ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_4294 | As "marchas cívicas" celebraranse o vindeiro 11 de xuño nas sete cidades galegas. Servirán como homenaxe ás persoas que faleceron por mor do coronavirus e reivindicarán "uns servizos sociais plenamente públicos, asequibles, de calidade e de proximidade", en contraposición do modelo actual, "ferozmente privatizado" | As residencias da terceira idade foron un dos principais focos de contaxios de coronavirus en Galicia e, sobre todo, o ámbito no que se rexistrou un maior número de falecementos, sumando 271 mortes de usuarios e usuarias ata o momento, case a metade dos 610 vítimas mortais totais. A situación que se deu nalgúns centros, privados con preto dun cento de contaxios, obrigou ao Goberno galego a intervir estas instalacións e motivou unha serie de críticas por parte dos persoal e tamén das familias das persoas alí residentes.As catro entidades convocan "marchas cívicas" nas sete cidades galegas para o vindeiro 11 de xuñoMoitas destas críticas incidían na falta de equipos de protección, na falta de medidas de prevención para evitar contaxios e na escaseza de traballadoras, con ratios por debaixo do esixido que obrigaron a un sobreesforzo por parte do persoal existente, favorecendo igualmente os contaxios entre usuarios e empregadas. Así foi denunciado por Trega (Traballador@s de Residencias de Galicia), que nesta entrevista alertaba de que "O problema nas residencias de maiores vén de moi atrás, e levamos tempo denunciando ante a Xunta que os ratios de persoal eran insuficientes". De igual xeito, Francisco Xose Bernárdez Solla, presidente da asociación Vellez Digna e secretario da asociación de usuarios e familiares REDE sinalaba: "Cando deixas o benestar dos maiores en mans de empresas ás que só lles importa gañar cartos, pasa o que pasa"Queren reivindicar "uns servizos sociais plenamente públicos, asequibles, de calidade e de proximidade", en contraposición do modelo actual, "ferozmente privatizado"A Alianza Galega polos Servizos Públicos para Maiores e Dependentes, formada pola Federación Galega de Usuarias e Familiares de Usuarias nas Residencias e na Dependencia (REDE), Traballadoras de Residencias de Galicia (Trega) e o Movimento en Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN) vén de anunciar a convocatoria de "marchas cívicas" nas sete cidades galegas para o vindeiro 11 de xuño. As mobilizacións queren ser unha homenaxe as vítimas da pandemia e, ao tempo, reivindicar "uns servizos sociais plenamente públicos, asequibles, de calidade e de proximidade", en contraposición do modelo actual, "ferozmente privatizado en mans de empresas ou sociedades usureiras, moitas delas fondos de inversión ligados aos paraísos fiscais".As entidades convocantes denuncian a "opacidade" do Goberno galego na difusión dos datos relativos ao impacto do coronavirus nas residencias e, ademais, "a vulneración de dereitos humanos e laborais, denunciadas dende hai moitos anos por familiares e traballadoras". Unhas denuncias, engaden, "respondidas con desidia, inacción ou connivencia coas directivas das empresas polos órganos de inspección e vixilancia da Xunta"."Existen claras evidencias ou indicios de que esa privatización xogou un papel determinante na elevada mortalidade ocorrida nas residencias galegas", denuncianA Alianza lembra que das 24.819 prazas en residenciais existentes en Galicia, tan só un 15,7% son de xestión pública e que case un 40% son propiedade de empresas privadas con ánimo de lucro (DomusVi, Orpea, Ballesol e Sanitas, sobre todo). Para a plataforma, "existen claras evidencias ou indicios de que esa privatización xogou un papel determinante na elevada mortalidade ocorrida nas residencias galegas". E subliñan que á vista dos datos facilitados polo Goberno galego, "a probabilidade de morte das persoas que vivían nas residencias de xestión privada foi 24 veces máis elevada da existente entre as persoas que vivían en residencias de titularidade e xestión plenamente públicas".Os colectivos convocantes explican que as marchas só se realizarán se contan con permisos e que en todo momento se manterá a distancia de seguridade. Ademais, non se permitirá a exhibición de faixas ou bandeirasAs entidades que convocan as manifestacións subliñan o concepto de "marchas cívicas", destacando que "só se realizarán se contan con todos os permisos legais preceptivos nestes tempos da 'covid19'". Ademais, sinalan que pedirán a todas as persoas participantes "que se organicen en ringleiras mantendo a distancia de seguridade de 2 metros, que leven máscaras de protección, e que sigan as instrucións do servizo de orde". As persoas do servizo de orde irán con chaleques identificativos, levarán máscaras de protección, disporán de solucións hidroalcóholicas para hixiene de mans, e repartirán entre os participantes cintas de 2 metros para axudar a manter a distancia de seguridade.A marcha irá encabezada por unha única pancarta, na que se lerá "En homenaxe ás vítimas por Covid-19 nas residencias" e "Contra a privatización e por uns servizos sociais plenamente públicos". Así mesmo, as entidades convocantes solicítanlles a todas e todos os participantes nas Marchas "que non utilicen faixas ou bandeirolas específicos dos colectivos dos que poidan facer parte". |
NOS_10799 | As mulleres foron, durante décadas, as encargadas de preservar as tradicións e os costumes do Entroido. Nos últimos anos desenvolveron un papel protagonista nas celebracións e, en moitos casos, impulsan a recuperación e o mantemento da festa nas aldeas e nas vilas da Galiza. | A incorporación das mulleres aos roles principais e protagonistas dos entroidos tradicionais galegos é unha conquista recente e pola que aínda se está traballando. O xornalista e autor de diversos libros sobre o Entroido, Federico Cocho de Juan, salienta sobre todo, o carácter festivo destas datas. Cocho entende a festa como unha forma de expresión colectiva, por iso, asegura que o rol da muller nesta celebración estaba, e está, en concordancia co contexto social no que desenvolve: "O rol secundario e menosprezado das mulleres no Entroido tradicional é un reflexo da cultura popular e dominante". Historicamente, como explica o etnógrafo Felipe-Senén López, no Entroido galego os papeis estiveron repartidos segundo o sexo: "A muller como administradora da casa e das propiedades, tamén é a encargada de coidar das lembranzas, dos ritos, das tradicións, entre elas a festa". Elas participaban nos preparativos pero "a máscara tradicional dos entroidos galegos que simboliza a forza do monte, o oso, o meco ou o urco sempre tivo un carácter masculino", eran os homes quen as levaban e representaban atributos tradicionalmente relacionados coa masculinidade como a forza e a intensidade. A batalla entre sexos A loita entre homes e mulleres convértese nun ritual en moitas vilas no Xoves de Compadres e o Xoves de Comadres, as dúas quintas feiras anteriores ao Domingo de Entroido. Nalgunhas parroquias, os mozos e mozas enfrontábanse humillando un boneco que representaba o sexo oposto. Federico Cocho considera que a loita de sexos era "a única válvula de escape para que as mulleres, cun papel secundario e submiso na familia e na vida social, se burlasen dos homes". Estas dúas celebracións incluídas no almanaque do Entroido tradicional galego son para Felipe-Senén López un "espazo de igualdade onde ambos sexos tiñan liberdade de expresión". Mamú Fidalgo é unha das impulsoras da recuperación do Xoves de Comadres e de Compadres en Verín, hai case trinta anos. Hoxe é unha festa na que homes e mulleres saen os dous días e partillan cea e troula. Pero non sempre foi así. Fidalgo recorda que cando era nena, hai máis de sesenta anos, a súa nai collía unha colcha, facíalle un nó e vestíase con ela para saír en Comadres. "So saían as mulleres a dar voltas polo pobo, e non todas, as catro ou cinco máis animadas. E en Compadres só saían os homes, xuntábanse uns cantos e ían de bodega en bodega". Na plataforma multimedia O riso enmascarado, a xornalista Carolina Neira recolle algunhas das tradicións do Entroido galego. Neira non dubida do carácter subversivo do Carnaval, asegura que "coa escusa da troula e da brincadeira repénsanse certos costumes sociais, como o machismo, que, doutra maneira, non serían cuestionados". Iso si, engade que era algo puntual, xa que o Mércores de Cinza todo volvía á "normalidade". Algo que tamén comparte Federico Cocho, que fala dunha " transgresión controlada". Gardando a tradición, do privado ao público As personaxes máis famosas dos entroidos como os peliqueiros, cigarróns ou pantallas, exceptuando casos anecdóticos, non tiveron nome de muller até os anos 80 e, aínda hoxe, o número de mulleres que visten estes traxes é inferior ao dos homes. Cocho de Juan explica que coa recuperación da democracia houbo un rexurdimento do Entroido e das tradicións populares e, ademais, as mulleres reclamaron con máis intensidade un papel protagonista na sociedade e, polo tanto, nas celebracións. Naquela altura, saíron as primeiras mozas vestidas de pantalla en Xinzo de Limia e puideron verse as primeiras xeneralas no Ulla. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube |
NOS_42047 | Tampouco é que sexa para tirar foguetes, pero Salvaxe mantén o pulso durante a súa hora e media de pracer culpábel cumprindo con todas as expectativas dun thriller sen pretensións destas características. | Unha muller, que se ergueu co pé esquerdo, queda atrapada nun atasco mentres leva ao seu fillo ao colexio. Ante a frustración, pítalle ao coche de diante que –oh casualidade– pertence a un tipo que leva aínda peor día que ela. Lonxe de provocar un pique sen máis, o tipo tómao como algo persoal e perséguea ata converter a vida da muller nun auténtico pesadelo. Salvaxe (Unhinged) / Derrick Borte / EUA / 2020 / 90 minutos Unha premisa moi parecida á de Salvaxe ocorréuseme non fai moito nun atasco en Vigo como punto de partida para un posible guión. Ante tamaña casualidade –que, igual, pensándoo ben, tampouco é tanta– tiña a consecuente curiosidade por ver como se desenvolvía esa premisa e comprobar como conseguía, ou non, aguantar a duración dunha longametraxe sen decaer. Russell Crowe ponse no pelexo dun tipo desequilibrado, psicótico, misóxino, gordo e bastante suorento. Ten todos os ingredientes para ser unha personaxe doada de odiar a primeira vista, pero Salvaxe consegue ese difícil equilibrio de que entendamos e, incluso nos identifiquemos por un instante, coa súa mala baba, malia que non compartamos os seus métodos expeditivos nin a súa forma de razoar. Crowe desprega unha interpretación absolutamente desatada e híper-violenta acadando un dos seus mellores traballos dos últimos anos e pola que, case seguro, obtería unha nomeación aos Óscar se o tremendo bandullo que gasta fose seu e non unha prótese. A tamén neozelandesa Caren Pistorius dálle a réplica como a desvalida nai que se ve envolta nesta persecución implacábel e que, ao final, non é tan desvalida... Cumpre sen máis porque o mellor, sen dúbida, é a interpretación de Crowe, xunto coas elaboradas e realistas escenas de persecucións así como os inesperados xiros de violencia salvaxe intelixentemente distribuídos ao longo do filme. Non está libre de tópicos e lugares comúns pero trata de disimulalos cun toque de cotianidade que, se ben non sempre funciona, si que é de agradecer no conxunto. Renxe moito o bobo desenlace "á americana" que só se entende se querían render homenaxe aos thrillers dos noventa, aínda que máis ben ande a medio camiño entre filmes coma O diaño sobre rodas (1971, Steven Spielberg), Un día de furia (1993, Joel Schumacher), Flightplan (2005, Robert Schwentke) ou O descoñecido (2015, Dani de la Torre). Tampouco é que sexa para tirar foguetes, pero Salvaxe mantén o pulso durante a súa hora e media de pracer culpábel cumprindo con todas as expectativas dun thriller sen pretensións destas características. Dá o que promete, nin máis, nin menos... |
NOS_53928 | A CIG advirte que a empresa Grupo Norte, concesionaria do servizo de atención de chamadas da central de coordinación de emerxencias sanitarias do 061, aínda non abonou parte da nómina do mes de marzo ao persoal que xestiona a atención telefónica nas instalacións da Estrada. | Tal e como lembra o comité de empresa, trátase da empresa que xestionou un servizo esencial como é a atención de chamadas da central de coordinación de emerxencias sanitarias do 061 desde 2017 e até o pasado mes de marzo, subcontratada pola Xunta. Segundo denuncia, Grupo Norte xa amenazara "en reiteradas ocasións" con non pagar as nóminas dos persoas encargadas da xestión telefónica que alí traballan. Nestes días, o comité advirte que non está respondendo a ningún dos correos electrónicos enviados da representanción do persoal, pero si bloqueou as contas que a representante legal das traballadoras deste centro ten nas redes sociais. Desde a CIG sinalan que o mesmo ocorre no servizo de operación telefónica do 112 de Canarias, comunidade onde a empresa Grupo Norte é a encargada da súa xestión. Como apunta, a débeda de parte desta nómina súmase a outras débedas da empresa co persoal. |
NOS_29172 | O movemento feminista convoca en cidades e vilas da Galiza concentracións en repulsa do asasinato machista que tivo lugar a pasada fin de semana en Vilalba. | María é a última vítima do feminicidio. Foi asasinada presuntamente polo seu ex marido, que se suicidou, no barrio da Guadalupe, en Vilalba. Sobre o home, de 50 anos, pesaba unha orde de afastamento por unha denuncia da vítima por malos tratos. Atopábanse en trámites de divorcio. Trátase da segunda vítima galega do feminicidio no que vai de ano, após o caso da muller de Valga asasinada pola súa ex parella, que tamén se suicidou. Os xulgados galegos recibiron no primeiro trimestre deste ano 1.736 denuncias por violencia de xénero, o que supón 38,4% máis que no mesmo período do ano pasado, cando se presentaron 1.254. Unha vez se tivo coñecemento do asasinato, o movemento feminista galego activou o protocolo nacional que chama a convocar concentracións esta terza feira, día 23. Están confirmadas as seguintes mobilizacións: O Porriño, 20.30 horas na Praza do Concello Ourense, 20 horas na Castañeira Lugo, 20 horas diante do Concello A Coruña, 20 horas no Obelisco Vigo, 20 horas no Marco Compostela, 20 horas na Praza 8 Marzo A Estrada, 20 horas diante do Concello Ferrol, 20 horas na Praza de Amada García (diante do Edificio da Xunta de Galiza) As Pontes, 20.30 horas na Praza do Hospital Betanzos, 20 horas na Praza do Concello Moaña, 20 horas na Praza do Concello Val Miñor, 20 horas no Cruce da Ramallosa Burela, 20.30 horas, na Praza da Mariña Melide, 20 horas na Praza do Convento Celanova, 20 horas na Praza Maior Monforte, 20.30 horas diante do Concello O Barco de Valdeorras, ás 20:00 diante da Praza do Concello Carballo, ás 20:00 na Praza do Concello Redondela, 21h na Praza do Concello Vilalba, 20h Praza da Constitución Pontevedra, 20 horas Audiencia Provincial Lalín, 21 horas na Praza da Igrexa |
NOS_2962 | Pola súa banda, Anticorrupción negouse a entregar as investigacións na súa totalidade, xa que unha parte delas céntrase en presuntos delitos de corrupción nunha administración pública española. | A Fiscalía Europea vén de solicitar na mañá desta sexta feira a investigación da Fiscalía española de Anticorrupción en relación ao contrato asinado polo irmán da presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, coa Comunidade de Madrid para a adquisición de mascarillas durante o confnamento. A institución require así as dilixencias abertas polo departamento dirixido por Alejandro Luzón, xa que sospeita dunha "posíbel fraude de subvencións", que derivaría nun presunto delito de malversación de fondos europeos. O contrato en cuestión, asinado por un proceso de emerxencia que permitía conceder contratos 'a dedo' durante o período de pandemia, foi abonado cos fondos Feder da Unión Europea (UE), polo que a Fiscalía Europea entende que é ela a que ten a competencia. Pola súa banda, Anticorrupción negouse a entregar as investigacións na súa totalidade, xa que unha parte delas céntrase en presuntos delitos de corrupción nunha administración pública española. Conflito de competencias A Fiscalía de Anticorrupción entende que non se produciu malversación de fondos públicos europeos, algo que xa trasladou á Fiscalía Europea, mais acepta dividir a causa e só entregar o relacionado con eses fondos. Neste sentido, o fiscal Alejandro Luzón xa presentou un conflito de competencias ante a fiscal xeral do Estado español, a ex ministra Dolores Delgado, para que medie nesta petición. Para resorvelo, Delgado convocou para esta segunda feira, 28 de marzo, a Xunta de Fiscais da Sala, na que se analizará o caso e se estudará que organismo é o que ten as competencias finais á hora de investigar a presunta comisión destes delitos. |
PRAZA_12130 | Dado que para algúns parece que na XIII asemblea do BNG só houbo eleccións de cargos e desafíos numéricos, non estaría mal que se discutiran e ventilaran resolucións, ponencias e enmendas para entender que camiño acordou seguir o BNG no seu encontro. | Dado que para algúns parece que na XIII asemblea do BNG só houbo eleccións de cargos e desafíos numéricos, non estaría mal que se discutiran e ventilaran resolucións, ponencias e enmendas para entender que camiño acordou seguir o BNG no seu encontro. Motivos para o desencontro sempre os hai e se non os hai sempre poden atoparse. Pero en política calquera encontro ou desencontro ten que construírse sobre a base dunhas ideas e uns proxectos que a xente poida obxectivar e entender, en si mesmo e en relación a outros proxectos existentes. Ninguén pode entender que un desencontro arranque da incontrastable afirmación de que nós somos diferentes e mellores que os outros. Compre falar de ideas e velaí van algunhas das que foron aprobadas na XIII asemblea a partires dalgunhas enmendas: Enmenda engádega p.1 liña 24 : 1. O fracaso neoliberal e a reivindicación da liña estratéxica do nacionalismo A profundísima e prolongada crise do modelo neoliberal que estamos a viver racha radicalmente as certidumes do pensamento único dominante, sistematicamente construído durante décadas desde as plataformas de creación de opinión dos grandes poderes económicos e das forzas conservadoras. A crise actual pon ao descuberto de todo o mundo o fracaso do modelo neoliberal en todas as súas dimensións: a fe nos mercados liberalizados e desregulados, a hexemonía das finanzas sobre a economía produtiva, a precarización laboral e a contrareforma fiscal, a globalización financeira e comercial, a privatización do capital social acumulado en empresas e servizos públicos, a arquitectura neoliberal da Unión Europea, o ataque á soberanía das institucións democráticas representativas, o desprezo ás identidades e a diversidade cultural, lingüística, etc. Ese fracaso radical, evidente, estrondoso do neoliberalismo como modelo social e como modelo de articulación das relacións internacionais ven refrendar e cargar de razóns a aqueles que non só non comulgamos coas rodas de muíño do pensamento único senón que mantivemos ergueita a bandeira da crítica, a denuncia e a oposición política a ese modelo. Agora que o fracaso dese modelo é evidente, por máis que os seus poderosos defensores perseveren e mesmo se radicalicen, o BNG debe reclamar con clareza e con orgullo a razón que con toda xustiza lle corresponde. Manter ergueita a bandeira da oposición ao neoliberalismo tanto no que dia a respeito do seu modelo social como político e territorial é, sen dúbida, un activo que o BNG ten que reivindicar diante de toda a cidadanía. Manter ergueita esa bandeira nos tempos en que o neoliberalismo parecía gozar dunha aparente fortaleza, adubada de arrogante propaganda, non foi tarefa fácil e mesmo chegou a parecer a unha parte do noso corpo social e da nosa organización unha aposta arriscada e en exceso a contracorrente. Para algúns mesmo despegada da realidade demais. Os feitos actuais demostran as grandes doses de acerto que houbo nos posicionamentos de fondo mantidos pola nosa organización ao longo do tempo, fronte á globalización, fronte aos Tratados de Maastricht, Tratado Constitucional/Lisboa, fronte a OMC, a directiva Bolkestein, as privatizacións, os corsés a sectores produtivos básicos (agrario, pesqueiro, naval...), as deslocalizacións, a privatización da banca pública e a bancarización das caixas de aforro, etc. Claro está que non podemos agardar que os nosos adversarios e nemigos nos recoñezan os nosos méritos e acertos. Pero esa si debe ser tarefa nosa e pode lexitimamente selo. Fronte aos que perderon a súa alma crítica e de esquerdas nos anos da hexemonía incontestada do neoliberalismo e algúns, como o PSOE, mesmo facendo o traballo suxo nos anos da deleiba, o BNG pode e debe reivindicar o acerto do seu posicionamento de fondo. O que debe servir non para fachendear da lucidez pasada senón para reclamar apoio e confianza nas nosas propostas para construír o futuro. Fronte ao inmobilismo suicida dos que se apegan aos postulados dun neoliberalismo desafiuzado, o BNG pode ofrecer unha alternativa críbel e sólida alicerzada nos nosos sinais de identidade: a cohesión social, a economía produtiva sustentábel e a soberanía democrática. Enmenda de engádega p.10 liña 28. Defendemos un papel máis amplo e activo para o sector público na economía. En contra do que propugnan os neoliberais, creemos que o país non pode quedar inerme diante dos eventuais desvaríos dos mercados ou as prioridades inversoras do capital privado especulativo e, especialmente, á vista das carencias e/ou falla de iniciativa do capital privado para desenvolver as nosas potencialidades. Polo tanto, ademais do fortalecemento dos piares do estado de benestar, coa prestación pública dos servizos básicos con carácter universal, creemos necesario unha intervención activa do sector público noutros ámbitos claves para o desenvolvemento que veñen sendo esquecidos non só polos neoliberais senón tamén polos social-liberais: no sector financeiro (banca pública), na creación e impulso de novas empresas públicas en sectores estratéxicos, na creación de infraestrutura e servizos tecnolóxicos avanzados, asi como no control público das empresas oligopolísticas que prestan servizos esenciais (enerxía; infraestruturas viarias, portuarias e aeroportuarias; transporte camiño de ferro; saneamento e tratamento dos residuos, etc). Enmenda de engádega p.13. liña 30. Novo ponto (5). Criatividade e flexibilidade para facer fronte aos novos desafíos A envergadura dos desafíos enunciados ao longo desta ponencia obrigan a redoblar os esforzos da organización e, sobre todo, a desenvolver toda a criatividade e flexibilidade para sumar forzas, con xenerosidade e altura de miras. Responder ás múltiples frontes de loita abertas –por outra parte cambiantes- pola profunda crise neoliberal e o abrasivo programa recentralizador, co conseguinte ataque aos nosos sinais de identidade nacional e aos movimentos nacionalistas, fai necesario abrir a nosa iniciativa ás diferentes forzas políticas, sociais, organizacións sindicais, movementos sociais, cultural, lingüísticos, etc coa finalidade de artellar unha resposta o máis ampla e plural posíbel a todos e cada un desas frontes, enumeradas nos apartados anteriores. A acción institucional debe combinarse cunha estratexia de organización e mobilización da sociedade nunha estratexia na que o nacionalismo lidere con xenerosidade e altura de miras eses procesos. En particular, os nosos concellos deben ser criativos e exemplares na adopción de medidas de apoio e solidariedade cos diferentes colectivos agredidos ou vulnerábeis. Nese mesmo sentido, será necesario avaliar a oportunidade de creación dunha ampla plataforma na que nós puideramos participar mancomunadamente con todos aqueles grupos e movementos cos que chegaramos a compartir unha axenda de puntos comúns. Igualmente debemos ser abertos e creativos á hora de dar resposta a problemas novos e movementos novos que xorden a medida que a crise actual vai provocando consecuencias e situacións máis graves (desafiuzamentos, peches de empresas, espolio financeiro, deslocalizacións, pobreza extrema, etc). Até aquí o texto das enmendas que eu presentei e que foron aprobadas e incorporadas de xeito resumido na ponencia oficial aprobada na XIII Asemblea do BNG celebrada en Amio o 28-29 de xaneiro. Nuns tempos en que moitos parecen empeñados en sementar toxos nas estremas das veigas do nacionalismo eu propoño cortalos todos e enterralos como bo esterco para que medren con forza as colleitas na agra aberta de todos. As verbas con espiñas tan só feren e proen. As verbas sedimentadas son fertilizante que axuda a agromar as ideas. E as ideas son a materia coa que un país enxerga un proxecto e constrúe o futuro. Canto se fala de sentimentos cativos e que pouco de ideas e proxectos!. Á vista do desolador panorama do debate, mellor dito diatriba acalorada a través, sobre todo, do díxome-díxome e dos anónimos dixitais, cómpre ter a ousadía de pedir un debate de ideas. Aínda que só sexa para non poñerse colorado ao recordar aquel sabio adaxio ilustrado, "as grandes mentes discuten as ideas; as mediocres, os eventos; as cativas, as persoas". Canta razón. Pois ben, esas tres enmendas, xunto co resto das quince páxinas de ponencia, son as ideas forza que para min fan do BNG un proxecto político á altura dos tempos, tempos tépedos e choídos por un modelo económico empeñado en prolongar a súa agonía a costa do sufrimento de milleiros e milleiros de cidadáns, de pobos enteiros. Fracaso do modelo que sempre combatemos, actualización das ideas para saír do burato e disposición a corrixir e ensanchar as alianzas para sumar forzas e avanzar, velaí as tres ideas forza. Non é iso o que queremos? Quen, lexitimamente, non concorde está no seu dereito. Pero, entón, non é moito pedir que se diga. Porque, amigos, pode que sexa moi antiguo ou pre-posmoderno, pero sigo creendo que as ideas son a materia do progreso. Aínda que só sexa porque é a única forma de manter un diálogo. Os neocons prefiren os instintos, compre telo en conta para confrontalos. Pero a alternativa aos neocons ten que saír da razón, da conversa razonada. Coa reiteración machacona de descalificacións de 140 caracteres non se construe un argumento. Menos aínda cando saen de lugares alonxados do cerebro. Sí, compre seguir confiando no cerebro, aínda que a vista do que acontece pola rede nestes tempos seica xa hai unha empresa en Bangalore que está pensando nunha innovación revolucionaria, sustituír os teclados por tripas. Agardo, que sexa tan só un susto momentáneo. Xa o dicía Reixa hai uns cantos anos, estamos en guerra pero hai que reflexionar. Mellor entre todos. Non sobran nin persoas nin ideas! |
NOS_52277 | O sindicato nacionalista realizou a primeira das concentracións que ten previstas realizar diante da Audiencia Provincial da Coruña, coincidindo cos tres días de xuízo contra Xesús Anxo López Pintos. | Ao berro de "Xustiza para Pintos!", a CIG realizou unha concentración diante da Audiencia Provincial da Coruña, coincidindo co primeiro dos tres días de xuízo contra Xesús Anxo López Pintos. O ex cosecretario comarcal da CIG de Ferrol enfróntase a unha petición de cárcere pola súa participación nunha mobilización das traballadoras e traballadores do naval e de Poligal, convocada con motivo dun acto electoral do Partido Popular en Ferrol, no inicio da campaña ás autonómicas de 2012. Esta primeira xornada -na que está previsto que declaren o propio Pintos, o axente de policía que exerce a acusación particular e doce das testemuñas da acusación- comezou coa presentación dun informe pericial por parte da defensa para que se incorporen ao xuízo as probas audiovisuais e o testemuño de dez persoas máis, pois das 46 propostas pola defensa polo de agora só se aceptaron tres, mentres que a acusación contará coa declaración de 12 policías e de catro cargos políticos do PP. Unha situación que, explicaba o propio Pintos antes de entrar no xulgado, "me deixa nunha total indefensión e por iso incluso chegamos a pedir a revogación do tribunal, porque se vía moi partidista". Hai que sinalar tamén que a Fiscalía -que pide dous anos de prisión por un delito de atentado e unha falta de lesións, mentres que a acusación particular pide tres anos- non tivo en conta neste proceso xudicial a denuncia presentada por Pintos para que se investigaran as "agresións e vexacións" que sufriu mentres permanecía detido e incomunicado en comisaría. "Tocoume ser o cabeza de turco" Pintos lembra as circunstancias nas que se produciu a súa detención naquela noite do 4 de outubro de 2012, no marco dunha protesta que se desenvolveu "de maneira totalmente pacífica" e na que, ao remate desta, se produciu unha intervención policial "desmesurada e sen motivación". Durante a carga, Pintos "foi golpeado en reiteradas ocasións, detido e trasladado a comisaría, onde permaneceu incomunicado toda a noite. Até alí achegáronse tres membros da executiva comarcal da CIG de Ferrol para interesarse pola súa situación que "foron recibidos con cadanseu porrazo e con indicacións de que marcharan para a casa". "E a pesar do que pasou, agora son eu quen acaba sendo xulgado, cun intento por parte da Fiscalía e da acusación de que entre na cadea. Tocoume a min como cabeza de turco, como outras veces lle ten tocado a outras compañeiras e compañeiros estar aquí por defender os dereitos e as liberdades", asevera. "De vítima a verdugo" Nesta liña, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, cualifica o xuízo "dunha farsa na que as vítimas son xulgadas" e ve "inaudito" que Pintos se vexa nesta tesitura "cando foi el o agredido e maltratado". Ademais, advertiu que a CIG non está disposta a dar "un paso atrás na defensa dos dereitos": "Non impos permitir que se pretenda amedrentar e presentar como un problema de orde pública a loita por un posto de traballo digno e contra a vaga de recortes e empobrecemento xeneralizado que estamos a sufrir". nova concentración na Audiencia O xuízo contra Pintos continuará mañá, cando acudirán a testemuñar catro responsábeis do PP e tres das testemuñas da defensa. Con tal motivo, a CIG ten convocada unha nova concentración de delegadas e delegados diante da Audiencia que se desenvolverá entre ás 09.30 e ás 11.00 horas. |
PRAZA_18366 | O acto terá lugar ás 12 horas deste sábado, coas intervencións de Francisco Calo Lourido, Teresa Soeiro, Encarna Otero, Xosé Ramón Fandiño, Carlos A. García Pose e Justo Beramendi. A institución destaca que García Martínez, finado o pasado mes de marzo, foi durante 42 anos "o seu principal valedor" | O pasado 17 de marzo finaba en Santiago de Compostela Carlos García Martínez, fundador e director do Museo do Pobo Galego dende 1999. Coincidindo co 41º aniversario da inauguración do museo, a institución quere renderlle homenaxe ao home que, ao longo de corenta e dous anos, "foi o seu principal valedor", destaca. O pasado 17 de marzo finou Carlos García Martínez. "Galiza séntese hoxe un chisco máis orfa. Iso si, protexida, baixo as camelias florecidas dun traballo inmenso, que cómpre continuar", escribiu Encarna Otero Para facelo, o MPG organiza este sábado ás 12 horas un acto conducido por María Xosé Fernández, que contará coas intervencións do antropólogo Francisco Calo Lourido, a arqueóloga Teresa Soeiro, a historiadora Encarna Otero, o escritor e editor Xosé Ramón Fandiño, Carlos A. García Pose en representación da familia e Justo Beramendi, presidente do Padroado do Museo do Pobo. Ademais, haberá unha actuación musical a cargo de Miro Casabella, pechándose cun viño de honor. Nacido en Compostela en 1945, foi un historiador e dinamizador cultural que tivo unha participación imprescindible na fundación e xestión do Museo durante 40 anos. Foi patrono, secretario e subdirector do mesmo, ata que en 1999 asumiu o cargo de director, que ocupou ata a súa morte. Concha Losada, vicepresidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, destaca que Carlos García Martínez "non só representou ao Museo sendo o seu director. Dende o primeiro día Carlos foi pasando por todos os postos e tarefas, estivo presente ou dirixiu todos os traballos que fan posible un museo". "Carlos fixo seu o Museo do Pobo Galego", engade. Foi tamén membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, académico correspondente da Real Academia Galega, integrante da Comisión Xestora do novo Seminario de Estudos Galegos, patrón fundador da Fundación Castelao, da Fundación Pedrón de Ouro, socio fundador da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, presidente do Consello Galego de Museos e socio da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Foi galardoado co Premio Trasalba, outorgado pola Fundación Otero Pedrayo, no ano 1999. "Non só representou ao Museo sendo o seu director. Dende o primeiro día Carlos foi pasando por todos os postos e tarefas, estivo presente ou dirixiu todos os traballos que fan posible un museo", destaca Concha Losada Poucos días despois do seu pasamento, Encarna Otero dedicoulle un artigo, titulado Carlos García Martínez, na lembranza, no que destacaba que "Galiza foi sempre, na vida de Carlos García Martínez, unha realidade viva, un proxecto a realizar, unha cultura a preservar e a transmitir" e que concluía dicindo que "Galiza séntese hoxe un chisco máis orfa. Iso si, protexida, baixo as camelias florecidas dun traballo inmenso, o de Carlos García Martínez, que cómpre continuar". O pasado ano o Museo celebrou o seu 40 aniversario, festexando catro décadas dun "milagre de país" e, ao tempo, reclamando un "apoio institucional estable" para continuar o seu labor de preservación da cultura e a identidade galegas. Unha ducia de razóns para visitar o Museo do Pobo |
NOS_57129 | Este 2022 é o ano Rof Codina. A Real Academia Galega da Ciencia (RAGC) decidiu homenaxear desta maneira a figura do veterinario catalán que fixo da Galiza o seu fogar e loitou por mellorar a sanidade e a produtividade do sector gandeiro galego. Divulgador entusiasta, foi un firme defensor das razas autóctonas que el mesmo traballou a partir da mellora xenética. O seu legado continúa vivo a través dunha fundación e un hospital que levan o seu nome. | A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) está a homenaxear este 2022 co galardón de "Científico Galego do Ano" o veterinario Juan Rof Codina. A decisión, anunciada de maneira oficial o 22 de febreiro, concretouse o pasado 6 de outubro co gallo do Día da Ciencia na Galiza, nun dos actos pensados para difundir o seu traballo, de grande importancia para impulsar esta disciplina científica nos inicios do século XX na Galiza. Para coñecer a figura de Rof Codina, o seu pensamento e o seu traballo é imprescindíbel seguir a súa liña biográfica desde o inicio, no municipio catalán do Prat de Llobregat. Nese lugar naceu o 31 de agosto de 1870, nunha familia humilde e sen moitos recursos. Fillo de ferreiro, tivo que deixar os estudos aos 14 anos para axudar no obradoiro de seu pai. Con 23, animado pola súa nai, Micaela Codina Portillo, retoma os estudos en Madrid, na Escola Superior de Veterinaria. Faino pagando os seus gastos, daquela, traballando como axudante nunha farmacia na capital do Estado español. O seu contacto coa Galiza veu en 1898, cando obtivo o posto de tenente veterinario após aprobar as oposicións ao Corpo de Sanidade Militar e chegar destinado, primeiro a Vigo e despois a Lugo. Foi nesa última cidade onde coñeceu o tamén veterinario Ramón Carballo, persoa que o introduciu nos problemas gandeiros do país e co que estabeleceu unha relación que foi máis alá do profesional ao rematar por casar coa súa filla, Concepción Carballo Lameiro. Neses anos, visita o rural galego e familiarízase coas súas enfermidades máis comúns, como a febre aftosa e o carbuncho bacteriano. Inicia un importante labor de difusión de como tratalas a través de artigos divulgativos na prensa da época. O primeiro foi La cuestión de la carne, a piques de rematar o século XIX, no diario lugués La Idea Moderna. Neses textos introduce as achegas que se estaban a investigar noutros lugares da península Ibérica e tamén en Europa. O doutor en veterinaria e membro do Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural (Histagra) Diego Conde Gómez é un dos investigadores que máis traballou a figura de Rof Codina. En conversa con Nós Diario explica que o veterinario catalán chega á Galiza e "atópase cunha agricultura atrasada e cunha gandaría pouco desenvolvida" e con grandes eivas sanitarias "sobre todo relacionadas co gando vacún que estaba nunha profunda crise". Anos antes, e por ese motivo, "perdérase o convenio con Inglaterra", unha circunstancia que afectou en gran medida á economía do agro do país. Para este investigador foi fundamental, nun primeiro momento, para Rof Codina a súa relación con Ramón Carballo e cos seus dous fillos, Jesús e José Carballo, cos que funda a Gran Clínica Veterinaria en Lugo. "Teñen a concesión das vacinas do Instituto Pasteur para o carbunclo bacteridiano e nese ámbito realiza as primeiras actividades", sinala Conde Gómez. Esta profesión, nese período histórico, tiña unha importancia especial, en parte diferente ao que coñecemos hoxe en día do universo rural. Segundo o catedrático de Historia Contemporánea da USC, e investigador principal de Histagra Lourenzo Fernández Prieto, no momento en que traballaba Rof Codina vivíase "na segunda onda da Revolución Industrial na que aínda se estaba pasando ao motor de explosión polo que cabalos e bestas eran esenciais". Consolidación e traballo de difusión da súa obra Instalado Rof Codina en Lugo, Conde indica que "a través desa clínica comezou a realizar as súas primeiras actividades, facendo as campañas de vacinación contra a nacida, o carbunclo, e tamén a iniciar a súa colaboración con varios xornais de Lugo en forma de artigos de divulgación". Era unha persoa moi respectada na profesión mais, apunta este investigador, "ás veces parte dese sector non coincidía en que se tiña que formar os gandeiros, mesmo a cregos, a mestres, para participar nesas campañas de vacinación, entendían que era un intrusismo e non coincidían nese aspecto". O propio Conde recoñece que non era moi común nesa época que a profesión veterinaria estivese nos foros da prensa, dalgunha maneira, divulgando o seu traballo. "Aquí tivemos a inmensa sorte de contar cunha persoa que traía toda esa ciencia, absorbíaa e era quen de, a través dunha linguaxe sinxela, achegala a todo o mundo. Sobre todo aos que estaban máis interesados que eran os mesmos labregos e os gandeiros". A súa participación en publicacións comezou cedo. Foi redactor na revista coruñesa Prácticas Modernas desde 1903. Segundo Conde, Rof Codina buscou nas súas primeiras publicacións algo que botaba moito en falta,"que a profesión tivera un maior recoñecemento social" e por ese motivo afondaba nos artigos iniciais "nas condicións sanitarias da carne que se exportaba ao resto da península Ibérica e á prevención dalgunhas enfermidades comúns". Consegue, pouco a pouco, ter máis sona e chega a presidir o Colexio de Veterinarios de Lugo, polo que representa a Galiza en diferentes asembleas de veterinaria no Estado español até 1910 que aproba a oposición ao corpo de inspectores de pecuarios e elixe como praza A Coruña. "Instálase alí nese posto da Administración española realizando o mesmo que estaba facendo en Lugo, aínda que multiplicado por 1.000 no sentido de que acode a concursos gandeiros, ten o apoio dos consellos da Xunta de Fomento e comeza a publicar boletíns de divulgación pecuaria", explica este investigador. Entre as publicacións máis relevantes de Rof Codina está a monografía La raza bovina gallega, un estudo a partir do que se sentaron as bases do morfotipo do que logo sería a Raza Rubia Galega. Tamén foi autor de Galicia Pecuaria (1927), El color de la yema de huevo de gallina (1951), La avicultura en Galicia (1952) ou Nociones de avicultura (1962). Implicación co país O veterinario catalán sentiu unha especial relación coa terra que o acolleu. O seu neto José María Sancho Rof asegura que foi un namorado da Galiza, quizais a través da súa muller Concha. "Se cadra, a anécdota máis coñecida de Rof Codina foi a da defensa que realizou da muralla de Lugo para que non fose derrubada a través dun artigo na prensa, defendendo esa posición", lembra Conde. Juan Rof non entendía a iniciativa para o seu derrubamento co propósito de "favorecer o crecemento da cidade". O material de pedra, segundo o proxecto, sería empregado en obras como os portos da Coruña ou Ferrol. Os seus argumentos culturais e técnicos (o cálculo detallado dos carros tradicionais que serían necesarios para levar a cabo a operación) foron fundamentais para desbotar a idea. Nese ámbito de defensa do patrimonio e do país mantén contacto estreito con organizacións que procuraban tamén melloras no agro. Fernández Prieto salienta que traballa con Solidaridad Gallega "e móvese polos congresos agrarios da Galiza. Participou en varias iniciativas destinadas a difundir o asociacionismo agrario". Conde, pola súa parte, lembra que a propia publicación Prácticas modernas "axudará a Rof Codina a formalo como agrarista" ao converterse esta publicación en voceira da Cámara Agrícola da Coruña, vencellada a Solidaridad Gallega. Participou nas asembleas agrarias de Monforte de Lemos e de Ribadavia entre 1908 e 1913 e tamén asesorou sindicatos e asociacións agrarias daqueles anos en aspectos de sanidade pecuaria, comercio e mellora gandeira. Así mesmo, fomentou a creación de sociedades cooperativas e de seguros na gandaría, as mutuas, que facilitaban a compra de maquinaria e permitían compartir gastos nas explotacións en caso de morte ou enfermidade do gando. Ademais, Rof Codina foi un firme defensor da organización das feiras de gando como fórmula de fomento dos mellores exemplares de animais, especialmente da vaca rubia galega. Foi o verdadeiro impulsor da Feira de Lugo de 1906. Constrúe o sistema de concursos de gando, deseñando os instrumentos de medición, o Compás ou Bastón Rof (unha especie de pé de rei) para lograr unha máis perfecta medición nestes certames. Para este veterinario o protagonista da propia dignificación e adianto no campo galego tiña que vir da man das persoas que o están a traballar. "Por este motivo convence os gandeiros de que eles mesmos poden seleccionar a pureza deses exemplares que hoxe coñecemos por raza galega", afirma o investigador. Alén diso, participou en varios faladoiros públicos. Entre eles, sería un dos máis destacados participantes do que se realizaba no Hotel Méndez Núñez, xunto a outras recoñecidas figuras como Ánxel Fole, Luis Pimentel ou Manuel María. En 1932 pasou a dirixir a Inspección Xeral Veterinaria en Madrid e desde ese posto, centrouse no desenvolvemento e dignificación da gandaría. Unha persoa íntegra respecto ás súas ideas Rof Codina sempre se mantivo fiel ás súas ideas e defendeunas da mesma maneira que defendía os que con el dignificaban a profesión. Esta circunstancia provocoulle máis dun choque coas autoridades. En 1901, tras un problema disciplinario cun superior, foi trasladado a Granada, mais conseguiu regresar a Lugo ao ano seguinte e, despois de ascender ao grao de capitán, solicitou a excedencia para dedicarse á clínica que abriría xunto a Jesús Carballo. Anos despois, en 1929, por solidarizarse publicamente con Félix Gordón Ordás, represaliado na ditadura de Primo de Rivera, foi trasladado a Córdoba. Da mesma maneira, cando ten lugar o golpe de Estado contra o Goberno da República, Rof Codina atopábase nun congreso en Alemaña e decide volver a Madrid para presentarse ao Goberno republicano. Isto tivo como consecuencia, rematada a guerra, un novo expediente e o exilio na illa de Tenerife. Rof Codina regresou á Península en 1941 e foi relegado a dirixir a Estación Pecuaria de Lugo, posto en que se xubilou en 1944. Porén, permaneceu activo a través da Cátedra ambulante de Divulgación Pecuaria da Galiza, que el mesmo creou en 1945, até a súa morte con 93 anos, en Lugo, en 1967. O sistema que emprega a Cátedra de Rof Codina, segundo explica Conde, "é o de formación de formadores, é dicir, organizan cursos para mestres de escolas nacionais e que estes fagan o mesmo no medio rural da súa contorna". Ademais, eses anos no propio mundo da divulgación e formación das labregas e dos labregos, coinciden de forma paralela á iniciativa de Rof Codina, co xurdimento doutros proxectos que colaboraran coa Cátedra, "como a creación da Escola da Granxa Barreiros en Sarria, coa que estabelece unha estreita relación xunto a Avelino Pousa Antelo na realización do primeiro Cursiño de Formación Agropecuaria para mestres en 1948". Tamén realizarán "cursos de capacitación e divulgación técnico-agrícola ou de avi-cuni-apicultura a través do Ministerio de Agricultura, como os que tiveron lugar en 1952 en Lugo". Recoñecemento dunha figura esencial para o agro galego A figura de Rof Codina xa contou con outros recoñecementos con anterioridade. Nos seus últimos anos, foi nomeado Lucense do Ano (1964) e concedéuselle a Medalla de Ouro da Asociación Nacional Veterinaria (1965). Alén destes recoñecementos, Juan Rof Codina dá nome á Fundación Rof Codina –creada en 1994 e vinculada á USC– e ao Hospital Veterinario Universitario Rof Codina de Lugo, así como a unha rúa nesta cidade, a outra en Monforte de Lemos e a uns xardíns na súa localidade natal en El Prat de Llobregat (Barcelona). Aínda así, en opinión de Conde Gómez, "a homenaxe vai servir para moito no sentido de que é un acerto que a Real Academia de Ciencias denominara a Rof Codina como Científico Galego do Ano". Pensa que a sociedade "non coñece todo o que fixo" e mesmo pode beneficiar a que se traballe aínda máis a súa figura. Este investigador interesouse polo veterinario catalán ao rematar a carreira de Veterinaria en Lugo e xurdirlle a curiosidade sobre a súa figura. Tras contactar co grupo de Histagra comezou a investigar e rematou por ser a súa tese de doutoramento. |
PRAZA_17828 | III Pasan os días, chega a xuntanza con José, pero as cousas no canto de se resolveren, complícanse máis aínda e unha estraña violencia paira no ambiente. Sonia séntese cada vez máis soa e desvalida. sen contrato nin visado. De que vai esta historia? Podes ler aquí a segunda entrega desta reportaxe literaria | De que vai esta historia? Podes ler aquí a segunda entrega desta reportaxe literaria José S. cancelou a súa reunión do luns á mañá. Díxollo a María por teléfono. Non chegaría a Praia ata o día seguinte. A Sonia caeulle a alma aos pés. -É normal -quixo tranquilizala María. -José é un home moi ocupado. -Pero... isto é moi estraño... Sempre pasa algo... -Non te preocupes. Os tempos aquí son diferentes... é iso, simplemente... O seu entusiasmo durante as aulas conmoveu a Sonia o suficiente para manter a cabeza afastada durante catro horas dos turbios pensamentos que a angustiaban. Aquelas rapazas tiñan talento e vontade de aprender e, sobre todo, resultábanlle encantadoras Aquel día as alumnas chegaron con puntualidade británica. O seu entusiasmo durante as aulas conmoveu a Sonia o suficiente para manter a cabeza afastada durante catro horas dos turbios pensamentos que a angustiaban. Aquelas rapazas tiñan talento e vontade de aprender e, sobre todo, resultábanlle encantadoras. Gustaríalle falar con elas á marxe do curso, saber máis das súas vidas, da súa maneira de ver o mundo... eran as primeiras persoas acolledoras que coñecía dende a súa chegada e necesitaba socializar con alguén, só que ata o daquela non se dera a oportunidade. E pensar que no Porto, co seu amigo Cou de anfitrión, coñecera en doce horas tantos sitios e tantas persoas diferentes! Os catro días en Cabo Verde, en cambio, pasáraos encerrada naquel apartamento horroroso e sen conseguir desfacerse nin un minuto da desconcertante compaña de María. 'Xa terei ocasión de socializar en canto todo isto se endereite!', consolouse satisfeita ao remate da clase mentres as alumnas se despedían cun sorriso de agradecemento: -'Ata mañá, Sonia' -Ata mañá! A volta a casa foi o regreso a unha realidade tóxica. María non se despegaba do seu lado. 'Procura non andar soa pola rúa, Sonia. É moi perigoso' A volta a casa foi o regreso a unha realidade tóxica. María non se despegaba do seu lado. 'Procura non andar soa pola rúa, Sonia. É moi perigoso', 'que ceamos hoxe, Sonia?'... As súas preguntas e mais os seus comentarios atábana en curto. Sentía unha necesidade crecente de saír daquela dinámica e ir tomar unha cervexa no primeiro bar aberto, chapuzar na praia, falar con descoñecidos... o que fose, só que algo en cada mirada e en cada palabra de María parecía impedirllo e non entendía o motivo. 'Estareime a volver paranoica? Non estarei a facer unha montaña dun gran de area?', pensaba confundida; decidiu, en todo caso, pospoñer a súa escapada para o serán seguinte -unha vez resolto o asunto do contrato-, e facer a cea. Antes de se deitar, elaborou unha lista pormenorizada das cousas que lle tiña que reclamar a José ao día seguinte. Mulleres caboverdianas | Sonia García | CC BY-SA A Xuntanza José e Virgílio agardábanas na aula. A esperanza que Sonia puxera naquela xuntanza esvaeuse no momento de cruzar a porta. O José de Praia nada tiña a ver co de Gondomar, nin no seu aspecto externo: camisola vella, bermudas, o cabelo despenteado... nin, sobor de todo, na expresión do seu rostro. Non quedaba rastro da afabilidade do día da entrevista. Recibiunas cun xesto autoritario e desdeñoso e indicoulles que sentasen na primeira cadeira que atopasen. A perplexidade de Sonia ía en aumento. Miles de preguntas amoreábanse na súa cabeza: 'Entón estanlle a cobrar ás alumnas? É que non contan con Aroa?', pensaba... pero a violencia nas formas a inhibía de calquera comentario Sonia colleu o papel que elaborara a noite anterior, mais non tivo tempo de abrir a boca. María comezou a falar. Expuxo a súa satisfacción por como se estaba a desenvolver o curso dende a chegada de Sonia, destacou o carácter innovador das aulas e o contentas que estaban as alumnas... Os afagos sentáronlle ben a Sonia. Había cariño no ton de María. José, porén, non pareceu conmoverse. Torceu o fociño; movía o pé e refregaba as mans de xeito compulsivo. María sacou dunha carpeta a programación que viña de rematar Sonia aquela fin de semana e estendeulla destacando o completo e útil que era aquel documento, punto de partida imprescindible para asentar o traballo dos meses vindeiros e servir de guía aos futuros docentes... José non se inmutou, recolleu os papeis e rompeunos con carraxe diante da cara de María. -Estou farto!!! O berro e mais o estrondo da man ao bater na mesa orixinaron un silencio temoroso ao seu redor. José estaba fóra de si. Berraba exaltado que todo era un desastre, que necesitaban de maneira urxente máis alumnas ou aquilo non daba cartos. Que xa bastante tiñan con elas dúas como para pensar en máis profesores nun futuro... A perplexidade de Sonia ía en aumento. Miles de preguntas amoreábanse na súa cabeza: 'Entón estanlle a cobrar ás alumnas? É que non contan con Aroa?', pensaba... pero a violencia nas formas a inhibía de calquera comentario. José dirixiuse entón a ela aos berros, como quen dá unha orde irrevogable. -Mañá de mañá voute recoller para ir ao Colégio Português. Comezas as túas aulas de música!!! Unhas alumnas que conversaban amigablemente entraron nese momento na aula. Ficaron caladas ao ver aos catro con cara de poucos amigos, pero José e Virgílio logo se incorporaron das súas cadeiras e se retiraron discretamente. María con cara de pena, foi sentar no seu recanto habitual. Sonia recolleu do chan os restos da súa programación e saudou ás rapazas con cariño. As alumnas non parecían ser conscientes do seu desacougo, envorcadas no traballo, pero Sonia sentía unha vergonza inmensa ao mirar para elas. Intuía que as estaban a estafar e que ela era cómplice da estafa. Non había programación, nin titulación... Era incapaz de concentrarse. Afogaba e non conseguía falar. As alumnas non parecían ser conscientes do seu desacougo, envorcadas no traballo, pero Sonia sentía unha vergonza inmensa ao mirar para elas. Intuía que as estaban a estafar e que ela era cómplice da estafa. Non había programación, nin titulación... e polo que parecía cobrábanlles unha matrícula que non se axustaba en nada ás tarifas simbólicas de que falaran en Gondomar. Tiña vontade de levantarse e contárllelo todo. -Non sei que lle pasa a José. Non ten nada que ver co de Gondomar!- repetía compunxida María. Sonia mirouna con tenrura. Conmovérase ao vela saír na súa defensa diante de José. No fondo era boa persoa e podía contar con ela. Tranquilizouna non saberse soa. Durante a cea déronlle voltas unha e outra vez ao acontecido durante a reunión. Pensaron que pasos debían dar nos seguintes días. Non podían permanecer máis tempo sen un contrato que garantise os seus dereitos diante duns personaxes tan pouco fiables. Do mesmo xeito, debían avisar a Aroa de que as cousas se estaban a torcer dunha maneira preocupante. -Eu a chamo- ofreceuse María. E así foi. Mais en canto comezaron a falar, Sonia non deu creto aos seus ouvidos. Un nó apertoulle as tripas con tal intensidade que lle cortou a respiración. Despois de todas as bágoas derramadas nas horas anteriores, María relatáballe a Aroa o ben que estaba todo, o contenta que estaba Sonia... 'Oxalá poidas vir canto antes!', dicíalle... 'Isto vaiche encantar'... O seu rostro perdera a contrición duns minutos atrás e recuperara a súa estraña e desacougante placidez. Cando colgou, Sonia botouse a ela infignada. -Pódese saber por que diaños lle dis todas esas cousas a Aroa? Toleaches? Como lle mentes desa maneira? Por que non lle contas a verdade? -¿Qué verdad, Sonia? ¿Tu verdad? ¿Qué cenamos hoy? Mulleres caboverdianas | Sonia García | CC BY-SA O Colexio Aquela noite, Sonia tampouco foi capaz de durmir. Os recordos da xuntanza da véspera volvían unha e outra vez á súa cabeza, do mesmo xeito que a desconcertante actitude de María, que parecía vivir unha realidade paralela. Aínda non saíra da cama cando sentiu o timbre do portal. -É José, para ir ao Colexio Portugués! Apura!- berroulle María. Xa non lembraba aquel compromiso. De feito, non estaba disposta a ir. Na entrevista de Gondomar deixara claro que ela só asinaría polo Curso de Moda e que as aulas de música estarían en función do que fose vendo sobre o terreo. -Veña, Sonia, que chegamos tarde. Vou con vós- insistiu María coa voz rouca cando Sonia saíu do seu cuarto. -Non imos a ningures-, respondeu alporizada. -Baixo só a dicirlle a José que non conte comigo. -Pero, mujer!!! José, apoiado no capó do seu coche, falaba co xesto serio pero tranquilo, volvía ser dono da situación e sorría de cando en cando. Explicoulle a Sonia que as aulas de música formaban parte do seu traballo; non ía pensar que a mandaran a Cabo Verde a gastos pagos para dar só catro horas ao día do curso de moda... Convidouna a ir ao Colexio cando menos para coñecer os nenos e as instalacións. Tiña a certeza de que en canto coñecese aquilo, mudaría de opinión e se non era así, poderían discutilo con calma máis adiante... -Tásme a chamar mentireiro? Eh, tásme a chamar mentireiro? A min? Sabes que tes que dar estas aulas e non hai máis que falar! Estou farto! Farto! -berraba Sonia negouse, non estaba disposta a presentarse en ningures. María volveu saír na súa defensa: -Iso é certo, José. Sonia está aquí para axudarme a min. Non a metas en movidas, anda. Non te estrañe despois que marche enfadada, como Miguel... 'Pero Miguel non marchara pola enfermidade da nai?', preguntouse Sonia estrañada. O ton da discusión ía en aumento e a xente na rúa mirábaos con curiosidade. José convidounas a subir ao coche para continuar a falar sen armaren tanto algareo. Sonia e María aceptaron... Aínda non sentaran, arrincou o vehículo. Sonia protestou indignada, obrigouno a parar, repetiu que ela non aceptaba dar aquelas aulas, que o deixara ben claro en Gondomar, pero nun momento dado José estoupou e empezou a dar puñadas contra o volante. -Tásme a chamar mentireiro? Eh, tásme a chamar mentireiro? A min? Sabes que tes que dar estas aulas e non hai máis que falar! Estou farto! Farto! -berraba. E Sonia preguntábase atordada 'pero farto de que?'. Era evidente a intención de forzala a facer as cousas mediante a intimidación; estaba sen contrato nin visado, non tiña nada ao que agarrarse e por tanto era a súa palabra contra a de José. Pero... forzala a facer o que? Que pretendían dela exactamente? Sabelo teríalle axudado a reaccionar, pero había algo inexplicable en todo canto sucedía ao seu redor dende a chegada a Praia. O que se falara en Gondomar, o que se acordara de palabra, xa non tiña validez, só valía o que José mandaba en cada unha das súas arroutadas. Unha chea de rapaces con mandilóns azuis saíron a recibilos unha vez aparcaron á porta do Centro. -Entón ti es a Sonia?- A directora do Colégio recibiuna cun sorriso no seu despacho. -Que días vas vir dar aulas? Sonia observou pola xanela. O colexio portugués non tiña mal aspecto. -Mire, señora- respondeu con resignación-. Levo aquí varios días e aínda non teño contrato no sitio en que estou a traballar... entenda que non teña claro que vaia aceptar isto... -Como? Pero...se a min dixéronme que... A directora deixou ver unha decepción xenuína. José furou a Sonia coa mirada. -Ti vas traballar aquí todas as mañás que teñas libres, entendido? Apunta aí!- ordenou Pero Sonia marchou dando unha portada. No patio, os rapaces mirábana curiosos. Achegouse a eles e falaron de cousas divertidas, riron ata as gargalladas. Sonia conseguiu afastar o mal humor da cabeza ata que sentiu a bucina do coche de José a chamar por ela para ir de volta. -Escoita unha cousa, José. Quen está farta das túas mentiras son eu! Non es ninguén para dicirme o que teño que facer. Se quero vir dar aulas de balde neste centro fareino porque eu queira e non porque ti o digas! Eu non aceptei isto en ningún momento! -Escoita unha cousa, José. Quen está farta das túas mentiras son eu! Non es ninguén para dicirme o que teño que facer. Se quero vir dar aulas de balde neste centro fareino porque eu queira e non porque ti o digas! Eu non aceptei isto en ningún momento! Cres que tes dereito a obrigarme ao duplo de traballo polos mesmos seiscentos euros do contrato? Por certo, que contrato? Porque aínda non sei nada do contrato, nin do visado, nin de nada de canto acordamos en Gondomar. Empezo a pensar que a túa palabra non é tan importante como dicías- . José conducía tranquilo, co brazo apoiado na xanela. Parecía relaxado outra volta e disposto a apazugar os ánimos. -Está ben. Desculpa. Se cadra non che falta razón, Sonia... ti tranquila, o teu contrato valo ter hoxe, de acordo? Heicho levar á Universidade. María descansaba placidamente no asento de atrás, coa cabeza apoiada no respaldo. * Aquela tarde nin José nin Virgílio apareceron pola UNICA. -Ves como era mentira! -queixouse Sonia ao rematar a aula. -A ver, tranquila, vou chamar a José...- dixo María conciliadora. Sonia non escoitaba de que falaban pero era evidente por momentos que discutían con acritude. María achegouse por fin a ela co teléfono na man e lle dixo que estaba todo resolto, que falase con José e fixese o que lle indicaba. -Como?- preguntou Sonia alucinada unha vez escoitou as indicacións de José. -Falas en serio? -Que pasou?- preguntou María estrañada ao vela virar pálida José acabáballe de dicir que se quería asinar o contrato tiña que ir soa ás once da noite ao seu cuarto de hotel. O desacougo converteuse en medo, e noxo; desta vez José non tivera necesidade de berrar nin de dar golpes nunha mesa ou nun volante. Falara simplemente coa fachenda dun personaxe pérfido de telefilme. Sonia sentíase máis soa que nunca: muller soa sen contrato a miles de quilómetros da casa. O desacougo converteuse en medo, e noxo; desta vez José non tivera necesidade de berrar nin de dar golpes nunha mesa ou nun volante. Falara simplemente coa fachenda dun personaxe pérfido de telefilme. Sonia sentíase máis soa que nunca: muller soa sen contrato a miles de quilómetros da casa -Que foi? Non tiñas tanta ansia polo contrato?- preguntou José ao cabo duns segundos. -Nin de broma vou a ese hotel. Pero que pensas? Nin é o lugar nin é a hora para asinar nada. O que tes é que levarmo dunha vez á universidade. Ademais, por que pretendes que vaia soa, é que non tedes tamén pendente o contrato de María? Daquela teriamos que ir as dúas xuntas, non che parece? -Ai, as dúas, di! É que non podes ir por aí sen María? Sempre ides xuntas a todas partes? Parecedes dous tomatinhos! Sonia colgou indignada. -Pero que pasou?, -preguntou María. -Que che dixo? Sonia saíu da aula enfurecida e foi ao despacho de Virgílio disposta a darlle un ultimato: ou lle presentaban o contrato dunha vez ou deixaba o curso. Ía entrar sen petar sequera cando sentiu unha forte discusión no interior. Parouse a escoitar. Alguén lle reprochaba a Virgílio que todo era unha chafallada, que ou a situación se arranxaba canto antes ou liscaba, que estaba disposto a ir a xuízo... Virgílio respondía enfurecido, pero o outro home teimaba nos seus argumentos, e a Sonia pareceulle daquela que o que argumentaba aquel non era moi diferente do que lle estaba a acontecer a ela. Ao cabo duns minutos, un rapaz novo saíu cabreado do despacho dando unha portada. Sonia ficou pensativa uns segundos e finalmente foi correndo atrás del. -Desculpa, podo falar contigo? O rapaz virouse sorprendido. -Escoitei sen querer parte da túa discusión con Virgílio -explicou Sonia- e... gustaríame facerche unhas preguntas. -Que tipo de preguntas? -É que non sei se a min non me estará a acontecer algo semellante... Sonia levou o rapaz á súa aula. Contoulle a súa situación. A seguir, o outro expúxolle a súa. Viñera dende Portugal dar aulas nun ciclo universitario e as cousas non resultaran como lle prometeran. Debíanlle moito diñeiro e non parecían dispostos a pagarllo, polo que decidira levalos a xuízo Sonia levou o rapaz á súa aula. Contoulle a súa situación. A seguir, o outro expúxolle a súa. Viñera dende Portugal dar aulas nun ciclo universitario e as cousas non resultaran como lle prometeran. Debíanlle moito diñeiro e non parecían dispostos a pagarllo, polo que decidira levalos a xuízo. Ao día seguinte había unha xuntanza prevista co Director da Feel Foundation. Tiña pensado asistir para lle preguntar directamente por todo o que estaba a acontecer. Se non sabía dos negocios turbios de José e Virgílio, el estaba disposto a contarllos en persoa. -Pois eu tamén quero ir e preguntar pola miña situación. Pódoche acompañar? -Está ben. Chámame e imos xuntos... -Obrigado. Cal é o teu nome? -Héldon (nome ficticio). -Eu son Sonia. -Encantado, Sonia. Vémonos entón mañá ás dez para ir a esa reunión. E... olla unha cousa. Ten coidado con esta xente. É perigosa. |
NOS_13680 | Mulleres, nen@s, médicos ou xornalistas entre as novas vítimas dunha infernal xornada en Gaza, que levou a Hamas a pedir dúas horas de tregua humanitaria para poder atender ás persoas feridas, que son máis de 200. | Polo menos 60 persoas faleceron por un bombardeo israelí na localidade gazacíe de Shajaia, segundo informaron fontes do Ministerio de Saúde da Faixa de Gaza á axencia de noticias palestina Maan. Israel atacou tamén por terra a zona e suma xa uns 400 asasinatos desde que comezou a ofensiva contra a poboación palestina, sendo mulleres e nen@s as principais vítimas a pesar dos avisos antes dos bombardeos, que están provocando fuxidas a milleiros e graves problemas humanitarios. A chamada Comunidade Internacional segue á espera, sen pedirlle a Israel que paralice a matanza. Ademais dos alomenos 60 mortos en Shajaia -entre eles un médico e un xornalista, aos que Israel xa avisou que non respectaría- o bombardeo de causou ademais máis de 200 feridos, a maioría dos cales foron trasladados ao hospital da o Shifa. Entre os falecidos atópanse Osmal Jalil Al Hayya, o fillo de Jalil Al Hayya, un alto responsábel do movemento islamista Hamás, así como a súa cuñada e dous netos. Ante a gravidade do bombardeo, Hamas pediu a Israel unha tregua humanitaria de dúas horas para poder atender ás persoas feridas. |
NOS_37961 | Conversamos con Pablo Álvarez, un dos promotores da cooperativa Nosa Enerxía, que xa dá os seus primeiros pasos no noso País. Procuran soci@s. Están convencid@s de que moitos peixes xuntos poden 'devorar' xigantes como Iberdrola ou Fenosa. | A subida do prezo da luz deu pé ao nacemento dunha alternativa en chave galega fronte a un sector que se caracteriza pola opacidade. Pablo Álvarez, Ángel Montero, Serafín Valencia e Néstor Álvarez son os catro impulsores de Nosa Enerxía, unha cooperativa que trae á Galiza o modelo que funciona xa en Catalunya e Euskal Herría e que procura soci@s para se sumaren ás 70 con que xa conta. O obxectivo: rachar, desde a acción directa, co oligopolio enerxético. Tamén carrexará un aforro de até tres céntimos a respeito das comercializadoras habituais. Explíquenos como xorde a idea de crear unha cooperativa enerxética. Nace hai algo máis dun ano e é unha iniciativa dun conxunto de persoas que teñen unha postura fronte á enerxía e os valores ambientais comúns que son opostos ao modelo que existe. Ese foi o berce xunto con internet, porque nos coñecemos on-line. "É unha cooperativa que persegue democratizar o acceso á enerxía, fomentar a soberanía enerxética e poder consumir enerxía verde" Esa postura común en que ideas concretas se materializa? É unha cooperativa que persegue democratizar o acceso á enerxía, fomentar a soberanía enerxética e poder consumir enerxía verde, aquela que provén de fontes renovábeis. Tamén queremos levar adiante os nosos propios proxectos para difundir as fontes renovábeis e outro dos piares é a dinamización da sociedade cara á protección do medio ambiente. O oligopolio da electricidade fixo subir un 75% o prezo da luz en 10 anos. Como se racha con isto? Ao haber máis organizacións que estean no mercado no eido enerxético xa se abren máis opcións. Connosco o consumidor pasaría a ser propietario da cooperativa. Con Fenosa somos meros consumidores; se non somos accionistas non podemos dicir nada. Como acabar con ese oligopolio? Desde a propia acción de abandonar esas compañías eléctricas, que repercutirá no propio mercado. "O consumidor pasaría a ser propietario da cooperativa" Entón xa é posíbel deixar de lle pagar a Gas Natural-Fenosa? É, si. Aquí acontece igual que cos teléfonos móbiles. O mercado eléctrico é aberto e un pode mudar de comercializadora. Nós queremos combater o oligopolio pero non temos capacidade para saír da lóxica deste mercado. Imaxina que é unha lonxa de peixe. Até agora o consumidor último ía mercar o peixe ao mercado de abastos, mais nós, como comercializadora, temos a capacidade de ir directamente á lonxa, reducindo o número de intermediarios. Cando baixan os prezos o que fan as grandes hidroeléctricas non o reducen porque teñen uns accionistas aos que hai que lles dar un beneficio. Buscan o lucro. Nós non fariamos iso. Os socios decidirían en asembleia a que prezo queren consumir a enerxía. Reduciríanse as peaxes se tivesemos unha tarifa eléctrica galega? A política enerxética é a nivel ibérico, entre Portugal e España. Galiza produce enerxía pero móvese dentro da regulación que se fixo a nível estatal, polo que non se pode crear unha tarifa enerxética galega. Agás no caso de que se tome o exemplo de 'R', que non emprega redes da liña eléctrica española. Mais nós non temos capacidade para iso porque é máis custoso e seguramente habería regulación política igualmente. "O prezo da luz sobe por impostos meramente recadatorios e que só procuran o beneficio das grandes empresas" Olla. A enerxía a día de hoxe está regalada. Os muíños de vento móvense a pleno rendemento e os encoros están cheos de auga. Por que soben logo os prezos? Polas compoñentes regulatorias: impostos por isto, peaxes por isto outro... Son meramente recadatorias e só procuran o beneficio das grandes empresas. O Estado español é o terceiro coa enerxía máis cara de entre 30 países europeos. Por que? Porque no 'boom' do tixolo o que aconteceu foi que aumentou a demanda de enerxía. Cando fas deporte queimas máis calorías. Que acontece? Que despois para te recuperar necesitas comer e beber máis. No Estado español o que non se quería era prexudicar ese crecemento económico e que as empresas tivesen que pagar a enerxía que consumían. O que se fixo foi cancelalo. A débeda foi engordando e as eléctricas pasáronlla aos bancos. Os bancos vendérona a outros países e a outros bancos de tal maneira que igual o défice eléctrico español está agora en bonos chinos, por exemplo. O condicionante principal foi ese: a nula capacidade que tivo o Estado español de apostar nun desenvolvemento sostíbel. O que nós queremos é ese desenvolvemento sostíbel, non un capitalismo verde: producir o que a xente consome e nada máis. É verdade que do que pagamos no recibo da luz unicamente 19€ van para as eléctricas, como dixo Iberdrola? Iberdrola di a parte que lle interesa. Esta empresa é comercializadora e produtora, coma Nosa Enerxía. Se imos á lonxa imos como compradores, como comercializadores. Iberdrola tamén ten os barcos para faenar no bar. Logo recibe beneficios na factura da luz pero tamén por vender a enerxía no mercado. "Temos tamén a idea de colocar paneis solares nas explotacións agrogandeiras para aforrar no equipamento necesario para a produción de leite" Como faría para me desconectar de Gas Natural-Fenosa? Tes que achegar o capital social, de 100 euros reembolsábeis se te das de baixa. Entón pasas a ser socia cos teus dereitos de participación e poderías consumir os servizos. O primeiro sería ofertar a electricidade até 10 quilowatts. Os beneficios desta cooperativa vanse invertir na propia sociedade galega apoiando as renovábeis e o desenvolvemento sostíbel. Máis adiante axudaremos á instalación de paneis fotovoltaicos nos fogares para que cadaquen produza a súa propia enerxía e tamén contar co apoio de gandeiros e comuneiros. Pensamos colocar tamén paneis solares nas explotacións agrogandeiras para aforrar no equipamento necesario para a produción de leite. O noso obxectivo non é facer negocio ao redor da electricidade para vivirmos coma os demáis, senón consumir enerxía verde ao prezo máis baixo posíbel. |
NOS_31967 | "O monstro invisíbel" é o título da curta da que é director de fotografía o galego Jairo Iglesias. O filme dos irmáns Fesser sobre a fame foi seleccionado para os Oscar. | A curtametraxe "O monstro invisíbel" dos irmáns Fesser, que conta co galego Jairo Iglesias como director de fotografía, foi seleccionada para os Oscar. Trátase dun filme producido por Acción contra el Hambre e Películas Pendelton que emprega como fío condutor a desnutrición crónica que afecta a millóns de nenos e nenas no mundo. Tras gañar o festival de Rhode Island, a peza entrou por dereito na listaxe de filmes que pode optar ao Oscar. Aínda así, os académicos teñen que votar para elixir as películas que finalmente serán nomeadas. Baseada en historias reais, conta con retrincos de ficción e toques de humor para relatar a vida de Aminodín, un neno que vive no vertedoiro de Papandayan (Marahui, Filipinas) coa súa familia e que se dedica, como moitos outros, a recoller o lixo que alí chega. Paralelamente, seu primo Alimán reside nun campo de refuxiados, posto que tivo que deixar atrás o seu fogar cando comezaron a producirse bombardeos. Pese a súa situación e facéndolle fronte diariamente ao monstro da fame, os pequenos tentan non perder o sorriso. Inserirse noutra realidade O xerme do proxecto xorde a partir dun conflito que durou aproximadamente seis meses e que se coñece como asedio de Marahui. A cidade quedou totalmente derruída e os habitantes fuxiron cara a outras zonas. A partir de entón, a cantidade de lixo que chega ao vertedoiro é moito menor, prexudicando as familias cuxa vía de sostemento é a recollida do mesmo. Durante a rodaxe da peza e dada a conflitividade do lugar, o equipo tivo que seguir unhas liñas de actuación fixadas, como saír do hotel soamente nas horas de día ou pasar máis de catro controis no traxecto desde o aloxamento até o emprazamento do filme. Mesmo levaban no peto un documento chamado "sobre anti-secuestro" por precaución. Aínda así, a axuda que recibiron por parte dos habitantes para rodar a curta foi incríbel. Unha vez rematado o proceso, Jairo Iglesias afirma, en declaracións a Nós Diario, que foi unha das experiencias máis impresionantes da súa vida. Inmerso naquela realidade e ante a imaxe dos rapaces e rapazas rebuscando entre o lixo, admite que aquela noite chorou bastante. "A medida que vas coñecendo a xente e vendo o funcionamento do vertedoiro, decátaste de que hai moitas persoas alí que non teñen outra saída que non sexa esa", sinala. Máis proxectos Ademais de n'O monstro invisíbel, Jairo Iglesias participou noutros proxectos como Escribir o imposible de Simone G. Salbene, que se proxectará a próxima sexta feira dentro do festival Cineuropa e que relata os últimos anos de Juan Tallón. Tamén con Simone está a traballar nun documental sobre Neira Vilas e ten pendente de estrea un documental sobre as redeiras da Costa da Morte. |
PRAZA_20337 | A empresa solicitoulle ao Goberno galego o inicio dun Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal co obxectivo de eludir o control do Concello de Pontevedra. A APDR esixe o desmantelamento da factoría, que a partir de decembro xa non poderá empregar mercurio para a produción de cloro | Elnosa debería abandonar o seu actual emprazamento en Lourizán cando remate 2017. Este é o horizonte fixado dende hai anos, dende que a Xunta xa lle outorgase á empresa unha prórroga en 2013, nun momento no que xa se barallaba o necesario traslado da factoría. Porén, a compañía vén de iniciar os trámites ante o Goberno galego para tentar manter a súa localización. O Grupo CUF, a multinacional portuguesa propietaria da planta, solicitou o inicio dun Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal, toda vez que o Concello de Pontevedra rexeitou aprobar un Plan Especial de Reforma Interior (PERI). A empresa busca repetir a operación que xa realizou ENCE no seu día, conseguindo que o Goberno de Manuel Fraga aceptase un plan sectorial de incidencia supramunicipal que fixo que a pasteira eludise o control urbanístico das autoridades municipais A empresa busca repetir deste xeito a operación que xa realizou ENCE no seu día, conseguindo que o Goberno de Manuel Fraga aceptase un plan sectorial de incidencia supramunicipal que fixo que a pasteira eludise o control urbanístico das autoridades municipais pontevedresas. Se a Xunta accede á petición da compañía, pasaría a ter competencias para aprobar calquera reforma interior no recinto, incluído o imprescindible proceso de reconversión que Elnosa debe levar a cabo para adaptarse á normativa europea. Ademais, a partir do 11 de decembro deste ano a UE prohibe seguir usando mercurio no proceso de produción do cloro, polo que Elnosa deberá modificar necesariamente a súa actividade. Nun comunicado, a empresa sinala que tamén está levando a cabo os trámites para a Revisión da Autorización Ambiental Integrada (AAI) "co obxectivo de manter a actividade industrial no planta e garantir os postos de traballo actuais e tratar de aumentalos". O Grupo CUF tamén espera que ELNOSA obteña unha prórroga da concesión dos terreos que ocupa en dominio de Costas, previa resolución do expediente de caducidade aberto. "O que temos claro é que ELNOSA non pode seguir na ría. O que hai que facer é cumprir a lei, non como fixeron con ENCE, e sacala de Lourizán este ano", sinalou Antón Masa Antón Masa, voceiro da Asociación pola Defensa da Ría (APDR) salienta en conversa con Praza que "hai que agardar a ver que fará a Xunta con esta solicitude, pero en principio cremos que a aprobará". "O que temos claro é que ELNOSA non pode seguir na ría. O que hai que facer é cumprir a lei, non como fixeron con ENCE, e sacala de Lourizán este ano", sinalou. "A partir do 11 de decembro xa non poderá empregar mercurio e aínda non solicitou o cambio de tecnoloxía, non presentou plan ningún de renovación das súas infraestruturas, para mudar os actuais cátodos de mercurio por unha tecnoloxía de membrana á que está obrigada", explicou. "Queren repetir a xogada que xa fixeron con ENCE: saltar a legalidade e pasar por riba do Concello empregando subterfuxios. Queda clara unha vez máis a connivencia que existe entre a Xunta de Galicia e o Partido Popular con estas empresas, que se benefician dun tratamento que non teñen outras compañías", denunciou Masa. "Queren repetir a xogada que xa fixeron con ENCE: saltar a legalidade e pasar por riba do Concello empregando subterfuxios. Queda clara unha vez máis a connivencia que existe entre a Xunta con estas empresas", denuncia a APDR Na manifestación contra a continuidade de ENCE e Elnosa na Ría de Pontevedra, que tivo lugar hai tres semanas, a APDR salientou que "de acordo coa lexislación europea, ELNOSA ten que abandonar Lourizán este ano, porque non cabe prórroga ningunha ao uso do mercurio máis alá de decembro. E os responsábeis da empresa sábeno, por iso non cesan na chantaxe social coa desculpa da defensa duns postos de traballo que só benefician a uns poucos, en detrimento do ben da maioría das persoas e da saúde". "Sábeo tamén o Partido Popular, un partido caracterizado pola corrupción e pola servidume ás empresas ilegais e contaminantes; que non dubida en saltar as Leis ou reformulalas á súa vontade e sempre a cambio de pagos, en contado ou en especie. Mais nós non imos permitir que mais unha vez, a xustiza sexa unha mera marioneta do poder económico", engadiu o manifesto da marcha. A presión da empresa para asegurar a súa permanencia na súa actual localización foi aumentando nas últimas semanas e meses, ata o punto de que membros do comité de empresa da factoría realizaron un escrache nas proximidades da residencia familiar do alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, unha acción que o rexedor asumiu "con orgullo", sinalando que o escrache ía contra el porque "non llo poden facer a todos os pontevedreses que están por recuperar a ría". Un traslado prometido en 2011 En 2011 Núñez Feijoo afirmou que o prometido traslado de Elnosa en 2014 era "unha mostra de que cumprimos con Pontevedra" O 9 de decembro de 2011 o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, afirmaba na sede da Xunta en Pontevedra que "hoxe iníciase a conta atrás para o peche definitivo de Elnosa na ría de Pontevedra, que terá lugar o 6 de xaneiro de 2014", incorporando os cualificativos de "innegociable" e "improrrogable" para o peche. Núñez Feijoo tamén comprometeu a súa palabra e o 27 de decembro dese ano sinalou que a marcha de Elnosa en 2014 era "unha mostra de que cumprimos con Pontevedra". No programa do Partido Popular para as eleccións ao Parlamento galego de 2012, que sinalaba que "o PPdeG mantén a súa aposta para que ENCE abandone o seu actual emprazamento", a formación daba por feito o desmantelamento de ELNOSA ("logo de acordada a saída ordenada de ELNOSA..."). Ademais, a finais de 2013, cando o Goberno galego realizou unha manobra para estender a presenza da empresa en Lourizán ata finais de 2017, a Xunta destacou que o acordo evitaba a posibilidade de que a empresa mantivese o seu actual emprazamento máis aló deste ano, baseándose nos recursos presentados contra o prazo límite de xaneiro de 2014, e que a cambio a empresa se comprometera a retirar. |
NOS_38944 | Madina, Sánchez e Tapias aspiran a convertese no próximo secretario xeral da formación no Estado, co 'pachismo' ourensán medindo as súas forzas coa dirección do PSdeG. | Pedro Sánchez, Eduardo Madina e José Antonio Pérez Tapias son os tres aspirantes a converterse este domingo no líder do PSOE para os próximos anos -aínda que o vencedor logo terá que ser confirmado en Congreso- nunhas primarias consultivas que marcarán o rumbo da formación na etapa que se abre, moi complicada para @s socialistas, mergullados nunha inmensa crise e reacios ou incapaces de liberarse da condición de partido sistémico para un modelo, o do 78, en descomposición e do que son alicerce histórico. Os comicios preséntanse como unha disputa entre o aparato, que parece apoiar ao madrileño Pedro Sánchez -o que máis avais obtivo- e a alternativa, -con todo, de carácter morno en relación ás correntes rupturistas á alza- que representa o vasco Eduardo Madina. A terceira opción, con menos posibilidades malia que é moi probábel que obteña un resultado por riba das expectativas, está encarnada en Pérez Tapias, cun discurso máis claro de esquerdas. Pedro Sánchez parece contar co apoio do poderoso aparato do partido, o que tamén semella incluír á actual dirección en Galiza En Galiza, estas primarias -que copian o formato usado polo PSOE galego- tamén serven de exame para José Ramón Gómez Besteiro, líder do PSdeG, que mantivo neutralidade formal pero apoia a Sánchez, namentres que o 'pachismo' ourensán está aliado con Madina -a deputada Laura Seara é unha persoa con peso dentro da candidatura- polo que unha vitoria deste último suporía un tropezo para o presidente da Deputación de Lugo, alén de deixar moitas claves de futuro de cara á elección de candidat@s para as municipais. Máis de 250 mesas están preparadas nas sedes do partido en Galiza, onde teñen dereito a voto 11.500 militantes entre as dez da mañá e as oito da tarde. No Estado, non chegan a 200.000 @s afiliad@s chamad@s ás urnas, o que serve de proba do mal momento do PSOE, que hai tres lustros contaba co dobre de base social con carné. Os resultados coñeceranse a primeira hora da noite. |
NOS_55307 | Cando as traballadoras comezaron a sindicarse, empezaron os despedimentos, denuncian desde a central sindical. | A CIG fixo pública esta sexta feira unha sentenza do Xulgado do Social de Ourense na que se declara improcedente o despedimento dunha traballadora do asilo do Carballiño, afiliada á central sindical, tras o que exixiu ao Padroado da Fundación Irmáns Prieto, presidido polo bispo de Ourense, que readmita a afectada. A sentenza chega no marco da conflitividade laboral que vive o centro como consecuencia, segundo trasladan sindicato e traballadoras, "do acoso laboral e a represión sindical que a nova xerencia exerce sobre as empregadas máis antigas", buscando "converter en negocio o asilo". A central sindical presentou ao longo destes meses distintas denuncias para que se respecten as condicións de traballo do cadro de persoal e que se cumpra a normativa en materia de atención ás persoas maiores. Neste contexto, cando as traballadoras comezaron a sindicarse, empezaron os despedimentos, denuncia a CIG. "Durante os últimos meses mantivemos un pulso coa dirección do asilo do Carballiño polo acoso e a derriba sistemática que esta dirección mantén co persoal que está afiliado ao noso sindicato", explicou Anxo Pérez Carballo, secretario comarcal de CIG-Ourense. A CIG ocupa o Concello do Carballiño para exixir a readmisión das traballadoras dunha residencia Pérez Carballo apuntou que o "acoso" traduciuse en dúas cartas de despedimento a dúas traballadoras distintas. Aínda que o sindicato tentou mediar e interceder para "rebaixar o ton", e mesmo mantivo mobilizacións diante do Concello do Carballiño, o bispado de Ourense e a Catedral da cidade, "non houbo solución posíbel porque a empresa negouse en rotundo a levantar o pé do acelerador e chegamos a xuízo". O secretario comarcal recriminou que, no xuízo, a empresa acusase "unha das traballadoras de cousas gravísimas que atentaban contra a honra e a integridade moral". A pesar diso, asegurou que o sindicato propuxo "saídas intermedias ás que a empresa se negou". Agora a xuíza declarou que o despedimento era improcedente, "é dicir, ilegal, inxusto e ilexítimo", subliñou o sindicalista. Ocupan a sede do Bispado de Ourense para exixir a fin do "acoso laboral" nunha residencia do Carballiño "O bispo ten agora a palabra e ten cinco días hábiles, segundo estipula a lei, para responder", manifestou, lamentando que a lexislación a nivel laboral "é antiobreira", polo que "se lle permite a un empresario cambiar a condena por diñeiro". Para o sindicalista, sería "curioso á vez que grave" que o representante "dunha igrexa que se di dos pobres" permitise arranxar con cartos a situación nunha fundación que non é súa. "Sería unha inxustiza que deixaría na rúa unha persoa, sen traballo, sen medios de vida", incidiron desde a CIG, polo que exixen que se readmita "inmediatamente a traballadora atendendo á sentenza". |
NOS_2746 | A entidade, esencial para o desenvolvemento da cultura galega, fai cen anos en 2023. | O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu esta segunda feira a primeira reunión de preparación para a celebración do centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos (SEG), que se conmemora en 2023. Na xuntanza, da que participaron diferentes entidades, estiveron presentes Rosario Álvarez e Francisco Díaz-Fierros, por parte do Consello da Cultura Galega; Concha Losada e Justo Beramendi, do Museo do Pobo Galego; Ramón Villares, da Real Academia Galega, e as vicerreitoras de Cultura das tres Universidades: Pilar Murias (USC), Cristina López Villar (UDC) e Susana Reboreda (UVigo). Tamén asistiron representantes do CSIC, o Instituto Padre Sarmiento e as fundacións Vicente Risco —Celia Pereira e Xosé Díaz—, Filgueira Valverde —Fernando Filgueira—, Losada Diéguez —Patricio Núñez—, Antonio Fraguas —Concha Losada— e Otero Pedraio —Susana Reboreda—. A Xunta estivo representada pola subdirectora xeral, Lourdes Batán. No encontro desta segunda feira perfiláronse algunhas das actividades que se desenvolverán no ano vindeiro, así como o calendario de próximas reunións encamiñadas a pór en valor esta —case— centenaria entidade. O Seminario Un grupo de universitarios, entre os que se destacaban Fermín Bouza Brey (1901-1973) e Xosé Filgueira Valverde (1906-1996), fundaron o que posteriormente se daría a coñecer como Seminario de Estudos Galegos o 12 de outubro de 1923, cando se atopaban realizando unha excursión polas terras da Amahía e visitando o Castro de Ortoño, onde pasou a súa infancia Rosalía de Castro. O Seminario tivo despois a súa acta constitutiva, redactada na casa santiaguesa do catedrático de Lingua e Literatura da USC Armando Cotarelo Valledor (1879-1950), quen sería o primeiro presidente da entidade entre 1923 e 1928. O SEG só durou en activo trece anos, mais é unha entidade de esencial importancia na historia da ciencia e da cultura galegas. Chegou a editar 23 publicacións e tivo 215 socios activos e 528 socios protectores entre grandes personalidades e institucións. |
NOS_38033 | Xa ninguén dubida de que a festa grande de Cans é o sábado do festival de cine no que a veciñanza abre portas e axita potas. Para mañá, contan coa visita de José Luís Cuerda, protagonista no Coloquio na Leira de Alicia no máis de medio cento de actividade deste festival da ducia. | Esta fin de semana non só se votará nos colexios electorais. As eleccións volven caer nas xornadas do Festival de Cans onde reflexión e votación darán tamén os nomes dos proxectos gañadores desta nova elección. Mais Cans non está só de reflexión senón de moita festa e a veciñanza non para nestes días nos que o mundo do audiovisual invade a aldea. O director de cine José Luís Cuerda deixará a partir deste sábado a súa pegada no Torreiro das Estrelas de Cans. Será na xornada na que protagonice o Coloquio na Leira de Alicia, no día grande do festival máis agroglamuroso. O Torreiro non será, a partir de agora, o único espazo na aldea no que quede pegada dos grandes nomes do festival. Nesta edición inaugúrase o Muro dos Chimpíns co fin de que os premios Pepe Puime teñan tamén o seu lugar de gloria para a posteridade que inaugurará o veciño de Cans Juan Rivas. Máis de medio cento de actividades Chega Cuerda a esta edición que fai a ducia do festival despois de que nomes coñecidos do audiovisual como Daniel Guzmán, Luís Tosar ou Javier Gutiérrez quentaran motores dos chimpíns nas animadas sesións de encontro coa veciñanza e cos primeiros asistentes que se multiplicarán durante a fin de semana do encontro do audiovisual máis popular. A edición da ducia inaugura novas seccións e espazos como os Concertos na Placa, o Muro dos Chimpíns ou o programa infantil "MiniCans". De mañá a noite e durante as dúas xornadas, Cans terá tamén banda sonora co agardado concerto de Def con Dos, a nova música de Sés, Blues do País, Adrián Costa, Davide Salvado ou Quempallou. A actividade será continuada, en multitude de espazos e para todos os públicos e interese no animado programa da ducia de Cans. O CanSonoro con Xurxo Souto á cabeza que tamén presentará Dos gaiteiros do Mar, coa actuación dos seus protagonistas Manuel Sotelo Manoliño de Donón e Lito Pinténs, a proxección de curtas ao longo da xornada, longametraxes, encontros, debates e moitas sorpresas danse cita nunha fin de semana intensa que, máis unha vez, coincide con reflexión e votación. O programa ao completo pódese consultar na páxina web do festival. |
NOS_33398 | Un 23,1% é a porcentaxe que expresa a brecha salarial dos homes e mulleres na Galiza. A Secretaría da Muller da CIG denuncia a discriminación no mundo laboral no Día Internacional da Igualdade Salarial entre homes e mulleres. | A diferencia entre os salarios dos homes e as mulleres é dun 23,1%, porcentaxe que pon á vista a persistencia da discriminación no mundo do traballo. No ano 2011 os ingresos medios dos homes foron de 20.393 fronte aos 15. 688 das mulleres.Salario medio por hora inferior ao dos homes e máis traballando a tempo parcial. Esta é a "dobre brecha" que as mulleres padecen no mundo laboral e que a Secretaria da Muller da CIG vén de denunciar no Día Internacional da Igualdade Salarial entre homes e mulleres que se celebra este 22 de febreiro.A fenda é aínda profunda e apréciase en distintos indicativos, días e horas que traballan de balde, collen de xeito mairoritario os permisos parentais e interrompen a vida laboral por causas familiares en máis ocasións. Segundo a Secretaría da Muller da CIG,nas empresas continúan a existir "sistemas de retribución artibrarios, individualizados que non son negociados nin identificados no convenio e sistemas de promoción arbitrarios" que contribúen á situación minusvalorada das mulleres no ámbito laboral.O 23,1% que as mulleres cobran menos que os homes significa, segundo o sindicato nacionalista, "a persistencia dunha brecha salarial entre homes e mulleres" mais alertan tamén do descenso dos ingresos de ambos sexos debido a unha precariedade que afecta a toda a clase traballadora.Segundo os datos que a CIG denuncia, tirados da Axencia Tributaria, no ano 2011 os ingresos medios dos homes foron de 20.393 fronte aos 15. 688 das mulleres, producíndose en ambos casos un descenso con respecto ao ano anterior no que os homes computaban 20.408 e as mulleres 18.314.A Secretaría da Muller da CIG, Margarita Corral, reivindica a través dun comunicado "igual salario por igual traballo" "Erixímonos en loita contra a precariedade e a discriminación que seguimos padecendo as traballadoras galegas"sinala Margarita Corral, Secretaria de Muller e Mocidade, nun comunicado. |
PRAZA_689 | Investigan o presidente da Deputación de Pontevedra e o deputado provincial Severino Reguera polo aluguer, moi por riba do prezo do mercado, de tres baixos comerciais en Vigo propiedade de Louzán, que podería ter recibido 50 mil euros de máis. | O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acolleuse este mércores ao seu dereito a non declarar no xuízo que o investiga a el, á súa dona e o deputado provincial popular Severino Reguera por un presunto delito de suborno. O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados decidiu, en consecuencia, que os tres seguisen imputados na causa. O presidente da Deputación tería recibido 15 euros por metro cadrado, cando un informe da Garda Civil sitúa os prezos medios na zona naquel tempo en 7 euros o metro cadrado Segundo o fiscal de Delitos Económicos de Pontevedra, Augusto Santaló, en 2008 Severino Reguera (tamén concelleiro en Pazos de Borbén) alugou tres baixos comerciais propiedade de Louzán na zona de Navia, en Vigo. Porén, fíxoo pagando un prezo moi superior ás cifras normais do mercado. O presidente da Deputación tería recibido 15 euros por metro cadrado, cando un informe da Garda Civil sitúa os prezos medios na zona naquel tempo en 7 euros o metro cadrado. Atendendo o citado informe, Louzán tería recibido nestes oito anos máis de 50.000 euros a maiores do aluguer, sen xustificar. Santaló sospeita que detrás deste sobreprezo e destes pagamentos agóchase a compensación por algún favor exercido dende os cargos que ostenta Louzán. "Ningunha das decisións que eu tomei na Deputación teñen relación con este caso", asegurou Louzán, negando que "xestionara algunha cousa para favorecer a esta persoa" Tanto Louzán, coma a súa dona coma Reguera negáronse a declarar no Xulgado, onde chegou ao redor das cinco da tarde. Porén, o presidente da Deputación si realizou declaracións ante os medios de comunicación que agardaban por el en Cambados. Á saída do tribunal, pasadas as oito, Louzán asegurou que non declarara porque se fixera tarde. Con visible cansanzo e algo nervioso, defendeu a súa inocencia e o seu "bo proceder", sinalando que se trataba sun "asunto privado". "Ningunha das decisións que eu tomei na Deputación teñen relación con este caso", asegurou, negando que "xestionara algunha cousa para favorecer a esta persoa". O proceso continuará. O fiscal de delitos económicos solicitou a certificación das retribucións de Reguera e a xustificación da orixe dos cartos que achegou como sinal no precontrato dos locais, máis de cen mil euros. O fiscal de delitos económicos solicitou a certificación das retribucións de Reguera e a xustificación da orixe dos cartos que achegou como sinal no precontrato dos locais, máis de cen mil euros O fiscal abrira a investigación en novembro de 2013 despois de recibir unha comunicación anónima na que se denunciaban os presuntos sobreprezos dos locais situados na rúa Teixugueiras en Vigo. Louzán desmentiu en varias ocasións a existencia de sobreprezo, alegando que a cantidade do aluguer foi marcada por unha xestoría. O Xulgado de Cambados acordou en febreiro incoar procedimento contra Louzán, desestimando a solicitude de arquivo, presentada polos imputados. Segundo o tribunal, "o resultado das dilixencias de investigación realizadas permiten soster que os feitos investigados poderían dar lugar a un delito de suborno impropio no caso do deputado e un delito continuado de suborno no do presidente da Deputación e a súa dona". |
NOS_29017 | O executivo contará con 8.873 millóns de euros nas contas xerais de 2016, un incremento do 4,3% a respeito do exercicio anterior. | O presidente da Xunta presentou esta segunda feira o proxecto de Orzamentos para 2016 aprobado en sesión extraordinaria polo Consello. O vindeiro ano o goberno galego contará con 8.873 millóns de euros, 364,8 millóns máis que o pasado ano. Para Feijóo as contas que defenderá perante o Parlamento son "realistas" e representan o "camiño evidente cara á recuperación económica". Neste senso, subliñou o impacto que terán as reformas fiscais anunciadas durante o debate sobre o estado da nación --entre 140 e 150 millóns, ou o que é o mesmo, un aforro de entre 249 e 380 euros por contribuínte no IRPF. Na súa comparecencia de imprensa o mandatario galego tamén subliñou o investimento público en materia social, nomeadamente nalgunha das medidas estrelas que o executivo porá en marcha como o cheque-bebé do que, así as cousas, se descoñece a letra pequena. O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, explicou que a axuda outorgará 100 euros ao mes por crianza mais non así que familias se beneficiarán nen durante canto tempo. Eses detalles, sinalou, matizaranse "nos vindeiros días". O que si se coñece xa é a contía disponíbel para esta medida que visa promover a natalidade, xunto con outras de conciliación e dinaminzación demográfica para as que o executivo prevé 15,4 millóns de euros. En total as políticas sociais suman 282 millóns de euros máis que no período anterior repartidos entre sanidade (+103,3 millóns), educación (+92 millóns) e a Consellaría creada ex-novo que leva o nome de Política Social (69,2 millóns). |
NOS_47404 | Un avogado de Pablo Crespo, Félix Pancorbo, figura como imputado no novo proceso que se segue contra Marcial Dorado na Audiencia Nacional. Denunciouno no Parlamento o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, na sesión de control a Feijóo. Narcotráfico. Gürtel. A conexión chámase Félix Pancorbo. Feijóo, fiel a súa táctica, deixou sen contestar as perguntas da oposición. Beiras plantouse diante do seu escano para lle afear a súa conduta. | Na sesión de control ao Goberno, os grupos da oposición tiraron novos dados en relación co escándalo arredor da amizade do presidente da Xunta e o narcotraficante arousán Marcial Dorado. Neste senso, o portavoz nacionalista Francisco Jorquera exixiulle a Alberto Núñez Feijóo que explicase as relacións entre Pablo Crespo (imputado na Operación Gürtel e ex-secretario de organización do Partido Popular) e o narco Marcial Dorado. Ao igual que noutras sesións parlamentares o líder do Partido Popular na Galiza optou polo ataque na súa defensa para non ter que respostar ás preguntas formuladas polo PSdeG, BNG e AGE. O voceiro do BNG denunciou que o avogado de Crespo, Félix Pancorbo, atópase na actualidade imputado na investigación aberta ao arousán na Audiencia Nacional. De facto, xa fora detido en 2009 vinculado cun alixo de cocaína no barco South Sea (propiedade de Dorado). Pancorbo foi o avogado que deseñou mudanzas na estratexia de defensa de dous dos cabecillas da Gürtel (Crespo e Correa). Aliás, participou na defensa de Augusto Pinochet cando este foi procesado polo maxistrado Baltasar Garzón. Malia que os grupos da oposición procuraron que o presidente da Xunta explicase a súa relación co narcotraficante e deitase luz sobre as contradicións nas que ten incorrido o líder do executivo galego, Alberto Núñez Feijóo rexeitou dar resposta ás preguntas das portavocías arguíndo mesmo "que non o merecen". O presidente da Xunta non respondeu a ningunha das preguntas da oposición nunha sesión tensa Ao entender de Núñez Feijóo eran os grupos da oposición as que debían "dar explicacións" [polas axudas que o bipartito deu a empresas de Dorado] polo que as demandou en múltiples ocasións durante as súas quendas de palabra. Ningunha das cuestións que prevían ser aclaradas esta cuarta feira no Hórreo se resolveron. Tampouco así se achegaron dados a respeito da contratación da Xunta a empresas de Marcial Dorado durante os anos de goberno de Fraga --como anunciara o propio Núñez Feijóo en comparecencia de imprensa a pasada quinta feira. Tampouco así dos 5.000 euros en contratos concedidos entre 2009 e 2012 polo seu executivo e logo de que o arousán fose encarcerado por narcotráfico. Feijóo non explicou os contratos da Xunta con empresas de Dorado durante os anos de goberno de Fraga como anunciara en comparecencia de imprensa O que si fixo o presidente foi repartir consellos entre as portavocías da oposición: "Señor Vázquez, por que non cala?", "señor Jorquera non lle debe tanto o BNG. Non faga todo o que lle pide" increpou o presidente aos voceiros de PSdeG e BNG aos que tamén exixiu explicacións polos anos de goberno do bipartito. As aseveracións do mandatario motivaron máis dunha brincadeira desde as bancadas da oposición. "Non bote balóns fóra", lle advertía o líder d@s socialistas Pachi Vázquez ao tempo que ironizaba "aínda vai resultar que fun eu o que lle mercou o iate a Marcial Dorado para que o levase a vostede". O "escapismo" do presidente da Xunta --denunciado en múltiples ocasións pola oposición-- espertou o malestar d@s voceiros de BNG, AGE e PSdeG máis tamén d@s deputad@s da Cámara que apuparon ao líder do executivo exixindo deste que cinguise as súas intervencións ás preguntas presentadas polos grupos. Porén, Núñez Feijóo continuou a increpar e bater ás forzas con representación. A tensión viviu o seu momento máis álxido no Hórreo cando Xosé Manuel Beiras se dirixiu ao escano do presidente da Xunta para lle exixir "algo de ética" na súa intervención logo das acusacións lanzadas por Núñez Feijóo contra este en resposta ao nacionalista Francisco Jorquera. Após o acontecido, @s populares exixiron á vice-voceira de AGE, Yolanda Díaz, que pedise desculpas pola "actitude" do de Anova mais a deputada limitouse a asegurar que "a única violencia" é a exercida polo Partido Popular. |
NOS_29082 | Considera que houbo un retraso na dispensa dos fármacos para aforrar. | A Audiencia Provincial da Coruña estimou parcialmente o recurso presentado pola Fiscalía, e á que se adheriu a plataforma de afectados pola Hepatite C, e decidiu que os cargos do Sergas investigados no procedemento aberto polos tratamentos ás persoas afectadas polo virus sexan chamados a declarar como investigados (antes imputados) por un suposto delito de homicidio en 6 dos 8 casos que enmarca esta causa. Así, revócase de forma parcial o auto ditado polo Xulgado de Instrución nº3 de Compostela e acorda que a estes dous cargos se lles tome declaración como imputados polo falecemento deses doentes. Os cargos implicados no proceso son o xerente da área sanitaria viguesa, que entón era director de Asistencia Sanitaria, e a sub-directora de Farmacia, Carolina González-Criado. O xulgado xa investigaba Rubial e González-Criado por prevaricación, se ben a Fiscalía atribuíalles tamén un suposto delito de "homicidio por imprudencias profesional grave" ao retrasar a administración dos fármacos por motivos orzamentarios. |
NOS_7190 | Este sábado, Ugia Pedreira e Marina Ourol ofrecen unha performance no espazo Caritel, na parroquia focense San Martiño de Mondoñedo | A performance como un xogo improvisado entre dúas personalidades, como unha procura do asombro do público e a participación deste. Isto poderán presenciar aquelas que acudan este sábado ao espazo Caritel. A Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento organiza este evento, con aforo limitado para 20 persoas, que comezará ás seis da tarde cunha visita á exposición do escultor Caxigueiro e máis ao xardín botánico. A entrada, que pode ser reservada a través dos teléfonos 627 93 43 68 ou 658 79 23 10, custa 15 euros. "Marina Oural máis eu indagamos na prosodia da poesía-música e se temos ese milímetro de provocación sería a a naturalidade e a sinxeleza, facendo como ben podemos que o palco perda a súa verticalidade e se dilúa coa vida nunha transparencia emocional", explica Ugia Pedreira sobre a performance, programada para as oito da tarde. A peza escénica xa foi representada perante audiencias de Santiago de Compostela, Allariz, Vilar de Santos, Lourenzá… e a propia artista conta que esta evoluciona tamén grazas a elas. Pedreira lembra, por exemplo, como a estrea tivo lugar nunha carpintaría de ribeira en Roche Bernard, na Bretaña francesa. "Foi entre bretóns que non entendían o galego, evidentemente, mais que comprenderon toda a esencia da proposta artística", sinala. En definitiva, os públicos son tamén "artistas, e relacionámonos con esa consciencia. Facemos poemas, cancións, coidámonos e coidámolos", di. En cada representación está sempre presente a faba loba, o seu "talismán, que estaba ao pé das casas antes do descubrimento de América que promete soños, que ten poderes e que alimenta moitas bocas". O espazo da aldea como lugar común á infancia e a sabedoría popular é un dos nexos comúns con Marina Oural, compañeira de viaxe nesta travesía artística. "As dúas vimos dunha infancia e adolescencia moi semellante, e criámonos nun mesmo imaxinario. a sedución dos bailes, a relación coa horta, as palleiras, o horizonte da Mariña e os vales…", relata Pedreira sobre a súa compañeira artística. A cantante comenta tamén que "a admiración bondadosa e a falta de competitividade fan que poidas traballar a niveis com profundos con alguén, desde a dor e a ferida". Vida alén da autopista Ferrol-Vigo "Un espazo de arte contemporánea no rural é, cando menos que un atrevimento, unha inconsciencia ou un grande adianto". Así define Ugia Pedreira o espazo Caritel, un edificio que acolle a exposición permanente do escultor Caxigueiro e, nos seus exteriores, un "Serralves en pequeno" cun xardín que conta con centos de variábeis de hortensias, camelias e fentos. O lugar está localizado na parroquia focense de San Martiño de Mondoñedo, que apenas chega aos 600 habitantes. "Fóra da autopista Ferrol-Vigo, na periferia, hai tamén vida", sinala Ugia Pedreira, quen cita o director da Binaural de Nodar, Luis Gomes, para apoiar que as artes no medio rural "deben contribuir para a creación dun aparello teórico e crítico e para o desenvolvemento dunha nova estética rural que sexan capaces de interrogar as ideoloxías dominates que actualmente conducen as políticas rurais, agrícolas ou da paisaxe". |
NOS_57151 | Mobilizacións en toda Australia polos dereitos dos pobos orixinarios, coincidindo co Día Nacional ou ─para os pobos orixinarios─ Día da Invasión. | Miles de persoas marcharon nas últimas horas polas cidades de Australia para reivindicar os dereitos dos pobos orixinarios coincidindo co Día Nacional do país. O 26 de xaneiro de 1788, Arthur Phillip izou a bandeira do Reino Unido en Warrane (a cala de Sydney, no nome inglés) e reclamou este territorio como británico. Dese día en diante, iniciouse un longo e sanguento proceso colonizador sobre esa terra e sobre os seus habitantes orixinarios. Os investigadores documentaron 311 masacres entre 1788 e 1930 no Estado de Victoria, onde se concentraba a maioría da poboación indíxena. Unha data controvertida no calendario, que os defensores dos pobos indíxenas conmemoran como o Día da Invasión, recolleu o diario The Australian. Especial foi a de hai 50 anos, un 27 de xaneiro como o desta quinta feira, cando un grupo de catro mozos ─Billy Craigie, Bert Williams, Michael Anderson e Tony Coorey─ chantou un parasol na leira que se estende diante do Parlamento australiano, na capital Camberra, e un cartel pintado a man onde se lía: "Embaixada Aborixe". O obxectivo era chamar a atención da cidadanía sobre os abusos continuados aos dereitos máis básicos dos pobos orixinarios de Australia. Unha reivindicación que axiña resoou en todo o mundo no marco das loitas descolonizadoras da época. Culminábase unha década de conquistas, como o dereito ao voto recoñecido en 1965, ano en que se produciu a Viaxe pola Liberdade, unha marcha para denunciar a segregación racial, inspirada no Freedom Ride de catro anos antes nos Estados Unidos. A Embaixada Aborixe axiña comezou a medrar co apoio de activistas de todo o país. Tamén embaixadas de países estranxeiros en Australia convidaron o grupo de catro para expor a situación de violación de dereitos dos aborixes. O Goberno, a través das forzas policiais, tentou varias veces sen éxito desmantelar o pequeno campamento. A día de hoxe, mantense en pé. Racismo e terras Tamén en pé se manteñen o racismo e a discriminación cara aos pobos orixinarios australianos. Malia representar actualmente 3,3% da poboación, máis de 28% das persoas encarceradas en Australia son indíxenas. Ademais, supoñen a máis alta porcentaxe de mortes baixo custodia policial: un total de 441 indíxenas faleceron desde 1991 mentres estaban detidos. Até agora, nin un só axente foi imputado. Paralelamente aos actos de celebración esta quinta feira do 50º aniversario da Embaixada Aborixe, tamén houbo nas horas previas manifestacións por todas as cidades australianas, segundo informou a TV pública, ABC. En Melbourne viviuse unha xornada de loito virtual pola pandemia da Covid. A loita polas terras foi e continúa a ser o principal conflito. A Embaixada Aborixe presentou en 1972 unha serie de demandas ao Goberno australiano, entre estas o respecto aos lugares sagrados e o recoñecemento dos dereitos de propiedade dos indíxenas sobre o seu territorio ancestral. Incluídos ─eis a pugna capital en todo este tempo─ os de explotación mineira. As reivindicacións nunca pararon: xa en 1888, no centenario do inicio da colonización, os líderes aborixes boicotearon os actos oficiais de celebración. Tamén en 1938, no 150º aniversario, organizáronse protestas e unha masiva marcha silenciosa polas rúas de Sydney. E na actualidade, a Embaixada Aborixe continúa a ser a máis longa protesta en marcha da historia polos dereitos de propiedade das terras, pola soberanía e pola autodeterminación. Controversia polo dereito de propiedade da bandeira aborixe Coincidindo coa polémica data de celebración do Día Nacional de Australia ─que os defensores dos indíxenas queren que sexa mudada─, o Goberno anunciou a adquisición por 20 millóns de dólares australianos (12,67 millóns de euros) do copyright da bandeira aborixe, até agora en mans dunha empresa non indíxena. O uso do deseño para impresións, insignias ou formatos dixitais será libre. Os dereitos de manufactura da bandeira física serán cobrados agora polo Goberno, que os usará para financiar o Naidoc, a semana de celebracións da cultura indíxena desenvolvida anualmente en xullo. |
NOS_42488 | As centrais CIG, CCOO e CSIF denunciaron a amortización de 106 prazas de persoal funcionario nos Xulgados do país, o que "afondará no deterioro do sistema xudicial", de igual xeito que a redución do número de partidos xudiciais. Ao mesmo tempo, consideran que co incremento das taxas o Goberno español pretende instaurar "unha Xustiza só para ricos". | Representantes das tres centrais compareceron para criticar a "reordenación do cadro de persoal" que está a levar a cabo a Dirección Xeral de Xustiza e a actitude do seu titular despois de que o Boletín Oficial do Estado recollese onte a amortización (eliminación) dun total de 106 prazas en Galiza. Neste senso, lembran que esta mesma semana mantiveron dúas mesas de diálogo coa Administración galega, "polo que non entendemos por que temos que coñecer decisión polo BOE". Ao mesmo tempo, censuran a falta de rigor do responsábel da Dirección Xeral de Xustiza, "que prometeu que non habería amortización de prazas até que non se negociase o plan de reordenación do persoal". A amortización significa que as vacantes que deixen os funcionarios que se xubilen, ascendan ou soliciten o traslado non serán cubertas. "O que pretenden é deteriorar progresivamente os servizos públicos para xustificar a súa privatización", indican, e poñen como exemplo o que está a suceder tamén co persoal laboral dos Xulgados: "no colectivo de limpadoras/es, por exemplo, tampouco se cubrirán as baixas este verán, e xa estamos a ver como se deixa este servizo en mans de empresas privadas". Aumentar postos libre designación Nesta liña, indican que o que non pode facer a Xunta é dicir que se van cobrar taxas e reducir persoal "é o mesmo tempo que vai mellorar o servizo os cidadáns/ás". Os cartos que se aforrarán con esta administración de prazas -critican- irán destinados a sufragar a creación de novos postos de libre designación. En canto o incremento de taxas xudiciais, sosteñen que se trata dun xeito de evitar que as persoas con menos recursos cheguen os tribunais para reclamar pequenas contías. "En definitiva, instaurar unha Xustiza só para ricos", censuran. Finalmente, sinalan que se trata dunha medida improvisada, economicista (porque só busca reducir o gasto) e electoralista, "xa que pretenden lanzar a mensaxe de cara ás vindeiras eleccións e que están a aforrar racionalizando os servizos públicos, cando o que fan é destruílos". |
NOS_32954 | A nova lei aplícase ás empresas con máis de 50 traballadoras e traballadores. Empresas como Orange, Michelin e Volkswagen xa aplican estas medidas. | O domingo, co comezo do novo ano, entrou en vigor unha nova lei en Francia. As traballadoras e traballadores franceses poderán desconectarse do seu email profesional fóra do horario de traballo. A lei aplícase ás empresas con máis de 50 traballadores. Estas entidades estarán obrigadas a ter un cadro de boa conduta que defina o período a partir do cal non é obrigatorio enviar ou responder ás mensaxes do correo electrónico. As persoas que defenden a lei afirman que a dispoñibilidade para ver o email a todas horas non está recompensada de forma xusta. Ademais, pode contribuír a crear stress e problemas para durmir. Magali Prost, doutora en psicoloxía ergonómica e especialista na utilización das novas tecnoloxías no contexto do traballo, estivo implicada nunha experiencia que levou a cabo unha empresa de creación dun sistema de bloqueo do email fóra do horario de traballo. Nunha entrevista con Le Monde, afirmou que " o traballo convértese nunha preocupación constante e entra na esfera privada" e que "algúns directores que sempre están conectados ao email poden transmitir unha presión implícita aos seus colaboradores, que se senten na obrigación de responder ás mensaxes a horas indebidas". Foi o caso da operadora de telecomunicacións Orange, que nun documento interno, datado de setembro do ano pasado, pediu ás e aos colaboradores que non visen as mensaxes electrónicas durante as reunións para facilitar a concentración. Tamén Michelin estableceu un horario de repouso para as as traballadoras e traballadores, entre as 21h e 7h da mañá, e de sexta feira ás 21h ás 7h da segunda feira. Outro exemplo é Volkswagen, que aplica desde 2011 un período de treguas diario en canto á consulta do email da empresa fóra do horario de traballo. |
NOS_46049 | Preséntase como causa particular na querela que se está a seguir na Arxentina contra os crimes do franquismo pola súa dupla condición de vítima e familiar de represaliados. Manuel Monge, ex-presidente da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, entidade que tamén se persona na causa, manifesta a vontade de que se faga xustiza e que remate o pacto de silencio que borrou os culpábeis da represión franquista. | -Preséntase como particular na querela arxentina contra os crimes do franquismo polo asasinato de catro familiares. Por que decide presentarse como causa no xuízo? Na querela existe a posibilidade de presentarse como represaliado ou por ter familiares de represaliados. No meu caso danse as dúas circunstancias e asisto como vítima e familiar. Como vítima da represión, no informe conto como en 1968 estiven mes e medio no cárcere de Bilbao, onde coincidín con Nicolás Redondo ou Ibarrola ao ser detido por levar unha pomba da paz de Picasso. No 1973 militaba na ORT e estiven dous meses no cárcere. Entón recibín unha carta do colexio Tirso de Molina de Ferrol, dos padres Mercedarios, anunciándome que me despedían por reiteradas ausencias. No 74 incorporeime como profesor interino do Ministerio e tanto eu como a miña muller quedamos despedidos por orde gobernativa, sen nos poder incorporar até o 79. Cando foron as primeiras eleccións, a ORT non estaba legalizada e puxemos unha mesa informativa dous meses antes de se celebraren e veu a policía e detívonos co cal estivemos toda a noite presos. Estou a falar de dous meses antes das primeiras eleccións. "Na miña familia mataron a dous tíos, un de 36 anos e outro de 22 e tamén a unha tía de miña nai de 66" -En canto a súa familia en Dueñas? A represión foi brutal. Era unha vila de 3.800 habitantes na que 100 foron asasinados. Eu tiña un tío concelleiro de Unión Republicana, que era tenente alcalde. Cando se produce o levantamento fascista metérono no cárcere e unha noite sacárono e matárono nunha gabia. Dueñas, en Palencia, foi a poboación de todo o Estado na que houbo máis asasinatos por represión porcentualmente, cun 25 % de mulleres. Na miña familia mataron a dous tíos, un de 36 anos e outro de 22 e tamén a unha tía de miña nai de 66. Viñeron a súa casa preguntar polo fillo e como non o toparon matárona a ela. Incorporo tamén no informe a historia dos fillos dos asasinados que os metían no comedor levado por Auxilio social e facían que os rapaces cantaran o Cara ao Sol e escribiran unha carta de agradecemento aos mesmos que mataran aos seus pais. -Que significa que sexa na Arxentina onde se xulgan os delitos da represión franquista? Unha vergoña de Estado que transcende o noso propio ámbito. Ningún país democrático estivo nesta situación. A xustiza internacional permitiu a Garzón coller a Pinochet ou levar a xulgar aos militares da ditadura arxentina. Cando ao xuíz Garzón se lle ocorre investigar os crimes franquistas paráronlle os pés. O Estado español é un refuxio de criminais. Independentemente do que ocorra co proceso, o realmente relevante é a situación insólita que se está a dar de non colaborar coa xustiza, apoiándose nunha lei de amnistía que está a ser mal aplicada. Eu puiden recobrar o traballo pola aplicación da lei mais non se pode utilizar para amnistiar criminais. No mes de setembro un comisionado da ONU estivo de visita durante dous meses e ao cabo enviou un escrito ao goberno español dicíndolle que tiña que derrogar a Lei de Amnistía. Cando reclaman desde a Arxentina a dúas persoas, fiscalía responde que van investigar aquí. O problema é que se envían aos dous que reclaman, que cometeron barbaridades comprobadas, ábrese a veda e a xuíza xa anunciou que ten datos para encausar a máis persoas, e pode que se estenda aos ministros. Na actualidade viven once ministros que teñen entre 80 e 90 anos. Como membros de órganos como o Consellos de ministros poden ser chamados na causa. "O Estado español é un refuxio de criminais, é unha situación insólita a de non colaborar coa xustiza apoiándose na Lei de amnistía" -Que suporía unha condena dos responsábeis vivos? Sería un acto de xustiza, tamén un acto de reparación ás vítimas do franquismo. A xente e os colectivos que están a reivindicar a memoria reclaman coñecer a verdade, que se faga xustiza e que se reparen os danos. A condena dos responsábeis sería un acto de reparación coas vítimas. Garzón dixo que había entre 130.000 e 150.000 que aínda están desaparecidos. Cando se fala destas desaparicións forzosas en Arxentina fálanse de 20.000 e aquí estamos a dar unha cifra de 150.000. Resulta incríbel que unha represión desta dimensión quede só nas entidades de recuperación da memoria. Houbo tamén 30.000 nenos desaparecidos roubados. Onde se viu que un estado non interveña para buscar o que pasou con trinta mil nenos roubados. Por iso nos mostramos tan esperanzados con que a xustiza arxentina inicie este proceso aínda que o noso obxectivo sería que se xulgaran aquí. Responde ao pacto da transición que foi un de silencio, e supuña que non había que tocar a Fraga, a Martín Villa e demais persoa significadas na ditadura e a represión. O PP e o PSOE son protagonistas dun pacto para non facilitar que se fixese xustiza, un pacto que aínda hoxe se mantén. -A CRMHC remitiulle á xuíza arxentina documentación sobre a represión máis a relación de ministros franquistas vivos. Cre que teñen que comparecer na querela? Nós entendemos que a lei non pode supor unha lei de punto final. Imos apoiar as teses dos organismos internacionais e da propia ONU que está de parte das vítimas. En canto ás posibilidades de que os ministros sexan xulgados, a tal altura a xuíza ten material abondo de todo o que fixeron e das decisións que tomaron nos Consellos. -Por que aportan tanta documentación de Manuel Fraga se xa non vai poder ser acusado no xuízo? Dedicámoslle un anexo na que contamos toda a súa participación na represión. Relatamos desde o asasinato de Grimau ao exilio do abade de Montserrat que tivo que marchar despois de escribir un artigo en Le Monde contra o réxime franquista. Imos contando o que significou a súa Lei de Prensa e como foi a súa actuación como ministro do réxime e o inaudito que foi que un ministro de propaganda do franquismo chegara a presidente da Xunta. Falamos tamén da súa campaña contra o galego desde o ministerio con casos como a multa a Francisco Pillado, subdirector de 'La Voz de Galicia', pola publicación nese xornal do artigo Sobre el idioma gallego, de Augusto Assía, ou o secuestro do libro de Alberto Míguez El pensamiento político de Castelao. Pasado o tempo, el mesmo foi o encargado de entregar as medallas Castelao. Cando hai unha causa nela poden aparecer moitas persoas. Nesta a xuíza pediu a extradición de catro e na contestación que recibiu constatábase que dúas delas non poderían acudir porque estaban mortas. Nós queremos que Manuel Fraga apareza aínda que logo se diga que morreu, mais queremos que o seu nome estea na causa. "O PP está a mimar moito os votos da extrema dereita, non queren perder eses apoios" -Como valora que o PP votase en contra da iniciativa do BNG para que apoiase a querela? Continúa coa política dos últimos anos. Hai máis de catro anos que se aprobou a eliminación de rúas franquistas e o goberno do PP negouse a retirar os seus nomes. Aínda perduran "División Azul", "Rúa dos Caídos", "General Mola" ou "General Sanjurjo". A Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña levou o tema aos xulgados porque é gravísimo que non execute un acordo plenario. O alcalde Negreira chegou a chamar a Millán Astray "coruñés de pro", e negábase a retirarlle os recoñecementos. Están a mimar moito os votos da extrema dereita. Antes presentábanse ás eleccións na Coruña candidaturas de extrema dereita que agora xa non existen. Está todo o voto centralizado no PP e non queren perder eses apoios. |
NOS_37239 | César Goldi, Paula Carballeira, Chévere, Quico Cadaval, Ibuprofeno Teatro, Xulio Abonjo e Talía Teatro participan no espectáculo de entrada gratuíta co que a Deputación "conmemora" satiricamente o 80 aniversario da "doazón" do Pazo de Meirás a Franco | A Deputación da Coruña organiza o vindeiro 4 e decembro (20:00 horas, Teatro Colón) unha gala artístico-reivindicativo contra o espolio do Pazo de Meirás pola familia Franco. Dirixida por Artur Trillo, na gala participarán César Goldi, Paula Carballeira, Chévere, Quico Cadaval, Ibuprofeno Teatro, Xulio Abonjo e Talía Teatro e contará coa música ao vivo de Caxade. O acto, como lembrou na presentación a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, lembra a sinatura por parte de Francisco Franco da aceptación da doazón do Pazo de Meirás en calidade de Xefe de Estado que está asinada o 5 de decembro de 1938. "É un dos elementos en que se fundamenta os informes xurídicos e históricos para afirmar que Franco recibiu o Pazo en calidade de Xefe do Estado e que el gozaba da residencia de verán desde o ano 38 co que o contrato posterior é unha compravenda simulada para facerse coa propiedade a título persoal", sinalou na súa intervención O humor e a sátira serán protagonistas do espectáculo que será conducido polo propio Francisco Franco interpretado polo actor César Goldi. O coordinador do espectáculo e director de Talía Teatro, Artur Trillo, defendeu botar man da "sátira para denunciar o espolio e eses comportamentos que a xustiza pasa por alto". Anunciou que as compañías e particulares participantes serán "irreverentes, sen morderse a lingua que é a función dos cómicos". Neste sentido, e fronte ás acusacións recentes a humoristas, lembrou que "mesmo os reis no feudalismo permitían que os bufóns lles dixesen as cousas e non lle cortaban a cabeza por iso. Non podemos ceder antes o que está acontecendo actualmente", dixo. As entradas para "Meirás por un Pazo Público" son gratuítas e pódense recoller na billeteira desdeesta terza feira en horarios de segunda a sexta de 9.30 a 13 h e 16 a 19.30h e no Teatro Colón unha hora antes dos espectáculos. |
PRAZA_3908 | Instan ao Goberno galego a exercer un papel activo na compra pública de alimentos e piden igualmente que as hortas de autoconsumo deben ser consideradas "como unha actividade esencial, sen atrancos en forma de distancias mínimas con respecto ao domicilio" | Os mercados alimentario de proximidade levan un mes pechados en boa parte do Estado debido á interpretación excesivamente restritiva que moitos gobernos locais e autonómicos están a facer que as prohibicións decretadas polo estado de alarma. Organizacións labregas e ecoloxistas esixiron en varias ocasións do Goberno central que se "diten as instrucións pertinentes ás comunidades autónomas e concellos para que se busquen solucións para os mercados non sedentarios de proximidade", unha petición que non foi respondida polo Ministerio de Agricultura e que foi realizada hai uns días ante o de Sanidade e o de Consumo."Seguimos sen comprender a súa teima en prohibilos cando estamos vendo como outras comunidades autónomas como Cataluña ou Euskadi xa os reabriron ou outras como Baleares non os chegaron a pechar"Esta é a situación tamén en Galicia e organizacións como o Sindicato Labrego Galego (SLG) ou a Federación Rural Galega (FRUGA) veñen reiterando dende hai semanas a demandas de que estes mercados poidan abrir, lembrando "que é a Xunta de Galicia a que ten competencias para regular e autorizar estes mercados". "Seguimos sen comprender a súa teima en prohibilos cando estamos vendo como outras comunidades autónomas como Cataluña ou Euskadi xa os reabriron ou outras como Baleares non os chegaron a pechar e reguláronos dende o inicio das restricións", sinalan as dúas organizacións.Porén, o Goberno galego segue a escudarse en que apertura depende das indicacións do Goberno central, sinalando que "en resposta á consulta remitida polo executivo galego, a Delegación do Goberno en Galicia explica que a venda de alimentación queda restrinxida aos establecementos comerciais".Para facilitar a súa reapertura, SLG e FRUGA veñen de rexistrar na Consellaría de Medio Rural unha proposta de protocolo para regular a celebración de mercados alimentarios de proximidade en Galicia mentres dure o estado de alarma. Este protocolo "corrixe" numerosos aspectos do xa redactado pola Administración para garantir a seguridade tanto de consumidores e consumidoras como de produtores e produtoras. Demandan igualmente que as hortas de autoconsumo deben ser consideradas "como unha actividade esencial, sen atrancos en forma de distancias mínimas con respecto ao domicilio"Aplicándoo "non só se garantirán esas condicións de seguridade devanditas, senón que serán superiores ás de calquera supermercado, xa que é moito máis restritivo e estrito en cuestións como as distancias, o uso de cartos en metálico ou a manipulación dos alimentos", din SLG e FRUGA, que subliñan que isto "reforzará avantaxes comparativas dos mercados de proximidade como o feito de celebrárense ao aire libre ou en grandes espazos como prazas de abastos, ou non existir intermediarios entre a produción e o consumo final".As dúas organizacións lembran que "hai miles de familias labregas cuxos ingresos, na maior parte, dependen destes mercados de proximidade" e demandan igualmente que as hortas de autoconsumo deben ser consideradas "como unha actividade esencial, sen atrancos en forma de distancias mínimas con respecto ao domicilio".Apoio ás producións galegasSLG e FRUGA reclaman tamén da Consellería de Medio Rural que o Goberno galego poña en marcha accións para favorecer a distribución das producións galegas e instan á Xunta a exercer un papel activo na compra pública de alimentos. Instan á Xunta a exercer un papel activo na compra pública de alimentosEste martes a Xunta anunciou o lanzamento de "Mercaproximidade", que define como "unha canle alternativa de comercialización concibida para os produtos agrogandeiros galegos" que viron reducidas as súas vendas por mor do confinamento. Poderán colaborar mercando estes produtos as grandes cadeas de distribución, as empresas dedicadas á subministración de colectividades ou as plataformas de venda online. E á iniciativa poderán adherirse organizacións profesionais agrarias, das asociacións de produtores e dos consellos reguladores das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas.SLG e FRUGA critican como "insuficiente" a comercialización de producións galegas a través de grandes distribuidoras proposta pola XuntaParalelamente, a Consellería lanzará unha campaña dirixida aos consumidores finais, non só para conciencialos da calidade destes produtos, senón tamén para facerlles ver que coa súa compra poden contribuír á viabilidade do sector agrogandeiro galego.Porén, SLG e FRUGA critican como "insuficiente" a comercialización de producións galegas a través de grandes distribuidoras. E sinalan que "o que en principio podería ser unha medida positiva", podería servir "para afianzar o papel da grande distribución como fornecedor único de alimentos primarios, ademais de abastecerse a baixo prezo aproveitando a situación de extrema debilidade da parte produtora na cadea de valor nesta crise e a inexistencia de normas que obriguen a pagar prezos mínimos". Ademais, denuncian que se exclúe o pequeno comercio e non contempla a compra pública de alimentos para fornecer hospitais ou residencias de maiores. |
NOS_11012 | O servizo permaneceu suspendido durante toda a mañá do domingo por mor do mal tempo. | A navieira Mar de Ons reactivou ás 15 horas o transporte de pasaxeiros por barco entre Cangas e Vigo despois de verse na obriga de suspender o servizo por mor do mal tempo. A primeira saída tivo lugar a esa mesma hora desde Cangas e ás 15.30 horas completou a seguinte viaxe desde Vigo. Desde entón, o transporte marítimo funcional con normalidade. Cancelación Mar de Ons cancelou a liña entre Vigo e Cangas para este domingo á mañá polas malas condicións meteorolóxicas. Segundo comunicou a compañía a través das súas redes sociais, o servizo quedou cancelado a primeira hora e continuará así "até novo aviso". ⚠️AVISO IMPORTANTE⚠️ para mañana domingo:Debido a las malas condiciones meteorológicas previstas para mañana día 23, se cancelará el servicio de transporte marítimo entre Cangas y Vigo, desde primera hora y hasta nuevo aviso. pic.twitter.com/ODa3M0jlY8— mardeons (@MardeOns) October 22, 2022 Galiza, en alerta Galicia permanece baixo alerta amarela por ventos con xeiras superiores a 80 quilómetros por hora e unha acumulación de precipitacións de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas en boa parte da marxe atlántica mais nas montañas do interior. Ademais o aviso laranxa por temporal marítimo esténdese a todo o litoral. Segundo os valores máximos ofrecidos pola web de Meteogalicia, a estación meteorolóxica de Lardeira, en Carballeda de Valdeorras. rexistrou esta mañá os valores máis altos con refachos de até 149 km/h. Os medidores da serra do Eixe, na Veiga, anotaron 122,2 km/h ás 6 horas e ventos de até 120,6 km/h ao redor das 9 horas en Cervantes, na estación dos Ancares. As precipitacións máis abundantes, sinala Meteogalicia, caeron hoxe en Ponteareas e Rois, con marcas de 63,3 e 61,5 litros por metros. |
NOS_38989 | A comunidade universitaria concentrouse ás portas do reitorado da USC coincidindo coa apertura do curso universitario. PDI, PAS e estudantes manifestaron o seu rexeitamento aos recortes na universidade e exixiron "un ensino público e de calidade". | "Os vosos sobres/os nosos recortes", berraron ás portas do Pazo de Fonseca --a carón da praza do Obradoiro-- ducias de representantes da comunidade universitaria co gallo do acto oficial que deu a pistolada de saída ao curso 2013-2014. Profesorado, estudantes e persoal de administración deixaron claro que o ciclo académico que comeza será convulso. "Isto é só o comezo", asegurou unha estudante aos medios de comunicación durante a concentración. Converter a universidade "nun coto privado"A redución das bolsas, os recortes orzamentarios, a merma no plantel docente e investigador deixan o ensino universitarioo nunha "situación límite", denuncian as organizacións sindicais. Neste senso, CIG, CCOO, CUT, FETE-UGT, Comités, Liga Estudantil Galega, Sindicato de Estudantes, Acción Universitaria, Comité intercentros de PAS USC, Comité de empresa do PAS UdC, Comité de empresa de PDI da USC, Comité de Empresa de PDI da UdC, Comité de Empresa do PDI de Pontevedra da Uvigo, Comité de Empresa do PDI de Ourense da UVigo, XPDI da USC, XPDI da UdC, XPDI da UVigo, Xunta do PAS da USC, Xunta do PAS da UdC, Alternativa de PAS Asemblearia, Asemblea pola Defensa da Universidade de Vigo, Plataforma de anulados USC, Asociación de Investigadores do Programa Parga Pondal, Candidatura de 3º ciclo da UDC denunciaron a "política privatizadora" do Partido Popular. En palabras do secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, a direita española no goberno "quere facer da universidade un coto privado". O estudantado advirte "isto é só o comezo" e avanza un curso académico de mobilizacións De maneira simbólica, estudantes, profesor@s, investigador@s e PAS bateron contra os recortes representando "unha tesoirada" simbólica na praza do Obradoiro. "A universidade debe ser pública" e "unha garantía de desenvolvemento do país", indicou Louzao, ao tempo que criticou con dureza que os gobernos español e galego empreguen "como excusa a crise económica" para "levárense por diante todos os servizos públicos". Asubiada @s responsábeis universitari@s Concentrad@s na praza do Obradoiro @s manifestantes recibiron @s responsábeis da Universidade cunha forte asubiada. Un cordón policial separaba a PDI, PAS e estudantes da fachada do Pazo de Fonseca a onde ían chegando @s convidad@s ao acto oficial de apertura do curso académico. Anxo Louzao (CIG): "A universidade debe ser unha garantía de desenvolvemento para o país" Unha vintena de axentes impediron o acceso durante uns minutos @s representantes das organizacións sindicais e estudantís que optaron por rodear a praza para rematar concentrándose a carón dos xardíns de Fonseca. "Eses de azulón/de que facultade son", brincaban @s manifestantes face a policía española que lles curtaba o paso. Entre brincadeiras e consignas a comunidade universitaria exixiu "recortar o Partido Popular" e mesmo pediu "piedade" a Feijóo entoando unha canción de misa. "No estés eternamente recortando/Perdona a tu pueblo Feijóo". |
NOS_3851 | O Secretariado Federal do sindicato maioritario reuniuse para unha posta en común da situación actual no ensino público galego e de como se ven afectados o profesorado e o alumnado. | O Secretariado Federal da CIG-Ensino, órgano no que están presentes a Executiva e os secretarios e secretarias comarcais do sindicato, reuniuse para dar conta das accións realizadas polo sindicato desde o comezo da entrada en vigor da emerxencia sanitaria e o estado de alerta, así como para avaliar a actuación da Consellaría de Educación e as demandas do profesorado. Desde CIG-Ensino trasladan, en primeiro lugar, o seu "recoñecemento" ao "inxente traballo que está a facer o profesorado galego". "Estamos nunha situación que rompe por completo as dinámicas tradicionais nas que desenvolvemos o noso traballo, e afrontar o reto de dar resposta ás demandas dunha situación de confinamento como a actual é unha tarefa moi complexa", engaden. O da fenda dixital –"xeográfica e social"- foi un dos temas fundamentais abordados polo sindicato, que salienta que hai moito alumnado "desconectado" e que non pode ser esquecido. Ademais, consideran que a educación en liña "non se pode nin aplicar nin valorar baixo uns mesmos criterios en todas as etapas educativas", e que a súa aplicación non debe levar a que se esquezan "o apoio psicolóxico e ao alumnado con necesidades específicas". Recoñecendo que "a realidade que estamos a vivir dista moito de ser a ideal", din que este "novo modelo de ensino e aprendizaxe" revélase "totalmente inapropiado para a maioría, senón a totalidade, dos niveis e etapas educativas". Para CIG-Ensino, "é unha obriga saber a quen lle corresponde a responsabilidade do que está a acontecer. E esta recae sobre todo nunha administración desaparecida antes e durante o confinamento". "A sociedade debe ser consciente de que o teletraballo que se está a realizar parte de cero, que non existen recursos, que as docentes non recibimos da Consellaría ningún material para desempeñar unha nova tarefa que se nos encomenda e que non existe formación previa nin seguimento de ningún tipo para afrontar estes retos", explican. Acusan á Consellaría de Educación de "incompetencia" e de falta de "comunicación", pois "hai profesorado que non recibiu ningún comunicado directo da Consellaría, malia a contar co correo corporativo, nin tampouco se convocou en toda a crise a Mesa Sectorial, algo que si fixeron outras administracións". "A incompetencia evidenciouse desde que foi dando tombos nun primeiro momento e impuxo posteriormente unha avaliación no 2º trimestre absolutamente innecesaria e que xa está a ser contestada desde moitos centros, sempre sen consultar coa representación do profesorado nin buscar os mínimos consensos", sentencian. Finalmente, CIG-Ensino tamén pon o foco sobre as oposicións, e recrimina ao Goberno galego o feito de deixar caer que en 2020 non haberá concurso público. O sindicato esixe que a oferta "se manteña exactamente como está anunciada" e que se as oposicións se trasladan ao 2021 "se sume á convocatoria de 2020 a oferta dese ano, no que a propia Consellaría calculaba que se producirán aproximadamente 1.000 xubilacións". |
NOS_1956 | O secretario xeral de Podemos Galicia e deputado no Congreso, Antón Gómez-Reino, está convencido de que a Galiza espéralle un Goberno de colación como o que se está "iniciando en Madrid" despois de que se celebren as eleccións autonómicas deste ano. | O secretario xeral de Podemos Galicia e deputado no Congreso, Antón Gómez-Reino, está convencido de que a Galiza espéralle un Goberno de colación como o que se está "iniciando en Madrid" despois de que se celebren as eleccións autonómicas deste ano. Así o manifestou o político da formación violeta este domingo nunha entrevista na canle galega da Radio Nacional Española recollida por Europa Press. Na mesma, manifestou que "Feixoo non está para nada contento co exemplo" que deron PSOE e Podemos ao "chegar a acordos entre as esquerdas" e que son os mesmos que "no outono" traerán un executivo similar á comunidade galega. Sobre os próximos comicios electorais, Gómez-Reino tamén está seguro de que o PPdeG "tirará de deputados de Vox se é necesario" para seguir no Goberno galego. Cre "que é evidente que Vox é unha escisión radical do PP e que moitos dos seus representantes no Congreso antes eran antigos deputados do PP". En canto ao seu partido, o deputado de Unidas Podemos non se atreveu a dar nomes sobre os posibles candidatos ou candidatas para a presidencia da Xunta, pero adiantou que xa están en marcha "os procesos internos" da organización. Aínda que non nega as posibilidades de presentarse ás eleccións con Anova, non sabe se En Marea podería unirse ao acordo, pois é o propio partido o que "ten que decidir se se presentan ou non". En calquera caso, algo que o secretario xeral de Podemos Galicia quixo deixar claro é que o novo Goberno "vai cumprir" con Galiza. Entre outras cousas destacou compromisos que existen, como a creación do estatuto para as electrointensivas, o redeseño do modelo de financiamento autonómico, a AP-9 que "ten que ser gratuíta e xestionada desde o público" ou a devolución á cidadanía do Pazo de Meirás. Na mesma liña, referiuse tamén á comisión de investigación polo accidente de tren en Angrois -no que morreron 80 persoas en 2013- e da que el formou parte. Espera conseguir "verdade, xustiza e reparación", así como "responsabilidade" no ámbito político. |
NOS_21991 | Ramón Fernández Alfonzo ou Mon da CIG, como o coñece todo o mundo, é accionista e subscritor de Sermos Galiza, alén de ser un dos valiosos activos da Comunidade Sermos. | Mon procura novas subscricións, organiza presentacións do medio, trae novas do eido sindical e, sobre todo, traballa activamente na difusión do proxecto cun só obxectivo: consolidar Sermos para termos un medio galego. Falamos con el un anaco tras unha asemblea de delegados/as en Ferrol Estamos nun momento moi confuso e poden ser necesarias algunhas aclaracións, xa que, socialmente se insiste en meter no mesmo saco a todas as persoas que traballan nun sindicato. Poderías aclarar brevemente en que consiste o traballo de liberado sindical na CIG? Fago de todo (ri)… Eu son liberado sindical pola federación do metal. O sindicato págame un salario para dedicar a xornada completa ao traballo sindical, isto vai desde atender a todos/as os afiliados/as e axudarlles nas consultas e problemas diarios, até o traballo no afortalamento da liña estratéxica e política do sindicato a través da organización de actos que, precisamente, contribúan a iso. Isto aquí é moi necesario e axuda a comprender a situación da industria en Ferrol. "A liña de Sermos é a axeitada. O único que lle faltan son recursos, de ter máis recursos seguro que habería máis inmediatez, máis novas" Sermos Galiza é o único semanario en galego. A prensa é un elemento importante na conformación da opinión social. Pensas que máis prensa galega levaría a máis conciencia nacional? Por suposto. Coincido na afirmación. Semella lóxico quererte ver reflectido nos medios de comunicación convencionais, non so nos medios, tamén, na música, no cinema, na arte… a xente quere verse reflectida en todos estes soportes e mesmo poden chegar a imitar algún modelo transmitido. Se o propio, se a nosa identidade vai desaparecendo, se se vai diluíndo, pódense chegar a perder as referencias propias e irmos pouco a pouco desaparecendo. Sermos Galiza aspira a convertese nun medio referencia para a clase traballadora, cres que é posíbel? Si, claro que é posíbel. Calquera proxecto empresarial é difícil, moito máis se este proxecto é editorial, e aínda moito máis se pretende amosar unha realidade crítica próxima á clase popular galega. Mais é o único camiño, hai que poñerlle ganas, ilusión e esforzo. En que pode axudar a existencia dun semanario en galego e centrado na información en clave propia ao desenvolvemento do teu traballo? Todo o que signifique darlle publicidade aos problemas reais dos/as traballadores/as axuda, dá perspectiva do que acontece. Mais Sermos é máis do que iso, menos mal, non todo ía a ser desgrazas (ri) tamén hai cultura, propostas de lecer, críticas de cinema… en fin unha oferta completa. Que contidos introducirías en Sermos para se aproximar máis á clase traballadora? Eu coido que a liña é a axeitada. O que lle faltan son recursos, para min é cuestión de medios, de termos máis medios, seguro que habería máis inmediatez, máis novas… En fin non creo que sexa problema de contido senón de medios materiais. Con que nova che gustaría que abrise mañá Sermos Galiza? Ponlle titular Sen dúbida a constitución dun Parlamento Galego en sesión formal, formal, formal, con alfombra vermella e todo… co que faga falla para escoller o primeiro Presidente da República Galega, ou mellor aínda, para facelo máis perfecto, a escolla da primeira Presidenta da República Galega, iso si que sería rachar con todo. Ti es subscritor de Sermos, por que decidiches facelo? Por axudar a consolidar o que coido é un proxecto necesario hoxe máis que nunca. Prefiro deixar outras cousas e deitarme todas as noites pensando que por min non vai ser, que por min imos ter un xornal propio en galego e noso. Así durmo máis tranquilo. Como sabes, para nós é básico conseguir consolidarnos como semanario, o obxectivo fica claro mais o camiño é difícil. Ti, que lle dirías a alguén para que se fixese asinante? Hai que ser práctico (ri) depende da persoa que teñas diante, hai que comunicar do mellor xeito, a cada quen o que lle vaia mellor, política, viaxes, música … hai que ser prácticos! |
NOS_27491 | No auto o xuíz ordena o sobreseimento provisional da causa que xa pasara por dous xulgados de Ourense. | O mozo ourensán que foi denunciado pola Policía española no decorrer do Entroido de Ourense por levar un cartaz no que se lía 'Gora Alka-ETA' non será xulgado. O caso, que chegou á Audiencia Nacional española após pasar por dous xulgados ourensáns, foi arquivado por orde do xuíz Santiago Pedraz que decretou o seu sobreseimento provisional. A policía remitiu ao xulgado o caso para que valorase a posibilidade de "acusar o mozo dun delito de enaltecemento do terrorismo" M.S.R. foi identificado por volta das 2.30h da madrugada o 8 de febreiro cando ía disfrazado de titereteiro cun cartaz no que puña 'Gora Alka-ETA', en referencia aos dous artistas prendidos en Madrid após a denuncia do concello e que se atopan en prisión sen fianza acusados de "enaltecemento do terrorismo". Após ser afastado da multitude que desfrutaba da festa os axentes sinalaron que procederían a trasladar os dados persoais á Audiencia Nacional española para que se "valore a posibilidade de acusar o mozo dun delito de "enaltecemento do terrorismo". M.S.R. asegurou após a súa identificación que o disfraz facía parte da "sátira política" propia do Entroido O caso pasou do Xulgado de Garda ao de Instrución que se inhibiu de o asumir argüíndo que non contaba con competencias na materia. De aí pasaría á Audiencia Nacional que agora decreta o arquivo da causa. Na altura, M.S.R. asegurou en conversa con Sermos Galiza que o seu disfraz facía parte da "sátira política" que caracteriza Ourense como "capital do Entroido". |
NOS_3494 | A Xunta incorpora a optativa en primeiro e segundo de Secundaria. Terá unha hora semanal de carga lectiva. | O goberno galego anunciou a incorporación dunha materia de libre configuración arredor da igualdade de xénero nos primeiros cursos da ESO. Así o anunciou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella e do conselleiro de Educación, Román Rodríguez. Trátase dunha materia que posuirá unha carga lectiva dunha hora semanal e comezará a implantarse --nalques centros en que sexa solicitada-- o curso 2016-2017. A materia contará cunha hora semanal en horario lectivo e será optativa en 1º e 2º da ESO Segundo explicaron, o contido da mesma foi elaborado por persoal técnico de Educación e estará estruturada en catro bloques nos que se inclúe o tratamento de conceptos como "igualdade e xénero, relacións de convivencia e afectividade, a historia da discriminación das mulleres en todos os ámbitos e a violencia machista como consecuencia desa discriminación", entre outras cuestións. Con esta decisión Galiza tórnase no segundo territorio do Estado español no que se oferta unha materia destas características. Con ela, desde o executivo galego visan desenvolver un labor de "concienciación" das xeracións máis novas que se suma, din, ao "tratamento transversal" que esta a igualdade de xénero posúe nos currículos académicos de Primaria, ESO e Bacharelato. Feminismo nas aulas A finais de 2015 o Instituto Fitzroy en Melbourne (Australia) incorporou o Feminismo como materia no seu currículo escolar. Fíxoo após a campaña impulsada por un grupo de alumnas e a profesora Briony O' Keefee. Baixo o lema Fightback (Contraataque) promoveron en 2013 un grupo de lectura, inicialmente, e logo unha asignatura arredor do material creado pola propia O'Keefee: Fightback, enfrontando o sexismo diariamente nas escolas australianas, segundo informou a BBC. Trátase dunha materia estruturada en tres módulos arredor dos que afondar en cuestións como a violencia machista, a imaxe das mulleres nos medios de comunicación ou a desacreditación de estereotipos que pairan sobre as mulleres para alén de analizar a fenda salarial entre mulleres e homes ou o papel das mulleres no deporte. O seu obxectivo é agora ampliar a materia ao conxunto do ensino regrado australiano. A idea partiu dunha experiencia anterior promovida pola canadense Dorthy G. que reclamaba a implementación do feminismo como asignatura nas aulas partindo da idea de que a violencia contra as mulleres é un problema global e que existe un fondo descoñecemento sobre o movemento feminista e a súa historia. Na Galiza tamén se desenvolveu un proxecto semellante durante o curso que vén de rematar. Estudantes do IES Ponte Caldelas iniciaron unha recollida de sinaturas para reclamar á Consellaría de Educación a introdución a Historia do Feminismo no currículo escolar así como as mulleres en todos os campos de coñecemento. "As mulleres sempre contribuíron ao progreso das ideas, das ciencias, da tecnoloxía e as artes en todas as épocas", sinalaban. Porén, "existe un grave desleixo na revisión dos programas académicos do ensino" ao se agochar a metade da Historia da Humanidade, tanto da que xa pasou, como da que está a suceder agora mesmo". |
PRAZA_13690 | Celebrou este luns unha asemblea en Ferrol na que se informou a todos os colectivos da situación aberta pola sentenza do Tribunal Supremo e se decidiron os seguintes movementos, centrados na presión xudicial e institucional. | O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol celebrou este luns unha asemblea aberta na que se informou a todos os colectivos da situación aberta pola sentenza do Tribunal Supremo e se decidiron os seguintes movementos, centrados na presión xudicial e institucional. Para o Comité Cidadán e para a esta asemblea cidadá "quedou claro que a sentenza inapelable do Tribunal Supremo marca unha nova etapa de traballo que irá centrada en exixir dos poderes públicos a paralización da actividade de Reganosa". Así, por unha banda, iniciaranse accións ante o Valedor do Pobo e a Fiscalía Anticorrupción, así coma ante o Parlamento galego e o Congreso dos Deputados, instando ao peche de Reganosa, o cumprimento da sentenza do Tribunal Supremo e a depuración de responsabilidades legais e políticas. Tamén no eido local serán presentadas mocións solicitando o posicionamento dos concellos e dos distintos partidos políticos ante a nova situación da planta, que segundo o Comité Cidadán, está operando de xeito ilegal. Nas próximas datas terán lugar unha serie de accións encamiñadas a dar a coñecer todas estas actividades emprendidas. EU levará o caso ante a Fiscalía Anticorrupción Nas últimas semanas o Comité Cidadán mantivo encontros con representantes de BNG e Esquerda Unida, para recabar o seu apoio a estas accións. O Bloque Nacionalista Galego comprometeuse a solicitarlle á Xunta de Galicia o axeitado cumprimento da sentenza do Supremo e tamén a pedir a apertura dunha Comisión de investigación sobre a actividade de Reganosa no Parlamento galego. Pola súa banda, a xuntanza coa delegación de Esquerda Unida, encabezada polo deputado no Congreso, José Luis Centella, tivo importantes resultados, pois a coalición de esquerdas comprometeuse a levar o caso, dende o Congreso dos Deputados, á Fiscalía Anticorrupción do Estado. Así mesmo, EU presentará de inmediato nos plenos dos concellos da comarca de Ferrolterra unha moción para que éstes se pronuncien sobre a planta de gas. Apoio aos mariscadores A celebración da asemblea coincidiu co fallo xudicial (unha condena de sete meses, seis de seis e unha absolución) contra os oito mariscadores A celebración da asemblea coincidiu co fallo xudicial (unha condena de sete meses, seis de seis e unha absolución) contra os oito mariscadores acusados de impedir no 2007 a entrada dos gaseiros. A Asemblea acordou seguir amosando a súa solidaridade cos traballadores e traballadoras do mar, e continuar co seu apoio en caso de que se recorra a sentenza. O venres 20 terá lugar a sexta edición da Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, que partirá ás cinco da tarde do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, para chegar ás nove da noite á Praza do Mercado de Mugardos, onde se celebrará un acto de confraternidade- |
NOS_8724 | Nas últimas 24 horas contabilizáronse catro novos casos, segundo a Consellaría de Política Social. Dous deles foron en centros que xa estaban afectados polos gromos, mais outros dous rexistráronse nas residencias DomusVi de Ferrol e de Laraxe (Cabanas), onde non se tiñan comunicado contaxios até o de agora. | Na Galiza xa ninguén se sorprende de que as residencias de maiores continúen a ser un dos principais espazos de expansión dos gromos do coronavirus. Porén, os datos son cada vez máis preocupantes porque aos falecementos de residentes hai que sumar a afección a novas persoas case cada día. Os casos activos están nos 230. A Consellaría de Sanidade indica que entre onte e esta segunda feira houbo tres falecementos, dous dos que están vinculados directamente coa afección que a pandemia ten nos centros residenciais. Así mesmo, as cifras que se facilitan sobre a situación destas infraestruturas a diario son novamente negativas. En tan só un día hai outros catro positivos, tras ser practicadas as probas pertinentes, en outras tantas instalacións. A Consellaría de Política Social indicou que hai outro novo doente na DomusVi Lugo (Outeiro de Rei) e unha segunda persoa que deu positivo, neste caso do cadro de persoal, na Doral de Mos. Na área de Ferroltera, os dous novos casos positivos detectados de onte a hoxe son os de usuarias ou usuarios da DomusVi de Ferrol e do centro de Laraxe (Cabanas). A instalación do Incio continúa unha xornada máis como a máis afectada, con 81 maiores que teñen Covid-19; na DomusVi Lugo chegaron a 45 casos co novo contaxio; e en Orpea de Culleredo hai 30 residentes afectados. A eles súmanse catro residentes de DomusVi Lalín e os dous comunicados na área sanitaria de Ferrol. Das 662 mortes contabilizadas desde o inicio da pandemia, 293 están vinculadas a este tipo de centros residenciais (máis dun centenar chegaron a perder a vida sen ir a un hospital). Doentes entre os cadros de persoal Porén, non só padecen os efectos do coronavirus as persoas maiores. Nos xeriátricos hai bastantes empregadas e empregados que deron positivo, o último feito público hoxe. Hai activos entre este grupo 68 casos, 33 deles entre o cadro de persoal do Incio. En Outeiro de Rei, na DomusVi Lugo, víronse afectadas 9 operarias e en Orpea (Culleredo), cinco. Na DomusVi de Lalín hai catro doentes e no centro Doral Residencias de Mos outras dúas. A todos estes, hai que sumarlles un caso entre os traballadores de cada unha das infraestruturas a seguir: residencia de Oleiros; DomusVi Coruña (Oleiros); Volta do Castro (Compostela); Victoria, en Teo; Os Tercios, en Touro; DomusVi de Monforte; San Bartolomeu (Xove); Nosa Señora do Socorro (Arnoia); A Saleta, en Cea; DomusVi Barra de Miño (Coles); Santiago Apóstolo, (Vilamarín); Fogar Residencial de Vilar de Barrio; Saraiva Sénior en Pontevedra; CRAPD Vigo II; e Alvi-Beade (Vigo). No caso dos centros de atención a persoas con distintas discapacidades, mantéñense dous usuarios afectados (do centro Ricardo Baro de Aspronaga, en Oleiros) e tres traballadores (un de Ricardo Baro, outro da residencia de Aspace na Coruña, e outro do centro da Braña, na Estrada). |
PRAZA_11769 | Nós, povo galego, fomos projectados á esta condiçom singular pola onda que tivo o seu início no liberalismo revolucionário e floresceu na Geraçom Nós, capaz de sonhar por primeira vez umha Galiza em construçom, emancipada da olhada alheia, aberta ao pacto com Espanha e Portugal quando as circunstáncias históricas fossem propícias | Sentencia-se a cotio que todo povo tem direito a decidir o seu futuro ou, já sem evasivas, que toda naçom tem direito á sua autodeterminaçom. Direito proclamado, como é evidentemente, que nada tem a ver com direito reconhecido por instáncia decisória protegido por lei. Povo e naçom som as categorias evocadas: demos diferenciado portador de destino, afinal.O povo, como substrato de naçom, é proclamado assi titular de direito soberano, titularidade que em rigor só pode ser atribuída ao cidadao inserto numha sociedade democrática. O demos é elevado desta forma a indivíduo singular, sujeito histórico colectivo.Mais passemos á categoria de sociedade, alguém poderia legítimo proclamar: toda sociedade tem direito a decidir o seu futuro, em definitivo a autodeterminar-se? A pretensom soa agora forçada, mesmo absurda. Autogovernar-se, já sem épica, seria o termo adequado. Autogoverno ou governança municipal, por exemplo.Qual pode ser a razom desta aptitude da categoria povo para ser investido de direitos históricos da qual a sociedade é excluída?Em realidade, só o povo, como hipóstase de agente histórico colectivo, é sujeito de direitos conferidos que seria absurdo atribuir á sociedade: eu, ti, o operário e o patrom, o oriundo e o imigrante, o letrado e o iletrado os partidos, os sindicatos, as estruturas de Estado, os médios de comunicaçom.De onde pode proceder esse suplemento de legitimidade que concede ao povo um estatuto de representatividade política e histórica que lhe é negada á sociedade sendo esta como é a categoria empírica mais imediata e concreta da convivência humana? Na nossa historicidade colectiva reside a diferença. Somos humanos por simples convivência social continuada, somos povo em quanto capazes de figurarmo-nos colectivo com história, sujeitos de um relato colectivo aberto ao porvir.Ortega y Gasset explicou-o com a sua proverbial claridade: "La razón histórica, que no consiste en inducir ni en deducir, sino lisamente en narrar, es la única capaz de entender las realidades humanas". O fluxo do tempo acumula lembrança, matéria-prima de toda narraçom. Ortega identifica razom histórica e razom narrativa. É a razom narrativa afinal a instáncia que constitui a sociedade em povo. Da sociedade trata a sociologia, a demoscopia eleitoral, as estratégias publicitárias, a actualidade mediática. O relato histórico é o espelho da narraçom colectiva onde nos imaginamos povo projectado ao futuro. O povo afinca no relato que o identifica e o justifica, a sociedade é umha malha de relaçons sem mais propósito que a sua reproduçom e a persistência.A projecçom do individuo à sua própria dimensom histórica é prévia á elevaçom de umha colectividade à categoria de povo histórico. A primeira nasce da mesma memoria familiar, a segunda, caso de dar-se, precisa de umha complexa operaçom de tránsito de província do antigo regime a naçom aspirante a estado nacional.Mesmo numha aldeia galega qualquer, a estirpe familiar, confirmada em ducumentaçom legal acreditativa de herdanças e partilhas, consagrada no elenco de finados do cemitério paroquial, actualizada nos serviços colectivos, na gestom da água e o arranjo dos caminhos, na cooperaçom laboral, nos nascimentos, enterros e festas, atravessa o tempo e vai fijando o perfil de cada estirpe. Um simples indivíduo de qualquer aldeia anónima que emigrava a América sabia-se natural de umha Comarca de e umha paróquia, com tendência a agrupar-se com os seus conterráneos. Foi esta colectividade diferenciada que sabia de quem vinha sendo o lugar onde cresceu o relato identitário de Galiza povo histórico em procura de um destino. As revistas da emigraçom o confirmam.Povo foi durante muto tempo a denominaçom da gente inominada e pré-política. Arraia-miúda denominavam no Portugal dos quatrocentos a camada plebeia sem título de dignidade ou riqueza. O desdém vinha de longe; lembramos a fórmula Senatus Populusque Romanus da antiguidade latina que aludia á brecha irredutível que separava a classe senatorial da plebe indiferenciada que tardaria séculos em ascender a terceiro Estado na França revolucionária e a quarto Estado no fracassado projecto proletário.O nascimento fulgurante do Povo como colectividade de destino surge como proclamaçom constituinte, supremo acto de soberania. We, the people of the United States proclamárom os constituintes norte-americanos a maneira de enunciado performativo que inaugurou o povo americano. Nascia um novo agente histórico, titular de direitos inalienáveis. O demos constituinte norte-americano de onde era excluído o nom-cidadao negro, plebe marginada do novo povo surgido por proclamaçom.Peuple e volk, povo em todo o caso, som substantivos singulares, aptos para serem proclamados e investidos de direitos. Contra toda aparência, people, gente, é substantivo plural que alude a um colectivo complexo, inequivocamente societário. Povo aponta para umha totalidade orgânica, gente para umha multiplicidade heterogénea. Metafísica continental frente a empirismo anglo-saxónico.O povo habita nos domínios do folk-lore, dos saberes do povo; a sociedade debate-se no caos comunicacional, interactivo e contingente por natureza. A sociedade é sempre politeísta, o povo monoteísta; o politeísta é propenso ao cepticismo, o monoteísta ao dogma.Os povos protagonizam o curso da história, consagram datas e delimitam períodos, reescrevem continuamente a sua autobiografia distintiva. As sociedades mudam a ritmo variável. Há sociedades estancadas e dinâmicas, coesas ou desestruturadas, arcaicas ou modernas, mestiças ou etnicamente homogéneas. Quando escuitemos falar de "povo" faremos bem em indagar na narrativa inerente. Quando ouçamos "sociedade", nom esqueçamos reflectir no esquema analítico implícito que explica os resultados pretendidos.A naçom romântica, veículo histórico do povo como sujeito histórico é o produto de vates que afirmam interpretar as vozes ancestrais. O seu relato, multiplicado em festas pátrias, certames poéticos e literatura identitária constitui-nos em etnia diferenciada, galega, catalã, basca, por nom falar da espanhola que nos impregna e condiciona até o ponto de se fazer invisível. Somos o que cremos ser, todos procedentes desse momento inaugural que foi a onda revolucionária de 1848 que abalou a decrépita arquitectura política europeia para inaugurar a primavera dos povos.Nós, povo galego, fomos projectados á esta condiçom singular pola onda que tivo o seu início no liberalismo revolucionário e floresceu na Geraçom Nós, capaz de sonhar por primeira vez umha Galiza em construçom, emancipada da olhada alheia, aberta ao pacto com Espanha e Portugal quando as circunstáncias históricas fossem propícias. O relato, tingido já da melancolia da derrota, fica em espera nessa inimitável apologia colectiva e prontuário de aspiraçons que é o Sempre em Galiza e o seu par poético, perdida já daquela toda esperança, Alba de Glória, relato espectral de um povo em permanente tránsito, salvado apenas pola palavra poética.Somos povo galego, revelado no relato que nos constitui como tal, somos sociedade galega sem atributos nas estatísticas do IGE, nos jornais, nos telediários, nas nossas fugazes biografias individuais. |
NOS_6487 | Manu Garrido (Tui, 1988) cumpriu o seu soño e esta pasada fin de semana proclamouse en Portugal campión mundial absoluto de Canoa ICF. Arroupado pola afección galega que se achegou a Ponte de Lima, o padeeiro culminou aos 33 anos toda unha traxectoria deportiva dedicada ao piragüismo e repleta de éxitos. | —Como se desenvolveu a regata en Ponte de Lima na que quedou campión do mundo?Foi unha proba para min espectacular. Lavabamos preparándonos para ela e centrándonos nese día toda a tempada. Era o noso obxectivo e saímos a gañar. Sabiamos que chegabamos ben. Buscamos que se tratara dunha regata dura desde o principio e saímos a por todas desde o principio e así foi. Festa de medallas para a Galiza no Campionato Mundial de Maratón —Que foi o máis difícil da proba en Portugal?Estaba moi mentalizado. Creo que foi un dos campionatos en que pensaba máis en min mesmo, non nos rivais. Moitas veces céntraste neles, en quen é máis forte. Neste saín pensando en min e en facer a miña regata e ver até onde chegaba. Desde o principio puxen un ritmo forte que só aguantou o húngaro. Non sabiamos se chegariamos até o final ou non por esa grande intensidade mais todo saíu ben. —Para chegar a conseguilo tivo que realizar un adestramento especial durante todos estes meses, non si?Seguimos a planificación de Esteban Alonso e de Manuel Pedrares, os adestradores do Kaiak Tudense, a mesma que fixen desde que comecei piragüismo. Confío plenamente neles e no seu traballo. Preparámolo moito. Este ano, iso si, centreime máis na mobilidade do corpo, pois viña dunha lesión de cadeira e tiven que realizar máis estiramentos, algo que outros anos igual non trataba da mesma maneira. A nivel de forma física chegamos mellor que nunca, finos. Este ano houbo moita diferenza con respecto a outros. Fomos ben e eu estiven moi centrado. A miña cabeza só pensaba nese día, en chegar en plena forma á competición e puxen todo o meu esforzo en conseguilo. —Tivo máis mérito conseguilo agora, despois das condicións que tivo como consecuencia da pandemia?O certo é que foron un par de anos parados. Un deles sen campionato e ao seguinte sen poder viaxar ao campionato de Europa quedei sen praza para o mundial. Foron dous anos sen ser internacional que me pasaron factura e que me fixeron vir con máis ganas este ano para o que pensaba que sería o último intento de conseguilo. —Que diferenzas notou entre esta medalla e as que conseguiu, tamén como campión mundial, en Sub-23?É verdade que conseguín tres campionatos do mundo nesa categoría mais era diferente. Daquela eu tiña como lema "Xuntos por un soño" e ese soño era ser campión do mundo, xa levaba moitos anos competindo con ese lema e agora é chegar ao máis alto, non hai máis no maratón. A categoría absoluta é a que define todo e o soño era ese. Parecía inalcanzábel mais ao final logrouse. O piragüismo galego buscará medallas no Mundial de 2022 —Como compaxina a vida deportiva coa de profesional da hostalaría?A verdade é que non me sobra o tempo! Non me chegan as horas para todo o que quero facer. Necesitas moitas para dedicarllas ao adestramento. Todo precisa o seu tempo, o piragüismo tamén. Levo moitos anos coas dúas facetas, a de deportista e a de hostaleiro e vouno compaxinando ben. Iso si, cun grupo humano incríbel e unha familia que está tamén metida no mundo da hostalaría. Entre todas e todos é moito máis fácil. —Cal será o seguinte reto?Gañar o Campionato do Mundo de Maratón na categoría absoluta era o obxectivo e agora queremos gozalo. Despois, tras un descanso, valoraremos o que faremos máis adiante. |
NOS_4284 | Antes do inicio do debate no Congreso. | A portavoz nacional, Ana Pontón, a poucas horas do debate da Lei de transferencia da AP-9 no Congreso, destacou que "desde hoxe estará máis cerca a xestión galega" da autoestrada e, por tanto, dixo, o principio do fin dunha "discriminación histórica" e dunha política de peaxes "que son unha estafa legalizada". Pontón tamén destacou que esta era a segunda vez que a Cámara baixa debate a lei do Parlamento galego e, por iso, debería ser tramitada coa maior axilidade. De feito, a líder nacionalista destacou que o actual período de sesións debería ser tempo suficiente para aprobar a transferencia definitiva a Galiza dunha infraestrutura estratéxica para a economía e a mobilidade do país. Igualmente, indicou que Euskadi ou Catalunya hai décadas que teñan a xestión directa de autoestradas coetáneas da AP9. Pontón tamén chamou a atención sobre o feito de que esta sería a primeira transferencia para Galiza desde que Feixóo chegou ao Goberno da Xunta. Pola súa banda, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, lembrou a histórica demanda da sociedade galega no relativo a autoestrada e sinalou que é "un paso nun camiño que é moito máis amplo que é conseguir unha AP9 galega e libre de peaxes". |
NOS_27468 | "O camiño cara á emigración", do equipo Arquiterras, inspirado na obra de Rosalía de Castro, gaña o Festival de Xardíns de Allariz. | Poesía, música, deseño, natureza e tamén reflexión social combínanse en 'O camiño cara á emigración', o xardín que resultou gañador no Festival Internacional de Xardíns de Allariz. A obra galega do equipo Arquiterras, formado por Sara del Río, Johnatan Carreira e Ana Barxa, acadou o primeiro posto nas votacións dos visitantes ao festival, cun 40,7% dos votos. Este ano, a poesía foi o eixo temático sobre o que xiraron as creacións dos paisaxistas que se presentaron ao certame: Emily Dickinson, Fernando Pessoa, García Lorca, William Blake, Xela Arias e Rosalía de Castro suxeriron ideas para unhas creacións que reunen natureza, arte e cultura. A obra de Arquiterras suxire, mediante a combinación de cultura e natureza, toda unha panoplia de emocións que abala entre a atracción por un mundo novo e a frustración derivada da imposición da marcha. Poesía e denuncia: Rosalía e a emigración Inspirándose no coñecido poema de Rosalía de Castro, "Adiós ríos, adiós fontes", a obra gañadora do certame quere reproducir a viaxe emocional dun emigrante que deixa a súa terra, reflectindo a voz do protagonista do poema e, ao tempo, conectándoo co noso tempo, na que a emigración volve ser unha realidade para milleiros de mozos e mozas: unha homenaxe aos que se viron obrigados a abandonar o seu país para atopar unha vida digna e, ao tempo, unha denuncia de que a lacra da emigración continúa a azoutar a Galiza, A entrada ao xardín representa unha parcela representa o país e, a través dos versos do poema, percorre as fontes, a horta, a figueiriña... Ao pasar a igrexa, o visitante atopa cun embarcadoiro: un baleiro ao que enfrontarse ante a vertixe da marcha. Imaxes da Habana, pegadas que sinalan o retorno á terra, ben sexa como realidade ou como desexo. A obra de Arquiterras suxire, mediante a combinación de cultura e natureza, toda unha panoplia de emocións que abala entre a atracción por un mundo novo e a frustración derivada da imposición da marcha. 'O camiño cara á emigración' reproduce todo un universo cultural que comeza polo medio natural e continúa cos materiais empregados -madeira, pedra- para continuar até os versos de Rosalía e a súa mirada sobre un fenómeno social que provocou -e dalgunha maneira, aínda provoca- un dano fatal para o desenvolvemento do país. A imaxe de Rosalía deseñada por Rei Zentolo e as adaptacións musicais do poema a cargo de Amancio Prada e Radio Cos completan esa constelación cultural que se desprega a partir da súa obra. Estimase que visitaron o festival ao redor de 35.000 persoas que deixaron uns ingresos de máis de 33.000 euros Motor económico Este ano, paisaxistas da Galiza, do resto da península e de Arxentina, China, Italia, Colombia, Portugal e Alemaña- mostraron as súas propostas. Os case corenta mil metros cadrados dividíronse en doce parcelas: dez para os concursantes, unha para o gañador do ano anterior e outra dedicada a proxectos desenvolvidos polos centros educativos da vila. Estimase que visitaron o festival ao redor de 35.000 persoas que deixaron uns ingresos de máis de 33.000 euros: o Festival de Xardíns opera así como un elemento máis dun plan de revitalización e desenvolvemento que aglutina patrimonio, natureza e innovación. Os números mostran o avance do festival, que se converteu nun referente para o mundo da empresa do paisaxismo. O compromiso de asociacións e empresas relacionadas co turismo demostran que o encontro funciona como atractivo turístico mais tamén un motor económico de referencia para o sector. García Lorca e os poetas malditos tamén levan premio O segundo lugar na votación do festival, co 13,27% dos votos, foi para o xardín "A poesía das Cousas" do equipo italo-alemán alm_a, que se baseou na obra poética de Federico García Lorca. O terceiro posto, cun 10,07% dos votos, recaeu no transgresor "Un xardín futurista" do madrileño Equipo Misture, que se inspirou nos versos dunha serie de poetas malditos para presentar unha "protesta" que é tamén unha "utopía". |
NOS_48983 | A Confederación de Empresarios de Galiza (CEG) afirma que ten "compromiso coa consecución da igualdade de xénero". | A patronal galega rexeita a greve xeral de mulleres do 8 de marzo alegando que esta vai "afectar á produción e prestación de servizos de empresas" ademias de, engade, "prexudicar iniciativas de negociación impulsadas no eido da igualdade". Nun comunicado, a Confederación de empresarios de Galiza (CEG) manifesta o seu "compromiso coa consecución da igualdade de xénero e a eliminación de calquera discriminación directa ou indirecta". |
NOS_457 | O ex-secretario xeral do PSdeG renuncia o seu escano para deixar de ser aforado e defenderse ''como cidadán da pé'' no procesamento por presunta prevaricación cando era alcalde Carballiño. | Pachi Vázquez demite como deputado do PSdeG no parlamento galego. Así o anunciou o ex-secretario xeral dos socialistas galegos e ex-alcalde do Carballiño nunha rolda de imprensa, asegurando que a renuncia respondía a unha decisión "persoal" baseada en que "a política a coherencia é o principal motor". Vázquez tamén sinalou que con esta demisión deixa de ser aforado, polo que poderá defenderse como un cidadán da pé máis, dixo, no procesamento aberto contra el por presunta prevaricación na súa etapa de alcalde do Carballiño. A semana pasada o instrutor do TSXG declarou concluso o sumario sobre esta investigación. Agora, o alto tribunal galego -que leva a causa ao estar implicado un parlamentar- debía de se pronunciar sobre se abría xuízo oral. Cómpre lembrar que o actual secretario xeral do PSdeG, Gómez Besteiro, reiterara hai uns días que o "criterio único" do PSdeG é o do código ético do partido, que levaría a Vázquez abandonar o cargo de ter que se sentar no banco dos acusados. |
PRAZA_8707 | Armando Requeixo comenta o ensaio de Rafael Laso Lorenzo, Carlos Casares, o amigo das palabras: "Os que mellor o coñeceron saben ben que Carlos Casares sorriría ao ver un libro como este" | Case sen decatármonos, pasou xa máis dunha década dende que nos deixou Carlos Casares. E a súa ausencia nótase. Ai non. Porque un podería simpatizar máis ou menos coa súa figura, podería estar máis ou menos en consonancia coa súa presenza como intelectual e alto responsable das plataformas socioculturais de noso, mais o que é difícil de discutir é o seu liderado, a súa capacidade carismática e a sutil firmeza das súas conviccións en clave de país. Case sen decatármonos, pasou xa máis dunha década dende que nos deixou Carlos Casares. E a súa ausencia nótase Por descontado, a súa notoriedade como clásico moderno das nosas letras está tamén, ao meu ver, fóra de toda dúbida, así que o poliédrico e vizoso personaxe que Carlos Casares foi sempre ben merecía un ensaio que repasase e puxese ao día todos estes ancos da súa complexa personalidade. Ese ensaio está xa, afortunadamente, nos andeis das librerías. O seu título: Carlos Casares, o amigo das palabras; o seu autor: Rafael Laso Lorenzo, amigo e conterráneo do autor, e a editora, como non podía ser doutra maneira, Galaxia, a que foi a súa casa de toda a vida. O poliédrico e vizoso personaxe que Carlos Casares foi sempre ben merecía un ensaio que repasase e puxese ao día todos estes ancos da súa complexa personalidade En Carlos Casares, o amigo das palabras Laso Lorenzo ofrece un sintético pero moi completo perfil biográfico de Casares que complementa cunha extensa e detallada bibliografía. Nesta, dáse razón de todos os volumes de creación, tradución, crítica literaria, articulística e edicións do escritor e sería unha relación verdadeiramente definitiva se non faltase toda a súa ampla produción espallada en revistas e xornais, ítems que agardamos que nun futuro traballo Laso Lorenzo se anime a considerar. Alén deste capítulo biobibliográfico —de lectura ben amena e agradecida—, o editor engade un outro aliciente á obra a través dunhas Instantáneas de vida, nas que reúne máis de trinta páxinas de fotografías do ourensán que nos ofrecen medio cento de imaxes deste dende a súa infancia ata os derradeiros anos, compilación de gran valor documental, pois hai nela imaxes inéditas e ben pouco coñecidas do persoeiro que testemuñan non só as súas pegadas de vida, senón tamén relacións e presenzas clave para a nosa historiografía literaria. Hai nela imaxes inéditas e ben pouco coñecidas do persoeiro que testemuñan non só as súas pegadas de vida, senón tamén relacións e presenzas clave para a nosa historiografía literaria Mención á parte merece o que sería o segundo bloque de contido da obra, constituído, máis propiamente, por As palabras dos amigos, unha trintena longa de planas nas que case tres ducias de colaboradores responden o cuestionario que Laso Lorenzo lles pasou no que se lles preguntaba por diferentes asuntos vencellados coa vida e obra de Casares: como vían o autor nas súas facetas de escritor e cidadán, que perfís del destacarían, que calidades da súa escrita crían que sobranceaban, con cal das súas obras quedarían, que pensaban que lle debía a cultura galega ou, de estar aínda entre nós, que lle preguntarían. Entre os participantes deste singular cuestionario Proust casariano atópanse tanto xentes que o trataron estreitamente coma outros cos que coincidiu só de modo puntual, igual compañeiros de quefaceres laborais que amigos da infancia e mocidade, o mesmo familiares que colegas da escrita. Así, a nómina de colaboradores incluíu tanto editores coma creadores, políticos e críticos e aínda xornalistas ou activistas culturais, multicolor vidreira da cultura galega que debruzou sobre do personaxe opinións tan diversas coma complementarias, pero que, por xunto, acaban por tracexar un retrato abondo fiel do que seguramente foi a traxectoria dun home irrepetible que marcou unha época. Os que mellor o coñeceron saben ben que Carlos Casares sorriría ao ver un libro como este. Probablemente curiosease as súas follas con máis interese pola edición material do volume que outra cousa e logo, talvez, parase unha miga na introdución para ficar abraiado pola dedicación e xenerosidade de Laso Lorenzo e, se callar, aínda se sorprendería coa algunha das respostas dos enquisados que collese ao voo, ás que replicaría, ben seguro, con aquel seu peculiar, que barbaridade! Os que mellor o coñeceron saben ben que Carlos Casares sorriría ao ver un libro como este Sexa como for, o que foi grande amigo das palabras, contador oral excepcional, neno grande con soños de ferroviario e amigo dos seus amigos por riba de todo, seguro que se aledaría de saber que o lembramos e que o que foi a súa principal angueira vital, o progreso e dignificación da Terra que o viu nacer, segue a ser, invariablemente, a teima do que hoxe é o seu cómpito editor, Rafael Laso Lorenzo, e a de tod@s @s que con el colaboraron neste libro. |
NOS_13420 | 54 parlamentarios do Partido Conservador urxen a saída do primeiro ministro. | O primeiro ministro do Reino Unido, Boris Johnson, será sometido na tarde desta segunda feira a unha moción de censura interna logo de que a súa propia formación, o Partido Conservador —que goberna con maioría absoluta—, obtivese 54 sinaturas de parlamentarios que avogan pola súa saída, o que supón 15% do total de representantes tories. Así o vén de notificar o presidente do chamado 'Comité 1922' —que agrupa as e os deputados conservadores sen carteira—, Graham Brady, nun comunicado recollido polo xornal británico The Guardian. "De acordo coa normativa, realizarase unha votación entre as 18 e as 20 horas desta segunda feira, 6 de xuño", informou Brady, que tamén explicou que o reconto de votos será "inmediatamente despois". Para ficar no cargo, Boris Johnson precisa do apoio de, cando menos, 50% máis un de todos os parlamentarios do Partido Conservador, isto é, 180 de 359. A votación será secreta. Desde Downing Street, residencia oficial do primeiro ministro, apoiaron Johnson e apuntaron que esta tarde se presenta como "unha oportunidade para pór fin a meses de especulación e permitir que o Goberno trace unha liña e siga adiante, cumprindo coas prioridades da xente". Festas en Downing Street Os deputados tories urxen a renuncia do líder do Goberno do Reino Unido após transcenderen a comezos de ano as festas organizadas en Downing Street ao longo da pandemia e sen cumprir a normativa sociosanitaria. "No nome de Deus, marcha": os escándalos acurralan Boris Johnson O persoal da residencia oficial de Johnson tería celebrado reunións sociais nas que se consumía viño e cervexa todas as sextas feiras nun momento no que os casos de Covid-19 ameazaban o sistema sanitario do país. |
PRAZA_15072 | O Bloque conmemorará o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres cun acto simbólico no que subliñará as vítimas de maltrato como "heroínas" | Unha "festa de soterramento do patriarcado". É o xeito en que o BNG conmemorará neste 2012 o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un día antes desta xornada, o 24 de novembro, os nacionalistas organizarán en Compostela un acto simbólico co que, explica a responsable de acción feminista do Bloque, Goretti Sanmartín, tentarán amosar como "heroínas" as vítimas da violencia machista, tanto no propio acto como no "cortexo" que partirá do centro da capital de Galicia ata o parque de Bonaval, onde se celebrará o acto central. Nesta conmemoración, explica Sanmartín, haberá unha lembranza especial para "Julia, Tina, Iria e Marisol", as catro mulleres "mortas a mans das súas parellas" no que vai de 2012 en Galicia. "Queremos que sexa un acto da cidadanía indignada", di a nacionalista, dirixíndose a "todos e todas aqueles que saben que o problema da violencia de xénero non está na crise, que agudiza a indefensión das mulleres" ante os seus agresores. O BNG insta a que a crise "non sirva de coartada para reducir o apoio" ás vítimas da violencia machista" Ademais deste acto central, o Bloque presentou xa "mocións en todos os concellos" orientadas, neste caso, a que "a crise non sirva de coartada para reducir o apoio ás mulleres que padecen violencia de xénero", un problema que, di o portavoz nacional da formación frontista, Guillerme Vázquez, está "enquistado socialmente" e que cómpre "combater activamente", nun proceso que debe implicar a "mulleres e homes, ás administracións e ás forzas políticas. Neste sentido, Vázquez lamenta a "ausencia de compromiso do PP para a erradicación da violencia", mostra do cal é, por exemplo, que a formación conservadora "aínda non expulsase" a José Manuel Castelao Bragaña, o ex deputado que asegurou que as leis, "como as mulleres, están para violalas", unhas declaracións que constitúen "unha mostra de terrorismo contra as mulleres", subliña. O BNG, pola súa banda, salienta Guillerme Vázquez, leva este problema "ao plano institucional, dando o debate sobre a necesidade de recursos para combater a violencia de xénero e tamén á rúa fomentando alternativas". |
NOS_24501 | Foi na estación de Parsons Green. No mínimo, 18 persoas feridas. A Policía confirma que foi un artefacto explosivo de fabricación caseira. | Unha explosión no metro de Londres, na estación de Parsons Green, deixa no mínimo 18 persoas feridas. O estoupido teríase producido nun contentor branco. A Policía considera que é un "acto terrorista" e confirma que foi un artefacto explosivo de fabricación caseira. . Segundo as primeiras testemuñas, houbo un flash e unha nube de fume. Medios británicos, como Metro, falan dun segundo artefacto que foi desactivado e de que as forzas de seguridade procuran un varón armado cun coitelo. A polícia britânica recomenda, no Twitter, evitar transitar pola zona de Parsons Green. A primeira ministra Theresa May convocou unha rxuntanza de emerxencia para o início desta tarde e manifestou a sua solidariedade cos feridos. En ampliación |
NOS_39987 | Isabel Celaá propoñerá esta cuarta feira a todos os territorios do Estado suspender as probas externas de avaliación para estudantes de Primaria e Secundaria deste curso, que xa non tiñan efectos académicos. | A ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, propoñerá esta cuarta feira a todos os territorios do Estado suspender as probas externas de avaliación para estudantes de Primaria e Secundaria deste curso. Algúns como Madrid e Cantabria xa decidiran non realizar as probas tras a suspensión das clases decretada polo Goberno estatal para conter a propagación do coronavirus. Segundo adiantaron fontes do Ministerio a Europa Press, Celaá trasladará esta proposta na Conferencia Sectorial de Educación que se celebrará esta cuarta feira, desde as 9:30 horas por videoconferencia, coa participación dos conselleiros de Educación de todos os territorios estatais. A reunión, convocada a semana pasada pola ministra, ten como único punto da orde do día abordar a incidencia da crise do coronavirus no sector educativo. Ademais, o Ministerio pretende acordar un novo calendario para a Selectividade, despois do acordo da semana pasada para atrasar as probas de acceso á universidade. As avaliacións que Celaá propón suspender son as que deben realizar cada curso os alumnos de terceiro e sexto de Primaria, así como os estudantes de cuarto de Secundaria, como estabelece a vixente Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), impulsada polo exministro José Ignacio Wert e aprobada en 2013 polo Partido Popular. Estas probas deixaron ter efectos académicos en 2016 cando Íñigo Méndez de Vigo relevou a Wert á fronte do Ministerio de Educación. Entón estableceuse que os seus resultados non puidesen ser utilizados para "o estabelecemento e publicación de clasificacións dos centros", como contemplaba a LOMCE. |
NOS_31588 | Labregos e labregas de nova titularidade enfrontábanse a posibilidade de perderen as axudas económicas concedidas mediante a Política Agraria Común (PAC) da Unión Europea para o ano 2018. Após de negociacións coa FRUGA, a consellaría vén de comprometerse a que poidan cobrar en tempo e forma. | Quen accedera á titularidade dunha explotación no momento de solicitude das axudas —de febreiro á abril— corría o risco, debido a unha serie de dificultades de carácter burocrático, de non cobralas nas mesmas condicións que o resto de labregos e labregas (a finais de 2018). De non ser así non cobraría até finais de marzo. A Federación Rural Galega iniciou os trámites precisos para que esta situación non tivese lugar e agora mesmo a maioría das persoas afectadas xa teñen ingresada a parte que lles correspondía das axudas da Política Agraria Común do ano 2018. Trátase sobre todo de mocidade que se acababa de incorporar á actividade no campo. Dende a FRUGA indican que non teñen por que sufrir "ningún tipo de discriminación ao verse forzadas a cobrar máis tarde que o resto, sobre todo cando o motivo deste atraso estaba na propia administración e tendo en conta ademais que estamos a falar da principal fonte de ingresos que teñen as explotacións galegas". |
NOS_1911 | Os traballadores denuncian que Endesa non cumple co acordo pactado de recolocar ao persoal preto da central e critican que o faga antes de ter os resultados das probas con biocombustíbeis. | Endesa segue a sumar conflitos. Desta vez non son os transportistas nin os ecoloxistas, senón os traballadores e traballadoras da central das Pontes, que exixen a paralización do plan de recolocacións até que se aclare o futuro da planta. Segundo denuncian nun escrito, a central acaba de rematar as probas de biocombustíbeis e están á espera dos resultados, "aínda que a primeira impresión é que son totalmente satisfactorios". É un estudo comprometido pola empresa en sede ministerial e non unha mera farsa como dá a entender continuando co proceso de recolocacións sen esperar os resultados", denuncian os traballadores, que non acaban de entender por que Endesa comezara co proceso ao mesmo tempo que noutras centrais co fechamento xa oficializado. No seu comunicado, o comité de empresa da central térmica das Pontes relata que de 71 posíbeis solicitudes de traslado, a empresa realizou unha comunicación onde se asignaron a 34 traballadores prazas que non solicitaran repartidas por todo o territorio español; a 19 traballadores asignáronselles prazas solicitadas, a maioría tamén fóra do territorio, sendo gran parte deles persoal das máximas categorías, e hai 18 persoas sen praza comunicada, pero temendo tamén que sexan fóra da Galiza. "Isto incumpre totalmente as palabras do conselleiro delegado, que afirmaba a creación de prazas nunha contorna de 40 quilómetros da central", denuncian. A esta cuestión hai que sumar o feito de que a empresa está comunicando a algúns deles a súa incorporación aos novos destinos "nun ou dous meses máximo", o que supón, nun persoal tan reducido, "un baleirado que poría en perigo a operación normal da central e, por suposto, a realización de futuras probas", así como graves problemas de seguridade pola falta de efectivos. Por todo iso, o Comité esixe a paralización inmediata do proceso de recolocacións e o bloqueo total a calquera tipo de movemento de persoal até a execución, tal e como estaba comprometida, de todas as probas ou, no seu caso, até que estea aprobado o fechamento da central, unha petición que fan extensiva ao persoal que traballa no Porto de Ferrol e cuxos postos de traballo están directamente relacionados coa operativa da térmica. Do contrario, non desbotan medidas legais. |
NOS_31121 | O rexedor de Foz, indica que non coñecen os protocolos "nin como se vai a garantir" o dereito ao voto dos veciños da Mariña | O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, propón aprazar as eleccións na comarca da Mariña, pechada durante cinco días por un brote de COVID-19 con máis dun centenar de positivos, para garantir "o dereito á saúde". Así o manifestou este rexedor, en declaracións a Europa Press, na xornada na que comenzou o confinamento de, polo menos cinco días establecido pola Consellería de Sanidade para frear o brote, período que se revisará segundo evolución. Respecto diso, mostrouse crítico co cinco días de confinamento e que se indique no Diario Oficial de Galiza que se traballa para "garantir o dereito ao voto". "E quen garante o dereito á saúde? Quen garante que vaian votar os confinados?", preguntou. "Quen vai ir ás mesas de boa gana?". "Moitos din que non van ir. Normal." Por iso, o alcalde de Burela, concello que concentra "50%" dos infectados e infectadas neste brote, segundo puntualizou, insistiu en que "se trasladen as eleccións a outra data" na Mariña. Respecto diso, incidiu en que "quen vai ir ás mesas de boa gana?". "Moitos din que non van ir. Normal.", afirmou en relación á "preocupación" trasladada por veciños. "Preocupación" "A preocupación dos que van ás mesas e a votar é grande", admitiu, após lembrar que en Burela tivo que repetir a votación nunha mesa por impugnación nas últimas municipais, para subliñar que se traslade a data dos comicios das eleccións autonómicas deste domingo. Alfredo Llano comentou que esta petición formal vaina trasladar aos alcaldes e alcaldesas da Mariña cos que ten unha videoconferencia prevista a partir das 10,00 horas desta segunda feira. Posteriormente, os rexedores desta comarca reuniranse telemáticamente co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, a partir das 13,00 horas, segundo indicou este alcalde. "Veremos como vai o tema", afirmou. Pola súa banda, o rexedor de Foz, o tamén socialista Francisco Cajoto, comentou, en declaracións a Europa Press, que non coñecen os protocolos "nin como se vai a garantir" o dereito ao voto dos veciños da Mariña no marco deste brote. "Os veciños tamén nos preguntan", indicou Cajoto, quen reclamou ao Goberno galego que lles "indiquen cal é o protocolo". "A Xunta é a que ten que trasladar a forma de garantir ese dereito ao voto", concluíu. "Necesitamos unha resposta efectiva e que sexa posíbel", sentenciou. |
NOS_38549 | O presidente da Xunta da Galiza "espera" que do Congreso "saia un partido reforzado" e "unha alternativa" ao Goberno do Estado. | O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, evitou, máis unha vez, confirmar a súa candidatura a presidir o PP e remitiu ao Congreso extraordinario que o partido convocou para a vindeira terza feira 2 de marzo, do que espera "saia un partido reforzado" e "unha alternativa" ao que é un "moi mal Goberno" do Estado. Feixoo realizou estas declaracións ante a prensa este hoxe, ao acudir ao Campionato estatal en Pista Cuberta, en Ourense, onde estivo acompañado ademais do secretario xeral para Deporte, José Ramón Lete. O congreso extraordinario do PP: 2 de marzo "O Congreso convocouse para a terza feira, e aí ábrese un período para a presentación de candidaturas", comentou o titular da Xunta que, preguntado polas enquisas que o dan como favorito, sinalou que "non hai enquisas porque non estamos en ningunha formulación". "Agradezo moito que nalgún estudo demoscópico apareza o meu nome, pero vaiamos por partes. Creo que a política no estado español ten moita tensión e hai que distendela, aceptar que a política é unha cousa moi seria e que os españois necesitan acougo", apuntou Feijóo A este respecto, subliñou ademais que, dada a situación marcada polo conflito en Ucraína, "unha guerra ás portas de Europa", "necesítase reflexión e moito sentido común, moita proporcionalidade nas decisións". "O PP debe saír reforzado" O presidente do Executivo galego insistiu no Congreso extraordinario do Partido Popular, asegurando que será tamén "moi importante". "O meu obxectivo é que ese Congreso saia ben, que o PP saia reforzado e que teñamos unha alternativa ao que, na miña opinión e na de moitos españois, é un moi mal goberno. Este é o traballo que imos tentar realizar de aquí ao 2 de abril", concluíu. |
NOS_37628 | O lanzamento supón un adianto dun álbum no que a agrupación explora os escritos, as sonoridades e as pegadas que os viaxeiros deixaron ao seu paso polos múltiples sendeiros que conforman o Camiño de Santiago. | Os dous primeiros cortes do novo disco de Luar Na Lubre, Vieiras e vieiros. Historias de peregrinos, xa están na rúa. O grupo vén de publicar este venres, 27 de marzo, Benvido e Mártiros e o vákner nas plataformas iTunes, Spotify, Amazon, Deezer e Tidal. O lanzamento supón un adianto dun álbum no que a agrupación explora os escritos, as sonoridades e as pegadas que os viaxeiros deixaron ao seu paso polos múltiples sendeiros que conforman o Camiño de Santiago. Benvido abre o novo disco de Luar Na Lubre coa colaboración do cantante Miguel Ríos, quen pon voz a un tema que pretende dar a benvida a todas as persoas que percorren o itinerario xacobeo, a través dos seus diversos vieiros, no momento de chegar a Galiza. "Benvido é un canto de acollida, unha carta de presentación do que é esta terra, do que é Galiza", sinala Bieito Romero, fundador de Luar Na Lubre. "Desde o medievo até a actualidade, milleiros de persoas percorreron un camiño de peregrinación impulsados por motivacións relixiosas, culturais e artísticas, inquedanzas viaxeiras ou mesmo de negocios. A procura da tumba do Apóstolo e a meta da Compostela, ou a experiencia persoal da realización deste itinerario por mar ou terra, seguindo a antiga vía das estrelas, teñen en común a chegada a unha terra única, dotada dun patrimonio material e inmaterial rico e diverso, aberta a recibir e acoller a influencia de quen veña", expón Romero. Benvido, que tamén conta coa colaboración de Nani García nos teclados, é a carta de presentación dun disco no que Luar Na Lubre "leva moitos anos traballando e no que o relato se tece singularmente, de xeito natural, a través das historias humanas que percorren a ruta xacobea ao longo de diferentes épocas e contextos", explica Bieito Romero. Un traballo no que Luar Na Lubre "quere pór en valor as historias que recompilamos a través de diferentes vías pero que, todas elas, conforman o imaxinario popular do Camiño", apunta o músico. |
NOS_54656 | Un grupo de historiadores e historiadoras lanzan un manifesto no que chaman a se sumar a aquelas propostas que, din, "promovan a vertebración social do dereito a decidir do pobo galego" e reivindican a recuperación de status histórico de Galiza proclamado en 1936. | Pendurado no portal web da revista galega de historia, Murguía, e intitulado 1982-2013: Galiza pola Soberanía, 18 historiadoras e historiadores do país lanzaron un manifesto con motivo do 81º aniversario da Asemblea de concellos de Galiza pro-estatuto. Coa lembranza daquela reunión, na que unha nutrida representación de administracións locais, outras institucións e partidos políticos da época amosaron o seu desexo de que Galiza contase cun marco legal que pautara a súa realidade nacional un grupo de historiadoras e historiadores entre os que se atopan Francisco Carballo, Manuel Monge, Anselmo López Carreira e Encarna Otero, quixeron editar un manifesto no que reivindicar o dereito do pobo galego a decicir. Daquela xuntanza, lembran @s historiador@s, sairía aprobado un texto que anos despois sería redactado como Estatuto de Autonomía e votado de maneira favorábel através dunha consulta popular polo 73% dos votos emitidos válidos. As persoas asinantes apelan á realidade diferencial de Galiza e alertan de que o proceso re-centralizador español de patrón unitario acrecenta a súa equiparación como "apéndice de España" Recuperar o status histórico de Galiza "Como historiadores e historiadoras queremos lembrar aquel decisivo e exemplar encontro, apelando á sensibilidade e responsabilidade do pobo galego no tocante a esa súa, nosa, realidade diferencial", sinalan no manifesto publicado. Nun momento, afirman, en que "o idioma precisa urxentemente de novas xeracións" de falantes "que aseguren o seu futuro" mais tamén, acrecentan, perante unha realidade política e económica na que "os nosos sectores produtivos" fican "especialmente desatendidos" con centros de decisión "lonxe dos nosos intereses e problemáticas". Neste senso, valorizan "de grande interese" todas aquelas propostas que, din, "promovan a vertebración social do dereito a decidir do pobo galego". Aliás, amosan o seu apoio, como tal, á iniciativa social Galiza pola Soberanía á que se adhiren con este manifesto mais tamén, á que chaman a se incorporar a toda aquela cidadanía que procure un Estado de seu para Galiza, algo, enfatizan, que non sería senón "recuperar a través dun proceso autodeterminista, baseado na autoorganización, o que foi o seu status histórico durante séculos". Eis a listaxe completa de asinantes: Francisco Carballo, historiador e docente. Dionísio Pereira, historiador. Carlos F. Velasco Souto, historiador e docente. Xoán Carlos Garrido Couceiro, historiador e docente. Xosé Estévez, historiador e docente. Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, historiador e docente. Manuel Monge, historiador e docente. Anselmo López Carreira, historiador e docente. Luis Chapela Bermúdez, historiador. Andrés Dacosta Paz, historiador. Encarna Otero Cepeda, historiadora e docente. Bernardo Máiz Vázquez, historiador e docente. Alexandra Cabana Outeiro, historiadora e docente. Antón Somoza, historiador. Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, historiador e docente. Manuel Pazos Gómez, historiador. Alberto Lago Villaverde, historiador e docente. Raúl Soutelo Vázquez, historiador e docente. Prudencio Viveiro Mogo, historiador |
NOS_8335 | CIG, CUT, UGT e USO denuncian que a proposta de convenio achegada por esa central coincide coa da empresa. | CCOO expulsada da unidade sindical en Pescanova. Así o consideran as centrais sindicais de Nueva Pescanova , que denuncian a "actitude desleal" de Comisións Obreiras para con elas e os traballadores. CIG, CUT, UGT e USO denuncian que a proposta de convenio colectivo feita pública sindicato español coincide coa achegada pola dirección da empresa de alimentación na última xuntanza coa parte social. Representantes destas catro centrais sindicais afirman que durante os nove meses de negociación esta central nunca quixo participar da unidade sindical, "situación que cambiou tras a masiva asemblea celebrada en Redondela por medo a quedar aillados". A partir desa xuntanza, indican, CCOO solicita entrar na unidade, mais ao día seguinte de que o resto de centrais aceptase a súa presenza "aparece publicado na prensa unha proposta de convenio que non consultan con ninguén -demostrando unha actitude desleal- e que coincide coa presentada posteriormente pola empresa na última xuntanza que mantivemos coa dirección, celebrada o pasado día 6". Esta proposta incluiría dous dos aspectos, afirman estes sindicatos, que non están dispostos a asumir: a creación dunha nova categoría de entrada na empresa cun salario inferior e o aumento da flexibilidade laboral. "Sabemos que todo isto é unha estratexia de Pescanova e de CCOO para romper a unidade sindical e lograr deste modo impoñer un convenio á baixa para precarizar as condicións laborais, rebaixar salarios e aumentar a xornada", denuncian. |
NOS_21636 | O futuro da planta das Somozas queda ligado ao modelo SG114 e ao mercado español. | O futuro de Siemens Gamesa nas Somozas complícase por momentos. Segundo anuncia o comité de empresa após unha xuntanza cun alto executivo da empresa, a planta galega, dedicada á fabricación de pas para aeroxeradores, só ten carga de traballo até finais de ano. Segundo manifestou o presidente do comité, Sergio López (UXT), o directivo aseguroulles que, "a día de hoxe, non hai confirmados máis pedidos en firme do modelo de pa SG114", que é a que producen. Tamén lles trasladou que "a fábrica das Somozas dedicarase ao mercado nacional, por non ser competitivos no internacional". No caso de fechar un posíble pedido de 95 rotores ─cada rotor conta con tres pas─, "a empresa contempla diferentes escenarios". "Sentounos como un xerro de auga fría", queixouse o representante sindical. Mais as malas noticias non quedan aí. O representante de Siemens Gamesa, segundo lles indicou ás persoas que integran o comité, rexeitou acometer investimentos para realizar modelos máis modernos e de maior tamaño. Argumentou que a factoría recentemente adquirida en Vagos (Portugal) "xa está lista", "e non hai suficientes pedidos destes modelos para que se fabriquen noutra planta". |
PRAZA_4510 | O cantautor gaúcho Vitor Ramil (con orixes familiares en Narón) será unha das principais atraccións dunha nova edición de Cantos na Maré, que se celebra este sábado en Pontevedra. Amante da palabra e da poesía (musicou textos de Pessoa, Rosalía ou Borges), reivindica o factor diferencial de Rio Grande do Sul. | "Em Copacabana, num dia muito quente do mês de junho (justamente quando começa o inverno no Brasil), eu tomava meu chimarrão e assistia, em um jornal na televisão, à transmissão de cenas de um carnaval fora de época, no Nordeste, região em que faz calor o ano inteiro (...) A seguir, o mesmo telejornal mostrou a chegada do frio no Sul, antecipando um inverno rigoroso. Vi o Rio Grande do Sul: campos cobertos de geada na luz branca da manhã, crianças escrevendo com o dedo no gelo depositado nos vidros dos carros, homens de poncho (um grosso agasalho de lã) andando de bicicleta, águas congeladas, a expectativa de neve na serra, um chimarrão fumegando tal qual o meu. Seminu e suando, reconheci imediatamente o lugar como meu, e desejei estar não em Copacabana, mas num avião rumo a Porto Alegre. O âncora, por sua vez, adotara um tom de quase incredulidade, descrevendo aquelas imagens do frio como se retratassem outro país (chegou a defini-las como de "clima europeu"). Aquilo tudo causou em mim um forte estranhamento". "Vi o Rio Grande do Sul: campos cobertos de geada na luz branca da manhã, crianças escrevendo com o dedo no gelo depositado nos vidros dos carros, homens de poncho andando de bicicleta, águas congeladas" Este estranhamento foi o que levou Vitor Ramil a escribir o ensaio A Estética do Frio, unha reflexión sobre os feitos diferenciais de Rio Grande do Sul e unha reivindicación da súa identidade, distinta á imaxe que decote se ofrece sobre o Brasil, un xigante, todo un continente, un mosaico heteróclito con moitos mundos no seu interior. Ramil rexeitaba ademais o sentimento ou o atributo de periférico ou marxinal para a súa rexión, e reclamaba que Rio Grande do Sul non era periferia, senón que era outro centro, orgullosamente distinto e orgullosamente brasileiro ao mesmo tempo. No clima, nos costumes e tamén na música: "O pobo de Rio Grande do Sul é moi semellante ao pobo uruguaio, un pobo de perfil baixo, co que compartimos moitos hábitos tamén. E estamos moi marcados pola nosa situación de fronteira, que é moi rica, moi estimulante". Vitor Ramil (con orixes familiares en Narón) será unha das principais atraccións dunha nova edición de Cantos na Maré, que se celebra este sábado en Pontevedra. "O Cantos na Maré máis lírico e poético dos que temos feito", como o definiu Uxía Senlle, directora artística do festival, e no que ademais de Ramil e Senlle actuarán Amancio Prada, Gabriela Mendes, Luiz Caracol e Budiño. "Teño un libro cos poemas de Rosalía e coñecíaos ben, pero apetecíame musicar un poema que non fora musicado previamente, e pedinlle a Uxía que me enviara textos que nunca se tocaran" Rosalía de Castro será protagonista neste Cantos na Maré, tamén no repertorio de Vitor Ramil. Moi interesado polas súas raíces galegas, contaba xa cun exemplar de Cantares Gallegos e para este concerto decidiuse a musicar algúns poemas, que tamén aparecerán no seu próximo disco, coa colaboración especial de Xosé Manuel Budiño. "Teño un libro cos poemas de Rosalía e coñecíaos ben, pero apetecíame musicar un poema que non fora musicado previamente, e pedinlle a Uxía que me enviara textos que nunca se tocaran. Hoxe, no ensaio en Pontevedra, foi un momento moi máxico. Os músicos dinme que a melodía que creei para os poemas lles parecen unhas músicas moi galegas". "Na miña casa eramos unha familia de músicos, todo o tempo había música. E tamén houbo sempre moitos libros e a literatura sempre foi moi importante para min", explica, "de feito, paso moito tempo cada día centrado nos textos das cancións, dándolles forma. E teño traballado sobre poemas de moitos autores, de Pessoa, de Borges, poetas de Rio Grande do Sul, interésame ese proceso de afondar en todo o que quere dicir un poema, e construír un mundo musical". Ramil adoita tocar milongas, un xénero transfronteirizo moi típico tamén en Uruguai e Arxentina, pero con matices distintos: "A milonga brasileira, máis estruturada, máis lírica, é diferente á arxentina ou uruguaia, que é máis libre, máis falada. Pero hai moitos tipos de milonga e a que se impuxo en Rio Grande do Sul é a que os arxentinos chaman "sureña". Pero é que hai teorías que defenden que a milonga ten orixe portuguesa e que chegou a Arxentina e Uruguai a través do Brasil, pasando por Rio Grande do Sul", explica. "Precisamos de uma estética do frio, pensei. Havia uma estética que parecia mesmo unificar os brasileiros, uma estética para a qual nós, do extremo sul, contribuíamos minimamente" Este gaúcho levará este sábado a Pontevedra as súas "harmonías abertas, melodías hipnóticas e letras cheas de poesía impresionista", un anaquiño dun Brasil frío, cuberto de neve. Como el mesmo escribiu: "Precisamos de uma estética do frio, pensei. Havia uma estética que parecia mesmo unificar os brasileiros, uma estética para a qual nós, do extremo sul, contribuíamos minimamente; havia uma idéia corrente de brasilidade que dizia muito pouco, nunca o fundamental de nós (...) Apesar de nossas contrapartidas frias, ainda não fôramos capazes de engendrar uma estética do frio que revelasse a nossa própria face". |
PRAZA_15839 | Corrixe a sentenza da Audiencia Provincial, condena o capitán a dous anos de cadea por delito medioambiental e mantén a absolución de López-Sors. O ditame abre a porta a que a aseguradora pague polos danos pero cun límite de 1.000 millóns fronte aos máis de 4.000 que cifraba a Fiscalía | A sala do Penal do Tribunal Supremo vén de revogar a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña sobre a catástrofe medioambiental do Prestige. O ditame condena agora por unanimidade a dous anos de cadea ao capitán do buque, Apostolos Mangouras, por delito medioambiental logo de que a sentenza de instancia lle atribuíra unicamente un delito de desobediencia grave. Ademais, declara a responsabilidade civil da armadora e da aseguradora do petroleiro, o que abre a porta a que esta última asuma o pagamento das indemnizacións. O Supremo corrixe a sentenza da Audiencia e condena a dous anos de cadea a Mangouras por delito medioambiental O ditame do Suprem mantén a absolución dos dous mariñeiros que acompañaban a Mangouras e do ex director da Mariña Mercante, José Luis López Sors -o único cargo político do Goberno acusado- do delito medioambiental. E confirma tamén a absolución da responsabilidade penal do Goberno español dunha primeira sentenza que avalara a decisión de afastar o barco da costa. Agora, a condena amplíase pero só sobre Mangouras, ao que xa lle caeran nove meses de cadea por desobediencia, delito polo que queda absolto ao incluírse o seu comportamento na consideración final. A condena por delito medioambiental abre a porta a que armadora e aseguradora paguen parte das indemnizacións A sala do Alto Tribunal entende que os feitos probados xustifican xuridicamente a nova condena e engade o delito de medioambiente na súa modalidade agravada de deterioro catastrófico. Para o Supremo, Mangouras "asumiu non só unha navegación arriscada, senón que creou un grave risco, sobre todo en relación co carácter altamente contaminante da substancia que transportaba". "Un risco que excedeu o permitido e colocouse como capitán do Prestige nunha situación que lle impediu controlalo en momentos críticos", explica. "Deste xeito, o barco continuou botando fueloli ao mar ata que transcorridos uns días partiu", di o Alto Tribunal, que asegura que o capitán "incumpriu en consecuencia o deber obxectivo do coidado que o incumbía ao xerar riscos non permitidos e non neutralizar os provocados por outros". "E tamén o subxectivo, pois como capitán do buque estaba obrigado a advertir a presenza do perigo grave que asumiu", di. "Mangouras asumiu non só unha navegación arriscada, senón que creou un grave risco", di o Supremo O Supremo aclara que o ditame realízase unicamente sobre os feitos que a Audiencia da Coruña considerou probados, un deles que a tripulación do petroleiro, incluído o capitán, descoñecía as graves deficiencias estruturais que acabaron por causar a avaría que afundiu o barco. Ábrese a porta ás indemnizacións A resolución abre a porta a que os danos do chapapote, que tinguiu máis de 2.000 quilómetros de costa, sexan pagados cando menos nunha parte pola aseguradora do petroleiro como responsable civil. O Supremo aclara que Mangouras "deberá indemnizar nos termos que se fixen en execución de sentenza, na contía e de acordo aos criterios establecidos [...] na sentenza". E engade que se declara "a responsabilidade civil directa, co mesmo alcance da aseguradora (The London P&I Club), que tiña un límite de cobertura na póliza de 1 billón de dólares, e a subsidiaria de Mare Shipping Inc., propietaria do barco". Ao tempo, o Alto Tribunal aclara "igualmente" a responsabilidade civil do FIDAC (Fondo Internacional para a Indemnización de Danos Causados por Hidrocarburos) pero "cos límites establecidos no Convenio que o regula". A condena por delito medioambiental abre a porta ao pagamento das indemnizacións por parte da aseguradora do buque O fiscal Luis Navajas reclamara máis de 4.000 millóns de euros de indemnizacións polos danos derivados da marea negra tras un proceso que quedara sen pagadores, máis aló das compensacións que o Estado adiantara a través do FIDAC. Tal e como aclara o fiscal de Medio Ambiente de Galicia, Álvaro García Ortiz, o límite máximo que poderá afrontar a aseguradora é o de 1.000 millóns de euros, tendo en conta as características da póliza. E será a única entidade que poida pagar, ante a insolvencia do capitán e da compañía rexistral do buque e ante un FIDAC que xa asumiu as súas achegas. A aseguradora tan só podería achegar unha cantidade máxima de 1.000 millóns de euros para asumir as indemnizacións En todo caso, será agora na execución da sentenza cando se determinen as cantidades a pagar e a posibilidade real ou non de contar cos cartos desa aseguradora radicada no Reino Unido, un proceso "complexo e nada doado" que levará un tempo e que se abre tamén non só ás probas periciais xudicaiis, senón a outras achegadas. A Fiscalía intentaba que a sentenza fose declarada nula, pero non para que se revisase a absolución da xestión administrativa da catástrofe -e que foi posta en dúbida por peritos e polas conversas con Salvamento Marítimo gravadas naquel tempo-, senón para buscar unha condena o capitán do Prestige e volver evitar a asunción de responsabilidades do Estado. En parte logrouno. Pretendeu que a Audiencia de A Coruña ditase outra sentenza que tivese en conta cinco documentos que o fiscal consideraba "centro neurálxico" da carga probatoria, e que o ditame non tivo en conta, e que se recoñezan indemnizacións por 4.238 millóns de euros. Pero a sentenza non foi anulada, senón corrixida. Nunca Máis Desde Nunca Máis aseguran que "é positivo que se recolla que había un delito medioambiental", como sempre reclamaron desde a plataforma, pero aseguran que "segue a exonerarse de culpa a xestión que da catástrofe fixo o Goberno", algo que "senta un precedente grave para o futuro". Esgotadas todas as vías legais, o colectivo -cuxo recurso foi desestimado- xa anuncia que é moi probable que acuda ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo. Nunca Máis lamenta que "siga a exonerarse de culpa a xestión que o Goberno fixo da catástrofe" A asociación ecoloxista Greenpeace, pola súa banda, lamenta que "os responsables políticas da catástrofe se libren de novo de calquera sanción" e cre "evidente que o proceso, así como a sentenza actual, é un puro trámite para cubrir o expediente e, o que é peor, non evitará que outro Prestige volva producirse". Hai tan só uns meses, nunha entrevista en Praza, o fiscal de medio ambiente de Galicia, Álvaro García Ortiz, aclaraba que a petición do Ministerio Fiscal debíase a que entendía "que a Administración non era responsable das consecuencias do vertido e que, en caso de acusar alguén, ese era o capitán e a contorna profesional do capitán, que é a armadora e todo o que arrodea ese mundo profesional do comercio de hidrocarburos marítimo sen garantías, todos aqueles que desenvolven este comercio sen os estándares de seguridade mínimos para facelo con mercadorías perigosas". Ademais, mostrárase tamén contrario á entrada en prisión do capitán Mangouras: "Desde o punto de vista humano, parece que unha privación de liberdade nestas circunstancias non é moi proporcionado". |
NOS_7814 | O mecanismo é o de non subliñar demasiado situacións que non precisan de énfase: o anecdotario sobre o uso do galego dá, de seu, para un manual de socioloxía. Mais na teatralización abonda coa credibilidade que os actores lle outorgan ás personaxes, coa sutil crítica que se agocha detrás dun pretendido retrato de costumes. | A novidade é que non hai novidade. Pasaron case vinte anos desde que Talía estreou Bicos con lingua e dez desde que montaron Pelos na lingua, mais seguimos falando da lingua como problema. Agora existen as redes sociais para compartir as situacións de diglosia, as discriminacións, as estatísticas sobre a perda de falantes; mais as chanzas sobre os camareiros e o leite morno non explican a cuestión de fondo. Se cadra, os argumentos son algo diferentes, mais a cerna do debate segue a ser a mesma: falamos máis do galego que en galego. A parábola do angazo / Compañía: Talia Teatro / Dirección: Diego Rey / Elenco: Toño Casais e Artur Trillo / Estrea no FIOT de Carballo, 2 de outubro de 2021 Talía Teatro completa unha triloxía sobre a lingua consciente de que eses dezaoito anos pasaron e que o costume de facer chanzas sobre o leite morno se converteu nun lugar común. A compañía abre o obxectivo para enfocar non tanto na lingua como nos falantes, non tanto no galego como nos galegos e galegas. Se o conto que lle dá título ao espectáculo andaba de boca en boca xa polo século XVIII é que o problema non ten as raíces nunha lei de normalización determinada ou nun camareiro co vocabulario xusto. Talvez o asunto vén de máis atrás. O paradoxal non é o galego, senón o escenario. O escenario é ese cubo de Rubik que a sociolingüística académica está farta de analizar, mais sen chegar a conclusións que molesten demasiado. A proposta de Talía non se aparta do relato recollido polo Padre Sarmiento mais trata de darlles ese golpe aos falantes que lles permita recuperar a identidade, que lles permita armar o cubo de Rubik facendo coincidir as arestas sen necesidade de doutorarse en filoloxía. O humor segue a ser o vehículo que enfía as situacións -reais ou imaxinarias- dramatizadas polos seis autores que asinan os textos. A traxedia, vista de perto, ten características de ópera bufa. E a comedia de Talía mira ao pasado e proxéctase no futuro cun optimismo que non oculta o drama real, que coloca algunhas pezas no seu sitio para que o público complete a figura. Trátase de teatro didáctico, mais a audiencia ten que pór algo da súa parte para chegar á conclusión, para levar o golpe. O mecanismo é o de non subliñar demasiado situacións que non precisan de énfase: o anecdotario sobre o uso do galego dá, de seu, para un manual de socioloxía. Mais na teatralización abonda coa credibilidade que os actores lle outorgan ás personaxes, coa sutil crítica que se agocha detrás dun pretendido retrato de costumes. A cuestión non é denunciar algo que xa coñecemos, senón miralo con outros ollos: cunha mirada que transforme o ridículo en propósito de emenda. |
NOS_49738 | O A Fondo que acompaña o #sermos301 está dedicado a Isidro Novo (Lugo 1951-2018). Un escritor nas marxes xeográficas e literarias de Galiza. O caderno de análise do Sermos alcanza esta semana o seu número 200. | Isidro Novo (Lugo 1951-2018). Un escritor nas marxes xeográficas e literarias de Galiza. A súa obra tanto en verso como en prosa retrata o demorado que facer dun creador ousado e meticuloso. Poeta enorme, narrador experimental, recitador brioso, acubillador de palabras esquecidas, persoa doce e afable, sempre elegante no dicir e no facer. O A Fondo que acompaña o #sermos301 céntrase no autor lucense. 'Querido Isidro', é unha carta de Cesáreo Sánchez Iglesias ao falecido escritor. Mercedes Queixas, en 'Unha camelia negra e o canto dun merlo', lembra e explica a súa amizade con Isidro Novo. Xosé Ramón Freixeiro Mato lembra en 'Palabras con memoria' o compromiso do escritor pola recuperación de palabras galegas, nun labor que alicerza o rico patrimonio lingüístico popular e que tamén desenvolveu a través dunha sección semanal en Sermos Galiza. 'A beleza das marxes', de Calvo Vidal. Resulta evidente que o mundo literario de Isidro Novo hai que atopalo na súa orixinal escrita. Á marxe de cuestións contextuais e, polo tanto, accesorias. Unha escrita enraizada nos sentimentos, nos ideais, nos soños, nos pesadelos, nas preocupacións e nas dúbidas dun home, dun poeta que sempre foi en serio, como moi poucos seres humanos o fixeron. X. H. Rivadulla Corcón con 'As sensacións de sentir ao poeta Isidro Novo' debulla a vertente poética do lucense. Lois Pérez, 'Coma un curandeiro da memoria'; 'Na memoria de Isidro Novo', Xosé Vázquez Pintor; 'A memoria' de David Otero; Antonio Reigosa e 'Como as bolboretas' completan o caderniño. |
NOS_56105 | Entrarán en vigor na medianoite da quinta á sexta feira e contempla a reapertura gradual da hostalaría e segundo situación das zonas. | [En ampliación] Núñez Feixoo anunciou hoxe, cuarta feira, que o Goberno galego vai pedir que nesta ponte de decembro se restrinxa a mobilidade con Portugal, unha medida que non extende a demandala para o peche de Galiza co Estado. "Non nos preocupa o resto de España", dixo, ao tempo que pide aos galegos e galegas que nesta ponte "non viaxen a Portugal". O norte de Portugal concentra a maioría dos novos contaxios que nestes días se rexistran no país veciño. "Imos consultar ao Goberno español se esa restrición de mobilidade con Portugal implica o peche perimetral de toda Galiza, pero nós entendemos que Galiza pode seguir aberta" e só bloquear a mobilidade co sur do Miño, manifestou. O presidente compareceu en San Caetano para anunciar que a partir das 00:00 horas desta sexta feira principiará o proceso de desescalada na Galiza. Isto implica que se permitirá a interacción social entre persoas non convivintes (entre 4 e 6 dependendo da zona e a situación) ou a apertura gradual da hostalaría, entre outras medidas. No que atinxe á mobilidade interna, mantense o criterio de se hai restricións duras continúa o peche perimetral. O toque de recoller mantense ás 23:00 horas. En comercios mantense a capacidade a 50% (non hai cambios), e no transporte público tampouco hai novidades. Nivel alto Os concellos de máis de 10.000 habitantes con incidencia acumulada a 14 días maior ou igual a 250 estarán no denominado Modelo O Carballiño, o de máximas restricións. Aquí as terrazas ao 50 % ata as 17:00 horas e en grupos de máximo de 4 persoas, conviventes ou non. - Pontevedra, Poio e Marín.- O Grove e Sanxenxo.- Carballo e A Laracha.- Ademais, estes municipios: Tui, Ponteareas, Moaña, Vilalba, Narón, Redondela, O Porriño, Cambados e As Pontes. Nivel medio-alto Concellos de máis de 10.000 habitantes con incidencia entre 150 e 250 en 14 días por cen mil habitantes. A hostalería abre co 30 % no interior e 50% exterior e con límite ás 17:00 horas. A agrupación máxima aquí será de 4 persoas. - Améndoas de Ferrol, Vigo, Vilagarcía, Coristanco, Meis, Cee. Ademais, entran nesta categoría os municipios de Lugo, Lalín, Oroso, Vimianzo, Ribadavia, Xinzo, Vilaboa e Cangas. Nivel medio-baixo Arecta ás améndoas da Coruña, Burela, Laxe, Silleda eSoutomarior, así como aos concellos de Pontecaldelas, Barro e Cercedo-Cotobade. A incidencia sería de 100 a 150 en concellos en máis de 10.000 habitantes e de 150 a 250 nos de menos. Hostalaría: 40 % en interior e 50 % en exterior, até as 23:00 horas con máximo 6 persoas. Nivel básico Concellos por baixo dos 100 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días Améndoas de Santiago-Ames e Teo, Ourense-Barbadás; A Estrada e Ares e o resto de concellos que estaban en restricións xerais. Volveríase a situación previa ao 7 de novembro. Hostalería abre 50 % no interior e 75 % no exterior até as 23:00 horas e máximo de 6 persoas. Mobilidade En canto á mobilidade, queda recuperada para os concellos no nivel de incidencia máis baixo -polo que, esta sexta feira, ábrese na área de Santiago-Ames-Teo e na améndoa de Ourense-Barbadás-. As reunións de non conviventes estarán permitidas, nos niveis de cada área, tamén en ámbito privado. Para o Nadal, dúas unidades A proposta da Xunta para regular os encontros durante o próximo Nadal pasa por limitar as reunións a un máximo de dúas unidades familiares, aínda que con independencia do número de persoas que implique. Así o avanzou Feixoo durante a comparecencia para explicar as medidas adoptadas polo comité clínico. Explicou que a proposta da Xunta pasa por non centrarse no número de persoas, se non nas unidades familiares. En concreto, Galiza aposta por limitar a dúas unidades familiares distintas as ceas e comidas de Nadal e pide que, no posíbel, sexan as mesmas persoas para os diferentes encontros ao longo destas datas. A maiores, para aquelas persoas que non conten como núcleo familiar ou no caso de que o Goberno español non acepte a proposta de unidades familiares, a Xunta propón que non conten nos máximos de persoas os nenos enenas menores de 10 anos. |
PRAZA_3892 | A curva acadou o seu máximo ao redor do día 30 de marzo, iniciando dende entón un descenso. A pesar de que seguen a producirse mortes cada día, as boas novas chegan dende as UCI, que dende hai unha semana veñen reducindo o número de casos. Porén, a incidencia da enfermidade en Ourense é moi superior ao do resto do país | A curva acadou o seu máximo ao redor do día 30 de marzo, iniciando dende entón un descensoDespois de 29 días de confinamento, a evolución da epidemia de coronavirus comeza a ser claramente positiva. Atrás ficou o pico da enfermidade e atopámonos nestes momentos nun lento descenso do número de casos graves e ingresos en UCI e con cada vez máis altas. Con todo, cada día engádense novos nomes ás cifras de falecementos, que xa suman 360 en Galicia.A evolución positiva obsérvase claramente nos dous seguintes gráficos. O primeiro amosa a evolución diaria do número de casos activos (en hospital ou domicilio), do número de altas e do número de falecementos. No que respecta aos casos activos, a curva acadou o seu máximo ao redor do día 30 de marzo, iniciando dende entón un descenso. Porén, cada día seguen a rexistrarse máis positivos que altas, polo que a epidemia está lonxe de estar controlada.A incorporación dos datos de mortes nas residencias este último xoves fai difícil realizar unha comparación entre as cifras das últimas dúas semanas.Tamén os datos de falecementos semellan ter acadado o seu máximo hai uns días. De feito, semellaban ter chegado a ese punto na primeira semana de abril. Porén, a incorporación dos datos de mortes nas residencias este último xoves fai difícil realizar unha comparación entre as cifras das últimas dúas semanas. O segundo gráfico é o que amosa a evolución do número reprodutivo básico, que informa da capacidade do virus para estenderse (representa o número medio de persoas ás que contaxia cada caso positivo). Este indicador segue descendendo, situándose xa en 0,67. Cando baixa de 1, iso significa que a infección está remitindo, e na medida en que se achegue a 0 revelará que a doenza pasará a estar controlada. No conxunto de España o número reprodutivo básico está en 0,8.O número de enfermos e enfermas de coronavirus nas UCI chegou ao seu máximo o venres 3 de abril, con 177 persoas, e dende entón xa se reduciu ata as 140Mellora nos hospitaisDende o inicio da crise repetiuse que o indicador máis importante, xunto co do número de falecementos, era o do número de persoas ingresadas nas UCI e no resto de unidades hospitalarias. O colapso do sistema sanitario tería consecuencias fatais e por iso todos os esforzos para "aplanar a curva" ían destinados a evitar que o pico da enfermidade fose demasiado intenso, superando a capacidade do sistema.Ese perigo semella ter sido superado, de momento. Dende hai unha semana vén descendendo o número de enfermos e enfermas de coronavirus nas UCI. Chegou ao seu máximo o venres 3 de abril, con 177 persoas, e dende entón xa se reduciu ata as 140. Tamén foi descendendo nos últimos días o número de persoas con coronavirus ingresadas noutras unidades hospitalarias (en planta). O máximo acadouse o pasado 5 de abril con 939 persoas, e hoxe a cifra é de 742.A inmensa maioría dos casos activos de coronavirus permancen nos seus domicilios con síntomas leves ou sen síntomas. Son un total de 4.951 persoas en illamento domiciliario, un 85% do total, unha porcentaxe que foi medrando nas últimas semanas. O 26 de marzo o 32% dos casos confirmados de coronavirus en Galicia estaban no hospital, hoxe son o 15%.Dende hai catro días o número de casos activos medra entre un 1% e un 2% cada díaCurvas en descensoAsí, a evolución diaria de todos os indicadores amosa unha melloría dende a última semana de marzo. Lonxe quedan os días en que o número de casos activos ou o de persoas ingresadas nas UCI aumentaban máis dun 20% con respecto ao día anterior. Dende hai catro días o número de casos activos medra entre un 1% e un 2% cada día e na última semana o número de hospitalizacións cae en lugar de subir.O número de probas con resultado positivo foi descendendo rapidamente, dende o 20% ou o 30% ata o actual 8%A redución no ritmo de aumento dos casos activos produciuse a pesar de que Galicia incrementou o seu ritmo de realización de probas PCR. Dende o 1 de abril lévanse a cabo máis de dúas mil probas cada día, fronte ás mil e pouco que se realizaban na segunda quincena de marzo. Nas últimas dúas semanas o número de probas con resultado positivo foi descendendo rapidamente, dende o 20% ou o 30% ata o actual 8%.Dende a última semana de marzo o ritmo de crecemento de casos de coronavirus en Ourense é moi superior ao do resto de GaliciaA excepción ourensáNas alentadoras cifras do conxunto de Galicia, chaman a atención os datos da área sanitaria de Ourense, que abrangue o conxunto da provincia. A pesar de ter unha poboación moi inferior á das áreas sanitarias de Vigo, A Coruña ou Compostela, o seu número de casos activos é moi semellante e mantén dende a última semana de marzo un ritmo de crecemento moi superior ao do resto de Galicia.O cambio produciuse a partir do 25 de marzo e, sobre todo, na primeira semana de abril, un tempo no que Ourense pasou de ter cifras de casos confirmados semellantes aos de Pontevedra ou Santiago, a situarse como a segunda área sanitaria con máis positivos, por diante de Vigo e moi preto da Coruña. O aumento coincidiu co incremento da realización de probas nas residencias de maiores. Cómpre ter en conta que Ourense é a provincia máis envellecida de Galicia. En Ourense a proporción de poboación maior de 65 anos supera o 31% e triplica á de menores de 20. En Lugo a porcentaxe é do 29%, na Coruña é do 24,57% e en Pontevedra do 22,5%.A incidencia do coronavirus en Ourense é de 378 casos por 100.000 habitantes, mentres que A Coruña e Santiago roldan os 220 casos e o resto de Galicia está por debaixo dos 200 casosA área sanitaria de Ourense abrangue unha poboación de 305 mil persoas, semellante á de Lugo (319 mil) e Pontevedra (293 mil), e moi inferior á de Vigo (575 mil), A Coruña (551 mil) e Compostela (447 mil). Porén, o seu número de casos de coronavirus sitúase á beira e mesmo por riba destas zonas máis poboadas.Isto fai que a incidencia da enfermidade sexa en Ourense moi superior ao do resto de áreas do país. A incidencia do coronavirus en Ourense é de 378 casos por 100.000 habitantes, mentres que A Coruña e Santiago roldan os 220 casos e o resto de Galicia está por debaixo dos 200 casos. A incidencia ourensá mesmo duplica á de varias zonas de Galicia, como Pontevedra, Ferrol, Lugo ou Vigo. |
NOS_1699 | Informamos do minuto a minuto da comparecencia do presidente da Xunta no Parlamento para responder as preguntas da oposición. | Minuto a minuto da comparecencia de Feijóo na sesión de control. 10.41 Núñez Feijóo (quenda de réplica) "As mareas o que producen en Galiza é a morte dos mariñeiros, son as únicas que nos preocupan". O presidente da Xunta fala de que van incrementar axudas e fondos para inclusión social e anuncia que mañá o Consello vai aprobar un plan estratéxico de inclusión social, dotado con "máis do duplo" de orzamento que os anteriores: "Imos dotalo de 500 millóns de euros". "A nós vótannos con V non con B" comeza a quenda de réplica de Feijóo que acusa a AGE de desprezar o pobo galego. E insiste en que a taxa de pobreza en galiza "é inferior á de España, e é así desde que chegamos ao goberno". 10:38 Yolanda Díaz Yolanda Díaz cita a Rousseau e di que das dúas formas de gobernar que fala o filósofo, o medo e a esperanza, o goberno de Feijóo opta polo medo. "Eu non perdo a esperanza de botalo", engade a vice-portavoz de AGE. "Manipulando é vostede bastante groseiro, señor Feijóo" retrúcalle Díaz ao presidente da Xunta. E di que os dados falan de 100.000 persoas en situación de pobreza enerxética. 10:35 Núñez Feijóo Dille a Díaz que nos informes que ela cita tamén se sinala que Galiza é quen ten o nivel máis baixo de risco de pobreza e exclusión social. "Por que trata de nos enganar a todos?" Centra parte da súa intervención en sinalar que en Andalucía están peor que en Galiza. 10:31 Yolanda Díaz (AGE) Yolanda Díaz pregunta que vai facer a Xunta perante esta realidade. Lembra que Feijóo prometera que ía presentar un plan integral contra a pobreza antes de que acabase 2014: "Vai presentalo nestes 15 días?". Pregunta a Feijóo se un traballador no desemprego que reciba 600 euros mensuais "é pobre ou non". Unha cuestión a partir da cal enumera informes e estudos que apontan a que en Galiza hai un 18% de persoas pobres. "Son 500.000 persoas pobres, señor presidente". 10:26 Níñez Feijóo Enumera unha serie de medidas para beneficiar ás empresas en relación á enerxía. "Alcoa debe poxar na subasta eléctrica". E pregunta ao BNG se agora defenden multinacionais. Di que a subasta beneficiou a empresas con presenza en Galiza como Ferroatlántica e que tamén pode beneficiar a Alcoa. Pregunta a Jorquea se está a prol da enerxía nuclear. "Vostedes queren confundir, con 17 sistemas eléctricos diferentes", sinala o presidente na quenda de réplica a Francisco Jorquera. 10:24 Francisco Jorquera O portavoz do BNG lembra o compromiso do Estado para abaratar a enerxía a empresas de Euskadi, mentres que non move ficha para Galiza. "Vostede é un excelente xefe de oposición ao goberno Zapatero, mais como presidente da Xunta de Galiza, non" afirma Francisco Jorquera, que convida a Feijóo a que, cando remate a comparecencia, manteña unha xuntanza con representantes do comité de Alcoa, alí presentes. 10:21 Núñez Feijóo Feijóo dille a Jorquera "non fai falla que me fale de Alcoa", asegurando que leva traballando desde 2012 "neste tema" e afirma que foi a propia Alcoa pediu a subasta e dille: "De alcoa sabemos bastante máis que vostede". O presidente responsabiliza da situación os gobernos socialistas por mala planificación, con medidas que levaron a incrementos da tarifa eléctrica "sen precedentes". Di que o PSOE "deixou unha débeda coas eléctricas de máis de 26.000 millóns". 10:17 Francisco Jorquera (portavoz BNG) O portavoz de BNG fala dos empregos que se poden perder en Megasa e Alcoa e pregunta a Feijóo se vai facer algo para acabar "co expolio enerxético de Galiza". Máis de 6.000 millóns de euros de beneficios netos das eléctricas, mentres a probreza afecta a milleiros de fogares, sinala Jorquera, que afirma que cada ano morren en Galiza 800 persoas por "doenzas ou accidentes" relacionados co frío "Como valora a situación enerxética de Galiza? O 40% da electricidade que se produce aquí emigra a outros mercados" pregunta o portavoz do BNG. 10:14 Núñez Feijóo Réplica na que critica as políticas dos gobernos socialistas a respecto dos temas albo do debate 10:11 Méndez Romeu O portavoz do PSdeG critica as xestións da Xunta neses campos. 10:07 Núñez Feijóo (presidente da Xunta) Feijóo defende a xestión da Xunta en campos como o demográfico, o naval ou o da industria de automoción. O presidente da Xunta retruca a Méndez Romeu: "Non sei que me pregunta" 10:00 Méndez Romeu (portavoz do PSdeG) Méndez Romeu repasa as "malas novas" desta semana, citando a queda demográfica, a crise do Naval ou as ameazas de peches de empresas. "Por certo, que facía nesas conversas con Pemex o seu particular Pequeno Nicolás, 'O conseguidor'?" inquire ao mencionar que os contratos coa petroleira non implicaron tantos empregos como anunciaba a Xunta. O portavoz socialista comeza a intervención solidarizándose coas familias dos bateeiros desaparecidos, algo que fixeron todos os portavoces dos grupos parlamentares. Xa na intervención, Méndez Romeu afirma que o presidente da Xunta "está cercado por escándalos de financiamento ilegal" do PP de Galiza. Pregunta a Feijóo se é consciente da gravidade desa situación. |
NOS_9563 | O portavoz de ERC no Congreso das Deputadas, Gabriel Rufián, visitou Galiza esta fin de semana. O sábado estivo en Lugo, presentando o seu libro: 'El 15M facha. Ideas para un futuro en disputa' e o domingo en Santiago, nun coloquio coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. En conversa con Nós Diario, o político catalán reivindicou o carácter democrático do 1 de outubro e un tempo novo para retomar a vía política "no canto de falar de xuíces e policía". | A manifestación deste domingo en Colón logrará meter presión ao PSOE e retrasar os indultos? Creo que a situación cambiou moito con respecto a hai uns anos. O PSOE naquel momento acovardouse fronte á ultradereita que se manifestaba en Colón. Eu creo que hoxe mudaron cousas, Ciudadanos non existe, o PP acudiu cun perfil baixo e, ao final, deveu nunha especie de manifestación fascista pura e dura de Vox, unha sorte de narcosala na que se reparte metadona da mala ao fascismo. Nesa praza, non porque queira senón porque está obrigado, o PSOE vai aguantar os seus actuais posicionamentos. Por que o aval de Junqueras aos indultos? Nego a maior. Junqueras escribiu nunha carta o mesmo que ERC leva dicindo os últimos anos, case o independentismo na súa globalidade. Nós presentámonos ás eleccións xerais cunha proposta de amnistía que nos fixo gañar. Parécenos que é a mellor opción, limpar o taboleiro. Mais, como tamén dixemos moitas veces, non nos imos opoñer a calquera iniciativa política. Esa é a boa noticia, a política, que é o político o que está por paliar a dor da xente que temos no cárcere. Nunca imos mercar o relato de que o 1 de outubro foi un golpe de estado, foi un acto democrático Cre que, tal como sinalan desde os sectores independentistas, o aval aos indultos pode favorecer o relato de que o conflito catalán estase resolvendo grazas á actuación do Goberno español? Creo que hai burbullas nas redes ou nalgúns medios dixitais que son minoritarias. Ao final, se realmente os nosos compañeiros e compañeiras saen do cárcere non será a fin de nada, será o inicio dunha vía diferente na que pode imperar a política. Hai moita xente en Catalunya, alcaldes de pequenas poboacións, que están acusados por abrir o colexio electoral aquel día, o 1 de outubro, e tamén hai xente no exilio. Como dicía, é o inicio de moitas cousas, pero non é a fin da nada, así que nós seguiremos. O que si é certo e creo, é que todo o mundo entende que o cambio de discurso do PSOE ou do Goberno é unha aposta por unha forma de facer moi determinada, neste caso, de ERC. A carta de Junqueras, na que aposta por un referendo pactado co Estado para lograr a independencia, na que di que non ve desexábel a vía unilateral, resta lexitimidade ao referendo do 1 de outubro de 2017? Non. Hai un exemplo ao que recorreu moito parte do españolismo independentemente da súa ideoloxía, de esquerdas ou dereitas, que ven a dicir algo así como: "Saltastes un semáforo". E claro, cando saltas un semáforo tes que asumir as consecuencias. Ante isto, eu sempre digo: "Imaxina que levas corenta anos esperando a que o semáforo se poña en verde", chega un momento en que o saltas. Eu creo que o 1 de outubro foi a semente dunha morea de cousas. Estou moi orgulloso de que a xente fose votar, que defendese as urnas. Nunca imos mercar o relato de que aquilo foi un golpe de estado ou que foi un desafío a nada, pois foi un acto democrático. Non se pode proclamar unha república contra 50% da poboación, mais tampouco se pode impor unha autonomía contra 50% da poboación Lembro aquela noite. Moita xente non tiña pensado votar e outra ía votar que non, e defendeu as urnas, os colexios electorais, porque estaba convencida de que era un acto democrático. Con todo, cando tes a policía pegando nos colexios electorais e a metade dun Goberno, sexa do teu gusto ou non, no cárcere polas súas ideas, a equiparación é inútil. Ante isto, creo que convén reivindicar o 1 de outubro, mais tamén convén reivindicar a realidade, facerse cargo dela. Finalmente, non se pode proclamar unha república contra 50% da poboación, mais tampouco se pode impor unha autonomía contra 50% da poboación, así que estamos na obriga de falar, de facer política. A mesa de diálogo Generalitat-Goberno español, un compromiso asinado polo PSOE con ERC na investidura de Sánchez, esfumouse durante o estado de alarma e o cese de Quim Torra. Semella que agora se reunirá nos vindeiros días. Que resultado espera dela? É unha mesa coa que ERC puxo os seus votos -13- e a súa forza parlamentaria ao servizo do país, de Catalunya, da resolución do conflito. Nese espazo, que é consenso xeral da poboación de Catalunya, hai dous Gobernos e catro partidos, cada un deles cos seus tempos, debates internos, filias e fobias. A boa nova é que, tras a pandemia, cada un deles vaise volver reunir após a conformación do Goberno en Catalunya. O que agardamos é falar, non hai máis. Creo que se abre un tempo no que deixaremos de falar de xuíces e de policía para falar de política. Creo que os indultos son un acto político, pois ó final é unha resolución do Consello de Ministros, non unha sentenza, e iso é bo. Nós imos seguir niso, facendo pedagoxía, posto que hai moita xente neste país que entende que isto se soluciona falando e non pegando. Hai unha crise económica nada dunha crise sanitaria moi grande e non hai que repetir os mesmos erros do ano 2008 O último CEO catalán daba a ERC unha notábel mellora se houbese unha repetición electoral, despois de que Junts dificultase a investidura de Aragonés durante meses. Terá ERC dificultades para aplicar unha axenda de esquerdas desde o Goberno ó compartilo con Junts? Teño un amigo que me ten prohibido falar de enquisas, un tal Oriol Junqueras, e enfádase moito. Máis aló da broma, nós cremos que todo o mundo é moi consciente da situación actual, terríbel. Hai unha crise económica nada dunha crise sanitaria moi grande e non hai que repetir os mesmos erros do ano 2008. O Goberno ten que xestionar ese día a día. E niso estamos. Que queira vender maxia que abra unha liña de tarot na tele, mais nós non somos deses. Cre que a totalidade da poboación é realmente consciente desta realidade? Creo que si. Hai algo que non reivindicamos moito por parte da esquerda, que é o feito de que non se repitan as solucións de 2008. A miña xeración sufriu moito a crise da estafa daquel ano e creo que agora non se repetiu. Precariedade, exclusión, deixar á xente atrás. A socialdemocracia da esquerda europea é moi consciente de que, de se repetiren os mesmos erros, Abascal e compañía gobernarán e imperarán. O galego, como o catalán, está recoñecido como lingua oficial e, con todo, neste país hai unha dereita que vive en contra da súa propia cultura Na Galiza temos o caso de Feixoo, un presidente que vai en contra da nosa cultura, da nosa lingua e mesmo dos nosos dereitos e faino abertamente gañando as eleccións unha e outra vez. Que hai de lóxico en todo isto? É un fracaso da esquerda e tamén un fracaso ou unha particularidade da dereita neste país. Na sacrosanta Constitución Española está recoñecido o catalán, igual que o galego, como unha lingua oficial e, con todo, neste país hai unha dereita que vive en contra da súa propia cultura. Ante isto habería que reflexionar: por que alguén dun barrio obreiro vota a Feixoo pensando que é dos seus? Por que unha gacela escoita a un león e lle soa ben? Cal considera que é motivo do triunfo da dereita sobre a esquerda na actualidade? Hai unha zapatista moi interesante que ven a dicir que a dereita é como un avión que voa rápido, no que a xente vai cómoda, un avión que pasa polo ceo e non deixa marca. A xente colle avións cada día. En cambio, a esquerda é como unha ferramenta de labrar a terra, difícil de levar, individual, sobre a que hai que investir moito esforzo, mais o seu suco é perecedoiro. É un pouco isto. A xente de esquerdas temos unha compoñente de sufrimento e autoanálise moito maior e precisamos esperanza, un liderado, senón non imos. En cambio, a dereita sempre vai. Por que a mocidade orienta a súa ideoloxía cada vez máis cara a dereita? Está de moda ser facha e isto é un fracaso moi grande porque a mocidade, se non é de esquerdas, non é. Hai uns oito anos, entre a xente moza estaba de moda ser independentista, mais agora está de moda ser facha e isto é un problema. Os medios de comunicación fan moitoneste sentido, e non é por ser pesado, porque sei que tamén hai un xornalismo moi decente e crítico, pero o mass media é moi complicado de contrarrestar e explica moitas cousas. Está de moda ser facha e este é un fracaso moi grande porque a mocidade, se non é de esquerdas, non é Como se atopa na Galiza? Cal é a súa relación co BNG? Temos unha relación histórica que vén xa desde Joan Tardà, unha relación de irmandade. No caso de Ana, compartimos xeración e compartimos causa. Eu coñecina en Madrid, na gravación dun programa, e a verdade é que me cativou. Xunto coa esquerda abertzale soberanista vasca, a xente que está aquí facendo política na Galiza e nós, creo que podemos conformar un horizonte de cambio que logre que moita xente, que non sexa independentista ou soberanista mais teña unha sensibilidade progresista, poida achegarse a nós. Ana Pontón e mais eu podemos aglutinar ese espazo. Esta fin de semana estivemos en Lugo e en Santiago facendo coloquios e marchamos encantados da vida. Volveremos! |
NOS_45372 | O evento comezará ás 19 horas deste sábado e poderá seguirse a través da plataforma Zoom. | O grupo de teatro experimental Oístes? Teatro, con base en Compostela, estrea este sábado ás 19 horas unha obra interactiva, 'Inverno', que durará 24 horas. O evento poderá seguirse a través da plataforma Zoom e ficará en liña de modo continuado até o seu remate. 'Inverno', segundo a compañía teatral, "recrea unha festa invernal típica, chea de comida, danza, xogos, narración oral e máis, nun estilo hiperrealista inspirado pola cultura de retransmisións en directo nas redes sociais". O obxectivo desta peza teatral é "crear unha experiencia única e íntima para o seu público". "Este inverno está a ser difícil para todo o mundo, así que queriamos crear un ambiente festivo e acolledor onde a xente podía sentirse coma na casa e conectar con outras persoas, mentres exploraban outro estilo de teatro en liña", di Tyler McKechnie, director e fundador deste grupo teatral plurilingüe. A compañía xa montou seis pezas orixinais en galego e outros idiomas desde a súa creación en 2018. Para acceder é preciso inscribirse previamente premendo nesta ligazón. As entradas son de balde, mais as organizadoras apuntan que "o público terá a oportunidade de colaborar economicamente coa compañía ao longo da peza". |
PRAZA_3417 | Galicia acolle a segunda edición dun evento iniciado hai un ano en Cádiz co apoio de Google | Galicia acolle a segunda edición dun evento iniciado hai un ano en Cádiz co apoio de GoogleO Congreso de Xornalismo Local Primeira Liña, evento que comezou a celebrarse hai un ano en Cádiz e cuxa segunda edición chega a Galicia os días 26 e 27 de marzo, contará coa participación de Praza.gal. As peticións de transparencia como ferramenta xornalística será a mesa na que David Reinero, xornalista deste diario invitado pola organización, exporá as súas experiencias na materia xunto coa redactora de El País Elena Sevillano, a responsable de reclamacións do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno Esperanza Zambrano e a xornalista Katherine Pennacchio, da Asociación de Periodistas de Investigación (API), baixo a moderación de Antonio Salvador, membro da xunta directiva da mesma asociación.O congreso, organizado pola API e nesta segunda edición tamén por La Voz de Galicia, que o acolle nas instalacións da Fundación Santiago Rey-Fernández Latorre, en Sabón (Arteixo) conta co apoio de Google News Initiative. Tecnoloxía, investigación, modelos de negocio, transparencia ou seguridade son algunhas das áreas temáticas dos diferentes relatorios.No referente ás peticións de transparencia, Praza.gal vén empregando esa ferramenta ante o Goberno central ou a Xunta para achegar aos seus lectores e lectoras diversas exclusivas como os numerosos danos a ríos causados polas obras do AVE saldados con multas de reducido importe, os efectos dos drons do aeródromo de Rozas sobre unha ave en perigo de extinción, os voos a Galicia en avión oficial dos ministros José Blanco e Ana Pastor ou mesmo as deficiencias do sistema de transparencia ao non ser quen a Xunta de dicir se emprega tarxetas black. |
NOS_42438 | Unha vintena de entidades e colectivos impulsan unha campaña de información e mobilización contra un proxecto "opaco" e que, sosteñen, fai saltar polos aires garantías e mecanismos de control para deixar a porta franca á cobiza de grandes empresas. | O Parlamento de Galiza aprobou, cos únicos votos a favor do PP, a toma en consideración da lei de fomento de iniciativas empresariais, unha norma que acendeu os sinais de alerta non só na oposición, senón tamén en colectivos e organizacións sociais e ambientalistas. Todos coinciden na preocupación perante un proxecto de lei que, aseguran, fai saltar polos aires garantías e mecanismos de control para deixar a porta franca á cobiza de grandes empresas. Para dar resposta a unha lei que, como denunciou Adega, "dá patente de corso a mineiras e eléctricas para asaltaren o territorio galego", entidades e colectivos galegos veñen de presentar unha campaña informativa e de mobilizacións. Entre outras accións anunciaron a convocatoria dunha concentración diante do Parlamento de Galiza o día 6 de outubro e outra tamén en Compostela o día 22. Denuncian desde a súa tramitación "pola porta de atrás", ao recorrer á vía de urxencia, até a súa natureza, xa que se aproveita para introducir profundas modificacións lexislativas en normas como a Lei de Minaría, a Lei Eólica, a Lei de Patrimonio, a Lei de Montes e mesmo a Lei de Cooperativas, entre outras. "Graves consecuencias" Aliás, alertan das graves consecuencias que terá a súa aplicación polo seu contido xa que baixo o pretexto de reducir o que se consideran "trabas" administrativas, o que se fai é "reducir até a mínima expresións as xa cativas limitacións existentes para protexer o noso medio ambiente, patrimonio ou os intereses sociais". Os colectivos e organizacións sociais denuncian tamén a opacidade que rodea esta norma que permite que haxa proxectos exentos da obrigatoriedade de información pública. Apuntan ademais que as empresas serán quen determinen o que é segredo industrial nas súas explotacións e que se reduce o tempo para mirar os expedientes. Isto ademais de evitar o control dos concellos e reducir a súa capacidade de decisión sobre aqueles proxectos que Industria determine como de interese estratéxico. "De ter existido anteriormente unha lei como esta, non tería sido posíbel frear atentados ambientais como o proxecto de mina de Corcoesto, a extracción de feldespatos da Limia ou mesmo impedir a Lei de Acuicultura". Advirten desde a plataforma ContraMINAcción. A campaña e as mobilizacións desenvolveranse baixo o lema "#LeiDepredaciónGaliza porque entende que pon ao noso país á altura de "Ghana" ou de "Marrocos" ofrecendo o noso territorio para implantar todo tipo de iniciativas empresariais sen ter en conta os custos derivados, quer no noso medio ambiente, no noso patrimonio ou sociais. Unha lei que implanta un modelo industrial de tipo colonial e que esquece sequera favorecer, tal e como explicou a representante da CIG, Susana Méndez, que se rematen en Galiza os ciclos produtivos ou apoiar o noso propio tecido industrial. Colectivos: A Ría non se Vende, Adega, CS A Revolta, CS Faísca, CIG, Comisión contra as Minas na Terra Chá, Comunidade de Montes de Cabral, contraMINAcción, Galiza Contrainfo, Galiza Non Se Vende, Gentalha do Pichel, Luita Verde, Organización Galega de Comunidades de Montes, Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Sindicato Labrego Galego, Terra Chá Sostible, Verdegaia e Véspera de Nada. |
NOS_6167 | O semanario de 32 páxinas que se publica este sábado, ás portas do 8M, acompañando Nós Diario debrúzase sobre a precariedade que sofren as traballadoras galega, afonda naquelas desigualdades menos visíbeis e entrevistamos Sés. | O semanario Sermos Galiza chega aos quiosques este sábado co Nós Diario. Xuntos suman 64 páxinas de xornalismo en galego, 32 do xornal e 32 do suplemento que todos os sábados acompaña o diario. 'Prender a luz': Coas imaxes das rúas de Verín asulagadas polo movemento galego aínda frescas e dúas convocatorias previas do 8-M cruciais en termos de participación e de impacto social, mulleres de colectivos historicamente relegados reclaman ensanchar o foco do feminismo para sacar da marxinalidade as vulnerabilidades das que son menos visíbeis. Porque o que non se ve non existe, botan luz sobre as súas desigualdades para poder facerlles fronte de forma colectiva. Desde converterse en grupo revelación de AcoruñaSon en 2007 con 'Chámalle Xis!', María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés, mostra unha carreira que non é fortuíta, senón froito do traballo duro e constante. Acaba de volver da súa primeira xira por Latinoamérica, directamente para presentar o seu sétimo álbum. Liberar as arterias chega así amadriñado polos versos da poeta e activista Luz Fandiño, cunha mensaxe que se rebela contra a escravitude do odio. Após esgotar billetes en Barcelona, esta sexta feira encheu en Vigo, primeira das moitas datas xa programadas que a levará desde os escenarios máis cativos de Narón, Guitiriz ou Meis, até palcos estatais en Bilbo, Donosti, Málaga ou Madrid. "Son as nenas de agora as que están comezando a destruír a gran mentira xenocida da humanidade que é o xénero. deberiamos darlles as grazas por comezar algo que non soubemos pór en marcha", afirma. 'Precariedade, sinal distintivo das traballadoras galegas'. A todas luces, a situación da muller no mundo laboral reflicte unha desigualdade que non é allea ás estatísticas. Os últimos datos da Axencia Tributaria e da Mostra Continua de Vidas Laborais da Seguridade Social traducen de maneira cuantitativa a fenda salarial e das pensións, así como a discriminación que enfrontan as galegas con máis xornadas parciais, maior incidencia da temporalidade, salarios máis baixos... Debullamos a precariedade, sinal característico das traballadoras da Galiza. De Santa Mariña a Camelle Unha camiñada pola cerna da Costa da Morte. É o que nos propón o Colectivo Xea. "Día claro, mar de fondo, grandes ondas que escachan desde lonxe, vento lixeiro en contra que ergue e despeitea as cristas... E camiño por diante para horas". Un camino comeza no porto de Santa Mariña, ao abrigo do cabo Veo e a punta do Capelo; un punto no que contrastan as augas calmas do peirao e o bater das ondas nas rochas vermellas, puídas e húmidas que brillan ao sol do inverno. Mario Regueira e Susana Sánches Aríns fálannos de libros, de propostas literarias de diferente ámbito e mesmo diferente público. Belem Tajes fálanos de música, de novos traballos que pasean polo pop, de folk, de clásica. No apartado de Cinema Andrés Castro debulla 'Cuestión de xustiza' e tamén nos fala dunha serie de filmes que considera de interese. |
NOS_34472 | En Portugal @s parlamentares poden consultar algúns textos sob vixianza da embaixada estadounidense. En Bruxelas con cita previa. Non Estado español non existe a posibilidade de os consultar. | É ben coñecido o segredismo co que se está a negociar o Tratado de Libre Comercio entre os EUA e a UE. Nun intento por calmar as críticas, a Comisión europea disponibilizou para consulta no Parlamento europeo, 70 dos documentos das conversas que manteñen representantes de ambas marxes do Atlántico. Uns textos aos que só poden acceder @s europarlamentares que asuman submeterse a unha estricta confidencialidade. "Unha pantomima", segundo denunciou a eurodeputada de AGEe, Lidia Senra. O procedemento administrativo para acceder á sala de lectura iníciase após solicitar cita previa e especificar cales son os documentos concretos que se consultarán. As autoridades comunitarias só permiten 2 horas de visita á reading room e as persoas que accedan --acompañadas por persoal da Eurocámara-- deben asinar diversos compromisos de confidencialidade especificados nun informe de 15 páxinas que lles é remitido previamente. A Unión Europea cataloga como "información confidencial" os documentos referidos ao TTIP e o TiSA polo que a súa consulta está suxeita á Decisión adoptada pola Mesa da Eurocámara o 15 de abril de 2003, na que se debullan os detalles deste tipo de documentos e as limitacións no seu acceso, consulta, almacenamento e difusión. "Non se pode entrar con teléfono" nen "folios" senón que estes serán proporcionados, xunto co bolígrafo, polas autoridades comunitarias, explica Senra Após submeterse á obriga de confidencialidade accédese a unha sala de lectura "pequena" con "dous flexos, unha mesa, dúas cadeiras" e "tres caixas fortes", explicou Lidia Senra logo da súa visita o 23 de xuño. "Non se pode entrar con teléfono" nen "folios" senón que estes serán proporcionados, xunto co bolígrafo, polas autoridades comunitarias. As follas están seladas con "marcas de auga" e levan o "nome da eurodeputada". Antes de abandonar a sala, onde só se pode permanecer durante un par de horas, "asínase a listaxe exacta de documentos consultados". Os documentos só poden ser consultados en inglés o que constitúa, denuncian desde AGEe unha "eiva democrática" e unha "barreira lingüística". Baixo a ollada dos EUA Pola súa banda, @s parlamentares da Assembleia da República de Portugal tamén poden consultar parte dos documentos asociados ás negociacións do TTIP. As deputadas e deputados da Cámara lexislativa recibiron un comunicado remitido pola embaixada dos EUA informando da posibilidade de accederen a unha sala de leitura disponibilizada na propia embaixada. "Os visitantes comprométense a non discutir o contido dos textos con persoas non autorizadas a velos" A este espazo, de novo, poderán acceder previa sinatura dun acordo de confidencialidade e de lles seren retirados os "telemóbeis, computadores ou aparellos de gravación de son e imaxe", segundo informa o xornal dixital Esquerda.net. "Os visitantes comprométense a non discutir o contido dos textos con persoas non autorizadas a velos", subliñan. Aliás, "estalles permitido traer unha caneta ou un lápis para a sala" mais, "os textos non poden ser transcritos e os visitantes apenas deben tomar notas". Neste senso, deberán estar vixiad@s "en todo momento" por parte de persoal da embaixada estadounidense. Fontes consultadas, sinalan que no Estado español non existe a posibilidade de acceder a esta documentación, tampouco @s parlamentares. |
NOS_27360 | O decisivo gol de Iago Aspas perante Marrocos non foi o primeiro que un xogador galego mete nunha Copa do Mundo de fútbol. Hai que botar a vista atrás, a hai 52 ou 88 anos, que até niso hai debate, para seguir os rastros do primeiro tanto con selo galego. | O veto a que a selección galega poida competir oficialmente impide que 'A Irmandiña' teña a posibilidade de estar presente en copas de Europa ou do Mundo de fútbol, algo que si poden facer seleccións doutros países que, embora non ter estado, posúen combinado nacional desde case a propia orixe deste deporte. O que si hai nos mundiais son xogadores galegos. Neste, Rusia 2018, hai dous: Lucas Vázquez (Real Madrid) e Iago Aspas (Celta de Vigo), ambos os dous coa selección española. O gol que o de Moaña marcou contra Marrocos esta segunda feira en tempo de desconto e que axudou a esa selección a pasar á seguinte fase como primeira do seu grupo non é o primeiro tanto que marca un galego nun mundial. É, iso si, o primeiro validado co xa famoso VAR. Houbo, logo, goles de galegos nos mundiais? Houbo. Non moitos, certo, e non sempre para a mesma selección. Mais hóuboos. O primeiro gol galego na historia dos mundiais vén con polémica incluída. Leva a sinatura de Pedro Cea e marcouno coa selección uruguaia. Cea era galego de cerna, o que está en discusión é se era de berce. Unha parte dos investigadores e fontes sinalan Redondela como o seu lugar de nacemento. Mais outros, e ben documentados, apontan Arroyo Seco, na actualidade un barrio de Montevideo, como o lugar onde Cea veu a luz, se ben recoñecen que con 'ascendencia' galega. Ninguén quere renunciar a un dos mellores xogadores da historia en Latinoamérica: 43º mellor futbolista sudamericano do séxulo XX segundo a Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol Pedro Cea gañou coa selección uruguaia 2 Olimpiadas e 1 copa do mundo, a de 1930, competición onde marcou 5 goles. Un deles na final contra Arxentina, un tanto decisivo para emproar a remontada 'charrúa' fronte a Arxentina e meter no peto a vitoria que deu a Uruguai o seu primeiro mundial. Nesa selección militaba Lorenzo Fernández, 'Gallego Fernández', outro xogador en torno ao cal tamén hai debate sobre se naceu en Galiza (tamén en Redondela) ou en Montevideo. Inglaterra 1966 Para atoparmos outro gol galego nun mundial hai que dar un salto a 1966, á Copa do Mundo de Inglaterra. Levou o selo de Amancio Amaro, que anotou o tanto da vitoria para a selección española perante Suíza (2-1). Naquel combinado había 5 xogadores galegos, unha cifra que non se volveu acadar: ademais de Amancio estaban Luis Suárez, Armando Ufarte, Severino Reija e Marcelino. A concentración para preparar aquel Mundial realizouse en Santiago de Compostela, elixida para a ocasión pola súa pluviosidade, para adaptarse así mellor ao clima das Illas Británicas. As crónicas din que non parou de chover na capital galega mentres a selección española preparaba o Mundial. Cando 'La furia'' (daquela os medios franquistas chamábanlle así) desembarcou en Inglaterra para disputar a Copa do Mundo atopou temperaturas de 30 graos. Rusia! Un dos galegos nesa selección española era Marcelino. O de Ares xogou no Racing de Ferrol e no Zaragoza. Foi quen marcou o definitivo gol que deu a vitoria a España na final da Europcopa 64 desputada contra a Unión Soviética (2-1). Un gol do que o franquismo non cansou de presumir por ser ante o seu 'demo negro: Rusia. E contra a anfitrioa Rusia enfrontarase este domingo, 31 de xullo, a selección española. Mundial de Italia O primeiro futbolista galego en xogar un Mundial coa selección española foi González Valiño 'Chacho', en 1934: o Mundial de Italia. González Valiño xogou no Deportivo da Coruña e no Atlético de Madrid. A primeira competición oficial da selección española foi en 1920, nos Xogos Olímpicos de Amberes. Naquela equipa había dous galegos: Luís Otero e Moncho Gil, os dous do Sporting de Vigo. Otero militaría despois en clubs como o Celta e o Dépor; mentres que Gil circunscribiu a súa traxectoria ao Celta. Nota: Correxiuse por errónea a sede que nun primeiro momento se citaba para os Xogos Olímpicos, Amsterdam, para poñer a correcta: Amberes. Grazas ao comentario dun lecto que nos advertiu do erro. Imaxes interiores: Amancio Amaro (wp) e Iago Aspas (RFEF). |
NOS_52011 | "Non se pode loitar contra a casta se hai casta dentro". Así de contundente respondeu Xosé Manuel Beiras aos medios en relación aos parlamentares de En Marea que renegan do partido instrumental. O veterano político aproveitou a súa asistencia ao plenario da formación para amosar o seu apoio a Luís Villares. | Na súa chegada á Facultade de Económicas, onde está a ter lugar o plenario en que En Marea define o seu papel de cara ás eleccións municipais de 2019, Xosé Manuel Beiras criticou, con dureza, as e os parlamentares que malia se presentaren por esta formación política renegan dela. En declaracións aos medios e na compaña de Luís Villares, Beiras asegurou que "calquera que diga que non é de En Marea sendo deputado por En Marea está a estafar os cidadáns que o elixiron". "Non se pode loitar contra a casta se hai casta dentro", engadiu a respecto de quen marca distancias coa organización. Beiras, que afirmou que sempre foi contrario a medidas disciplinarias, puxo de manifesto que "haberá que tomar medidas" ante un feito "absolutamente inaceptábel". O membro de Anova reclamou nestes termos á "representación" de En Marea en Madrid que manteña "unha disciplina de absoluto respecto ao proxecto, porque non tela nestas circunstancias é unha deslealdade cos cidadáns que os elixiron". Villares, pola súa parte, quitoulle importancia ás destacadas ausencias no plenario deste sábado en Compostela, a onde non asistiron os alcaldes da Coruña, Xulio Ferreiro; de Santiago, Martiño Noriega, nin de Ferrol, Jorge Suárez. O portavoz do partido afirmou que "cadaquén ten as súas prioridades. Todos os votos e todas as voces valen o mesmo para decidir o discurso político". O parlamentar sinalou, en alusión aos tres alcaldes, que "os impulsores o que dixeron no seu día era que daban un empurrón ao proxecto e o proxecto voaría. O que está facendo hoxe En Marea é voar". Rumo cara a 2019 No plenario que se desenvolve en Compostela, En Marea está a definir o seu papel nas municipais de 2019. Nun comunicado de imprensa, a formación dá conta da aprobación do documento de organización de cara á organización das mareas sectoriais, que serán os órganos de traballo do partido. Ana Seijas, vicevoceira de Organización, salientou que o plenario transcorreu con normalidade e cun nivel alto de acordo, mentres que Victoria Esteban afirmou que a constitución das mareas sectoriais fará posíbel "coordinar a acción de En Marea en sectores especializados". Na xornada da mañá tivo lugar un receso para que as persoas participantes puidesen sumarse á concentración convocada na Praza de Cervantes polo colectivo de pensionistas. |
NOS_35519 | Rajoy fixo de Rajoy e Rubalcaba, de Rubalcaba. Rajoy ten tan perfeccionado o seu personaxe que foi quen de saír do debate co líder do PSOE sen citar nen unha soa vez a palabra Bárcenas. Rubalcaba voltou a pedir a Rajoy que dese paso a outro deputado do PP. O bipartidismo parece máis fatigado que nunca. | O debate entre os dous líderes políticos pior valorados da historia do actual rexime español non deparou ningunhas surpresa. Todo tan previsíbel como ambos personaxes, políticos de dilatadísima carreira, xa no declive. Rajoy despexou os golpes de Rubalcaba cunha incursión no pasado do líder do PSOE e mesmo lle reprochou que o criticase por financiamento irregular cando o partido socialista si foi condenado en firme por esa caste de prácticas (caso Filesa) e o PP, non. Aínda non, habería que engadir. Rubalcaba reiterou a súa petición a Rajoy de demisión sen convocatoria de eleccións antecipadas. Ou sexa, que Rubalcaba non quer que se chame ás urnas e tampouco lle ve sentido a formular unha moción de censura. Fontes próximas a el afirman que o líder do PSOE continúa xogando coa hipótese dun goberno de coalición PP-PSOE presidido por un deputado popular distinto a Rajoy, talvez Gallardón. Rajoy foi particularmente ácedo na resposta a Rubalcaba. "Eu non lle pedín [a vosté] a demisión, porque xa lla piden dentro do seu partido". Non houbo alternativas concretas de fundo nen por parte de Rajoy nen por parte de Rubalcaba, alén dunha retórica invocación deste a reformar outravolta a Constitución para lle outorgar á sanidade a mesma protección e consideración que ten neste momento o pagamento da débeda pública. |
NOS_53281 | O caderno de análise de Sermos Galiza -xa disponíbel na nosa loxa- bota luz sobre textos descoñecidos deste nacionalista, que chegou a ser secretario xeral e presidente do Partido Galeguista. | O AFONDO -esta quinta feira 2 de Outubro nos quiosques do país, na súa condición de suplemento do semanario Sermos Galiza- contén oito páxinas, en total, que queren esclarecer a vida e o pensamento deste activo político e xornalista que bebeu tanto das fontes ideolóxicas do marxismo de principios de século como do Partido Galeguista, e do que boa parte da súa obra aínda é descoñecida. O suplemento conta cunha entrevista ao escritor Xosé Neira Vilas, que coincidiu con Suárez Picallo nos anos do exilio en Arxentina, así como con artigos de bos coñecedores da obra, como o historiador Justo Beramendi, e os colaboradores de Sermos Galiza, Xoán Carlos Garrido e Cilia Torna, quen coordena este A Fondo. Cilia Torna descóbrenos os inicios de Suárez Picallo na vida política, como destacado sindicalista en Arxentina, a onde emigrou xa nos seus anos mozos, e militante tanto das Xuventudes Socialistas e do Partido Comunista Arxentino. Repara, así mesmo, no encontro de Suárez Picallo co nacionalismo e a súa incorporación ao Partido Galeguista, na súa volta á terra, así como o seu labor como parlamentario nos anos da II República. Ponte cara á unha nova xeración nacionalista "O historiador Justo Beramendi perfila a Suárez Picallo como pioneiro da esquerda nacionalista" Xoán Carlos Garrido analiza os anos da Guerra Civil e do exilio, as súas relacións cos partidos da esquerda estatal e as súas discrepancias con destacados galeguistas como Castelao, Bóveda e Otero. Justo Beramendi, pola súa banda, perfila a Suárez Picallo como pioneiro da esquerda nacionalista e ponte cara á unha nova xeración nacionalista que será de inspiración maioritariamente marxista. Xosé Neira Vilas dá testemuño do activismo político e cultural de Suárez Picallo no exilio. Fai memoria da súa relación coas Mocidades Galeguistas na Arxentina e co seu papel no Consello de Galiza e no Consello da Emigración. |
NOS_51352 | Negou esta información a Adega. | O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de ratificar a sentenza do Xulgado contencioso-administrativo nº 2 de Lugo polo que se admite a demanda de Adega contra a resolución da Consellaría de Medio Rural que denega á asociación ecoloxista ser parte interesada en dous procedementos sancionadores relativos a plantacións ilegais de eucaliptos no concello de Begonte. Con este fallo, contra o que xa non cabe recurso, Adega informa que "consegue de novo vencer nos tribunais a pretensión da Administración pública de dificultar o acceso á información contida en expedientes administrativos que afectan directa ou indirectamente ao medio ambiente galego". O TSXG desestima o recurso de apelación presentado pola Consellaría de Medio Rural contra o fallo do xulgado contencioso-administrativo de Lugo que admite a demanda de Adega e obriga a Xunta a facilitarlle a esta entidade -nun período improrrogábel dun mes desde que a sentenza sexa firme- a información contida en dous expedientes sancionadores incoados por corta de árbores autóctonas e posterior plantación ilegal con eucaliptos, feitos que foron denunciados por ADega no ano 2017. Este departamento aplica a Adega por defecto o silencio administrativo diante de calquera solicitude expresa de información "O fallo do TSXG é especialmente relevante por canto confirma que Adega está totalmente lexitimada para ostentar a condición de interesada en todos aqueles expedientes sancionadores que teñan a ver con plantacións ilegais e, por extensión, con todos aqueles "feitos que comprometan directa ou indirectamente o medio ambiente", indica o colectivo nun comunicado A opacidade da xefatura territorial da Consellaría de Medio Rural en Lugo con respecto á tramitación das denuncias por cortas de arboredo autóctono e plantacións ilegais con eucalipto, afirma Adega, fíxose especialmente patente desde o nomeamento da alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias Fontal como Xefa Territorial en 2017. "Desde entón, este departamento aplica a Adega por defecto o silencio administrativo diante de calquera solicitude expresa de información ou de personamento en expedientes administrativos relativos a infraccións por cortas ou plantacións ilegais efectuadas na provincia" |
NOS_28250 | Que o lehendakari Urkullu estude realizar as eleccións vascas en xullo fai prever un "desconfinamento" das urnas galegas antes do verán, a teor dos antecedentes, xa que Núñez Feixoo seguiu nas últimas convocatorias o calendario vasco. Con todo, Feixoo evitou pór data e sinalou que a prioridade é a loita contra o virus. | O lehendakari vasco Iñigo Urkullu movía ficha no calendario electoral na maña de onte, citando para a semana os partidos co obxectivo de estudar a realización dos comicios en xullo. Ao igual que na Galiza, os vascos estaban previstos para o 5 de abril e foron suspendidos pola crise do coronavirus. Euskadi non é Galiza, mais é difícil non ouvir os tambores electorais ollando os precedentes. "A decisión que teñamos que tomar non vai ter unha relación directa co que formule o lehendakari", dicía Feixoo o 10 de febreiro, xusto despois de coñecerse o adianto en Euskadi. Ese mesmo día, á tarde, o rumor confirmábase e Feixoo facía coincidir de novo os comicios galegos cos vascos, datándoos para o 5 de abril, mantendo así a dinámica de coincidencia seguida nas tres últimas citas electorais. Feixoo é consciente do decreto que asinou o pasado 18 de marzo polo que se adiaron os comicios. Nel figuran varios requirimentos para que o presidente da Xunta poida voltar a convocar as eleccións: o levantamento do estado de alarma, declarado polo Goberno estatal; o levantamento da situación de emerxencia sanitaria, activada polo Consello da Xunta; e "ouvir" as formacións políticas. Desconfinar as urnas Tal e como se desprende do decreto, as urnas sairán á luz cando Galiza volte á normalidade. Neste sentido o estado de alarma caduca o 9 de maio e, pese a non sabermos se haberá máis prórrogas do mesmo, Pedro Sánchez xa anunciou que en maio haberá unha desescalada progresiva. E precisamente o Goberno galego non perde o tempo en traballar nun horizonte de desconfinamento e de regreso á normalidade, seguindo as pautas marcadas polo comité clínico. De feito, nesta materia non quere verse ralentizado por decisións do Executivo español. Así, mentres que a Xunta non quixo pedir o feche da capital do Estado nin a blindaxe da Galiza na primeira fase da pandemia, tal e como demandaron outras Presidencias como a catalá, de corte soberanista, mais tamén a murciana, do PP, agora Feixoo si quere medidas diferenciadas para iniciar a desescalada na Galiza. Onte Feixoo demandou "ao Goberno estatal autonomía para a Galiza" na toma de medidas na volta á normalidade. De aí que este domingo o presidente galego vaia presentar a Sánchez un plan de desconfinamento con propostas a nivel galego ou que xa demandara antes que o Goberno estatal que as crianzas puidesen saíra á rúa a dar paseos. O decreto sinala que as eleccións se realizarán "no prazo máis breve posíbel" "Seguimos pensando que é imprescindíbel ter un horizonte de volta á nova normalidade", dixo Feixoo onte, pese a que incidiu en que este só será posíbel se a situación sanitaria o permite. E, coa normalidade en marcha, as urnas asoman de novo. Feixoo en campaña O decreto sinala que as eleccións se realizarán "no prazo máis breve posíbel", e isto, atendendo a varios feitos criticados pola oposición desde o incio da emerxencia, indica que canto antes sexan as eleccións, maior vantaxe ten Feixoo. O primeiro dos feitos denunciados nun comunicado conxunto asinado polo PSdeG, En Común, BNG e En Marea ten a ver coa CRTVG. Cualificábase nel de "intolerábel que, mesmo no medio dunha pandemia, o PP siga facendo unha utilización partidista dos medios públicos e utilizando a televisión pública como canle de publicidade e propaganda ao servizo do Executivo de Feixoo e do PP". A oposición criticou, ademais, que se lle opaque cun Parlamento disolto pola convocatoria electoral do 5 de abril, considerando antidemocrático que non se retransmitan os plenos da Deputación Permanente da Cámara. Ademais, o contexto, tal e como critican, é de "anormalidade democrática" xa que, co Parlamento disolto, o presidente non se somete a ningún control. O contexto, di a oposición, é de anormalidade democrática xa que, co Parlamento disolto, o presidente non se somete a ningún control De feito, aínda non compareceu para dar explicacións sobre a crise nas residencias pese a demandarllo toda a oposición. Así mesmo, Feixoo está a responsabilizar dos erros a Pedro Sánchez sobre a xestión sanitaria, o material defectuoso ou a falla de tests, sabedor de que debilitando o Goberno estatal erosiona as perspectivas electorais dun PSdeG e Podemos cuxo cabalo forte está na coalición da Moncloa. "A convocatoria realizarase no prazo máis breve posíbel, ouvidos os partidos políticos", reza o decreto do adiamento electoral. Isto indica que Feixoo non ten por que consensuar a nova data cos partidos. Preguntado onte por Nós Diario, o presidente non falou de consensuar, e limitouse a dicir que "antes de adoptar ningunha decisión" citará os partidos. Non ir "a rebufo" Antón Gómez-Reino (Galicia en Común) afirmou onte que falar agora de eleccións é "irresponsábel" pola situación sanitaria e sinalou que a prioridade é pelexar fronte ao virus. Gonzalo Caballero (PSdeG) situou tamén a prioridade na emerxencia sanitaria. Para Ana Pontón (BNG) "as eleccións só se deben realizar cando existan todas as garantías sanitarias, nin un minuto antes nin un minuto despois". A nacionalista pediu ademais a Feixoo que non vaia "a rebufo de Urkullu" e que a data se decida na Galiza. Na mesma liña que Pontón postulouse En Marea, que pediu ademais que as eleccións sexan cando a xente poida votar con seguridade e liberdade. Feixoo propón unha desescalada galega O presidente da Xunta exporá este domingo ao presidente do Executivo estatal, Pedro Sánchez, un plan de inicio da desescalada na Galiza. As medidas que formulará contemplan permitir unha saída dunha hora diaria á poboación para realizar exercicio, mantendo a distancia social; reactivar obras en edificios, reabrir os mercados agroalimentares ao ar libre, os talleres mecánicos e os concesionarios. Tamén se contempla a volta á actividade nos comercios, limitando o aforo e mesmo con cita previa. Aínda que Feixoo non se posicionou a prol de fechar Madrid ou blindar Galiza na primeira fase da extensión do coronavirus, si defende "autonomía para Galiza" na desescalada. Ademais, entende que esta se pode realizar "por zonas e subzonas do territorio galego" e de forma diferenciada no rural, atendendo a factores como a demografía ou a mobilidade. |
NOS_21261 | Hai unha biografía secuestrada de Pedro Barrié de la Maza que o relaciona co franquismo e a represión das traballadoras e traballadores do Banco Pastor após o trunfo da sublevación militar e fascista de 1936 contra o goberno lexítimo e democrático da República. Nos escritos que envía ao gobernador civil da Coruña, Barrié recoñece a súa participación na depuración dos traballadores, ordenada polo Goberno Civil da Coruña, seguindo instrucións do Goberno de Franco instalado en Burgos e, como en toda a súa vida, maniféstase como servidor do franquismo. | Pedro Barrié de la Maza (1888-1971) era fillo do banqueiro Pedro Barrié y Pastor (1843-1919) e Amalia de la Maza y Agar. Nas orixes da fortuna da familia está o seu bisavó, Juan Francisco Barrié D´Abadie, "de orixe francesa, chegou a ser o principal negreiro do porto da Coruña entre 1816 e 1820. Propietario dunha das fábricas de sombreiros máis importantes da época, organizou un total de trece expedicións, unha cifra moi por riba doutros comerciantes coruñeses". Dedicouse á trata de escravos "atendendo á situación deplorable en que se atopa o noso comercio e tendo a noticia de que algunhas expedicións dirixidas á costa de Guinea a efecto de conducir negros a La Habana produciran decentes resultados", como recollía Isabel Bugallal na súa reportaxe "Próceres y negreros" (La Opinión, 27-1-2013). Franquista, empresario e banqueiro, tivo un papel destacado no financiamento e apoio ao exército de Franco. Crea en 1943 a empresa eléctrica Fuerzas Eléctricas del Noroeste S.A. (FENOSA), resultado da fusión de Fábrica de Gas y Electricidad con Electra Popular Coruñesa; esta última foi expropiada a prezo de saldo despois do asasinato do seu dono, José Miñones, avogado, empresario e deputado republicano, que foi fusilado polo franquismo o 2 de decembro de 1936. Barrié, que era vicepresidente e director xeral, pasaba a presidir o Banco Pastor en 1939, despois do falecemento de Ricardo Rodríguez Pastor, curmán do seu pai. Foi tamén presidente da Xunta de Obras do Porto da Coruña de 1944 a 1971. Tras o levantamento militar de xullo de 1936, os sublevados tardaron moi pouco en tomar medidas para acabar con todo o relacionado coa Fronte Popular Represión "en extremo violenta" Tras o levantamento militar de xullo de 1936, os sublevados tardaron moi pouco en tomar medidas para acabar con todo o relacionado coa Fronte Popular, tanto partidos, sindicatos e asociacións de todo tipo, como funcionarios e traballadores. Esta represión xa foi anunciada polo xeneral Emilio Mola na Instrución Reservada nº 1 de abril/maio de 1936, antes do chamado Alzamento: "Producido el movimiento y declarado el Estado de Guerra... se tendrá en cuenta que la acción ha de ser en extremo violenta para reducir lo antes posible al enemigo, que es fuerte y bien organizado. Desde luego, serán encarcelados todos los directivos de los Partidos Políticos, Sociedades o Sindicatos no afectos al Movimiento, aplicándose castigos ejemplares a dichos individuos para estrangular los movimientos de rebeldía o huelgas". Este era o procedemento da represión, como recolle a documentación do Fondo Goberno Civil, que está no Arquivo do Reino de Galiza da Coruña: primeiramente, o gobernador civil da Coruña enviaba ao director do Banco Pastor o escrito n° 1533 o 3 de agosto de 1937: "Encarezco de Ud. me remita relación del personal de ese banco de su digna dirección, consignándose en ella sus nombres y apellidos y domicilios, y, haciéndola extensiva, tanto al destinado a la Casa Central, como al de sus sucursales establecidas en esta provincia. Dios guarde a Ud. muchos años". Despois o Subdirector do banco contestaba rapidamente ao gobernador civil nun escrito que se iniciaba cun "¡¡¡¡Viva España!!!!", continuaba coa data: "La Coruña 4 de Agosto de 1937 (II Año Triunfal)", e a contestación á petición: "Distinguido Sr. Nuestro: Según interesa V.E. tenemos el honor de adjuntarle relación del personal". A continuación, xa coa relación do persoal do banco no seu poder, o gobernador civil remitía un escrito ao "Sr. Jefe de la Comandancia de la Guardia Civil" o 6 de agosto, "a fin de que se sirva informarme sobre la conducta social y política de cada uno, así como de cuantos antecedentes estime oportunos, debiendo devolverse la relación una vez cumplido el servicio". Ademais, había outros informes como os elaborados pola Xefatura do Servizo de Información Militar (SIM), creado polo goberno de Franco en setembro de 1936 para coordinar toda a información e facilitar a represión. Despois pasou a chamarse Servizo de Información e Policía Militar, financiado con 300 000 pesetas pola Junta Técnica del Estado, que presidía Francisco Gómez-Jordana. En 1940 dispuña de 5.092.748 fichas e 2 962 853 expedientes. El SIM enviaba informes desde Burgos o 31 de agosto de 1937 ao gobernador civil da Coruña sobre Juan García Ares, apoderado do Banco Pastor na Coruña, que o gobernador remitía ao Sr. Xefe da Comandancia da Guarda Civil da Coruña o 10 de setembro: Pertenecía al Frente Popular en el Partido de Izquierda Republicana. Es persona de ideas izquierdistas muy arraigadas, habiendo manifestado en una de las dependencias del Banco, en los primeros meses del Movimiento Nacional, "que él de Alférez para arriba le cortaba a todos la cabeza". El día 22 de Diciembre de 1936, le fueron ofrecidas por el conserje del Banco unas entradas para una función patriótica, contestándole al mismo que "allá los patriotas", no adquiriendo ninguna. Lo cual se traslada a ese Gobierno Civil por si se estima conveniente confirmarlo y proceder en consecuencia. Os cento trece informes da Guarda Civil do persoal da oficina Central reflicten unha alta afiliación ao Sindicato de Traballadores de Banca, da UGT, non só de traballadores de esquerdas, senón tamén de dereitas O Teniente Coronel Primer Jefe de la Comandancia de Coruña remitía ao gobernador civil o 23 de setembro de 1937 os informes da Coruña solicitados "como consecuencia de antecedentes que obran en esta Comandancia y como resultado de averiguaciones hechas". Incluía tamén a cargos directivos do Banco Pastor, subliñando que eran afectos ao Movimiento Nacional e a súa importante contribución económica aos sublevados: Ricardo Rodriguez Pastor. "Director y Presidente del Consejo de administración: De buena conducta pública y privada. No se sabe militase ni perteneciese a partido político alguno. Desde la iniciación del Movimiento, viene mostrándose afecto al mismo y según noticias son importantes las sumas que lleva abonadas, no solamente a nombre del Banco que dirige, sino también de su fortuna personal". Pedro Barrié de la Maza: "Persona de buena conducta pública y privada. No se tiene noticias de que haya estado afiliado a partido político alguno. Es de sentimientos católicos, que practica, y está considerado como uno de los principales capitalistas de la población y se le considera afecto al Glorioso Movimiento Nacional". Os cento trece informes da Guarda Civil do persoal da oficina Central reflicten unha alta afiliación ao Sindicato de Traballadores de Banca, da UGT, non só de traballadores de esquerdas, senón tamén de dereitas. Quedaba claro tamén que tiñan un bo servizo de información e que controlaban absolutamente todo, tanto da súa actividade dentro do banco, como na súa vida privada e social. Barrié como colaborador da depuración Desde o 4 de outubro de 1937 até o 5 de marzo de 1938 o Banco Pastor vai informando en dez escritos ao gobernador civil da Coruña do persoal sancionado "en cumplimiento de lo dispuesto en la Orden de la Presidencia de la Junta Técnica del Estado de 17 de agosto próximo pasado, en relación con el artículo tercero del Decreto-Ley n°108 de fecha 13 de Septiembre de 1936". O citado Decreto da Presidencia da Junta de Defensa Nacional, era asinado en Burgos polo xeneral Miguel Cabanellas e o artigo terceiro sinalaba que os traballadores "podrán ser suspendidos y destituidos de los cargos que desempeñen cuando aconsejen tales medidas sus actuaciones antipatrióticas o contrarias al movimiento nacional". Todos estes escritos estaban asinados por "P. Barrié" como "Director". Os escritos tiñan a data coa referencia "2° Año Triunfal". Barrié deixaba moi clara a súa colaboración na represión e no escrito de 20 de outubro de 1937 dicía: "Tenemos el honor de comunicar a V.E. que, con fecha de hoy y como continuación a la labor depuradora que esta entidad realiza entre su personal, esta Dirección acordó instruir expediente…" [a continuación viña a relación de persoas]. Sempre ao servizo do franquismo, Barrié acababa así: "Quedamos de V.E. con toda consideración, atentos servidores". O libro de Emilio Grandío Vixiados: Represión, investigación e vixilancia na Galiza da Guerra Civil, 1936-1939 (Edicións Laiovento, 2011) recolle información sobre a delación e depuración en Galiza despois do trunfo dos sublevados. Só en Vigo, elaboraron 4500 fichas entre 1936 e 1939, segundo unha reportaxe de Iago Martínez (El País, 26-2-2012): "Vigo aportó 4500 informes de ´rojos e indeseables´ durante la Guerra Civil": El Ministro de Orden Público, Martínez Anido, firmaba un acuerdo secreto con el jefe de la seguridad nazi, el sanguinario Himmler, en la primavera de 1937 y se convocaron mil plazas para la unidad de Investigación y Vigilancia. Sueldo: 1.300 pesetas al año. Requisitos: ser español, entre 23 y 40 años, con aptitud física, sin antecedentes penales ni asomo de relación con el Frente Popular y la masonería. En agosto de 1937 decidieron peinar el Banco Pastor. Al Presidente del Consejo, Ricardo Rodríguez Pastor, lo acusaban de haber concedido un crédito al Partido Galeguista y financiar el diario El Sol y el Atlantic Hotel, cuya propiedad atribuían a Casares Quiroga y Wonemburger. De 115 empleados de la central, 77 resultaban sospechosos. En las sucursales habían marcado a otros 15. El director general del banco, Pedro Barrié de la Maza, acató la depuración: seis a la calle y 51 sancionados. Na Central abríronse 32 expedientes e foron sancionadas 19 persoas entre despedidos, suspendidos de emprego e soldo e traslados a outras oficinas. No resto da provincia houbo 10 expedientes con 13 sancións que incluían suspensión de emprego e soldo e traslados Este podería ser un primeiro balance da represión no Banco Pastor, centrada, fundamentalmente, en datos da provincia da Coruña do Arquivo do Reino de Galiza. A Guarda Civil realizou 171 informes, 113 da Central da Coruña, 24 de Ferrol e 34 doutros concellos da provincia: Mugía [Muxía], Órdenes [Ordes], Mellid [Melide], Vimianzo, Noya [Noia], Pontedeume, Carballo, Ortigueira, Padrón, Puebla del Caramiñal [Pobra do Caramiñal] e Cedeira. Na Central abríronse 32 expedientes e foron sancionadas 19 persoas entre despedidos, suspendidos de emprego e soldo e traslados a outras oficinas. No resto da provincia houbo 10 expedientes con 13 sancións que incluían suspensión de emprego e soldo e traslados. Neste Fondo do Goberno Civil da Coruña figuran tamén 18 expedientes, seguramente incompletos, de sucursais fóra da provincia da Coruña: Lugo, Ribadeo, Mondoñedo, Vilalba, Viveiro e Monforte; Pontevedra, Cangas e Celanova, con 4 sancións. No conxunto de Galiza podería haber 6 persoas despedidas. A pegada no presente Por outra parte, están a presentarse iniciativas para retirar a Pedro Barrié as distincións que ten en varios concellos da Galiza. Así, o Pleno da Coruña de 1 de outubro de 2020 aprobaba unha moción do BNG, a iniciativa de Defensa do Común e outras 15 entidades, sobre a recuperación da Casa Cornide para o patrimonio público da Coruña, cos votos a favor do PSOE, Marea Atlántica e BNG, abstención do PP, Dicía a exposición de motivos: "Significados franquistas que promoveron e participaron activamente nestes dous espolios [Pazo de Meirás e Casa Cornide] -Alfonso Molina Brandao, Pedro Barrié de la Maza e Sergio Peñamaría de Llano- aínda conservan na Coruña rúas, retratos en edificios públicos, placas e todo tipo de distincións, que non pode admitir unha sociedade democrática". E tomaron o seguinte acordo: "Trasladar á Comisión Municipal de Memoria Democrática que inclúa dentro do grupo de traballo para a eliminación da simboloxía franquista o estudo da retirada de rúas, retratos, placas, monólitos e todo tipo de distincións ás persoas que impulsaron, organizaron ou participaron no espolio do pazo de Meirás e da Casa Cornide para beneficio da familia do ditador Franco e que o Consello Municipal da Memoria Democrática tome a decisión que corresponda". O Pleno da Coruña aprobou unha moción do BNG, a iniciativa de Defensa do Común e outras 15 entidades, sobre a recuperación da Casa Cornide para o patrimonio público Se cadra, o Comité de Empresa do antigo Banco Pastor, hoxe Banco Santander, e tendo en conta o papel de Pedro Barrié de la Maza na represión do persoal, debería pedir a anulación de todos os expedientes e sancións, así como a colocación dunha placa en lembranza de todo o persoal do banco represaliado. Sancións e traslados O control ideolóxico e as represalias foron terminantes: numerosos traballadores da sede central do Banco Pastor foron sancionados. Algúns exemplos poden ser: José Souto Mourenza (UGT) con quince días de suspensión de emprego e soldo. Demetrio Etchevers Taracido (UGT) sancionado polo Réximen con 500 pesetas de multa e trasladado quince días a unha sucursal. Jesús López Losada, quince días de traslado a unha sucursal. Esteban Cuevas Montalvo (UGT) dous meses de suspensión de emprego e soldo. José Regino Barbeito Curra (UGT), un mes de traslado a una sucursal. Andrés Pena Ferro (UGT), dous meses de suspensión de emprego e soldo. Antonio Toba Fernández (UGT), un mes de suspensión de emprego e soldo. Eduardo Vázquez Caamaño (UGT), seis meses de suspensión de emprego e soldo. Vicente García Mao (UGT), un mes de traslado á sucursal de Mondoñedo. Vixilancia ideolóxica Os documentos que informaban sobre os traballadores incidían na ideoloxía dos traballadores, na súa afiliación política e sobre a súa posible "desafección" ao Movemento. De Antonio Souto Mourenza, por exemplo, que foi despedido da empresa, o informe dícía: "De ideología marcadamente marxista, afecto al frente popular, del que con frecuencia hacía la apología. Formó parte de la Directiva del Sindicato de Trabajadores de Banca, y era uno de los más destacados. En los primeros días del Movimiento, por desafecto al mismo, y por su actuación anterior, fue detenido y sancionado con 500 pesetas de multa. A juicio del informante, este individuo es inmerecedor por su actuación pasada a seguir disfrutando del destino que ocupa". En ocasións, existían mesmo referencias a conversas privadas, como no caso de Francisco Casal Rey, de quen se di que "durante los primeros días del Movimiento Nacional ponía en duda, según conversaciones que tuvo con varias personas, el triunfo del Ejército". |
NOS_1392 | Este 17 de maio verán a luz as primeiras creacións da web falame.gal | O Día da Letras Galegas tamén se celebra desde a diáspora. Entre as múltiples iniciativas da rede, este 17 de maio farase pública a web falame.gal, un proxecto que celebra as posibilidades do galego desde o exterior e pretende servir como convite para "falar máis a nosa lingua", segundo expresan os seus promotores. Esta iniciativa conta coa colaboración de diferentes deseñadoras e deseñadores de recoñecido prestixio internacional, que foron desafiados a experimentar co galego creando un visual coa frase "Eu son a túa lingua. Ti es a miña fala". As primeiras creacións verán a luz no enderezo antes ditado a partir deste domingo, como especial homenaxe polo Día das Letras. Con esta premisa quérese demostrar "que as posibilidades da nosa lingua está nos seus falantes. Canto máis diversos os falantes, os seus estilos e os seus léxicos, máis rica será a nosa lingua", expresan os creadores. "Cantas máis voces se expresen en galego, máis viva estará a nosa cultura", insisten. Dous galegos en Nova York Detrás deste proxecto atópanse Pablo Honey e Tino Barreiro dous creativos galegos que promoven iniciativas relacionadas coa cultura galega desde Nova York, cidade na que actualmente residen por motivos laborais. |
NOS_7384 | A artista ficou na undécima posición na 'Elección Interna' de cara ao Festival de Benidorm, unha enquisa na que o pasado ano as Tanxugueiras resultaran gañadoras. | A cantante coruñesa Hydn situouse entre as e os doce artistas favoritos para representar o Estado español no festival de Eurovisión 2023, segundo unha enquisa elaborada polo portal especializado Eurovision Spain da que o pasado ano saíran gañadoras as Tanxugueiras co tema Figa. Así, a autora prepara xa o seu camiño cara ao Festival de Benidorm após ficar no segundo posto no voto das persoas sociais de Eurovision Spain e undécima na súa popular enquisa anual. En concreto, Hydn logrou situarse entre os cen artistas da 'Elección Interna' de entre máis de 730 propostas musicais, entrando no 'Top 12' de favoritas nas votacións diarias e rematando de finalista no posto 11, por detrás de María José Llergo, Ana Mena, Guitarricadelafuente, La Casa Azul, María Peláe, Lola Índigo, Megara, Bulego, Julieta ou Ptazeta, e por diante de Neomak, que fechou a clasificación. "É totalmente surrealista que unha artista tan emerxente como eu, autoxestionada e autofinanciada, chegase até aquí entre tantos artistas e tan coñecidos", subliñou a propia Hydn a través dun comunicado. Neste senso, agradeceu o "incríbel" apoio recibido. "Descubriume unha chea de xente e grazas a eles cada vez vexo máis posíbel poder chegar ao festival", reivindicou. Por iso, xa prepara a canción que quere presentar no certame de Benidorm, o festival no que o Estado español elixe representante, polo que apuntou que quizais envíe dúas propostas de diferentes xéneros. [VÍDEO] Hydn e Sheila Patricia, ás portas do Festival de Benidorm Hydn é unha artista galega que utiliza o inglés e o galego nas súas cancións co obxectivo de "chegar a xente que non sabe nin da existencia da lingua galega". Pola súa parte, a redondelá Sheila Patricia, que tamén participou desta votación, ficou finalmente nun meritorio 28º posto de entre as 100 artistas que pasaron o 'corte'. |
NOS_50096 | O último informe sobre a situación sociolaboral das mulleres en Galiza que elabora a CIG, relativo a 2019, debuxa un perfil marcado pola desigualdade respecto dos homes: asalariada no sector servizos, cuns ingresos situados no tramo dos máis baixos e responsábel, ademais, do coidado de menores ou persoas dependentes. Con estas conclusións, o sindicato nacionalista centrará a súa campaña para o 8-M no traballo de coidados, un ámbito fortemente feminizado, invisibilizado e precario. | A s mulleres galegas perciben de media 21,4% menos salario que os homes, que cobran 21.327 euros anuais, polos 16.755 delas. Quere dicir que para obter o mesmo salario, terían que estender o seu calendario laboral até metade de marzo do ano seguinte. O dato, relativo a 2018, é un dos que se tiran do Informe da situación sociolaboral das mulleres na Galiza 2019 da CIG, feito público na xornada de onte, e realizado a partir da Enquisa Estrutural a Fogares do Instituto Galego de Estatística (IGE) e dos datos de ingresos por salarios da Axencia Tributaria. En cifras, o estudo fixa a fenda de xénero salarial en 4.572 euros anuais, o que supón só 100 euros menos ano que a que existía unha década antes, en 2009, unha diferenza porcentual de -1,7. Para explicar esta "pequena aproximación", o Gabinete de Economía da CIG apunta, en boa medida, ao "empeoramento das condicións salariais dos homes, e non ás melloras das mulleres", durante os peores momentos da crise, segundo expón a responsábel do grupo, Natividade López Gromaz. Como explica, neses anos, os empregos máis prexudicados foron os menos precarios, é dicir, os maioritariamente masculinos, de maneira que, ao recuperarse o emprego desde 2013/2014, pero a través de emprego máis precarizado, a diferenza reduciuse. Máis desigualdade A situación de desigualdade vinculada ao xénero esténdese a todos os criterios que toca a análise, como ocorre no que ten a ver cos ingresos: sendo 47,6% das persoas asalariadas da Galiza, as traballadoras representan 58,9% das que cobran entre medio e un Salario Mínimo Interprofesional (SMI), mais só 18,3% das que perciben ingresos superiores a dez SMI, segundo os datos da Axencia Tributaria. Neles constátase unha sobrerrepresentación feminina nos tramos de menor renda e unha infrarrepresentación nos tramos máis elevados. Esas cifras elevan ademais a precarización e a desigualdade na última década: se en 2009 eran 33,5% as galegas cuxo salario era igual ou inferior ao mínimo interprofesional, unha década máis tarde a porcentaxe medra até 35,9%, e chega a 71,8% se se amplía o tramo ao 1,5 do SMI. O estudo sinala ademais que case unha de cada cinco galegas, 19,1%, tiveron uns ingresos inferiores a 2.197 euros anuais en 2018, cinco puntos máis que os homes. Para a CIG, este empeoramento das condicións laborais femininas débese a "cambios estruturais" relacionados co reparto do traballo nas distintas actividades económicas e tamén co cada vez maior peso do sector servizos, con actividades fortemente feminizadas e salarios baixos, ademais do aumento das xornadas parciais ou a menor duración dos contratos. Mulleres e coidados As actividades sanitarias e vinculadas aos servizos sociais son as que ocupan maior número de galegas, 85.100 mulleres, só por detrás do comercio (86.800) e sitúanse como os campos laborais máis feminizados, con até 85% de emprego feminino. Son, salienta a CIG, os campos onde se inclúen aquelas actividades de coidados, "onde os ingresos son menores", denunciou durante a presentación a responsábel do gabinete económico do sindicato. O seu informe corrobora que as mulleres seguen a ser quen se responsabiliza das tarefas máis alá do ámbito profesional, tal e como indica López Gromaz: 87% das persoas inactivas por coidado de menores ou dependentes na Galiza son mulleres, como tamén o son 77% das persoas traballadoras con redución de xornada por coidado de menores de 12 anos. Ademais, nove de cada dez persoas que se acolleron a unha excedencia por coidado de descendentes foron mulleres, e sete de cada dez as que reduciron ou suprimiron traballo remunerado por coidado de dependentes. Parcial e temporal A xornada parcial é, segundo o informe da CIG, outro "signo distintivo claro" do emprego feminino. Case unha cuarta parte das traballadores galegas (22,4%) tiña en 2019 contratos a tempo parcial, 117.000, fronte os 38.600 homes (6,7%). Ao atender aos motivos desa redución de xornada, 17,6% delas sinala os coidados. No caso dos homes, os coidados só representa 2,6% . En canto á duración dos contratos, o estudo expón que o ano pasado se rexistraron 519.617 contratos, dos que 479.048 foron de carácter temporal. Ao poñer o dato en relación ao número de mulleres asalariadas con contrato temporal, 120.700, a media resultante é de catro contratos por traballadora e ano. Porén, hai cifras máis acusadas, como os 175.702 contratos femininos de menos dunha semana ou os 62.114 de até un mes que se rexistraron en 2019, o que fai que practicamente a metade das contratacións femininas (48,9%) fosen dun mes ou menos de duración, e máis dun terzo (35,9%), de menos de sete días. A fenda das pensións E se a fenda de xénero no salario se sitúa en 21,4%, a desigualdade medra ao falar das pensións, onde a diferenza aumenta até 35,9%, cunha media de 647 euros no caso das mulleres (datos de 2018) que nos homes acada os 1.009 euros. Nas pensións por xubilación, o desnivel é aínda máis acusado, e acada 36,7%, que se deriva, segundo o informe da CIG, do menor número de anos cotizados das mulleres e dunhas bases de cotización máis baixas. A diferenza no tempo de cotización percíbese, di o estudo, xa desde o inicio da vida laboral e alcanza os dez anos no momento da xubilación. Tamén no tocante ás bases de cotización, estas son inferiores nas traballadoras desde o inicio da súa actividade económica, cunha diferenza de 182 euros respecto dos seus compañeiros en menores de 25 anos, e de até 425 euros entre os 45 e os 54 anos. En canto ás pensións contributivas, dous terzos corresponden a mulleres. Baixo o lema "Invisíbeis e Precarias. Pola valorización dos traballos de coidados" presentouse onte a campaña da CIG de cara ao 8 de marzo. Como explicou a responsábel da Secretaría da Mulleres, Margarida Corral Sánchez, o último informe sociolaboral da central sindical evidencia de forma "abrumadora" que as mulleres seguen a responsabilizarse destes labores, unha tarefa "invisibilizada" e na que "se perciben os peores salarios e en peores condicións laborais, con xornadas parciais, dereitos laborais non recoñecidos, acoso, agresións e precariedade". Así, como sinalou Corral Sánchez, resulta "urxente" dar unha resposta á "violencia simbólica que supón a sobreexplotación abnegada das mulleres". Unha campaña do 8M centrada nos coidados A campaña incluirá, o 4 de marzo, a celebración do VI Encontro Nacional de Delegadas, que terá lugar no Cersia, en Compostela, e a cuxo remate as asistentes sairán en manifestación cara ao edificio administrativo da Xunta "para denunciar a responsabilidade do Goberno galego como culpábel da precarización de milleiros de mulleres que traballan no sector dos coidados", avanzou."Baixo o eufemismo do benestar, o sistema escraviza deliberadamente as mulleres, convertendo a miseria de moitas en cartos para uns poucos", censurou a integrante da CIG, que denunciou ademais o desmantelamento de empregos de calidade que deberían ser públicos para sacar a concurso caterings, SAF, xestión de centros de día ou residencias da terceira idade, entre outros.Neste sentido, a CIG chama tamén a participar masivamente nas mobilizacións convocadas pola Asemblea Galegas 8M tanto o domingo 1 de marzo en Verín, como nas mobilizacións comarcais e locais do propio 8 de marzo. |
PRAZA_4373 | A Federación Española de Municipios e Provincias lanza un documento con 250 medidas de transformación local, que inciden na mobilidade sustentable, na defensa dos servizos públicos, na transición ecolóxia ou no consumo de proximidade. Varias cidades e vilas galegas puxeron xa en marcha algunha destas iniciativas, pensando no tempo posterior á pandemia | Unha das sensacións que pairan sobre a actual situación, na que imos deixando atrás os efectos máis duros da pandemia de coronavirus e nos internamos nun longo camiño cara á unha "nova normalidade" é que moitas cousas serán distintas a como eran antes de marzo. Os problemas motivados pola crise económica xerada pola Covid-19, a necesidade de contar con máis espazo en vilas e cidades para garantir a distancia social ou a constatación das consecuencias máis negativas da globalización económica obrigan a que as nosas sociedades leven a cabo cambios temporais ou permanentes.O documento da FEMP inclúe medidas relativas a mobilidade, ao impulso do comercio local e o consumo de proximidade ou á mellora dos servizos públicosO pasado 22 de maio a Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) , presidida polo alcalde vigués Abel Caballero, aprobou ao redor de trescentas propostas de medidas extraordinarias destinadas a facilitar e impulsar desde os Gobernos Locais tanto o actual proceso de desescalada como a posterior recuperación social e económica. Unhas propostas que a FEMP difundiu neste documento e que abranguen dende medidas relativas a mobilidade, á necesidade de impulsar o comercio local e o consumo de proximidade, o avance na transición cara a unha economía máis sustentable ou á mellora dos servizos públicos e das estruturas de apoio á persoas con maiores necesidades.Algunhas destas medidas, que en materia de mobilidade van no mesmo sentido que as propostas realizadas por Greenpeace ou pola rede Cidades que Camiñan, están xa sendo aplicadas ou propostas en varias cidades e vilas galegas.A FEMP reclama peonalizacións, pacificación do tráfico ou a redución da velocidade máxima permitidaO documento da FEMP dedica unha parte importante das súas propostas á mobilidade, tendo en conta as actuais necesidades de espazo para peóns e tamén pensando nas vantaxes de promover cidades nas que as persoas e os métodos de desprazamento sustentables teñan preferencia sobre os coches. A FEMP reclama "recuperar canto antes" a Lei de Mobilidade Sustentable, que dote de financiamento suficiente ao transporte público urbano, tamén a implementación do carril bus ou a redución da velocidade máxima a 30 Km/h, "redistribuíndo o espazo público para priorizar a mobilidade activa (peonil e ciclista)".Isto faríase a través de peonalizacións, da creación de "itinerarios peonís", da redución dos tempos dos semáforos para ampliar o verde peonil nos pasos de peóns e, tamén, da "pacificación" dun carril a 30km/h nas avenidas e rúas de máis de 2 carrís "para compartir con seguridade o espazo bicis, patíns e resto de vehículos, sen necesidade de segregar o limitado espazo público. A Coruña ou Lugo anunciaron xa que algunha das medidas de peonalización ou de redución da velocidade máxima permitida se manterán unha vez superada a pandemiaÉ segumente en materia de mobilidade onde as cidades e vilas galegas están a realizar propostas máis ambiciosas nestas semanas, en parte motivadas pola necesidade de garantir a distancia social nas rúas. Son moitas as medidas anunciadas e postas en marcha, aínda que unha parte importante teñen simplemente un carácter provisional, ligado ás necesidades do proceso de desconfinamento. Cidades como Compostela, Ourense, Ferrol ou Vigo aprobaron, por exemplo, reservas de espazo para peóns e peonalizacións temporais de moitas rúas. Pero, ademais, A Coruña ou Lugo anunciaron xa que algunha das medidas de peonalización ou de redución da velocidade máxima permitida se manterán unha vez superada a pandemia. Todas elas teñen a Ponteveda como referente, unha cidade que hai anos fixo xa unha aposta pola mobilidade sustentable, recoñecida cun gran número de premios internacionais.En materia comercial, o documento da FEMP propón un impulso dos pequenos establecementos locais mediante campañas de promoción, compra local (km 0) e/ou produto de orixe, en coordinación con asociacións de comerciantes e áreas comerciais urbanas de zona. Ademais, recomenda impulsar os servizos de venda ou reparto a domicilio e implantar o uso da bicicleta como mellor forma de entrega en envíos pouco voluminosos. Así mesmo, aposta por accións para o fomento da dixitalización do comercio polo miúdo e por promocionar as feiras, abastos, mercados e lonxas municipais, "para pór en valor a súa importancia no tecido comercial dos nosos concellos e cidades".A Deputación de Lugo puxo en marcha a campaña EN LUGO, SI co obxectivo de "reactivar o comercio local, a hostalería, o turismo, e o conxunto dos sectores produtivos da provincia"En relación con isto, a entidade que agrupa ás entidades locais de todo o Estado, reclama "o fomento dos circuítos curtos de comercialización para favorecer aos produtores locais" e, en xeral, o "fomento da agricultura e a gandaría de proximidade". Neste senso, na súa aposta por apoiar os espazos locais, recomenda a posta en marcha de "campañas de promoción da vida no medio rural e dos produtos de calidade que neste medio se producen".A Deputación de Lugo, por exemplo, puxo en marcha a campaña EN LUGO, SI co obxectivo de "reactivar, dunha maneira estable e eficaz, o comercio local, a hostalería, o turismo, e o conxunto dos sectores produtivos da provincia, para saír o máis rápido e da mellor maneira posible da crise provocada polo coronavirus". De igual xeito, o Concello da Coruña puxo en marcha a campaña de apoio ao comercio local #euvouseguro, destacando os valores de "proximidade, honestidade, confianza e calidade" destes establecementos. E a Deputación de Pontevedra lanzou a campaña 'Elixe Comercio Local', destacando as súas características distintivas: "identidade, territorio, confianza, sustentabilidade e calidade".A promoción turística é outra das preocupacións dos concellos, sobre todo nun momento no que este sector se ve especialmente prexudicado polos efectos da pandemia de coronavirusA promoción turística é outra das preocupacións da FEMP, sobre todo nun momento no que este sector se ve especialmente prexudicado polos efectos da pandemia de coronavirus. Entre as medidas propostas hau campañas de comunicación e promoción turística, sobre todo dirixidas "aos mercados de proximidade e doméstico", incentivar as visitas guiadas por parte da poboación local e de turistas a espazos naturais ou elementos do patrimonio histórico, ou a promoción de xornadas gastronómicas, temáticas, de produto ou con prezos pechados en restaurantes e bares (tapas), en colaboración coas asociacións de hostalaría.Fóra das cidades, concellos como Padrón, Ribadeo ou Allariz puxeron en marcha plans para reactivar o turismo e o comercio local, mediante iniciativas de promoción e impulso e buscando consolidar as respectivas 'marcas', recoñecidas a nivel galego e estatal.O documento aposta igualmente polo impulso do uso de enerxías renovables e do autoconsumoO documento aposta igualmente polo impulso do uso de enerxías renovables e do autoconsumo, por políticas "que axuden á transición cara a unha economía circular" e por iniciativas nas que converxan o avance cara a unha transición ecolóxica coa xeración de postos de traballo produto destas transformacións. Por exemplo, a través da posta en marcha de instalacións para o tratamento da materia orgánica de residuos en cidades ou da plantación e coidado de árbores e plantas nas cidades e espazos periurbanos.A FEMP inclúe medidas, así mesmo, para asegurar o sostemento do sector cultural e dos seus traballadores e traballadorasA FEMP inclúe medidas, así mesmo, para asegurar o sostemento do sector cultural e dos seus traballadores e traballadoras, recomendando unha "política de cancelación 0" e o mantemento dos contratos vixentes cos creadores, unha reivindicación que as entidades profesionais do sector realizaron xa a comezos de abril e que algunhas administracións escoitaron, tomando a decisión a Deputación de Pontevedra de asegurar o patrocinio para este ano e o que vén para os festivais de música da provincia, canceladas as edicións deste verán.Recomenda igualmente a promoción dos servizos sociais públicos, sobre todo nestes momentos, priorizando as actuacións nos ámbitos sanitario, educativo e de atención á dependencia e incrementar a partida orzamentaria destinada a axudas económicas que palien as situacións emerxentes de precariedade económica e vulnerabilidade social, unha situación que xa está a ser denunciada por ONG como Agaxes. Recomenda igualmente a promoción dos servizos sociais públicos, sobre todo nestes momentos, priorizando as actuacións nos ámbitos sanitario, educativo e de atención á dependenciaEn Lugo, por exemplo, o pleno da Deputación aprobou destinar 13,6 millóns de euros de remanentes ao Plan Único e a reforzar a cooperación cos concellos e o tecido asociativo "coa fin de que poidan impulsar medidas que melloren o benestar social e que favorezan a reactivación económica e o emprego".Finalmente, pide "promover a dimensión de xénero e incorporala de forma transversal a todas as políticas locais", como tamén recomenda o Instituto da Muller, cun seguimento especializado para aquelas mulleres soas con fillos que perderon o seu posto de traballo, para aquelas que teñen que coidar a persoas enfermas ou dependentes e para as vítimas de violencia de xénero. |
NOS_42554 | Non hai marcha atrás. O Govern en pleno asinou ao fío das 23.30 horas desta cuarta feira o decreto de convocatoria do referendo do 1 de outubro, após a maioría absoluta do soberanismo aprobar a lei que lle dá amparo nun convulso, enguedellado e maratoniano pleno do Parlament. Só as formacións independentistas deron o seu Si á Lei do Referendo. Catalunya sí que es Pot -a moi fraccionada confluencia catalá- optou pola abstención. PP, PSC e Cs abandonaron o hemiciclo sen emitiren o seu voto. | Catalunya xa ten cobertura legal para realizar o seu referendo de autodeterminación o 1 de Outubro, a que lle outorga a Lei do Referendo aprobada polo seu Parlament nacional. Non foi doado. A norma sae adiante após un debate tumultuoso, marcado polo filibusterismo parlamentar dunhas formacións unionistas que botaron man de toda caste de trapelas regulamentares para dilatar e entorpecer o desenvolvimento da sesión. Como estaba no guión, a norma obtén a luz verde da cámara só cos votos a favor das formacións soberanistas, as que dan soporte ao Govern que lideran Puigdemon e Junqueras, isto é, Junts pel Sí (a coligação de ERC e o Partit Demòcrata) e a CUP. Catalunya si que es Pot apostou na equidistancia e, a seguir un debate en que espiu as súas graves contradicións internas, acabou por se abster. O núcleo duro do unionismo -PP, PSC e Cs- quixo deslexitimar a aprobación da lei e abandonou a cámara no momento en que se submeteu a votación sen sequer emitir o seu previsíbel voto negativo. A seguir a aprobación da lei polo Parlament -promulgada por Puigdemont como presidente da Generalitat por volta das 23 horas, o Govern en pleno reuniuse nun salón da Cámara para asinar o decreto de convocatoria do referendo. Unha asinatura en bloco de todos e cada un dos integrantes do Executivo, que se colocan de imediato no albo dos aparatos do poder xudicial do Estado, a comezar por un Tribunal Constitucional que con toda seguranza proporá a inhabilitación de president, vicepresident e todos os consellers. Unha crise institucional sen precedentes no réxime de 1978, que fica claramente tocado nos seus alicerces fundacionais, é o escenario que se abre agora por diante. O Govern e as forzas políticas que lle dan sustento están lonxe de estaren sós. A batallar vaise trasladar do Parc da Ciutadella -o emblemático parque de Barcelona en que se ubica o Parlament- ás rúas. E nesa baza, na da mobilización cidadá, o soberanismo é imbatíbel en Catalunya. A previsíbel ofensiva autoritaria do Estado na súa carreira por tentar impedir o referendo terá, a bon seguro, cumprida resposta o 11 de setembro na manifestación xigante da Diada. |
NOS_43593 | A conflitividade na sanidade pública galega non enfría. Mentres o persoal dos PAC, en folga indefinida desde xaneiro, convocou para esta segunda feira unha vixilia contra os recortes, traballadoras e traballadores eventuais chaman a unha marcha de protesta a terza, 21 de maio. | A mobilización comezará ás dez da mañá perante o Parlamento de Galiza, en Compostela, e irá até a Praza do Obradoiro. Detrás da organización atópase o sindicato Profesionais da Sanidade Pública Galega (Prosagap), para o que a acción "deixará claro" que o persoal eventual do Sergas "non está disposto a seguir soportando tanto desprezo". "É hora de insistir con máis forza", di a organización nas súas redes sociais, "deixar claro que merecemos unhas condicións de traballo dignas, estabilidade e que se nos trate en igualdade. Somos traballadoras e traballadores da sanidade pública e non escravos de ninguén". A primeira marcha do Prosagap, cuxo obxectivo principal é "a defensa dunha sanidade pública e de calidade" e "poñer fin ás privatizacións e externalizacións", contra a precariedade laboral no Sergas foi en 2016. O sindicato afirma ademais que o Sergas falta á verdade cando asegura que o persoal afectado polas condicións laborais que denuncia o sindicato é menor do 5%. |
NOS_17682 | O achado contribúe a entender mellor os mecanismos de comunicación molecular, feito que permitirá o desenvolvemento de novos nanomateriais con aplicacións en biomedicina e TIC. | Investigadores do grupo de Polímeros Helicoidais, Sensores e Nanoestructuras do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da USC, liderados por Emilio Quiñoá e Félix Freire, conseguiron que a súa investigación no desenvolvemento de novos materiais intelixentes se recollese, por quinta vez nos últimos meses, en Angewandte Chemie, unha das revistas máis prestixiosas no ámbito da Química a nivel mundial. Este novo traballo, titulado From Sergeants and Soldiers to Chiral Conflict Effects in Helical Polymers by Acting on the Conformational Composition of the Comonomers, utiliza resonancias bélicas. Así, emprega termos como "sarxentos e soldados" e "conflito quiral", que reflicten os distintos "enfrontamentos" que ten lugar entre diferentes compoñentes moleculares en polímeros helicoidais para dirixir o sentido de xiro de hélice final no material. Así, os autores do traballo fan unha analoxía cun "xogo de tronos" para determinar quen goberna a estrutura do material (os polímeros). Neste xogo, os distintos componentes "loitan" para obter o poder e dirixir así a estrutura do material. A estes compoñentes chámanselles "sarxentos" ou "soldados" dependendo do rol que desenvolvan en cada momento, que pode variar dependendo de alianzas externas ou factores ambientais. Nalgúns casos, esta loita polo poder pode acabar en táboas. A achega constitúe un novo fito no estudo da comunicación quiral en macromoléculas, unha liña na que o grupo do CiQUS liderado por Félix Freire e Emilio Quiñoá é de referencia a nivel mundial, ao descubrir e nomear novos fenómenos nestes nanomateriais intelixentes. As súas potenciais aplicacións van desde o desenvolvemento de novos sensores ao almacenamento de información a nivel molecular. |
NOS_32796 | Álvaro Gago (Vigo, 1986) recibía hai uns días o premio do xurado no Festival de Cine de Sundance, en Estados Unidos, por Matria. A curtametraxe, localizada na Arousa, conta a historia de Francisca Iglesias Bouzón, operaria de conserveira e cunha realidade a través da que o director bota luz sobre o falso mito do matriarcado en Galiza. | Matria xorde do interese do autor por Francisca Iglesias, que coidara do seu avó nos seus últimos anos de vida: "Chamábame a atención a súa persoa en si, o que había detrás dela e a relación que estabeleceu co meu avó. Facía da súa vida algo dinámico e pleno a pesar do que el tiña detrás". Director e protagonista comezaron a traballar xuntos no guión, primeiro para centralo na propia historia de Iglesias Bouzón e despois nunha segunda capa máis reivindicativa, que deu lugar á parte social e política da historia. "Aínda que todo emana dela e da súa forza", subliña o director. O compromiso do cinema Para poder realizar este proxecto, Gago recompilou distintas lecturas sobre o falso mito do matriarcado en Galiza, co fin de contar "a realidade de moitas mulleres galegas". Para o director, o compromiso social é unha compoñente esencial do cinema. "Coido que o cinema é unha ferramenta que temos que utilizar para derrubarmos mitos estabelecidos e para loitar porque se conten todas as historias, tamén as do pobo, as que non saen nos libros. Matria narra a realidade de moitas mulleres galegas e non entendo o que fago sen ese compromiso", salienta. Para Álvaro Gago, o cinema debe estar perto da xente. Por iso, engade, convida a volver sacalo á rúa. "O cine xorde nunha primeira instancia como un pasatempo conectado á rúa e pouco a pouco ese matiz perdeuse. Agora facemos cinema de grandes dimensións, mais moi afastados da súa natureza", explica. O cineasta cualifica o actual panorama audiovisual galego como "efervescente": "Hai anos que a nosa produción está a viaxar moitísimo a pesar da crise económica. Na última década reducíronse moito as axudas, pero a xente ten ganas de buscar a vida, ten talento e remata facendo cousas que se ven nos certames máis importantes do mundo". É o caso, menciona, de Carla Andrade, que presentará a súa curta -A paisaxe está baleira e o baleiro é paisaxe- no Festival de Rotterdam (un dos principais escaparates de cine independente a nivel mundial) ou Álberto Vázquez, preseleccionado para os Oscar por Decorado, unha curtametraxe de animación. |
NOS_57775 | Daniel Río "Caxigueiro", un dos máis recoñecidos artistas plásticos galegos, ven de poñer en marcha un dos seus últimos proxectos, isto é o "Espazo Caritel", un punto de encontro para a arte e a natureza situado á beira da vella Catedral románica de San Martiño de Mondoñedo no Concello de Foz. | O "Espazo Caritel" está formado por unha sala de exposicións que no seu baixo alberga o taller do propio artista, un edificio deseñado polo arquitecto Xosé Moscoso que busca a modernidade e o respecto polo contorno, e un xardín de máis de tres mil metros cadrados que acolle especies das máis diversas. A obra plástica de Caxigueiro, que xa percorreu a práctica totalidade de Galiza así como diversos puntos da Península e de Europa, ten o seu lugar na sala de exposicións que actualmente acolle unha mostra sobre a violencia da guerra así como outra montaxe feita en colaboración co poeta Baldo Ramos e que xa fora exposta na Cidade da Cultura. Un e outro traballo sitúase na nova linguaxe artística do de Mondoñedo que entende a súa obra como un xeito de achegarse ao mundo desde a periferia cun sentido crítico que permita un diálogo público/obra para a transformación do mesmo. O xardín, traballo que comezou fai preto de 25 anos coa intención de regalarlle un pequeno bosque á filla que acababa de nacer, acolle vexetación da máis diversa e tamén da máis diferente procedencia. Alí atopamos árbores e arbustos chegados de Chile, Xapón, Corea, Uruguai ou Arxentina xunto á vexetación autóctona. No xardín podemos ver desde o "gingko bihkola", a arbore máis antiga do mundo, a unha ampla variedade de folgueiras, entre as que destaca unha chegada de Cedeira e que é a única do mundo que se reproduce por esporas. Aínda así a grande xoia deste xardín é unha colección de máis de cen camelias de diferentes especies. O "Espazo Caritel" posibilita un novo xeito de achegarse á arte, un punto para a fusión entre este e natureza que tamén é un chamado para unha nova relación das persoas coa mesma. Pero hai máis, porque este espazo situado nun lugar privilexiado, ao pé da vella catedral que mandou edificar San Rosendo e que garda no seu interior os frescos máis antigos e interesantes do románico galego, aspira a ser un centro cultural que impulse iniciativas neste ámbito pero que posibilite tamén unha comunicación máis intensa sobre as diversas experiencias dos creadores de Galiza. |
NOS_12405 | A presidenta do Adif sinala que a electrificación avanza a bo ritmo ao tempo que critica a politización dos investimentos en infraestruturas | A presidenta do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), Isabel Pardo de Vera, aproveitou hoxe unha entrevista radiofónica en Radio Nacional (RNE) para destacar que as probas realizadas até o momento no treito en obras entre a fronteira con Zamora e Ourense foron "moi satisfactorias" e que a electrificación "enerxizouse" e, aínda que dixo que non lle gusta dar prazos, confirmou que o organismo que preside mantén "o horizonte de outono" para a posta en servizo. "A non ser que alguén nos faga algún tipo de sortilexio", apostilou. Pardo de Vera anunciou que informará puntualmente "de como van esas probas e se hai algunha incidencia" que obrigue a atrasar "15 días arriba ou 15 días abaixo" esa posta en servizo. No transcurso da entrevista, a presidenta do Adif remarcou tamén como "prioritaria" a saída sur de Vigo cara a Portugal. É máis, insistiu na "clara aposta" tanto do Executivo luso como o español por impulsar esta infraestrutura "imprescindible, natural e de sentido común". "Desde logo, a vontade do Goberno portugués e o español xa deu claros avances. Nós, como Adif, iniciamos a tramitación do convenio co administrador de infraestruturas portugués", avanzou, para un acordo que se asinará proximamente. De igual modo, Pardo de Vera comprometeuse a dar "un impulso claro" aos trazados entre Ourense e Vigo, que forman parte do Corredor Mediterráneo. Consciente da "orografía complicadísima" destas vías centenarias, que ao longo deste inverno sufriron numerosas incidencias, afirmou que o tramo está "dentro da programación de investimentos" valorados nuns 500 millóns de euros. Conexión de Lugo Sobre a conexión de Lugo coa alta velocidade, Pardo de Vera lembrou que lle "comeron os demos" cando en 2018 chegou ao Adif "e non tiña nin un triste estudo nin un triste proxecto" por onde empezar. "Había moita declaración de intencións, pero a realidade é que houbo cero materialización de ningún investimento máis que esa variante en Pobra de San Xiao ─en Láncara─, que tardou 14 anos en porse en servizo desde que se iniciou", explicou. Fronte a iso, reivindicou a actuación do organismo que dirixe: "Despregamos un equipo interdisciplinar para facer o diagnóstico, elaboramos 71 expedientes de contratación para tentar que no mínimo tempo posible Lugo non quedase desconectada da rede de alta velocidade que chega a Ourense". O Adif fixo "todo o que puido facer no menor tempo posíbel", incidiu. Precisamente, a constante politización do ferrocarril no Estado español foi un dos temas abordados na entrevista radiofónica. A este respecto, recoñeceu que "é un tema que me cabrea moito, porque levo moitos anos traballando nas infraestruturas e contaminar ao cidadán paréceme un exercicio de moi pouca lealdade e de moi pouco nivel político". Tras defender a "transparencia" da institución que dirixe, a presidenta do ADIF asegurou que o seu equipo sempre está "disposto a informar da verdade da situación das cousas", do "traballo que hai que facer" e de "a viabilidade" dos proxectos, ai tempo que aseverou que "as infraestruturas son de todos" e "ninguén debe capitalizalas": "Pódese poñer deberes, pódese preguntar. Pero o que hai que facer é informar e non contaminar nin utilizalo como ferramenta política". |
NOS_24685 | O feminismo chama este domingo a unha mobilización masiva nas rúas para visibilizar o papel de coidados que exercen as mulleres en máis de 80% dos fogares da Galiza e que constitúe "o centro da vida" social, familiar e económica. Así o recolle no manifesto de Galegas 8-M, que este ano quere subliñar que "sen coidados non hai vida". | Pasada unha semana desde a manifestación nacional do feminismo galego en Verín, este Día Internacional da Muller Traballadora conmemorarase de norte a sur e de leste a oeste do territorio galego a través de manifestacións e concentracións locais e comarcais que queren volver tinguir as rúas de morado, após tres convocatorias históricas en 2017, 2018 e 2019. Actos como a cadea humana de mulleres organizada onte en Carnota, organizada baixo o paraugas de Galegas 8-M Costa da Morte e no que fixeron parte asociacións como Sonlilá (Carnota), Buseranas (Cee), As Curandeiras (Vimianzo), Círculo Feminista de Carballo e a Secretaría das Mulleres da CIG, ademais de participantes individuais, queceron nas últimas horas o ambiente para a cita de hoxe. Desde o mediodía a cidadanía está convocada para saír á rúa e manifestarse ás 12 horas na Coruña (desde o Obelisco); en Ferrol (desde o Inferniño) e en Lugo (desde o Multiusos da Xunta). Así, algunhas cidades levarán os grandes actos á mañá e outras á tarde. En Compostela a manifestación empezará ás 19.30 horas na praza 8 de marzo; en Vigo será ás 18 horas desde o cruzamento da Vía Norte; en Ourense sairá ás 20 horas da Subdelegación do Goberno e en Pontevedra está convocada para as 17.30 horas desde a praza do Hospital. Tras o importante seguimento da mobilización nacional do feminismo galego, que tivo lugar o pasado día 1 en Verín, a meta da deslocalización segue a peseguirse este domingo, con convocatorias en municipios como Vilalba, As Pontes, Sada, Betanzos, Arteixo, Carballo, Sarria, Padrón, A Estrada, Cuntis, Chantada, Monforte, Allariz, A Ramallosa ou Marín, entre outros moitos núcleos Os actos deste 8-M ocupan por completo a axenda de hoxe.Así, desde a mañá, Compostela organiza varios roteiros que saen desde catro puntos s da cidade (Conxo, As Cancelas, rotonda do Castiñeiriño e rotonda Cruceiro dá Coruña) ás 12 horas e que terminarán ao redor da praza da Galiza nunha concentración feminista. Pola súa banda, en Vigo representarase a acción 'Un violador no teu camiño' ás 12 horas xunto ao Farol de Urzáiz. A convocatoria anima todas as mulleres a participar e denunciar as violencias machistas en todo o mundo. Na programación deste 8 M tamén se convocaron manifestacións para reunir a comarcas enteiras. Foz será a sede da manifestación unitaria na Mariña lucense ás 12 horas e Cee a da Costa da Morte á mesma hora. Localidades como Vimianzo contarán cunha batucada feminista ás 20,30 horas e outros concellos gozarán de foliadas, comidas e concentracións baixo o paraugas da igualdade. A mesma premisa segue unha iniciativa na Pobra de Trives onde se realizará unha camiñada de tres quilómetros ás 11 horas. |
PRAZA_4296 | Ás persoas defensoras da prostitución voluntaria enchéselles a boca, preguntando que onde está o problema, xa que están exercendo un traballo con liberdade; que quen somos as demais persoas para dicirlles o que poden ou non facer elas co seu corpo... | A prostitución é unha forma extrema de violencia de xénero, algo que ninguén nega cando existe intimidación, forza ou explotación por parte dun terceiro, nin cando se fala de trata de seres humanos, xa que proxenetismo e trata son delitos.Ás persoas defensoras da prostitución voluntaria enchéselles a boca, preguntando que onde está o problema, xa que están exercendo un traballo con liberdade; que quen somos as demais persoas para dicirlles o que poden ou non facer elas co seu corpo...O debate e o conflito xorde cando aparece a seguinte formulación, que hai mulleres que exercen a prostitución de forma "voluntaria e libre", aparecendo pois unha diferenciación entre prostitución voluntaria e prostitución forzada.E daquela, ás persoas defensoras da prostitución voluntaria enchéselles a boca, preguntando que onde está o problema, xa que están exercendo un traballo con liberdade; que quen somos as demais persoas para dicirlles o que poden ou non facer elas co seu corpo... Esta división de prostitución forzada e voluntaria baséase no concepto do consentimento que non ten en conta as causas, eses factores polos cales as mulleres chegan a esa situación: a pobreza, a falta de recursos e alternativas, a falta dun traballo, o pertencer a países periféricos... Se a prostitución é libre, como defenden certos colectivos e persoas, por que quen a exerce son maioría mulleres de clases baixas, empobrecidas ou provenientes de países empobrecidos? Ninguén se pregunta se realmente exercen libremente a prostitución. E en último caso, por que o fan? Ninguén se pregunta se hai unha coacción nesa elección. En tal caso, unicamente o día no que as mulleres teñan garantido os dereitos a unha vida íntegra: á educación, ao traballo, á igualdade, á vivenda, á saúde…, só a partir dese momento poderiamos falar de elección e liberdade. Ante estas circunstancias, temos que pensar que as mulleres non elixen, resígnanse e polo tanto, a prostitución non pode ser analizada desde o consentimento das mulleres prostituídas, senón desde unhas relaciones de dominación por parte dos homes sobre as mulleres. E non sempre o consentimento lexitima unha práctica e a converte en traballo. A prostitución en ningún dos casos é unha forma de vida desexable.Se a prostitución é libre, como defenden certos colectivos e persoas, por que quen a exerce son maioría mulleres de clases baixas, empobrecidas ou provenientes de países empobrecidos?Por outra parte, é algo enganoso, ao presentar como elección o que é un negocio entre homes (entre proxenetas e puteiros ou prostituidores). Falo de puteiros ou prostituidores e non de "clientes". A palabra "cliente" é neutra e aséptica e oculta a dura realidade que viven estas mulleres. O termo cliente é máis propio da industria e dos empresarios do sexo. Sobre elas, dicir tamén que deben ser chamadas prostituídas e non prostitutas. Os termos prostituída/prostituidor foron acuñados por Sheila Jeffreys para indicar que esta non existe sen o outro polo opoñente, o prostituidor. (1)Parece, pois, que estamos ante falacias, porque eses argumentos nada teñen que ver coa realidade destas mulleres que son prostituídas e nunhas circunstancias nas que non teñen cabida, nin tal vocación, nin tal liberdade. Tampouco se pode falar de "liberdade sexual" para xustificar uns actos que nada teñen que ver para elas co pracer. Liberdade sexual ten o prostituidor que compra un servizo, non a muller ao servizo do prostituidor. Como di Françoise Héritier: "dicir que as mulleres teñen dereito a venderse, é ocultar que os homes teñen dereito a mercalas". Estamos ante unha relación de poder e desigualdade que sitúa ás mulleres dun lado (oferta) e aos homes doutro (demanda) e que converte ás mulleres e nenas en mercancías e obxectos consumibles. Ao entrar na prostitución as mulleres deixan de ser suxeitas activas de dereito para convertérense en obxectos comerciables, que calquera pode mercar e vender, tal como sinala Sonia Sánchez. (2) Como di Françoise Héritier: "dicir que as mulleres teñen dereito a venderse, é ocultar que os homes teñen dereito a mercalas"Non dificulta isto unhas relaciones libres e igualitarias entre homes e mulleres? Non impide isto o camiño cara a unhas sociedades xustas, igualitarias e democráticas? A prostitución é una institución social, masculina e patriarcal, por e para os homes, que ten por finalidade satisfacer a demanda masculina. Xa en Babilonia, no ano 2000 a. C. existía unha prostitución sagrada que obrigaba á entrega sexual dunha muller a calquera estranxeiro que as solicitase, costume estendido a Exipto, Grecia… En Grecia, no século V a. C. recrutaban escravas para este fin. No século XVIII, a industrialización e as condicións sociais da era industrial favoreceron o aumento da prostitución. No século XIX Rosalía de Castro publica un artigo titulado "La prostitución hospitalaria", en el periódico El Imparcial (Madrid, 1881). Neste, Rosalía criticaba que nalgúns lugares da costa galega se ofrecía, como regalo de hospitalidade, unha muller aos mariñeiros que pasaran moito tempo no mar, alí onde estes se aloxasen. Esa muller era a esposa ou filla da familia e era ofrecida ao mariñeiro polo tempo dunha noite. Sobre isto, dicir que Rosalía foi duramente atacada na prensa galega polos rexionalistas. Este rexeitamento provocou tanta dor na escritora que fixo que Rosalía decidira non escribir nunca máis en galego e así o declarou nunha carta dirixida ao seu esposo Manuel Murguía. O seu seguinte e último libro foi en castelán: En las orillas del Sar (1884). A prostitución continuou ata os nosos días, abarcando unha violencia sistemática (física, psíquica e emocional) contra as mulleres e supoñendo, pois, unha afirmación da autoridade masculina sobre as mulleres como obxectos de uso, así como o dereito de propiedade sobre o corpo das mulleres. "Necesitan contarse esa mentira, que son elas as que elixen, as que poñen prezo, as que son libres de entrar e saír cando lles prace". É unha negación da dor. "Para sobrevivir nesa puta esquina ou nese prostíbulo, inventas unha realidade paralela"Volvendo ás teorías que defenden a prostitución como traballo, dicir que estas piden regular a prostitución para a súa consideración de traballo. Podemos imaxinar a unha nena dicindo que de maior quere ser puta? Quen desexaría esta vida para una filla? Podemos pensar en ciclos formativos para a formación desta actividade? En que chamasen do paro para exercer a prostitución? Traio aquí varias citas de Sonia Sánchez, unha autora sobrevivente da prostitución (3): "Non é un traballo porque ningunha muller nace para puta. O patriarcado convértete en puta". Si, hai mulleres prostituídas que din exercitar libremente a prostitución, pero como di esta autora que sufriu a prostitución en carne propia : "necesitan contarse esa mentira, que son elas as que elixen, as que poñen prezo, as que son libres de entrar e saír cando lles prace". É unha negación da dor. "Para sobrevivir nesa puta esquina ou nese prostíbulo, inventas unha realidade paralela". Cando ela se fixo realmente consciente da súa condición de puta: "Decateime que eu non vendía nada, porque nada era meu". "O primeiro que fai a prostitución é romper a túa identidade e converterte nun obxecto de uso e abuso. Un corpo é un todo, pero unha puta só ten boca, vaxina e ano". "E os prostituidores son os nosos irmáns, os xuíces, os políticos, os sacerdotes". Si, os seus corpos, as súas vidas…, nada de nada lles pertence.Segundo os datos de Sonia Sánchez, 40 millóns de persoas no mundo están en situación de explotación sexual, das cales un 80% son nenas e mulleres, que na súa maioría son menores de vinte e cinco anos. Nove de cada dez persoas prostituídas dependen dun proxeneta, que vive da explotación allea. (4) A industria del sexo move arredor de 12 millóns de dólares no mundo. Tamén sinala que sen prostitución no habería trata e que o que fixo a trata con fins de explotación sexual foi globalizar a prostitución. (5)O debate sobre a prostitución en Europa centrase en dúas posturas: regulación (Alemaña e Holanda), que a consideran traballo e abolición (Noruega e Suecia), que levan unha política abolicionista. Traficantes e proxenetas pasarían a ser considerados como legais empresarios do sexo. Cremos que legalizar non reduce a trata, nin garante os dereitos das mulleresA regulación afirma que a prostitución é un traballo polo que esta debe legalizarse. Non se penaliza aos varóns. Esixe dereitos laborais para as prostitutas como a creación de rexistros e controis sanitarios, regulados polo Estado. Cremos que regular a prostitución como traballo supón normalizar a desigualdade e violencia para as mulleres e ademais, a trata e o proxenetismo deixarían de ser considerados como delitos. Traficantes e proxenetas pasarían a ser considerados como legais empresarios do sexo. Cremos que legalizar non reduce a trata, nin garante os dereitos das mulleres.O abolicionismo considera a prostitución como unha violación dos dereitos humanos e sexuais dasmulleres. Propón perseguir e criminalizar os prostituidores ou puteiros que paguen por sexo, así como o peche de bordeis e prostíbulos para acabar co comercio sexual, o proxenetismo e o tráfico de persoas. Ofrece axuda integral ás vítimas para que accedan a un traballo digno e así incorporarse á sociedade con todos os dereitos. Propón unha educación liberadora e loita por traballos e salarios dignos para acabar coa prostitución.Non se pode confundir esta postura coa posición da dereita conservadora que cataloga a prostitución como algo "inmoral e indigno", polo que ataca e persegue principalmente ás mulleres prostituídas.Nas circunstancias que vivimos co covid-19 e co estado de alarma, temos que facer referencia á crítica situación das mulleres que viven na prostitución. A ONG Médicos do Mundo vén denunciando neste tempo a vulnerabilidade na que quedou sumido este colectivo e pedindo solucións para elasHoxe, no Estado español, nas circunstancias que vivimos co covid-19 e co estado de alarma, temos que facer referencia á crítica situación das mulleres que viven na prostitución. A ONG Médicos do Mundo vén denunciando neste tempo a vulnerabilidade na que quedou sumido este colectivo e pedindo solucións para elas. Pensemos que a maioría destas mulleres están en situación irregular, sen papeis, sen un simple empadroamento, sen acceso ao sistema público de saúde, sen medidas de protección fronte ao virus, vivindo unha terrible situación económica... Elas están, pois, privadas dos dereitos máis fundamentais, aos que todas as persoas deberían de ter dereito polo feito de seren seres humanos. Os gobernos deberían tomar medidas e políticas amplas para que elas poidan gozar destes dereitos fundamentais e despois poder, xa que logo, beneficiarse das políticas de axuda económica, psicosocial... para poder acceder aos diferentes sistemas de servizos sociais e políticas relacionadas coa muller. Agora están confinadas; unhas, nos clubs (agora pechados); outras sen poderen pagar o alugueiro da habitación dos pisos nos que viven, excluídas das axudas do goberno porque estas están unicamente pensadas para persoas en situación regular, e elas non poden demostrar ingresos e na maioría dos casos tampouco teñen un contrato formal dese cuarto. Pasan, xa que logo, por unha durísima situación económica, polo que se ven empurradas a seguir prostituíndose nesta situación, aceptando a "prostituidores" habituais porque necesitan comer e enviar diñeiro ás súas familias, que soen estar noutros países e dependentes delas. Estas situacións agrávanse no caso das vítimas da trata, que en moitos casos, teñen que pagar unha importante débeda que teñen adquirida cos seus proxenetas e que agora, temen que aumente. A elección para elas é, pois, contaxiarse ou malsubsistir e quedar na rúa. Fácil de ver que con tales necesidades a súa capacidade de elección non existe. Perseguir só os puteiros e traficantes de tratas con multas e cárcere é só unha loita a medias, pero ten que haber unhas políticas públicas globais que traballen por unha educación liberadora para todas as persoas, desde una perspectiva feministaPara finalizar, dicir como Sonia Sánchez que perseguir só os puteiros e traficantes de tratas con multas e cárcere é só unha loita a medias. Isto é un paso nese camiño cara ao abolicionismo, o camiño da liberdade, pero ten que haber unhas políticas públicas globais que traballen por unha educación liberadora para todas as persoas, desde una perspectiva feminista loitando para eliminar a pobreza, a vulnerabilidade e a marxinación das mulleres e traballando de forma radical contra las violencias que sofren as mulleres, as trans e as lesbianas. Notas(1) Jeffreys, Sheila, The idea of prostittution, Press North Melboume (1997), 2ª edición,2008, p. 141.(2) Entrevista de Irene Hernández Velasco a Sonia Sánchez: "El mismo home que te hace puta, en otro barrio es un marido y un padre", en BBCNews Mundo: https://www. bbc.com/mundo/noticias-42052124?ocid=wsmundo.chat-apps.in-appp-msg.whatsapp.trial.link1_.auin, 27 de noviembre de 2017.ndustrialización e las condiciones sociales de la era industrial favorecieron el aumento de la(3) Entrevista de Andrea del Pozo a Sonia Sanchez: "Sonia Sanchez, sobreviviente de explotación sexual: "la prostitución no se elige en liberdade"", en https://radiojgm.uchile.cl/sonia-sanchez-sobreviviente-a-explotación sexual-la-prostitución-no-se-elige-con-liberdade/, 4 de maio de 2019.(4) Ibid.(5) Ibid. |
PRAZA_12105 | Os conservadores tombaron ata seis proposicións de lei de PSdeG e BNG para regular materias que despois a Xunta abordou tamén mediante novas leis. Só a lei de Caixas, a do catálogo de medicamentos e a dos medios públicos tiveron o apoio de máis dun grupo parlamentario. | Unha de dezaoito. A piques de cumprirse o terceiro ano de lexislatura e mentres Galicia comeza, aos poucos, a arrecender a período preelectoral, é posible xa realizar un primeiro balance da actividade do Goberno e da oposición cunha certa perspectiva. No que atinxe aos grupos aos que as urnas lle encomendaron o control ao Goberno, PSdeG e BNG, se cadra un dos labores que menos transcende os muros do Pazo do Hórreo é o das propostas de lei. Dende 2009 os socialistas propuxeron seis textos legais para incorporar ao corpo normativo galego e os nacionalistas fixeron o propio con doce. De todas estas, só unha, a Lei de Caixas impulsada polo Bloque, non bateu contra a maioría absoluta dos conservadores. O primeiro acordo, entre PP e BNG, foi para reformar a Lei de Caixas Malia ás chamadas ao consenso do comezo da lexislatura, o comportamento parlamentario do Grupo Popular está a ser, neste ámbito, o propio da maior parte de formacións que contan con maioría absoluta. Así, nos primeiros meses do mandato xa rexeitaron as dúas primeiras propostas de lei, ambas procedentes do BNG e encamiñadas a regular as organizacións interprofesionais agroalimentarias e o comercio galego. Habería que agardar a decembro de 2009 para que populares e nacionalistas chegasen a un pacto para reformar a lexislación en materia das caixas de aforro. A intención última daquela norma era impulsar a fusión de Caixa Galicia e Caixanova con parámetros de "solvencia" e "galeguidade". Non obstante, o acordo durou pouco, só ata que a sombra da privatización comezou a planear sobre a entidade resultante, Novacaixagalicia. Ningunha lei da oposición volvería prosperar tras ese oasis de consenso, tampouco as que apostaban por regular materias para as que despois a Xunta presentaría a súa propia lei. É o caso por exemplo da Lei de Montes, tamén posta sobre a mesa polo BNG -o Goberno galego aprobou o seu propio anteproxecto este xoves-, ou a Lei de Bibliotecas, rexeitada polo PP en febreiro de 2010 e agora en tramitación parlamentaria a instancias do Executivo. O que non prevé regular a Xunta pola vía da lexislación foron as dúas seguintes proposicións de lei defendidas polo Bloque, unha encamiñada a garantir o dereito a usar o galego en todas as Administracións -recollida da iniciativa lexislativa popular de Queremos Galego- e outra coa que a formación apostaba por protexer e potenciar a "onomástica" galega, tanto no caso dos nomes de persoa como no dos topónimos. En ambos casos, os populares argumentaron o seu rexeitamento por observar pretensións nacionalistas nas propostas. Segundo Agustín Baamonde, parlamentario do PPdeG, a intención destas leis non era outra que "lograr a nación monolingüe en galego que ansía o nacionalismo". Tras estas proposicións do Bloque, en xuño de 2010 chegaba a primeira do PSdeG. Tratábase dunha Lei de Publicidade Institucional que, en esencia, recollía os termos da que o bipartito non chegou a aprobar e tamén abordaba cuestións que o PP levou no seu programa electoral. Preceptos como evitar a propaganda institucional en época de eleccións, limitar os gastos ou garantir que a comunicación da Xunta se realiza en galego tamén foron rexeitadas. Segundo os conservadores, o rexeitamento estaba motivado en que o Goberno xa traballaba no seu propio proxecto de lei, o cal aínda non se materializou, malia consideralo "urxente" tras gañar as eleccións. Os populares rexeitaron a Lei de Foxas do PSdeG por ser da "Atapuerca política" A seguinte proposición de lei foi tamén socialista e deu lugar a un dos debates máis tensos da lexislatura. Defendida pola deputada Concepción Burgo, o PSdeG tentou aprobar unha "lei sobre a localización e identificación das persoas desaparecidas durante a Guerra Civil e a ditadura franquista, e a dignificación das foxas comúns". Nunha emotiva intervención, Burgo instou ao PP a preguntarse se "existe algo máis humano e xusto que atopar e enterrar os desaparecidos". O partido que sustenta o Goberno, de novo a través de Baamonde, desbotou a proposta por "maniquea" e situou os socialistas na "Atapuerca da política". O fomento da corresponsabilidade entre homes e mulleres, pola banda do BNG, o reordenamento dos tributos locais, dende o PSdeG, a eliminicación do canon da auga, proposta polos nacionalistas ou o ordenamento por lei dos montes veciñais e en man común foron outras das propostas que tampouco chegaron a prosperar. Na banda do acordo só estiveron a nova lei dos medios públicos, presentada conxuntamente por PP e PSdeG despois de ser elaborada nun relatorio conxunto -o Bloque desmarcouse-, e a creación do catálogo de medicamentos, única lei impulsada polos populares e secundada polos nacionalistas. Proposicións de lei ata febreiro de 2012 Grupo Proposición de lei BNG Organizacións interprofesionais agroalimentarias de Galicia BNG Ordenación do comercio interior de Galicia BNG Caixas BNG Montes de Galicia BNG Bibliotecas e do patrimonio bibliográfico de Galicia BNG Uso do galego polas administracións de Galicia e no ensino BNG Normalización da onomástica de Galicia PSdeG Publicidade institucional de Galicia PSdeG Localización dos desaparecidos na Guerra Civil e a ditadura PP Racionalización do gasto na prestación farmacéutica BNG Acción voluntaria BNG Consello Galego das Mulleres PSdeG Participación das entidades locais nos tributos autonómicos PSdeG Creación do Instituto Galego de Promoción Económica e Finanzas BNG Fomento da corresponsabilidade PSdeG Montes veciñais en man común BNG Modificación da lei de Augas PSdeG-BNG Réxime xurídico das concesións na illa de Ons BNG Servizo público audiovisual e da autoridade audiovisual de Galicia PP-PSdeG Medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia BNG Carácter público do transporte marítimo de persoas na ría de Vigo |
NOS_32442 | A negativa de Alcoa a vender a factoría de aluminio primario a Liberty House condena ao ERE medio milleiro de traballadores e traballadoras que loitarán para evitar a parada das cubas. | Eran unhas negociacións chamadas a fracasar. Este domingo, antes incluso de esgotar o prazo, Alcoa comunicaba ás partes interesadas (Xunta, Goberno español e sindicatos) que non habería venda e que as negociacións con Liberty House dábanse por rotas. Realmente, era a materialización dunha decisión tomada moito antes, xa que, como denunciaban traballadores e sindicatos, Alcoa non tiña a máis mínima intención de vender a súa planta de aluminio primario no concello de Cervo. Foi un mes perdido para Liberty e para os traballadores da factoría, que non puideron ver materializada unha operación que non só garantía a continuidade dos seus postos de traballo, senón que prometía investimentos para modernizar a produción de aluminio baseados no emprego de fontes renovábeis. A única que gañou foi Alcoa. Gañou tempo e freou ─aínda que non evitou─ a presión social contra o seu anuncio de parar as cubas da factoría e iniciar o despedimento de 534 traballadores. E nada pareceu importarlle o millón de euros que di que perde á semana por ter as cubas activas, un problema que quitaría do medio coa venda das instalacións. Para non quedar de mala da película, a multinacional norteamericana amosou a súa boa disposición a vender a factoría mesmo por un euro. O prezo parecía non ser o problema. Resultou ser o subministro de alúmina. Polo que se coñece das negociacións, Liberty House intentou nun primeiro momento que a planta de alúmina de San Cibrao entrase tamén nas negociacións. Ante a negativa de Alcoa, tentou lograr un acordo preferente ante unha futura venda e, mentres, un contrato de subministro por 20 anos. Ante o atasco neste punto, o Goberno español instou Alcoa a aceptar un contrato a dez anos prorrogábel a outros dez, sempre que Liberty cumprise determinados requisitos, mais a multinacional americana non se movía dos cinco anos. O papel das Administracións Alcoa sempre defendeu que as propostas de Liberty eran "pouco razoábeis" e mesmo anticipaba a comezos da semana pasada o fracaso das negociacións, como finalmente foi. Á vista deste bloqueo, o Goberno español decidiu tomar cartas no asunto e tentou negociar a venda directamente con Alcoa, mais tamén fracasou. Onte, a multinacional americana emitiu un comunicado no que agradece "a predisposición" do Executivo estatal para buscar alternativas e no que explicou que as propostas canalizadas a través da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) incluían peticións que impedían "chegar a un acordo en condicións comerciais razoábeis, entre elas, "aínda que non exclusivamente", apuntaba Alcoa, a solicitude de dereitos preferentes sobre a refinaría. "Non se pode exixir a Alcoa que achegue máis recursos e financiamento dos que xa se comprometeu a realizar en cantidades importantes neste proceso de venda, nin que acepte condicións fóra de mercado, nin peticións fóra do ámbito do acordo cos representantes dos traballadores", argumentaba a compañía para xustificar o seu rexeitamento a cantas propostas lle fixeron desde GFG Alliance (o grupo ao que pertence Liberty House) como desde o Goberno español. Após confirmarse a ruptura das negociacións, o Executivo estatal e a Xunta, que se comprometeu a respaldar a postura de Industria en todo momento, emitiron un comunicado conxunto no que consideran a Alcoa "a única responsábel" do fracaso das mesmas e acúsaa de "mala fe". "Había solucións para alcanzar un acordo", advirten desde o ministerio. "Isto non é o final do camiño nin se torce o brazo a ningunha administración (...) Ábrese agora outro escenario onde se tomarán outro tipo de decisións menos amigábeis", apuntou o secretario xeral de Industria e Peme, Raül Blanco. Pola súa banda, o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta, Francisco Conde, lamentou a actitude de Alcoa de "abandonar a negociación de forma unilateral" e pediulle que reconsidere a súa posición e acepte unha ampliación do período de consultas: "Galiza e a comarca da Mariña non se merecen este trato por parte da empresa", dixo. Tamén Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta, sinalou que "as perspectivas non son boas nin o resultado que se adiviña agora mesmo. Imos pensar que até o último momento pode haber unha solución, pero o panorama non é moi alentador", subliñou. Descontento no comité E se as administracións non están contentas, moito menos os traballadores. O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, cargou contra a decisión da empresa de levantarse da mesa multilateral "sen acabar o prazo e nin tan sequera responder á última proposta do Goberno español para adquirir a planta a través da SEPI", que, lembrou, foi a que lla vendeu un negocio que recoñeceu como "ruinoso". "Cando unha empresa ten de xeonllos o Goberno español e a Xunta poñemos en cuestión o país", denunciou. Por iso pediu ás administracións que "se levanten" e "digan basta" ante a postura de Alcoa e que "apoien até o final" aos traballadores na procura dun futuro industrial. Despedimentos novamente sobre a mesa A negociación para a venda de Alcoa tiña data de caducidade. O pasado 13 de agosto, os sindicatos e a multinacional acordaron ampliar en seis semanas os prazos do proceso de consultas iniciado en maio deste ano para o despedimento de 534 traballadores da planta de aluminio primario de San Cibrao (Cervo). Agora é o momento de retomar esas negociacións. Onte, antes de entrar na reunión convocada para abordar o expediente de regulación temporal de emprego (ERTE), as partes endurecían as súas posturas. Así, dunha banda Alcoa ameazaba con aplicar un despedimento colectivo permanente no caso de que non haxa acordo sobre un ERTE, mentres que, doutra banda, o presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, insistía en que a representación dos traballadores non negociará a aplicación de "ERTE nin ERE" coa empresa por considerar "fraudulento" o proceso de venda, e non descartou acudir aos xulgados se a multinacional cumpre as súas ameazas e aposta polos despedimentos. Antes da reunión tamén se pronunciou a este respecto o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, quen cargou contra o "terrorismo patronal" exercido pola multinacional. "Resulta obvio que Alcoa nunca tivo vontade de chegar a un acordo de venda e utilizou este tempo de prórroga para prefabricar unha autoxustificación do fracaso da operación", denunciou. Neste senso, pediu ás partes manter a unidade de acción para enfrontar os plans de Alcoa, dándolle dende as institucións e dende a mobilización unha categórica resposta "até que cese na súa intención de deixarnos sen postos de traballo, sen futuro industrial para a comarca e sen un sector estratéxico para Galiza como é o aluminio". |
PRAZA_9449 | O colectivo médico coida que a reforma da Atención Primaria debería comezar por reverter a estrutura de xestión implantada en tempos de Pilar Farjas como conselleira de Sanidade | A asociación Batas Blancas, un dos colectivos médicos máis combativos fronte á política sanitaria da Xunta do PP nos últimos anos, tamén rexeita con contundencia o bosquexo formulado polo Servizo Galego de Saúde para reformar a deteriorada Atención Primaria. "Nunca na sanidade galega un político gobernante tivera unha oportunidade tan importante de converter unha gran ameaza nunha grande oportunidade" e, no entanto, esta está a ficar nunha "campaña mediática" ou, simplemente, nunha "estafa", critican."Nunca na sanidade galega un político gobernante tivera unha oportunidade tan importante de converter unha gran ameaza nunha grande oportunidade"A "oportunidade" que observa Batas Blancas non é outra que a de "devolver a Atención Primaria aos niveis actualizados que había antes de que a Consellería de Pilar Farjas tivese a brillante idea de implantarar as Estruturas Organizativas de Xestión Integrada", as EOXI, e "desmantelar" a anterior estrutura. Pero o actual conselleiro, censuran, deu en "montar un sainete" acompañado da devandita "campaña mediática" por tras da cal, cren, demostra "a súa total incapacidade para tomar as decisións necesarias e imprescindibles".Batas Blancas coida que a reforma debería comezar por reverter a estrutura de xestión implantada en tempos de Pilar Farjas como conselleira de SanidadeA xuízo deste colectivo esas decisións deberían pasar por cinco eixos fundamentais, a comezar por disolver as EOXI e regresar a "órganos de xestión propios e diferenciados para atención primaria e hospitalaria". Xunto a isto, din, cumpriría "dotación económica propia e finalista" para Primaria, "despolitizar a xestión e os nomeamentos dos xefes de servizo" e "recuperar os principios de Alma Atá", a conferencia internacional que en 1978 "marcaron a gran transformación da Atención Primaria" e "nos levaron ao gran sistema que tiñamos". Trátase, en definitiva, de "devolver a dignidade e o respecto que merecen todos os médicos de familia que traballan na Atención Primaria galega", resumen. Pero o documento da Xunta, conclúen, "non só non cumpre ningún dos requisitos imprescindibles", senón que "a súa redacción e falta de concreación é totalmente insultante". Dado que o propio Alberto Núñez Feijóo "enxalzou" o documento impulsado por Almuíña como unha "reforma completa e ambiciosa", Batas Blancas chega a unha conclusión: "está todo dito", polo que "a poboación deberá decidir co seu voto que modelo sanitario queremos para Galicia". |
NOS_23042 | Alberto Núñez Feijóo participou dunha palestra en Madrid, na que foi presentado polo Presidente do Goberno español. Feijóo rexeitou demandar un novo modelo de financiamento e gabouse de que Galiza "vaia por diante" no obxectivo do déficit cero. O candidato popular non pedirá máis autogoberno e preséentou como"autonomismo sosegado" fronte Madrid. | O candidato popular participou esta mañá nunha palestra pública en Madrid, na que foi presentado polo Presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, quen se prodigou en verbas amábeis cara o actual Presidente da Xunta. Na súa intervención Feijóo aplaudiu os orzamentos xerais do Estado aprobados polo executivo central, a pesar de que resten 400 millóns de euros ao noso país e vaian provocar unha nova vaga de recortes antisociais por mor dos duros axustes que recollen. "Son uns presupostos responsábeis e realistas" dixo. O líder dos populares galeg@s tamén rexeitou demandar un novo modelo de financiamento para Galiza --reclamado polo BNG--, alegando que "non é o momento", malia seren os recursos da administración autonómica os que financian servizos públicos esenciais como ensino ou sanidade, ameazados con novos retallamentos precisamente pola política de "austeridade" imposta desde Madrid. O Presidente da Xunta volveu gabarse en público de que Galiza "sexa a única comunidade en condicións de adiantarse ao resto do Estado en alcanzar o déficit cero", sinalando que "será acadado na vindeira lexislatura" no caso de resultar reelixido. "Autonomismo sosegado" fronte soberanismo En troques ás demandas de maior autogoberno en Euskadi e Catalunya, Feijóo afirmou encarnar o "autonomismo sosegado" fronte Madrid e volveu reiterarse no discurso centralista do Partido Popular, renunciando a demanda de maiores competencias e amosándose contrario mesmo ao modelo "federal" que o PSOE está a propor como contrapunto á crecente reivindicación de soberanía. |
NOS_37596 | PP anuncia unha reunión co grupo municipal para tomar "as decisións oportunas" e PSOE advirte que expulsará "de inmediato" @s edís que participen da medida, que botaría da alcaldía o nacionalista Manuel Antelo | Os grupos municipais de PSOE e PP rexistraron en Vimianzo unha moción de censura co apoio de Independentes co obxectivo de botar da alcaldía a Manuel Antelo Pazos (BNG), quen goberna en minoría con catro concelleir@s, namentres a oposición xunta nove edís. Nin populares nin socialistas contan co visto e prace das direccións galegas das respectivas formacións políticas. A través dun comunicado de imprensa, PP informou de que se reunirá co grupo municipal para tomar "as decisións oportunas" namentres o PSdG, que tamén desautorizou a medida, advertiu que expulsará "de inmediato" @s edís que participen nela. Con todo, o documento non conta coa sinatura de tod@s @s concelleir@s da oposición, pois os respectivos voceiros José Miñones (PSdG) nin José Manuel Pérez Trillo (PP) quixeron facer parte da inciativa que expulsaría da alcaldía o nacionalista Antelo Pazos. |
NOS_41955 | O partido En Marea é hoxe unha formación vocacionalmente verde. Así emerxeu do plenario do pasado sábado. E así vaise manifestar con clareza o Día da Patria Galega. "A contaminación e a corrupción van da man na política industrial do PP de Galiza", denunciou Luís Villares esta sexta feira. "Reivindicamos unha patria con futuro, unha patria verde", dixo. | Non ten habido até agora ningunha forza política que dedicase monograficamente o Día da Patria Galega a defender o medio ambiente do país. Con esa idea forza tres dirixentes de En Marea –Adrián Dios, membro da coordenadora; Ana Seixas, viceportavoz; Luís Villares, portavoz– compareceron esta sexta feira en conferencia de imprensa para apresentar os actos que organizan para a xornada en que se celebra a condición de Galiza como nación. O lema co que a formación chama a participar no evento é suficientemente elocuente: "Non hai planeta B. Unha Marea verde para unha Galiza con futuro". "Queremos orientar calquer reivindicación no eido nacional ao obxectivo de termos un meio ambiente sustentábel", afirmou Adrián Dios no pórtico da comparecencia perante os medios. Seixas, por súa parte, informou dos actos que En Marea prepara para o 25X. Terán lugar na Carballeira de Vista Alegre, darán comezo ás 12 horas e vanse prolongar até as 18 horas. É unha chamada a todas as persoas con conciencia nacional, feminista e ecoloxista, destacou a viceportavoz. Están convocadas activistas "na defensa das augas", da terra –coa loita contra a Mina de Touro como grande protagonista—e da procura de alternativas á economía do petróleo. Haberá espazos para as crianzas, obradoiros de construción de instrumentos a partir de materiais reciclados, sesión vermú, xantar de confraternización e, xa pola tarde, a apresentación do proxecto "Árbores que non arden". Na intervención de carácter máis político, Luís Villares cargou contra as políticas de "destrución" do medio ambiente que, ao seu xuízo, ten despregado o PP de Feixoo. Dixo que nelas se maridan "a contaminación e a corrupción" e puxo como exemplo paradigmático o caso de Ence, coas "portas xiratorias" entre a empresa e o consello da Xunta. |
NOS_46390 | A Residencia Literaria 1863 é o último proxecto da polifacética escritora Yolanda Castaño. A internacionalización da literatura galega e a promoción da escrita creativa, os seus motores. Para inaugurala, contará cun dos poetas de maior relevo de Latinoamérica, o chileno Raúl Zurita (Santiago de Chile, 1950). Recitará este 27 de febreiro, ás 18.00 horas, na sede do proxecto, na Coruña. | "O primeiro residente inaugura así este espazo dedicado ao fomento e á expansión da literatura desde Galiza", indica Castaño nun comunicado de prensa, "inspirándose nas pedras da Pescaría ou no legado histórico do corazón da cidade para alimentar novas páxinas da súa brillante poética". A residencia 1863 atópase no número 46 da rúa Rego de Auga. Desde ese balcón lerá Zurita os seus poemas. O chileno é autor de libros fundamentais da poesía hispana contemporánea, como Anteparaíso (1982), La vida nueva (1994) ou Zurita (2011). "Será un acontecemento ver e escoitar esta figutra das letras mundiais cargada de rexo compromiso coa palabra e a memoria histórica", afirma Yolanda Castaño sobre un home que leva máis de 40 anos de militancia no Partido Comunista. A Residencia Literaria 1863 "estabelecerá convenios con entidades estranxeiras dedicadas á promoción das letras que se resolverán en bolsas de creación en residencia dun mes de duración". "Escritoras e escritores de todo o mundo profundarán no seu traballo literario mentres se integran na vida cultural coruñesa, lonxe das distraccións e obrigas da rutina cotiá", expón Yolanda Castaño. |
NOS_5682 | A sentenza di que está "plenamente xustificada" a excarceración dos catro membros do 'Frente Atlético' decretada o 21 de maio | A audiencia Provincial de Madrid v'en de desestimar o recurso de apelación contra a posta en liberdade dos catro presuntos asasinos do seareiro deportivista Francisco Javier Romero, 'Jimmy', por considerar que a posta en liberdade está "plenamente xustificada". No auto xudicial os maxistrados da Sección Sexta da Audiencia desestiman os recursos interpostos pola Liga de Fútbol, a acusación particular e a Fiscalía contra o auto do pasado 21 de maio do xuíz Pedro Merchante que ordenou a liberdade provisional dos catro ultras do Atlético de Madrid. Este maxistrado sinalou que a Policía cometeu un "erro contundente" na identificación de 'Jimmy'. Considera que a posta en liberdade destes catro integrantes do Frente Atlético xustifícase polas testemuñas dos axentes de mobilidade e o taxista que gravou o video no que se ve que a persoa guindada ao río en primeiro lugar non era 'Jimmy', senón Santiago A., outro seareiro deportivista. |
NOS_16599 | Nas últimas décadas as posicións nas que o país galego produciu máis estrelas foron a portería, a defensa e mesmo o medio do campo, quedando a dianteira un tanto coxa en comparación. Porén, o conto cambiou radicalmente, e se algo caracteriza hoxe o futbolista da Galiza é a súa capacidade para perforar as porterías contrarias. | Houbo un tempo, especialmente nos 40, 50 e 60, no que o xogador galego era sinónimo de gol. Nomes como Pahíño, Amancio ou Marcelino eran o pesadelo das defensas contrarias, mais a evolución da canteira galega tomou outro rumbo a partires dos 70, e gardametas como Miguel Ángel ou Buyo, marcadores da sona de Otero ou Míchel Salgado e centrocampistas da clase de Fran tomaron o relevo como principais expoñentes do fútbol do país. Porén, agora, e sen ánimo de darlle a razón a Vico e á súa teoría do retorno cíclico da historia, semella que Galiza volve dominar con bota de ferro as áreas rivais, como demostra a presenza de Joselu, Iago Aspas, Santi Mina e Borja Iglesias entre os máximos goleadores da Primeira División. O primeiro, que actualmente defende as cores do Alavés de Vitoria, ocupa o noveno posto do ránking con cinco tantos en doce partidos, aínda que está a tan só dous goles da segunda posición, que comparten o atlético Luís Suárez, o madridista Vinicius Jr. e o periquito Raúl de Tomás. Aos seus 31 anos, este fillo de emigrantes galegos nado en Stuttgart (Alemaña) semella estar no mellor momento da súa carreira, e todo apunta a que logrará superar o seu récord de 11 goles, conseguido tanto na tempada pasada como na 2019/20. Tamén cinco goles leva o que nunca falla, Iago Aspas Juncal. O Príncipe das Bateas, a pesar de comezar a Liga un tanto desacertado cara á portería contraria, logrou recuperar a súa mellor versión e acumula tres en pouco máis de dúas semanas. Un pouco máis atrás quedan o celeste Santi Mina (4), chave para o Chacho Coudet, e Borja Iglesias (3), quen se está vendo moi prexudicado pola chegada este verán ao Betis do brasileiro William José, xa que Pellegrini está repartindo os minutos de xogo entre ambos dianteiros. Pahíño, o primeiro goleador galego A tempada ligueira 1947/48 finalizaba con Manuel Joaquín Fernández Fernández, 'Pahíño' como o seu máximo goleador, logro nunca antes conseguido por un futbolista galego. Cinco anos antes, cando daba os seus primeiros pasos no fútbol de elite, o de San Paio de Navia sufriu unha fractura de peroné que se a día de hoxe continúa a ser unha lesión gravísima, por aquel entón adoitaba ser sinónimo de retirada. Pero o caso é que se algo caracterizaba o desaparecido '9', falecido en 2012 aos 89 anos de idade, era a súa capacidade de superación, dentro e fóra do campo, non só recuperándose senón volvendo máis forte, até o punto de que o todopoderosos Real Madrid decidiu apostar polos seus servizos nun tempo no que na Liga española xogaban dianteiros do nivel de Zarra, Kubala ou César. Alí estivo cinco exercicios, nos que transformou a estratosférica cifra de 125 goles en 143 partidos, gañando de paso o Trofeo 'Pichichi' de 1953. Despois asinou polo Dépor, onde seguiu marcando goles a pesar de ser xa un veterano antes da súa retirada no Granada en 1957. |