ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
PRAZA_19382
Os nosos lugares de enterramento, de concentración e tortura, os nosos cárceres, mortos, persoas paseadas, o sucedido na posguerra, todo permanece oculto e cando se airea, queren facelo pasar como algo puntual e non se lle dá valor, non se relaciona con outros asuntos equivalentes, non se chega á totalidade dun réxime ditatorial que impuxo a súa lei con violencia e obrigou ao silencio sobre a realidade por medo colectivo.
Ultimamente, están saíndo á luz, un gran número de criaturas arrebatadas a nais republicanas presas nos cárceres, ou usurpadas cumprida a pena de morte. Tamén foron vítimas de rapto, a prole de mulleres pobres. Na posguerra pasábase fame, as nais eslombábanse traballando para levar algo de comer a casa. Mesmo así a pobreza abondaba e era como un delito. En especial para as mulleres que daquela non tiñan dereitos, e as pobres, menos. Non era difícil requisarlle as fillas co pretexto de teren mellor vida. Casos habería nos que o matrimonio que adoptaba e pagaba, ignoraba a enganosa procedencia. Pero foron adoptadas ilegalmente cando estaban baixo a tutela de monxas nos conventos, ou de caritativas asociacións cristiás. Como a Maternidade Peña Grande, en Guadarrama, que funcionou desde 1940 até 1975. Calcúlanse unhas trinta mil bebés os que ignoraron a súa procedencia. A democracia foi serodia para as españolas, que estiveron baixo o xugo da crueldade e a humillación, non só durante a ditadura, senón despois. Grazas a testemuñas de moitas que agora declaran, e libros como Desterradas Hijas de Eva, de Consuelo García del Cid, imos coñecendo os Centros fascistas de Auxilio Social, ou Patronato de Protección a la Mujer. Unha farsa! Eran Colexios relixiosos, Orfanatos, Reformatorios, Maternidades, ou Preventorios. Lugares que eran verdadeiros cárceres, onde non só carecían de liberdade, senón que eran golpeadas e insultadas. O medo propio, unido ao das familias e o da sociedade, conseguiu a ocultación deste horror, como tantos daquela etapa. O silencio, que xa teño denunciado noutros escritos, corrobora que o franquismo aínda ten moito poder neste país. A transición, tan ponderada, foi un paripé que deixou no poder os participantes na ditadura, e afianzou a Monarquía. (Acabamos de comprobar estes días de que maneira!) Os partidos chamados de "esquerda" non denunciaron nin denuncian os crimes desa época. Non se abren os arquivos do goberno, os militares ou os de Falanxe e da Sección Feminina, dirixida por Pilar Primo de Rivera, que quixeron casar con Hitler. Esta falanxista desprezaba totalmente as mulleres. Os Reformatorios, como o nome indica, partían da base de que cumpría "reformar", "corrixir" a mozas que non tiñan o comportamento debido. Debido pola imposición relixiosa, que implantaba o modelo nacional da muller instruída para casar, parir e coidar. Mulleres abnegadas e sufridoras. Nin cantar, nin bailar, nin gozar era propios de mulleres boas. As monxas, como as Agustinas que rexentaron o Reformatorio de Baeza, desde 1940 a 1976, no que un día desapareceron temendo que se tomasen represalias, as Adoratrices e tantas outras ordes relixiosas implantaban un réxime de terror nos conventos onde encerraban as mociñas e as corrixían con golpes, insultos, malleiras, mala alimentación e toda unha serie de torturas que, máis que inculcarlle os principios de comportamento do réxime, parecían facilitarlle ás "monjitas" os obxectos do seu sadismo. Algúns duraron até 1984. Nos Preventorios, como o do Doctor Murillo en Guadarrama, separaban as nenas das familias, coa pretensión de mellor atención ou de illalas de tuberculosos que houbese na casa, na familia ou no pobo. Nestes Centros, ademais dunha bazofia de comida, padecían abusos físicos, psíquicos e sexuais, explotación laboral ou utilización en prácticas médicas dubidosas. En todo o mundo son coñecidas os exercicios de terror nazi e os Campos de Concentración. Son moitas as películas que narran aquel horror. Sabemos o nº e os datos das vítimas, circunstancias que todo o mundo está obrigado a coñecer en Alemaña, e o alumnado debe visitar, acompañado de profesorado, os lugares onde se explica todo o proceso. Os nosos lugares de enterramento, de concentración e tortura, os nosos cárceres, mortos, persoas paseadas, o sucedido na posguerra, todo permanece oculto e cando se airea, queren facelo pasar como algo puntual e non se lle dá valor, non se relaciona con outros asuntos equivalentes, non se chega á totalidade dun réxime ditatorial que impuxo a súa lei con violencia e obrigou ao silencio sobre a realidade por medo colectivo. Xa pronto serán 80 anos de Tardofranquismo, a situación fraudulenta que vivimos neste país, á que aínda hai quen chama "democracia". Que non se enganen os que agora botan por ela, e seducen con discursos de cambio político. Mentres non limpemos as cloacas, a corrupción, a mentira e as ratas non permitirán unha vida digna. Hai que poñer a historia a clareo.
NOS_35866
Cisma na socialdemocracia gala, após o novo primeiro ministro, Manuel Valls, anunciar un xigantesco recorte no gasto público de 50.000 millóns de euros, un plano aplaudido desde a contorna de Sarkozy. "Miterrand fixo que Franza se desfixera do comunismo. Hollande vai facer que Franza se desfaga do socialismo", din desde a dereita.
O Executivo Valls propón que o gasto público decreza en Franza nun valor de 50.000 millóns de euros no período 2015-2017. O obxectivo declarado sería cumprir o guión da Troika no que atinxe á redución do déficit público. O novo primeiro ministro -que aspira a suceder a Hollande na carreira presidencial, dado que o seu actual chefe non tería ningunha opción fronte á dereita e mesmo fronte a Le Pen- quer tamén financiar unha redución das cargas laborais das empresas francesas por valor de 38 mil millóns de euros. Os críticos do PS estiman que, de se aplicaren as medidas, o custo a pagar sería un decrecimento na contorna do 1% do PIB Os recortes afectarían aos salarios, ás pensións e ás prestación sociais que, ao se conxelaren, perderían poder adquisitivo. Os críticos do PS argumentan dúas cousas. Primeira, que as políticas chamadas de austeridade teñen mostrado os seus límites alí onde foron aplicadas, quer en Portugal quer en Grecia quer no Estado español. E segundo, que as medidas propostas por Valls/Hollande, para alén de seren socialmente inxustas, terían un efeito contractivo do PIB. Estiman que, de se aplicaren, provocarían un decrecimento na contorna do 1% do produto interior bruto.
NOS_46020
Promove un simposio que decorrerá esta quinta feira en Compostela
A Asociación Galega de Editoras (AGE) promove este quinta feira, 30 de setembro, a xornada "O libro e a lectura", que nesta XVIII edición centrará os discursos e o debate na diversidade dentro do mundo da literatura. Baixo o lema "Libros pola diversidade", haberá relatorios desde puntos de vista moi dispares, desde expertos da ONCE até familias de menores trans, entre outros. A entidade, que retransmitirá en streaming para o público en xeral as sesións que terán lugar no auditorio do Consello da Cultura Galega, convidou a presidenta da Asociación de Familias de Menores Trans da Galiza (Arelas), Cristina Palacios; Mónica Santos, representante da Asociación BATA; e Manuela Rodríguez, directora da colección Makakiños de Kalandraka Editora. Tamén terán o seu espazo o docente da USC e escritor Jorge García Marín, que vinculará a inclusión "do diferente" á lectura; a mestra Lucía Gómez, que explicará máis sobre ferramentas de integración como os pictogramas; e Pilar Carballo, pedagoga do Centro de Recursos Educativos da ONCE de Pontevedra. Xa na quenda da tarde, os formatos e as coleccións diversas centrarán a mesa na que falarán a secretaria xeral de Educación da Xunta, Dolores Reboredo; Laura R. Herrera, de Hércules de Edicións, que reflexionará sobre a diversidade familiar e a identidade sexual; e Francisco Castro, representante da Editorial Galaxia. A conferencia de clausura será a cargo do filósofo, docente e escritor José Miguel Valle. Todos participarán no simposio para fornecer as súas distintas experiencias, ao longo de sesións de análise e reflexións individuais. A futura inclusión "do diferente" coa lectura Cada especialista achegará a súa perspectiva sobre a diversidade no ámbito da literatura no país para intentar chegar a un punto de encontro de como ten que ser o futuro inmediato e máis a longo prazo. Para a Asociación de Editoras "trátase dun encontro profesional [difundido na canle de Youtube do colectivo por mor da pandemia] para reflexionar sobre a edición de contidos para a inclusión e a diversidade". A xornada -na que colaboran o Consello da Cultura Galega e a Xunta- fechará cunha serie de conclusións para o sector da edición tiradas de todas as achegas que se produzan ao longo do día. Estas daranse a coñecer nunha lectura final ás 19.30 horas desta quinta feira a través das palabras do presidente de AGE, Henrique Alvarellos.
PRAZA_15953
O dato de persoas a agardar por unha operación cirúrxica no peche de 2015 foi o peor nun mes de decembro na última década. A área de Vigo empeorou todos os indicadores de espera tras a apertura do novo hospital
A área de Vigo empeorou todos os indicadores de espera tras a apertura do novo hospital A pasada semana o Servizo Galego de Saúde facía públicos os datos das súas listas de espera datados no 31 de decembro de 2015. No remate do ano con menor transparencia neste ámbito dende que existen rexistros públicos o Sergas rexistraba unha espera media de 78,8 días para acceder a unha operación cirúrxica. O Goberno galego puxo o acento neste dato por ser dous días inferior ao dun ano antes e pasou máis por riba doutro, o da cifra total de doentes a agardar. Ese indicador foi o peor nun peche de ano na última década, o segundo maior dende que, nos seus derradeiros compases, o goberno de Fraga accedeu a facer públicos os números das listas de espera. O panorama da sanidade pública galega é, por múltiples motivos, ben diferente o daquel ano 2005. Nestes dez anos a poboación galega minguou pero tamén envelleceu e o persoal dos servizos sanitarios aumentou ata que, en plena crise, foi recortado en máis de 1.600 profesionais. Do mesmo xeito, durante o período de recortes o orzamento sanitario diminuíu máis de 300 millóns de euros mentres, non obstante, comezaban a funcionar relevantes infraestruturas sanitarias como os novos hospitais de Lugo e Vigo ou ampliacións como as realizadas na área de urxencias do hospital da Coruña. O dato de decembro foi o peor dende 2005, cando aínda non estaban a funcionar os novos hospitais de Lugo e Vigo nin estaba en vigor a lei que garante unha espera máxima de 60 días O último dos novos hospitais en ser inaugurado, o vigués, fíxoo cando xa estaba en vigor a denominada lei de garantías de prestacións sanitarias. Como veu informando Praza.gal, esta norma estipula que se un doente que precise unha operación cirúrxica non é atendido nun máximo de 60 días, o Sergas ten a capacidade de derivalo á sanidade privada e, en caso contrario, perde o dereito a ese límite máximo de atención. Malia á combinación de todos estes factores, a 31 de decembro de 2015 había case 1.000 persoas máis a agardar que un ano antes. Non é posible saber, non obstante, se durante a primavera ou o verán de 2015 o número de persoas a esperar se mantivo por riba das 37.000, como en 2014, xa que a mesma lei de garantías recorta tamén a información que o Sergas difunde das listas. Coa espera media máis de 20 días por riba do límite legal, unha ollada en perspectiva aos datos publicados polo Sergas na última década -dende o redeseño da súa web a Consellería de Sanidade só permite consultar os seus últimos seis informes ao respecto- permite concluír que o número total de pacientes que agardan por unha operación foi nesta lexislatura galega máis semellante ao dos últimos anos do fraguismo que ao dos anos do bipartito ou ao do inicio do mandato de Alberto Núñez Feijóo. Entre 2006 e 2009 o Sergas logrou situar a lista de espera por baixo das 35.000 persoas Así, ao ordenarmos os datos dos informes de listas de espera -catro por ano entre 2005 e 2014 e dous anuais dende o pasado exercicio- os datos amosan que o maior rexistro histórico de pacientes a esperar segue a ser o do terceiro trimestre de 2005, xusto despois da saída de Fraga da Xunta, e os dous trimestres seguintes. Xusto a continuación atópanse os datos dos últimos trimestres da primeira lexislatura de Feijóo e, sobre todo, da actual, cando frecuentemente se sobrepasou o límite dos 37.000 doentes agardando. Na banda contraria están datos rexistrados entre 2006 e 2009, cando o Sergas logrou situar a lista de espera por baixo das 35.000 persoas. Fronte a estes datos e mentres o policlínico vigués POVISA, concertado co Sergas, segue actuando como principal lastre do sistema, a Consellería de Sanidade insta a observar o lado positivo do balance. Así, na presentación dos datos a Consellería destacou que o Sergas "continúa comprindo o compormiso de atender as patoloxías máis graves por baixo de 30 días e as graves, por baixo de 60 días.
PRAZA_3148
O alcalde afirma que "na loita contra o cambio climático, esta cidade é pioneira e vangardista". Vigo Histórico cuestiona que o proxecto de construción dun túnel subterráneo na Porta do Sol para favorecer o tránsito de vehículos contradí os obxectivos da delcaración de emerxencia climática.
Este martes o segundo Consello de Ministros ordinario do Goberno de España da coalición do PSOE con Unidas Podemos aprobou a declaración de emerxencia climática e ambiental. O paquete de medidas inclúe unha lei de Mobilidade Sostible e Financiamento do Transporte Público e o establecemento de zonas de baixas emisións en todos os municipios de máis de 50.000 habitantes. É dicir, haberá áreas restrinxidas para os vehículos nas sete principais cidades galegas, nas que terán prohibido o acceso arredor do 40% do parque móbil (todos os diésel anteriores ao ano 2006 e os gasolina anteriores ao ano 2000)."Todo Vigo é 'Vigo Central' . Na loita contra o cambio climático, esta cidade é pioneira e vangardista", afirma CaballeroEstas zonas de baixas emisións funcionan xa nunha pequena parte da cidade de Madrid (Madrid Central) e na práctica totalidade da cidade de Barcelona (ZBE) e unha lei establecerá os criterios para fixar as súas dimensións e características. Este mércores, preguntado sobre as previsións para a creación desta Zona de Baixas Emisións na cidade de Vigo, o alcalde Abel Caballero afirmou que a cidade "non necesita un 'Vigo Central'" porque "aquí cumprimos todo marabillosamente" e "todo Vigo é xa 'Vigo Central'". O rexedor defendeu que a cidade olívica xa posúe "un modelo que establece en todas partes" as "pautas" que guían as zonas de baixas emisións e a declaración de emerxencia climática, e puxo como exemplos os beneficios fiscais que se outorgan a motos, a instalación de rampas mecánicas alimentadas con enerxía verde ou a construción de carrís bici, ao igual que outras cidades. "Na loita contra o cambio climático, esta cidade é pioneira e vangardista", concluíu Caballero.A zona de baixas emisións que Vigo deberá poñer en marcha pode chocar co actual proxecto de construción dun túnel subterráneo baixo a Porta do SolAs zonas de baixas emisións, que serán obrigatorias, deberán delimitarse nos centros urbanos das cidades, polo que semella probable que a contorna da Porta do Sol e as rúas adxacentes (Urzaiz, García Barbón, Policarpo Sanz, Elduayen...). A medida pode chocar, polo tanto, co actual proxecto de construción dun túnel subterráneo baixo a Porta do Sol e que, segundo denuncian colectivos como Vigo Histórico ou Greenpeace, pode incrementar a circulación de vehículos nesta zona, en contra do obxectivo das normas impulsadas polo Goberno central, que buscan limitar o tráfico nos centros urbanos. Esta contradición foi xa sinalada nos últimos meses por Vigo Histórico, que sinalou que o proxecto impulsado polo Concello de Vigo, que permitirá a peonalización dun treito de 200 metros na Porta do Sol, pero ocupará a totalidade da rúa Elduayen, incrementando previsiblemente o tráfico tamén no Paseo de Alfonso XII, "fai a transición ecolóxica, pero no sentido contrario; o túnel vai manter e mesmo incrementar o tráfico a través da zona histórica da cidade. Reduce as emisións construír un túnel que fomenta o uso do vehículo propio? Nós cremos que non". Tamén Greenpeace criticou que Abel Caballero "ten unha idea desfasada do concepto de 'progreso', máis propia do desenvolvismo dos anos 60 que dedicou a maioría do espazo público ao tráfico""Cando a Lei de Transición Ecolóxica en 2023 obrigue a limitar a circulación dos vehículos que máis contaminen, en Vigo teremos un centro con infraestruturas como o túnel, que non poderan usar unha porcentaxe elevada de turismos""Cando a Lei de Transición Ecolóxica teña forma e en 2023 obrigue a limitar a circulación dos vehículos que máis contaminen, en Vigo teremos un centro con infraestruturas como o túnel, que non poderan usar unha porcentaxe elevada de turismos. Non sería mellor peonalizar sen coche, en vez de peonalizar cun túnel para coches?", afirmou Vigo Histórico esta semana.Vigo Histórico continúa esixindo ao Concello de Vigo unha revisión do proxecto e que dialogue coa cidadanía oposta a esta actuación. Nos últimos meses a entidade interpuxo un recurso ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia, chamando a atención sobre "importantísimos defectos na concepción e deseño do túnel". E solicitaron do Goberno municipal unha revisión de oficio do proxecto e tamén lle demandaron ao departamento de Patrimonio da Xunta que intervise ante as afeccións que as obras poden ter para un espazo que conta con protección BIC e polo que transita o Camiño de Santiago."Se o proxecto é tan bo e cumpre a legalidade, por que non nos contestan ás solicitudes de revisión de oficio? Non contestan porque teñen medo, porque saben que hai algo que se lles pode escapar por algún lado""Pedimoslle ao Concello unha revisión de oficio en outubro e aínda non nos contestaron. Só responden as solicitudes de medidas cautelares porque de non facelo poderíase interpretar como silencio positivo, explica Marga Mariño (Vigo Histórico). "Se aos seis meses non contestan, temos a posibilidade de recorrer no contencioso. É unha manobra de dilación para que cando o contencioso responda, sexa ao noso favor ou non, a obra estea acabada", denuncia."Cremos que o alcalde ten medo", di Mariño. "Se está todo tan ben, se o proxecto é tan bo e cumpre a legalidade, por que non nos contestan ás solicitudes de revisión de oficio? Non contestan porque teñen medo, porque saben que hai algo que se lles pode escapar por algún lado", conclúe.De momento, Vigo Histórico continúa coas súas mobilizacións. Hai tres semanas levou a cabo un "enterro simbólico" da rúa Elduayen, chamando a atención sobre o prexuízo que o túnel tería para esta vía e para o Paseo de Alfonso.
NOS_10970
O primeiro ministro francés substituíu os 3 ministros críticos cos recortes e as medidas de austeridade. Á fronte de Economía estará E. Macron, ex-banqueiro e partidario da ortodoxia de rigor orzamentaria.
Manuel Valls e François Hollande fixeron limpeza no executivo francés. Non queda ningún ministro crítico coas políticas e medidas de recortes que desenvolve o executivo socialista galo. Os titulares de carteiras que nestas semanas mostraran en público o seu malestar e oposición a esa liña política por entenderen que era sumisa a Merkel e que castigaba @s máis necesitad@s veñen de saír pola porta pequena. No seu lugar, primeiro ministro e presidente de Francia elexen recambios partidarios do modelo de Valls e Hollande. Non hai lugar para críticos, o que leva a medios galos a se preguntar se esa volta de porca non terá repercusións no Partido Socialista, cun sector para nada contento coa liña de Valls e Hollande. Manuel Valls substituíu os 3 ministros críticos (Economía, Educación e Cultura). Para Economía nomeou a Emmanuel Macron, ex-socio da banca Rothschild, bo coñecedor do entramado da UE e con bos contactos en Bruxelas. É, aliás, defensor da ortodoxia de rigor orzamentario (o 'austericidio'), algo no que coincide co ministro de Fianzas, Michel Sapin. Os círculos empresariais franceses amosaron xa a súa satisfacción polo nomeamento de Macron, mentres que o deputado socialista Laurent Baumel cualificou o nomeamento de "provocación". Valls xa ten así o executivo ao seu gosto para levar a cabo as encomendas: recortar 50.000 millóns de euros en tres anos e medidas de ventaxes fiscais e cotización que favorecerán empresas por valor de 41.000 millóns.
NOS_13155
Conversamos con Mario Maceiras, da Asociación Monte Pindo, ao día seguinte de que a consellaría de Medio Ambiente ordenase a paralización inmediata das accións de voluntariado que pretendían a recuperación do monte. Do contrario, habería sancións.
O 11 de setembro de 2013, cando os efectivos aéreos de extinción xa non podían despegar, o lume prendeu no Monte Pindo e devorou máis de 2.500 hectáreas. O 1 de novembro, cadrando co festexo do Día de Defunt@s, a Asociación Monte Pindo lanzou unha pregunta ao ar: Axúdasnos a revivir o Olimpo Celta? Así nacía SOS Monte Pindo, voluntariado fronte ao desleixo da Xunta. Máis de 2.500 castiñeiros e 1.050 carballos plantados despois, a consellaría de Medio Ambiente obrigou a paralizar esta iniciativa social. De continuar cos traballos de recuperación, habería sancións. Cal foi a orde que lles chegou desde a Xunta e como a recibiron? Pois o máis curioso é que nen sequera se puxeron en contacto connosco. Recibímola a través da comunidade de montes de Caldebarcos. Falaron con eles e deixaron a orde expresa de que nós a contactaramos a ela --á xefa do distrito forestal V, Sara Romero--. Chamamos. Díxonos que o Monte Pindo non era de todos senón da Xunta e que non podemos actuar nel sen autorización. De continuarmos, ameazounos con enviar a policía para a seguinte acción de voluntariado e coa imposición de sancións. É verdade iso que lles dixo? É unha media verdade. A titularidade do Monte Pindo pertence ao Concello de Carnota e á comunidade de montes de Caldebarcos, que non só apoian o proxecto senón que participan nel. Con todo, si que é certo que existe un convenio coa Xunta para a xestión deste espazo. Convenio que non se estaba a desenvolver. Efectivamente, tal e como levamos denunciando desde hai tres anos, advertindo de que o que pasou --o incendio-- ía pasar. Así que decidimos rachar coa Xunta porque só poñía atrancos e encetamos as accións de voluntariado. Fixemos tres e foron un éxito. Conseguimos plantar 2.500 castiñeiros e 1.050 carballos, para alén de tratar 5,73 hectáreas con gramíneas de crecemento rápido para agarrar a terra e evitar as riadas de cinzas. Por que non teñen autorización para desenvolver o proxecto? Denegáronllela? Nen nola denegaron nin nola concederon. Reclamamos unha reunión coa consellaría de Medio Ambiente en tres ocasións para lle explicar o que queriamos facer e nunca nos responderon. É verdade que a xefa do distrito forestal V, Sara Romero, si que mostrou vontade de nos recibir e coñecer o programa de voluntariado, mais nós entendemos que non é con ela con quen temos que falar. A primeira xuntanza solicitámola após o incendio, para ver que medidas urxentes ían por en marcha. A segunda cando encetaron as riadas de cinza na zona arrasada. E a terceira aínda foi hai dez días para volver falar da declaración de Parque Natural e o informe técnico que Medio Ambiente di ter elaborado ao respeito pero que nunca nos ensinou. Se non temos autorización non é pola nosa falta de vontade. Denuncian "persecución política". Si. Somos unha organización molesta porque os cachamos nas patacas. Levamos anos anunciando que isto podía pasar e agora estamos aquí para o denunciar. A finais do ano pasado tivemos unha reunión con Hernández --Agustín Hernández, titular de Medio Ambiente-- moi positiva, mais co incendio todo quedou en papel mollado. Negóusenos toda capacidade de interlocución e emprenderon unha fuxida cara adiante porque apartar para un lado e non estorbar sería recoñecer o fracaso da súa xestión cando estaban a anunciar a bombo e prato que a temporada forestal fora magnífica. Pero a "persecución política", en que se concreta? En que non é casual que para unha vez que existe unha asociación que pula polo monte e que non só pide, senón que tamén fai, a aparten do camiño. Non é casual que a dilación nunha reunión que nós entendemos que era moi urxente --despois do incendio--. Non é casual que cando denunciamos que non aparecera por alí técnico ningún da Xunta enviaran até os de Augas de Galiza facer o paripé. Tampouco é casual que cando reclamamos actuacións porque non se estaba a facer nada apareceran helicópteros privados que botaban palla desde o ar. Non é casual que cando nós comezamos a falar de voluntariado se aprobe un programa de voluntariado no marco dun proxecto simbólico que ao Pindo só lle dedicaba cinco días. Foron medidas estéticas e o voluntariado, ao que pagaron comida e cama, veu de fóra da comarca, en lugar de chamar xente da zona. Entón podemos dicir que a Xunta nen fai nen deixa facer... Non é que non faga, senón que todo o que fixo foron medidas estéticas, de cara á galería. Nós estabamos moi contentos coa resposta do voluntariado. Que veñan agora dicirnos que o monte non é de todos e que nos van multar... nós non podemos facer fronte a sanción ningunha. Por iso acatamos a orde. Por que dixo que a xuntanza con Medio Ambiente fora "positiva"? Porque lle vimos boa vontade en prol da declaración de Parque Natural. Solicitáronnos actualizar a iniciativa porque fora presentada con anterioridade e fixeramos máis traballos no lugar. Que vai pasar con SOS Monte Pindo? Seguiremos traballando. Se non é directamente no monte será denunciando. Entendo que ao paralizar a súa acción a Xunta lles dixo que medidas se van emprender desde a consellaría... ou non? En absoluto. De feito, a xefa de distrito nin sequera sabía se se estaba a facer algo desde a Xunta nen se o tiñan pensado facer. Nós temos a esperanza posta nanova responsábel da dirección xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, que acaba de tomar posesión. Darémoslle os cen días de cortesía e agardamos que non herde o desleixo do seu antecesor no cargo.
NOS_44631
Máis un número do semanario saído do prelo. Unha PAC de costas a Galiza, a fusión das caixas, entrevistamos a Isabel Clara-Simó, Escritora Galega Universal; debullamos como Mercedes Peón vai Máis Alá… Todo isto e máis xa na nosa loxa.
O actual rural galego non se pode entender sen o que nel provocou a PAC, a Política Agrícola Común, ferramenta da Unión Europea que transformou o tecido socioeconómico do agro galego e cuxo impacto mantense na actualidade. A proposta de reforma da PAC presentada pola Comisión europea -con importantes recortes nos fondos- xera preocupación e inquedanza. Esperanzas, poucas. 'Unha PAC que non serve'. Baixo o lema "Ti Contas", Sermos Galiza vén de publicar un monográfico de 64 páxinas a cor sobre os medios de comunicación, con análises e entrevistas que amosan a realidade do xornalismo no país e que dan conta de experiencias en Euskal Herria, Catalunya e Portugal. Sermos Galiza edita un monográfico sobre os medios de comunicación'. 'Centros plurilingües versus normalización lingüística'. A política lingüística do Goberno de Alberto Núñez Feixóo no sistema educativo galego. A falsa auditoría de KPMG das caixas galegas ispe a xestión de Alberto Núñez Feixóo no proceso que deu a pistolada de saída ao esmiuzamento do sistema financeiro galego. 'Unha fusión sen ninguén ao volante'. Non dar conta dos resultados das súas viaxes institucionais ao estranxeiro nin das súas responsabilidades ao argumentar a fusión das caixas galegas en base a unha auditoría que non era tal. Son dous exemplos de temas importantes nos que a oposición solicitou a comparecencia do Feixóo e perante a cal este fai caso omiso. De aí que a oposición teña que sortear ese veto a través doutras vías. 'Vendar os ollos ao Parlamento'. 'Trump aposta na vía unilateral para reafirmar o liderado dos EUA' Washington exixe a Teherán doce condicións inasumíbeis para poderen atinxir un novo acordo, coa intención deliberada de bloquear a influencia rexional do Irán. A Unión Europea deixa en evidencia a súa irrelevancia internacional e limítase a procurar asegurar os seus intereses económicos, comerciais e enerxéticos na nación persa. 'A política estatal radicaliza o xiro españolista' O mantemento ilegal da aplicación do artigo 155 contra o Govern designado lexitimamente polo presidente da Generalitat, Quim Torra, é o corolario institucional dun novo deslocamento á dereita da política española. Ciudadanos, PSOE e PP enléanse por se distinguir como os máis intensos defensores da España Una, mentres a pretensa esquerda rupturista fica enlamada na súa crise interna. Ás veces, o que semella unha boa medida non é tal ou, no mellor dos casos, non o é tanto. Iso é o que acontece coa tarifa plana de 50 euros para novas persoas autónomas: segundo os dados das organizacións, o 80% fracasan menos de tres anos despois da posta en marcha dos seus negocios. A realidade das cifras é ben teimuda: en 2008 había na Galiza 250.000 persoas autónomas; hoxe son 212.500. 'Tarifa plana, emprego con data de caducidade'. 'Os recortes desmantelan o servizo de Correos' Máis dun milleiro de postos amortizados e precariedade das traballadoras e traballadores. Entrevistamos Isabel-Clara Simó (Alcoi, 1943), unha das escritoras en catalán máis populares. A súa extensa obra visitou todos os xéneros. "Agás a novela infantil", puntualiza. Docente e xornalista, directora do histórico semanario Canigó, decana da Institució de les Lletres Catalanes, independentista confesa, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega vén de distinguila como a Escritora Galega Universal que antes foron Juan Gelman, Elena Poniatowska, Pepetela, Hélia Correia ou Mahmud Darwix. Entrementres, supera a morte do seu marido hai dous anos –"por primeira vez quedei en branco, eu que escribira cada día toda a miña vida" – cunha novela: "E é moi dura". 'A destemida historia de Mercedes Peón'. Ningún límite parece deter Mercedes Peón. A súa traxectoria musical, sintetizada en cinco traballos, é unha exploración continua do que hai máis alá, a dicir de críticos e colegas. O seu novo traballo confirma a virada electrónica do seu discurso. E as colaboracións e achegas de Xoán Costa, Pilar García negro, Xavier Queipo, Iago Varela, Jasper Nao, Julián Bustelo, Colectivo Xea, Mario Regueira, Andrés Castro e Pepe Barro.
NOS_45215
Estiven agardando o momento para escribir sobre o disco, e agora, cando o Ed Force One está a piques de aterrar na Galiza para que os Maiden descarguen toda a súa forza en Viveiro, acho que é o momento axeitado para volver a traer a actualidade este espectacular traballo da Dama de Ferro.
Todos contabamos cunha sorpresa por parte da Iron Maiden, para celebrar o 40 aniversario da súa fundación. Eramos conscientes de que a banda de heavy metal máis grande de todos os tempos non deixaría pasar tal efeméride como se nada, cando unha lexión de fans agardaban o rexurdimento da besta. E despois de moito agardar, chegou a sorpresa, aínda que non era a agardada: Bruce Dickinson tiña cancro de lingua. Esta nova, que caeu coma un balde de auga fría nos seareiros da banda, foi a culpábel de que esa celebración tardase algo máis do agardado, pero ao fin chegou baixo o título de The Book of Souls. A primeira sorpresa agradábel atopeina na portada, xa que a banda recupero a súa tipografía clásica, que xa desaparecera no 98 na publicación do Virtual XI, ademais o deseño de Eddie na portada lembroume aos deseños da etapa de Derek Riggs, o deseñador orixinal dos Maiden. Todo isto, agocha un disco duplo, con 11 temas nos que Iron Maiden volve a facer temas longos, como xa fixera con Isle of Avalon, Hallowed be thy name ou The Rime of The Ancient Mariner, mais agora superándose ao chegar aos 18 minutos de Empire of Clouds, tema de peche do álbum. O primeiro disco abre con If Eternity Should Fail, composto totalmente por Dickinson e comeza cun aire épico ocupado en crear atmósfera durante case un minuto ate que encomeza a cabalgar e a dicir que o Final Frontier está superado e que isto é outra historia, na que as cancións teñan máis pegada e as estruturas, aínda que longas son sólidas con retrousos definidos e riffs potentes. O primeiro disco abre con If Eternity Should Fail, composto totalmente por Dickinson e comeza cun aire épico Speed of Light foi o tema elixido como single, con un toque máis clásico, non en van leva a sinatura compartida de Adrian Smith na composición, o que fai que soe a puro maiden da época do Powerslave ou mesmo do Somewhere in Time. Deixa moi bo sabor de boca para entrar a The Great Unknown, que xunto The Man Of Sorrows parecen descartes do Seventh Son of a Seventh Son. Non son malos temas, pero non encaixan moito co resto do disco, e como punto a favor cómpre dicir que a atmósfera creado co baixo e as guitarras co chorus é simplemente xenial. Nótase que The Red and The Black está composto integramente por Steve Harris dende a liña de baixo. Un tema feito para que a xente coree nos concertos no estilo do Heaven Can Wait, e coas tripletas marca da casa que imprime Harris. Con When The River Runs Deep, tras todo o que levo escoitado, confirmo unha volta total ao 86, ao Somewere In Time (será que o título era profético?) confirmando na escoita o que a portada parecía prometer e cando pecha o primeiro CD The Book of Souls, con se halo setenteiro, coas guitarras acusticas abrindo e pechando, e uns Maiden divertíndose sen máis durante 10 minutos facendo hard rock, o disco parece incluso facerse curto. Death or Glory, tema que abre o segundo CD, un trallazo que sen dúbida non faltará no set list da xira por ser un dos máis enérxicos. Shadows of The Valley, un dos mellores temas do disco, pensei que estaba composta por Adrian Smith, xa que o riff inicial é calcado a unha das miñas cancións favoritas de Maiden, Wasted Years (de novo Somewhere in Time) pero, para a miña sorpresa, esta asinado por Gers e Harris. Tears of the Clown é outro espectacular himno co que nos agasallan Adrian Smith e Steve Harris, e o retrouso que, para a miña sorpresa máis se repetía na miña cabeza tralas primeiras escoitas. Basicamente é un medio tempo, curto e sinxelo. A canción dentro da canción, a disco dentro do disco, unha obra mestra, non sei de que outro xeito poderíamos describir o increíble Empire of The Clouds. Cos seus 18 minutos, é até o momento a canción máis longa xamais gravada por Iron Maiden. Asinada integramente por Bruce Dickinson, dende o inicio orquestrado o tema vai medrando en intensidade e complexidade, creando ambientes para cada parte da historia. The Book Of Souls é un traballo que non pasará desapercibido e que co tempo será máis recoñecido. A súa mestura entre o halo clásico dos Maiden e a experimentación fixeron desta obra un dos piares fundamentais dentro da discografía de Iron Maiden. Video: Iron Maiden –Speed Of Light https://youtu.be/-F7A24f6gNc Listaxe de TemasDisco 11. If Eternity Should Fail (Dickinson) 8:282. Speed Of Light (Smith/ Dickinson) 5:013. The Great Unknown (Smith/ Harris) 6:374. The Red And The Black (Harris) 13:335. When The River Runs Deep (Smith/ Harris) 5:526. The Book Of Souls (Gers/ Harris) 10:27Disco 27. Death Or Glory (Smith/ Dickinson) 5:138. Shadows Of The Valley (Gers/ Harris) 7:329. Tears Of A Clown (Smith/ Harris) 4:5910. The Man Of Sorrows (Murray/ Harris) 6:2811. Empire Of The Clouds (Dickinson) 18:01 IRON MAIDEN NAS REDESWeb: www.ironmaiden.comFacebook: www.facebook.com/ironmaidenTwitter: @ironmaiden
NOS_20832
As familias da tripulación do arrastreiro Venturer están molestas coa Administración española e coa compañía propietaria da embarcación pola falta de información.
A CIG trasladou hoxe o "profundo malestar" existente entre as familias e os tripulantes do arrastreiro Venturer, con base no porto de Vigo, que permanecen confinados no Brasil tras detectarse un gromo de Covid-19 a bordo ante a falta de información. Desde a central nacionalista denuncian que a compañía propietaria da embarcación, o grupo galego Pescapuerta, "semella máis preocupada por volver traballar canto antes que polos seus empregados", ao tempo que critican que as Administracións públicas "continúan desaparecidas". O responsábel da CIG-Mar, Xavier Aboi, sinala que tanto os tripulantes como as súas familias están moi molestos pola falta de información sobre o que está acontecer. "Os que permanecen dentro do barco non reciben información, até o punto de que teñen que facer novas probas PCR, mais non se lles comunicou", advirte o sindicato. A Xunta e o Goberno estatal, "desaparecidos" Aboi explica que dos cinco afectados que estaban ingresados en centros hospitalarios quedan aínda dous, un cidadán peruano e outro galego. Este último atópase nunha situación "moi delicada", xa que permanece entubado e sedado na unidade de coidados intensivos. "Sabemos que o Consulado está a falar co capitán mais sospeitamos que por orde da empresa non está a facilitar información". De igual xeito, censura que as Administracións, tanto a española como a galega, "continúan desaparecidas". O buque Venturer partiu do porto de Vigo o pasado 14 de xaneiro con 64 persoas a bordo para faenar no caladoiro das Malvinas tras facer as pertinentes probas de detección do novo coronavirus e pasar unha semana de corentena dun hotel da cidade. De feito, algúns dos tripulantes do arrastreiro Ventures de Vigo tiveron que quedar en terra tras daren positivo.
NOS_57075
Desde mañá e até o 30 de decembro, a vila de Rianxo acolle o V Festival Titiriberia, organizado pola Asociación Morreu o Demo e que conta coa colaboración do Concello rianxeiro e da Deputación da Coruña. Unha ducia de funcións van integrar o programa deste ano no que tamén se inclúen mesas redondas, exposicións e obradoiros.
Viravolta Títeres é a compañía encargada de abrir esta quinta edición de Titiriberia, e faino coa representación de O horroroso crime de Xan Miñoca, inspirado na obra de Eduardo Blanco Amor, Amor e crimes de Juan Pantera. O espectáculo, para todos os públicos, representarase no Centro Sociocultural A Capela do Araño ás 17 e mais ás 19 horas. Trátase dun espectáculo de monicreques de cachaporra (bonecos de luva, típicos do teatro de guiñol) con música de piano en directo e no que "se descobre a verdade sobre os terríbeis crimes que cometeu tan perigoso personaxe". Tamén no Centro Sociocultural A Capela, o público poderá coñecer a exposición Onde foi Barriga Verde?, unha mostra que presenta unha reflexión xeral sobre a personaxe e o seu esquecemento, a historia dos Silvent, a importancia das feiras, o patrimonio inmaterial ou a tradición dos títeres europeos, entre outros temas. Ao longo dos sete días que durará o festival, pasarán por Rianxo, ademais de Viravolta Títeres, compañías como Diáspora Teatro con Victoria. Nostalxias do pasado; Seisdedos Marionetas, con Este espectáculo foi ilegal; Fantoches Baj, e Os romeiros do caracol; Títeres Cascanueces, con O baúl de Barriga Verde; Fran Rei e O conto de Barriga Verde; a Cova das Letras, e o seu Teatro á feira; e o colectivo Indignati Asociación Galega de Commedia dell'Arte, con Ratas! Ademais haberá exposicións, mesas redondas e conferencias nas que se contará coa presenza de Borxa Insua, Lucho Penabade, Tero Rodríguez ou Esther Carrodeguas. E tampouco faltará a música, da man do grupo Áureas e Iria Pinheiro, que levan a Titiriberia 2020 o seu espectáculo As varietés do Barriga Verde. Nesta edición, a primeira que decorre fóra do municipio de Teo, Titiriberia terá por obxectivo principal achegarlle ao público a longa tradición do títere tradicional e do seu arraigamento na cultura galega. Neste ano insólito por mor da Covid-19, tamén se adaptará para cumprir as medidas sanitarias de protección individual e a limitación das capacidades dos locais. Poderanse seguir as funcións na canle de Youtube de Morreu o Demo.
PRAZA_16131
O xulgado de Ribeira vén de verse obrigado a intervir ante a petición de axuda da muller que foi agredida en Boiro polo asasino confeso da moza madrileña. Algúns medios, asegura, fan garda ante a súa casa
Foi agredida e a súa denuncia e testemuño foron claves para resolver o asasinato de Diana Quer. Un mes despois de que o asasino confeso da moza desaparecida na Pobra do Caramiñal tentase presuntamente secuestrala introducíndoa no maleteiro do seu coche, algúns medios de comunicación non permiten que continúe a súa vida con normalidade. É a situación que está a vivir a muller á que, tal e como detallou, José Enrique Abuín agrediu o pasado 25 de decembro en Boiro, cuxa precisa descrición dos feitos e do vehículo do acusado foi transcendental para aclarar a autoría da morte da moza madrileña. Foi o propio xulgado de Ribeira que investiga estes feitos -investíganse nun procedemento diferente do caso de Diana Quer- o que se viu obrigado a transmitir esta advertencia á prensa que adoita cubrir a información xudicial en Galicia. Fíxoo despois de que a muller se dirixise ás autoridades xudiciais para denunciar o "acoso" por parte de equipos dalgúns medios de comunicación, algúns dos cales, segundo a información recibida polo xulgado, fan garda ante a súa casa. Esta presión prodúcese malia á súa decisión de manter o anonimato e non realizar declaración ningunha. O xulgado de Ribeira vén de verse obrigado a intervir ante a petición de axuda da muller Este novo episodio chega despois de que as forzas de seguridade, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e mesmo a familia de Diana Quer, así como movementos feministas, reclamasen nas última semanas "respecto" na cobertura destes feitos. Neste sentido, o pai da moza asasinada, Juan Carlos Quer, revelaba nunha entrevista recente na Cadena SER que tivera que poñerse en contacto con varias cabeceiras para reclamar que cesasen na difusión de imaxes do levantamento do cadáver da súa filla en Rianxo. O Colexio de Xornalistas, os responsables da investigación e a familia de Diana Quer tamén reclamaran respecto Neste sentido, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia apelara tamén, nos días posteriores á resolución do caso, á "ética e á responsabilidade do conxunto da profesión xornalística" para que as informacións dos medios "non sumen máis dor á dor" da familia. No mesmo comunicado público a entidade profesional chamaba a encadrar o asasinato no contexto da loita contra a violencia machista e a preservar especialmente a privacidade e á propia imaxe de persoas menores de idade e non implicadas directamente no sucedido. Por todo isto lembraban a existencia e vixencia do Código Deontolóxico Galego, así como da Declaración de Compostela e da Guía práctica para o tratamento informativo da violencia contra a muller, nos casos específicos das agresións de xénero. Tamén os responsables da investigación do asasinato de Diana Quer se dirixiran directamente aos responsables dos medios de comunicación. Así, advertiran de que "graves filtracións" chegaran a poñer en risco algunhas das pescudas e resaltaran que "hai titulares" sobre o sucedido que "poden supor dano de por vida" á familia.
NOS_14330
"Quere ser a mellor escritora do mundo? Pois séxao! Trate de selo, porque iso non depende de vostede (...) Do que depende é de quen está aí fóra, de se lle deixarán selo ou non. Quere ser a mellor en algo en todo o mundo? Pois asine con nome de home", é un dos postulados que sostén Os corpos invisibles, a última obra de Emma Pedreira.
Nunca nos ollan por enteiro, segmentan o noso corpo e, hoxe, lonxe da Inglaterra vitoriana, hai nenas ocultas na aparencia de nenos, para que non as esnaquicen. E hoxe, tampouco ollan o corpo do texto por enteiro, non acertan a ler un corpo novo que propoña outros mundos posíbeis, un texto que nos faga visíbeis. Hai un paralelismo entre ocultar o corpo baixo a aparencia dun home e ocultar o propio nome e asinar como home. Trátase do proceso, con valentía e intelixencia, que conduce da supervivencia á vivencia en propia persoa, no propio corpo, na propia escrita. Os corpos invisibles, por Emma Pedreira. Xerais, 2019. 166 páxinas. 12,30 euros. Esta é a novela que constrúe Emma Pedreira. Velaí a revelación de Os corpos invisibles: o de L. C., unha moza de quince anos, obreira nunha fábrica téxtil, e o de E. P. Stoner, inventora. O conflito, nas palabras que a primeira dirixe á segunda: «Quere ser a mellor escritora do mundo? Pois séxao! Trate de selo, porque iso non depende de vostede (...) Do que depende é de quen está aí fóra, de se lle deixarán selo ou non. Quere ser a mellor en algo en todo o mundo? Pois asine con nome de home». Velaí a revelación, con valentía e intelixencia, ser Loretta Count e Emerald Prometea Stoner. Ser Emma Pedreira e colaborar nese palimpsesto que é a literatura e rescatar a «perfección» de Jane, a «suntuosidade» de Aphra e a «rigorosidade» de Mary Ann. Diso se trata(ba) de loitar contra a discapacidade de ser muller, de participar na creación doutro mundo posíbel coa palabra e coa ciencia, de saber recoller o anel, tamén con pingas de sangue, da batalla librada para sermos cidadás con dereitos. Diso se trata(ba) da sororidade en cada carta de Prometea, a unha escritora morta, que nunca a vai recibir; da fortuna de que a carta caia nas mans de L. C., da alianza que se establece entre elas. Diso se trata(ba) da afouteza na fábrica, das palabras: convenio, dereito ou sufraxio. Diso se trata(ba) de priorizar libros en que se faga referencia ás mulleres e ao feito e ao conseguido por elas. Diso se trata(ba) de nos recoñecer nunha cadea onde tamén están as escritoras que só ocuparon no seu tempo dúas únicas ringleiras da biblioteca do Museo Británico. Unha obra cunha lingua maxistral, cun estilo inconfundíbel e cunha ironía e humor que non nos poden deixar indiferentes. Afastada da loanza insulto, de quen está fóra, de quen aínda atranca á(s) escritora(s), lonxe da Inglaterra vitoriana, aquí e agora, celebro este libro, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. Celebro a escrita liberadora de Emma Pedreira.
NOS_5841
O Goberno francés prohibe as reunións na vía pública en Noitevella e axiliza a vacinación coa terceira dose para conter os contaxios da variante ómicron do coronavirus. Nos Países Baixos prepárase un confinamento estrito até 14 de xaneiro.
O primeiro ministro de Francia, Jean Castex, anunciou no marco do Consello de Defensa da Saúde, que en Aninovo non estarán permitidos os fogos artificiais nin as reunións na vía pública debido ao coronavirus. "Estarán prohibidas as reunións, o consumo de alcol na vía pública e convidaremos os municipios a renunciar aos fogos artificiais", detallou Castex. Ao seu xuízo "cantos menos sexamos, menos riscos correremos". Tamén avogou porque se promova a vacinación e para iso, a tarxeta sanitaria converterase en "carné de vacinación" a principios de 2022, precisando que se presentará no Parlamento un proxecto de lei neste sentido a principios do ano que vén. A semana que vén iniciarase unha consulta preliminar sobre este proxecto lexislativo e sobre "calquera outra disposición útil para estender a vacinación na medida do posíbel", aseverou Castex. Doutra banda, o ministro de Saúde francés, Olivier Véran, anunciou este sábado, 18 de decembro, que a terceira dose de vacina será obrigatoria para traballadores da saúde e bombeiros a partir de 30 de xaneiro. "Imos fortalecer a obriga de vacinación de traballadores da saúde e bombeiros integrando a terceira dose a partir de 30 de xaneiro. Non queremos, como en Escocia, que teñamos entre 25 e 30% de coidadores que non poderían traballar porque todos estarían en contacto e por tanto en corentena", explicou Véran, que confirmou a existencia de "varios surtos entre hospitalizados pola variante ómicron, particularmente na rexión de París". Até o de agora, Francia rexistrou 240 casos de ómicron e enfróntase a unha quinta onda de contaxios a poucos días das festas de Nadal. Países Baixos, cara a un novo confinamento estrito O primeiro ministro dos Países Baixos, Mark Rutte, ten previsto anunciar na tarde deste sábado o inicio dun novo confinamento estrito en todo o Estado que comezará desde esta próxima madrugada até 14 de xaneiro, segundo comezaron a deslizar os medios holandeses citando a fontes oficiais. Rutte está a ultimar as medidas co seu equipo de xestión do coronavirus para declarar unha vez máis o fechamento case total de colexios, cinemas, restaurantes e comercios non imprescindíbeis. O tamaño das reunións en exteriores reducirase a un máximo de dúas persoas e os domicilios só poderán acoller dous visitantes excepto o día de Noiteboa, cando se permitirá a entrada de catro persoas alleas ao domicilio. Esta excepción non se aplicaría á véspera de Aninovo. O país rexistrou nas últimas horas 14.742 novos contaxios e unha media semanal de 50 falecidos ao día. Desde a sexta feira, máis de 200 pacientes foron hospitalizados, dos cales 29 tiveron que ser ingresados nas UCI. En termos totais, Países Baixos rexistrou 2,9 millóns de contaxios e máis de 20.000 falecementos pola enfermidade.
NOS_523
Unha iniciativa para que se cambie na cidade tudense a estatua do político español Calvo Sotelo polo dun dos referentes do punk, ambos os dous nados na cidade, reuniu xa case 500 sinaturas
'Que se cambie a estatua de Calvo Sotelo de Tui por unha de Evaristo Páramos'. Con este explicativo e directo título unha iniciativa dirixida á corporación municipal tudense leva reunidas centos de sinaturas. Unha solicitude nas redes sociais que pide exactamente iso, que se retire a estatua que en Tui hai en honra a Calvo Sotelo (político reaccionario español nado na cidade en 1893) para poñer no seu lugar unha doutro fillo de Tui mais de vida e obra antagónica: Evaristo Páramos, nado en 1960, e que é un dos referentes do punk no Estado español e Latinoamérica da man de La Polla Records (1979-2003). Actualmente fai parte de Gatillazo. "A presenza de quen foi ministro da ditadura de Primo de Rivera, semella saudar a quen por alí pasa dando a entender que Tui segue ancorada nunha época antiga carente de liberdades", explícase na iniciativa. "É por iso que solicitamos a través de esta petición a sustitución de esta estatua pola dun personaxe moito máis (...) coherente coa época e momento que vivimos: Evaristo Páramos". Para o responsábel da iniciativa, Evaristo "é merecedor sen algunha dúbida do honor deste recoñecemento pola súa propia cidade natal". Evaristo naceu en Tui mais criouse desde moi novo en Agurain (Euskal Herria), a onde emigraron os seus pais. Nesta vila alavesa naceu La Polla Records, o grupo que desde as marxes do que se deu en chamar Rock Radical Vasco transformou o punk ibérico. Letras incisivas, sarcásticas e mordaces en pequenas pílulas e para poñer pernas para arriba todo o habido e por haber. Os tres primeiros traballos da banda (Salve, Revolución, No Somos Nada) marcaron un antes e un despois, nunha traxectoria na que sobresaen non poucos traballos, como 'Donde se habla' ou 'Ellos dicen mierda...'. En Galiza tocaron en varias ocasións, especialmente intensos foron o concerto en Osebe no 1986 canda Kortatu ou xa nos 90 na Festa da Queixo de Arzúa. Embora vivir desde novo en Euskal Herria, Evaristo nunca ocultou a pegada galega, todo o contrario: visíbel nas súas confesas declaracións como seareiro do Celta, nas cancións en galego de La Polla (´Demo do can', 'E que pasou?`) ou na colaboración con grupos de Galiza, caso de Skacha, por poñer un exemplo. Ademais, ten expresado a súa solidariedade para con independentistas galegos presos, nomeadamente con Roberto R. Fialhega, Teto.
NOS_31021
'Cantando as corenta' será un espectáculo único co que o festival de Pardiñas celebrará as súas catro décadas de vida. Susana Seivane, Manuel Reixa, Pepe Vaamonde e Xosé M. Pereiro serán algúns dos nomes que se xuntarán nunha actuación inesquecíbel.
O festival de Pardiñas chega aos seus corenta anos, "feito único na música galega" como sinalan desde a organización, e xa están traballando na nova edición que contará na súa programación cun tamén "espectáculo único" que levará o título de 'Cantando as corenta'. A actuación, creada de forma exclusiva para celebrar as catro décadas do festival, xorde a proposta da Asociaicón Cultural Xermolos, organizadora do propio Pardiñas. Consistirn en tres horas de música e baile cun resumo dos fitos máis destacados da historia do festival Consistirá en tres horas de música e baile cun resumo dos fitos máis destacados da historia do festival e, ao tempo, "cun sonoro manifesto de futuro". Así anunciaron en rolda de prensa Alfonso Blanco en representación de Xermolos, Xosé Manuel Pereiro, Pepe Vaamonde, Sito Carracedo e Xurso Souto en nome das e dos artistas que van actuar e Marisol Morandeira, alcaldesa de Guitiriz. 'Cantando as corenta' xuntará no escenario de Pardiñas, en Guitiriz, unha banda de once instrumentistas formada músicas e músicos que nalgunha das edicións celebradas durante estas catro décadas actuaron no festival, e con elas e eles estarán as voces de solistas que tamén deixaron "unha pegada especial" en Pardiñas como son Susana Seivane, Antón Reixa, Uxía, o gaiteiro Pepe Vaamonde, Kevin Weatherill (líder de Immaculate Fools) ou Xosé Manuel Pereiro (vocalista de Radio Océano). As e os once instrumentistas de 'Cantando as corenta' levan meses preparándose para a actuación baixo a dirección do saxofonista coruñés Richi Casás quen, após actuar no festival co grupo Os Papaqueixos, ficou "unido para sempre a Pardiñas", salientaron na presentación do evento. 'Cantando as corenta' xuntará no escenario artistas que nalgunha das edicións celebradas durante estas catro décadas actuaron no festival A maioría destas artistas procede tamén da inmensa canteira de músicos e músicas que algunha vez actuaron en Pardiñas como Nacho López, guitarra e voz do Jarbanzo Negro; María Prado, trompeta de Banda Xangai; Álvaro Trillo, batería de Dios ke te Crew; Olivier Cano, saxo e frauta de Tres Trebóns; Mangüi Martín e Xurxo Souto dos Diplomáticos de Monte-Alto; Xan Xove e Antón Díaz dos Papaqueixos. O baile como protagonista: do pogo ao punto Desde a organización queren que o baile cobre grande protagonismo nesta 40 edición, polo que convocan "a todas as bailadoras e bailadores do país" para achegar o seu talento e acadar en Pardiñas "a apoteose". Convocan "a todas as bailadoras e bailadores do país" para achegar o seu talento e acadar en Pardiñas "a apoteose". Sobre o baile sinalaron na presentación que nestes corenta anos deuse unha "singular metamorfose" en Pardiñas indo "do pogo ao punto" ou, o que é o mesmo, segundo sinalaron, "do baile incontrolado, a base de choutos e empurróns á marabilla dos puntos de muiñeira, que cada vez campan máis sobre a herba do festival". O espectáculo ten o seu impulso primeiro no propio talento e creatividade das veciñas e veciños de Guitiriz. Por iso en 'Cantando as corenta' tamén actuará a Coral, a Banda de Gaitas e mais o Bloquinho de Xermolos. A maiores, tamén haberá un recoñecemento especial a Sito Carracedo: o luthier das portas abertas, que, ano tras ano, acolle a centos de persoas no seu taller. Na súa honra soará a estrea absoluta dunha obra dedicada ao seu invento máis famoso: 'O peitoque', un pequeno instrumento de percusión "capaz de erguer a maior das treboadas". Os inicios Un 3 de agosto de hai 40 anos a Asociación Cultural Xermolos inaugurou un dos seus proxectos máis cobizosos: o Festival de Pardiñas. Naquela primeira edición déronse cita Saraibas, María Manuela, Xoán Rubia, Xosé Ramón Eiriz e os grupos de Gaitas e Danzas Agarimo de Ferrol. Ano a ano o festival foise convertendo nunha referencia para toda Galiza, até que a afluencia da xente e imposibilitou concentralo todo nun só día e optouse por alargar a programación unha xornada máis con actividades como a mostra de instrumentos de música tradicional, en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos.
NOS_41225
Presentou os primeiros síntomas hai sete días durante as súas feiras e ela mesma solicitou que lle fixeran a proba. Non foi ingresada até esta segunda feira.'El Mundo' di que pasou todas as vacacións no seu domicilio.
A sanitaria galega contaxiada por ébola atópase ingresada no Hospital Carlos III, en situación "estábel" e "sen risco vital". O seu marido está illado e o seu entorno máis próximo, así como 30 sanitarios, están en observación. A auxiliar de enfermeiría galega, con 15 anos de traballo no complexo hospitalario onde agora está ingresada, participou como voluntaria no equipo que atendeu os 2 misioneiros españois infectados polo virus e xa falecidos. A sanitaria, de 40 anos, insistiu en se facer as probas da enfermidade após seis días con febre. Colleu vacacións o día despois do falecemento de Manuel García Viejo, o segundo misioneiro repatriado de África após se detectar que tiña ébola. O 30 de setembro presentou os primeiros síntomas. Se ben oficialmente sinalouse que non se coñecía o seu destino de vacacións, varios medios indican que as que pasou no domicilio, polo que non tería estado en Galiza. Malia eses síntomas, o hospital descartou daquela o seu ingreso por non presentar "criterios clínicos de sospeita", o que está a xerar críticas e dúbidas sobre o protocolo seguido. É o primeiro caso de ébola en Europa.
NOS_49099
Fernández Alvariño vaticinou que no primeiro semestre o noso país creará emprego por riba da media estatal e considera que se está indo na dirección axeitada.
O presidente do empresariado galego, Fernández Alvariño, ve o futuro, e mesmo o presente, con optimismo. No mesmo día que se coñecía que en Galiza o paro aumentara en decembro en 209 persoas (mentres no Estado baixara) e que en 2013 destruíranse no noso país case 13.000 empregos, Alvariño afirmaba que estábase indo polo bo camiño. O presidente da patronal mesmo vaticinou que "no primeiro semestre do ano", é dicir de agora até xuño, Galiza ía crear emprego por riba da media do Estado español. É dicir, todo o contrario que até o de agora, pois o país nos últimos meses presenta peores rexistros e medias que o Estado español. Maior flexibilidade laboral Para Fernández Alvariño hai unha serie de datos que, afirma, avalan esta teoría. Cita así a venda de NGB (comprada por un banco venezuelano) e de Barreras (por unha paraestatal mexicana). A isto engade o 'espertar' do sector da automoción. José Manuel Fernández Alvariño ten demandado reiteradamente unha "maior flexibilidade" para crear emprego, xa que "é o que demanda o mercado", de modo que conveu que "as formas non son importantes".
NOS_28728
O combinado vasco disputará o Campionato de Europa.
A loita de Galiza, Catalunya e Euskadi dentro do Estado español para o seu recoñecemento como entidades deportivas propias e a prol da súa participación en competicións oficiais e internacionais dá un paso máis, logo de que a Federación Europea de Pádel (Fepa) aceptase a participación do combinado vasco no inminente Campionato de Europa de Pádel, que se disputará en Bilbao a partir do vindeiro día 4 de outubro e se estenderá até o 9 do mesmo mes. Deste modo, Euskadi competirá de ti a ti -e con serias opcións de metal, ou mesmo de facerse co título- contra nacións como Austria, Croacia, Chequia, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Alemania, Moldavia, Hungría, Italia, Mónaco, Polonia, Portugal, Rusia e Suiza. Non estará presente, polo contrario, selección española de ningún tipo, pois a federación Estatal de pádel renunciou a participar a causa do conflito que sostén coa Fepa, pois actualmente só recoñece as competicións organizadas pola Federación Internacional de Pádel (FIP). Esta decisión do organismo reitor do pádel en España foi a que posibilitou a participación da selección de Euskadi no torneo sen contravir a legalidade do Estado español, de acordo coa sentenza do Tribunal Constitucional emitida en 2012 e que supedita a representación das federacións "autonómicas" á ausencia dunha representación Estatal. Apoio do Goberno vasco O torneo consta dunha fase previa que terá lugar nas sedes de sete clubs biscaíños diferentes, rolda da que sairán os e as participantes en dúas semifinais e unha gran final localizada no Frontón Bizkaia. A organización deste Campionato de Europa conta co apoio do Goberno vasco, que contribuíu economicamente, consciente da oportunidade que supón política e deportivamente.
PRAZA_14504
Ao redor de tres mil persoas, empregadas de Navantia e das industrias auxiliares, reclaman carga de traballo para as súas empresas e maniféstanse ante a sede de Facenda, onde cortan o tráfico. Ademais, concentraranse ás once da noite diante do Concello, coincidindo co inicio da campaña electoral.
Ao redor de tres mil persoas, empregadas de Navantia e das industrias auxiliares, reclaman carga de traballo para as súas empresas cun paro de dúas horas no que están cortando o tráfico no barrio de Esteiro. Maniféstanse ante a sede de Facenda en Ferrol, onde veñen de queimar unha copia dos Orzamentos xerais do Estado. As súas críticas diríxense precísamente á ausencia de partidas para o sector naval nos Orzamentos, ademais de reclamar a construción do dique flotante e de pedir explicacións sobre os contratos con Pemex. En Facenda entregaron un escrito dirixido ao ministro Cristóbal Montoro no que esixen a xuntanza urxente da comisión de seguimento do dique flotante. Ademais, concentraranse ás once da noite na Praza de Armas da cidade, coincidindo co inicio da campaña electoral. Pola súa banda, o coordinador xeral de Izquierda Unida, Cayo Lara, mantivo un encontro esta mañá en Ferrol cos delegados dos comités de Navantia, que están pechados con Concello dende o 11 de setembre. Lara, acompañado por Yolanda Díaz, número dous por A Coruña da Alternativa Galega de Esquerda, comprometeuse a presentar todas as iniciativas parlamentarias no Congreso que sexan necesarias para a construción do dique flotante. Cayo Lara denunciou que calquera tipo de iniciativa en relación ao dique será rexeitada polo PP e esixiulle ao Goberno que faga público o contrato anunciado con Pemex. Escrito dirixido ao ministro Montoro (.pdf)
NOS_837
Goretti Sanmartín: "Tivemos a ben retirar as honras [a Franco] que aínda tiña de fillo predilecto, porque nós, as honras, dámosllas a unha Xeración Perdida polo xenocidio que el mesmo encabezou".
A vicepresidenta, Goretti Sanmartín, anunciou que a Deputación da Coruña denunciará a Fundación Francisco Franco de se comprobar que fai apoloxía do franquismo no Pazo de Meirás, cuxas visitas xestiona por vontade da familia Franco, propietaria desta patrimonio. Sanmartín lembrou que a Deputación retirou o pasado ano as honras a Francisco Franco. A vicepresidenta fixo estas declaracións na inauguración da Feira do Libro da Coruña onde lembrou José María Eirís, libreiro na rúa San Nicolás asasinado en 1937 no Campo da Rata da Coruña, hai agora oitenta anos. "Cando se cumpren oitenta anos do seu asasinato, desde a Deputación da Coruña queremos facer un claro alegato para a recuperación a súa memoria, da memoria de tantas vítimas do franquismo aínda silenciadas", dixo, ao tempo que invocou a Lei da Memoria Histórica para reclamar que se impida que a Fundación Francisco Franco siga eloxiando o réxime ditatorial no Pazo de Meirás. "Tivemos a ben retirar as honras que aínda tiña de fillo predilecto, porque nós, as honras, dámosllas a unha Xeración Perdida polo xenocidio que el mesmo encabezou", dixo, botando man do título do proxecto da Deputación da Coruña de recuperación da memoria histórica ao tempo que anunciou o compromiso de presentar unha denuncia se a Fundación incumpre a Lei da Memoria Histórica facendo apoloxía do franquismo no Pazo de Meirás.
PRAZA_4634
Pasa dos 83,4 días de hai un ano até os actuais 84,2, segundo as cifras feitas públicas hoxe pola Consellaría de Sanidade. Este incremento prodúcese mesmo nas enfermidades máis graves, nas que a espera media pasa dos 17,2 días aos 18,3.
O tempo medio de espera para operarse nos hospitais do SERGAS incrementouse no ano 2013. Pasa dos 83,4 días de hai un ano até os actuais 84,2, segundo as cifras feitas públicas hoxe pola Consellaría de Sanidade. Este incremento prodúcese mesmo nas enfermidades máis graves (prioridade 1), nas que a espera media pasa dos 17,2 días aos 18,3. Descende, iso si, o tempo de demora de operacións das patoloxías graves (prioridade 2) que cae até os 52,2 día, fronte aos 58,1 días que se rexistraban o 31 de decembro de 2012. O incremento prodúcese mesmo nas enfermidades máis graves (prioridade 1), nas que a espera media pasa dos 17,2 días aos 18,3 A pesar destes datos negativos, a xerente do Sergas, María Nieves Domínguez González, gabouse de que a Consellaría "continúa garantindo o compromiso asumido" de atender as prioridades máis graves (prioridade 1) por baixo dos 30 días, e as patoloxías graves (prioridade 2) por baixo dos 60 días. O tempo medio de espera para as primeiras consultas de enfermidade situouse en 2013 en 49,5 días, case seis días menos que no 2012, no que se agardaba 55,4 días. En total, o número de intervencións realizadas nos quirófanos do Servizo Galego de Saúde en xornada ordinaria en 2013 foi de 118.375, 5.833 máis que en 2012. Tamén continúan aumentando as cirurxías realizadas nos centros de saúde, chegando ás 24.996 intervencións en 2013, 7.154 máis que en 2012. O tempo medio de espera das vías rápidas implantadas dende atención primaria a consultas de hospital para procesos oncolóxicos é de 6,6 días en cancro de mama; 6,5 en cancro de pulmón; 9,7 en cancro de colon; 11,3 días en cancro de próstata; 9,3 días en cancro de vexiga e 3 días en lumbalxia. Uns datos que amosan resultados dispares en cada unha das patoloxías, pois mentres no último ano o tempo de espera para casos de cancro de mama descendeu dos 6,8 días até os 6,6, noutras coma o cancro de próstata disparouse dende os 2,2 até os devaditos 11,3 días.
NOS_21811
Poetas, professores e gestores culturais, reúnem-se hoje quinta e amanhã sexta-feira na Gulbenkian, em Lisboa, para discutir e estudar a obra de Sophia de Mello Breyner Andresen. São mais de trinta especialistas de todo o mundo a abordarem a obra da poeta no âmbito do seu centenário.
Sophia de Mello Breyner Andresen (1919-2004) foi um dos grandes nomes da poesia portuguesa do século XX e a primeira mulher a receber o Prêmio Camões, em 1999. Escreveu contos, artigos, ensaios e traduziu obras para o francês e para o português. Opositora do governo Salazarista, fez parte dos movimentos católicos contra o antigo regime e foi fundadora da Comissão Nacional de Apoio aos Presos Políticos. Em 1975 é eleita para a Assembleia Constituinte pelo Partido Socialista. O fogo secreto do poema O encontro, – um "momento privilegiado para o estudo e debate de uma obra essencial da literatura moderna portuguesa", como descreve a Fundação Calouste Gulbenkian, parceira com o Centro Nacional de Cultura na organização do evento, - será composto por duas dezenas de intervenções (distribuídas por quatro painéis) e quatro mesas-redondas, dedicadas aos temas "O Espaço", "Os Outros Poetas", "A Política" e "Arte e Poética", em que intervêm Ana Luísa Amaral, Frederico Lourenço, Maria Filomena Molder e Richard Zenith, entre outros. A sessão de abertura do congresso estará a cargo de Guilherme d'Oliveira Martins, Maria Andresen de Sousa Tavares (filha de Sophia), Fernando Cabral Martins e o ministro dos Negócios Estrangeiros, Augusto Santos Silva. A poeta Adília Lopes abre o primeiro painel com uma intervenção intitulada "Adília sobre Sophia", na qual demonstra o seu reconhecimento para com a homenageada, graças a quem diz ter descoberto o poema, com apenas 17 anos, quando leu "No poema", da obra "Livro sexto". No poema ficou o fogo mais secreto O intenso fogo devorador das coisas Que esteve sempre muito longe e muito perto. "O mundo do poema é limpo e rigoroso. Nada de coisas farfalhudas, nada de aldrabices. Como estudava física, vi também que o poema desentropia [o oposto de entropia, que em física é a medida da desordem de um sistema]. Preserva da decadência, morte, ruína", descreve Adília Lopes. Mar sonoro, mar sem fundo, mar sem fim Neste primeiro painel, falará também Helder Macedo, professor catedrático da Universidade de Londres e investigador da Universidade de Oxford, autor de vasta obra poética, de ficção e critica literária, que se vai debruçar sobre o "conto para crianças" intitulado "O Rapaz de Bronze", e como este ganha uma dimensão maior quando relacionado com a poesia da autora, tanto em termos de critica social como de nostalgia adulta por uma totalidade perdida. Segue-se "O caminho para minha casa", em que Helmut Siepmann abordará dois aspetos centrais da obra de Sophia - o mar e o nascer do poema -, e "Poesia e realidade: a prosa de Sophia de Mello Breyner Andresen", por Carlos Mendes de Sousa. O MAR DOS MEUS OLHOS Há mulheres que trazem o mar nos olhos Não pela cor Mas pela vastidão da alma E trazem a poesia nos dedos e nos sorrisos Ficam para além do tempo Como se a maré nunca as levasse Da praia onde foram felizes Há mulheres que trazem o mar nos olhos pela grandeza da imensidão da alma pelo infinito modo como abarcam as coisas e os homens… Há mulheres que são maré em noites de tardes… e calma Este painel conta ainda com uma intervenção de Silvana Rodrigues Lopes sobre o breve, o preciso e o indefinido na composição de poemas de Sophia, e será moderado pelo poeta brasileiro Eucanãa Ferraz. O cheiro dos deuses Da parte da tarde, o professor de literatura e ensaísta Pedro Eiras aborda os "encantamentos" nos trabalhos literários de Sophia e de Cristina Campo, e a possível relação entre eles, enquanto Anna Klobucka, especialista em literatura portuguesa e estudos de género, expõe as suas ideias sobre "Sophia e os cem anos da poesia de autoria feminina em Portugal". Cláudia Pazos-Alonso propõe-se pensar a questão da autoria feminina em Sophia, Paola Poma vai tentar uma aproximação da poesia de Sophia de Mello Breyner à de Wislawa Szymborska, poeta polaca, Nobel da Literatura, e Maria Lúcia Dal Farra refletirá sobre a questão da designação a dar a Sophia: poeta ou poetisa? No segundo dia de colóquio, José Pedro Serra debruça-se sobre "A Grécia: Nudez e Revelação Poética", isto numa altura em que a Assírio & Alvim reedita o ensaio de Sophia de Mello Breyner Andresen "O Nu na Antiguidade Clássica", obra há muito esgotada, acompanhado de uma seleção de poemas que Sophia escreveu sobre Grécia e Roma. No Golfo de Corinto A respiração dos deuses é visível: É um arco um halo uma nuvem Em redor das montanhas e das ilhas Como um céu mais intenso e deslumbrado E também o cheiro dos deuses invade as estradas É um cheiro a resina a mel e a fruta Onde se desenham grandes corpos lisos e brilhantes Sem dor sem suor sem pranto Sem a menor ruga de tempo E uma luz cor de amora no poente se espalha É o sangue dos deuses imortal e secreto Que se une ao nosso sangue e com ele batalha Joana Matos Frias, Jorge Fernandes da Silveira e Fernando J.B. Martinho completam este painel sobre Sophia e a sua obra, relacionando-as com Brasília, com a Dinamarca e com Inglaterra. "Mário Cesariny leitor de Sophia de Mello Breyner Andresen" é a proposta que Perfecto Cuadrado apresenta no painel da tarde, em que participam também Emília Pinto de Almeida, Pedro Lopes de Almeida, Sofia Sousa Silva e Gustavo Rubim, com temas tão diversos como a leitura do diáfano em Sophia, a sua geografia (paisagem, viagem e deslocamento) ou o uso do termo "projecto" na sua obra. O encerramento dos trabalhos cabe a Maria Andresen de Sousa Tavares, Maria Calado, Guilherme d'Oliveira Martins e Graça Fonseca, ministra da Cultura. Seleção de textos Poema de amor de António e Cleópatra Pelas tuas mãos medi o mundo E na balança pura dos teus ombros Pesei o ouro do Sol e a palidez da Lua. Eurydice Este é o traço que traço em redor do teu corpo amado e perdido Para que cercada sejas minha Este é o canto do amor em que te falo Para que escutando sejas minha Este é o poema — engano do teu rosto No qual eu busco a abolição da morte Mulheres à beira do mar Confundido os seus cabelos com os cabelos do vento, têm o corpo feliz de ser tão seu e tão denso em plena liberdade. Lançam os braços pela praia fora e a brancura dos seus pulsos penetra nas espumas. Passam aves de asas agudas e a curva dos seus olhos prolonga o interminável rastro no céu branco. Com a boca colada ao horizonte aspiram longa- mente a virgindade de um mundo que nasceu. O extremo dos seus dedos toca o cimo de delícia e vertigem onde o ar acaba e começa. E aos seus ombros cola-se uma alga, feliz de ser tão verde. Liberdade Aqui nesta praia onde Não há nenhum vestígio de impureza, Aqui onde há somente Ondas tombando ininterruptamente, Puro espaço e lúcida unidade, Aqui o tempo apaixonadamente Encontra a própria liberdade. Exílio Quando a pátria que temos não a temos Perdida por silêncio e por renúncia Até a voz do mar se torna exílio E a luz que nos rodeia é como grades Mar sonoro Mar sonoro, mar sem fundo, mar sem fim. A tua beleza aumenta quando estamos sós E tão fundo intimamente a tua voz Segue o mais secreto bailar do meu sonho. Que momentos há em que eu suponho Seres um milagre criado só para mim. As rosas Quando à noite desfolho e trinco as rosas É como se prendesse entre os meus dentes Todo o luar das noites transparentes, Todo o fulgor das tardes luminosas, O vento bailador das Primaveras, A doçura amarga dos poentes, E a exaltação de todas as esperas. A paz sem vencedor e sem vencidos Dai-nos Senhor a paz que vos pedimos A paz sem vencedor e sem vencidos Que o tempo que nos deste seja um novo Recomeço de esperança e de justiça. Dai-nos Senhor a paz que vos pedimos A paz sem vencedor e sem vencidos Erguei o nosso ser à transparência Para podermos ter melhor a vida Para entendermos vosso mandamento Para que venha a nós o vosso reino Dai-nos Senhor a paz que vos pedimos A paz sem vencedor e sem vencidos Fazei Senhor que a paz seja de todos Dai-nos a paz que nasce da verdade Dai-nos a paz que nasce da justiça Dai-nos a paz chamada liberdade Dai-nos Senhor a paz que vos pedimos A paz sem vencedor e sem vencidos Os deuses Nasceram, como um fruto, da paisagem. A brisa dos jardins, a luz do mar, O branco das espumas e o luar Extasiados estão na sua imagem. Data Tempo de solidão e de incerteza Tempo de medo e tempo de traição Tempo de injustiça e de vileza Tempo de negação Tempo de covardia e tempo de ira Tempo de mascarada e de mentira Tempo que mata quem o denuncia Tempo de escravidão Tempo dos coniventes sem cadastro Tempo de silêncio e de mordaça Tempo onde o sangue não tem rastro Tempo da ameaça Pudesse eu Pudesse eu não ter laços nem limites Ó vida de mil faces transbordantes Para poder responder aos teus convites Suspensos na surpresa dos instantes! Mar I De todos os cantos do mundo Amo com um amor mais forte e mais profundo Aquela praia extasiada e nua, Onde me uni ao mar, ao vento e à lua. II Cheiro a terra as árvores e o vento Que a Primavera enche de perfumes Mas neles só quero e só procuro A selvagem exalação das ondas Subindo para os astros como um grito puro. Inicial O mar azul e branco e as luzidias Pedras: O arfado espaço Onde o que está lavado se relava Para o rito do espanto e do começo Onde sou a mim mesma devolvida Em sal espuma e concha regressada À praia inicial da minha vida. Ausência Num deserto sem água Numa noite sem lua Num País sem nome Ou numa terra nua Por maior que seja o desespero Nenhuma ausência é mais funda do que a tua. Poema de amor de António e Cleópatra Pelas tuas mãos medi o mundo E na balança pura dos teus ombros Pesei o ouro do Sol e a palidez da Lua. Os ritmos Inventei a dança para me disfarçar. Ébria de solidão eu quis viver. E cobri de gestos a nudez da minha alma Porque eu era semelhante às paisagens esperando E ninguém me podia entender. Poema Azul O mar beijando a areia O céu e a lua cheia Que cai no mar Que abraça a areia Que mostra o céu E a lua cheia Que prateia os cabelos do meu bem Que olha o mar beijando a areia E uma estrelinha solta no céu Que cai no mar Que abraça a areia Que mostra o céu e a lua cheia um beijo meu
NOS_1710
Unhas xornadas organizadas pola área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña procuran abrir un debate sobre o retroceso na normalización do galego e fornecer de argumentos para o seu uso.
'Malas linguas. Activando falantes para o século XXI' é o título das catro xornadas organizadas pola área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña e que se desenvolverán entre outubro deste ano e abril de 2019. Unha cita, explicou a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, coas que "contribuír a abrir un espazo de debate sobre as linguas e sobre o caso do galego, e afondar na necesidade de que o estado sexa de verdade democrático e plurilingüístico, no que todas as persoas poidan vivir e traballar na súa propia lingua". "Queremos activar un argumentario para o galego para todas as persoas,un camiño polo que temos que transitar neste momento no que parece que se está a impoñer unha soa lingua, a hexemónica, e na que o resto son consideradas como linguas de segunda", indicou. Nas xornadas debaterase de políticas públicas e normalización, de memoria e transmisión familiar da lingua, de mocidade e de lingua e xéneros, cunha vontade de que "se abran marcos onde poder activar persoas en defensa do idioma, sexan galego ou castelanfalantes, así como dotarnos de ferramentas para combater todas as mentiras que se contan socialmente sobre as linguas, que nos din que unhas son mellores e outras peores, nesta situación de neofranquismo lingüístico na que nos atopamos", explicou Goretti Sanmartín. .
NOS_58274
Cas Berlai, un disco creado no confinamento que se estrea hoxe
Berlai, o proxecto musical de Xiao Berlai, retorna en tempos de coronavirus cun disco creado durante o confinamento, dispoñíbel a partir de hoxe. Chámase Cas Berlai en referencia ao lar no que foi creado. Logo do éxito de crítica do seu primeiro álbum, Desconhecido, o ex Fía na Roca trae unha proposta máis acústica e caseira, cantando á rutina e á beleza do cotián. Nela, cada canción convértese nun espazo da casa: a cama, o corredor, o espello, o water, a sala ou a "cas de Tróski" (o seu can). Todos os temas son escritos por el agás a adaptación de "A lista da compra -da viúva-", de Emma Pedreira. Neles fala do seu pai -morto antes de tempo-, das rupturas dos amores que nos tronzaron ou do seu TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade). A beleza está nas "flores que nacen do cemento", presenta o autor o disco gravado case na súa totalidade no confinamento e sen verse entre os músicos: Pablo Sanmamed (contrabaixo), Xiao Berlai (guitarra acústica), Iago Mouriño (piano) e Bruno Couceiro (batería). Este traballo nace no confinamento vivido na aldea: "Con todo o bo que ten morar aquí nestes momentos (e tamén noutros, claro). Sen esquecer as casas a medio construir no rural galego. Esas casas que son esquelete de formigón (como preludios de ilusións rotas)". Esas casas que protagonizan a arte que se plasma no propio CD, asinado por Ernesto G. Torterolo, que coñecemos como autor das ilustracións do primeiro traballo de Xiao.
NOS_27276
A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) lanza unha web onde aclara as dúbidas sobre o novo sistema de tarificación eléctrica que entra en vigor este 1 de xuño
Os cambios sempre xeran dúbidas e desconfianzas, e nun ámbito tan sensíbel como o da enerxía, aínda máis. Por iso, ante a previsíbel avalancha de cuestións sobre a nova factura eléctrica, a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) vén de crear unha páxina web na que trata de dar resposta ás dúbidas das persoas consumidoras. Mañá está previsto que entre en vigor a nova estrutura de peaxes e cargos que afectará á factura eléctrica. Por iso, a CNMC habilitou na súa páxina web un espazo con contido didáctico que permite entender os cambios e aproveitar así os beneficios do novo sistema. Entre as novidades principais, as consumidoras domésticas cunha potencia contratada até 15 kW, sempre que teñan un produto contratado coa súa comercializadora que manteña a estrutura das novas peaxes, pasan a ter prezos diferenciados por tramos horarios (punta/val/plano), tanto para a potencia como para o consumo. Os novos períodos horarios deseñáronse co obxectivo de desprazar a demanda de electricidade a franxas do día onde a saturación da rede é menor, o que levará a un cambio de hábitos por parte da poboación. Prezos o día anterior Tamén co gallo de facilitar as cousas, o operador Rede Eléctrica anunciou hoxe que publicará cada día ás 20.15 horas os prezos horarios da electricidade do día seguinte adaptados á nova estrutura de cargos e peaxes e que se aplicarán sobre o termo enerxía da factura das persoas consumidoras acollidas ao Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor (PVPC). En concreto, o PVPC na nova tarifa 2.0 TD substituirá as tres tarifas existentes (a tarifa por defecto, 2.0 A; a tarifa eficiencia dous períodos, 2.0 DHA, e a de vehículo eléctrico, 2.0 DHS) por unha única curva de prezos. Esta divídese en tres períodos horarios nos que a aplicación de peaxes e cargos varía nunha maior contía (período punta), unha contía intermedia (período plano) e un último período, o val, que ocupará 53% das horas do ano e no que os custos regulados terán menor impacto. Con esta nova tarifa e a información detallada dos prezos "faise partícipe de maneira directa ao consumidor en modular e planificar mellor o seu consumo de electricidade", apunta o operador Rede Eléctrica.
NOS_12791
Colectivos sociais, concellos e centros de ensino prepáranse para conmemorar o máis multitudinario Día de Rosalía. A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) botou a andar unha convocatoria colectiva que terá o seu acto máis solemne o día 24 en Bonaval. A república das letras pídelle á cidadanía que se agasalle cun libro e unha flor no Día de Rosalía.
Durante toda a semana mais de maneira especial nas vesperas do día, centros de ensino, concellos e asociacións conmemorarán o Día e Rosalía na que promete ser unha convocatoria multitudinaria. Así está a ser a resposta á convocatoria da AELG para que arredor da data do nacemento da escritora tivera unha especial relevancia social, de maneira singular no ensino.Dúcias de centros educativos anotáronse xa para participar nas lecturas colectivas da obra de Rosalía nesta edición de especial relevancia ao se cumpriren 150 anos da publicación de "Cantares Gallegos", o primeiro libro escrito integramente en galego que marca o renacemento da nosa literatura e está considerado fundacional nas letras galegas contemporáneas. Será o venres 22 de febreiro o día lectivo elixido para que os centros de ensino inclúan na súa xornada actividades especiais como lecturas e gravacións audiovisuais, das que se fará eco a páxina web da AELG coa idea de darlle visibilidade social. Imaxinativas propostas están a chegar á asociación de centros nos que o alumnado participará de maneira especial. Ábrese con este fin a sección "Poemas soltos" onde se deitarán as gravacións en vídeo dos poemas.Para o sábado día 23, a partir das sete da tarde, cidades, vilas e locais de asociacións e entidades serán o escenario para as lecturas de poemas de Rosalía, estendendo a conmemoración a toda a cidadanía nunha festa colectiva para honrar á poeta. A AELG elaborará un manifesto conmemorativo para estes actos cívicos. A Biblioteca do Centro Ágora na Coruña, a Libraría Couceiro en Santiago, o Marco en Vigo ou o Refectorio do Museo Provincial en Lugo, o Salón de plenos de Cangas, a Casa da Cultura de Noia ou o Café Comercial en Madrid son algúns dos lugares nos que xa se prepara o acto público do sábado ao serán. As asociacións e colectivos culturais están a ter un especial protagonismo na organización destes actos que procuran unha lectura expansiva e colectiva da obra de Rosalía por todo o país. Varios concellos sumáronse tamén á convocatoria, organizando actos institucionais na memoria da escritora.Acto poético nacional en BonavalO domingo día 24, data do aniversario de nacemento de Rosalía, a AELG centrará a atención no Panteón de Galegos Ilustres, onde está soterrada a escritora. Alí hase de desenvolver un acto nacional con lectura de poemas de "Cantares Gallegos", alén dunha ofrenda floral.A AELG agarda que a cidadanía responda ao seu chamamento agasallando cun libro e unha flor na conmemoración do nacemento da escritora fundadora da literatura galega contemporánea. A Asociación Cultural Vagalumes, xunto coa Sociedade Cultural Medulio, organizan o domingo 24 ás 19.00 horas na Estrada un acto sob o rótulo de "Unha escenificación dunha viaxe pola obra de Rosalía de Castro".Recitais, poesía e músicaA poesía e a música pairarán por todo o país arredor do día do nacemento da grande escritora e, desta maneira, actos conmemorativos terán lugar organizados por distintas entidades que se suman neste ano especial a festexar o aniversario do nacemento de Rosalía.A Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña convoca para o venres 22 de febreiro un maratón de lectura e unha charla sobre Rosalía que comezará ás 18.00 horas.Tamén o día 22 ás 20.00 horas, o Teatro Principal de Pontevedra abrirase para acoller os poemas de Rosalía a ritmo do rap de Aid e o blues de Sés na homenaxe que a Concellaría de Cultura da cidade lle rende á escritora, un acto literario e Musical que conducirá Comba Campoy e contará coa participación das poetas Elvira Riveiro, Rosalía Fernández Rial e Marga do Val, alén do escritor e presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. O xoves 28, os Comités Abertos de Vigo preparan un recital ás 20.30 horas co apoio de Trabalingua e a Área de Normalización Lingüística da UVigo.
NOS_23572
Unha medida "electoralista" e "indignante"
O Colexio Oficial de Psicoloxía da Galiza uniuse ás críticas ao bono de 250 euros da Xunta para sanitarios, que cualificou de "desatino" e de medida "de cariz electoralista". Nun comunicado, o colexio afirmou que "é indignante tentar compensar deste modo o labor que realizaron e continúan a realizar os traballadores e traballadoras da sanidade pública e dos servizos sociosanitarios durante a crise sanitaria provocada pola pandemia da COVID-19. "Nestes meses -destacou o órgano de representación das psicólogas e psicólogos da Galiza- desenvolveron as súas obrigas en circunstancias moi precarias, por tanto a defensa da sanidade pública pasa polo compromiso co seu persoal, con contratos estábeis, prazas suficientes e recursos para desenvolver o seu labor con todas as garantías". A organización afirmou concordar coa necesidade de adoptar medidas que reactiven a hostalaría e o turismo, pero este bono resúltalle "frívolo" e mesmo "humillante" para os e as profesionais da sanidade. Sanidade bota balóns fóra e culpa a Turismo Ante a vaga de críticas por parte dos colexios profesionais de Enfermaría e Traballo Social, así como do Consello Galego de Colexios Médicos -aos que agora se une o Colexio Oficial de Psicoloxía da Galiza-, a Consellaría de Sanidade bota balóns fóra e di que o ofrecemento de 20.000 bonos de 250 euros para o seu uso en hostalaría e restauración por parte do persoal da sanidade e dos servizos sociais foi ideado pola Consellaría de Cultura e Turismo, e non polo departamento dirixido por Vázquez Almuíña.
NOS_38914
"Cremos na Xustiza", afirman as e os familiares dos 21 mariñeiros falecidos en augas canadenses, ás portas do xuízo.
As familias dos mariñeiros que perderon a vida no naufraxio do Vila de Pitanxo en augas de Terranova (Canadá), avanzan na presentación formal das querelas criminais que xa anunciaran contra o patrón, Juan Padín, e o seu sobriño, Eduardo Rial, así contra a armadora, Grupo Nores, de Marín. A portavoz dos afectados, María José de Pazo, ratificou que as primeiras querelas foron presentadas na pasada sexta feira e ao longo desta semana rexistraranse as que faltan, tendo en conta que, segundo explicou, hai familias que tiveron problemas cos poderes. Unha empresa norueguesa cede gratuitamente un sónar e un robot para baixar ao 'Vila de Pitanxo' A acción xudicial xa a deran a coñecer o pasado sábado, tras a reunión que mantiveron co presidente da Xunta, Alfonso Rueda. En concreto, avanzouse a comparecencia dun "gran bloque delas" perante a Audiencia Nacional cunha querela criminal contra o patrón do Pitanxo, o seu sobriño —dous dos sobreviventes—, e a armadora, por 21 presuntos delitos de homicidio por imprudencia, delitos graves contra a saúde dos traballadores, falsidade documental e encubrimento. Familiares do 'Pitanxo' cuestionan que a armadora se presente como parte afectada no xuízo: "Os prexudicados somos nós" "Cremos na Xustiza, no que investiga a Garda Civil, en que se está a levar todo a cabo de forma rigorosa", destacou entón a portavoz. Non en balde, argumentou que interpoñen a querela guiados por "expertos técnicos altamente cualificados" que "de forma altruísta colaboran" con eles e que conclúen "con unanimidade" que existe "responsabilidade criminal". O patrón do 'Vila de Pitanxo' declarará como investigado perante a Audiencia Nacional O vindeiro 6 de xuño a Audiencia tomará declaración aos tres sobreviventes —Padín, Rial e mais o mariñeiro Samuel Kwesi—, malia estar previsto inicialmente para esta mesma terza feira. Porén, só Padín comparecerá como investigado, mentres tanto o seu sobriño como Kwesi farano só como testemuñas do acontecido.
PRAZA_18233
O Día Mundial da Saúde Mental centra as súas reivindicacións na necesidade da prevención e dunha educación inclusiva entre a mocidade para abordar a tempo e con eficacia estas doenzas, que afectan entre o 10 e o 20% das persoas novas. TRIBUNA | A fraxilidade. Por Berta Dávila
TRIBUNA | A fraxilidade. Por Berta Dávila Entre o 10 e o 20% dos nenos, nenas e adolescentes teñen problemas de saúde mental; a metade das enfermidades mentais presentan síntomas antes dos 14 anos e tres cuartos delas comezan antes dos 24. O Día Mundial da Saúde Mental, que se conmemora este mércores como cada 10 de outubro, céntrase este ano na mocidade e na necesidade da prevención e dunha educación inclusiva para tratar con eficiencia estes problemas. Enre o 10 e o 20% das persoas novas teñen problemas de saúde mental e a metade destas doenzas presentan síntomas antes dos 14 anos Educación inclusiva, saúde mental positiva. Ese é o lema empregado por Saúde Mental Feafes Galicia (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia), que reivindica "unha educación que aposte polos valores, que traballe a diversidade e a inclusión e que teña en conta os retos dunha sociedade que cambia a gran velocidade". O obxectivo é "conseguir unha saúde mental máis positiva nas xeracións futuras". Feafes destaca a necesidade dunha educación inclusiva e de prevención para abordar con tempo os problemas de saúde mental na mocidade Para logralo, Feafes Galicia advirte do "papel fundamental" que xoga o sector educativo e o reto que ten de "crear un ambiente escolar onde os mozos e mozas se sintan cómodos, respectados e integrados". Ademais, repara na importancia de "involucrar" as familias e as institucións educativas nesa etapa clave de prevención ao ser a escola un dos lugares onde a rapazada pasa gran parte do seu tempo. "Hai moitos determinantes educativos e sociais que inflúen na aparición destas enfermidades; o acoso ou violencia entre os novos poden provocar que se desenvolva unha doenza mental" "Hai moitos determinantes educativos e sociais que inflúen na aparición destas enfermidades; a rapazada pasa máis tempo na escola que na casa e hai problemas como a violencia, o acoso ou o bullying que poden determinar que unha persoa en concreto desenvolva unha enfermidade que provoca un sufrimento moi grande", explica Xosé Ramón Girón, presidente de Feafes Galicia, que aclara que a responsabilidade "non é do sistema educativo nin dos docentes" senón na necesidade de "implementar os mecanismos necesarios para poder traballar sobre os condicionantes que poden causar estas situacións para abordalas canto antes". "Unha educación inclusiva potencia as habilidades de cada neno e nena, facilita a participación de todo o alumnado, loita contra a exclusión e permite a todos os mozos e mozas acceder a unha aprendizaxe de calidade", lembra Feafes, que reivindica a "urxente necesidade" de que a saúde mental da mocidade "estea na axenda política". O propósito: reverter a advertencia da Organización Mundial da Saúde (OMS), que indica que "os trastornos mentais serán a primeira causa de discapacidade en 2030". "Falar de enfermidades mentais custa porque hai un prexuízo social e cultural inmenso; por iso facemos un chamamento a que se fale das enfermidades mentais igual que doutra calquera doenza", engade Girón, que advirte de que vivir este problema "en soidade" tamén provoca que se "alonguen os tempos de diagnóstico e tratamento". Na adolescencia, ademais, esta situación pode agravarse. "Aqueles rapaces que están sometidos a calquera tipo de agresión ou presión, van sufrir moito dano se non teñen por onde sacar toda esa información fóra", asegura. Ante este panorama, os especialistas reclaman o desenvolvemento de técnicas de detección temperá e intervención precoz pero advirten de que para logralo "é preciso o investimento de recursos humanos e financeiros". Ademais, piden unha política publica transversal e con vínculos intersectoriais para abordar o problema do que Feafes alerta coa campaña Mocidade Saudable. A ela sumáronse no seu apoio concellos, partidos políticos e diferentes entidades sociais. "A saúde mental ten que saír de onde estea agochada e poñerse en primeiro plano, na axenda política" "Hai que poñelo na axenda política", insiste Girón, que lembra que en Galicia hai 50.000 persoas con discapacidade por enfermidade mental. "É un problema de saúde pública e hai que asumilo como tal e abordalo; a saúde mental ten que saír de onde estea agochada e poñerse en primeiro plano", remata quen pide "intervir e traballar". Recomendacións para o tratamento informativo Alén disto, e aproveitando tamén o Día Mundial da Saúde Mental, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lembrou as recomendacións sobre tratamento da saúde mental nas informacións periodísticas e que foron redactadas por esta entidade e polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) nunha guía práctica. Así, CPXG e COPG instan a "normalizar" a enfermidade mental, lembrar que os tratamentos funcionan e falar de persoas, anónimnas ou non, que son capaces de levar unha vida plena e integrada. Ademais, recomenda "rexeitar a linguaxe discriminatoria e estigmatizante que unicamente define a persoa pola súa enfermidade mental" e a incluír as persoas con enfermidade mental como fontes e interlocutores para "visibilizar e normalizar", rachando prexuízos e evitando estereotipos. "As persoas con enfermidade mental teñen a mesma probabilidade que calquera outra de cometer actos violentos", lembran CPXG e COPG para instar a non simplificar. Do mesmo xeito, reclama coidar "a exactitude dos termos" e "empregar o diagnóstico específico se a enfermidade mental é importante para a información", así como "evitar o uso inapropiado ou fóra de contexto de termos propios da saúde mental". "Difunde a loita polos recursos necesarios para unha atención á saúde mental de calidade, inclusiva e completa", rematan.
NOS_46538
Os sucesos das primeiras décadas do século XVI non mereceron a atención debida da historiografía e aínda agardan dunha explicación. A revolta de 1507 é unha manifestación clara da oposición galega a política centralizadora de Castela.
Galiza entrou rebentada no século XVI. A derrota da revolta contra Castela liderada polos condes de Lemos, Pedro Madruga e Pardo de Cela unhas décadas antes e a aplicación da axenda represiva dos Reis Católicos non significou o final da oposición galega a política centralizadora de Castela. As repetidas rebeldías de Rodrigo de Castro, Fernando de Andrade e Alonso de Fonseca contra a raíña Isabel A Católica, as negociacións secretas da oligarquía galega con Maximiliano de Austria na busca dun novo status para o país ou as demandas da nobreza galega nas cortes de Santiago e A Coruña e na xuntanza de Melide de 1520 foron expresións evidentes das mesmas. O novo escenario político aberto tras a morte da raíña Isabel A Católica e do seu xenro e sucesor Filipe O Fermoso deron o sinal para unha nova revolta galega contra Castela. A resistencia contra o proxecto reaccionario no nacional e no social dos Reis Católicos manterase viva en Galiza nos anos finais do século XV e nos iniciais do XVI, significándose nese período a oposición dos seguidores de Dona Xoana, activos en 1499 como sinala na súa correspondencia a raíña Isabel. O falecemento desta última en 1504 e do seu sucesor Filipe O Fermoso en 1506 criaron unha conxuntura de inestabilidade na coroa castelá que unha parte das clases dirixentes galegas consideraron propicia para volver a erguer o vello proxecto político derrotado militarmente na penúltima década do século XV. Neste contexto apareceu de novo como cabeza das rebeldías galegas Rodrigo de Castro, reforzado polas alianzas tecidas cos fidalgos galegos, entre eles Fernando de Andrade e seu cuñado o Marques de Astorga, e apoiado polo casa real portuguesa, coa que emparentou tras o matrimonio da súa filla Beatriz con Dinís, o fillo máis novo do Duque de Braganza. Rodrigo de Castro A comezos de marzo de 1507 Rodrigo de Castro avanzou de novo cara O Bierzo e non tardou en liberar Ponferrada. As tropas de conde de Lemos, formadas, segundo as crónicas, "por moita xente de pe e de cabalo, armado de diversas armas e con moita artillería", apoiado polas forzas achegadas polo Marques de Astorga e co apoio da veciñanza de Ponferrada, fíxose en pouco tempo cos principais núcleos de poboación da comarca. Segundo sinalou o propio cronista real, Jerónimo Zurita, "apoderárase xa o conde de Lemos de todo o marquesado; e tiña nas súas mans as vilas, e puxo cerco ás forzas, e algunhas delas gañounas polo combate", destacando o rexedor, Alonso de Rivera, a simpatía de Ponferrada con causa de Rodrigo de Castro que "xuntou a todos os veciños desta vila e faloulles como aquela vila facía trescentos que era do seu avoengo e só vinte e un ou vinte e dous co tiña o rei ou a reina", non tardando en sumarse ao exercito rebelde. Rodrigo de Castro debeu finalmente buscar un acordo coa coroa castelá. A resposta do poder real non se fixo agardar, e tras unha xuntanza en Reinosa dos membro do Consello do Reino, onde tomaron parte o Arcebispo de Toledo e o mordomo da raíña Juana, acordaron enviar un exercito a Galiza dirixido polo duque de Alba e o conde de Benavente para combater ao conde de Lemos. As posibilidades de resistencia deste foron nulas, unha vez fracasado o comprometido apoio da monarquía portuguesa, malia as promesas realizadas na etapa de preparación da revolta. Os Pardo de Cela no centro da revolta Outra vez Zurita, sinalou como "Don Jaime, o duque de Braganza, foi a corte pedir licenza e xente para apoiar ao conde de Lemos no de Ponferrada, porque o conde e Don Dinís, o seu xenro, solicitáranlle pedir socorro, e o rei deu autorización ao Duque para que os axudase". Páxinas máis adiante, o mesmo cronista, da conta que "fixo o Duque de Braganza, ademán de querer vir ás súas terras, á fronteira de Galiza, para socorrer ao conde de Lemos, e o rei de Portugal ordenou que non se movese, nin se axudase a rebeldes desobedientes". O 20 de decembro de 1507, o conde de Lemos, Rodrigo de Castro logrou o perdón da raíña castelá Juana, filla de Isabel e Fernando. A batalla do Bierzo non foi máis que un capítulo da revolta galega de 1507. Ao longo dese ano en todo o país sucédense os actos de insubordinación contra o poder real, onde xogaran un papel de relevo antigos veteranos da rebelión da década dos oitenta do século XV ou os seus herdeiros. Así, Álvaro González de Ribadeneira, revólvese canda o seu fillo Pedro de Miranda nas Terra Chá e tamén da Mariña, sendo obxecto de diversos denuncias por parte do Consello do Reino e mesmo citado a un proceso aberto na Chancelería de Valladolid. Nunha liña semellante, o primoxénito de Pedro de Bolaño e Beatriz de Castro, neto polo tanto de Pedro Pardo de Cela, Fernán Díaz de Ribadeneira, erguese nas proximidades da cidade de Lugo e na comarca dos Ancares, ocupando diversos fortalezas e resistindo durante meses ao cerco do gobernador real Diego de Rojas no castelo de Tores.
PRAZA_14668
Unhas 400 persoas concéntranse na apertura do xuízo pola catástrofe e advirten de que "outro Prestige é posible" logo de criticar "as eivas en materia de seguranza marítima" que segue sufrindo Galicia. "Os responsables políticos non están sentado no banco dos acusados", lamentan.
Noutra tarde chuviosa, como aquela de decembro de hai dez anos, a plataforma Nunca Máis volveu saír á rúa e abrir os paraugas. E fíxoo no inicio do xuízo oral pola catástrofe do Prestige para berrar, desta vez, "nunca máis ás mareas negras e á impunidade". Unhas 400 persoas concentráronse diante do recinto de Expocoruña, lugar onde comezou este martes a vista e á que acudiron tres dos acusados pero nos que, a xuízo do colectivo, "faltan os responsables políticos da crise medioambiental". "A culpa de quen foi? De Fraga e de Rajoy", berraron os manifestantes Concentrados durante máis dunha hora, os manifestantes berraron consignas como "contra a impunidade, nunca máis", "mentireiros nunca máis" ou "a culpa de quen foi? De Fraga e de Rajoy", nun acto no que se puideron ver bandeiras da CIG, do BNG, de CCOO ou de Greenpeace e á que asistiu o candidato do Bloque á Xunta, Francisco Jorquera, así como a número dous, Ana Pontón, a eurodeputada Ana Miranda, o escritor Manuel Rivas, voceiros da plataforma, como os artistas Xurxo Souto e Isabel Risco, e representantes de Adega ou doutros sindicatos, como o secreario xeral de UGT-Galicia. Tamén acudiu Yolanda Díaz, candida de Alternativa Galega de Esquerda, acompañada do portavoz de Izquierda Plural no Congreso, Gaspar Llamazares, e do deputado Alberto Garzón, que asistiron ao xuízo. Nunca Máis pide "un balance rigoroso e transparente" do acontecido co Prestige Nun manifesto lido por Xurxo Souto, Nunca Máis advertiu as "dúbidas máis que razonábeis" de que non puidese acontecer outro Prestige na costa galega dez anos despois da catástrofe e reclamou "unha solución á desprotección do litoral galego", por onde pasan "anualmente, 13.000 buques con materias perigosas". Ademais, reclamou tamén "un balance rigoroso, necesario e transparente do acontecido co petroleiro" para evitar que os galegos "se atopen con outra marea negra". Así mesmo, preguntouse se "outro Prestige é posible" para aclarar que a resposta a esa pregunta "non é tranquilizadora, senón desacougante". "Houbo avances, pero son insuficientes", asegurou Souto, que lembrou que "as melloras conseguidas lográronse grazas á presión social da cidadanía a través de Nunca Máis". "Os avances son insuficientes", insistiu o voceiro da plataforma, que lembrou as numerosas "eivas" que Galicia segue tendo en canto "á seguranza marítima das nosas costas". E citou algunhas como a ausencia de control por satélite das costas, a inexistencia dun porto refuxio e dun centro de prevención de contaminación mariña ou a non transferencia das competencias marítimas á autonomía galega. Do mesmo xeito, recriminou que non exita "un plan de recuperación ou repoboación" de especies mariñas e animais afectadas ou "cun control da saúde dos voluntarios que colaboraron recollendo chapapote". A plataforma lembra que non hai control por satélite da costa, nin un porto refuxio nin centro de prevención da contaminación e que as transferencias en seguridade marítima seguen estando en Madrid Pero na apertura do xuízo, Nunca Máis reivindicou que "non debe haber impunidade", logo de destacar que os responsables políticos daquela catástrofe non se sentarán no banco dos acusados, malia que as súas decisións foron fundamentais "para converter unha crise nunha catástrofe". "Non esquecemos, non á impunidade", rematou Souto. HABERÁ AMPLIACIÓN
PRAZA_12189
A secretaria de organización do Bloque, Montse Prado, asegura que existe a intención de facer ver unha situación "tremenda" na fronte e asegura que continuará a traballar para "preservar a unidade do nacionalismo"
Unha "planificación" para abandonar o BNG de forma "escalonada". É a estratexia que a secretaria de organización do BNG, Montse Prado, asegura que se está a desenvolver no seo da formación frontista nas últimas semanas. Despois de que en días pasados a asemblea nacionalista de Antas de Ulla anunciase a súa "disolución" e os catro concelleiros elixidos polo Bloque en Ames decidisen tamén pedir a baixa xunto a unha corentena de militantes, a dixirente non cre nas casualidades. "Hai persoas que tomaron a decisión de abandonar o BNG e isto pódese facer de dous xeitos: comunicar cantas persoas e abandonalo, ou pódese optar" por "ir abandonando cada día, para magnificar". "O que podía ser noticia dun par de días convertémolo nun pinga a pinga" Durante a presentación dunha campaña contra a reforma laboral, Prado considerou "evidente" que hai militantes que están "a optar por esta segunda vía, e o que podía ser unha noticia dun par de días, convertémolo nun pinga a pinga". "Haberá que preguntarse a quen favorece ese intento de transmisión" dunha situación "tremenda" que, afirma, non se corresponde coa realidade. Neste escenario, sinala que, por exemplo, malia á marcha do colectivo Ames Novo, "na asemblea local de Ames a maioría das persoas seguen a ser militantes". Fronte ás acusacións de "exclusión de ideas" que chegan precisamente dende os xa ex militantes amienses, Prado salienta que o BNG "está traballando pola unidade do nacionalismo" para que o conxunto da súa militancia "confíe" e estea "disposta a traballar". A dirección nacionalista, subliña, "segue a traballar para que todo o mundo caiba", se ben quen "non se sinta cómodo" e conclúa "que o seu proxecto non é o BNG", debe ter en conta que "o BNG ten que clarificar a súa posición, traballar nas liñas acordadas e os demais compañeiros, tomar a súa decisión". En calquer caso, para a secretaria de organización do Bloque é "evidente" que "todas as ideas caben". Así "foi no pasado e vaino seguir a ser no futuro".
NOS_38734
As diversas organizacións sindicais con representación no ensino público anunciaron as mobilizacións a levar a cabo nas próximas semanas antes da aprobación dos Orzamentos Xerais da Xunta para 2020. O paro é pola recuperación dos horarios lectivos e mellorar as condicións de traballo.
"Ante o non tallante da conselleira a devolver parte dos dereitos roubados ao seu persoal docente, en concreto a redución horaria a 18 horas en secundaria e a 21 en primaria recortadas por Feijóo antes incluso do Decreto de 2012 de Rajoy, a resposta das organizacións sindicais vai ser contundente". Así o anunciaron portavoces de todos os sindicatos con representación no ensino (CIG-Ensino, CCOO Ensino, ANPE, FeSP-UGT, STEG e CSIF). A primeira das accións a realizar será o vindeiro 13 de novembro. Delegados e delegadas sindicais levarán a cabo unha marcha arredor do edificio da Xunta en San Caetano que finalizará cunha concentración fronte ás instalacións da Consellaría de Educación. Este mesmo mes, o día 21, haberá concentracións unitarias nas sete grandes cidades galegas para amosar "o profundo malestar e o cansazo do persoal docente galego ante os ataques e os recortes sufridos na última década". Actualmente son sete territorios os que xa aprobaron a devolución do horario lectivo (Navarra, Euskadi, Cantabria, Canarias, Andalucía, Asturias e Estremadura). Mentres, na Galiza "a conselleira segue aludindo a que non darán ningún paso até que o goberno central habilite unha partida para este fin". "Auténtico insulto" "Un auténtico insulto ao profesorado galego –en palabras do secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello,- que sabe perfectamente que cando lle foi aplicada a ampliación horaria, a Xunta non lle devolveu a Madrid os cartos que aforrou co recorte de miles de postos de traballo dun ano para outro. As consecuencias desta medida vímolas padecendo nestes últimos anos: imposibilidade de facer apoios, reforzos e desdobres; aumento da impartición de afíns, das ratios de alumnado por aula e das itinerancias; exceso de carga de traballo para o profesorado que non pode preparar as clases nin corrixir exames e tarefas en condicións… " As mobilizacións neste primeiro trimestre está previsto que culminen o día 12 de decembro cunha folga xeral no ensino. A data elixida responde, indican os sindicatos, á necesidade de incluír nos próximos Orzamentos Xerais da Xunta de Galiza para 2020 que neses momentos aínda estarán sen aprobar.
NOS_20843
O pleno da Deputación de Ourense aprobou por unanimidade unha moción conxunta do Grupo Popular, Democracia Ourensana e Ciudadanos paraa defensa dos servizos do Hospital de Verín. Ás portas do Pazo Provincial o colectivo social e sanitario da comarca reivindicou un compromiso serio de todos os grupos políticos, máis aló das boas intencións.
O pleno da Deputación de Ourense aprobou por unanimidade a moción conxunta de Partido Popular (PP), Democracia Ourensana (DO) e Ciudadanos (Cs) para exixir a reapertura do paritorio de Verín. O acordo chegou após un longo debate, que ademais de contar co enfrontamento entre os deputados promotores da iniciativa e o socialista Rafael Rodríguez Villarino, tamén se viu interrompido en varias ocasións polas apreciacións dos membros do público chegados desde a comarca, en representación da plataforma en defensa da sanidade pública de Monterrei. Malia a aprobación definitiva por parte de todos os grupos e deputados, PP, DO e Cs mantiveron unha tensa discusión con Villarino, para quen pedían a reprobación por "practicar a manipulación, a mentira e o insulto" sobre o feche da sala de partos. Acusan o deputado socialista de "falsear" a realidade cando afirma que na acta do pleno anterior PP, DO e Cs "votaron en contra" da continuidade do paritorio comarcal, para despois modificar a súa posición "ao verlle as orellas ao lobo". Reprobación do portavoz socialista Na súa defensa, o deputado popular Rosendo Fernández asegurou que o seu partido sempre estivo en contra do fechamento da sala de partos, "desde o minuto un". Ademais, presumiu de ser, canda o resto do seu grupo, un dos impulsores da "primeira moción sobre o Hospital de Verín" que chega ao pleno da Deputación. Pola súa banda, a deputada de Cs Montse Lama cargou contra Villarino por usar con fins partidistas unha reivindicación social clave para o futuro da comarca. Finalmente, o deputado socialista foi reprobado, tamén cos votos do seu grupo, após botarlles en cara aos seus rivais políticos que empregaran unha única moción para reivindicar o futuro sanitario do hospital comarcal e censurar o seu comportamento. "Vou ser reprobado", recalcou, "pero vouno ser con gusto". Tanto Villarino como o nacionalista Bernardo Varela mantiveron que a clausura do servizo de urxencias pediátricas e do paritorio é "un problema político" e aproveitaron para lle botar en cara ao PP os votos dos deputados populares ourensáns no Parlamento en contra da reapertura dos servizos fechados o primeiro de decembro, unha iniciativa do BNG que contou co apoio de todos os grupos da oposición na Cámara galega. Por unha calidade asistencial equitativa Se en algo estiveron de acordo todos os grupos políticos ourensáns foi en pedirlle á Consellaría de sanidade que dote manteña e mellore os servizos que se viñan prestando no Hospital de Verín co fin de garantir a calidade asistencial da veciñanza das comarcas de Verín, Viana e Valdeorras en igualdade de condicións e oportunidades, concretamente o servizo de partos. A plataforma cidadá en defensa da sanidade pública de Monterrei laiose do cachondeo político exhibido durante a celebración do pleno. Neste sentido, tamén se manifestou a plataforma en defensa da sanidade pública de Monterrei, presente durante o debate da moción. Máis de medio cento de persoas concentráronse diante do Pazo Provincial para protestar polo deterioración da atención sanitaria na comarca. En representación do colectivo un grupo de veciñas e profesionais sanitarias levaron ao debate político as súas reclamacións, que pasan por un compromiso real de todas as forzas que desemboque na reapertura das urxencias pediátricas máis da sala de partos. Encontro con Baltar Con todo, o colectivo social e sanitario denuncia o "cachondeo" que se viviu no salón de plenos da Deputación, e o feito de que os impulsores da moción non lle dedicaran un protagonismo escrupuloso á reapertura dos servizos sanitarios comarcais, mesturando esta demanda coas súas leas políticas. As urxencias pediátricas clausuradas estaban previstas e programadas ata o mes de maio con gardas rotatorias de pediatras procedentes do Hospital de Ourense. Segundo recoñeceu Aurora Sola, portavoz, en conversa con Sermos Galiza, após a celebración do pleno, mantiveron un encontro con José Manuel Baltar, a quen lle reclamaron accións ademais de "boas palabras" e xestos tan significativos como o da moción. "O deber dos deputados autonómicos é o de defender os intereses da cidadanía ourensá. De non o facer, estamos dispostos a castigalos nas urnas", asegurou Sola. Representantes das traballadoras do Hospital de Verín trasladáronlle a Baltar "a problemática real que atravesan". Segundo denunciaron, as urxencias pediátricas clausuradas en decembro, "estaban previstas e programadas ata o mes de maio, que é cando sairá unha nova promoción de profesionais; e estaban contempladas con gardas rotatorias de pediatras procedentes do Hospital de Ourense". Polo tanto, incide Sola, "os argumentos da Xunta tampouco se sosteñen". Baltar, di, prometeu "o esforzo de seguir traballando pola reapertura do paritorio".
NOS_43511
As afectadas denuncian que desde a xubiliación do médico anterior a praza quedou vacante, o que significa que aproximadamente 1.000 persoas quedaron sen atencion médica no Centro Periférico de Valeixe.
Centos de veciños da localidade de Valeixe mobilizáronse esta mañá para protagonizar unha manifestación que percorreu as rúas da Cañiza esixindo a "restauración do médico no Centro Periférico de Valeixe". Políticos de todas as cores, segundo declararon a Nós Diario fontes da organización, sumáronse a unha concentración que lles esixiu "solucionar este problema". As afectadas denuncian que desde a xubiliación do médico anterior a praza quedou vacante, o que significa que aproximadamente 1.000 persoas quedaron sen atencion médica no devandito Centro, véndose así obrigados a desprazarse a Cañiza en horario de tarde dous días por semana, "obrigando tamén ao resto dos facultativos a asumir a asistencia sanitaria de mais pacientes, e xa están saturados", explican.
NOS_11999
O incendio rexistrado a pasada quinta feira en Carballeira de Valdeorras e que este domingo afectou O Barco continúa imparábel, até o punto de cruzar o Sil e queimar vivendas en Éntoma, parroquia situada ao leste deste último concello.
O incendio que se declarou a pasada quinta feira en Riodolas, Carballeda de Valdeorras, non ten trazas de parar. Após estenderse ao Barco de Valdeorras, continúa avanzando sen control debido ás condicións meteorolóxicas. As lapas atravesaron o río Sil e chegaron á parroquia de Éntoma, no Barco, nas proximidades de núcleos de poboación, onde afectou vivendas como a da imaxe que ilustra esta información. O lume alcanzou xa as 4.000 hectáreas e non semella que vaia ser controlado por mor do vento que dificulta as tarefas dos equipos de extinción. O incendio de Carballeda é, xunto ao de Folgoso do Courel, o que máis hectáreas queimou este verán. 30% da poboación do Courel, desaloxada O alcalde do Barco, Alfredo García, advertiu en declaracións aos medios de comunicación esta segunda feira que a situación continúa a ser "moi complicada" e que o lume xa queimou unha ducia de casas. Na mesma liña, expuxo que o contexto "desbordouse" e reclamou axuda e a presenza doutros medios. Sós ante o perigo: sindicatos advirten da "falta de medios" e os "abusos" que sofre o persoal de extinción de incendios A veciñanza, que continúa a contribuír ao labor dos medios de extinción, denuncia a escaseza de recursos e apunta que hai "tan só dous avións" contraincendios. Temen que as lapas se estendan á serra da Enciña da Lastra, un lugar dun valor paisaxístico incalculábel.
NOS_36934
O Consello Europeo dobra con 500 millóns o envío de armas, mais rexeita a adhesión rápida.
A UE decidiu duplicar o financiamento para o envío de armas a Ucraína con 500 millóns de euros, alcanzando un total de 1.000 millóns destinados á defensa da soberanía ucraína ante a invasión do Exército ruso. Así se acordou esta sexta feira no Consello Europeo, a reunión dos xefes de Estado e de Goberno dos 27, desenvolvida en Versalles. Foi o xefe da diplomacia comunitaria, Josep Borrell, quen realizou a proposta. Segundo explicou, este volume de diñeiro sairía do Fondo Europeo de Apoio á Paz, un instrumento financeiro dotado cuns 5.000 millóns de euros achegados polos Estados membros que non fai parte do orzamento común. O Goberno español enviará novas armas a Ucraína, pero rexeita concretar de que tipo Ademais, houbo un compromiso para aumentar "de forma substancial" o gasto militar nos respectivos orzamentos estatais para facer fronte á ameaza que supón para a seguridade Europea a agresión de Rusia. Para dar resposta ás circunstancias derivadas do "cambio tectónico" ─tal e como recolle o esbozo da declaración final─ causado pola guerra. O primeiro ministro belga, Alexander De Croo, resumiuno sinalando que coa ofensiva sobre Ucraína Europa perdera a súa "inocencia". Na cimeira, de carácter informal (é dicir, serve para fixar prioridades, mais non decisións en firme), o Consello volveu advertir a Putin de que se arrisca a ser xulgado por crimes de guerra dentro da agresión "non provocada e inxustificada" contra Ucraína, que supón "unha violación flagrante do dereito internacional e dos principios da Carta de Nacións Unidas". Neste sentido, celebrouse a decisión do fiscal do Tribunal Penal Internacional de abrir unha investigación sobre unha guerra da que Rusia ten "a enteira responsabilidade" coa "complicidade de Belarús". Así, exíxeselle a Moscova a retirada inmediata e total das tropas invasoras e o respecto á integridade territorial e á soberanía de Ucraína. Ingreso de Ucraína na UE Sobre o seu ingreso na UE pola vía rápida, unha petición do Goberno ucraíno, o Consello limitouse a "tomar nota" e a deixar en mans da Comisión a análise desta posibilidade, "sen prazos" fixos. O compromiso dos 27 ficou en axudar a Ucraína a "progresar na súa traxectoria europea" e en enunciar que "fai parte da nosa familia europea". Mentres, a ofensiva rusa continuou esta sexta feira con novos bombardeos a Lutsk, Ivano-Frankivsk e, por primeira vez, a Dnipro, situada na ribeira do río Dniéper, na zona centro-oriental do país. Ademais, a artillaría rusa ten a capital Kíiv rodeada. De acordo cos datos recompilados pola axencia de dereitos humanos da ONU (Acnudh), o número confirmado de civís desde o inicio da invasión é xa de 564, incluídos 41 menores, mais a cifra sería "moito maior". "Os civís están a morrer e a ser mutilados no que semellan ser ataques indiscriminados, coas forzas rusas usando artefactos explosivos de amplo alcance en ou perto de áreas poboadas [...] Isto inclúe mísiles, proxectís e foguetes de artillaría pesada, así como bombardeos aéreos", sinalou Acnudh. Rusia e Ucraína reúnense sen avances sobre o cesar o fogo Por outra parte, a BBC e outros medios internacionais, citando fontes oficiais, informaron de que fora abatido o terceiro xeneral ruso dos 20 que están a liderar a ofensiva sobre o terreo. A respecto das negociacións, Putin asegurou esta sexta feira que as últimas conversas con Ucraína parecen arroxar resultados "positivos" para lograr o cese das hostilidades. Horas antes, a Presidencia ucraína afirmara que Kíiv está aberto á posibilidade de aceptar a "neutralidade" se hai "garantías de seguridade" fronte a Rusia como parte dun acordo para pór fin á invasión. Ademais, a petición de Rusia, decorreu unha reunión do Consello de Seguridade da ONU, onde o representante do Kremlin, Vasili Nebenzia, acusou os EUA de "financiar activamente proxectos de bioloxía en Ucraína". Afirmou que "unha rede de 30 laboratorios biolóxicos estivo traballando para amplificar as propiedades patóxenas de enfermidades mortais. O Alto Representante para Asuntos de Desarme, Izumi Nakamitsu, dixo que Rusia non presentou proba ningunha sobre o tema. Novas sancións Os EUA anunciaron esta sexta feira a prohibición da importación dunha serie de produtos rusos, desde cereais até diamantes, e os países do G7 estudan acordar que a Federación Rusa non poida obter financiamento de organismos como o Fondo Monetario Internacional ou do Banco Mundial. Estas son as novas sancións a Rusia: "O mundo libre únese para loitar contra Putin", di Biden Por outra parte, a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, avanzou que a UE aprobará hoxe un novo paquete de sancións contra Rusia.
PRAZA_10609
Iglesias afástase e advirte: pode haber pacto se hai coalición e se o PSOE acepta os nomes propostos por Unidas Podemos para o Consello de Ministros
Pablo Iglesias afástase: renuncia a formar parte do Consello de Ministros e ofrece a Pedro Sánchez negociar o programa e os equipos dun Goberno de coalición. Despois de que diversos cargos do PSOE e do Goberno de España en funcións sinalasen a eventual presenza de Iglesias como "principal" atranco para a acordar unha coalición, o líder de Unidas Podemos comunicou a súa renuncia a Pedro Sánchez e, a continuación, fíxoa pública a través dun vídeo divulgado en Twitter."O PSOE di que o único atranco que evita ese goberno son eu. Estiven reflexionando nestes días e non vou ser a escusa para que o PSOE evite ese goberno de coalición", afirma Iglesias nese vídeo sobre a nova posición de Sánchez, que se abriu a incorporar a dirixentes da cúpula de Unidas Podemos agás a el mesmo.Iglesias afástase e advirte: pode haber pacto se hai coalición e se o PSOE acepta os nomes propostos por Unidas Podemos para o Consello de MinistrosPablo Iglesias traslada deste xeito a pelota ao tellado do PSOE, a quen empraza agora a negociar un acordo "integral" que inclúa programa e equipos. O secretario xeral de Podemos acepta o "veto" que lle impuxo Sánchez. Pero advirte: pode haber pacto se o presidente do Goberno en funcións acepta nomes de ministros e ministras que Unidas Podemos sinale. "A miña presenza no Consello de Ministros non vai ser o problema", reitera Iglesias, pero "a condición de que o PSOE asuma que non pode haber máis vetos e que a presenza de Unidas Podemos no próximo Goberno ten que ser proporcional aos votos, así como que a proposta, loxicamente, a vai facer Unidas Podemos", di no vídeo a respecto dunha negociación que pilotaría Pablo Echenique.Os socialistas argumentaran causas "políticas e funcionais" para excluír a Iglesias do Consello de Ministros e mostráronse dispostos a estudar a incorporación doutros nomes da cúpula do grupo confederal de Unidas Podemos. "O principal obstáculo é Iglesias. Falemos da participación doutros membros de Unidas Podemos recoñecidos", expresou Adriana Lastra, vicesecretaria e voceira parlamentaria do PSOE nunha entrevista en RNE."Sen vetos nin imposicións podemos chegar a un acordo. O presidente escoitará as propostas e decidirá o equipo. Empecemos polos contidos", responde o PSOENo entanto, Sánchez sempre sostivo que os ministros que se incorporen ao gabinete deberán ser "consensuados". No PSOE salientan que a potestade do presidente é elixir o Consello de Ministros en función da "confianza" que lle inspiren as persoas.Neste sentido, minutos despois da difusión do vídeo de Iglesias fontes gobernamentais citadas pola Cadena SER amosaban "alivio" pola decisión do líder de Podemos que, aseguran, non deixaba de ser un "paso atrás" agardado. Así e todo, as mesmas fontes consultadas pola devandita emisora agregan que manteñen a preocupación polos eventuais nomes de ministros ou ministras que poidan propoñer dende Unidas Podemos. Minutos despois transcendeu outra resposta do PSOE ao movemento de Iglesias: "Sen vetos nin imposicións podemos chegar a un acordo. O presidente escoitará as propostas e decidirá o equipo. Empecemos polos contidos. Primeiro programa e despois, o Goberno", din os socialistas para resumir a súa postura. A sesión de investidura comeza o martes.
NOS_16364
Noemí García, creadora da conta Media Laranxa, expón como foi a xénese do seu proxecto así como dos seus obxectivos, entre os que destaca a busca pola calidade lingüística no ámbito da gastronomía. García tamén opina sobre a situación actual do galego nas redes e reivindica a necesidade de poder atopar nelas calquera tipo de contido na nosa lingua. Ela mesma indica que "unha conta en galego non debe ser noticia, senón unha realidade."
Avante Pouca Como xurdiu a idea de crear a conta de Media Laranxa?Media Laranxa xorde co fin de unir dúas das miñas paixóns: a gastronomía e a lingua. Ambas as dúas están presentes no día a día de cada persoa, pois todas comemos e falamos. Entón, se coidamos da nosa alimentación, por que non imos coidar tamén da nosa lingua? O galego é un idioma que vale para todo, polo que debemos poder atopar calquera receita na nosa lingua. Nesta conta non só publico receitas, senón que o seu principal obxectivo é que poidamos lograr unha maior calidade lingüística, desbotando os castelanismos máis asentados e dándolles nome a novas realidades. Media Laranxa intenta que os conceptos novos da cociña contemporánea sexan accesíbeis para calquera persoa, por iso decidín crear a conta en Instagram; todas temos redes sociais polo que todas podemos aprender se queremos. Ademais, o feito de que apareza un produto de forma tan visual co castelanismo e coa palabra galega que se debería empregar atrae moito a xente.A verdade é que estou moi contenta co proxecto. Creei a conta no confinamento, en abril, e xa pronto comezou a subir o número de seguidores. Desde entón recibo moitas mensaxes agradecendo o meu traballo e reafirmando a necesidade deste tipo de contas. Precisamos normalizar esta situación. Unha canle en galego non debe ser noticia, senón unha realidade. Avante Media Publica receitas, enquisas, formas correctas de termos en galego...Si, fago un pouco de todo. No que ás receitas se refire, publico algunhas virais, como o café Dalgona ou as patacas Deluxe, pero maioritariamente receitas sas, aínda que, de cando en vez, tamén me animo con algunha lambonada. Agora que chega o Nadal estou a publicar receitas típicas destas festas, como tamén fixen no Samaín. Con todo, o que máis está gustando é a posibilidade de aprender cousas novas. Cada sexta feira adoito publicar enquisas polas historias e retar os usuarios a que elixan a forma correcta en galego dun alimento ou mesmo a súa pronunciación. Está claro que as persoas queremos aprender, tanto de gastronomía como de calquera outro ámbito, pero faltan medios. Precisamos contidos en galego de todo tipo. Que acollida tivo a conta? Nota moita interacción cos teus seguidores e seguidoras?Si, hai moita participación. Cando publico algún termo en galego con variantes nos diferentes bloques dialectais, moitas persoas comentan a equivalencia desa palabra na súa zona. E o mesmo ocorre coas receitas. A semana pasada publiquei a receita dunhas torradas típicas de Portugal e tiven moitos comentarios de persoas de distintos sitios da Galiza expondo que neses lugares tamén eran típicas. Avante Toda Que opina da situación actual do galego nas redes sociais? Existe unha comunidade moi chula entre as persoas que creamos contido en galego. Sempre nos apoiamos entre nós e tamén ás canles novas están a nacer, tanto no Instagram, como no Facebook, no Twitter etc. No que se refire á gastronomía, penso que existen moi poucas contas especializadas, aínda que cada vez están a aparecer máis, principalmente a raíz do confinamento como foi o meu caso. Móvese por Instagram, tamén ten un blog... medrará Media Laranxa no futuro?O meu plan de futuro é crear unha canle en Youtube na que subir receitas. Penso que é algo que falta no noso país. As únicas receitas que existen en galego son as da TVG e os participantes non demostran a calidade lingüística que merece a nosa lingua. Precísanse máis vídeos de gastronomía en galego. Moitas veces adoitamos buscar as receitas en castelán presupondo que non van existir en galego, e iso é unha mágoa.
NOS_29545
O Deportivo só puido arrincar un ponto fronte ao pechacancelas da Primeira División. A equipa coruñesa só sumou 3 pontos dos últimos 24 disputados. A crise de resultados saldouse coa saída de Víctor Fernández. Na Coruña dáse por feito o seu relevo polo ex xogador branco-azul Víctor Sánchez del Amo, até agora inédito como primeiro adestrador.
O 1-1 fronte á unha equipa xa desafiuzada, o Córdoba, um combo que se apresentaba en Riazor con só 18 pontos, non deixou outra opción á directiva deportivista que a destitución de Víctor Fernández. O treinador aragonés chegou á Coruña a poucos días de comezar a pretempada, após a traumática e polémica destitución de Fernando Vázquez perpetrada polo presidente Tino Fernández en resposta a unhas declaracións do técnico de Castrofeito sobre a política de fichaxes do clube. Os números de Víctor Fernández son verdadeiramente desoladores: 6 vitorias (4 en Riazor, 2 fóra da Coruña), 9 empates e 15 derrotas. 25 goles a favor e 47 en contra. Un total de 27 pontos en 30 xornadas, 0,9 pontos por partido, promedio que en condicións normais abocaría a calquera equipa ao descenso seguro. A boa noticia para o Deportivo é que aínda hai tres equipas con piores números nun campionato que se caracteriza pola suprema excelencia no topo da clasificación e polas miserias dos de abaixo, correlato das diferenzas abismais nos orzamentos que manexan as equipas ricas e as humildes. Neste momento, a fronteira do descenso márcaa o Almeria, con 25 pontos. Despois estarían o Granada, con 24, e como fechacancelas un Córdoba que con 19 pontos xa é virtualmente nova equipa de Primeira División. Todo apunta a que será o ex deportivista Víctor Sánchez del Amo, de 39 anos, quen asuma agora o mando da equipa. A má noticia para a equipa coruñesa é o calendario. Dos 8 xogos que fican por se disputar, 5 serán fóra da Coruña e o derradeiro, aínda por cima, no Camp Nou. Na casa o combo deportivista recibirá o Atlético de Madrid, o Villarreal e Levante. Relevo Todo apunta a que será o ex deportivista Víctor Sánchez del Amo, 39 anos, quen asuma agora o mando da equipa. Sería unha nova aposta arriscada da directiva de Tino Fernández, sendo que o tamén ex futbolista do Real Madrid até agora non ten dirixido como primeiro treinador a ningunha equipa. Si foi segundo adestrador, en concreto do Getafe, o Sevilla e o Olympiacos. Empate do Celta en Granada Mentres, o Celta sumou un novo ponto, até totalizar 36, ao empatar in extremis o encontro que o enfrontou a domicilio co Granada. O gol do 1-1 asinouno no minuto 93 Bongonda. O empate é un bálsamo para o Deportivo ao restarlle dous pontos a unha equipa que é directo rival na loita por safar do descenso.
PRAZA_3227
O Consello Galego de Colexios Médicos carga contra o Sergas por unha "inédita variante" de permiso que "retorce o obxectivo para o que foi creado" e que "traslada ás nais a decisión de parir en Verín".
O pasado 18 de xaneiro, a Xunta confirmou a marcha atrás e anunciou que recuperaba a atención aos partos e as urxencias pediátricas no hospital de Verín logo de dous meses de mobilización cidadá. Núñez Feijóo, no entanto, engadiu un pero a esa reapertura ao anunciar máis requisitos a nais e persoal sanitario á hora de afrontar un nacemento, unha medida que estaba pensada desde había semanas. Advertiu dun consentimento informado "reforzado" que logo o Sergas recoñeceu que sería aplicado "especificamente" no centro hospitalario de Monterrei. O rexeitamento e o malestar dos profesionais ante a medida fíxose evidente e este luns foi o Consello Galego de Colexios Médicos (CGCM) quen cualificou de "inadmisible" a intención do Goberno galego. Os colexios médicos consideran que o consentimento informado "non pode ser, en caso ningún, unha delegación de responsabilidades do Segas cara aos pacientes"Nun comunicado, o CGCM --que representa todo o persoal médico colexiado de Galicia-- considera a fórmula anuncadia para autorizar o proceso de parto en Verín como "inadmisible desde o punto de vista ético e asistencial". A institución lembra que o consentimento informado é unha ferramenta "xa consolidada" no sistema sanitario para que os pacientes "decidan autonomamente se se someten ou non a unha intervención cirúrxica, a un tratamiento médico ou a unha proba diagnóstica". "Non pode ser, en caso ningún, unha delegación de responsabilidades da Administración Sanitaria, provisora do servizo, cara aos pacientes", advirte. Para os médicos, "esta inédita variante de consentimento informado reforzado que se nos anuncia retorce o obxectivo para o que foi creado o consentimento informado, trasladando ás nais que vaian parir en Verín a decisión de facelo alí --e polo tanto das consecuencias que diso poidan derivarse--, nunhas condicións que foron cuestionadas por informes técnicos profesionais". O CGCM advirte de que se o Sergas "asume a reapertura do paridoiro" no hospital de Verín "debe facelo desde o convencemento de ofrecer ás nais e neonatos as mesmas condicións de seguridade e calidade asistencial que no resto de paridoiros de Galicia". "Se non está seguro diso, non debe escudarse nos 'reforzos' delegados nas familias e os médicos", remata a entidade, que lembra á Xunta que "súa e só súa é a responsabilidade da reapertura". "Sen reservas anticipadas nin consentimentos informados 'reforzados", conclúe. "Esta inédita variante de consentimento informado reforzado retorce o obxectivo para o que foi creado"Xa o pasado venres, o xefe de Xinecoloxía do hospital comarcal, Javier Castrillo, aseguraba que a Xunta "non pode impoñer un consentimento diferente ao doutros hospitais galegos". "Somos un hospital de primeiro nivel", dixo, tras subliñar que o paridoiro reabría "con todos os medios" e que non se podería aceptar outra cousa.
NOS_33894
Cada ano a Fundación Uxío Novoneyra reúnese na casa de Parada do Courel no día do aniversario do poeta. Desta volta, o sábado día 19 abre as portas da casa cun programa especial co que inauguran un ano que promete intenso.
A casa de Parada do Courel evoca a Uxío Novoneyra por toda parte. Os herdeiros, a familia que está tan presente na Fundación, foi respectuosa ao extremo para conservar aquel espazo que o poeta tanto quería. A súa biblioteca, as obras artísticas dos amigos, as súas máquinas de escribir mais tamén os obxectos e materiais dunha casa de labranza resisten o paso do tempo co agarimo de quen coida tamén da memoria do poeta. A casa está aberta e recibe a cotío visitas de persoas que se achegan á obra de Uxío Novoneyra mais este fin de semana un programa especial convocará na que é sede da Fundación a conmemorar de maneira colectiva o aniversario do poeta, que este sábado cumpriría 83 anos, e o inicio dun ano de actividades no que se agardan varias sorpresas.Por volta das 19 horas do sábado día 19 , a compañía Fantoches Baj porá en escena a súa obra "O Asombro", teatro de obxectos baseado en textos e Uxío Novoneyra. A seguir, ás 22.30 horas, no pub Hydra, proxectarase o documental de Iván Gimeno "Uxío Novoneyra/Poeta Além", unha produción que é finalista nos premios Mestre Mateo.Quen se achegue ao Courel o sábado atopará novidades na casa do poeta. Se o tempo non é en exceso duro, mesmo poderá participar na inauguración da nova horta, un espazo reformado mais que conserva as especies arbóreas que o propio Novoneyra plantou. Terá tamén á beira os distintos roteiros indicados coa toponimia que o poeta recolleu nos seus versos e unha paisaxe que o autor de Do Courel a Compostela literaturalizou."A Fundación ten sempre as súas portas abertas mais nesta ocasión o convite é especial e agardamos que sexa o inicio dun ano provei toso en acción cultural. A casa está musealizada pero tamén viva é o seu valor" explica Uxío Novo, voceiro da Fundación e fillo do poeta. A grande casa de Parada conserva intactos os materiais, as paredes, o chan ou as vigas centenarias son as mesmas que habitou o poeta. As cadras da casa labrega terán novos usos para a Fundación pero evocarán os seus usos primitivos. Antoloxía de poesía labregaUnha relevante novidade deste ano será a publicación dun traballo inédito que Novoneyra deixou preparado. Trátase dunha "Antoloxía luguesa da poesía labrega" que sairá publicada ao coidado de Xosé Lois García, con quen o poeta do Courel se comunicaba para preparar a selección. Cheg ará canda el, canda os versos "labregos" que el mesmo escribiu da súa relación co traballo no campo da casa de Parada do Courel.A Fundación prepara máis iniciativas, no seu obxectivo de promover a figura do escritor máis tamén no ámbito da súa dedicación á dinamización poética e cultural. Un audiolibro coa obra "O Asombro" de Fantoches Baj está tamén nun horizonte no que seguirá apoiando iniciativas como o programa de poesía ao vivo "Picaversos" que conta este ano saír de Santiago e desenvolverse noutras cidades galegas.Mais tamén o Courel. A casa ábrese cada fin de semana e ten na terra do poeta un dos seus principais obxectivos. "Neste momento a Fundación é o único centro cultural aberto comarca e queremos que cumpra o papel de dinamización, atendendo tamén á vontade de Uxío Novoneyra e á cultura do Courel" sinala Uxío Novo que se gaba desa forma da casa estar unida á terra de maneira que ás veces é a propia veciñanza a que fai de guía polos distintos espazos que lembran o poeta. O Asombro from Fantoches Baj on Vimeo.
PRAZA_10829
Os líderes reunidos en Biarritz tamén acordaron crear unha iniciativa a longo prazo para protexer a selva na que participarán países do Amazonas
Os líderes reunidos en Biarritz tamén acordaron crear unha iniciativa a longo prazo para protexer a selva na que participarán países do AmazonasOs países do G7 acordaron crear de inmediato un fondo de 20 millóns de dólares para axudar os países que combaten os incendios no Amazonas e para lanzar unha iniciativa a longo prazo para protexer a selva. O presidente francés e anfitrión do cume celebrado en Biarritz esta pasada fin de semana, Emmanuel Macron, anunciou este luns a medida durante unha rolda de prensa. O francés sinalou que o Amazonas é o "pulmón" do planeta e que os líderes están a estudar un apoio similar para o continente africano, que tamén sofre graves incendios."As consecuencias do que está a ocorrer son dramáticas. Os incendios ocupan unha superficie de 1,2 millóns de quilómetros cadrados, o que equivale a dúas veces a superficie de Francia. É un drama para toda a humanidade", sinalou Macron. Ademais da axuda económica, Macron anunciou tamén apoio militar. "O mes que vén, crearemos unha iniciativa para o Amazonas que será lanzada na Asemblea Xeral da ONU e lanzarase xunto a todos os países da rexión. Tratará cuestións centrais para o devir do Amazonas como a reforestación nas zonas devastadas", engadiu Macron.Bolsonaro criticou o G7 por "colonialista" por discutir asuntos amazónicos sen a participación dos países da rexiónPola súa banda, o presidente brasileiro, Jair Bolsonaro, criticou a Macron por anunciar antes do inicio do cume do G7 que os líderes mundiais tiñan que discutir sobre os incendios no Amazonas. "A suxerencia do presidente francés de que se discutan os asuntos amazónicos no G7 sen a participación dos países da rexión evoca a mentalidade colonialista", denunciou Bolsonaro. "Lamento que o presidente Macron busque sacar partido do que é un asunto doméstico de Brasil e doutros países do Amazonas polo seu beneficio político", engadiu.
PRAZA_9146
Os orzamentos do Estado levan unha década incluíndo pequenas partidas para estudos previos de obras na N-550 que neste tempo nunca acabaron de arrancar e que agora volven reducirse
Os orzamentos do Estado levan unha década incluíndo pequenas partidas para estudos previos de obras na N-550 que neste tempo nunca acabaron de arrancar e que agora volven reducirseOs orzamentos do Estado levan unha década incluíndo pequenas partidas para estudos previos de obras que neste tempo nunca acabaron de arrancar, nin con gobernos do PP nin do PSOE. Unha ducia deles permitirían configurar unha alternativa sen peaxe á AP-9, sexa con melloras na paralela N-550 ou coa construción de novas vías, opción que tamén recibe críticas polo impacto ambiental que suporía, pero que está moi lonxe de converterse en realidade máis alá duns poucos treitos illados. Agora, os orzamentos para 2019 que vén de presentar o Goberno central reducen nalgúns casos aínda máis esas partidas simbólicas ou difiren no tempo as previsións plurianuais dos gastos que efectivamente permitirían pasar dos estudos ás obras. Pola contra, unha visión oposta sería a de que a redución para este ano desas partidas de actuacións que nunca se executan evitan inflar tanto de xeito irreal os orzamentos do Estado para Galicia como viña sucedendo en exercicios anteriores sen que se movese unha pedra.O único treito en obras da A-57, na circunvalación de Pontevedra, non terá moita utilidade cando se remate de xeito illadoO treito máis avanzado canto a planificación desa vía alternativa á AP-9 sitúase no sur, na que a denominada A-57 chamada a conectar Pontevedra directamente coa Autovía das Rías Baixas (A-52) leva máis dunha década en estudo. Pero dela só hai obras iniciadas nun pequeno treito de seis quilómetros entre o leste e o sur de Pontevedra que formará parte tamén da circunvalación cidade. A súa primeira pedra púxoa a daquela ministra popular de Fomento Ana Pastor dous meses antes das eleccións xerais de decembro de 2015, para este 2019 contempla unha partida de 25 millóns e prevé que siga habendo obras nela ata 2021. Para daquela, pouca utilidade terá ese treito illado que non conectará aínda cos adxacentes nos que non se moveu unha pedra pero que están a ter rexeitamento social polo seu impacto nunha zona moi poboada.En moitos casos, as partidas dos últimos anos para estudos de 200.000 ou 150.000 euros redúcense a 100.000 euros e adían os seus posteriores investimentos, pero nin antes, nin agora, hai expectativas de que comecen as obrasEsa duplicación de infraestruturas, con novas vías paralelas ás xa existentes, produciríase tamén noutros puntos aínda que o que se constrúa non sexa unha autovía como a A-57 senón unha sucesión de variantes da N-550 ou circunvalacións das vilas máis importantes. En moitos deses casos, onde os orzamentos dos últimos anos reflectían partidas para estudos previos de 200.000 ou 150.000 euros, as contas para este 2019 reducen as contías a 100.000 euros, e adían os seus posteriores investimentos plurianuais. Noutros, como o denominado enlace Orbital de Santiago, directamente desaparecen das contas públicas para 2019. Nuns e noutros, nin antes nin agora, hai expectativas de que os proxectos pasen do papel ao formigón.
NOS_429
A Galiza rexistrou xa dous nacementos de nenos sans, cuxas nais estaban afectadas polo coronavirus.
Lucas naceu san no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. A súa nai está afectada polo coronavirus, mais el non. Fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas) indicaron que o nacemento tivo lugar o pasado 19 de marzo, cando se practicou unha cesárea á nai tras o seu ingreso no hospital. Nai e fillo continúan no Cunqueiro e evolucionan favorabelmente, aínda que non estiveron en contacto, pois a muller permanece illada debido ao contaxio pola COVID-19 e, poo de agora, só puido ver a súa crianza en fotografías. É o segundo caso dun bebé san ao que deu a luz unha muller co virus na Galiza. O primeiro foi Fabio, un neno nado días antes no mesmo hospital a cuxa nai, que permanece illada, tamén se lle practicou unha cesárea.
NOS_48150
A mesa intersindical de bombeiros considera que hai un problema de "irresponsabilidade" das administracións públicas.
A Mesa Intersindical de bombeiros considera que o acontecido co sinistro de Fandicosta é un exemplo da "irresponsabilidade" das administracións públicas en materia de emerxencias. Acusa a Xunta e as deputacións de manter un sistema fraccionado entre diferentes empresas privadas, sen regulación homoxénea, sen un mando único e sen coordinación entre dispositivos. A esta situación cómpre engadir a do 112, que se atopa, din, "privatizado e precarizado". Sinistros como o de Fandicosta deben ser atendidos "con celeridade, coordinación e suficiencia"; porén, moitas veces acábase por recorrer ao "voluntarismo e sacrificio" por parte dos profesionais das emerxencias. Desde os sindicatos lamentan que as autoridades "non aprendesen lección ningunha» de episodios anteriores nin mostrasen "propósito de emenda" dos seus erros. As autoridades galegas teñen unha visión "mercantilista, miserenta e curtopracista" sobre a atención das emerxencias, afirman as centrais, que dubidan que se poida atender profesionalmente sinistros coma este sen unha regulación concreta nin protocolos. Os sindicatos insisten na necesidade dun estatuto profesional dos bombeiros e en que os operativos de emerxencias conten cun mando único que garanta a coordinación estable. "É demasiado frecuente", din, que haxa sinistros atendidos por parques privados de bombeiros cando hai parques públicos máis próximos ou, incluso, que se lles prohiba actuar aos profesionais dos parques públicos, como foi o caso de Fandicosta, denuncian.
NOS_39422
O Estado español mantén a Galiza nun atraso histórico en materia de infraestruturas. Temos unha rede de estradas e de camiños de ferro que, en xeral, está obsoleta e con prezos non asumíbeis para a maioría das galegas e galegos, quen ademais pagamos as peaxes máis caras. Vexamos se os programas electorais teñen en conta as necesidades de Galiza en infraestruturas e transportes.
A AP9 rexistrou en 2019 un incremento do 3,51% nas peaxes, mentres que a media do Estado español foi dun 1,67%, o que supón un gasto enorme para as persoas usuarias que a diario empregan a autoestrada ao non contar con outras vías alternativas, rápidas e seguras. Así, AUDASA continúa a aumentar os seus beneficios. A demanda histórica da transferencia da AP9 fica pendente de que o Congreso teña a ben debatela, a pesar de ser un acordo unánime do Parlamento galego. Pola contra, estes días ollamos como en cuestión de horas o nacionalismo vasco logrou o traspaso da autoestrada para Euskadi, poñendo en valor os seus representantes na comisión permanente do Congreso, órgano que tamén conta con persoas electas por Galiza, mais que non foron quen de negociar estes avances para o país. O ferrocarril é outro exemplo claro do atraso en infraestruturas. Carecemos de trens de proximidade, elimínanse paradas en vilas do país, os prezos dos billetes aumentan considerabelmente cada ano e aínda fican poboacións enteiras con trazados máis propios do século pasado. O caso de Lugo é paradigmático, xa que carece de conexión directa a Santiago e tárdanse até cinco horas en realizar este traxecto en ferrocarril. De "agravio" cualificou Ana Pontón esta realidade durante un acto de campaña na cidade amurallada, desde onde puxo de relevo que o tren Lugo-Compostela tarda o mesmo que o de París-Londres. O BNG pula por unha autoestrada galega e gratuíta e pola mellora da rede ferroviaria Precisamente a formación dirixida por Ana Pontón leva de novo no programa electoral conseguir o traspaso das competencias en infraestruturas de transporte -camiños de ferro, portos de interese xeral, aeroportos e control de tráfico aéreo-, e en canto á AP9 (Vigo-Ferrol) e a AP53 ( Santiago-Lalín) avoga pola súa nacionalización "para acabar co espolio económico que representan". En relación co atraso dos camiños de ferro na Galiza, o BNG propón "acometer a mellora da rede ferroviaria interior no conxunto do país", especialmente da rede norte de FEVE, así como a realización de conexións ferroviarias inexistentes como a de Lugo-Santiago e realizar os treitos pendentes do Eixo Atlántico de Ferrol-A Coruña e de Vigo-Tui. Outras medidas que defenden son a mellora das infraestruturas viarias para garantir maior seguranza e reducir o número de accidentes. En canto ao AVE, desde o nacionalismo esixen a finalización dos treitos á Galiza, asegurando as dotacións orzamentarias para manter a execución e evitar a paralización. O BNG tamén leva no seu programa o remate de conexións viarias e ferroviarias aos portos exteriores. En Marea ten a prioridade de vertebrar Galiza cunha rede de ferrocarril de proximidade A formación de Villares ten como prioridade impulsar a rede de ferrocarril de proximidade "para a articulación e cohesión territorial e social", vertebrando Galiza con camiños de ferro que comuniquen as poboacións tanto a nivel interior como cara a Portugal. En Marea comprométese a pular para executar a saída sur ferroviaria de Vigo-Porto para prolongar o corredor do eixo atlántico. Avogan tamén pola recuperación do FEVE entre Ribadeo e Ferrol e a conexión ferroviaria dos portos exteriores. En Marea comprométese a pular para executar a saída sur ferroviaria de Vigo-Porto para prolongar o corredor do eixo atlántico En canto a estradas, propoñen un plan integral de recuperación, rehabilitación e reforma daquelas que "presentan tramos en mal estado e falta de mantemento". Esixen ademais, a transferencia e xestión pública da AP-9 Desde a formación avogan pola apertura de novas autoestradas marítimas desde os portos de Vigo, A Coruña e Ferrol, como infraestruturas claves para a creación de corredores marítimos para o transporte intercontinental de mercadorías. En Común-Unidas Podemos defende a transferencia da AP9 e facela pública para rematar coas peaxes abusivas A recuperación para o público da AP-9 e transferir a competencia a Galiza é prioridade tamén para En Común-Unidas Podemos "para rematar coa estafa das peaxes abusivas". Así mesmo, defenden a mellora de estradas de Galiza e a súa seguridade. Avogan tamén desde a coalición electoral por axilizar os proxectos das autovías en construción e cumprir os compromisos adquiridos cos concellos de Galiza en relación á mellora da rede viaria, no que ten a ver coa rehabilitación, articulación e humanización de espazos e construción de accesos, rotondas, enlaces e variantes En Común-Unidas Podemos defenden a mellora de estradas de Galiza e a súa seguridade Apostan pola posta en servizo do sistema de seguridade ERTMS no corredor do eixo atlántico de alta velocidade, así como na totalidade da vía Ourense-Santiago, e defenden a conexión ferroviaria dos portos galegos coas liñas de alta velocidade. Comprométense así no seu programa electoral ao desenvolvemento de infraestruturas ferroviarias que conecten os principais portos galegos (A Coruña, Vigo e Ferrol) coas liñas de alta velocidade integradas nos corredores europeos de mercadorías e a Rede Transeuropea de Transporte. O PSOE anuncia a creación do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana A transición ecolóxica da economía é o nexo sobre o que xiran as propostas de infraestruturas do programa do PSOE, enfocándoas no incentivo do transporte público, a redución da contaminación e o impacto ambiental de estradas, ferrocarrís, infraestruturas portuarias e aeroportuarias. Na próxima lexislatura o Ministerio de Fomento pasará a denominarse Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, segundo anuncia o PSOE no seu programa electoral, e marca coma obxectivos "dar prioridade aos investimentos de trens de proximidade e promover tarifas competitivas no transporte de ferrocarril de media e longa distancia". O PSOE non fai referencia ao prezo das peaxes en autoestradas Propoñen tamén un pacto de Estado en materia de infraestruturas co que queren garantir "o cumprimento dos plans ferroviarios de alta velocidade actualmente en execución" así como asegurar "o investimento en trens de proximidade e outras actuacións relevantes, como o Corredor Mediterráneo ou o Corredor Atlántico". O PSOE non fai referencia ao prezo das peaxes en autoestradas, nin ao carácter público ou privado delas, nin tampouco se pronuncia no seu programa sobre a súa transferencia. O PP tira de clásicos e volve prometer o AVE a Galiza O PP non se pronuncia no programa sobre os prezos abusivos das peaxes nin sobre a transferencia das autoestradas. Esta materia está a atragoárselles, pois Feixoo amosouse varias veces favorábel a conseguir esta competencia para despois facer seguidismo de Pablo Casado co seu anuncio de frear todas as transferencias. O PP tampouco se pronuncia no programa sobre os prezos abusivos das peaxes No programa electoral, levan como prioridade o impulso dun plan de infraestruturas e transportes "co fin de alcanzar os obxectivos de cohesión territorial, dixitalización, competitividade e mobilidade cidadá" e busca "prestar servizos de proximidade, calidade e seguridade". Nesa liña comprométense a desenvolver unha estratexia "para facer da proximidade a forma principal de acceso ás grandes cidades" e anuncian o impulso á Rede de Alta Velocidade asegurando que finalizarán todos os tramos e eixos ferroviarios en construción. Ciudadanos avoga por avaliar todas as obras de infraestruturas para que todo o gasto estea "xustificado" Desde o partido de Rivera afirman que apostarán na mellora das redes de proximidade, o reforzo do corredor atlántico e mediterráneo, e avogan por avaliar todas as obras de infraestruturas para que todo o gasto estea "xustificado". Inclúen ademais medidas para mellorar a seguridade de motoristas e ciclistas. Ningunha referencia fan aos prezos abusivos das peaxes ou as súas concesións, nin ao agravio de transportes que Galiza padece. Ademais, a formación de Rivera tense manifestado xa no Congreso contraria á transferencia da AP9. Compromiso por Galicia pon o foco na mellora da conexión interior Desde a formación galeguista denuncian o agravio que padece Galiza en materia de transportes e culpan os distintitos gobernos do Estado por teren obviado a realidade galega. Anuncian no seu programa que levarán unha reformulación do sistema de infraestruturas e urxen a dotar de conectividade o interior de Galiza, "deixada da man por todos os gobernos de Madrid", afirman. Nesa liña, apostan na conexión de alta capacidade Ourense-Ponferrada e Lugo-Ourense así como pola construción da saída sur do tren no eixo Vigo-Porto, tanto de mercadorías como de persoas pasaxeiras. En ferrocarrís tamén apostan por un sistema de trens de proximidade que conecten o territorio de Galiza.
PRAZA_2979
Veciñanza e profesionais manteñen a protesta e o peche contra a supresión do paridoiro e das urxencias pediátricas e prometen seguir mobilizándose "ata recuperar os servizos". Falamos con traballadores e cidadanía.
O conflito sanitario e político que se lle abriu á Xunta en Verín non ten traza de rematar axiña. Hai agora un mes, facíase efectivo o peche da atención aos partos e das urxencias pediátricas no hospital comarcal e, a un tempo, veciñanza comezaba un peche nas instalacións que aínda continua. "Manteremos as protestas ata que nos devolvan os servizos suprimidos, aguantaremos o que faga falta ata que os recuperemos", advirte Aurora Solas, voceira da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da comarca de Monterrei. "Manteremos as protestas ata que nos devolvan os servizos suprimidos, aguantaremos o que faga falta ata que os recuperemos"Ela é unha das máis habituais nos máis de 30 días dun peche que é unha das formas dunha protesta masiva que encheu varias veces as rúas de Verín, que concentrou milleiros ante o hospital, que velou e enterrou simbolicamente os servizos sanitarios, que chegou ás portas do Parlamento ou que celebrou unhas badaladas alternativas contra un peche que ten boa parte da comarca en pé. "Aquí non recúa ninguén e mesmo hai xente maior que se vai implicando e que nos pide aos novos que sigamos loitando", resume Aurora, confiada en que o Sergas "dará marcha atrás". "De non ser así, non imos quedar cos brazos cruzados", engade. A dimisión do xerente do hospital, Miguel Abad, é para Aurora, pero tamén para persoal do centro, unha decisión que "dá a razón á xente mobilizada". "Marcha porque non está de acordo coas decisións que se tomaron desde o Sergas", insiste, nunha opinión compartida por unha das matronas en Verín. "Que dimitise demostra que as cousas non se fixeron ben e que, se cadra, arrepíntese de non ter apoiado os profesionais cando Sanidade aduciu falta de pericia para xustificar o peche", di esta traballadora. "A xente sabe que se foron desmantelando os servizos, non só os de pediatría, e está disposta a loitar"A matrona, unha das profesionais do hospital de Verín, advirte que o centro "funciona con total normalidade" malia o "baleiro de poder" que sente o persoal desde que o Sergas suprimise a atención aos partos. Ela ten tamén a esperanza de que a Xunta dea marcha atrás, "que se produzan cambios na xerencia e que se decaten de que as cousas non se fan así". "Saben de sobra que había alternativas ao peche pero non quixeron nin contemplalas", di. Ademais, coincide en que a intención da xente mobilizada é a de "non parar ata que se consigan os obxectivos". "Teñen moi claro que manterán o peche e as protestas o tempo que faga falta", engade. Rogelio Viñán, un dos xinecólogos do hospital, está tamén convencido de que a mecha que prendeu en Verín non vai apagar tan fácil, incluso cunha posible volta dos pediatras dos que agora carece o centro. "A xente sabe que se foron desmantelando os servizos, non só os de pediatría, e está disposta a loitar", asegura. Viñán, con anos de experiencia en Verín, aclara que malia a decisión do Sergas, a realidade é que "o paridoiro non está pechado". "O que ocorre é que non hai pediatras, pero mentres haxa xinecólogos, a atención aos partos continúa", insiste quen leva tempo avisando dun problema que é moito máis que dunha decisión e que abrangue "mala xestión" e anos de inacción ante un conflito acentuado "coa implantación das novas áreas sanitarias". "A división feita estaría ben se a dispersión xeográfica non fose máis aló de 50 quilómetros, algo que nin moito menos ocorre na provincia de Ourense", destaca. "A decisión do Sergas deixa sen urxencias pediátricas a 2.200 pequenos da comarca", lembra Rogelio Viñán, un dos xinecólogos do hospital de VerínEste xinecólogo é moi crítico, como todo o equipo de Xinecoloxía e Obstetricia de Verín, cunha decisión do Sergas que, recorda, "deixa 2.200 pequenos da comarca sen urxencias pediátricas" mentres no CHUO de Ourense "traballan 23 pediatras". Asegura, no entanto, que a mobilización "aínda non conseguiu nada" porque o Sergas "segue aferrado a unhas directrices científicas que non son reais", en referencia ao documento aludido pola Xunta que advirte da necesidade de 600 partos anuais para xustificar a apertura da atención aos partos nun hospital, cifra que non cumpre ningún comarcal en Galicia e á que nunca chegou Monterrei e que non é aplicable, como o propio documento indica, no caso de que as distancias sexan importantes. As matronas do hospital de Verín, de feito, pediron á dirección que lles facilitasen por escrito eses "informes taxativos" que recomendarían pechar o paridoiro. "Pero nunca o fixeron porque saben que non son válidos", indica unha das traballadoras, a mesma que asegura que o Sergas "tería ben doado comprobar a calidade dos partos no centro, accedendo aos informes técnicos e informatizados que así o certifican". "Saben que non deberían telo pechado", insiste. "A crise interna no PP e a posible perda de votos vai influír porque, de seguir así, será unha sangría para os populares"Ela, Aurora Solas ou Rogelio Viñán coinciden en que a "presión" que a cidadanía faga será fundamental para recuperar o paridoiro e as urxencias pediátricas e para "deter o desmantelamento do hospital". Tamén saben que, por desgraza, as consecuencias electorais da revolta verinense son tamén claves. "A crise interna no PP e a posible perda de votos vai influír porque, de seguir así, será unha sangría para os populares. Se os recortes en Verín se consolidan, as zonas do resto de hospitais comarcais vanlle ver as orellas ao lobo e a xente non é parva... Estamos falando de un millón de persoas", explica un profesional médico do hospital, convencido de que acabarán por ser as posibles facturas electorais as que "fagan recuar" a Feijóo. De non ser así, Aurora Solas advirte de que será difícil deter a indignación. "Quero pensar que haberá marcha atrás porque a cidadanía non está disposta a perder máis servizos dos que xa perdemos nos últimos anos", sentencia.
PRAZA_4801
Un grupo de persoas está a organizar, en réxime de convocatoria aberta, unha homenaxe a José Castro Veiga, O Piloto, o derradeiro dos guerrilleiros antifranquistas, asasinado pola Garda Civil en 1965. Celebrarase o 15 de marzo no cemiterio de San Fiz de Asma (Chantada).
O 10 de marzo de 1965 José Castro Veiga, O Piloto, era asasinado pola Garda Civil preto do encoro de Belesar mentres descansaba e comía algo sentado nunha pena. Era o derradeiro guerrilleiro antifranquista que resistía no monte, finado oito anos despois da morte de Facerías e cinco dende que caera Quiquo Sabater. Tiña 50 anos e pasara os últimos vinte fuxido, mantendo a loita contra a ditadura, moitos anos despois de que as guerrillas fosen disoltas oficialmente e cando a actividade de todos os demais guerrilleiros xa cesara. Como destacou Carlos G. Reigosa no seu Fuxidos de sona, nese momento O Piloto máis ca un guerrilleiro debía considerarse "un home que agardaba". Como destacou Carlos G. Reigosa no seu Fuxidos de sona, nese momento O Piloto máis ca un guerrilleiro debía considerarse "un home que agardaba" Foi soterrado no cemiterio de San Fiz de Asma (Chantada), pero non foi até 1986, cando foi homenaxeado, que puido ter unha lápida e unha placa que lembraba o seu nome e a súa actividade. Aquel día, o 9 de marzo de 1986, un grupo de amigos xuntáronse alí para recordalo, vellos compañeiros do Partido Comunista e da Guerrilla, entre eles Camilo de Dios. Estaba tamén a súa inseparable compañeira Ramona Mirella Curto e mesmo Enriqueta Otero, que durante anos foi tamén guerrilleira. "Debe ser un acto no que participen e ao que acudan todas aquelas persoas que o desexen, independentemente da súa militancia política e da súa condición ideolóxica" Algúns dos organizadores desa primeira homenaxe están a preparar un acto semellante, que se celebrará no mesmo lugar o vindeiro 15 de marzo. Fano "en réxime de convocatoria aberta", á que se poden sumar todas as persoas que queiran "para que siga viva a súa memoria e a de todos aqueles que loitaron e morreron polas liberdades". "Debe ser un acto no que participen e ao que acudan todas aquelas persoas que o desexen, independentemente da súa militancia política e da súa condición ideolóxica" -destacan- "todos os que queiran terán tempo para falar, para cantar, recitar e, mesmo, para chorar. Só quedarán mal vistos aqueles que vaian con arelas de acaparar protagonismo político. Será un acto aberto, cooperativo, sincero, sinxelo e de axuda á recuperación da memoria da Guerrilla e dos guerrilleiros", do que nas vindeiras semanas se coñecerán máis detalles e os seus participantes. Por exemplo, os seus organizadores están pendentes de que a saúde de Camilo de Dios lle permita acudir. Todas persoas que queiran participar deben apuntarse no correo electrónico paralembranza.piloto@gmail.com. 20 anos no monte O grupo liderado polo Piloto actuaba principalmente nunha ampla zona entre Castroverde, O Corgo e Sobrado chegando até Asturias e León, pola comarca dos Ancares José Luís Castro Veiga naceu no Corgo o 11 de febreiro de 1915 e aos 16 anos ingresou como voluntario na Aviación militar española (de aí o seu alcume) chegando ao grao de Cabo. Cando comezou a Guerra Civil, desertou do bando nacional para loitar no republicano. Capturado en Madrid en 1939, foi condenado a 30 anos de cadea, pero foi indultado tras cumprir catro, en 1943. En 1945 regresa a Galicia e pasa á clandestinidade como militante do PCE, entrando en contacto cos guerrilleiros e botándose ao monte no verán dese ano. As guerrillas mantiveron unha intensa actividade nos anos seguintes, até comezos dos anos cincuenta. O grupo liderado polo Piloto actuaba principalmente nunha ampla zona entre Castroverde, O Corgo e Sobrado chegando até Asturias e León, pola comarca dos Ancares. O 27 de maio de 1954, nun duro enfrontamento, perdeu a meirande parte dos seus homes na zona de Paradela. Dende entón, até a súa morte, permaneceu oculto, realizando de cando en cando golpes económicos (atracos), xustificando sempre políticamente estes roubos, afirmando que actuaba en nome da autoridade republicana. Puido resistir, así mesmo, grazas á colaboración de amigos e de numerosos veciños destas comarcas, que lle ofrecían refuxios seguros que tiña que cambiar continuamente, para evitar ser descuberto. A construción do encoro do Peares acabou con algúns dos seus refuxios habituais, por exemplo os situados na aldea chantadina de Sernande. Dende 1954 e até a súa morte permaneceu oculto, realizando de cando en cando golpes económicos (atracos), xustificando sempre políticamente estes roubos, afirmando que actuaba en nome da autoridade republicana O 10 de marzo de 1965 O Piloto entrou a roubar na casa dun empresario gandeiro da parroquia de Rebordaos (O Saviñao). Ao igual que noutras ocasións, fíxoo "en nome da República". Porén, o fillo do propietario seguiu a José Luís Castro Veiga até o monte e chamou a Garda Civil, informando da situación do fuxido. O Piloto recibiu un disparo mentres estaba comendo, algunhas fontes din que na cabeza, outras que na barriga. A prensa da época publicou informacións breves sobre o sucedido, destacando que as autoridades acabaran coa vida dun "forajido tristemente famoso, célebre asesino y responsable de una partida de malhechores", obviando a súa condición de loitador antifranquista. Do Piloto cóntanse moitas anécdotas e historias, algunhas difíciles de verificar, pero polo xeral destácase a súa firmeza de carácter e a súa dureza no combate. Tamén a súa astucia e intelixencia, que lle permitiron soportar case en solitario unha persecución de 15 anos. Dise, por exemplo, que nunha ocasión, nas festas da parroquia de Diomondi (O Saviñao), fíxose pasar por vendedor de xamóns e mesmo convidou a unha ronda á xente do lugar e tamén a un grupo de gardas civís. Non foi recoñecido por ninguén.
NOS_43488
Entre esas medias figura a "necesidade de restrinxir a mobilidade na Galiza". "É necesario blindar Galiza. Está demostrado que é unha medida eficaz para conter a expansión do virus", salientou Ana Pontón.
"Ante a crise do coronavirus é importante dar unha mensaxe de unidade", afirmou a portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, após a reunión mantida esta segunda feira co presidente da Xunta e as líderes da oposición na Galiza. O BNG presentou ao Goberno galego un plan con "40 medidas" ante a crise do coronavirus. Entre esas medias figura a "necesidade de restrinxir a mobilidade na Galiza". "É necesario blindar Galiza. Está demostrado que é unha medida eficaz para conter a expansión do virus e toma máis forza coa decisión de pechar fronteiras do Goberno do Estado. Igual de preocupante é que poida vir un francés que alguén de Madrid", aseverou Pontón. Contar cun equipamento suficiente para atender os posíbeis casos de COVID-19, ampliar a dotación das liñas telefónicas, agora saturadas, ou mesmo poñer medidas como unha aplicación do 061 para atender a toda a poboación tamén son cuestións que figuran na proposta das nacionalistas. "Preocúpanos que haxa galegas con síntomas que non poden ter acceso á atención", destacou a líder do BNG, que tamén se referiu á necesidade de que haxa un "mando único" nos servizos sociais dos concellos para coordinarse e a que é preciso "garantir" o acceso a comedores das crianzas que tiñan este servizo até o de agora garantido pola Administración. Así mesmo, Pontón apuntou que hai situacións de violencia machista que se poden incrementar e pediu "reforzar os sistemas" para facer fronte ao confinamento. Todas son medidas para "paliar as consecuencias económicas e sociais desta crise" que, segundo manifestou, "é grave que non se teñan adoptado xa antes". Como as compensacións para persoas que sofran ERTES ou que se eliminen as cotas para autónomas incapaces de prestar a súa actividade durante un mínimo de tres meses, e cuestións como a condonación de tres meses da hipoteca, do aluguer das vivendas e dos recibos de servizos básicos como auga, luz e lixo. Ademais, o BNG reclama "crear un fondo de continxencia económico" e "poñer en cuestión os obxectivos de déficit". A respecto das eleccións do 5 de abril, Pontón é clara: "Non se dan as garantías para un proceso democrático". Neste sentido, a nacionalista sinalou que a xuntanza cos partidos galegos foi "moi positiva" e que hai consenso en adiar os comicios. "O lóxico é aprazalas", asegurou, "deixar o procedemento en suspenso e retomalo cando volva a normalidade. A forma de poder levar adiante isto ten que ser por consenso, estamos ante unha situación inédita". Eleccións Ana Pontón explicou que á súa formación lle val "que cando remate o estado de alarma se dea un tempo para retomar o proceso" electoral e que as nacionalistas non precisan unha data concreta senón "orientativa", ao contrario do PSdeG, que propoñía o 27 de setembro. "É necesario ter unha certeza en canto ao horizonte no que nos imos mover. Ter algún criterio no que quede claro como imos proceder", afirmou. Desta maneira Pontón se referiu tamén ao funcionamento do propio Parlamento da Galiza, no que agora mesmo o único órgano é a Deputación Permanente, "limitada no seu mecanismo de control a unha maioría parlamentar". "Todos entendemos que ten que estar en funcionamento o Parlamento. O poder lexislativo non pode estar a medio gas, como impuxo a convocatoria electoral", explicou, para engadir que "non pode estar en mans do PP o control do Executivo nunha función chave". Sobre a actividade mínima e os mecanismos de funcionamento da Deputación Permanente volverán falar esta terza feira todos os grupos políticos con representación na Cámara galega. Pontón deixou claro que é fundamental "exercer o control ao Goberno" e que "a sociedade necesita ver o Parlamento funcionando". Así mesmo, a nacionalista trasladou que "había boa disposición en todos os grupos" sobre este punto.
NOS_9499
A Asociación Galega de Editores fixo públicas as candidaturas as diversas seccións dos Premios Ánxel Casal da Edición en galego que convoca anualmente. Berta Dávila, Manuel Gago e Neira Vilas optan nesta edición a se converter no autor ou autora do ano.
Con Raíz de Fenda e O derradeiro libro de Emma Olsen, a escritora Berta Dávila deu un salto no panorama literario para pasar a ser converter nun dos nomes máis relevantes do pasado ano editorial, e froito da boa acollida dos seus novos libros é agora unha das candidatas á AGE á mellor autora do ano, candidatura que comparte coa opción a mellor obra de ficción por unha novela que xa fora galardoada co premio Repsol. De dupla candidatura goza tamén Manuel Gago, que ten opcións a mellor autor e tamén a mellor libro educativo polo seu Vento e chuvia, publicado con ilustracións de Manel Cráneo. Canda eles, un clásico e un dos autores máis prolíficos das nosas letras, Xosé Neira Vilas poderá ser escollido como mellor autor do ano. Tres proxectos máis teñen dupla candidatura nestes premios creados para homenaxear e valorar o traballo do sector editorial. Tastarabás. Enciclopedia de Brinquedos tradicionais, obra de Antón Cortizas publicada por Xerais ten opcións como non ficción e iniciativas editoriais mentres o Proxecto CoraSons, liderado por Uxía e publicado por Kalandraka compite nas mesmas categorías. Pola súa banda, Pan de Millo, de Migallas editado tamén por Kalandraka pode ser o elixido como mellor libro ilustrado e mellor infantil e xuvenil. Despois de que o propio sector editorial escollera as distintas candidaturas, será un xurado quen elixa os nomes premiados en cada categoría. A entrega dos Premios da Edición, convocados pola AGE presidida por Manuel Bragado, terá lugar no Liceo de Betanzos o próximo 21 de marzo. Son finalistas da AGE nas distintas categorías: Premio Ánxel Casal ao Libro de Ficción 2013: Acordes Náufragos de Antón Riveiro Coello; O derradeiro libro de Emma Olsen de Berta Dávila; O corazón de Branca de Neve, de Francisco Castro, editados por Galaxia; O elefante branco de Xesús Fraga editado por Tambre e A Memoria da Choiva de Pedro Feijóo e Matarte lentamente de Diego Ameixeiras editados por Xerais. Premio Ánxel Casal ao Libro de Poesía ou Teatro 2013: Sobre Ruínas de Xesús Rábade Paredes, editado por Alvarellos; Espiral de Sombras de Xabier Seoane, de Kalandraka e Caderno do Nilo de Cesáreo Sánchez Iglesias, de Xerais. Premio Ánxel Casal ao Libro de Non Ficción 2013: Cantares Gallegos, hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro de María Pilar García Negro, de Alvarellos; Corasons do Colectivo Corasons, editado por Kalandraka; Historia da Música en Galicia de Lorena López Cobas, editado por Ouvirmos e Tastarabás. Enciclopedia de Brinquedos Tradicionais de Antón Cortizas, editado por Xerais. Premio Lois Tobío á Tradución 2013: Ulises, traducido por María Alonso, Eva Almazán, Xabier Queipo e Antón Vialle, editado por Galaxia; Un ianqui na corte do rei Artur, traducido por Carlos Acevedo, editado por Kalandraka; Tonino, traducido por Yolanda Castaño, editado por OQO; A arte da Guerra de Sun Zi, traducido por Xulio Ríos e editado por Teófilo Edicións; Eneida, traducido por Xoán Fuentes Castro, editado por Toxosoutos e Astérix e os pictos, traducido por Xabier Senín e Isabel Soto, editado por Xerais. Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado 2013 : Nicomedes o Pelado ilustrado por David Pintor e Pan de Millo ilustrado por Dani Padrón, editados por Kalandraka; Oliver Twist ilustrado por Daniela Volpari, editado por Baía. Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2013 : As dúas casas de Alicia de Christelle Vallat, traducido por Marica Campo, e O galo Ernesto de Mondaporta, editados por Baía; A Pantasma da Casa da Matanza de Miro Villar, editado por Biblos; Xogos Musicais de Luís Pregos e Marta Iglesias e Tambo de Laura García Ferro e Victor Castro Martínez, de Cumio; O Carnaval dos animais de José Antonio Abab e Joao Vaz de Carbalho e Pan de Millo de Migallas e Dani Padrón, editados por Kalandraka; Montañas na Cama de Maricuela, editado por OQO; O elefante branco de Xesús Fraga, editado por Tambre; Bágoa de Lúa de Sabela González, editado por Galaxia e Un rato díxolle á Lúa de Antonio García Teijeiro, editado por Xerais. Premio Xosefa Iglesias Vilarelle ao Libro Educativo 2013 : Historia dos bonobos con gafas de Adela Turín e Nella Bosnia, editado por Kalandraka; Historia da literatura galega dos orixes a 1853 de Xosé Ramón Pena Sánchez e Vento e Chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia de Manolo Gago, editados por Xerais. Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial 2013: Recursos educativas da Aula Virtual Baía da editorial Baía; Tastarabás. Enciclopedia de Brinquedos tradicionais de Xerais; o Proxecto Corasons de Kalandraka e a serie de animación "Cocorico" de OQO. Premio Xosé María Álvarez Blazquez ao autor/autora ou colectivo de autores en lingua Galega 2013: Berta Dávila, Manuel Gago e Xosé Neira Vilas.
PRAZA_11415
O bloque progresista nunca alcanzara os 13 escanos nuns comicios estatais, como si fixo neste 10N, no que mantivo a súa distancia co espazo conservador en case 10 puntos.
Nunca a esquerda sacara tres escanos de vantaxe á dereita en Galicia nunhas eleccións xerais. A distancia entre bloques mantense no país malia a baixada na participación, que afectou especialmente o ámbito progresista. O PP recuperou o primeiro posto pero ve como a suma dos seus sufraxios cos de Vox e Ciudadanos está aínda uns dez puntos por detrás da que xuntan PSdeG, En Común-Podemos, BNG e Más País. A esquerda nunca alcanzara os 13 escanos nunhas eleccións xerais; neste 10N, o bloque progresista alcanzou a súa maior vantaxe coa dereita: 9,54 puntosPorque nunca a esquerda alcanzara os 13 escanos nuns comicios ao Congreso dos Deputados. Fíxoo este 10N ao apañar o BNG un dos dous que perdeu Ciudadanos. De feito, tan só en tres ocasións máis o bloque progresista superou a dereita nas xerais. O pasado 28 de abril, cun escano menos, PSOE, En Común, Bloque e En Marea alcanzaran o 53,4% dos sufraxios, 9,49 puntos máis que a suma dos populares, a formación laranxa e a extrema dereita. Desta vez, a esquerda alcanza o 53,6% e está 9,54 puntos por riba. É a maior vantaxe sobre a dereita nuns comicios estatais e, xa que logo, desde 1977, desde as primeiras eleccións democráticas ao Congreso tras a ditadura franquista. A distancia só é comparable aos máis de oito puntos de diferenza que a esquerda alcanzara en 2008 na última vitoria de Zapatero. Xa en 2011, co triunfo de Rajoy, a dereita superara en máis de dez puntos e en sete escanos o bloque progresista en Galicia. En oito anos, a esquerda recupera 20 puntos á suma dos conservadores e a poucos meses das eleccións autonómicas. Pero ese é outro conto. En 2011, a dereita superara a esquerda en máis de dez puntos e sete escanosPolo momento, a esquerda é moi maioritaria nunhas xerais, onde a dereita, aló por finais dos 70 e principios dos 80, chegouna a superar en entre 44 e 20 puntos e ata en 21 escanos. A división que sempre prexudicou o bloque progresista tamén afecta agora os conservadores, que asisten á irrupción dunha ultradereita cada vez máis forte, pisándolle os pés ou pasando por riba dos que pactaron con ela. De feito, a vantaxe da esquerda é aínda maior de ter en conta o apoio da representación galega no Congreso por bloques. Así, os 10 escanos obtidos polo PP representan o 31,94% dos votos, fronte ao 52% dos 13 escanos de PSdeG, En Común e BNG. Son máis de 20 puntos, moitos máis que os que separaban os 11 escanos populares e de Ciudadanos dos 12 de socialistas e de Podemos nos comicios do 28A. Mudaron moito as cousas desde o empate técnico de 2015 entre os bloques con representación e moitísimo máis aínda desde 2011, cando os populares superaron en case 14 puntos ao espazo da esquerda. Neste 10N, a suma da esquerda caeu en máis de 90.000 votos, mentres que a dereita perdeu uns 74.000. Malia iso, a distancia entre ambos bloques é de 140.000 votos, algo menos que a que había o pasado 28A, cando quedou en 156.000. Esa ampla vantaxe do bloque progresista en Galicia adoita racharse nas eleccións autonómicas, aínda que a diferenza é escasa. Nos últimos comicios ao Parlamento galego, en 2016, a suma de PP e Ciudadanos –que non acadou representación– superou o 50% dos votos, mentres que PSdeG, En Marea e BNG acadaron pouco máis do 45%. A distancia foi aínda menor nos comicios de 2012, coa suma de populares e UpyD no 47,2% fronte ao 44,7 da esquerda. En 2009, na primeira vitoria de Feijóo, o resultado foi practicamente un empate, aínda que o sistema electoral acabou por darlle a vitoria ao actual presidente da Xunta. Daquela, a suma de populares e UPyD sumou o 48% dos votos, a mesma porcentaxe que socialistas, Bloque e EU. En menos dun ano, a cidadanía galega estará chamada ás urnas. No fondo, e como clave, a conformación ou non dun goberno progresista no Estado. De ser así, o espazo da esquerda en Galicia ve aumentadas as súas posibilidades para o obxectivo común de desaloxar a Feijóo do poder e conformar unha alternativa. De fracasar, todo estará aínda más no aire.
PRAZA_4627
Armando Requeixo comenta a publicación por Toxosoutos do volume compilatorio Coa lingua na Terra, que parte dos artigos periodísticos cos que Heitor Picallo Fuentes se fixo merecedor do Premio Reimóndez Portela
Cheguei ao coñecemento de Héitor Picallo Fuentes primeiramente polo seu labor pictórico. Souben das súas ilustracións para os medios, dos retratos de escritores e persoeiros, mesmo das caricaturas na Rede, mais non foi ata un tempo despois que descubrín a solidez e continuidade da súa dedicación á escrita, da que vagamente se tiña unha nebulosa noticia por algún artigo xornalístico illado. A primeira sospeita de que andaba eu nun problema de paralaxe tívena cando dei con el gañando o Premio Reimóndez Portela de Xornalismo por unha moi interesante serie de artigos. Confirmei esa sospeita, tempo despois, ao ir facéndome cos exemplares da serie Tirilín de Fervenza Editorial e desfixen esta ignorancia agora, cando vexo por xunto a súa produción de anos no volume compilatorio Coa lingua na Terra, que publica a Editorial Toxosoutos cun longo limiar do historiador Xosé María Lema Suárez e un non menos extenso epílogo do escritor David Otero. A primeira sospeita de que andaba en nun problema de paralaxe tívena cando dei con el gañando o Premio Reimóndez Portela de Xornalismo por unha moi interesante serie de artigos Coa lingua na Terra ten unha estrutura sextipartita, na que van agrupándose distintos textos que, dunha ou doutra maneira, converxen no denominador común da identidade polo idioma, na defensa e ilustración da fala e, por extensión, da cultura e a comunidade nosas. O primeiro dos bloques nos que a obra se divide vincula, precisamente, os artigos periodísticos cos que Picallo Fuentes se fixo merecedor do Premio Reimóndez Portela, escritos que figuran antecedidos pola acta da resolución do certame e notas de adhesión entusiasta de Xosé Lois García, Xosé Vázquez Pintor e outros. Seguen logo os artigos nos que denuncia a desaparición de medios en galego, afirma a dignidade do idioma e o seu valor secular e remata coa reprodución do discurso de recepción do premio, intenso e denunciatorio no político contra un goberno que desatende as súas obrigas estatutarias coa lingua propia das galegas e galegos. Tras estas seccións figura unha terceira que, baixo o título "Verbas con alento", integra laudatios a personaxes públicos que se significaron no emprego do idioma (o bispo ourensán Xosé Leonardo Lemos Montanet ou o ciclista Ezequiel Mosquera), fanse chamadas de atención para normalizar o emprego desta en eidos como o da curia e mesmo aparecen prosas a amigos idos, como Avelino Abuín de Tembra, ou saúdas aos cultivadores do galego exterior no seu ingreso como correspondentes na RAG. "Illas de palabras sobre un mar de terra" pon por xunto, sobre todo, breves comentos de obras literarias de creadores amigos, tal Anxos Sumai, David Otero, Miro Villar ou Xosé Fernández Abella, aos que suma artigos nos que se congratula polo nonaxésimo aniversario que foi de Avelino Pousa Antelo ou a presenza do galego en Flandres e Bruxelas xunto á lembranza, agradecida, polos que Picallo Fuentes admiraba —por un ou outro motivo— e se foron, como acontece co xornalista Ceferino Díaz, o escritor Lêdo Ivo ou o sociólogo Gonzalo Bouza-Brey. O penúltimo dos apartados, "A palabra no vento: manifestos", componse de apenas dous discursos, un deles pronunciado no Courel con motivo da dedicatoria do Día das Letras Galegas do 2010 a Novoneyra e nel centrado e outro un alegado en defensa de Isaac Díaz Pardo cando este sufrira o desprazamento na dirección do Grupo Sargadelos e se producira o "adeus ao Instituto Galego de Información". O remate do libro constitúeno dous relatos breves cos que Picallo Fuentes quere achegar a problemática realidade do lingüístico a mozos e maiores a través dunha ficción O remate do libro constitúeno dous relatos breves cos que Picallo Fuentes quere achegar a problemática realidade do lingüístico a mozos e maiores a través dunha ficción ás veces de pegada autobiográfica e outras declaradamente fantástica e aínda fabulística, onde aboia decote o pouso do didactismo non sempre ben casado coas virtudes dunha prosa que talvez non precisaba de tanto alento pedagóxico. Coa lingua na Terra conta tamén co atractivo das ilustracións que o propio autor foi dispoñendo ao longo do volume, retratos de escritores amigos e autores admirados que engaden valor a unha obra xa de por si meritoria, por canto non se limita a recoller textos que permanecían espallados nos medios (Diario de Arousa, Diario de Pontevedra ou a plataforma en Rede Prolingua), senón tamén outros inéditos que ven luz aquí agora para completar unha panorámica ensaística lúcida e inequívoca no compromiso coa bandeira da lingua, que é tanto como dicir coa aposta firme polo seu pobo.
NOS_48548
O galeguismo republicano viuse na obriga de furar naqueles concursos para visibilizar o seu ideario ou mesmo regatear as prohibicións de facer política en tempos de ditadura. Un tema que debullamos nunha reportaxe no Sermos Galiza, semanario que se publica os sábados canda Nós Diario.
Houbo un tempo no que eventos que hoxe consideramos fóra de lugar, demodé, abertamente machistas e sen ningún interese social, crearon tendencia na sociedade burguesa da súa época, tanto que mesmo o galeguismo republicano se viu obrigado a furar neles na procura de visibilizar o seu aínda minoritario pensamento, ou mesmo para choutar por riba dos impedimentos legais para faceren política en tempos de ditadura. Dous casos, o de Emilia Docet e o de Francisca Goday, son ben ilustrativos. Deles fálannos Patricia Arias e Antón Mascato en 'Emilia Docet e Francisca Goday, tempos de miss política'. En 1929 organizouse o primeiro certame de beleza español que, a imitación do celebrado oito anos antes en Atlantic City, procuraba o nomeamento dunha dona que representase un modelo nacional de beleza. Comezaba deste modo a procura dunha Señorita España ou Miss España. Catro anos despois, a comezos de 1933, convócase por primeira vez na Galiza o certame de Miss Galicia. A gañadora será Emilia Docet Ríos, unha moza viguesa, de boa familia, deportista avezada, estudante de comercio. Intelixente e culta. En poucas semanas Emilia Docet convértese en Miss España. Ao acto onde é nomeada acode cunha insignia do Partido Galeguista ben visíbel no peito. En 1934, no 1 de maio, Día Internacional da Clase Traballadora, celébrase na Cada do Pobo a escolla de Miss Obrera 1934, que recaeu en Paquita Goday Caamaño. Paquita Goday, a moza premiada, era como Emilia Docet, unha muller non só fermosa senón intelixente e comprometida. Durante anos, gardou con orgullo e certa responsabilidade social os galanos do escrito lido naquela xornada e a fermosa banda azul celeste bordada con fío dourado de Miss que lle impuxeron. Fíxoo até que a sublevación militar a encheu de medo e decidiu agochalos en lugar seguro. A reportaxe completa podes lela no Sermos Galiza que este sábados e publica co Nós Diario.
NOS_24240
Representa o 18,6 por cento do Produto interior bruto (PIB) de Galiza.
A débeda pública de Galiza segue a subir, un 0,77% máis no terceiro trimestre, e xa é de 10.289 millóns de euros, o que supón que 'come' o 18,6% do PIB, o produto interior bruto, do noso país. Desde o terceiro trimestre de 2014 até ese mesmo periodo deste ano o aumento da débeda pública foi do 4,82%. As empresas públicas non incluídas no sector das administracións públicas en Galiza rexistran unha débeda de 34 millóns de euros, representando o 0,1% do PIB. A débeda pública de Galiza bate récords baixo o mandato de Núñez Feijóo: un aumento do 110% a respeito da débeda pública galega que había en 2009, ano no que o PP retornou á Xunta, e que era de 4.859 millóns. Unha débeda que entón supuña o 8,6% do PIB galego, 10 pontos menos que o que representa na actualidade. O 2014 xa se despediu deixando unha débeda pública galega a niveis de récord, 9.961 millóns de euros (18% do Produto interior bruto), mais esa cifra foi superada xa no 2015 en curso. Cada galego soporta 3.733 euros por débeda autonómica (cifra que se dispara a máis de 9.000 de se lle sumar outros pasivos: do estado, concellos...). Antes da chegada de Núñez Feijóo, esa débeda autonómica per cápita que agora é de 3.733 euros era de 1.756 euros. Dous mil euros menos.
NOS_8883
Susana López Abella asegura que o decreto aínda está en proceso de tramitación e sinala que mantivo reunións cos cadros de persoal malia que as traballadoras denuncian que as súas demandas foron "deturpadas".
Esta quinta feira (28 de abril) a deputada do BNG, Carme Adán, trasladou á comisión 5ª de Sanidade o malestar amosado polas traballadoras dos Centros de Información ás Mulleres (CIM) a respeito do proxecto de decreto polo que a Xunta prevé introducir mudanzas no seu funcionamento. Como xa avanzou Sermos Galiza entre outras cuestións o rascuño presentado polo goberno sinala como novas competencias que deberán ser asumidas por estes espazos municipais creados en 2004, a atención a persoas LGTBi de acordo co fixado na Lei 2/2014 pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais na Galiza. Este feito foi criticado desde os cadros de persoal que veñen de se constituír recentemente en asociación pola sobre-carga de traballo que isto suporá para uns servizos que en moitos casos contan cun número de persoas á fronte mínimo. Adán preguntou polo persoal, orzamento e formación que se destinará aos CIM Neste senso, a deputada do Bloque, Carme Adán, preguntou á secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, "que persoal, que orzamentos e que formación" visan fornecer aos CIM para que asuman estas novas funcións. Desde a Xunta a responsábel de Igualdade sinalou que se trata dun servizo "municipal" e que o decreto deseñado polo goberno está aínda en proceso de tramitación polo que non prevé que se produzan novas contratacións. Os CIM, dixo, "é un recurso moi acaído" para prestar atención ás persoas LGTBi porque contan con "persoal altamente cualificado" en materia de Psicoloxía e apoio xurídico. Asemade sinalou que nalgúns destes centros, como o de Compostela, xa se está a traballar neste eido. Tampouco se prevé a ampliación da dotación orzamentaria coa que se financian, através da convocatoria dunha subvención, os CIM toda vez que a Vicepresidencia da Xunta, explicou, despregará unha liña específica para achegar recursos económicos "aos colectivos e organizacións LGTBi para visibilizar a súa discriminación". "Desde fóra semella que están a facer política de espasmos", dixo a deputada do Bloque "Sabe que é o que parece visto desde fóra?", sinalou a deputada nacionalista, que están a "facer política de espasmos" após "dous anos" da aprobación da Lei 2/2014. Para Carme Adán está foi considerada "a forma máis sinxela" para "desenvolver" a lexislación mais "non hai planificación", criticou ao considerar que se están a tratar as persoas LGTBi como "un engadido" dos CIM. Destarte, insistiu en que a Secretaría Xeral de Igualdade mude o nome das propias entidades para, se finalmente deben asumir esta nova tarefa, se adapten á diversidade de xénero que tratarán. Porén, López Abella retrucoulle asegurando que ten "unha teima" con "cambiar o nome das cousas" mentres o executivo está preocupado pola "atención". Con posterioridade e através das redes sociais Adán respondeu á responsábel de Igualdade, "o que non se nomea non existe".
PRAZA_6183
Un edil popular de Pontedeume sobe ao torreón dos Andrade para retirar el mesmo unha bandeira de Palestina que fora colocada horas antes logo dunha manifestación de apoio a Gaza.
O pasado sábado, unha concentración en apoio ao pobo palestino ante o ataque que está a sufrir Gaza por parte do exército de Israel, rematou en polémica en Pontedeume. Logo desta manifestación de apoio aos habitantes da Franxa, un veciño decidiu pendurar do torreón dos Andrade unha bandeira de Palestina. Pero ese xesto simbólico debeu molestar moito no Concello de Pontedeume e, máis concretamente, a un dos seus concelleiros do PP. Un concelleiro do PP subiu ao torreón dos Andrade para retirar unha bandeira palestina Javier Crespo, edil popular no municipio, tardou poucas horas en dirixirse á Torre de Andrade acompañado de dous policías para, entre os tres, subir á fortificación e retirar do alto do monumento a bandeira palestina. Varios veciños foron testemuñas do feito, que lle foi recriminado ao concelleiro do PP, ao considerar varios dos concentrados que a súa inmediata decisión "amosa moi pouca sensibilidade nunha semana na que se acadou xa a cifra de 500 asasinados". Denuncian tamén algúns veciños a rapidez que desde o Concello se deron en retirar unha bandeira palestina, ao tempo que outras urxencias non son atendidas tan axiña na vila. Ademais, lembran tamén que a bandeira española que se adoita colocar o 12 de outubro na mesma Torre dos Andrade ondea durante días no monumento por decisión do propio goberno municipal.
NOS_38819
O primeiro será a Supercopa o vindeiro 26 de marzo
Menos dun ano despois da creación da Federación Galega de Deportes Autóctonos (FGDA), a billarda e a chave dan un paso máis no labor de recuperación destas históricas modalidades deportivas logo de asinar un convenio coa Televisión da Galiza. Este traducirase en que durante as próximas catro tempadas a TVG retransmitirá tres eventos anuais de dúas horas de duración cada un deles, tal e como confirmaron fontes federativas a Nos Diario. As probas que emitirá a Televisión Galega non corresponderán a ningunha das conferencias que conforman a Liga Nacional de Billarda, senón que serán creadas ex profeso e adaptadas a un formato televisivo que se distribuirá equitativamente entre chave e billarda. A primeira das mesmas será a Supercopa, que se desenvolverá de 17 a 19 horas do sábado 26 de marzo na cidade da Coruña, e máis concretamente na pista de chave e no Campo Municipal de Fútbol Víctor Fernández Alonso -antiga Leyma-, sede da Federación Galega de Deportes Autóctonos. No caso de que as condicións climatolóxicas non sexan favorábeis e a choiva faga acto de presenza, o evento desprazarase até o polideportivo do Ventorrillo. Desde a entidade federativa, ademais de expresar o seu agradecemento ao Concello da Coruña pola cesión das instalacións, desexan facer un chamamento a todas as persoas que poidan estar interesadas a que, ou ben sintonicen a Televisión da Galiza ou, se poden, asistan como público a esta pioneira Supercopa como forma de demostrar o seu apoio. "Somos unha disciplina histórica que chegara a desaparecer, pero que desde a súa recuperación a comezos do século XXI non para de medrar e hoxe conta con máis de 600 licenzas e 40 clubs distribuídos por todos os recunchos do país", din.
PRAZA_6246
O festival de Viveiro pechou unha edición que será lembrada tanto pola súa calidade e eclecticismo musical como pola sentida homenaxe a Melchor Roel, ex alcalde da vila e un dos principais impulsores do evento.
O Resurrection Fest pechou unha nova edición chea de grandes iconas da música, máis de 40.000 seguidores e seguidoras e un ambiente inmellorable que desafiou mesmo a choiva. O cansazo tras dous días de música non afectou a un público que volveu gozar da mellor oferta de metal e hardcore-punk da Península Ibérica. O festival de Viveiro pechou así unha edición que será lembrada tanto pola súa calidade e eclecticismo musical como pola sentida homenaxe a Melchor Roel, ex alcalde da vila e un dos principais impulsores do evento. O festival de Viveiro pechou así unha edición que será lembrada tanto pola súa calidade e eclecticismo musical como pola sentida homenaxe a Melchor Roel, ex alcalde da vila e un dos principais impulsores do evento O venres, despois de soar a que era a súa canción favorita, Born To Be Wild, as pantallas proxectaron algunhas das imaxes que testemuñan a implicación que o ex rexedor de Viveiro tivo sempre co festival. A homenaxe arrincou a emoción do público para continuar co concerto de NOFX, unha das bandas máis esperadas desta edición, que rememoraron os himnos do punk californiano co que creceron varias xeracións de mozas e mozos. Outro dos triunfos da xornada grande do Resurrection Fest chegou con vellos amigos do festival como Down, na súa segunda visita a Viveiro. Anselmo e Pepper Keenan arroxaron un mar de densidade e liserxia nun concerto para a memoria. De igual xeito, para Sick Of It All, estandartes do hardcore-punk cos que naceu o festival en 2006, foi a súa terceira visita, e sobre o escenario demostraron sentirse como en casa cun dos concertos máis enérxicos da noite. Amosaron unha boa exhibición de músculo e contundencia ante os miles de persoas que gozaron do día máis ecléctico do festival. O xoves era o día de Megadeth. A banda de Dave Mustaine non decepcionou a un público máis que entregado cun repertorio cheo de clásicos. Ofreceu revisións de míticas pezas como A Tout Le Monde, Hangar 18, Peace Sells e Symphony of Destruction, ademais dalgún dos seus éxitos do Super Collider. O ídolo de gran parte das bandas que tocaron este ano no Resurrection Fest demostrou con fartura a súa pericia nas seis cordas e a súa constante vixencia como arquitecto do heavy metal. Previamente, os suecos Amon Amarth expuxeron a súa escura proposta de death metal presentando Deceiver of the Gods, o disco máis agresivo e dinámico da súa carreira e os influentes pioneiros do trash metal Kreator tamén deron a talla pasado o ecuador da noite.
PRAZA_20871
Que clase de morbosidade pode espertar que dona Emilia fixera o amor con Galdós polas rúas de Madrid nunha carruaxe e botase as bragas pola xanela? Compensa este saber, talvez probatorio dunha sexualidade desacomplexada, traspasar eticamente o limiar da privacidade?
Ao abeiro mediático do litixio polo Pazo de Meirás e da entrada no centenario da morte da condesa de Pardo Bazán luce nas lúas das livrarias o seu epistolario a Galdós, Miquiño mío: cartas a Galdós, do que o título xa é un reclamo, máis que a literatura, a monllo rosado. Non digo eu que rexeite este xénero literario. Cicerón, indo máis lonxe, deixounos case un milleiro de cartas que nos levan á vida cotiá da Roma de hai máis de dous milenios. Grazas a iso, historiadores, filósofos, políticos e xentes do común podemos abranguer un coñecemento máis profundo sobre a cultura clásica e sobre a especie humana sen que por elo esteamos a violentar a Marco Tulio nin aos seus descendentes.Do mesmo xeito temos de louvar A obra enmascarada, o epistolario cruzado entre Ricard Salvat e Luís Seoane onde preparan a montaxe da obra de teatro Castelao e a súa época, un alegato contras as guerras coloniais e na defensa dos vencellos entre Galiza, Portugal e as culturas ibéricas con textos de Rosalía, Curros e a propia Pardo Bazán entre outros. Obra pantasma que só bulrou o salazarismo nas baiucas de Coímbra.Mais que clase de morbosidade pode espertar que dona Emilia fixera o amor con Galdós polas rúas de Madrid nunha carruaxe e botase as bragas pola xanela? Compensa este saber, talvez probatorio dunha sexualidade desacomplexada, traspasar eticamente o limiar da privacidade?. Ou é que os mortos non teñen dereito á intimidade?. Non quero con isto dicir que só se deveran dar ao prelo os livros de epístolas canónicas ou as semblanzas haxiográficas da condesa, pois o máis escuro e mórbido dos santos non pasaría a licenza vaticana. No entanto, resulta sospeitoso que nestas festas solsticiais ningún escaparate lucira La Tribuna, magnífica novela de Pardo Bazán sobre a líder das cigarreiras da fábrica de Tabacos de A Coruña (temática de mulleres traballadoras a se organizar que non acaxoma co pensamento reaccionario) ou Insolación, obra feminista onde trasluce a fe inxenua do povo nas reformas políticas. Por non falar de La cuestión palpitante, que en plena pandemia, coa fenda de xénero e a feminización da pobreza, segue a palpitar. Non vou ser eu quen me sume a unha louvanza acrítica de dona Emilia, en sendo que unha condesa ten limitacións de título para exercer un feminismo colectivo, digamos. Como tampouco penso que literariamente dona Emilia e Rosalía sexan excluíntes, aínda máis se consideramos que sendo as dúas galegas, a condesa pertence á literatura española, non así a obra principal de Rosalía. Mais si apontar que Pardo Bazán tambén tivo certa ousadía a se enfrontar ás mulleres e homes da súa clase e a súa hipocresía moral. Alén de que o seu pasado carlista, o seu conservadurismo católico e o seu rexionalismo cultural non impediran que ás veces se posicionara na defensa de parte da obra de Curros ou de Rosalía. Malia que comparar Follas Novas, como fixo, co lirismo enfermizo da poesía decimonónica castelá reflicta o seu rexeitamento a un rexionalismo político que batía cos seus intereses de clase.Porén é ben que fagamos xustiza literaria e saibamos arredar a muller da literata. Porque como literata é unha das grandes e non é merecente da marxinación misóxina á que se someteu e somete a súa obra. As súas novelas e relatos curtos así o acreditan. A súa vida amorosa, sexual e privada só devera interesar desde o punto de vista feminista ou sociolóxico. Celebremos o centenario profundando e debatendo na obra e deixemos os monllos rosados para os chefs dos realities. Non vaia ser que por tratarse dunha muller celebremos o morbo e convirtamos o seu espistolario nun epistoleiro, como din os irmaos potugueses para aludir ás coleccións de cartas. Converter a obra da autora de Los Pazos de Ulloa nun monllo rosado de sobremesa alienada é perverter a literatura ou fechala ao coñecemento das futuras xeracións alonxándonos do grial e do corvo dos escudos da Galiza nosa e da Galitzia ucraíno-polaca.
PRAZA_14597
A plataforma Nunca Máis fai balance dez anos despois da catástrofe e, malia os avances nas políticas de seguranza e salvamento, destaca nun informe que os retrocesos e as eivas son aínda maiores.
A piques de cumprirse dez anos da maior catástrofe medioambiental de Galicia, o Prestige volve ás portadas. A celebración do xuízo a partir do vindeiro martes 16 na Coruña fai rememorar unha desfeita que deitou 60.000 toneladas de fuel fronte as costas do país e que cambiou Galicia para sempre. A plataforma Nunca Máis reactívase tamén para berrar "contra a impunidade" e reclamar que se depuren todas as responsabilidades, cheguen a onde cheguen. Pero é posible que se dea outro Prestige en Galicia? A resposta, para a plataforma e para os seus avogados, é clara. "Si pode volver ocorrer". Dez anos despois, Nunca Máis fai balance e repasa os avances conseguidos grazas á presión social, pero tamén das eivas, carencias e retrocesos que é preciso arranxar para evitar outra catástrofe máis nunha costa que leva aturadas demasiadas. "Todo indica que se volverán repetir erros similares aos producidos hai dez anos; Goberno español e Xunta non aprenderon a lección do Prestige", din no colectivo. "A costa galega é o lugar do planeta que sufriu máis mareas negras na súa historia. Ningún pobo merece esta condena", reza unha das sentenzas que se inclúen no informe elaborado por Nunca Máis (Balanzo e demandas despois da maré negra) e na que se resume en datos e análises o que se fixo e que nos queda facer para evitar que o chapapote volva arruínar o país. O episodio do Prestige evidenciou "a falta de previsión existente e o abandono e desleixo histórico do Goberno central" O que lle queda claro á plataforma -que estará presente no xuízo exercendo a acusación popular- é que o episodio vivido co buque en novembro de 2002 evidenciou "a falta de previsión existente e o abandono e desleixo histórico do Goberno central", así como as actuacións "irresponsables e incompetentes", tanto do Executivo de Madrid como da Xunta de Galicia. Tamén foi evidente que a enorme reacción social, aglutinada arredor de Nunca Máis, evitou que xestión fose "aínda máis deficiente". "Agora -lembra o colectivo- é o momento idóneo para ver o grao de cumprimento das peticións e reclamacións de Nunca Máis, tendo presente que son máis de 13.000 os barcos con mercadorías perigosas que, ano tras ano, pasan fronte as costas de Galicia", din, tras reclamar que se atendan as demandas necesarias para evitar outro Prestige. A presión cidadá arredor da plataforma evitou que a xestión "foise aínda máis deficiente" Houbo avances, claro que os houbo, moitos deles provocados pola presión cidadá, especialmente nas políticas de seguranza e salvamento. Así, cóntase co primeiro buque deseñado especificamente para o combate contra a contaminación mariña, así como un remolcador de altura novo, outro buque de salvamento ou medios aéreos dependentes do Estado. Do mesmo xeito, ampliouse a cobertura radar do litoral e afastouse a 42 millas o DST-Fisterra. Tras a catástrofe, houbo avances nas políticas de seguranza e salvamento, pero moitos máis retrocesos e eivas Tamén se substituíron os obsoletos buques da Xunta, ademais da retirada progresiva de buques petroleiros monocasco no ámbito da UE ou o establecemento de seguros con garantía financeira. "As competencias de control e contra a contaminación seguen centralizadas en Madrid" Pero as carencias e retrocesos son moitas máis e máis graves. "Existen eivas substanciais aínda non resoltas", recorda Nunca Máis, que lembra que tampouco hai indicios de se resolveren xa que "non están contempladas no Plano Nacional de Salvamento Marítimo 2010-2018). Así, denuncian que as competencias "seguen a estar centralizadas en Madrid", desde onde se controla o tráfico e a contaminación mariña. Do mesmo xeito, Galicia segue á cabeza en sentinazos, mentres segue a existir unha evidente falta de control por satélite, o que provoca, "como media, cinco verteduras contaminantes de hidrocarburos no litoral galego". Falta de control sobre o pecio Nunca Máis advirte tamén da "descoordinacion no seguimento do tránsito marítimo a través do sistema de identificación automática de buques", o que ten provocado recentes sinistros por colisión á entrada do porto da Coruña, así como da degradación nas condicións de formación das tripulacións. En canto ao Plano Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña, Nunca Máis cualifícao de "electoralista e propagandístico", xa que "non contempla previsión ningunha de incremento de recursos, medios técnicos e persoal e despreza as recomendacións europeas de situar á fronte unha autoridade independente". Ademais, a plataforma lembra que se eliminaron os exercicios e simulacros baixo parámetros OMI para mellorar a actuación no caso de catástrofes, realízase un proceso de privatización dos medios de salvamento e aplícase un decrto que obriga ao cobro pola participación de medios aéreso e navais da Xunta en operativos de salvamento. No pecio, a 4.000 metros, acumúlanse unhas 1.100 toneladas de hidrocarburos Por outra banda, o colectivo non esquece que segue a existir unha falta de control evidente sobre o pecio do Prestige e recorda que Repsol, no seu último informe, asegura que aínda fican unhas 1.100 toneladas de hidorcarburos no pecio a uns 4.000 metros de profundidade. Do mesmo xeito, reclaman informaciión respecto dos refugallos do Prestige, que aínda se manteñen en plantas especializadas de Galicia. En canto ás afeccións sobre a saúde, Nunca Máis lembra que en 2010 un estudo da American College of Physicianas revelaba que entre os volutnarios participantes na recollida de chapapote produciuse "un incremento na taxa de dano xenético recente nas células sanguíneas de todos os individuos exposots, irritación de mucosas, danos a nivel respiratorio, efectos neuroanias ou menso un maior risco de padecer cancro". Respecto dos sectores produtivos, os danos, tal e como di o colectivo, foron e son evidentes. "Aínda hai bancos marisqueiros non recuperados, como en Fisterra ou no Pindo", así como "unha importante merma produtiva e mesmo de facturación nas diferentes lonxas galegas" nestes últimos dez anos. Os efectos ambientais foron duros, malia que "non existe aínda a día d ehoxe ningunha avaliación sobre os efectos ambientais a longo prazo, nin se coñece o grao de recuperación dos espazos sensíbeis". "Persiste o risco de incidente ou accidente marítimo sobre as nosas costas" Ante este panorama, Nunca Máis asegura que "persiste o risco de incidente ou accidente marítimo sobre as nosas costas" algo que, aclaran, "verase probablemente incrementado coa atraccióndo tránsito de buques petroleiros que conlevará a activación do porto exterior da Coruña, logo do acordo asinado coa petroleira mexicana Pemex". "Galicia segue a padecer importantes carencias en materia de seguranza marítima", conclúe o informe, que engade que "non é certo que o noso país estea preparado para enfrontar unha catástrofe semellante". "Todo indica que se volverán repetir erros similares aos producidos hai dez anos; Goberno español e Xunta non aprenderon a lección do Prestige", remata.
NOS_53616
Xornada de protestas, tensións e mobilizacións en diferentes cidades e vilas galegas contra as novas quitas impostas aos e ás posuidoras de preferentes. "É unha barbaridade, estanse a rir de nós", manifestan desde as plataformas de afectad@s.
En Compostela, onde se realizou un pleno extraordinario a petición da oposición, estafad@s polas preferentes romperon os seus carnés do PP nos fuciños do goberno local, acusando ao Partido Popular de ser responsábel do "roubo" e pedindo a demisión do alcalde. Na Coruña, unha manifestación percorreu diversas rúas en protesta pola nova quita. En Vigo, Barbanza e outras zonas houbo ocupacións de sucursais de NGB,.. Xornada de protesta e rebelión contra un roubo, un "expolio", unha "cabronada".... de múltiples formas se referían os afectados á quita que se aplica nas preferentes e subordinadas. Un 57% de media. Responsábeis Desde as plataformas de afectados incídese en que "isto xa é rirse na nosa cara" e indican non estar dispostos a transixir. "É unha barbaridade, un roubo", insistían desde o Salnés,mentres que desde o Rosal apuntaban que "faremos o que faga falla para que isto non vaia adiante". Por volta de 40.000 posuidor@s de preferentes de Novagalicia banco van sufrir un corte nos seus aforros de entre o 22 e o 65%. "E sabemos que iso é responsábel de, entre outros, o PP, que goberna en Madrid e en Compostela", indican desde a plataforma barbanzá. Manifestación nacional en Ourense o sábado ESte sábado, 15 de xuño, as plataformas de afectad@s polo calote de toda Galizza teñen convocada unha gran manifestación en Ourense. O lema, "O goberno rouba aos aforradores para rescatar á banca. Devolución do 100% do aforro!!". A saída da mobilziación é ás 11:30 do Pavillón dos Remedios
NOS_51878
Os Xogos Olímpicos de Toquio xa teñen nova data, logo do adiamento anunciado polo comité organizador a pasada semana.
Os Xogos Olímpicos de Toquio comezarán o 23 de xullo de 2021. Así o confirmou o comité organizador nunha rolda de prensa o seu presidente, Yoshiro Mori. "Debido á situación do coronavirus, tamén críamos que era mellor que os Xogos fosen no verán", engadiu o presidente do comité organizador sobre a necesidade de dar tempo a que se normalice a situación. Os vindeiros Xogos tiñan previsto comezar o 24 de xullo deste ano, mais a pandemia da COVID-19 obrigou á súa suspensión –feita pública a pasada semana- por diversos factores, como as restricións aos desprazamentos ou os impedimentos para a correcta preparación física das atletas.
NOS_18205
A memoria de Francisco Arca e Secundino Bugallo aínda molesta máis de setenta anos despois de seren asasinados. O pequeno monumento colocado pola Asociación Cultural e Ecoloxista de Terra de Montes "Verbo Xido" de Cerdedo sofriu un novo atentado eno que lle foi arrincada a placa cos seus nomes. E é o cuarto.
"Francisco Arca Valiñas. Secundino Bugallo Iglesias. Ponte do Barco. 13 de Agosto de 1936. Morreron pola liberdade". A placa situada no pequeno monolito no lugar de Pedre lembra, por vontade popular, aos dous cerdedense asasinados polos falanxistas no lugar. O monumento foi violentado por cuarta vez desde que foi colocado en 2006 ao serlle tirada a placa na que se mostra o nome dos dous veciños asasinados. O novo atentado contra a memoria foi descuberto cando dúaas persoas se achegaron á Ponte do Barco cun ramo de frores para honrar ás dúas vítimas do fascismo. Desde a Asociación Verbo Xido denuncian "a agresión a unha parte do noso patrimonio cultural colectivo como é a memoria histórica de Cerdedo" e destacan o "asañamento e a reincidencia coa que este atentado se perpetra". Lembran, nese sentido, ao filósofo Walter Benjamin para dicir que "nin siquera os mortos están a salvo".
NOS_3973
O presidente socialista da Câmara de Caminha, Miguel Alves, disse em conversa com a LUSA que "a retirada da Serra d'Arga das áreas de prospeção de lítio é uma boa notícia" para aquele município e para todo o Alto Minho
O presidente socialista da Câmara de Caminha, Miguel Alves, disse em conversa com a LUSA que "a retirada da Serra d'Arga das áreas de prospeção de lítio é uma boa notícia" para aquele município e para todo o Alto Minho, mas, embora se congratularem com a decisão do Governo de retirar a Serra d'Arga do concurso para a prospeção de lítio, essa exclusão não impede continuar a contestar o projeto noutras zonas limítrofes. É o que asseguram os presidentes das Câmaras de Caminha e Ponte de Lima e os protestos vão continuar até lograr que projeto seja reconsiderado noutras zonas próximas. Foi na quarta-feira, numa audição parlamentar na Comissão de Economia, Inovação e Obras Públicas, que o ministro do Ambiente e da Transição Energética anunciou ter sido decidido retirar do concurso para a prospeção de lítio, os sítios da Rede Natura 2000. "Já é público o que vou dizer. Na análise e discussão que está a ser feita pelas autarquias vamos retirar também os Sítios da Rede Natura 2000, que é exatamente a Serra d'Arga", afirmou Luís Pedro Matos Fernandes na resposta à interpelação da deputada do PSD eleita pelo distrito de Viana do Castelo, Liliana Silva. Matos Fernandes acrescentou ainda que durante o exercício do Governo PSD/CDS foram "aprovados três contratos de prospeção para a Serra de Arga" e que, "na altura, ninguém ficou incomodado com isso". Continuar a se opor "Temos de nos continuar a opor", disse Victor Mendes, Presidente da Câmara de Ponte de Lima, destacando que, na quarta-feira, a Câmara que preside aprovou, por unanimidade, um parecer desfavorável à prospeção e pesquisa de lítio na Serra d'Arga, no âmbito de uma audição da Direção-Geral de Energia e Geologia. Ponte de Lima, Viana do Castelo e Caminha fazem parte de um projeto intermunicipal, intitulado "Da Serra d'Arga à Foz do Âncora", que pretende alcançar a classificação da Serra d'Arga como Área Protegida, única forma de travar aquele projeto de prospeção de minerais e reforçar o seu caráter único enquanto ativo territorial e produto turístico emergente. O projeto intermunicipal incide sobre este território num total de 4.493 hectares, totalmente inserida na sub-região do Alto Minho, e visando a conservação da flora e da fauna com o objetivo de o classificar como Sítio de Importância Comunitária da Rede Natura 2000 Serra d'Arga.
NOS_39906
Eurodeputad@s de partidos nacionalistas, entre eles o BNG, veñen de entregaren na UE un escrito no que condenan esta sentenza por "violar a liberdade de expresión e a liberdade política. A activista feminista foi privada de todos os dereitos políticos, como o do voto ou o de postularse a un cargo público
A deputada do BNG no Parlamento europeo, Ana Miranda, vén de promover o envío dun comunicado remitido á Alta Representante da Unión Europea de Relacións Exteriores, Margaret Ashton, na que se demanda que o Executivo comunitario exprese a súa condena desta sentencia e reclame a Turquía que se restablezan os dereitos civís e políticos da deputada e activista feminista kurda Leyla Zana. A través do Grupo Verdes/ALE, a nacionalista fixo entrega dun texto asinado por si propia e por eurodeputad@s como Jill Evans --Gales--, Frieda Brepoels --Flandes--, François Alfonsí --Córcega--, tod@s el@s representantes de partidos nacionalistas, critican que Zana "teña sido privada dos seus dereitos políticos como o dereito a voto e o dereito a postularse para cargos públicos". Así as cousas, a deputada kurda foi sentenzada a finais de maio a dez anos de cadea por un tribunal de Diyarbakir --Turquía--, sentenzada por "pertencer a unha organización terrorista" e de "difundir propaganda ilegal" nos discursos que fixo entre 2007-2008, moitos deles en foros como a propia Eurocámara. A feminista fora xa condenada a 10 anos de prisión en abril de 2008. Sobre este novo fallo, que a priva de todos os dereitos políticos, a eurodeputada nacionalista Ana Miranda considerou desde Bruxelas que supón "un ataque á liberdade de expresión" dunha muller dúas veces nominada ao Premio Nobel da Paz e que foi galardoada co Premio Sarajov á Liberdade de Pensamento en 1995, "incansábel loitadora" dos dereitos do pobo kurdo. O Ministerio Público de Diyarbakir reclamou unha pena de 55 anos de prisión. A represión do goberno AKP --Partido da Xustiza e do Desenvolvemento-- contra as mulleres kurdas intensificouse. Segundo Gultan Kisanak, co-presidenta do principal partido kurdo BDP --Partido da Democracia e da Paz--, ao redor de 500 mulleres do seu partido están na cadea, entre as que se atopan dúas deputadas --das seis que ten esta formación política-- e dúas intendentes --de 32--. Encadeadas están tamén 25 membras do Consello de Mulleres no seo do BDP, sendo estas as promotoras das mobilizacións contra o feminicidio e a prol da equidade de xénero. "Consideramos que as acusacións son infundadas e que se trata dunha violación da liberdade de expresión e da liberdade política en xeral", razón pola que se solicita tanto á Comisión Europea como ao Consello da Unión Europea que condene ese veredito e que despreguen "os medios necesarios" para asegurar que o Goberno de Turquía restableza os dereitos civís e políticos de Zana.
NOS_32517
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recolleu en Nova York o premio á Excelencia do Centro para o Deseño Activo, a fundación creada polo exalcalde da cidade, Michael Bloomberg. O proxecto da cidade galega foi cualificado como "de estudo" para que o exemplo se multiplique.
Un premio máis que, desta volta, recoñece o deseño urbano de Pontevedra no mundo anglosaxón. O Centro para o Deseño Activo creado polo exalcalde de Nova York, Michael Bloomberg entregoulle esta segunda feira ao alcale Miguel Anxo Fernández Lores o premio á Excelencia ao tempo que recoñecía o carácter "pioneiro" da cidade á hora de aplicar o modelo que a entidade defende, centrado de maneira especial na implantación de hábitos saudábeis e de calidade de vida para a veciñanza. Caso de estudo "Estamos en Nova York e cremos que somos o número un e que o facemos todo ben, mais de vez en cando outra cidade móstranos o que realmente se pode facer", sinalou o presidente do Centro para o Deseño Activo, David Burney, segundo recolle Pontevedra Viva, con respecto, en especial, á consecución dos obxectivos da entidade como implantar as condicións urbanas para a redución do risco de obesidade e enfermidades crónicas apoiando e promovendo a actividade física e a comida equlibrada. "É un caso digno de estudo por todo o que unha cidade pode facer para transformarse a si mesma nunha comunidade saudábel", engadiu Burney para quen, "sen un alcalde que marque os obxectivo a cumprir, non pasaría". O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, mostrou o seu orgullo polo recoñecemento a un modelo que defendeu como "respectuoso co medio e pensado para as persoas" que sitúa á cidade no cúmio da calidade urbana e ambiental. "Merecémonos unas cidades mellores e é posible facelas. Pontevedra é un exemplo de como facer as cousas", engadiu o alcalde que remata esta terza feira a súa estadía en Nova York cunha axenda na que se inclúen distintas xuntanzas como a que manterá con Linda Gibbs, directora de Bloomberg Associates, entidade que quere coñecer o modelo de cidade da man do propio Fernández Lores.
NOS_28318
Desde a CIG-Ensino valoran "positivamente" a retirada do borrador que lles foi comunicada esta terza feira como reclamaran na xuntanza do pasado día 5 de novembro.
O Ministerio de Educación anunciou a retirada do polémico decreto de especialidades. Así o comunicaron esta terza feira representantes do goberno español ás centrais sindicais na que aseguraron que presentarán esta cuarta feira (17 de decembro) un novo borrador no que se incluirán as mudanzas exixidas pola LOMCE. Estas modificacións atinxirán os módulos de especialidades docentes da FP básica, programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento, ámbitos do primeiro curso da ESO, as novas materias incorporadas ao currículo académico após a aprobación da LOMCE e a equivalencia das materias que se manteñen con este novo marco xurídico mais que xa estaban presentes na LOE. Desde a CIG-Ensino valoran "positivamente" a retirada do borrador, mais din agardar que o novo texto "non incida" nos aspectos do anterior A central sindical maioritaria en Galiza, a CIG-Ensino, reclamara a súa retirada na xuntanza decorrida o pasado 5 de novembro. A central nacionalista valora "positivamente" a decisión do goberno español e lembran a campaña desenvolvida polo sindicato ao longo dos últimos meses exixindo a retirada do borrador. Segundo a CIG, o anuncio do Ministerio resultou "do rexeitamento que as medidas produciron entre o profesorado" por consideralo "nocivo para o ensino público e unha aldraxe" para @s docentes. Aliás, aseguran agardar que o novo texto non incida en ningún dos aspectos do borrador anterior no que se prevía a redución dos cadros de persoal docente e a creación de profesorado polivalente, ben como flexibilizar e desregular as especialidades, entre outras medidas.
NOS_10587
"A empresa non dispón de autorización para o baleirado das plantas inundadas e vertedura sen tratamento das augas ao dominio público hidráulico", afirma Petón do Lobo.
O entramado de empresas Tin & Tungsten SL, Rafaella Resources, Ulex Minerals e Eurobattery Minerals estaría a reactivar o funcionamento da minade Varilongo sen as preceptivas autorizacións da Consellería de Industria, de Augas de Galiza e da Consellería de Medio Ambiente. Esta é a denuncia que fai a asociación Petón do Lobo. As augas residuais de mina que están sendo bombeadas levan acumuladas no interior da mina case 30 anos, explica este colectivo, que informa que desde finais dos anos 1980, "contendo con toda probabilidade altas concentracións de metais pesados, ao tratarse dunha antiga explotación de minería metálica con importantes cantidades cuxo xacemento contén importantes cantidades de sulfuros (arsenopirita, calcopirita e pirita) xeradores de drenaxes ácidas de mina, susceptibles de produciren importantes impactos sobre o medio ambiente". As evidencias visuais da contaminación por metais pesados son claramente perceptíbeis no transcurso dos 6 km do rego da Braña Ancha desde as instalacións mineiras ata a súa confluencia co Río Xallas "As evidencias visuais da contaminación por metais pesados son claramente perceptíbeis no transcurso dos 6 km do rego da Braña Ancha desde as instalacións mineiras ata a súa confluencia co Río Xallas. Durante este percurso, e ata a confluencia do Xallas, hai diversos puntos onde se observan precipitados metálicos en prados e canles resultantes das enchentes que as chuivas dos últimos días provocaron en diversos tramos do río", afirman nun comunicado. Petón do Lobo afirma que denunciaron os feitos ante Augas de Galiza, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos naturais da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta e concello de Santa Comba. Insta a que procedan de inmediato á paralización das labores da empresa que xestiona o Grupo Mineiro Santa Comba e a incoación do correspondente procedemento sancionador ante os indicios dun posible ilícito penal contra o medio ambiente e os recursos naturais".
NOS_29404
É a única árbore galega que opta a pasar á fase europea do concurso entre as dez candidatas do Estado español. O prazo para o voto cidadá remata esta sexta feira.
A Deputación de Pontevedra, a través da Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), impulsou a candidatura do piñeiro araucano dos xardíns do Castelo de Soutomaior como 'Árbore Europea do 2019'. É a única árbore galega que opta a pasar á fase europea do concurso entre as dez candidatas do estado español e precisa do voto cidadán, a través da páxina do certame. A campaña a favor do piñeiro araucano do Castelo de Soutomaior rematará a sexta feira 23 e leva activa dende o pasado 23 de outubro. O piñeiro araucano é unha peza botánica singular, tanto dende o punto de vista da súa morfoloxía como pola súa historia dentro do Castelo de Soutomaior. A 'Araucaria araucana' ten uns 150 anos, alcanza os 27 metros de altura –é das máis altas do Estado-, e ten 2,67 metros de perímetro basal, o que a sitúa entre as de maior envergadura de Europa. A importancia desta árbore é tal que existen numerosas referencias bibliográficas da súa existencia (as primeiras son de 1879); tamén aparece no libro 'Árboles chilenos del mundo' escrito por Rodrigo Fernández Cargo; e está incluída na web monumentaltrees.com, onde se recollen pezas botánicas destacadas de todo o mundo. Esta é a segunda ocasión na que unha árbore galega é presentada ao certame de Árbore Europea do Ano, en 2016 candidatárase unha metasequoia de Lourizán.
NOS_25306
Sanidade sumou tres novos falecementos, todos presentaban patoloxías previas.
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza 22.834 casos activos na Galiza, despois de que baixasen en 1.268 con respecto á xornada anterior. Tamén descenden os novos contaxios, xa que o último reporte contabiliza 1.582, 129 novos contaxios menos. En canto ao número de pacientes ingresados pola Covid-19 descenderon até as 564 as persoas que se atopan nun complexo hospitalario pola infección. Delas, 29 están nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI), dúas menos que na xornada anterior, mentres que 535 persoas seguen hospitalizadas en unidades convencionais, 11 menos. Os 22.270 casos activos restantes atópanse en seguimento domiciliario. En canto á taxa de positividade, volveu aumentar até 13,7%. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria redúcese en catro das sete, e só aumenta nas de Ourense e Ponteveda e O Salnés. En concreto, a área da Coruña e Cee segue a ter sete pacentes Covid en UCI pero baixan a 126 os ingresados noutras unidades (sete menos); na de Vigo baixan a tres os críticos (dous menos) e a 71 os doutras unidades (oito menos). Na área sanitaria de Lugo volve a baixar a un os pacientes Covid en UCI (un menos) e seguen a ser 51 os ingresados noutras unidades, mentres que na de Santiago e Barbanza mantéñense en sete os críticos, pero reducen a 89 os doutras unidades (dous menos). Na de Ferrol suben a tres os ingresados en UCI (un máis) e baixan a 39 os hospitalizados noutras unidades (un menos), e na de Pontevedra e O Salnés seguen dous en críticos pero aumentan a 82 os doutras unidades (cinco menos). Na área sanitaria de Ourense mantéñense seis pacientes hospitalizados en UCI aumentan a 77 os pacientes Covid noutras unidades (dous máis). Descenso xeralizado O descenso é xeralizado nas sete áreas sanitarias, coa de Vigo á cabeza (-373), seguida da de Santiago e Barbanza (-252), A Coruña e Cee (-243), Pontevedra e o Salnés (-200), Lugo (-71), Ferrol (-55) e Ourense (-50). A área da Coruña, con 4.910 casos, segue a ser a que máis casos activos contabiliza; seguida da de Vigo, con 4.555; Santiago e Barbanza, con 3.935; Ourense, con 2.766; Lugo, con 2.672; Pontevedra e O Salnés, con 2.454, e a de Ferrol, con 1.307. Segundo o último informe actualizado a 22 de febrero polo Ministerio de Sanidade, a incidencia acumulada a 14 días na Galiza está en 1.194,85 casos por 100.000 habitantes. Seguen a baixar os contaxios Desde o comezo da pandemia contabilizáronse 490.753 novas infeccións, das que 116.237 corresponden á área de Vigo; 103.117, á da Coruña e Cee; 76.889, á de Santiago e Barbanza; 58.459, á de Ourense; 56.731, á de Pontevedra e O Salnés; 51.090 á de Lugo; e 27.650, á de Ferrol. Na xornada deste domingo leváronse a cabo 4.528 PCR, que elevan a 3.679.098 as probas realizadas desde o inicio da pandemia na Galiza e 3.578 test de antíxenos, que suman 1.509.829. Falecidos e curados A Consellaría de Sanidade comunicou o falecemento de tres persoas nos últimos días que contaban con patoloxías previas, o que eleva a 3.082 os finados pola Covid desde o comezo da pandemia. En canto aos curados, desde o comezo desta crise sanitaria 464.890 personas superaron satisfactoriamente a Covid-19.
NOS_42037
A situación está aínda lonxe de estar sob control. Neste momento aínda hai 15 fogos que poñen en risco a vida humana. Nas últimas horas deixaron de seren alerta 2 os lumes da parroquia de Anxeriz (Friol) e de Baíñas (Baiona).
A vaga de lumes continúa a devorar hectáreas arboladas e continúa a ser unha ameaza para moradas e habitantes de 15 concellos do país. Ourense: Están en situación alerta 2 os seguintes lumes: Parada de Sil (parroquia de Paradellas); Oseira (San Cristovo de Cea); Betán (Baños de Molgas); Chaveán (Chandrexa de Queixa); Cantoña (Paderne de Allariz); Araúxo, A Gudiña e Boborás (Lobios). Pontevedra Hai alerta 2 en catro concellos: Ponteareas (parroquia de Padróns); Salvaterra de Miño (Pesqueiras); As Neves (parroquia do mesmo nome); Nigrán (Parada). Lugo Dous fogos alerta 2 no concello de Cervantes, nos Ancares, en concreto nas parroquias de Denís e Noceda; e un lume en Monforte (Chavaga).
PRAZA_13778
Os nosos aforros están investidos en "ladrillo". En miles de hectáreas de pedregais onde se pretendía especular. Dicían investir en progreso e vese que só se investía en fume, en proxectos inmobiliarios que pouco tiñan que ver con nós e que, en moitos dos casos, estaban a centos de quilómetros de quen deposita nunha Caixa de Aforros o seu presente para ter un mellor futuro.
Na película de Frank Capa "It´s a wonderful live" (Que Belo é vivir) cando os clientes se dirixían ao banco para retirar os fondos. James Stewart contestáballes un a un, algo así como: "Aquí non está o diñeiro! o diñeiro está na casa de Joe, no negocio de…" E pouco a pouco os clientes entendían que os seus aforros estaban investidos neles mesmos, na súa vila, no seu futuro. Pola contra, os nosos aforros están investidos en "ladrillo". En miles de hectáreas de pedregais onde se pretendía especular. Dicían investir en progreso e vese que só se investía en fume, en proxectos inmobiliarios que pouco tiñan que ver con nós e que, en moitos dos casos, estaban a centos de quilómetros de quen deposita nunha Caixa de Aforros o seu presente para ter un mellor futuro. Un feito como foi no seu día a liberalización do solo polo goberno Aznar, desprotexendoo e convertíndoo de facto en urbanizable independentemente da súa natureza sementou o agravamento cando non o inicio da burbulla inmobiliaria. E hoxe, no medio das medidas de recurte, colleita daquel fracasado crecemento descontrolado, aparece diante nosa outra semente: o borrador da reforma da Lei de Costas. Calquera ría galega ten máis potencialidade económica por sí mesma que a actividade inmobiliaria que se poda xerar arredor dela Sorprende a idea de que a protección no perímetro das rías poida pasar de 100 a 20 metros. Medida que pode solucionar os evidentes problemas legais de numerosos núcleos de población en Galicia, pero facer norma xeral do que debera ser unha excepcionalidade non semella boa idea polas consecuencias que dela se poden derivar. Fálase xa que esta medida vén reforzar os intereses económicos por riba dos medioambientais, outra vez coa desculpa do progreso. Porén calquera ría galega ten máis potencialidade económica por sí mesma que a actividade inmobiliaria que se poda xerar arredor dela. Ten máis forza económica a paixase protexida da ribeira das rías, o turismo que se move arredor dela, e a súa potencial riqueza marisqueira e pesqueira que calquera ctividade relacionada co ladrillo. É necesaria unha proteción da paisaxe, do territorio e das augas que chegan á ría para protexer a nosa riqueza, e faltan sobre todo ideas para explotala sen danar para sempre os nosos recursos. Sorprende tamén que se lle outorgue o poder ao Delegado do Goberno para suspender planeamentos municipais cando se estime que non se cumpre a Lei, xa que é sabido que a materia en Urbanismo e Ordeación do Terrirtorio é competencia autonómica; aínda máis despois da sentenza do Tribunal Constitucional de 1997. Ábrense aquí as portas a unha recentralización das mesmas baixo unha arbitraxe unipersoal dependente do Goberno central. Nas renovacións das concesións en 75 anos prorrogables e a súa posible venda ou herdanza créase de feito tamén unha amnistía que vai en contra do espírito da actual lei e das directivas europeas de protección do litoral. As industrias que xa tiveran o seu traslado previsto internamente, nas directrices de Ordenación do Territorio ou no Plan de Ordenación do Litoral deberan facelo sen acollerse a este 'indulto'. Porén, malia que moitos negocios e empresas se estableceron ou ampliaron nos últimos anos no dominio público, enténdese que agora mesmo plantexar o seu traslado sería sentencialos ao peche definitivo. Así e todo entendendo esta situación de excepcionalidade e urxencia a prórroga para eles non debera supoñer tal cantidade de anos. Coa desculpa da crise afloran novas ideas sobre crecemento, urbanismo sostible, ordeación do territorio, rehabilitación urbana e das edificacións. Ideas que deben enfrontarse ás que coa mesma desculpa, a crise e o progreso pretenden desprotexer o territorio, a paixase e o medioambiente. Non debemos caer no mesmo erro. Apostemos dunha vez por todas polo crecemento productivo e sustentable enfrontándoo á especulación do territorio. Así, algún día, os nosos aforros volverán a estar na casa dun tal Joe, no master do fillo dalguén e nos negocios de todos nós; e non en pedregáis de fume agardando que alguén especule con eles.
PRAZA_3823
Os positivos activos superan por primeira vez os 5.000, pero o ritmo de incremento segue apuntando a que Galicia comeza a aplanar a curva da pandemia
Os positivos activos superan por primeira vez os 5.000, pero o ritmo de incremento segue apuntando a que Galicia comeza a aplanar a curva da pandemiaAs principais cifras do balance diario do Servizo Galego de Saúde sobre o impacto do coronavirus en Galicia apuntan un día máis cara a un freo da pandemia, isto é, cara a un aplanamento progresivo da curva. Segundo os datos divulgados este domingo, 5 de abril, os positivos activos pola covid-19 en Galicia superan por primeira vez os 5.000 (5.175), pero o incremento diario continúa na contorna do 5%, cando hai apenas unha semana avanzaba por riba do 11% e hai dúas, a máis do 20%. Mentres, o número de probas PCR realizadas chegou a 28.191 -no día previo eran 25.842-.A peor cifra é, unha xornada máis, a das persoas falecidas. Son xa 182, segundo o cómputo de Sanidade, aínda que o seu aumento diario dun 8% é sensiblemente inferior ao de días anteriores. Ademais, o ritmo das altas hospitalarias continúa a estar por riba do das mortes e xa son 587, un 10% máis. [Galicia comeza a aplanar a curva de novos casos de coronavirus, ingresos en UCI e hospitalizacións]Tendo en conta que, tras varias informacións contraditorias, segundo a Xunta este cómputo de Sanidade inclúe tamén ás residencias da terceira idade, sería posible deducir que entre os 14 novos falecementos coñecidos este domingo, dous son os de dúas persoas residentes en centros de maiores da Coruña (El Portazgo) e Ourense (La Esperanza), notificados este 5 de abril pola Consellería de Política Social. En caso de que o cómputo das residencias fose diferenciado ao do Sergas, como Política Social indicou inicialmente, os falecementos en Galicia serían, en total, 228. No entanto, este domingo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, introducía un novo matiz para admitir que, en realidade os datos do Sergas aínda non suman todas as mortes por coronavirus das residencias de maiores, senón só as daqueles residentes que falecen no hospital. Daquela, o número total de persoas falecidas por coronavirus en Galicia sería ata este 5 de abril de 215 persoas.Primeiro descenso nas UCICase o 80% dos positivos activos están en illamento domiciliario e o ritmo da hospitalización ordinaria segue a moderarseOs datos deste domingo inclúen tamén unha novidade significativa para un dos aspectos máis preocupantes da pandemia, a presión sobre os hospitais en xeral e sobre as unidades de coidados intensivos en particular. Sempre segundo os datos fornecidos dende o Sergas, as persoas que precisan asistencia en UCI son agora 169, oito menos que un día antes, o que supón unha diminución superior ao 4%, a primeira dende que a Xunta comezou a ofrecer datos sobre a pandemia.Si que aumentan os ingresos en unidades hospitalarias ordinarias, aínda que o fan moi lixeiramente. Nelas atópanse un total de 893 persoas infectadas por coronavirus, só dúas máis que no día previo.Mentres, o incremento de persoas illadas no seu domicilio tras daren positivo na infección da covid-19 segue a ser superior, pero tamén cun ritmo á baixa. Este indicador increméntase nun 6,61% -hai unha semana facíao na contorna do 20%- e chega ás 4.113 persoas, practicamente o 80% dos positivos activos rexistrados en Galicia neste 5 de abril. Deles, uns 1.700 son "telemonitorizados" por persoal sanitario, segundo o Sergas.Maior incremento en Santiago, diminución en LugoPor áreas sanitarias, as dúas máis poboadas, Vigo e A Coruña, seguen sendo as que máis casos de coronavirus acumulan e tamén as únicas que polo momento superan o milleiro de cascos, se ben a área ourensá está próxima tamén a cruzar ese limiar. Atendendo á indicación da Xunta a respecto da integración dos datos das residencias de maiores no balance xeral do Sergas, boa parte do incremento de positivos das últimas xornadas na área ourensá ten o seu foco na residencia Nuestra Señora de La Esperanza, da Fundación San Rosendo na capital da provincia, que ata este domingo acumulaba 107 casos. [A área de Ourense é a que ten maior número de casos por cada 100.000 habitantes]Mentres, entre as demais áreas destaca este domingo o incremento de positivos activos en Santiago, que pasa de 694 a 816 nun contexto tamén condicionado polas residencias de maiores. Mentres, en Lugo prodúcese a súa primeira diminución en termos absolutos, de 558 a 555 casos, se ben o xeito de presentación dos datos impide coñecer se esa baixada se debe a altas ou falecementos.
NOS_50699
Así se establece no acordo político para as eleccións do 20-D asinado por ambas as dúas formacións e Esquerda Unida. No documento fálase desde a adscripción dos posíbeis deputados eleitos até os nomes e logos a figurar nas papeletas de votación.
O candidato de 'En Marea' pola provincia da Coruña será unha persoa designada por Podemos e o cabeza de lista pola provincia de Pontevedra será quen indique Anova-Irmandade Nacionalista. Así se recolle no ponto nº4 do acordo político para as eleccións do 20 de decembro asinado por Anova, Podemos e IU e que está a ser sometido ao referendo das bases de Anova. Un reparto de postos de saída que está condicionado, iso si, ao aval das 'mareas'. "De cara a afortalar a construción do suxeito político e dar cabida aos actores fundamentais, acórdase que a candidatura de consenso garantirá a presenza das forzas políticas principais nos seguintes postos para o Congreso dos Deputados e Deputadas: Primeiro posto da candidatura ao Congreso pola circunscrición da Coruña: Podemos. Primeiro posto da candidatura ao Congreso pola circunscrición de Pontevedra: Anova". Así, textualmente, se recolle no apartado 'Confección e validación das candidaturas' do mencionado documento. Recóllese no mesmo, ademais, que "se establecerán mecanismos de rotatividade nos escanos que, en función do resultado electoral, garantan en calquera caso a representación parlamentaria das tres partes coaligantes ao longo da lexislatura", así como que o resto dos postos das candidaturas "serán establecidos no marco de consenso con todos os axentes participantes do proceso". O documento, ao que tivo acceso Sermos Galiza, especifica (apartado 2) que "a fórmula xurídica que dará amparo á candidatura será o de unha coalición entre Anova, Podemos e Esquerda Unida". Grupo Parlamentar No ponto tres deste acordo político faise referenza ao grupo parlamentar. Afírmase que as persoas que sexan eleitas pola coligazón de 'En Marea' conformarán un grupo parlamentar propio, indicando mesmo o nome que recibirá a mesma: "Grupo parlamentar galego (En Marea)". Ora ben, explican, no caso de que non se logren os requisitos para conformar ese grupo parlamentar establécese que serán todos os axentes participantes na coligazón os que decidan sobre a adscripción dos parlamentares. "A candidatura concorrerá baixo un nome común referenciado nos procesos de unidade popular municipal sen referencias a ningunha das organizacións partidarias" tamén se indica no acordo. Mais na papeleta, aclaran, "conterá o nome e logotipo comúns, acompañados da denominación dos partidos coaligantes. Na papeleta figurará tamén o logotipo de Podemos".
NOS_4365
Unha década demorou Xosé Manuel Beiras (Compostela, 1936) en recompilar en libro as súas crónicas sobre o Foro Social Mundial. Publicadas no extinto xornal Galicia Hoxe, compoñen o núcleo central do seu novo libro, Nuredin o taxista e Amedine o pintor (Laiovento, 2019).
Subtitulado Crónicas e figuracións dun transmundo colonial, o volume trata "desde diferentes pontos de vista a problemática do colonialismo -o esplícito, pasado, e o encuberto, actual", segundo explica o propio Beiras no Adro. Os textos, redactados orixinalmente en 2009, proceden da súa experiencia como membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial en Rabat. Asistía, canda Xabier Macías (daquela na Fundación Galiza Sempre) e Quim Arrufat (Ciemen), en representación da Conferencia de Nacións sen Estado de Europa. No prólogo da obra, o hoxe dirixente de Anova lembra a relación entre o seu desasosego político da época -asemblea extraordinaria do BNG posterior á derrota electoral do bipartito- e a súa "involuntaria maneira de relatar aquelas xornadas en Rabat, ao xeito dunha literatura de ficción, e mais no clima represadamente morriñento, ou até mesmo saudoso, da narración resultante". Estas sete crónicas, polas que transitan Nuredin e Amedine, ao dicir do autor "personaxes moi entrañábeis", non foran pensadas para se editar por xunto. Mais a opinión dos editores de Laiovento, personificada en Afonso Ribas e Pepe Carreiro, mudou as tornas. O libro completouse con materiais relacionados: dez páxinas sobre o Foro Social Mundial en Dakar de 2011; seis Retrincos e glosas a Retrato do colonizado, de Albert Memmi, unha glosa á "obra; capital" sobre a democracia do historiador italiano Luciano Canfora, e mais o artigo Animal farm. Todos eles viron luz, no seu día, en Galicia Hoxe. Beiras, que se autodefine no mencionado Adro como "músico malogrado", estruturou Nuredin o taxista e Amedine o pintor "en tres partes, ao xeito da música do barroco, que historicamente coincide co colonialismo na época anterior ao capitalismo industrial, na que o sistema-mundo estaba rexido, en canto realidade económica, polo mercantilismo, e politicamente polos poderes antidemocráticos do 'antigo réxime". Así, Obertura, Suite Africana e Rondó son os epígrafes organizativos do volume. Nuredin o taxista e Amedine o pintor. Crónicas e figuracións dun transmundo colonial (Laiovento, 2019) sucede a O proxecto común da nación galega (Laiovento, 2016), que recollía discursos políticos recentes, entre eles algúns como portavoz de AGE no Parlamento de Galiza, e a Exhortación á desobediencia (Laiovento, 2013), compilación de textos e manifestos políticos indignados. Nota: cuberta do novo libro de Xosé Manuel Beiras, Nuredin o taxista e Amedine o pintor.
PRAZA_2198
O ente provincial celebrará este martes unha xunta de goberno extraordinaria. Os socialistas sinalan que Elena Candia repartiu 1,3 millóns de euros entre sete localidades con goberno popular e que agora busca facer o mesmo con outros 2,5 millóns.
O pasado 25 de setembro a Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou o reparto de 1,3 millóns de euros en subvencións entre sete concellos gobernados polo PP (Mondoñedo, Baralla, Taboada, O Saviñao, Paradela, Riotorto e Portomarín). Segundo o PSdeG-PSOE, estas subvencións entregáronse "pola porta de atrás", incluídas nos Asuntos de Urxencia da Xunta de Goberno, e subliñan que "Candia tentou ocultar este reparto partidista e a súa nova artimaña caciquil". Os socialistas destacan que entre os concellos beneficiados están o de Mondoñedo, do que Elena Candia é alcaldesa, e outros liderados igualmente por deputados provinciais do PP. O ente provincial celebrará este martes unha xunta de goberno extraordinaria De igual xeito, deputados do PSOE reclamaron ter acceso aos asuntos tratados na Xunta de Goberno celebrada este venres 2 de outubro. Os socialistas destacan que nesta documentación oficial pódese comprobar que a Deputación "tiña previsto aprobar 11 convenios por un valor superior aos 2,5 millóns de euros para máis concellos do PP", entre os que estarían varios municipios dos que deputados provinciais populares son alcaldes (Castro de Rei, Barreiros, Begonte, Bóveda, Guntín, Outeiro e Rei, O Saviñao, Taboada, Vilalba, O Vicedo e Xove). O PSdeG-PSOE sinala que "polo de agora Candia non conseguiu culminar esta nova artimaña caciquil e partidista" porque "os propios técnicos provinciais a frearon ao alegar dúbidas que supuxeron que estes 11 convenios quedasen sobre a mesa da Xunta de Goberno de onte". Porén, a Presidencia da Deputación convocou unha Xunta de Goberno Extraordinaria para o vindeiro martes 6 de outubro, co obxectivo de "aprobar convenios con Concellos". O Grupo Provincial Socialista di estar "alerta" ante "o que a Presidenta Comisionista e Caciquil tenta facer na sesión extraordinario que convocou para o vindeiro martes". O 8 de outubro a moción de censura presentada por PSdeG e BNG expulsará a Elena Candia da Presidencia da Deputación Os socialistas denuncian o que consideran que foi a política habitual do goberno do ente provincial co PP á fronte. Lembran que xa as primeiras subvencións que concedeu a Presidencia de Elena Candia foron destinadas a Concellos do PP. Concretamente, a Foz e Antas de Ulla por valor de 18.000 euros. A pasada semana PSdeG e BNG presentaron a moción de censura coa que recuperarán o goberno da Deputación de Lugo. A moción votarase o vindeiro xoves 8 de outubro, dous días despois da celebración desta Xunta de Goberno Extraordinaria.
NOS_12494
A academia sueca premia a facilidade coa que o xenio de Minnesota aúna "a tradición e expresión poética" coa "tradición musical americana". Un recoñecemento que lle chega aos 75 anos e 54 despois do seu debut discográfico.
Non figuraba Bob Dylan nas quinielas deste ano para receber o Nobel de Literatura, quinielas onde si estaban nomes da talla de Philp Roth, o sirio Adonis ou Haruki Murakami. Falárase del no 2011, si, como un dos posíbeis candidatos a levar este prestixioso galardón. Mais daquela ficara en nada, e o Nobel de Literatura fora para o poeta sueco Tomas Tranströmer. Cinco anos despois, o Nobel, como rendendo homenaxe á canción dylaniana (Knockin' on Heaven's Door), chamou ás portas de Dylan. El, que non deixou de se considerar nunca un cantante de Minnesota, levou o Nóbel, o primeiro músico en ter tal honra. Están a cambiar os tempos? A Academia sueca recoñécelle a mistura da "tradición e expresión poética" coa "tradición musical americana", Unha combinación que non naceu con Dylan, aí está o Woody Guthrie do que tanto bebeu o propio Robert Zimmerman , mais que con el acadou niveis non imaxinados, sobrepasando límites e coutos. Sobrepasou hai tempo o título de gran cantor de America que lle puxeran nos 60 para pasar ser o gran cantor, a secas. Bob Dylan debutou en 1962 con 'Bob Dylan', o disco folk co que se presentou en sociedade. Desde entón e até o de agora, case 40 discos publicados e non poucos deles figurando por mérito propio nos altares da música popular moderna. Desde os iniciáticos 'The Freewheelin`' e 'The Times they are a changing', pasando polos revolucionarios 'Highway 61 Revisited' ou o duplo 'Blonde on Blonde'. 'Desire', 'Blood on the tracks'... a lista é inesgotábel. Mito por excelencia do rock e os seus xéneros asociados nos últimos 50 anos, Dylan recebe agora un premio que recoñece tanto a súa xenialidade musical como o seu traballo como compositor, traspasando o papel de simple letrista para fusionar a súa persoal poesía cunha música inconfundíbel.
PRAZA_6821
A xornalista e escritora será despedida este martes nunha cerimonia civil no cemiterio compostelán de Boisaca. Nas últimas horas amigas, amigos, entidades sociais coas que colaborou e moitas outras persoas e colectivos expresaron o seu pesar en artigos e comentarios nas redes sociais.
A noticia do falecemento de Begoña Caamaño estendeuse rapidamente dende as últimas horas da mañá deste luns espertando de inmediato unha reacción unánime de tristura e recoñecemento para esta xornalita, escritora e activista social nacida no barrio vigués do Calvario. Nas últimas horas amigas, amigos, entidades sociais coas que colaborou e moitas outras persoas e colectivos expresaron o seu pesar en artigos e comentarios nas redes sociais. Begoña Caamaño será despedida este martes ás 15 horas nunha cerimonia civil no cemiterio compostelán de Boisaca. "O entendemento mutuo entre as mulleres, a sororidade, é unha arma de defensa e de empoderamento que só pode facernos máis fortes e máis libres. Eu aposto polo achegamento entre mulleres, sobre todo cando as supostas rivalidades son falsas, ou froito das circunstancias e non da vontade de facer dano", destacou na entrevista que lle fixo Montse Dopico hai dous anos, trala publicación de Morgana en Esmelle. E, abofé, o activismo feminista de Begoña Caamaño, "a voz lila da nosa literatura", é hoxe un dos aspectos máis louvados por moitas das persoas que lle dedican unha lembranza pública. María Reimóndez escribe que "hoxe sinto máis ca nunca que, nos tempos que corren, construír unha comunidade dos afectos é o maior acto de subversión que unha persoa pode exercer" Nun artigo en Sermos Galiza, María Reimóndez escribe que "hoxe sinto máis ca nunca que, nos tempos que corren, construír unha comunidade dos afectos é o maior acto de subversión que unha persoa pode exercer. Rachar cos ditados do sangue, dos foros da familia, da envexa, da competitividade, do militarismo, dos estados, da división constante e permanente das mulleres, mesmo literal, desmembradas en anacos metafóricos e literais". Reimóndez conclúe que "por moito que haxa quen tentase reducir ese traballo minucioso, feminista e demorado a unha reescrita do pasado, nosoutras sabemos que, en realidade, Begoña sempre reescribiu o futuro. A nosa homenaxe a ela será facelo realidade cada día". En twitter e noutras redes sociais son moitas as reaccións ao pasamento de Begoña Caamaño, dende o recoñecemento e a tristura. "Circe e Morgana continuarán a nos abrazar a ti, día a día, Begoña" (Mercedes Queixas), "Choramos todas. Morre Begoña Caamaño, a voz lila da literatura galega" (Carme Adán), "No meu círculo de concordancias e afinidades hai un oco. Amiga Begoña Caamaño, esparexe sobre a nación e as amigas, as moutas da túa enerxía" (Carme Hermida), "Begoña Caamaño, fada das fragas nosas, déixasnos a taza do fermento que ha levedar un mundo máis digno e máis xusto" (Helena Villar), "A cultura galega perde pulso sen Begoña Caamaño" (Fran Alonso) ou "Begonha Caamanho, sit tibi terra levis. Quédannos as túas palabras, pero somos egoístas e queríamos máis" (Debora Campos) son só algunhas delas. X.M. Eyre: "Hoxe é un día negro para a literatura deste país, e tamén para o feminismo, e tamén para +s que loitan contra o poder e erguen a súa voz en nome dos eternamente perdedores porque a súa versión da historia é ben outra" De igual xeito, Ana Romaní, directora do Diario Cultural da Radio Galega, no que traballou durante anos, destacou esta mañá que "a luminosidade e a ousadía de pensar nutren a obra de Begoña Caamaño". Ou Cándido Pazó, que a través do Facebook lle dedica unha emocionada despedida a unha amiga de vello: "Hoxe non podo pór imaxe ningunha porque a que gustaría de pór só está na miña cabeza e no meu corazón. A de aquel día de 1978, cando vin entrar polo portal do instituto, Coia 2, unha mociña de 1º de B.U.P. que chamaba a atención pola aura de frescura e alegría que a rodeaba". Reaccións que se repiten en blogs culturais e por parte de entidades culturais e en defensa da lingua. Ramón Nicolás escribe, por exemplo, "nesas palabras que teceu como unha nova Penélope latexa a súa bondade e o seu sorriso tan inesquecible. Con elas gañou un espazo único e perdurable para a literatura, para nós". Xosé Manuel Eyre subliña que "hoxe é un día negro para a literatura deste país, e tamén para o feminismo, e tamén para +s que loitan contra o poder e erguen a súa voz en nome dos eternamente perdedores porque a súa versión da historia é ben outra. Deixas, Begoña, un oco que ninguén poderá encher, mais oxalá que a lección da túa vida haxa quen a saiba entender". E Manuel Bragado sinala que "estremece o pasamento de Begoña Caamaño da que nunca esqueceremos a súa ledicia rebelde e a súa obra literaria feminista e antipatriarcal. Admireina como narradora serodia, autora de dúas grandes novelas publicadas por Galaxia, intensas e labradas con primor, nas que revisou mitos clásicos en clave feminista, que a situaron como unha das escritoras máis recoñecidas e admiradas do noso tempo". A propia editorial Galaxia destaca que "Begoña Caamaño era, sen lugar a dúbidas, unha das voces máis singulares da literatura galega actual. A nova, sacudindo as redes dende o instante exacto no que se coñeceu, foi acompañada dunha etiqueta moi precisa: ela era 'a voz lila da nosa literatura'". E a Mesa pola Normalización Lingüística lembra a súa condición de "incansábel defensora da nosa lingua, que enriqueceu coa súa recoñecida obra de creación literaria, destacou pola súa importante traxectoria como xornalista e por ser unha muller solidaria con moitas causas xustas, entre as que salienta o seu compromiso feminista". Outros colectivos sociais tamén lamentan o seu pasamento, lembrando o seu carácter combativo: "O feminismo na Galiza hoje temos o coraçom encolhido pola morte da nossa irma Begonha Caamanho mais com força para seguir a tua luita sempre" (MNG) ou "Ceivar lamenta hoje o falecimento de Begonha Caamanho, pessoa solidária e amiga d@s pres@s independentistas galeg@s" (Ceivar). Carlos Negro: "Desde o lamento que provoca a partida daquelas que máis amamos, e mesturada coa dor que pousa no ánimo o impío capricho das Moiras, permite que invoque o teu nome" De igual xeito, nun artigo en Sermos Galiza Goretti Sanmartín chama a ser "esporas" para estender o legado de palabras e compromiso de Begoña Caamaño: "Arroupadas todas nós coas palabras dos volumes que aínda fican nas bibliotecas, nas librarías, nas casas particulares, a agardaren o momento de se entrelazaren con tantas outras obras e persoas. Porque persoas e esporas conteñen as mesmas letras, andamos xa neste tempo a esparexer a riqueza do seu legado". E en Praza Carlos Negro escríbelle unha derradeira carta que comeza "Desde o lamento que provoca a partida daquelas que máis amamos, e mesturada coa dor que pousa no ánimo o impío capricho das Moiras, permite que invoque o teu nome" e péchase dicíndolle "debes saber, nestas horas de tránsito incerto, que agardamos por ti, conscientes e solidarias, na illa onde nacer muller nunca será unha condena". E, en xeral, todas as reaccións e palabras lembran hoxe a Begoña Caamaño persoa, a que, coma no cuestionario Proust que publicou Ramón Nicolás no seu Caderno da Crítica, destacaba "a alegría" como principal trazo de carácter e que como lema vital escollía, simplemente o de que "canto máis feliz sexan os demais, máis feliz serei eu".
NOS_385
Continúan a atender @s usuari@s e fano sen cobrar el@s nen cobrar polas consumicións "porque o facemos como unha maneira de visibilizar a situación e como un acto de reivindicación".
As e os seis traballador@s da cafetaría da estación de autocarros de Santiago de Compostela ocuparon as instalacións do estabelecemento hostaleiro após o concello decretar o seu peche. Levaba 40 anos funcionando. A empresa pública Tussa, adxudicataria actual do servizo, sostén que a nova concesionaria se retirou porque non podía asumir as condicións: un investimento de 150.000 euros para acometer reformas non lles é rendíbel nunha adxudicación de só oito anos. Que piden @s traballador@s? Un novo concurso. Que din Tussa e o concello? "Non sabemos nada deles" Que piden @s traballador@s? Un novo concurso. Que din Tussa e o concello? "Non sabemos nada deles", informa Roberto Alonso en conversa con Sermos Galiza. "O que non nos dixeron en ningún momento é que o estabelecemento non vai ben", subliña, polo que a única causa do encerramento é que a empresa concesionaria non pode asumir as condicións recollidas no prego. Así que decidiron manter en funcionamento a cafetaría e están a facelo gratis. Para alén de non cobraren el@s, non cobran tampouco polas consumicións "porque non perseguimos o lucro" senón visibilizar o conflito e as súas reivindicacións. Reformas necesarias mais que poderían facerse aos poucos Alonso sostén que as reformas son necesarias, pois a cafetaría non está adaptada para que accedan as persoas que se moven coa axuda dunha cadeira de rodas, por exemplo. Mais defende que algunhas das melloras "poderían facerse con máis prazo" e que o desembolso inicial non fose tan elevado. Malia que na terza feira 11 o goberno municipal (PP) botou o fecho, as portas seguen, literalmente, abertas. Non cobran polas consumicións "porque non perseguimos o lucro" senón visibilizar o conflito e as súas reivindicacións "Non temos chaves" así que organizáronse en quendas de traballo e pasan alí o día enteiro. A quen se achega explícanlle por que non ten que pagar as consumicións e por que non poden servirlle, por exemplo, un bocadillo. "Queremos acabar os produtos coma o leite, que son perecedeiros, para non tirar con eles", conclúe Roberto Alonso antes de voltar ao seu traballo.
NOS_44372
O primeiro ministro grego presentou o seu programa de Goberno, que aforrará en coches oficiais e gasto en seguridade dos altos cargos e rexeita "unha economía baseada nunha man de obra barata e sen dereitos". Tampouco permitirá "nin un desafiuzamento da primeira vivenda".
O primeiro ministro grego, Alexis Tsipras, anunciou este domingo durante a presentación do seu programa de Goberno un plan de reforma das administracións públicas que na súa primeira fase durará seis meses e que contempla importantes reducións do gasto en seguridade, avións ou coches a disposición dos cargos públicos. Tamén afirmou que non permitirá os despexos de primeira vivenda. Así mesmo, no ámbito laboral, o esquerdista contrario á política de austeridade imposta polos mercados defendeu que a economía grega non pode fundamentarse nunha man de obra barata, "sen dereitos", senón que necesita innovación e tecnoloxía. Por iso, reiterou a súa promesa de reinstaurar a negociación colectiva e anunciou que elevará progresivamente o salario mínimo ata os 751 euros para 2016. Noutras políticas sociais, como as pensións, Tsipras prometeu que non se vai a elevar a idade de xubilación nin se baixarán as pensións. "Imos subir as pensións máis baixas desde finais deste ano", asegurou. "Vender bens nacionais para pagar unha débeda insostíbel é delito" afirma o líder de Syriza Canto ás empresas do sector público, o líder de Syriza destacou que "todos os traballadores que sexan despedidos ilegalmente, serán readmitidos con salarios a cargo dos actuais orzamentos". Ademais, anunciou a creación dunha nova radiotelevisión pública e a restauración da Policía de barrio. Estas novas medidas levaranse a cabo sen necesidade de vender empresas públicas. "Vender bens nacionais para pagar unha débeda insostíbel é un delito. Non imos vender a nosa riqueza natural, as redes nin as infraestruturas", apuntou.
NOS_38968
A fotografía ten o poder de convocar e rescatar a memoria. Nos nosos tempos, afogados pola hipertrofia das imaxes, talvez non somos quen de lle outorgar o valor que teñen ás fotografías que serviron de testemuña doutras épocas. E mais seguen aí, servindo de punto de encontro entre a memoria colectiva e o discurso histórico. Mais de nada serve unha imaxe se se mantén afastada da mirada da sociedade. Algo así sucede co Arquivo Pacheco, un dos tesouros máis preciosos que posúe a Galiza, mais que permanece oculto na penumbra duns almacéns.
Vigo, na década de 1880, é unha cidade en pleno crecemento. As fábricas de salgados e de conservas propician a eclosión dunha masa traballadora e dunha pequena burguesía que atraen a actividade económica. Hai liñas marítimas periódicas con Bos Aires, a Habana e Puerto Rico. A construción do ferrocarril avanza -a conexión con Ourense inaugurarase en 1881- e comezan os recheos na ría para ampliar o porto. Nese contexto de crecemento, no ano 1884, estabelécese no nº 31 da rúa do Príncipe o estudio de fotografía rexido polo matrimonio constituído polo italiano Filippo Prosperi e a pontevedresa Cándida Otero, xermolo dunha colección hoxe esquecida nos almacéns da Casa das Artes viguesa. Tras a morte de Prosperi, en 1899, a viúva funda co portugués Jaime de Sousa Guedes Pacheco unha sociedade que se denominará, sucesivamente, Viúda de Prosperi y Pacheco, Pacheco y viúda de Prosperi e, finalmente, Fotografía Pacheco. Á morte de Cándida Otero, en 1915, serán os sobriños de Jaime, César e Horacio, os que se encargarán do estudio en funcións de laboratorista -auxiliando ao propio Jaime- e reporteiro, respectivamente. É extremadamente difícil atopar un acontecemento de certa importancia en Vigo onde non estivese presente a cámara dun Pacheco. A partir de aí, varias xeracións de fotógrafos transformaron Fotografía Pacheco na referencia documental fundamental para a cidade de Vigo e, talvez, para o conxunto da Galiza. A presenza do selo Pacheco foi omnipresente durante décadas: retratos, eventos deportivos, accidentes, mudanzas políticas, sucesos, visitas de personalidades... É extremadamente difícil atopar un acontecemento de certa importancia en Vigo onde non estivese presente a cámara dun Pacheco. Imaxes como a do célebre retrato de Castelao adquiriron un carácter icónico, mais hai outras miles que ofrecen unha información aínda por estudar sobre o noso pasado. E todo cunha calidade técnica incuestionábel. O produto de toda esta actividade gárdase no arquivo que a familia atesourou durante máis dun século e que agora pertence ao Concello de Vigo. O Arquivo Pacheco O 24 de maio de 1991, hai agora trinta anos, o concello de Vigo e os herdeiros de Jaime de Sousa Guedes Pacheco asinaban un convenio polo cal o consistorio vigués adquiría o Arquivo Fotográfico Pacheco, o fondo de fotografía que recollía máis dun século da historia. A colección contén entre 120.000 e 140.000 negativos, así como material de laboratorio, cámaras fotográficas de todo tipo, ampliadoras, obxectivos, mobiliario específico, flashes, trípodes ampliadoras... ademais de libros e coleccións de revistas especializados en fotografía. "Poucas poboacións teñen unha documentación gráfica de tanto interese; o Arquivo Pacheco contén un século de historia de Vigo" declaraba o fotógrafo Manuel Sendón no momento da cesión do arquivo Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal -responsábeis da tamén extinta Fotobienal de Vigo-foron os intermediarios para a adquisición municipal do arquivo. Sendón declaraba na altura que "poucas poboacións teñen unha documentación gráfica de tanto interese; o Arquivo Pacheco contén un século de historia de Vigo". Un legado descomunal e da maior importancia para a historia da cidade e do país polo que o Concello pagou dezaseis millóns de pesetas da época (uns cen mil euros) e que agora permanece metido en caixas nos almacéns da Casa das Artes de Vigo. Cabe preguntarse se este depósito da memoria non merecería mellor destino. Mais tamén cabe interrogarse sobre se o Goberno Municipal está cumprindo as condicións que se asinaron naquel mes de maio de 1991. O convenio O documento de adquisición asinado polas partes dispuña que o concello emprazaría o arquivo "nunha sala especialmente dedicada ao mesmo, para o seu estudo e posterior tratamento". As condicións que debería posuír esta sala están detalladas nun anexo e falan dunha "zona de traballo documental, para clasificación de placas-negativos, catalogación, consulta de copias, preparación de publicacións(...)"; unha zona de laboratorio e restauración onde se producirían "as copias-positivos para arquivar e consultar (...) así como o tratamento necesario das placas-negativos para un adecuado arquivado"; unha zona de arquivo; un almacén de material; un "estudio de necesidades térmicas, lumínicas e de seguridade"; ademais dunha sala de exposicións "para funcionamento permanente e de contidos variábeis relacionados cos traballos do Arquivo Pacheco". Tamén falaba dun equipo constituído por "dous documentalistas e un fotógrafo especialista" que "se ocuparía do estudo, tratamento e catalogación do Arquivo" e daba un prazo de dous anos para levar a cabo esta tarefa; dependendo das necesidades, o Concello podería "incorporar técnicos ou especialistas para completar a formación do equipo básico de bolseiros ou para perfeccionar a investigación". Ademais, o convenio fixaba a obriga do Concello de fomentar "o desenvolvemento de publicacións, exposicións e actividades, en xeral, que conleven a difusión universal" do arquivo. Para este fin de difusión, supúñase que o Concello debería organizar -a partir de 1993- unha actuación anual coa denominación J. Pacheco "tipo premio, bolsa ou actividade que contribúa ao apoio ou estímulo de traballos no campo da imaxe". O documento puntualizaba que a "dotación mínima desta actividade non será inferior a 1.000.000 de pesetas anual e será revisábel anualmente". "As condicións estabelecidas polo convenio asinado entre o Concello e a familia Pacheco foron sistematicamente ignoradas por todas as corporacións municipais desde 1991, cunha soa excepción: o período en que Xesús López ocupou a Concellería de Cultura", declara Víto vaqueiro A inacción do Concello de Vigo A realidade foi outra: nada de todo isto se cumpriu. Vitor Vaqueiro -poeta, fotógrafo e teórico e estudoso da imaxe fotográfica que dirixiu o Arquivo Pacheco entre os anos 2007 e 2011- constata que "as condicións estabelecidas polo convenio asinado entre o Concello e a familia Pacheco foron sistematicamente ignoradas por todas as corporacións municipais desde 1991, cunha soa excepción: o período en que Xesús López ocupou a Concellería de Cultura, en que se tratou de dar un impulso ao arquivo e cumprir coas obrigas adquiridas". En 1993 encargárase un estudo exhaustivo da situación do arquivo, mais só no ano 2000 se asignou un orzamento de 84.000 euros para a dixitalización. Propúxose entón a creación dun museo virtual, unha idea que reapareceu nalgunha outra ocasión, mais non foi até 2009 que a Concellaría retomou en serio o interese polo arquivo. "O ugar onde estaba depositado o arquivo non reunía as mínimas condicións necesarias para a conservación dos negativos, que estaban sufrindo un proceso de deterioración moi preocupante", di Xesúl López, ex concelleiro de Cultura de Vigo Xesús López era concelleiro de Cultura polo BNG nese ano, nunha corporación presidida por Abel Caballero co apoio da formación nacionalista. Agora lembra especialmente as malas condicións nas que estaba almacenado o legado de Pacheco: "Non só non se cumprira ningunha das condicións que marcaba o convenio, senón que o lugar onde estaba depositado o arquivo non reunía as mínimas condicións necesarias para a conservación dos negativos, que estaban sufrindo un proceso de deterioración moi preocupante. Corría o risco de degradarse definitivamente, así que tratamos de buscarlle un mellor acomodo e pór en marcha un centro que respondese ás esixencias da museística moderna". Vaqueiro tamén lembra que o estado de conservación dos negativos era moi deficiente: "Cando eu cheguei non se cumprían nin as condicións máis básicas: nin sequera os requisitos de temperatura nin de humidade. As placas de cristal estaban amoreadas en contedores para o peixe; non existía catalogación ningunha; non había persoal nin sala de exposicións... O arquivo estaba abandonado á súa sorte". Aquel estado de cousas comezou a reverterse. Foi naquel período -que coincide coa dirección de Vaqueiro- cando se abordou o cumprimento das condicións marcadas polo convenio: actualizouse o equipamento informático, catalogáronse unhas 25.000 imaxes e clasificáronse 60.0000, publicáronse monografías, organizáronse exposicións temáticas, iniciouse o proxecto Indagacións -que recollía información da cidadanía sobre os fondos fotográficos- e convocouse por primeira e última vez o Premio Pacheco, gañado naquela ocasión por unha obra de Roberto Ribao que estudaba o papel da fotografía na revista Vida Gallega. Antes, apenas se fixera nada; e despois, nada se fixo. O centro que puido ser e non foi Xesús López vai máis alá do arquivo para subliñar a importancia que teñen as coleccións fotográficas da cidade: "Sen dúbida, o Arquivo Pacheco é o máis significativo para a cidade, mais as coleccións municipais abranguen máis: o arquivo Ksado, o Llanos -actualmente en Ribadavia-, os fondos da Fotobienal de Vigo -que se celebrou desde o ano 1984 até o 2000 e que situou a cidade nos circuítos internacionais da fotografía-... Todos eses fondos están gardados e non se pode acceder a eles, ou son de moi difícil acceso. En vista de toda esa riqueza, xurdiu a idea de crear o Centro Galego de Fotografía, que albergaría unha colección sen comparación a nivel galego e que debería erixirse en eixo de actividades arredor da fotografía". Grazas aos equilibrios políticos do momento, a Concellaría de Cultura logrou que o Estado sufragase os gastos -que chegaron a sumar máis de dous millóns de euros- para a construción e acondicionamento do edificio a cargo dos fondos do Plan-E. O que estaba en xogo compensaba o esforzo: Pacheco, Ksado e Llanos constitúen unha fonte inesgotábel de coñecemento non só sobre a historia da arte fotográfica na Galiza, senón sobre múltiples aspectos da sociedade galega: etnográficos, políticos, históricos, sociais, culturais... E as máis de mil imaxes procedentes da Fotobienal inclúen obras dos mellores fotógrafos galegos (Vari Caramés, Xurxo Lobato, Manuel Vilariño...) e internacionais (Sebastiao Salgado, Cristina García Rodero, Aziz + Cucher, Allan Sekula...). Mais en 2011 o PSdeG-PSOE, con Caballero á cabeza, comezou a gobernar en solitario e, inexplicabelmente, abandonou o proxecto. Logo, novamente, silencio. En 2015, tres anos despois, abre ao público outra exposición con fondos do Arquivo Pacheco: foi a última. En 2012, o arquivo pecha oficialmente. Ante a alarma xerada na cidade e as protestas levadas a cabo por colectivos de artistas, a finais dese ano Caballero inaugura unha exposición co título "Arquivo pacheco. Arquivo vivo". Logo, novamente, silencio. En 2015, tres anos despois, abre ao público outra exposición con fondos do Arquivo Pacheco: foi a última. Despois, o centro pechou durante catro anos e, en decembro de 2019, o alcalde de Vigo e a presidenta da Deputación de Pontevedra asinaron un convenio polo que se cedía o edificio do Centro Fotográfico á Deputación para ser usado como sede do ente provincial na cidade. Colectivos da cidade e personalidades da cultura protestaron e manifestáronse ante a perda dunha ocasión inmellorábel para pór en valor un patrimonio de enormes proporcións, mais non valeu de nada: a finais de xaneiro de 2016 a sede da Deputación abría as súas portas e anunciaba obradoiros para alumnado de Educación Infantil e Primaria sobre o mundo mariño, a entrega dos premios Sofía Novoa aos mellores traballos de fin de grao e de mestrado con perspectiva de xénero e un festival de música feminina. Pacheco e a fotografía deixaban de existir para a cidade. O futuro Almacenado na Casa das Artes, o estado de conservación do arquivo é unha incógnita. "Como non se rematou o traballo de catalogación, non se pode facer unha valoración, mais é probábel que entre un dez e un vinte por cento deses negativos estea danado. Hai placas de cristal que directamente, escacharon, e outros negativos que, debido ás malas condicións de humidade e temperatura, están inservíbeis pola acción dos mofos. Sería da máxima importancia retomar o traballo de dixitalización para evitar a posibilidade de que ese patrimonio se perda definitivamente". Milleiros de fotografias, testemuñas da nosa Historia, atópanse agora amoreadas nuns sotos, ameazadas pola desaparición. O herdo fotográfico máis completo do país corre o risco de desaparecer ante a irresponsabilidade de uns e a indiferenza da maioría. Se cadra, apuntalando un proceso de amnesia colectiva que pon en risco algo máis que unha colección de imaxes.
NOS_2159
Luis Bará presentou unha proposta non de lei no Parlamento que solicitaba desbotar ampliar a concesión á factoría de cloro nos terreos de dominio público que ocupa. O PP tombouna.
Elnosa tería que comezar o cesamento da súa actividade industrial en Lourizán o 31 de decembro de 2016 mais a Xunta decidiu prorrogar un ano máis a autorización ambiental, atendendo así a petición da dirección desta factoría de cloro. O Concello de Pontevedra decidiu, ao se coñecer o acordo da Xunta, presentar un contra esa decisión. O deputado do BNG, Luís Bará defendeu esta terza feira no Congreso unha proposición non de lei para iniciar os trámites do cesamento da actividade de Elnosa en Lourizán , desbotar a ampliación da concesión dos terreos de "dominio público" marítimo terrestre que ocupa e instar o Goberno galego a dirixirse ao Ministerio de Medio Ambiente para a recuperación dos mesmos. Bará lembrou que o PP no ano 2013 chegou a un acordo coa empresa para o traslado da factoría e que a propia compañía se comprometía a procurar unha nova. Mais todo iso ficou en nada e Elnosa continúa en Lourizán. O deputado nacionalista lamentou que desde o PP se "con tanto énfase" a permanencia sta factoría de cloro. O PP votou en contra da proposta, impedindo que esa proposición fose aprobada.
QUEPASA_62
Trala súa reflexión sobre os peches perimetrais no rural, est@ soci@ da Asociación de Empresarios Comarca de Soneira envía outra carta ben interesante.
Crónica dunha morte anunciada O 13 de marzo de 2020, anúnciase un estado de alarma e un confinamento obrigatorio. Despois había que salvar o verán. Volvemos a unha situación crítica tras o verán e empezamos con peches perimetrais, peches de hostalaría, e tras isto, había que salvar o Nadal. E agora volvemos de novo con peches perimetrais en cada concello de xeito individual e un sinfín de novas restricións. Sabemos que a responsabilidade individual non existe, pero desbótase un confinamento como o de marzo porque tamén se debe salvar a economía. Pero a gran pregunta é "a economía de quen se está a salvar?". Dende logo, non se está a salvar a economía do pequeno autónomo, que cada vez que un gobernante abre boca, péchanse reixas que xamais se volverán a erguer. Unha das reixas que ultimamente está máis pechada que aberta, é a dos nosos hostaleiros, que según os gobernos son os grandes culpables da covid-19. Que o transporte público vaia a tope de xente sen distancias de seguridade, que nas grandes superficies poida haber máis xente que en 3 concellos xuntos, e que no traballo debe ser que tampouco te contaxias, pois a culpa maior para o hostaleiro. Pero o peche da hostalaría non so inflúe no propio local, senón que move un mundo de postos indirectos que tamén están a sufrir as consecuencias. Tamén se están deixando de celebrar feiras e mercadiños, que pasa cos feirantes, que parece que se esqueceron deles. Iso si, nas grandes superficies, que por moi alto que teñan os teitos, son en sitios cerrados, aí non hai problema, pode haber unha concentración de xente equivalente a 3 concellos do rural, que aí a covid non existe. Pero agora tamén aparece unha crónica dunha morte anunciada, a do pequeno comercio do rural. O comercio de proximidade, leva vivindo momentos duros dende xa hai un tempo, primeiro coa aparición das grandes superficies e agora co tema da compra online e da aparición das grandes plataformas. Intenta modernizarse, facer tamén unha tenda online e únense a campañas para dinamizar a zona para así buscar un oco e non ser esquecidos. Pero o comercio de proximidade do rural ten que facer moitas veces un esforzo maior, porque ademais de pelexar coas grandes superficies e con internet, tamén ten que sobrevivir o despoboamento que está a sufrir o rural. Cando un pequeno comercio decide abrir no rural, non ten en conta so a poboación de onde se vai abrir, senón que conta: si a vila está ben situada, si é de paso, os comercios que ten o carón, e canta xente merca nesa vila sendo de concellos colindantes (este é un dos puntos máis importantes, xa que na gran maioría, entre un 60-70%, os clientes son de fóra de ese concello). Pois con estes datos na man, resulta que agora toman a decisión de pechar cada concello de forma individual, xa éramos poucos e agora menos. E xa non so van ter que prescindir da gran maioría da súa clientela, que tamén vai ter que pechar ás 18h00. O que non cabe ningunha dúbida, é que os do rural, non baixan os brazos a primeira, e moitos deles, ofrecen levarche a compra a casa sen custe (vamos, que aforras os gastos de envío e ademais lévancho ese mesmo día, o final son máis rápidos que algunhas plataformas). Fago un chamamento a todos os da zona: debido aos peches perimetrais, antes de buscar o produto en internet, chames a tenda onde sempre o mercabas, porque posiblemente eles tamén cho leven a casa. Tendo en conta isto, creo que pouco máis podo explicar. Houbo un momento onde se lle botaba en cara ao Goberno central que non podía poñer medidas centrais, xa que cada autonomía tiña unhas características propias. Pero resulta que agora, na nosa propia autonomía, están tomando decisión centralizadas sen ter en conta o rural (medidas feitas para cidades, que se levan a cabo no rural). A covid está matando e non entende de idades, nin de sexos, nin si es rico ou pobre. As decisións políticas en cambio tamén matan, pero estas si diferencian entre ricos e pobres, e os que levan as de perder sempre son os mesmos. Creo que hoxe por primeira vez, me sentín abraiada polas verbas do político que nos goberna. Afloraron sentimentos de enfado, de tristeza, de impotencia, pero creo que a que máis me tocou foi a ira. Un enfado por todo o que estar a pasar e porque ninguén dos que nos gobernan a nivel de concellos diga nada, onde impera o mutismo, eses mesmos que verán as luces dos baixos dos seus concellos apagarse para nunca xamais volver a prenderse. E unha última reflexión: non será mellor confinar durante 15 días para dobregar a curva, a que sempre paguen os mesmos o pato? Porque por moito que se perimetre, que se pechen os bares e un longo etc... non está a funcionar, e se pensas que a solución é esta, que lle pregunten aos de Vimianzo que levan perimetrados e con restricións dende novembro. Firmado: Unha persoa autónoma, veciña, que lle encanto o rural, pero que está moi cabreada..
PRAZA_3392
Paco Martín fai 80 anos. Oito décadas nas que non deixou de publicar literatura infantil e de adultos, nas que foi unha das persoas que puxeron a LIX galega a circular polo mundo, e nas que foi un mestre comprometido co galego durante 40 anos e autor dalgúns dos primeiros libros de texto nesta lingua. Falamos con el.
Paco Martín cumpre 80 anos. Pero iso é o de menos. A cuestión é que non deixou de publicar literatura infantil e de adultos desde primeiros dos 70 ata agora mesmo. Que foi unha das persoas que puxeron a LIX galega a circular polo mundo, desde que gañou a mediados dos 80 o premio do Barco de Vapor e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Que foi un mestre comprometido co galego durante 40 anos -xa desde a ditadura- autor dalgúns dos primeiros libros de texto nesta lingua. E que, segundo di, é querido e quere a xente. A mesma que lle ensinou a respectar o galego, simplemente, falándoo nas circunstancias menos propicias. Con toda a dignidade. E a naturalidade. Falamos con el por teléfono tras a publicación de 'O home que mercou un libro' (Galaxia), homenaxe, precisamente, aos libros e a vida que poden darnos.Aníbal Hortensio é un rapaz non moi aplicado, de familia bastante ben, que descobre un mundo novo tras mercar un libro. Como xorde este personaxe?Pois Aníbal xa saíu así: reacciona el e failles reaccionar aos demais. A historia, en realidade, vaise facendo soa. Eu só son a man que escribe: o demais funciona mecanicamente. Mais eu si quería render unha homenaxe aos libros como elemento que serve para xuntar as razóns de moita xente e para mellorar a vida das persoas."Eu si quería render unha homenaxe aos libros como elemento que serve para mellorar a vida das persoas"Aníbal vai descubrindo que na súa contorna hai persoas que aprezan a poesía. Pasa así na realidade máis do que pode parecer?Si que pasa, afortunadamente, máis do que parece, pero debería ser máis coñecido. Hai xente interesada e máis xente que se podería interesar se lle desen a oportunidade. Dise que a xente non le, mais a xente le, e moitas persoas que non len serían lectoras se tivesen a oportunidade de entrar nese mundo, pero non se lles permite ou non se lles dá esa opción...Supoño que vostede afirma iso tamén como mestre que foi durante tantos anos…Fun mestre toda a vida e iso marca, claro. Porque traballas con persoas e vas vendo as súas reaccións: as dos nenos e nenas as das persoas adultas. Tes contacto con moita xente…"Fun mestre toda a vida e iso marca, claro"Referíame ao traballo que fixeron para incentivar a lectura en galego cando case non había literatura infantil e xuvenil nesta lingua.Se te fixas, verás que as persoas que nos dedicamos a escribir para rapaces somos xente que estabamos no mundo do ensino, porque, como dis, non había. Eran outros tempos: agora xa non é así, pero entón non se consideraba aos nenos e nenas como parte fundamental da sociedade, senón coma unha especie de adultos pequenos.Por iso non había literatura para a rapazada. O que había eran cousas moi contadas, e sobre todo traducións ou adaptacións de libros coma 'Platero y yo' ou 'El Quijote'... Iso era aquí, porque en Dinamarca, por exemplo, tiñan a Andersen… Como aquí non había literatura para a rapazada, era preciso fabricar material e por iso entramos niso…"Como aquí non había literatura para a rapazada, era preciso fabricar material e por iso entramos niso"Os pais de Aníbal non o animaran moito a estudar e uns parentes parvos que queren ascender socialmente desprezan a poesía. É unha maneira de incidir na importancia de que se incentive os nenos na casa a ler? De pensar sobre a relación da clase media alta galega coa cultura en galego?Podemos dicir que agora, polo menos, é máis tolerada. Antes a clase alta: non toda, pero a clase adiñeirada en xeral, non estaba moito por atender o que consideraba vulgaridades coma os poemas e as novelas en galego. Un podía ler se cadra de vez en cando algún libro que lle recomendaban, pero nunca en galego. E eu si pretendía chamar un pouco a atención sobre este tipo de actitudes, que non son moi comprensibles pero existen.Vostede foi mestre de 1961 a 2000. Fixo algúns dos primeiros libros de texto en galego. Publicou o primeiro libro de narrativa no 1971, antes da morte de Franco. E dirixiu Axóuxere, no xornal 'La Región', no 74-75. Como era entón publicar en galego? Por ese mesmo tempo houbo mestres represaliados por dar aulas en galego...En realidade esas cousas dependían un pouco de quen che tocara. Si que houbo mestres e mestras expedientados. Pero dependía moito das autoridades académicas que che correspondesen. Eu desde o ano 69/70 fun mestre en Bretoña. Usei o galego sempre e nunca tiven problemas. A xente, ademais, estaba encantada: aínda me saúdan cando me atopan pola rúa antigos alumnos."Eu desde o ano 69/70 fun mestre en Bretoña. Usei o galego sempre e nunca tiven problemas. A xente, ademais, estaba encantada"Pero claro que naquel tempo podía suceder que tiveses problemas se alguén te denunciaba. Non foi o meu caso: nin tiven problemas a nivel de inspección, que era coñecedora da situación. Se cadra si que podía chegarche algunha indirecta, pero con non facer caso… Tampouco tiven problema cos primeiros libros de texto que fixen en galego. Vendéronse moito, de feito. Foi antes da oficialidade do galego, pero xa daquela comezaba a haber unha apertura…Pero iso xa foi na Transición… Si, pero cando fixeramos Axóuxere, por exemplo, aínda estaba Franco. E tivemos que deixalo, pero máis ben por motivos físicos: Axóuxere editábase en Ourense e nós viviamos en Lugo, entón tiñamos que ir no coche con todo o material todas as semanas, e a estrada ademais non era unha marabilla. E todos traballabamos, entón tiñamos que dedicarlle tempo fóra do noso horario de traballo… Era un esforzo considerable que ao final tivemos que deixar. Pero problemas non tivemos ningún. Eu penso que tamén as autoridades non se metían porque pensarían: total, isto non o le ninguén!'Coa xente miúda II' (1985) leva o subtítulo libro para "ciclo medio", do colectivo Esteo. Era un colectivo de mestres?Eramos un colectivo de catro mestres do colexio Luis Pimentel. Sacamos dous volumes de 'Coa xente miúda', de narrativa, e libros de texto.Nese momento, como falabamos antes, decidides escribir LIX en galego porque non había. Desde entón a LIX gañou moito peso na nosa literatura e no mercado -de feito, case salva as contas dalgunhas editoras-. E dise que se foi facendo máis diversa, de maior calidade… Que pensa vostede de como foi cambiando?Afortunadamente a LIX gañou un pulo enorme, iso é verdade. Pero non sei se tanto en calidade, porque se penso en Xabier P. Docampo, en Agustín Fernández Paz, en Fina Casadelrrey… xa había cando se comezou unha chea de libros de extraordinaria calidade. Quero dicir, que non vale dicir que todo o de antes era peor."Non vale dicir que todo o de antes era peor"Ademais, foron as persoas que marcaron o camiño do que veu despois. E hoxe, si, hai un nivel altísimo. E a verdade é que escribir libros para rapaces é máis agradecido -eu tamén escribo para adultos-. É o público máis natural e espontáneo. E agora estase traducindo moito a outros idiomas, véndese moito… É un bo momento.Entre os seus últimos libros está 'A rula, o peluche e a nena' (2015). Fala dunha rula curiosa que vai descubrindo o mundo e que asiste ao nacemento dunha compañeira. Parece un libro diso, do descubrimento do mundo por unha rapaza… De paxaros tamén fala, por certo, 'O paporrubio que tiña sede' (1998)...Pois 'A rula' fíxeno cando naceu a miña neta. Tiña pensado non publicalo ata que ela puidese ler, pero convencéronme para sacalo xa. É sobre o descubrimento do mundo, a amizade…'De paraugas' (2016), que está entre os seus últimos libros tamén, son historias relacionadas cos paraugas. Tiñas outro libro sobre oficios tradicionais: 'Lembranza nova de vellos mesteres' (1988)… É unha das constantes: escribe relatos relacionados por un tema…O dos oficios eran oficios inventados, en realidade. Pero si. O dos paraugas xa conto no propio libro como xurdiu. Foi unha noite en Madrid. Xabier Docampo, Xavier Senín e eu -e antes Agustín Fernández Paz- iamos todos os anos un día á casa de Javier Farias, renderlle homenaxe ao mestre.Pola noite iamos cear e de copas, e viña tamén a editora, María José Gil, e Xan López Domínguez, o ilustrador. Pois nunha destas vimos un home moi elegante que levaba un paraugas branco. Chocoume moito e a partir diso pedinlle a Daniel Puente, fillo de Xabier Docampo, que fixese fotos de xente con paraugas. E así naceu 'De paraugas'....En 'A bisneta lercha' (2006) reelabora tres contos da tradición popular: 'A carapuchiña vermella', 'O parrulo feo' e 'O gato con botas'. Por que esa relectura? Escollín tres contos relativamente tradicionais, pois 'A carapuchiña vermella' é dos irmáns Grimm e 'O gato con botas' é de Perrault. O que fixen foi facer historias actualizadas a partir do conto tradicional, que se recoñece. Unha posta ao día, con algúns motivos diferentes, dos contos clásicos. Foi un traballo moi divertido…'Historias para ler á noite' son contos de medo. Isto conecta directamente coa tradición do relato oral galego…Si. Publiquei primeiro 'Tres historias para ler á noite', mais como engadín unha cuarta, da seguinte vez tivo que ser 'Historias para ler á noite'. Son contos de medo que teñen que ver coa nosa tradición, si…, coa tradición dos contos con encanto…Gañou no 1986 o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil do Ministerio con 'Das cousas de Ramón Lamote'. E no 2008 publicou 'Das novas cousas de Ramón Lamote'. Continuar cunha mesma historia é algo que fixo varias veces. Algo moi presente nos seus libros, tamén, é a observación do extraordinario do cotián. Iso está en 'Das cousas de Ramón Lamote' e, xa moito antes, en 'No cadeixo' (1976), que conta, simplemente, o que pasa nun día de festa…É que estou convencido de que as cousas máis importantes están feitas de cousas pequenas. O cotián, o de cada día, é o que pode mover e de feito move o que vai suceder a continuación, o que será, que acontecerá dependendo de nós e das circunstancias."As cousas máis importantes están feitas de cousas pequenas"E como se leva desde a perspectiva de hoxe con 'Das cousas de Ramón Lamote'?Pois ben: está aí despois de perto de 40 anos e segue editándose e falándose del. Agora saíu a tradución ao inglés...Outra característica da súa literatura é a preocupación pola calidade lingüística, a lingua popular… É que eu teño moitísimo respecto pola lingua porque teño moitísimo respecto pola xente. Nós vivimos en Lugo nun barrio das aforas, medio aldea. Nos anos da posguerra aos nenos falábannos en castelán, e eu estaba convencido de que había unha lingua para nenos, o castelán, e unha lingua para adultos, o galego, porque era o que falaban entre eles. Cando me fixen mestre estaba instalado no castelán. E cando cheguei por primeira vez a unha escola xa vin que alí non falaba castelán ninguén."Nos anos da posguerra aos nenos falábannos en castelán, e eu estaba convencido de que había unha lingua para nenos, o castelán, e unha lingua para adultos, o galego"E entón pensei que estaba traizoando, primeiro, aos que me pagaban -aínda que fose unha miseria- e sobre todo a xente coa que estaba a traballar como mestre. A transformación veu xa a partir diso: comprendín que tiña que ser moi respectuoso co que fala a xente. E ademais hoxe temos un presidente da Xunta, e algúns conselleiros, -mesmo algúns nacionalistas, cos que me identifico-, que non teñen respecto polo idioma, polo que contribuirán a que desapareza. E eu non quero ter culpa diso, ou quero ter pouca, motivo polo cal tento escribir nun bo galego...'Medio burato', do 2000, é un libro de aventuras con viaxe no tempo… E 'Auga para encher un cesto' (2002), entronca coa actualidade: un inmigrante africano, rapaces marcados pola carencia… Foi buscando distintos xéneros, temas…A imaxinación é o que leva a iso e témola todos. Pero, se che digo a verdade, tampouco volvo moito aos libros que teño publicados. Non volvo lelos porque sei que lles ía atopar defectos…Mais non hai algún ao que lle teña especial cariño, que non sexa o coñecido 'Das cousas de Ramón Lamote'?Se cadra podo dicir o primeiro que publiquei, 'Muxicas no espello'. Por iso, porque foi o primeiro. Pero, despois, a verdade é que lles teño cariño a todos os libros. Todos son fillos, ou netos…"A verdade é que lles teño cariño a todos os libros. Todos son fillos, ou netos…"Cumpre 80 anos e leva publicando desde primeiros dos 70. Sente o seu traballo como escritor recoñecido? Digo porque moitas veces non pasa isto.Pois hai cousas das que estou dándome conta agora. A verdade é que tampouco me preocupei moito nunca por iso… Eu tentei comportarme dignamente cos meus semellantes e creo que me levo ben coa xente. A maioría da xente quéreme ben e eu quérolles a eles, e estou satisfeito por iso. Manuel María dicía que cando vas vello véñenche coas exequias, pero si, eu si sinto que os meus libros foron recoñecidos. E detalles como que Antonio Reigosa saque un artigo falando dos meus 80 anos a verdade é que gustan.Mais as "exequias" neste caso non son agora pola idade. Vostede gañou o premio Barco de Vapor primeiro, no 84, con 'Das cousas de Ramón Lamote', antes de gañar o Premio Nacional, ou de ser incluído o mesmo libro na lista de honra do IBBY e en White Ravens… Tamén gañou o premio Puro Cora de Xornalismo no 1994…Gañei premios, si. O do Barco de Vapor podo contar como foi. Estabamos vivindo de aluguer e o propietario díxonos que tiñamos que deixar o piso porque ía casar unha filla. A miña muller, que tamén era profesora, e eu, decidimos ir buscar os aforros e pedir un crédito para comprar o piso. Pero despois decatámonos de que os cartos non chegaban: había que pagar o notario e outras cousas.E estaba este premio, e eu mandei o libro, que xa o tiña escrito. Gañei o premio do Barco de Vapor e despois o Premio Nacional. Foi así. Pero antes, nin sabía que existía. Tamén gañei hai pouco o Otero Pedrayo, co que tampouco contaba. O de empezar a facer columnas en prensa foi tamén un pouco así. Ao principio era un pouco reacio pero despois gustoume e estiven 20 anos escribindo columnas no 'Diario de Pontevedra' e en 'El Progreso'…
NOS_43206
Unha enquisa publicada polo ABC sitúa o PP no limar da maioría absoluta e indica que o partido encabezado por Alberto Núñez Feijóo podería reter a Xunta ben por si propio, ben co apoio de Ciudadanos.
A enquisa de GAD3 publicada polo ABC este domingo –foi realizada entre o 4 e oi 6 de abril, após coñecerse que Feijóo recuncará como candidato á Xunta- dálle ao PP o 44,1% dos votos nas eleccións galegas, con entre 36 e 38 escanos (a maioría absoluta sitúase nos 38 escanos). Nas anteriores eleccións ao Parlamento obtivera o 45,8% dos apoios e 41 escanos. Podería ser chave Ciudadanos, que irrompería no Parlamento galego con dous ou tres escanos, que serían decisivos para unha reedición do Goberno de Feijóo se o PP fica ao bordo da maioría absoluta. PSOE e a Marea, practicamente igualados Na segunda posición situaríase o PSOE, cun 19,7% dos apoios e entre 15 e 17 escanos. Os socialdemócratas perderían case un punto a respeito do resultado das eleccións de 2012, cando acadaron o 20,6% dos apoios e 18 parlamentares. A Marea (Podemos, IU e Anova), pola súa banda, ficaría na terceira posición co 17,9% dos apoios e conseguiría entre 14 e 16 escanos (AGE, a coligazón de Anova e IU, fixérase con 9 parlamentares en 2012). O BNG colocaríase na cuarta posición, cun 6,7% das papeletas e retrocedería 3,4 puntos a respeito dos anteriores comicios galegos, cando obtivo 7 parlamentares. A formación nacionalista faríase con 4 ou 5 deputados segundo esta enquisa, da que non se coñece a mostra. A día de hoxe o reparto de escanos no Parlamento galego é o seguinte: o PP, 41; o PSOE, 18; o BNG, 7; AGE, 6 e o Grupo Mixto –con parlamentares escindidas de AGE-, 3.
NOS_127
Reproducimos a seguir Xaora', segundo premio do Certame de Microrrelatos de 'Nós Diario'
Xaora Sentado co avó á sombra da pereira, enredabamos debullando chícharos. Ao pouco, chegou o tío Xan que viña da feira traendo consigo unha cabuxiña negra cos pés brancos como a neve. Chamámola Carpíns e axiña deu en mamar cabo dos años da ovella Nora. Semellaba un cordeiro máis, a non ser polas dúas campaíñas que lle penduraban do queixo. Tiña, así mesmo, un bear cantareiro igualiño ao das ovellas. O avó sempre di que Carpíns é un animaliño especial. Xaora que o é. Eu cría que o tío Xan era irmán do avó. Un día, contando contos a carón da lareira, descubrín que malia facerse chamar tío e compartir alcoba co avó, o seu benquerer non é propio de irmáns. O avó sempre di que Xan é un home especial. Xaora que o é. O meu mellor amigo é o Roi, vive na Casa de Acollida que hai ao pé da nosa. Divertímonos xogando ao balón no mesmo prado, chao e mol, no que a cotío pacen as ovellas. Roi quere volver coas súas nais, pero ten que agardar a que o decida un xuíz. Mentres e non, é feliz aquí. O avó sempre di que Roi é un neno especial. Xaora que o é. Roi, o tío Xan, Carpíns, o avó e mais eu compartimos bos momentos á sombra da pereira. O avó conta que cando el era novo, esa árbore era unha maciñeira. O seu pai enxertouna cun gallo de pereira e agora dá unha peras tan saborosas como as mazás que el comía de neno. O avó sempre di que esa pereira é unha árbore especial. Xaora que o é. Alí mesmo, ao seu abeiro, este serán díxome o avó que mañá non irei á escola. Cómprenos ir cabo da pediatra para completar o meu cadro de vacinas coa do papiloma, pois disque prevén doenzas do útero... O avó bicoume e bisboume ao oído dicindo, coma sempre, que son un neno especial. Xaora que o son. Cuspidiño a el.
PRAZA_13013
Repasamos a longa e intensa actividade política do homenaxeado nas Letras, dende os anos anteriores á Segunda República ao seu papel protagonista na Transición, pasando pola súa actividade no Partido Galeguista e durante a ditadura franquista.
"Nós vimos a construír unha nova Galicia, que sexa como espello da súa propia esencia étnica. Queremos unha Galicia autónoma, señora de si mesma, que sexa oficialmente o que ela é naturalmente. Levando os principios democráticos á súa máis radical manifestación, arelamos que o pobo galego entenda directamente os seus problemas, sen intromisión de quen é alleo a eles, os resolve sen coñecelos, sen sentilos, sen vivilos, como puidera resolver os problemas do Congo". Así falou Valentín Paz-Andrade no mitin da primeira celebración do 25 de xullo tras a ditadura de Primo de Rivera. Foi unha xornada histórica, en 1930, no Teatro García Barbón de Vigo, na que interviron tamén Otero Pedrayo e Castelao. "Endexamais volva ser Galiza territorio colonizado polas taifas electorais das vellas oligocracias. Fagamos do berro Terra e Liberdade o noso lema redentor", reclamou ante un auditorio cheo. "Endexamais volva ser Galiza territorio colonizado polas taifas electorais das vellas oligocracias. Fagamos do berro Terra e Liberdade o noso lema redentor", reclamou ante un auditorio cheo Os galeguistas vigueses, coma el, uníranse aos de Pontevedra e Ourense na actividade propagandística daquel intenso ano que precedeu á chegada da Segunda República. Mais a traxectoria política de Paz-Andrade iniciárase anos antes. Sendo estudante en Compostela participara xa no 1919, no contexto da II Asamblea Nacionalista, nun mitin con Luís Peña Novo, Antón Villar Ponte, Vicente Risco ou Castelao, entre outras personalidades do galeguismo. O ano seguinte presidía a Xuventude Nazonalista. E dez anos despois, rematada xa a andaina do xornal Galicia debido á censura da ditadura de Primo de Rivera, envólvese na creación do Grupo Autonomista Galego. Era o tempo da Ditablanda de Berenguer. "Aquilo marcou unha rebaixa no grao de opresión", contoulle o propio Paz-Andrade a Tucho Calvo na entrevista recollida no libro A memoria do século XX, recentemente reeditado por Biblos. "O máis urxente era espertar a conciencia política do pobo. Maiormente, nas capas neutras ou adormentadas, civicamente falando. Eran as de vilas e aldeas. Castelao concordou con esta posición e sumouse á nosa angueira. O artista lanzouse a facer as súas primeiras experiencias oratorias. Fun o seu acompañante en todos os actos que cubriron a xeografía da provincia", engade Paz-Andrade naquela conversa. Paz-Andrade rexeitaba entón a integración na O.R.G.A. porque "nunha situación de minoría dentro do partido resultante, corríase o risco de sermos absorbidos por un de ámbito estatal, deixando inerme a causa nazonalista de Galiza" No mesmo ano daquel mítico acto no Teatro García Barbón asinouse o Pacto de Lestrove, onde naceu a Federación Republicana Galega (FRG). E neste acordo viu Paz-Andrade, segundo lle comentou a Tucho Calvo, "o fermento do divisionismo que veu corroer a política galega". Explícao así: "O esquecemento que se cometera en Lestrove non deixara fóra da órbita republicana galega somente os galeguistas. O mesmo desleixo fora cometido cos agrarios, forza pouco estruturada políticamente, mais en potencia moi considerábel". Paz-Andrade rexeitaba entón a integración na O.R.G.A. porque "nunha situación de minoría dentro do partido resultante, corríase o risco de sermos absorbidos por un de ámbito estatal, deixando inerme a causa nazonalista de Galiza". Os acontementos políticos sucedíanse, naquela época, a gran velocidade. Paz-Andrade colaborou, no 1931, na redacción do anteproxecto de Estatuto elaborado polo Seminario de Estudos Galegos. Proclamada a República, mobilízase para formar unha candidatura ás eleccións constituíntes. E conseguiu vencer a reticencia de Castelao a encabezar a lista por Pontevedra. "Como vou ser eu candidato? Nin primeiro, nin segundo, nin terceiro. Eu non son máis ca un artista". Esta foi a primeira resposta do autor de Cousas á súa proposta. "Mais es tamén o home con maior audiencia do galeguismo militante", retrocoulle Paz-Andrade, segundo el mesmo lembra en A memoria do século XX. E non errou na súa apreciación. Porque da candidatura que formaron Castelao, el mesmo e Ramón Cabanillas, tras unha campaña de enorme intensidade, só o primeiro saíu electo. El quedou sen escano, segundo denunciou, debido ao roubo da saca dos votos por un "mercenario" de Emiliano Iglesias. El quedou sen escano, segundo denunciou, debido ao roubo da saca dos votos por un "mercenario" de Emiliano Iglesias O historiador Justo Beramendi relata ese mesmo capítulo da historia das eleccións republicanas no seu ensaio De Provincia a nación. Historia do galeguismo político. "En Pontevedra, a coalición republicano socialista arrasou, copando os nove escanos das minorías (catro ORGA-FRG, catro PSOE e o radical Emiliano Iglesias). Dos tres restantes, dous corresponderon ós radical-agrarios e un para o nacionalista Afonso Rodríguez Castelao", escribe. Malia todo, "os indicios de que se producira un pucheirazo masivo, sobre todo a favor de Emiliano Iglesias, eran numerosos". É máis, "os nacionalistas consideráronse especialmente prexudicados e denunciaron arreo que Emiliano Iglesias lle roubara a acta de deputado a Paz Andrade". De feito, "na sesión de escrutinio oficial demostráronse documentalmente irregularidades graves en números lugares". Porén, a Comisión de Actas do Congreso non lle deu a razón a Paz-Andrade. "Era un demócrata, pero non lle gustou que o PG se coaligase coas esquerdas. Hai que ter en conta que no 32 sufrira un atentado. Fora tiroteado por dous anarquistas, no contexto dunha folga pesqueira" A primeiros do Nadal do 1931 fundouse o Partido Galeguista (PG), no que o Grupo Autonomista Galego se integrou. Nas eleccións xerais do 1933 Paz-Andrade repetiu candidatura xunto a Castelao, xa polo PG. Mais os resultados foron un fracaso. Cando no 1934 Castelao, que acababa de ser desterrado, lle propuxo que o substituíse na secretaría política do partido, Paz-Andrade rexeitou a oferta. E nas derradeiras eleccións da República, cando o PG decide incorporarse na Frente Popular, optou por ir nas listas do Centro promovidas por Portela Valladares. "Era un demócrata, pero non lle gustou que o PG se coaligase coas esquerdas. Hai que ter en conta que no 32 sufrira un atentado. Fora tiroteado por dous anarquistas, no contexto dunha folga pesqueira. El traballaba como avogado para a patronal, e este incidente afastouno máis dunha posible alianza coa esquerda. Ademais, era, desde logo, nacionalista, pero do que hoxe chamaríamos centro. Un demócrata de centro, poderiamos dicir", explica Beramendi. Mais non é unánime a interpretación sobre a súa decisión de presentarse ás eleccións co Centro. El mesmo explicoulle a Tucho Calvo que o propio Castelao lle recomendara aceptar a proposta de Valladares para que o galeguismo tivese un deputado máis por Pontevedra, xa que a Frente Popular non deixaba por esta provincia máis que un posto para os nacionalistas. Estaba en xogo, entón, o futuro do Estatuto. Pero non saíu electo, o cal, probablemente, lle salvou a vida, xa que pouco despois chegou o golpe franquista. Durante a guerra e a ditadura, Paz-Andrade centrouse máis no seu traballo como empresario, xornalista e escritor. Non saíu electo, o cal, probablemente, lle salvou a vida, xa que pouco despois chegou o golpe franquista. Durante a guerra e a ditadura, Paz-Andrade centrouse máis no seu traballo como empresario, xornalista e escritor Non deixou, porén, a política totalmente de lado. Non participou da militancia clandestina antifranquista, pero tivo máis dun problema co réxime por expresar as súas ideas, principalmente, a través do xornalismo. No 57 estivo no cárcere por un artigo publicado na revista que dirixía, Industrias Pesqueras. Foi desterrado, por outra banda, tres veces: a Verín, Trives e Badaxoz. Participou, como accionista, na fundación de Galaxia, e mantivo contactos cos exiliados nas súas diversas viaxes a América. Aínda que tivo tamén as súas tensións cos membros da editorial. "Pese a que eu era un dos principais accionistas constituírona prescindindo de min en absoluto", asegura nunhas declaracións que recolle Xan Carballa en Biografía de Valentín Paz-Andrade -publicada, precisamente, por Galaxia-. O seu labor na Transición É nos 70 cando volve á política activa, designado representante galego na Xunta Democrática de España, e despois na Comisión Negociadora da Oposición Democrática. No 77 presentouse como senador por Pontevedra pola Candidatura Democrática Galega Independente. Mantívose, deste xeito, afastado da estratexia rupturista e autodeterminista que adoptou unha parte do nacionalismo na época, e non deixou de reivindicar para Galiza unha autonomía de primeira categoría, como correspondía a unha nacionalidade histórica. Nunha carta a Neira Vilas expresou a súa frustración ante o feito de que "o poder central, aínda que agora se vernice non brillos democráticos, obrou de novo autoritariamente ao impor a Galicia, como primeira estrutura do futuro autogoberno, nomes luxados nas peores servidumes á Ditadura". No 79 participou nas manifestacións contra a "aldraxe" do Estatuto de segunda que quería impoñer a UCD, como xa fixera no 77 nas mobilizacións de Galiza pola autonomía No 79 participou nas manifestacións contra a "aldraxe" do Estatuto de segunda que quería impoñer a UCD, como xa fixera no 77 nas mobilizacións de Galiza pola autonomía. Noutra carta, que publicou nun xornal de Bos Aires no 1981, -cítaa Xan Carballa na súa biografía-, protesta airado pola "groseira mistificación" da autonomía que, di, non só se lle concede tamén a quen non a pedira, senón que superpón o "réxime centralista" ao autonomista, reforzando o primeiro ao non suprimir as provincias.
NOS_35621
As marionetas ocupan espazos culturais, rúas e prazas da vila dos acuedutos. O Festival Internacional de Títeres de Redondela celebra a súa XV edición e iso nótase en cada un dos seus recunchos.
A recoñecíbel imaxe de P. Pastor para o festival é o primeiro sinal de que o teatro de títeres é o grande protagonista da actividade de Redondela, en especial, durante os días 24 e 25, datas grandes do programa. Programación escolar, espectáculos de rúa e a oferta de salas ademais doutras múltiples propostas integran o programa do festival que ten aberta desde o día 17 de maio a mostra de Ferroluar no Multiusos composta por marionetas metálicas robotizadas que interactúan co público, chatarras que cobran vida que estará aberta até o día 26. O sábado 24, presentarase o cd "Son Titiriteiro", un traballo no que participan 19 agrupacións musicais locais. Organizado pola asociación Xente Titiriteira, o festival conta nesta edición cunha sólida oferta internacional, con compañías de Chile, Francia, Ecuador ou Rusia, algunhas dunha gran relevancia en Latinoamérica. O tráfico córtase en Redondela para que sexan os milleiros de persoas asistentes as que tomen as rúas, atopando o teatro nas prazas ou soportais da vila. Máis de cen veciños e veciñas participan de maneira voluntaria na organización do festival, que compromete aos máis diversos sectores de Redondela. O director do Festival, Luís Crespo, destacaría nesta edición, "en primeiro lugar dúas compañías latinas, que é moi difícil atopar en Europa e é preciso case cazar ao vó. Paga a pena ver os espectáculos de Titiritainas de Ecuador e Teatro Milagros de Chile" sinala, ao tempo que destaca tamén o interesante programa de rúa con propostas como "Homocatodicus" de L´Excusse Teatre ou "Don Roberto" de SA Marionetas de Portugal ou a italiana Otto Panzer con "AB Normal Life".
NOS_17512
Convocados polo Movemento pola oficialidade, manifestáronse na cidade de Temuco para exixir os seus dereitos lingüísticos ao goberno rexional araucano.
Varios centos de persoas saíron á rúa en Temuco para pedir a oficialidade do mapuzugun (idioma mapuche) na Araucaria, a rexión onde viven a maioría dos máis de 600.000 mapuches que hai en Chile. Convocados polo Movemento pola oficialidade e pola Federación Mapuche de estudantes, os manifestantes denunciaron a ausencia de dereitos lingüísticos para os falantes desta lingua. Os expertos calculan que entre 100.000 e 200.000 persoas falan mapuzugun. A Academia nacional da lingua mapuche fixo un chamamento a que sexa a propia xente quen, perante a actitude das institucións reacias a recoñecer este idioma, se mova para recuperalo a través de diferentes iniciativas e proxectos. Unha delegación de crianzas fixo entrega dunha carta dirixida ao goberno araucano pedindo que o mapazugun sexa oficial no territorio. Na manifestación tomaron parte representantes doutros movementos, como o aimara ou o quechua.
NOS_3402
A CUP entrou no Parlamento catalán. Entre @s tres deputad@s elect@s está o xornalista David Fernàndez. Nesta institución seguirán a defender uns Països Catalans (PPCC) independentes, socialistas, sostíbeis no ecolóxico, equilibrados no territorio e non patriarcais. O ascenso desta formación, hai ano e medio tiveron 100.000 votos, 100 concelleir@s e catro alcaldías, débese ao asamblearismo e o traballo na rúa
Como xornalista, que opina do trato que lle dá a prensa a CUP?Até o 25-N desde o silencio e o descoñecemento. A realidade das loitas populares e dos movementos sociais custa que aparezan na prensa propiedade de empresas privadas. Na campaña, co traballo na rúa, tivemos algún espazo. Agora, despois das eleccións, hai un certo "efecto simpático" por estar no Parlament. De traballar nos concellos a estar no Parlament. Cal é o segredo?Diría que o segredo é que non hai segredos. O proxecto da CUP continúa a ser hoxe mesmo, despois de pasar unhas eleccións, a construción duns Països Catalans desde os municipios, desde os barrios, desde as comarcas... Ir ao Parlament foi unha decisión colectiva tomada nun tempo récord, dous meses, pola tripla crise que vive o noso pobo: a crise nacional, a profunda crise socioeconómica e a crise democrática. No libro Cop de CUP que acaba de presentar fala do proceso que levou a que a CUP sexa o que é hoxe. Como di a letra do grupo catalán Manel, foi moi difícil chegar até aquí?A CUP non estaría aquí sen o esforzo de miles de persoas anónimas que en tempos peores, en tempos de silencio comprometéronse pola liberdade política e a xustiza social nos PPCC. O proxecto político da CUP xorde baixo a ditadura, en 1968, cando se configura o independentismo moderno nos PPCC. Segue en 1978, cando todo o mundo cre na fábula da transición, e en 1977 a esquerda independentista convoca e levanta acta da fraude e das hipotecas que ten a transición, da impunidade que representa respecto aos crimes do réxime franquista e da continuidade nos poderes reais, alén daquel tránsito que nos venderon como modélico e que hoxe todo o mundo di que rematou. Son miles as persoas que en catro décadas mantiveron en pé os soños e en tempos máis difíciles. Agora estes 126.000 votos que acadamos son o esforzo dun exército de soñadores, militantes ou non da CUP, eu mesmo son independente, que fixemos unha mobilización extraordinaria, outra campaña a pé de rúa, porta a porta, boca a orella, barrio a barrio, en máis de 500 actos, con moitas charlas para explicar cal era o proxecto de ruptura democrática que ten a CUP. A CUP fala de "esquerda institucional" e a outra esquerda... Cal é o debate?Sobre o taboleiro catalán hai debate. Se a CUP decidiu presentarse é porque consideraba que as clases populares non estaban representadas no Parlament polas outras esquerdas. Nós temos memoria de elefante non de peixe. Neste país gobernaron oito anos as esquerdas e son os que comezaron os recortes. Este é o noso ciclo político, vimos dunha derrota profunda das esquerdas e estamos nun proceso de reconstrución que supere aquel vello dito latinoamericano que dicía que "o poder é como un violín que se colle coa esquerda e se toca coa dereita". A CUP parte dun proxecto de democracia radical. Diferenciámonos no "que", somos anticapitalistas, e no "como", a través dun sistema asembleario.Tentamos parar os recortes e poñermos a semente doutra economía. Se eles teñen Mercadona, nós temos cooperativismo de consumo que salva o noso rural, se eles teñen bancos, nós temos sistemas financeiros solidarios. A mellor noticia non é que o sistema non funcione, senón que xa estamos a construír outro. Cales son as prioridades da CUP para esta lexislatura no Parlament?Nós pensamos que a democracia comeza na rúa, non no Parlament. Para nós o eixo central da vida política deste país continúa a ser a rúa. Nas crises que temos o mellor que lle pasou a este país foi a resposta na rúa. Na Diada, nas tres folgas xerais, nas críticas ao modelo de roubo e de acumulación polas quitas a que someten as clases populares. Aquí estamos rescatando bancos e economías privadas e estamos convertendo débeda privada en débeda pública.Ao Parlament imos levar a voz dos sen voz, falar do país real, denunciar, tentar parar e construír, denunciar a negación do dereito á autodeterminación, no ámbito da peor crise social e económica desde o final da ditadura, con recortes nunca coñecidos en democracia. En Catalunya hai un 30% da poboación ás portas da exclusión social, nun "corralito" real. No ámbito democrático esta semana anunciáronse máis recortes, unha fraude democrática, posto que CiU faino 48 horas despois das eleccións. Dixémolo na campaña: farémoslle a vida imposíbel mentres eles nola fagan a nós cada día. Artur Mas quere formar un goberno estábel. Que lle recomendaría?Que se desmarque dos mercados que son os que deron inestabilidade social, política, económica ao noso pobo. Recomendaríalle que en vez de mirar Massachusets ou Baviera, mirase máis Islandia. Se o pobo catalán non ten xustiza o goberno non terá paz. Se quere estabilidade que entenda que o soberanismo xirou á esquerda Falando da consulta, cando propón a CUP que se celebre?Canto antes e que sexa vinculante. Que ao día seguinte haxa feitos políticos concretos, con novas institucións políticas comúns que nos permitan gobernar e loitar contra a crise. Se non hai consulta será a fraude electoral máis grande da nosa democracia.
NOS_774
O candidato á presidencia do Goberno central, Pedro Sánchez, non quixo responder ás esixencias do líder de Esquerra Republicana, Oriol Junqueras, quen nunha entrevista nun medio estatal avisou que ERC votará non na investidura, de non haber unha mesa de negociación entre Goberno estatal e catalán. As condicións da formación republicana aséntanse en que nesa mesa bilateral se poida falar de todo, en referencia ao dereito de autodeterminación, e se formule un calendario e uns mecanismos que garantan o cumprimento dos posíbeis acordos.
Após as tres reunións oficiais de negociación xa producidas entre as equipas do PSOE e ERC para lograr a abstención das republicanas na votación de investidura no Congreso dos Deputados, Pedro Sánchez voltou a definir a situación en Catalunya de "conflito político", en lugar de "problema de convivencia", como fixera durante a campaña e no preacordo con Unidas Podemos para un Goberno de coalición. Nese sentido, Sánchez sinalou onte mesmo "o diálogo" como "o método para resolver os conflitos políticos". De todas formas, matizou que iso se debe facer "no marco da seguridade xurídica que emana das leis democráticas". Ese, dixo Sánchez en rolda de prensa en Bruxelas, é a formulación que está a facer o PSOE nas súas conversacións con ERC. Con estas palabras, voltou o PSOE a pecharse en banda para falar sobre o dereito de autodeterminación. As negociacións co soberanismo continúan e os termos que emprega Sánchez seguen mudando aos poucos Con todo, as negociacións co soberanismo continúan e os termos que emprega Sánchez seguen mudando aos poucos. Así, nas súas últimas comparecencias públicas o líder do Partido Socialista afirmou que o acordo con Esquerra sería público e estaría no marco da Constitución, mais hoxe, 13 de decembro, empregou a expresión "seguridade xurídica", a mesma que se incluíra na Declaración de Pedralbes que acordara co president catalán, Quim Torra, en decembro de 2018. Nela tamén recoñecera Sánchez a existencia dun conflito político. Daquela, o Goberno central fixera fincapé en que a seguridade xurídica supuña un punto de partida con respecto á Constitución, mentres que Torra defendía que esa expresión permitía abrir unha fenda para "superar" o marco constitucional. Foi Pere Aragonés, o vicepresident da Generalitat e líder de ERC, quen propuxo tornar aos acordos e clima de Pedralbes para negociar a investidura de Sánchez co PSOE. O que aínda segue sen datar é a votación para a designación de presidente do Goberno. ERC xa avisou a Sánchez de que non sería doado chegar a un acordo en decembro, xa que neste mes haberá previsibelmente unha serie de resolucións xudiciais que decidirán sobre a inmunidade de Junqueras, a inhabilitación de Torra por non retirar lazos amarelos da Generalitat a tempo durante a campaña electoral e saberase se Bruxelas acepta a euroorde contra Puigdemont. Nos dous días que permaneceu en Bruxelas con motivo do Consello Europeo, Sánchez evitou pór data á investidura e non precisou se habería posibilidade de que fose antes de 31 de decembro. Sánchez si anunciou que no seu discurso de investidura confirmará a súa intención de emprender a reforma do financiamento autonómico. O Parlament voltará a votar sobre o dereito a decidir Para non prexudicar as negociacións entre PSOE e ERC, Junts retirou no Parlament unha moción sobre autodeterminación. Finalizada a terceira reunión negociadora, Junts apresentouna de novo hoxe. Nela pide ao Parlament constatar que se deben promover iniciativas para acordar "unha solución democrática ao conflito político", que debe pasar polo dereito de autodeterminación. O PdeCat transita cara á unión en Junts O presidente do PDeCat, David Bonvehí, anunciou esta sexta feira que a súa formación acordou "transitar" cara a Junts per Catalunya, coa intención de conformar unha soa estrutura, e baixo o liderado do ex president da Generalitat, Carles Puigdemont. A proposta, que parte da dirección do partido posconverxente, debaterase previsibelmente en sábado no Consell Nacional do PDeCat en Barcelona, onde se falará sobre o encaixe do partido no espazo político de Junts per Catalunya, xa que a decisión non ten por que implicar directamente a disolución da formación demócrata e non se adiantou se a proposta do PdeCat é de formar unha soa estrutura ou ben, se optará por ter unha pluralidade orgánica interna.
NOS_12578
A doutora en Medicina e activista feminista Lola Ferreiro Díaz prosegue o ciclo de análises de 'Nós Diario'.
O machismo é a exaltación da supremacía do macho e leva aparellado un conxunto de violencias que teñen por obxecto manter a dita supremacía. En xeral, as violencias machistas directas implican en moitas ocasións o emprego da forza física, das armas, das ameazas, dos berros e, en xeral, de todos os trazos que caracterizan a figura do macho; tamén da apropiación dos nosos espazos, incluído o de seguridade. A propia violencia sexual machista implica a agresión reducindo pola forza, demostrando así quen manda e quen é o propietario do corpo da outra persoa. As violencias estruturais en clave machista implican tamén unha chea de expresións groseiras, moi lesivas (tamén máis visíbeis), como son as masacres e as violacións masivas das mulleres nos conflitos armados, a trata con fins de explotación sexual ou os asasinatos cometidos por mafias organizadas. Pola súa vez, tamén as violencias simbólicas poden ser machistas, cando o aparato que se articula a través do cinema, da literatura, da publicidade, etc., ten por obxecto a exaltación do macho, do seu poder, da súa forza (física) e da súa capacidade para asoballar. Porén, hai un monto enorme de violencias que non corresponden co perfil anterior, pero que son moito máis frecuentes que aquelas e tamén moi lesivas, cun perigo engadido: son moito menos visíbeis e, desde logo, as máis das veces, non figuran como violencias no imaxinario social. Houbo intentos de diferencialas das violencias machistas, como o uso do termo "micromachismos", no que entraba unha mestura de formas de violencia directa non demasiado organizadas. Semellaba que eran violencias pequenas, menos importantes e, desde logo, menos graves. A organización feminista Fiadeiras puxo os puntos sobre os ies promovendo un libro colectivo cuxo título xa o di todo: Machismos. De micro nada (Ed. Embora, 2015), desmontando ao longo da obra o uso do termo para denominar un aparato de violencias cotiás que sufrimos as mulleres. A estas, chamarémoslles violencias misóxinas; non implican necesariamente a supremacía do macho, senón máis ben o menosprezo (ou directamente o desprezo) e a aversión cara as mulleres. Podemos distinguilas nas tres dimensións das violencias de xénero: directa, estrutural e simbólica. As violencias misóxinas constitúen as máis das expresións das violencias estruturais e institucionais Violencias estruturais As violencias misóxinas directas exclúen o emprego da forza, para colocarse na órbita da condescendencia, do paternalismo, do menosprezo (máis ou menos sutil) pola actividade, a opinión e os sentimentos das mulleres; exclúen as ordes directas, pero explícannos "amabelmente" o que temos que facer, e cando, como e onde temos que facelo; substitúen as ameazas manifestas pola chantaxe emocional; exclúen os berros e os insultos malsoantes para usar os silencios forzados e as miradas de desplante. A violencia sexual misóxina exclúe a redución pola forza, para colocarse na invocación de presuntos dereitos dos homes a ter relacións cando queren e mesmo na chantaxe emocional. As violencias misóxinas constitúen as máis das expresións das violencias estruturais e institucionais. Exclúen a masacre e o asasinato para situarse na falta de atención ás necesidades máis básicas das mulleres, desde a feminización da pobreza, o maltrato á saúde, a (in)xustiza patriarcal e un longo etcétera. Dicía Marcela Lagarde que un feminicidio (termo acuñado por ela) era a morte dunha muller por causas evitábeis, denunciando así que tanto feminicidio eran os asasinatos de mulleres en Chihuahua, como as mortes por cancros xenitais derivados da contaminación nos estados do norte (Chihuahua incluída), que eran o vertedoiro de residuos tóxicos de USA, ou as mortes masivas durante o embarazo, parto e puerperio das mulleres de Chiapas por falta de atención sanitaria. Os primeiros son machistas, o resto son misóxinos. As máis das violencias simbólicas tamén son misóxinas. En realidade, todas aquelas que ofrecen unha imaxe das mulleres e das nenas onde se normaliza (e se valora) a abnegación e a submisión. Non resulta doado ver nun mesmo aquilo que pretendemos combater e das que se supón que está un liberado, pero é imprescindíbel Para que diferenciar? Por un lado, para visibilizar unha chea de violencias, moi lesivo para as mulleres e que provoca grandes doses de malestar. Non chamarlle violencias implica non vincular os malestares coas causas que os provocan e, en consecuencia, non sermos quen de resolvelos. En segundo porque nos vale (tamén) para definir no fundamental esas novas masculinidades das que tanto se fala duns anos a esta parte, xa que as novas masculinidades, para selo realmente, non só deben excluír o machismo, senón a misoxinia. Para isto haberá que identificala primeiro, tanto no simbólico coma no estrutural e nomeadamente nas actitudes de cada quen. Non resulta doado ver nun mesmo aquilo que pretendemos combater e das que se supón que está un liberado, pero é imprescindíbel. Do contrario, non hai novas masculinidades.
NOS_35912
O presidente galego expresa a súa "absoluta tranquilidade" ante a investigación aberta á editora do xornal, que, segundo as pesquisas, seguía a recibir cartos públicos "que case nunca chegaban á caixa da empresa" mentres o persoal acumulaba até 24 mensualidades sen pagar das súas nóminas.
O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, defendeu esta quinta feira as axudas e créditos que se autorizaron para Editorial Compostela, empresa matriz do xornal El Correo Gallego, co argumento de que todas as axudas que aproba o Executivo galego "son xustificadas". En consecuencia, manifestou a súa "absoluta tranquilidade" ante a investigación aberta á editora. Rueda defendeu que "todas as axudas" que dá a Xunta están "xustificadas, avaladas e concedidas desde un punto de vista obxectivo". "Absoluta tranquilidade e pouco máis que engadir", aseverou. A continuación, matizou que "unha cousa é a concesión da axuda e outra a posterior evolución da empresa". "Pero a concesión está absolutamente xustificada", resolveu. Neste senso, fontes xudiciais confirman que o Xulgado de Instrución número 3 de Santiago investiga delitos de branqueo de capitais, administración desleal e insolvencia puníbel en relación a Editorial Compostela. Con todo, non se citou a declarar ningunha persoa en calidade de investigada polo de agora. Investigan o director de 'El Correo Gallego' por branquear capital procedente da Xunta de Feixoo O xornal elDiario.es publicou a primeira hora da xornada unha información na que revela que a Unidade de Delitos Económicos e Fiscais da Policía Nacional (UDEF) leva meses investigando José Manuel Rey Novoa, cabeza visíbel do Grupo El Correo Gallego. Segundo apunta o dixital, os investigadores sospeitan que, mentres os traballadores acumulaban falta de pagamentos nas súas nóminas de até 24 mensualidades, o xornal seguía recibindo diñeiro público —da Xunta, a CRTVG ou o Concello de Santiago— que "case nunca chegaba á caixa da empresa". No foco estaría, entre outras cuestións, un crédito de 2,5 millóns de euros que acordou conceder a empresa XesGalicia en setembro de 2018, cando Alberto Núñez Feixoo aínda dirixía o Goberno galego. Segundo esa mesma información, o actual vicerpesidente segundo da Xunta, Francisco Conde, e o candidato popular á Alcaldía de Santiago, Borja Verea, daquela alto cargo na Xunta, estaban nesa reunión e votaron a favor.
NOS_26970
O Consello da Cultura galega organiza hoxe, no Pazo de Raxoi,unha xornada para analizar os programas en galego que a londiniense BBC emitiu desde 1947 até 1956. O CCG quere, ao mesmo tempo, homenaxear aos seus artífices. A cita é presencial pero pode seguirse en directo a través da web da institución.
O 14 de abril de 1947, a voz de Felipe Fernández Armesto inauguraba o primeiro dos programas en galego que, baixo o nome de Galician Programme, emitiría a BBC londiniense até xaneiro de 1956. O programa, de entre 10 e 15 minutos de duración, facía parte do Spanish Programme da emisora pública británica, e nel participarían escritores e intelectuais galegos do exilio e do interior. Mentres na Galiza o galeguismo trataba de facer o que podía para manter viva a cultura e a idea de autonomía no seo da ditadura franquista, en Londres o Ministerio de Asuntos Exteriores inglés, o Foreign Office -de quen dependían as emisións radiofónicas ao exterior da BBC, por ser consideradas estratéxicas para os intereses británicos no mundo- daba luz verde ao proxecto presentado por Josep Manyé e apoiado polo xornalista exiliado ourensán Alexandro Raimúndez, ambos xa redactores e locutores da emisora desde 1941, de emitir programas en catalán, galego e vasco. Os micrófonos do Galician Programme permitiron oír desde calquera aldea da Galiza colaboracións das figuras máis importantes da cultura galega. Iso si, as emisión debían de circunscribirse ao ámbito estritamente cultural, sen incluír contido político. Afonso Vázquez-Monxardín, que estudou en profundidade a historia do programa, sostén que "a fin de contas, a BBC non era Radio Moscova. Podería serlle máis ou menos simpática ao réxime de Franco, pero os seus correspondentes actuaban en plena conexión cos encargados da Embaixada en Madrid, o que unido ao seu carácter estritamente cultural, non lle provocaba especiais molestias á ditadura". En todo caso, o inicio dos programas da BBC coincide co inicio das publicacións en lingua galega (Cómaros verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño, editouse naquel mesmo 1947) e aquelas emisións permitían que aqueles esforzos dos galeguistas chegasen a máis xente. A canta, é un enigma: "antes do golpe de Estado había menos de un aparello de radio por cada mil habitantes na Galiza. Mais hai testemuños da época que permiten supor que os programas da BBC eran moi coñecidos pola poboación", indica Vázquez-Monxardín. En 1953, por exemplo, a poeta Nina Epton, visita o mercado do Grove para gravar o son ambiente, e observa como unha peixeira que a acompaña vai voceando que falasen con naturalidade que ían gravar o son para a BBC, mostra de que todos coñecían a emisora". Continuidade con Nós En sesenta e catro dos oitenta e tres programas emitidos, aparecen traballos de persoas -moitas delas perseguidas e reprimidas polo franquismo- que xa colaboraran coa revista Nós, o que se pode entender como un fío de continuidade co labor do nacionalismo anterior ao réxime franquista. Leandro Carré Alvarellos, Florentino Cuevillas, Otero Pedraio ou Ramón Vilar Ponte contan entre os máis vellos, aos que se sumaban membros de xeracións posteriores como Fermín Bouza Brei, Carvalho Calero, Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Rafael Dieste, Pura Vázquez -unha excepción na grella fudamentalmente masculina do programa- ou Ramón Piñeiro. "Ao comezo, Alexandro Raimúndez tivo que organizar os programas cos recursos propios da emisora en Londres: discos da Coral de Ruada, xornalistas amigos como Fernández Armesto... Mais en outubro de 1947 viaxa á Galiza e organiza un plan de apoio ás emisións con Leuter González Salgado desde Ourense e Fernández del Riego desde Vigo", relata Vázquez-Monxardín. Xosé Ramón Fernández-Oxea 'Ben Cho Sey', foi outro dos grandes apoios de Raimúndez. O profesor Antonio Raúl de Toro, que publicou, en 1994, os guións de todos os programas baixo o título Galicia desde Londres. Galicia, Gran Bretaña e Irlanda nos programas galegos da BBC (1947–1956), identificou 111 colaboracións diferentes durante os anos en que se emitiu o programa. En 1949 incorpórase á BBC Plácido Castro -fundador do Partido Galeguista, onde desenvolve a Secretaría de relacións internacionais e participa na súa representación nas actividades da Sociedade das Nacións en 1933- quen se converterá no principal colaborador de Raimúndez até 1954, en que volve á Galiza. Castro será quen máis e mellores colaboracións achegue aos programas, comezando cunha primeira na que presenta unha tradución ao galego de poemas de Chistina Rossetti, poeta romántica que asimila a Rosalía. A fin das emisións O último dos programa emitiuse o 23 de xaneiro de 1956, e incluía os únicos fragmentos gravados que sobreviven: autores como Álvaro Cunqueiro ou Fermín Bouza Brei recitando os seus poemas. "O centro do interese internacional desprazárase cara a Oriente, á guerra do Vietnam e á de Corea", explica Vázquez-Monxardín, "e, dalgún modo, as potencias occidentais comezaban a facer un lavado de cara da ditadura franquista". As relacións entre o Foreign Office e a BBC nunca foran fáciles. Os responsábeis do programa na emisora eran partidarios de que continuase, mais a política ditaba a chegada dun novo paradigma no que unha Galiza con idioma e identidade propios xa non tiña cabida. Xornada de debate sobre a efeméride A xornada do Consello da Cultura que analiza as emisións da BBC artéllase arredor de catro mesas que tratarán temas como "Radiodifusión exterior, franquismo e Guerra Fría", moderada por Xulio Ríos, e coa presenza da profesora e directora de cine Margarita Ledo Andión e de Luis Zaragoza Fernández, xornalista e historiador. María Xosé Porteiro modera a mesa que analiza o papel da BBC e as súas emisións exteriores. Pola tarde, Tino Santiago moderará a terceira mesa, que afonda nas emisións en catalán e éuscaro na BBC. Finalmente, un diálogo entre Afonso Vazquez-Monxardín e Antonio Raúl de Toro, moderado pola directora de Nós Diario, María Obelleiro porá o ramo ao programa da xornada.
NOS_15109
Admite a trámite a denuncia presentada pola asemblea veciñal e solicita ao Concello de Vigo o contrato das obras na rotonda.
Na terza feira (29 de xaneiro) a Asemblea aberta de Coia ratificou nos xulgados de Vigo a denuncia presentada perante a Fiscalía por presuntas irregularidades na contratación das obras da rotonda. Segundo o Ministerio fiscal existen indicios para investigar un suposto delito de prevaricación, subornos, tráfico de influencias e malversación de fondos públicos na contratación por parte do Concello de Vigo dos servizos de Civis Global, como denuncian desde o movemento veciñal. Neste senso, a xustiza solicitou xa á administración local que achegue o expediente municipal correspondente ás obras na rotonda da avenida Castelao. No concreto, este requerimento produciuse o 21 de xaneiro e agardan que sexa respondido polo goberno de Abel Caballero (PSOE) nas vindeiras semanas. A Fiscalía investigará un presunto delito de prevaricación, suborno e tráfico de influencias Desde a asemblea de Coia relataron á Fiscalía as súas sospeitas de que o Concello dividise as partidas para ocultar o custo total da obra saltándose así os procedementos administrativos. Unha fórmula --irregular-- coa que o executivo vigués tería sorteado a convocatoria dun concurso público para asignar o proxecto. Pola súa banda, as alarmas sobre a empresa contratada --e parte denunciada tamén-- Civis Global, saltaron após coñecerse o seu historial. Co seu anterior nome, MovexVial foi condenada no proceso 5 Jotas por emitir centos de facturas falsas.
PRAZA_12405
Só os máximos responsables de Sogama e da CRTVG terán un salario fixo igual ao do presidente da Xunta. Os demais altos cargos das empresas públicas pasarán a percibir soldos semellantes aos conselleiros ou directores xerais, en función da dimensión do organismo que dirixan.
Os chiringuitos. É a denominación que durante lustros veñen recibindo as empresas públicas e demais entes dependentes da Xunta que, dende a súa creación, tiveron máis ou menos control en función do interese do Goberno de quenda e nos que os salarios dos directivos chegaban a deixar en remuneración modesta o soldo de quen, a priori, máis responsabilidade ten no Goberno, o seu presidente, fixado en 72.232,58 euros ao ano. Ata o momento, os cálculos da Consellería de Facenda falan de que, cando menos 14 responsables destas entidades tiñan un soldo fixo ao mes superior ao de, neste caso, Alberto Núñez Feijóo, salario ao que se lle engadían ademais complementos como, por exemplo, os derivados de asistir a xuntanzas ou dietas de quilometraxe. Dende agora, asegura o Goberno galego, haberá unha rebaixa xeralizada e só dous destes altos cargos terán a mesma remuneración que Feijóo: o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo e tamén o presidente de Sogama, Luis Lamas quen, tal e como ten informado Praza Pública, ata agora ingresaba cada ano 84.999 euros. Mentres, o director desta mesma compañía, Francisco Silva, recibía ata agora 82.449 por realizar o seu labor profesional. O presidente de Sogama percibía ata agora case 85.000 euros anuais e o seu director, 82.400 Os criterios para fixar os novos salarios, explicou Feijóo tras o Consello no que a titular de Facenda, Elena Muñoz, explicou o plan, serán "obxectivos" e estarán centrados no volume de negocio, número de traballadores e investimentos de cada empresa. En función destes baremos, cuxa concreción non se coñecerá ata que o decreto sexa público, as empresas dependentes da Xunta organizaranse en catro niveis con cadansúa "retribución fixa máxima". Os máximos responsables das compañías públicas de "nivel catro" cobrarán como máximo o mesmo ca un subdirector xeral, os de nivel tres, un soldo equivalente a un director xeral -uns 55.000 euros-, os de nivel dous estarán equiparados aos conselleiros -en torno aos 63.000 euros- e os de nivel un, ao presidente, caso de Sogama e a CRTVG. Deste xeito, asegura o xefe do Executivo, fréanse as "diferentes regulacións sectoriais onde a tradición e intelixencia negociadora das partes producía algún efecto sorprendente". Neste contexto, sempre segundo os cálculos do Goberno, a rebaixa de salarios e dietas suporá que a estes altos cargos se lles aplique un recorte medio dun 9%, aínda que nalgúns casos chegará ao 21,8%. Para os directivos que vaian ver diminuído o seu soldo en máis dun 10%, aplicaráselles esta porcentaxe en 2012 e a restante, en 2013 para así, di Feijóo "diminuír o impacto" da rebaixa. Quen notará que o seu peto reduce notablemente as dimensións serán os doce membros do Consello de Adminstración da CRTVG. Dado que o novo decreto establecerá que en ningún consello de administración se poderá cobrar máis ca un director xeral, perderán un 40% dos seus salarios. Disto se deduce que ata agora estiveron a ingresar preto dos 80.000 euros anuais. Quere isto dicir, polo tanto, que ninguén na Xunta cobrará xa máis ca o presidente? Non. Os directivos de empresas públicas, a comezar polos da CRTVG e Sogama, seguirán a percibir dietas por outros conceptos e, polo tanto, recibirán máis cartos públicos ca Feijóo, se ben eses complementos tamén se verán reducidos. Do mesmo xeito, na propia Administración xeral seguirá a haber, cando menos, un alto cargo que terá un soldo máis xeneroso. Trátase do secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, que entre salario e complementos chega aos 93.009 euros anuais. En calquera caso, os detalles definitivos do decreto non se coñecerán ata que sexa aprobado definitivamente, algo que o Goberno galego prevé poder facer en maio. Antes terá que recibir o ditame favorable do Consello Consultivo.
PRAZA_4537
Os conservadores rexeitan as achegas da oposición para ampliar o obxecto de estudo do órgano parlamentario, que se centrará unicamente na violencia machista.
O pasado 30 de outubro os catro grupos do Parlamento galego asinaban o acordo de constitución da comisión de estudo para a igualdade e para os dereitos das mulleres, un órgano non permanente que se vén creando lexislatura tras lexislatura co aval dun amplo consenso coma este. Unha vez creada, chegou o momento de artellar as correspondentes normas de funcionamento e plan de traballo. Inicialmente, a comisión foi creada con carácter monográfico para "facer avaliación da aplicación nos distintos ámbitos de competencias" das leis contra a violencia machista estatal e galega. Non obstante, en pleno trámite irrompeu a contrarreforma da lei do aborto lanzada polo Goberno central pero, a xuízo do PP, isto non debe mudar o roteiro previsto. Este martes a comisión iniciou a súa actividade discutindo, precisamente, as achegas dos grupos parlamentarios ao plan previsto e toda a oposición coincidiu en que o traballo debería ir alén da violencia machista. "É verdade que había un motivo para centrarse na violencia", admite a voceira socialista, Carmen Acuña, recollendo, entre outras, as demandas da asociación Ve-la luz, que comparecerá na comisión. "Pero agora hai outro motivo fundamental para ampliar este campo e introducir o anteproxecto de lei contra o aborto; non tería sentido que mentres a maioría das mulleres e da sociedade están a falar deste tema, se cree unha comisión da muller na Cámara galega e o grupo maioritario o vete". Adán advirte de que a lei vai supoñer unha "involución de décadas" nun tema "básico para os dereitos das mulleres" "Esta comisión fala dos dereitos das mulleres, que son moito máis extensos que a análise da violencia de xénero", concorda a voceira do BNG, Carme Adán, para quen comisión debe "asumir o debate social" vinculado ao proxecto que abandeira Alberto Ruiz-Gallardón, toda vez que vai supoñer unha "involución de décadas" nun "tema básico para os dereitos das mulleres". "Consideramos importante que se estude a violencia de xénero, pero é prioritario que poidamos emitir un ditame a respecto da pretendida modificación do aborto". Na mesma liña, Consuelo Martínez, de AGE, advirte de que "a violencia machista é o último elo" das "políticas que permiten a discriminación salarial e no acceso aos postos de responsabilidade" ou que "impide" que as mulleres "exerzan a súa sexualidade dunha maneira libre e segura". Veto conservador Os argumentos da oposición non callaron na voceira do PP, Marta Rodríguez Vispo, quen asegura que o "espírito" do seu partido é o de "conseguir o apoio maioritario e, se puidese ser, o do 100% dos membros da comisión na toma de decisión", pero sen mover un centímetro a súa posición inicial. "Temos que rexeitar a ampliación do obxecto desta comisión" porque o da violencia de xénero é "un tema de suficiente importancia e merece un estudo monográfico, sen verse alterado por outro tipo de temas". Isto non implica que "nun momento determinado" a comisión non "poida decidir ampliar os seus traballos", pero iso non acontecerá agora. Acuña: "Que vai pasar cando toque falar de agresións sexuais, tamén estará prohibido?" "Que vai pasar cando toque falar de agresións sexuais" ás mulleres vítimas de violencia?, pregúntase Acuña. "Non poderemos falar disto, estará prohibido?". "Un aspecto fundamental dos dereitos das mulleres é a análise da lexislación a respecto da interrumpción voluntaria do embarazo", reiterou Adán. Pero o segundo intento non tivo éxito, tampouco a reclamación formulada polo PSdeG para suspender a comisión uns minutos e tentar chegar a un acordo co PP. "Se queren falar 10 minutos máis do tema fóra do micro non teño ningún problema, pero o resultado vai ser o centrado na violencia de xénero", advertiu a presidenta da comisión, Cristina Romero (PP) quen, asistida por un letrado parlamentario para poder aplicar o regulamento, aproveitou para acusar a PSdeG, AGE e BNG de "poñer trabas" á comisión. Finalmente, falarase dos dereitos das mulleres, pero cos límites fixados polo grupo que sustenta o Goberno. "Marca PP, nin igualdade nin democracia", remachou Acuña.
NOS_11585
Serán entregadas esta cuarta feira no rexistro xeral da Xunta.
O movemento de oposición á reapertura da mina de Touro-O Pino volve dar outra mostra do seu apoio social. Se hai unhas semanas reunía en Compostela miles de persoas nunha mobilización contra ese proxecto megaminerio, agora vén de sumar máis de 26.000 sinaturas en papel contra o mesmo. Unhas firmas que esta cuarta feira vai rexistrar no rexistro xeral da Xunta. Nos vindeiros días activarase en change.or unha campaña para sumar máis sinaturas. "Esta recollida é a confirmación do éxito dun movemento inmenso contrario á explotación que nos últimos meses centrou as súas protestas na rúa, informando e transmitindo a problemática que ocasionaría a potencial megamina de cobre", salientan desde a Plataforma veciñal contra a mina, impulsora desta iniciativa co apoio de diversos colectivos e entidades. .