posibilidades sobre a pista, considera que o grupo que lles tocou en sorte, con Italia, Lituania e Serbia é "bastante asequíbel", o que a fai soñar "con gañar unha medalla". Na mesma liña se expresa Ania Setién, que di querer "chegar moi lonxe", e lembra que levan preparándose para este torneo "desde o confinamento". |
PRAZA_20776 | O MARCO, en Vigo, acolle ata o 14 de febreiro a exposición Os teus ollos din o que a túa boca cala, de Celeste Garrido, na que poden verse pezas das súas series Nupcial e Infancias Rotas | O MARCO, en Vigo, acolle ata o 14 de febreiro a exposición Os teus ollos din o que a túa boca cala, de Celeste Garrido, na que poden verse pezas das súas series Nupcial e Infancias RotasO matrimonio como estrutura de opresión. O vestido como símbolo do permanente xulgamento ao que o corpo das mulleres é sometido. As continuidades nas diferentes desigualdades que continúan a ser parte da nosa realidade. As consecuencias da violencia sexual na infancia. Son algúns dos temas que alicerzan Os teus ollos din o que a túa boca cala, a exposición de Celeste Garrido (Marín, 1972) que pode verse no MARCO de Vigo ata o vindeiro 14 de febreiro. Falamos coa artista. A exposición está pensada para o Marco. Como xorde?Miguel Fernández Cid convidárame hai anos a participar nunha exposición que se fixera con motivo do Xacobeo'99. Participei coa peza do vestido de noiva que ten debaixo un círculo de xelatina vermella. Desde entón Miguel seguiu a miña traxectoria e hai un tempo pediume os debuxos de Nupcial, a serie na que encadra esta peza, e propúxome facer esta exposición. Todos os meus debuxos, os meus bosquexos, están pensados para levar ao formato escultórico, pero iso moitas veces non é posible debido aos custes. Entón o que fixemos foi expoñer os debuxos, de xeito que unhas pezas poden verse plasmadas en 3D e outras só en debuxo. Ademais, engadimos pezas doutro proxecto meu, Infancias rotas. Falas do corpo da muller a través do vestido. Por que?A miña nai era modista. Cando eu era pequena observaba aqueles vestidos baleiros que estaban agardando a que viñesen buscalos. Eu imaxinábame dentro deles. Víaos alí pendurados, no alto, como vestidos imperiais, como nas esculturas gregas. E pensaba en habitalos. Eu traballo co corpo pero sen o corpo porque a idea é que cadaquén poida habitar mentalmente as pezas, meterse dentro deses vestidos. O vestido é ademais a indumentaria por antonomasia da muller.Nupcial contén unha reflexión sobre o matrimonio como estrutura de opresión. De que maneira?Eu lembro as conversas que escoitaba na casa, coas clientas da miña nai. Eu nacín no ano 72. Daquela as decisións das mulleres estaban moi condicionadas polos seus maridos. Se o marido non te acompañaba onde querías ir, se por exemplo querías ir a un concerto, tiñas que quedar na casa facendo a cea. Moitas mulleres casaban para fuxir de fogares autoritarios, pensando que ían ter a súa casa, a súa familia, a súa liberdade para decidir sobre a súa vida no seu espazo, pero o que pasaba na realidade é que o marido podía ser tan autoritario ou máis ca o pai. Unha das pezas principais da exposición é un vestido de noiva cunhas longas mangas de plumas. Tan longas que non permitirían voar. Por que?"Por moito que che dean alas, ou plumas, se son de outros, non vas poder voar"Por moito que che dean alas, ou plumas, se son de outros, non vas poder voar. A liberdade ten que ver cunha actitude mental. Se cres que podes voar, quizais poidas romper eses condicionamentos impostos. Iso ten que ver coa dependencia emocional, que é outra das ideas reflectidas na exposición. De que xeito?Está dalgunha maneira en case todas as pezas. Hai tres pezas escultóricas grandes e brancas que representan tres mulleres. Se fose posible tocalas para movelas, voltarían sempre ao seu sitio, o seu eixo. Porque as mulleres estamos limitadas por uns condicionamentos que nos dificultan avanzar. E avanzamos, pero sempre condicionadas pola mirada do outro. Unha familiar miña tiña un bebé de dous meses e o seu home marchou traballar a Arxentina durante dous anos. Ela non podería ter feito o mesmo. E agora o que dirán segue a ser un condicionante enorme. Usas materiais como pétalos, mel, xelatina… Por que?Materiais orgánicos que me permiten reflectir o paso do tempo. As persoas sufrimos transformacións físicas e mentais co paso do tempo. Corpo e transformación van unidos. Por iso as uvas, a xelatina, como materiais orgánicos nos que vai deixando pegada o paso do tempo. Iso dunha banda. Da outra banda, uso materiais relacionados coa cociña como espazo tradicionalmente asignado ás mulleres. Tal como di o refrán: a muller e a sartén na cociña van ben. A muller atada á cociña. Por iso o sal, o mel… Nada máis comezar a exposición vemos unhas pequenas figuras de cerámica en branco e negro. Que representan?"A muller fai os traballos máis duros, como mariscadora ou coidadora de maiores, e ademais pídeselle que estea sempre perfecta, con bo aspecto"O Prestige afundiu no mesmo ano no que abriu o MARCO. Eu daba clases de pintura e tiña unhas alumnas que me viñan sempre moi preparadas, moi postas. Eu non sabía a que se dedicaban. O día do Prestige estaban falando preocupadas e foi entón cando souben que eran mariscadoras. Fixen esas figuras de cerámica imaxinándoas traballando, coas botas ata a cintura. Por arriba elegantes, ben vestidas, que é como se supón que as mulleres deben ir, e por debaixo con chapapote ata a cintura. Porque a muller fai os traballos máis duros, como mariscadora ou coidadora de maiores, e ademais pídeselle que estea sempre perfecta, con bo aspecto, e que sexa toda dozura.Moitas pezas teñen forma de embudo ao revés. Unha metáfora do teito de cristal?Non o pensara, a verdade. Si hai pezas que son circulares abaixo. Si pensei na saia aberta e nos brazos longos porque as mulleres teñen que estar dispoñibles para abrazar, para consolar, para apoiar, aínda que non teñan enerxía nin para elas mesmas. Por iso imaxino uns brazos moi longos, ata o chan.Outra das pezas principais da exposición é o zapato vermello, de pétalos, de tacón con espiñas. Parece claro…"Unha muller é permanentemente xulgada e comparada. E iso é algo presente xa desde a adolescencia"Representa, en primeiro lugar, o sufrimento para estar "monas". E tamén a maneira na que a muller é xulgada polo seu aspecto. As revistas comentan como van vestidas as reinas ou as ministras, pero non como van vestidos os ministros. Unha muller é permanentemente xulgada e comparada. E iso é algo presente xa desde a adolescencia. As rapazas están moi condicionadas polo canon físico: estar delgadas, guapas…Hai na exposición un par de carteis relacionados con iso… Son da revista Hola! e decidín incluílos para axudar a contextualizar a exposión. Sobre todo para a xente nova, que se cadra non comprende por exemplo a idea do matrimonio como gaiola. É un xeito de poñer a exposición no contexto das últimas décadas do século pasado, de cando eu escoitaba aquelas conversas da miña nai coas clientas. Nun dos carteis o texto convida os homes a saír coa muller da casa e decatarse de que ela tamén é un ser intelixente co que compartir cousas. Convida a tratala como unha igual, que non era o habitual entón. Cando as familias saían pasear, era habitual ver os homes escoitando o partido na radio mentres a muller se ocupaba dos fillos. Había e hai moita desigualdade, moita dependencia, e ademais as mulleres son constantemente xulgadas.Olvido é unha peza feita con carmín, con bastante precisión. Podes explicala?Tardei tres tardes enteiras en facela. Debuxei o contorna e despois enchín cos meus beizos con carmín, medindo ben para que quedase ben feito. Esta peza xurdiu do meu divorcio. Eu sentía incertidume e odio. Fun a unha psicóloga que me dixo que mentres eu estaba ocupada co meu odio el estaría por aí de cañas, e que se cadra eu debía facer o mesmo. Pasar páxina.Porque cada situación de crise é tamén unha oportunidade. En Olvido bico a parede para conseguir ese esquecemento, para aparcar esa parte do meu pasado e mirar a parte positiva, non só a negativa. Porque todo é unha aprendizaxe e de todo podemos tirar algo positivo para mirar para adiante, con esperanza, para comezar unha nova etapa, porque se abren novas oportunidades.Na segunda sala na que está distribuída a exposición está a peza do vestido de noiva co círculo de xelatina. Que representa?Antes de nada, algo que me preguntan ás veces é porque os meus vestidos de noiva responden a tallaxes tan canónicos. As medidas son os do canon grego, porque das mulleres cando casan tamén se agarda que estean fisicamente perfectas, delgadas… Por iso os vestidos son dunha talla 36 ou 38, na que só pode caber unha muller nova e delgada. Cando á peza que dis, o branco representa a pureza e a inocencia.E o vermello da xelatina de fresa é o sensual, o atractivo, pero que co paso do tempo se transforma, tornándose primeiro branco e despois verde. Nunha parella hai, co paso do tempo, unha transformación física e mental. Se isto non se acepta e se pretende que sexa todo como cando casaron, non vai ir moi ben. Todo son etapas e non hai unha mellor ca outra. O verde, se se observa, tamén é fermoso. A cor vermella remite tamén ao sangue a súa importancia na vida da muller: o nacemento, a menstruación, o parto, o aborto, a menopausa, a enfermidade…Na mesma sala están as dúas pezas de Infancias Rotas. Unha é un berce pendurado moi alto, cuberto por un veo de noiva, que fai referencia ao matrimonio concertado. Outra é un vestido de nena axexado desde abaixo por uns ollos…"A violencia sexual que sofre a infancia é algo co que convivimos e que parece que non queremos ver"Lin un libro de María Martínez, Infancias rotas, que me impresionou moito, e tomei o título para este proxecto meu. A violencia sexual que sofre a infancia é algo co que convivimos e que parece que non queremos ver. Ao lado da nosa casa pasan cousas terribles, coma abusos a nenas de meses.A segunda peza que citas é un vestido de comuñón que se ergue enriba dunha flor de loto chea de ollos. Algúns destes ollos soben como tentáculos por dentro do vestido. Aos nenos abusados están a roubarlles a infancia, a inocencia, o seu dereito a ser felices. Despois de sufrir eses abusos non poden confiar en ninguén e séntense sucios e estraños. A infancia non será para eles aquel recordo reconfortante ao que volver. A outra peza é un berce que ten forma de ventre materno. Porque moitas nenas están xa abocadas, por seren nenas, e casar con quen lles ordenan, e iso é algo que outras persoas deciden mesmo estando elas aínda no ventre. Están condenadas a ser obxectos de intercambio nun mercado. E esa é outra forma de violencia sexual. |
PRAZA_10494 | A Comisión Europea "dubida" de que os 20,7 millóns de euros concedidos a PSA para as súas novas liñas de produción sexan "realmente necesarios" para que a empresa "invista en procesos verdadeiramente innovadores en Vigo" e sospeita que a compañía podería poñer en marcha os proxectos subvencionados sen apoio público | O 21 de decembro de 2017 a Comisión Delegada para Asuntos Económicos do Goberno de España deu luz verde a varias subvencións concedidas ao abeiro dos "incentivos rexionais para a corrección dos desequilibrios económicos territoriais" que o Estado asigna dende mediados da década dos 80 do século pasado. Entre as axudas asignadas figuraban 20,7 millóns de euros para Peugeot Citroën Automóviles España, S.A., nomeadamente para as novas liñas de produción da súa factoría de Vigo, "condicionadas" á supervisión da Unión Europea, que agora vén de abrir unha investigación ao respecto por dubidar da legalidade da operación no caso de que chegase a culminar.Xunto á axuda para PSA en Vigo tamén foran publicadas subvencións para outros cinco proxectos empresariais -un deles, a fábrica de Goodleit en Curtis-, se ben a da compañía de automóbiles era a única que non prevía creación de novos empregos. O ministerio daquela dirixido por Cristóbal Montoro incluíu na de Peugeot Citroën unha cautela que non anexou ás demais: a concesións dos 20,7 millóns estaría "condicionada" á súa "autorización pola Comisión Europea" e por iso cumpría notificala a Bruxelas ante a posibilidade de que puidese consideralas como axudas de Estado irregulares.A Comisión Europea "dubida" de que os 20,7 millóns de euros concedidos a PSA para as súas novas liñas de produción sexan "realmente necesarios" para que a empresa "invista en procesos verdadeiramente innovadores en Vigo"O primeiro resultado desa avaliación fíxoo público este 1 de xullo a comisaria europea da Competencia, Margrethe Vestager. O seu departamento decidiu abrir "unha investigación en profundidade" para "avaliar se o plan de España de conceder" os devanditos 20,7 millóns á fábrica viguesa de PSA "se axusta ás normas da UE sobre axudas estatais de finalidade rexional". Trátase, explica Vestager, de investigar "meticulosamente" se estess subsidios "son realmente necesarios para que Peugeot invista en procesos de produción verdadeiramente innovadores en Vigo" e "se van desenvolver" Galicia "sen falsear indebidamente a competencia ou ir en detrimento da cohesión" da Unión Europea.Os receos da Comisión baséanse en que PSA é xa "un gran grupo do sector do automóbil" que "está investindo arredor de 500 millóns de euros en novas liñas de produción para lanzar vehículos novos e en melloras do proceso produtivo" na fábrica de Vigo. Concretamente, especifica, o "traballo nos novos proceso e liñas de produción" que España pretende subvencionar remóntase a abril de 2015.A Comisión lembra que PSA xa é "un gran grupo do sector do automóbil" que contempla "arredor de 500 millóns de euros" de investimento nos proxectos subvencionadosAs axudas estatais como esta, detalla a comisaria da Competencia, deben axustarse á normativa vixente na UE e para facelo deben "cumprir determinadas condicións" como, por exemplo, "incentivar o investimento privado, limitarse ao mínimo necesario e non atraer o investimento dunha rexión igualmente ou máis desfavorecida doutro Estado membro". E o certo é que "polo momento", a Comisión "dubida que as axudas" previstas para PSA en Vigo "se axusten a todos os criterios das directrices" que converterían a subvención en legal.Entre as dúbidas do Executivo comunitario sobre estas axuda figura o "temor" de que "puidesen atraer o proxecto fóra dunha rexión máis desfavorecida economicamente noutro Estado membro" ou que PSA puidese "realizar o investimento en calquera caso en Vigo", aínda que non tivese axudas públicas. Neste sentido, resaltan que as grandes empresas só poden recibir subvencións coma estas para fábricas que xa existen se "permiten cambios fundamentais e innovadores no proceso de produción que se apliquen por primeira vez no sector" en todo o Espazo Económico Europeo. "Polo momento -advirte- a Comisión dubida de que o proceso de produción previsto" en Vigo sexa "innovador dabondo" como para "poder acollerse a esta excepción".Entre as dúbidas das autoridades da UE sobre a subvención a PSA figura que a empresa puidese "realizar o investimento en calquera caso en Vigo", o cal tería o efecto de "reducir custos normais" que os seus competidores terían que "sorportar sen axuda"A "Idoneidade" e "proporcionalidade" desta achega de 20,7 millóns son outras das dúbidas das autoridades comunitarias sobre unha subvención a Peugeot Citroën das que, sinalan, "non pode desbotar" que "teñan efectos negativos na competencia en determinados segmentos do mercado de turismos". No caso de que Citroën fose facer o investimento en calquera caso o efecto das axudas só sería "reducir os seus custos normais", de xeito que os seus competidores "terían que soportar" os mesmos custos, pero "sen axuda".Por todo isto, a Comisión Europea decide "seguir investigando" co obxectivo de aclarar "se se confirman ou non" estas dúbidas. Agora é o momento de que tanto o Goberno de España e "terceiros interesados" poidan "formular observacións sobre a medida". Competencia "non prexulga de ningúnx eito o resultado da investigación", agrega o departamento comunitario. |
NOS_18279 | Ante a evolución da pandemia. O comité valorará esta sexta feira novas medidas e restricións. | Restrinxir a mobilidade por idades, velaí unha das medidas que está a valorar Sanidade para atallar a pandemia de coronavirus na Galiza, nomeadamente naquelas áreas (Santiago e A Coruña) que máis lle preocupan nestes momentos. Esta sexta feira, día 8, volverá a reunirse o comité de seguimento da pandemia e sobre a mesa terán diversas propostas que analizar e sobre as que decidir. Desde elevar as restricións nas mencionadas áreas (con novas restricións para a hostalaría) até medidas que afecten a mobilidade. E unha das alternativas que se barallan é que se estabelezan limitacións ou restricións segundo idades. O propio conselleiro de Sanidade, García Comesaña, falaba nunha entrevista na Cadea Ser de realizar cribados masivos entre a mocidade, colectivo cun alto grao de asintomáticos. A Consellaría de Sanidade unicamente permite a mobilidade sen restricións por causas xustificadas como reunirse coa familia (ou as habituais: laborais, sanitarias e educativas) o propio Día de Reis, a diferencia dos períodos máis amplos dos que permitiu gozar tanto por Nadal como por Fin de Ano. A decisión xurdiu da reunión desta segunda feira coas expertas e expertos que forman parte do comité clínico de seguimento da evolución da Covid-19, que asesora á Xunta. Os expertos pediron que a mobilidade excepcional se limite só entre as 6:00 horas do 6 de xaneiro e as 23:00 horas do mesmo día, controlando máis a posibilidade de xuntanzas non permitidas ou os encontros masivos que poidan dar lugar a unha expansión do coronavirus |
NOS_6404 | Debullamos a folla de rota da esquerda abertzale para os próximos anos. Sortu vense de refundar no seu segundo congreso coa vista posta nunha República Confederal Vasca. Analizamos o futuro da organización no Sermos Galiza 233, á venda nos quiosques e na loxa. Eis un extracto. | Sortu, a expresión política da esquerda abertzale, vén de se refundar. Fíxoo apenas catro anos despois da súa creación. No seu segundo congreso, que concluíu en Iruña o pasado 21 de xaneiro, Sortu apostou en se reinventar como partidomovemento, reorientando a súa proposta táctica para dar resposta á nova fase política aberta en Euskal Herria. A independencia configúrase como obxectivo a conquirir no horizonte do ano 2026 baixo a fórmula dunha República Confederal Vasca, nun proceso gradual que encetaría coa independencia dos territorios que arestora se inscriben na Comunidade Autónoma Vasca, e á que se adherirían posteriormente Nafarroa e o Iparralde. Cunha forte renovación da súa dirección nacional, confírmase o liderado de Arnaldo Otegi como secretario xeral. No ámbito electoral anovan a súa aposta "estratéxica" nas coligazóns EH Bildu e EH Bai. A esquerda abertzale ponse a punto para pasar á ofensiva como proxecto transformador enraizado na esquerda e netamente independentista. Esa é a principal conclusión do proceso de refundación que cristalizou no seu congreso do pasado 21 de xaneiro. O segundo conclave após o congreso fundacional de 2013 reafírmase na viraxe coa que a esquerda abertzale promoveu o cambio de etapa política en EH. Un novo ciclo marcado pola fin da violencia, após o cesar-ofogo definitivo da ETA, no que Sortu quer despregar unha nova folla de ruta cun obxectivo central: a independencia. República Confederal Vasca O percorrido até a República Confederal Vasca, que segundo Sortu sería unha realidade plausíbel na altura do ano 2026, fica trazado na resolución política aprobada no Congreso. Un documento no que a esquerda abertzale asume por vez primeira a gradualidade do proceso independentista, en troca de demandar unha Euskal Herria independente de sete territorios unificados ao tempo. Desta maneira, Sortu promoverá en primeiro termo a independencia dos territorios vascos que fan parte na actualidade da Comunidade Autónoma Vasca (Gipuzkoa, Bizkaia y Araba). A ese primeiro Estado Vasco, poderán adherirse en réxime de confederación o País Vasco francés (Iparralde) e máis Nafarroa, cando culminasen os seus respeitivos procesos. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 233, á venda nos quiosques e na loxa] |
PRAZA_20799 | Nas súas auto emendas os populares non atenden a advertencia da Xunta de que a súa proposición de lei pode deixar sen axudas a vítimas de violencia machista e manteñen a súa redacción nese punto. | Nas súas auto emendas os populares non atenden a advertencia da Xunta de que a súa proposición de lei pode deixar sen axudas a vítimas de violencia machista e manteñen a súa redacción nese puntoHai pouco máis dun mes o PP pretendía reformar a Lei de Saúde de Galicia para que a Xunta puidese, entre outras cuestións, "establecer prohibicións, limitacións e estratexias de prevención do consumo de bebidas alcólicas para avanzar na desnormalización do seu consumo en todos os ámbitos". Un mes despois de rexistrar no Parlamento unha proposición de lei con esa redacción, agora os populares veñen de presentar unha emenda contra si mesmos coa que queren que esas medidas sanitarias xa só se dirixan ás persoas menores de idade e non a toda a poboación. Nas correccións ao seu propio texto, pola contra, os populares non atenden a advertencia que lanzou a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de que a súa reforma sanitaria pode deixar sen axudas a vítimas de violencia machista e manteñen a súa redacción nese punto.Os populares querían ampliar a lista de "actividades, centros e bens" sobre os que a lei permite actuar ás autoridades sanitarias pero agora limitan o alcance das posibles medidas en cuestión de bebidas alcólicasA reforma da Lei 8/2008 de saúde de Galicia, impulsada polo grupo parlamentario do PP e non pola Xunta como adoita suceder, é defendida polos populares como necesaria para facer fronte ás pandemias como a do coronavirus. O texto fai fincapé nas sancións e, entre outras cuestións, modifica o artigo 34 da lei actual no que se establecen "as intervencións públicas que poderán exercer as autoridades sanitarias competentes sobre as actividades públicas e privadas que, directa ou indirectamente, poidan ter consecuencias para a saúde". Ese listado de "actividades, centros e bens" sobre os que a lei permite actuar ás autoridades sanitarias tiña ata agora 14 puntos cos que se autorizaba á Xunta a realizar inspeccións, rexistrar o persoal sanitario ou establecer autorizacións sanitarias para determinadas actividades, e a reforma proposta polo PP propuña hai un mes introducir un punto 15 con esta redacción: "Establecer prohibicións, limitacións e estratexias de prevención do consumo de bebidas alcohólicas para avanzar na desnormalización do seu consumo en todos os ámbitos, especialmente polas persoas menores de idade. Con esta finalidade, e por disposición directa desta lei, queda prohibido o consumo en grupo de bebidas alcohólicas na vía pública, parques e prazas públicas, e noutros lugares de tránsito público".Pero o 29 de decembro, no trámite de emendas dos grupos parlamentarios, ademais das que presentaron BNG e PSdeG tamén o PP rexistrou correccións ao seu propio texto, entre elas a de suprimir del as palabras "en todos os ámbitos, especialmente". Dese xeito, o novo texto só permitirá medidas sanitarias contra o alcol "para avanzar na desnormalización do seu consumo polas persoas menores de idade", deixando fóra ao resto da poboación e ámbitos de consumo.Fronte á corrección do PP ao seu propio texto, o PSdeG propón non incluír na lei de saúde ese punto 15 mentres que o BNG propón unha redacción que, ao contrario, amplíe o seu ámbito de actuación cunha redacción que permite á Xunta "establecer estratexias de prevención, limitación e prohibición do consumo de substancias aditivas", sen restrinxir estas ao alcol.Por outra banda, fronte á corrección do seu propio texto en materia de bebidas alcólicas que introduce o PP, os populares non atenden a advertencia que lanzou sobre a súa proposición de lei a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta. No seu informe preceptivo sobre todas as leis que se tramitan no Parlamento, ese departamento do Goberno galego alertou de que as sancións que os populares prevén na norma pode deixar sen axudas a vítimas de violencia machista, xa que as infraccións sanitarias moi graves contemplarán como sanción accesoria "a prohibición de percibir calquera tipo de axudas". As infraccións sanitarias moi graves contemplan como sanción accesoria "a prohibición de percibir calquera tipo de axudas" e a Secretaría Xeral da Igualdade sinalou as "consecuencias que a aplicación práctica desta previsión pode ter" para vítimas de agresións machistasAnte esa redacción, o departamento da Xunta que dirixe a popular Susana López Abella sinalou as "consecuencias que a aplicación práctica desta previsión pode ter" para vítimas de agresións machistas xa que "é posible que se a unha persoa se lle impón como sanción accesoria a prohibición de percibir calquera tipo de axudas ou subvencións e con posterioridade á imposición da sanción adquire a condición de vítima de violencia de xénero, esta persoa poida verse privada da posibilidade de optar ás axudas para as vítimas de violencia de xénero, algunhas das cales teñen por finalidade facilitarlle á vítima unha independencia económica ou un recurso habitacional que lle permita por fin á súa relación co agresor e rachar coa situación de violencia que está a sufrir, garantindo tamén a súa seguridade".Malia esa advertencia da Xunta, os populares non introducen ningunha corrección ao respecto nas súas emendas e manteñen o texto orixinal que pon en risco esas axudas. |
NOS_51372 | O ex-tesoureiro asegura que os sucesivos presidentes e secretarios xerais da formación política coñecían a existencia destas fontes de financiamento ilegal que se extendían, sinalou, "por todas as provincias e rexións". | Luís Bárcenas declarou esta quinta feira perante o xuíz da Audiencia Nacional española, Pablo Ruz, instrutor do proceso xudicial que investiga o financiamento ilegal no Partido Popular. O ex-tesoureiro asegurou na súa declaración que as 'caixas B' através das que a formación política financiaba campañas electorais existían en "todas as provincias e rexións". Aliás, afirmou que os sucesivos presidentes do PP --Fraga, Aznar e Rajoy-- coñecían estes sistemas de financiamento irregular de igual maneira que os secretarios xerais. Caixas en 'B' espalladas por todo o Estado Bárcenas continúa así tirando da manta e sacando á luz o que, supostamente, é o maior escándalo de corrupción que salfire as filas do PP. E é que, para alén doutros en que se viu inmersa a organización que sustenta o goberno español --e a maior parte dos territorios do Estado-- tería desenvolvido durante máis de 20 anos unha rede de financiamento ilegal que fornecía de fondos as campañas electorais, actos e mesmo salarios d@s líderes do partido. Na súa intervención perante o xuíz maxistrado da Audiencia Nacional española, Bárcenas reiterou as súas anteriores declaracións. Confirmou a veracidade das anotacións tomadas a man durante a súa responsabilidade como tesoureiro e os pagamentos en B a, entre outros, o propio presidente do executivo e tamén do partido, Mariano Rajoy. Na súa declaración Bárcenas chegou a nomear de maneira explícita a Álvarez Cascos e Miguel Ángel Acebes. Os que foron secretarios xerais do PP terían actuado a modo de "supervisores" de todo o entramado de financiamento ilegal sinalándoos directamente como parte do sonado caso Naseiro. |